Canon do sil

Post on 12-Jul-2015

330 views 4 download

Transcript of Canon do sil

Un val profundo que frecuentemente é creado por un río.

A maioría dos canóns foron orixinados por un lento proceso de erosión nunha meseta, cunha corrente que gradualmente o iría convertendo nun val.

EXTENSIÓN: 5.914 ha CONCELLOS: Parada do Sil, Nogueira de Ramuín, Pantón, Sober.PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: paisaxe, formacións graníticas, flora e fauna mediterránea e atlántica

Son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega.

Están situados preto da unión entre o río Sil, e o río Miño, na zona da Ribeira Sacra.

O río Sil está cortado por numerosos encoros que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores.

A particular orografía deste espazo natural resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos Peares (109 m) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014 m).

Pena do Xastre

O Canón do Sil é de orixe tectónica e non fluvial. No cuaternario, ao comezar o basculamento da peniplanicie, producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques xigantescos, formando así a canle polo que flúe o río Sil.

Ten impresionantes contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos. Todo un espectáculo para a vista.

As pedras semellan xigantes, reis, toman formas diversas, que a xente xoga a descubrir no transcurso dos paseos que se poden facer en catamarán, que é a mellor maneira de apreciar os seus desniveis de máis de 500 m.

Nalgúns puntos, as pendentes son de máis do 50%, ás veces casi verticais.

A experiencia non estaría completa se non se mira tamén dende enriba, desde os numerosos miradoiros desde os que se amosa unha vista diferente.

Nas ladeiras destes montes, e nos arredores, cultívanse as vides da D.O. Ribeira Sacra, que tamén forma un espectáculo coas viñas nas abas, chegando ata a auga.

O seu clima experimenta importantes variacións, amosando a súa condición mediterránea-húmida nas ladeiras de solaina ou atlántica-superhumida nas partes máis ensombrecidas, como nas súas veigas e bosques ribeiregos.

Mestura de vexetación atlántica (caducifolia) e mediterránea (de folla persistente)

Aciñeiras e sobreiras, dúas especies arbóreas tipicamente mediterráneas que se asentan nas paredes máis secas.

2º ESO A