LIC Canón do Sil

99
ESPAZOS NATURAIS LIC Canón do Sil

Transcript of LIC Canón do Sil

Page 1: LIC Canón do Sil

ESPAZOS NATURAISLIC Canón do Sil

Page 2: LIC Canón do Sil

Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Portabrosmos (Sober) e A Pena (Parada de Sil), e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil, O maior interese desta zona reside na espectaculidade das paisaxes do canón do Sil, de grande valor xeolóxico, ecolóxico e cultural.A paisaxe deste espazo está moi influída pola man do ser humano: cultivo de vides en socalcos desde tempos moi antigos e construción de encoros que modificaron totalmente a fisonomía do val dos ríos.

Vista desde o miradoiro de Santiorxo (Sober)

Page 3: LIC Canón do Sil

SITUACIÓN: No tramo baixo do Cabe e do Sil, antes da súa desembocadura no río Miño. Comarcas de Terra de Lemos (Lugo), Ourense e Terra de Caldelas (Ourense). Localidades de referencia: Sober, Parada de Sil, Os Peares e San Estevo de Ribas de Sil.

SUPERFICIE: 5.914 ha

CONCELLOS: Parada do Sil, Nogueira de Ramuín (Ourense) e Sober e Pantón (Lugo)

VALORES NATURAIS: Paisaxes, xeoloxía, flora, fauna, cultura...

Page 4: LIC Canón do Sil

PROTECCIÓNLugar de importancia comunitaria (LIC) 21 de setembro de 2006.Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014.

Page 5: LIC Canón do Sil

XEOLOXÍAO espazo ocupa as ladeiras dos canóns dos ríos escavadas nunha superficie aplanada e moi erosionada.A formación desde canón tivo a súa orixe a finais da Era Terciaria e comezos da Cuaternaria cando a chaira erosionada ergueuse verticalmente obirgando aos ríos e excavar canóns aproveitando as fracturas que racharon o terreo.

Canón do Sil desde o monte Meda

Page 6: LIC Canón do Sil

Paredes do Canón do Sil en Nogueira (Sober)

As ladeiras son abruptas con caídas verticais que acadan ás veces 500 m de desnivel.

Page 7: LIC Canón do Sil

O Cotarro (Sober)

Algúns cumes destacados dentro do espazo protexido son: Pena Pombeira (703 m), Monte Nogueira (535 m), Cotarro dos Boedos (734 m), pola marxe dereita; e As Trapas (654 m), O Cudicán (683 m), Pena Cerrada (806 m) e O Torgal (838 m).A serra mási achega ao canón é o Monte Meda.

Page 8: LIC Canón do Sil

Penaveada (Pantón)

Page 9: LIC Canón do Sil

Canón do Sil co monte Meda ao fondo

Page 10: LIC Canón do Sil

Rochas graníticas

As rochas máis comúns son os granitos, os xistos, as lousas, as cuarcitas...

Page 11: LIC Canón do Sil

2

1

3

13

12116

5

10

98

77

4

LUGO1-Pena Pombeira2-Os Chancís, 3-A Cividade, 4-Boqueiriños, 5-Santiorxo 6-As Cadeiras.OURENSE7-Santo Estevo8-As Gándaras9-Cabezoás10-Monte Meda11-O Castro12-As Torgás13-Trigoás-O Cerro

MIRADOIROS NO CANÓN DO SIL

Page 12: LIC Canón do Sil

Pena Pombeira (Pantón)

Page 13: LIC Canón do Sil

Vistas desde Pena Pombeira (Pantón)

Page 14: LIC Canón do Sil

Miradoiro da Cruz, Pena Pombeira (Pantón)

Page 15: LIC Canón do Sil

Canón do Sil. Os Chancís (Sober)

Page 16: LIC Canón do Sil

Miradoiro en Santo Estevo (Nogueira de Ramuín)

Page 17: LIC Canón do Sil

Encoro de Santo Estevo e embarcadoiro (Nogueira de Ramuín)

Page 18: LIC Canón do Sil

Encoro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín)

Page 19: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde Boqueiriño ou Cotarro 2 (Sober)

Canón do Sil desde A Cividade ou Cotarro 1 (Sober)

Page 20: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde A Cividade (Sober)

Page 21: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde Boqueiriño ou Cotarro 2 (Sober)

Page 22: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde Boqueiriño ou Cotarro 2 (Sober)

Page 23: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde As Gándaras (Parada de Sil)

Page 24: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde As Gándaras (Parada de Sil)

Page 25: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde As Gándaras (Parada de Sil)

Page 26: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde o miradoiro de Cabezoás (Parada de Sil)

Page 27: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde Cabezoás (Parada de Sil)

Page 28: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde o monte Meda (Parada de Sil). No primeiro plano Vilouxe (Nogueira de Ramuín).

