Chopo branco (Populus alba)

Post on 24-May-2015

104 views 6 download

Transcript of Chopo branco (Populus alba)

Chopo branco(Populus alba)chopo blanco,

álamowhite poplar

peuplier blancchoupo branco

CLASEAnxiospermasORDESalicalesFAMILIASalicáceas

É unha árbore orixinaria do centro e sur de Europa e Asia Menor. Vive en solos frescos e ribeiras húmidas. En Galicia atópase naturalizado en Ourense, sur de Lugo e leste de Pontevedra.

TALOToro dereito e copa copa alta e estreita, máis caída nos exemplares vellos coa tona lisa e branca, máis gretada e escura a medida que se fai vella.Os lenticelos escuros sobre a tona crara son unha característica distintiva dos chopos brancos.

FOLLASCaedizas, simples, alternas, de forma oval a palmeada, cos lóbulos desiguais e coa beira dentada de xeito irregular, de cor verde escura brillante polo dereito e case branca polo envés, que está cuberto de peliños. Poden acadar os 12 cm de lonxitude.

FLORESUnisexuais, espidas, agrupadas en amentos.Nacen en distinto pé.

Amentos masculinos

FROITOSCápsulas de cor castaña, de 4 mm que se abren e liberan unhas sementes pequenas rodeadas de pelo fino e branco.

CICLO ANUAL-CHOPOFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

PontecesoXuvia

USOSEmprégase como árbore ornamental en parques e xardíns, para protexer ribeiras e como abrigo contra o vento.A madeira emprégase para carpintería lixeira. As follas e a tona teñen propiedades astrinxentes e febrífugas.

Alameda en Vigo

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet