PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo...

Post on 24-Jun-2021

10 views 0 download

Transcript of PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo...

PRIM

ARI

A3 Un espazo natural

PROXECTO

O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO Begoña Barroso Nombela Daniel Masciarelli García

EDICIÓN Daniel Masciarelli García

EDICIÓN EXECUTIVA Begoña Barroso Nombela

DIRECCIÓN DO PROXECTO Antonio Brandi Fernández

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

Ciencias da Natureza

Índice

Temos unha idea ........... 4

Organizámonos .............. 6

Poñémonos en marcha ........................ 10

Revisamos ........................ 14

Na natureza viven moitos seres vivos, tanto animais coma plantas.

Hai zonas salvaxes, zonas protexidas e tamén lugares que as persoas construíron para cultivar plantas ou criar animais.

En todas elas pódense aprender moitísimas cousas moi interesantes… Atréveste?

Podemos escoitar os sons que realizan algúns animais, como o chío dos paxaros ou o voo dos insectos.

Podemos observar os animais e coñecer os seus costumes.

Podemos observar as plantas e aprender a identificalas.

Temos unha idea

As actividades ao aire libre poden ser moi divertidas. Na natureza podemos andar ou ir en bici por carreiros, subir ata lugares altos desde onde poder contemplar a paisaxe ou bañarnos nun río.

Pero, ademais, podemos aprender moitas cousas interesantes, sobre todo se quedamos en silencio e observamos con atención o que nos arrodea.

4

1 Formade grupos de catro ou cinco persoas. Imaxinade que tedes que preparar unha saída a unha zona natural próxima ao voso centro escolar.

Que tipo de lugar credes que se representa en cada unha das fotografías?

2 Para elixir o lugar, podédesvos fixar nestes aspectos:

É unha zona protexida ou non?

Credes que ides encontrar bastante variedade de animais e plantas?

Ten fácil acceso desde o voso centro escolar?

Hai algunha actividade humana na zona?

Ten áreas para poder comer e descansar?

A

C

B

D

5

1 Buscade información sobre o lugar elixido.

Anotade en que lugares podedes encontrar animais e plantas para realizar as vosas observacións.

Conseguide un mapa da zona ou debuxádeo vós.

Planificade unha ruta sobre o mapa.

Mirade se hai camiños sinalados ou pequenas rutas xa establecidas e, se non é así, comprobade que a ruta que elixistes é accesible para vós.

Comprobade se o lugar está dotado de colectores do lixo ou papeleiras. Lembrade que nunca debedes deixar restos nin lixo nestes espazos.

Para preparar adecuadamente unha saída a un espazo natural, cómpre ter en conta moitos detalles diferentes. Para que este traballo non recaia nunhas poucas persoas, todo o mundo ten que colaborar. Para facelo:

• Nomeade un representante en cada grupo e expoñede as vosas decisións na clase para todos os compañeiros e compañeiras.

• Repartide as seguintes tarefas por grupos.

Organizámonos

Xa sabemos o lugar a onde queremos ir para facer a nosa observación de animais e plantas.

Moi ben, agora ímonos organizar!

Que cres que significan estes sinais?

6