Page 29: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde o monte Meda (Parada de Sil). No primeiro plano Vilouxe (Nogueira de Ramuín).

Page 30: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde O Castro (Parada de de Sil)

Page 31: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde Santiorxo (Sober)

Page 32: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde As Cadeiras (Sober)

Page 33: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde As Cadeiras (Sober)

Page 34: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde As Torgás (Parada de de Sil). Coñecido tamén como “Balcóns dos Mouros” ou “Balcóns de Madrí”. En fronte o santuario da Virxe das Cadeiras (Sober). O miradoiro está situado no treito máis estreito dos canón do Sil a 400 m de altura

Page 35: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde As Torgás (Parada de Sil)

Page 36: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde As Trigoás (O Cerro, Parada de Sil)

Page 37: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde o barco

Page 38: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde o barco

Page 39: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde o barco

Page 40: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde o barco

Page 41: LIC Canón do Sil

Canón do Sil desde o barco

Page 42: LIC Canón do Sil

Canón do Sil no remate do espazo protexido. Á dereita a desembocadura do rego do batán.

Page 43: LIC Canón do Sil

Néboa no Canón

CLIMAVariable de atlántico subhúmido nas partes máis sombrizas e mediterráneo-húmido nas abas orientadas ao sol. Hai unha gran amplitude térmica. As precipitacións son escasas e concentradas no inverno.

Page 44: LIC Canón do Sil

O Sil en Santo Estevo

REDE FLUVIALO río principal e eixo do espazo é o Sil e o principal afluente o Cabe. Numerosos regos caen ao canón desde as beiras: rego de Camilo pola marxe dereita; regos de Bidual, San Miguel, Ponticela, Langueiro, Furado, O Regueiro, A Portela, Gaviá, Batán pola marxe esqueda.

Son ríos de curtos percorridos e fortes desniveis que acusan moito a estiaxe.

Page 45: LIC Canón do Sil

RÍO SILNace na Cordilleira Cantábrica (Asturias) e entra en Galiza pola depresión de Valdeorras e xúntase co Miño nos Peares. Desde a confluencia co Lor en Augasmestas atravesa un canón en rochas graníticas e xistos de 65 km de lonxitude que en algunhas zonas acada os 500 m de altura. No curso do Sil neste espazo recibe ao Cabe e numerosos regos. Hai dous encoros, o de San Pedro (1959) e o de San Estebo (1955).

Page 46: LIC Canón do Sil

O Sil nos Peares

Page 47: LIC Canón do Sil

Canón do Sil no comezo do encoro de Santo Estevo

Page 48: LIC Canón do Sil

RÍO CABENace no Incio, na aldea de Fontes. Percorre terreos dos concellos de O Incio, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos e encáixase nun canón rochoso antes de desembocar no Sil. Neste espazo recibe os regos de Ferreira e Portolamelas pola dereita, e o Barranco de Portizó pola esquerda.

O Cabe en Canabal, no comezo do espazo protexido

Page 49: LIC Canón do Sil

Río Cabe en Areas

Page 50: LIC Canón do Sil

Río Cabe na Barca

Page 51: LIC Canón do Sil

Confluencia do Cabe co Sil

Page 52: LIC Canón do Sil

Fervenza no rego de Aúde, un afluente do Cabe. Budián (Pantón)

Page 53: LIC Canón do Sil

REGO DO REGUEIROTen un curto percorrido polo concello de Pantón e forma unhas pequenas fervenzas preto da súa desembodaura no Sil, en Pombeiro

Page 54: LIC Canón do Sil

REGO DE CAMILONace en Arxemil e xúntase co Sil en Xábrega. Ten un curto percorrido no que se conservan varios muíños e unha fervenza (Xábrega).

Xábrega

Page 55: LIC Canón do Sil

Rego de Camilo

Page 56: LIC Canón do Sil

REGO DA PONTICELANace nos montes de Loureiro e xúntase co Sil na Reigada (Nogueira de Ramuín). Está encorado pouco antes da súa desembocadura e forma varias fervenzas.

Page 57: LIC Canón do Sil

Fervenza nas proximidades de Entrambosríos

REGO DO BATÁNNace na Carpaceira e xúntase co Sil na Sapeira (Parada de Sil).

Page 58: LIC Canón do Sil

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.-Queirogais secos europeos-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Soutos-Bosques galería de Salix alba e Populus alba-Sobreirais-Aciñeirais

detalle de sobreira

Page 59: LIC Canón do Sil

FLORANas beiras do Sil atópanse especies atlánticas e mediterráneas mesturadas que se distribúen en función da orientación das abas. As aciñeiras (Quercus ilex), as sobreiras (Quercus suber), os érbedos (Arbutus unedo) e os rebolos (Quercus Pyrenaica) atópanse pendurados das rochas aproveitando as fisuras das mesmas nas abas máis secas e orientadas ao sur. Nos lugares de menor pendente e máis sombrizos hai extensas reboleiras (Quercus robur e Q. Pyrenaica) e soutos (Castanea sativa).

Page 60: LIC Canón do Sil

Mestura de especies atlánticas (caducifolias) e mediterráneas.

Page 61: LIC Canón do Sil

Vexetación autóctona e repoboación de piñeiros

Page 62: LIC Canón do Sil

Aciñeiras e sobreiras, dúas especies arbóreas tipicamente mediterráneas que se asentan nas paredes máis secas.

Page 63: LIC Canón do Sil

Vexetación mediterránea e cultivos da vide na beira exposta ao sol

Page 64: LIC Canón do Sil

Fraga atlántica na umbría

Page 65: LIC Canón do Sil

Fraga atlántica na umbría

Page 66: LIC Canón do Sil

Bosque na contorna do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, orientada ao norte.

Page 67: LIC Canón do Sil

Sil

Nas marxes dos ríos hai ameneiros (Alnus glutinosa), freixos (Fraxinus angustifolia) , abelairas (Corulus avellana), bidueiros (Betula pubescens)...

Cabe

Page 68: LIC Canón do Sil

Liques (Cladonia sp.)

Destaca a presenza de uz branca (Erica arborea), piornos (Genista falcata e G. florida polygaliphylla), narcisos (Narcissus bulbocodium e Narcissus triandrus), xilbarbeira (Ruscus aculeatus), onfalodes (Omphalodes nitida), brións (Sphagnum spp.), liques (Cladonia subgenus Cladina).

Onfalodes

Page 69: LIC Canón do Sil

Liques (Cladonia arbuscula)

Page 70: LIC Canón do Sil

Fungo costra azul (Pulcherricium caeruleum) e lique (Usnea florida)

Page 71: LIC Canón do Sil

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEENarcissus triandrus

Page 72: LIC Canón do Sil

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEGalemys pyrenaicusLutra lutraBarbastella barbastellusMyotis emarginatusMyotis myotisRhinolophus ferrumequinum

FAUNAMAMÍFEROSMorcegos (Barbastella barbastellus, Eptesicus serotinus, Myotis daubentonii, Myotis emarginata, Myotis myotis, Myotis nattereri, Pipistrellus pipistrellus, Pipistrellus pygmaeus , Plecotus austriacus, Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros,Tadarida teniotis), lobo (Canis lupus), gato bravo (Felis silvestris), furapresas (Galemys pyrenaicus), algaria (Genetta genetta), lontra (Lutra lutra), armiño (Mustela erminea), furón (Mustela putorius)...

Morcego

Page 73: LIC Canón do Sil

O falcón (Falco peregrinus) caza nos espazos abertos e descansa e aniña nos cantís.

azor (Accipiter gentilis)gabián (Accipiter nisus)aguia real (Aquila chrysaetos) aguia albela (Circaetus gallicus) aguia caudal (Hieraaetus pennatus) aguia peixeira (Pandion haliaetus) miñato abelleiro (Pernis apivorus)miñato común (Buteo buteo) miñato queimado (Milvus migrans) tartaraña cincenta (Circus pygargus) falcón peregrino (Falco peregrinus) falcón pequeno (Falco subbuteo) lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus) bufo pequeno (Asio otus) moucho (Athene noctua) moucho de orellas (Otus scops) avelaiona (Strix aluco) curuxa (Tyto alba) ...

Page 74: LIC Canón do Sil

... ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus) laverca (Alauda arvensis) pica das árbores (Anthus trivialis) xirrio común (Apus apus) avenoiteira (Caprimulgus europaeus) gabeador común (Certhia brachydactyla) reiseñor da auga (Cettia cetti) cuco papudo (Clamator glandarius) corvo viaraz (Corvus corone) gralla cereixeira (Corvus monedula) cuco (Cuculus canorus) anduriña do cu branco (Delichon urbica) peto real (Dendrocopos major) escribenta riscada (Emberiza cia) escribenta liñaceira (Emberiza cirlus) paporrubio (Erithacus rubecula) pega marza (Garrulus glandarius) fulepa amarela (Hippolais polyglotta) anduriña dáurica (Hirundo daurica) anduriña común (Hirundo rustica) picanzo vermello (Lanius collurio) picanzo real meridional (Lanius meridionalis) cotovía pequena (Lullula arborea)reiseñor común (Luscinia megarhynchos) merlo rubio (Monticola saxatilis) merlo azul (Monticola solitarius) lavandeira branca (Motacilla alba)...

Gabeador común

Page 75: LIC Canón do Sil

...lavandeira real (Motacilla cinerea) ouriolo (Oriolus oriolus) ferreiriño común (Parus ater) ferreiro bacachís (Parus caeruleus) ferreiriño cristado (Parus cristatus) ferreiro abelleiro (Parus major) rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros) picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus) pega rabilonga (Pica pica) peto verdeal (Picus viridis) azulenta común (Prunella modularis) anduriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) paporrubio real (Pyrrhula pyrrhula) estreliña riscada (Regulus ignicapilla) anduriña das barreiras (Riparia riparia) chasco (Saxicola torquata) piquelo azul (Sitta europaea) papuxa das amorias (Sylvia atricapilla) papuxa apardazada (Sylvia borin) papuxa común (Sylvia communis) papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala) papuxa montesa (Sylvia undata) carriza (Troglodytes troglodytes) merlo (Turdus merula) tordo común (Turdus philomelos) tordo charlo (Turdus viscivorus) bubela (Upupa epops) Choia

Page 76: LIC Canón do Sil

Rula (Streptopelia turtur). Visitante estival.

pomba brava (Columba livia) pomba zura (Columba oenas) pombo torcaz (Columba palumbus) rula turca (Streptopelia decaocto) rula (Streptopelia turtur) paspallás (Coturnix coturnix) perdiz (Alectoris rufa)

Page 77: LIC Canón do Sil

corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)lavanco (Anas platyrhynchos) garza real (Ardea cinerea) galiña do río (Gallinula chloropus) merlo rieiro (Cinclus cinclus) martiño peixeiro (Alcedo atthis)

Corvo mariño grande. Inverna en abundancia nos encoros.

Page 78: LIC Canón do Sil

ESPECIES DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEEAquila chrysaetosCircaetus gallicusHieraaetus pennatusPandion haliaetusPernis apivorusMilvus migransCircus pygargus Falco peregrinusLanius collurioLullula arboreaSylvia undataAlcedo atthis

picapeixes (Alcedo atthis)

Page 79: LIC Canón do Sil

O lagarto arnao (Lacerta lepida)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEELacerta schreiberi

RÉPTILESescancer común (Anguis fragilis) esgonzo común (Chalcides striatus) cobra lagarteira meridional (Coronella girondica) lagarto arnal (Lacerta lepida) lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) cobra viperina (Natrix maura) cobra de colar (Natrix natrix) lagarta dos penedos (Podarcis hispanica) lagarta rabuda (Psammodromus algirus) serpe riscada (Rhinechis scalaris)

Page 80: LIC Canón do Sil

ANFIBIOSsapiño comadrón (Alytes obstetricans) sapo corriqueiro (Bufo calamita) saramaganta (Chioglossa lusitanica) píntega (Salamandra salamandra)sapiño pinto (Discoglossus galganoi) pintafontes común (Lissotriton boscai) ra patilonga (Rana iberica) ra verde (Rana perezi) pintafontes verde (Triturus marmoratus)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoi

sapiño pinto

sapo corriqueiro

Page 81: LIC Canón do Sil

PEIXEStroita (Salmo trutta fario)escalo (Squalius carolitertii) picón ou espiñento (Gasterosteus aculeatus) Chondrostoma arcasii Chondrostoma duriense ...

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEChondrostoma polylepisRutilus arcasii

escalo

Page 82: LIC Canón do Sil

INVERTEBRADOSescaravello de cornos longos (Cerambyx cerdo) bolboreta (Euphydryas aurinia)lesma manchada (Geomalacus maculosus) samesuga (Hirudo medicinalis) bacaloura (Lucanus cervus) cabalos do demo (Macromia splendens, Oxygastra curtisii, Gomphus graslinii)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEECerambyx cerdoEuphydryas auriniaGeomalacus maculosusGomphus grasliniiLucanus cervusMacromia splendensOxygastra curtisii

Euphydryas aurinia

Page 83: LIC Canón do Sil

USOS/APROVEITAMENTOAgrícola, forestal, lecer, enerxía hidroeléctrica: encoros de San Estevo (1955) e San Pedro (1959).

Page 84: LIC Canón do Sil

Barcos turísticos navegando polo Sil.

Page 85: LIC Canón do Sil

Presa e encoro de San Estevo

Page 86: LIC Canón do Sil

Presa e encoro de San Pedro

Page 87: LIC Canón do Sil

En toda a zona cultívanse vides en socalcos que se acollen á Denominación de orixe Ribeira Sacra.

Page 88: LIC Canón do Sil

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil)

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALA zona estivo poboada desde tempos moi antigos e conserva vestixios de distintas épocas. Este espazo está incluído nunha zona máis ampla coñecida como Ribeira Sacra.

O nome de Ribeira Sacra probablemente ven da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na grande cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca -neste espazo: Santo Estebo e Santa Cristina de Ribas de Sil (Ourense), mosteiro de Pombeiro e igrexas de Canaval e Lobios, Pinol e Proendos (Lugo). Tamén se dí que pode significar “Carballeira Sacra”

Page 89: LIC Canón do Sil

Igrexa do antigo mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro (Pantón)

Page 90: LIC Canón do Sil

Muíños no rego de Camilo

Page 91: LIC Canón do Sil

PROBLEMAS-Especies invasoras, encoros, incendios forestais...

Page 92: LIC Canón do Sil

Pombeiro

PUNTOS DE INTERESEPANTÓN:-Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro-Miradoiros: A Cruz (Pena Pombeira)

Page 93: LIC Canón do Sil

Santuario da Virxe das Cadeiras

SOBER:-Miradoiros: Os Chancís, A Cividade, Boqueiriños, Santiorxo e As Cadeiras, Monte Meda.-Santuario da Virxe das Cadeiras (Pinol)-Muíños e fervenza de Xábrega-Ermida da Barca

Page 94: LIC Canón do Sil

Paredes do Canón en Sober

Page 95: LIC Canón do Sil

Miradoiro das Torgás

PARADA DO SIL: -Miradoiros: Balcóns dos Mouros ou As Torgás, Cabezoás, O Castro e Gándaras.-Foxo do lobo de Parada de Sil-Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil-Castiñeiro de Trambosríos (Chandrexa)

Page 96: LIC Canón do Sil

Foxo do lobo nas Torgás

Page 97: LIC Canón do Sil

Sequeiros en Santo Estevo

NOGUEIRA DE RAMUÍN: -Miradoiros de Santo Estevo-Mosteiro de Santo Estevo-Fervenzas do rego da Ponticela-Embarcadoiro do catamarán-Sequeiros

Page 98: LIC Canón do Sil

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

Page 99: LIC Canón do Sil

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaDecembro 2016