Reserva da Biosfera Terras do Miño

Post on 18-Jul-2015

86 views 11 download

Transcript of Reserva da Biosfera Terras do Miño

RESERVA DA BIOSFERATerras do Miño

DATA DE DECLARACIÓN: 8 de novembro de 2002

EXTENSIÓN: 363.668,9 ha.

CONCELLOS: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Xermade, Vilalba, Abadín, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo, Láncara.

Inclúe total ou parcialmente os LICs: Parga-Ladra-TámogaSerra do Xistral Miño-NeiraRía de Foz – Masma Río OuroSerra do Careón

VALORES NATURAIS: Ríos (Miño e afluentes), ribeiras e bosques de galería, veigas inundadas, gándaras e brañas, lagoas, bosques autóctonos, turbeiras, bosques de repobación e cultivos cunha flora e fauna asociadas ben conservadas en xeral.

É un gran espazo vertebrado polos ríos que abrangue o curso alto do río Miño e os seus afluentes.O río é o centro ecolóxico e económico da área.

O Miño en Lugo

A zona núcleo ou área principal, a que contén os escosistemas de maior valor ecolóxico pouco afectados pola acción humana, comprende 35.000 ha de superficie (un 10% do total) e inclúe o río Miño e os seus afluentes, os humedais da Terra Cha, os bosques aluviais e a Serra do Xistral.

O Miño en Outeiro de Rei

A zona tampón é a que actúa como amortecedora da presión exterior que poida sofrir a área principal. Ocupa un 20% da superficie e comprende unha zona de 300 m arredor das canles fluviais, as inmediacións da Serra do Xistral e as zonas de máis de 600 m de altitude das Serras de Friol e da zona oriental. Nesta zona viven unhas 17.000 persoas.

Entorno da lagoa de Cospeito

A zona periférica ou de transición ocupa o 70% da superficie. Nesta zona permítense as actividades que contribúan ao desenvolvemento da comarca sen comprometer a sostibilidade dos recursos. Poderán beneficiarse das axudas europeas para asegurar un desenvolvemento sostible. Nesta zona aséntanse a maior parte dos núcleos de poboación e viven unhas 140.000 persoas.

San Simón da Costa

A Terra Cha lucense é a maior superficie aplanada de Galiza. É un val tectónico de case 2.000 km2, situado entre os 400 e os 500 m de altitude. Está limitada ao oeste pola Dorsal Galega, ao norte a Serra da Carba e ao leste a Serra de Meira. O substrato está formado por xistos moi vellos, erosionados a comezos do Período Terciario e cubertos parcialmente por arxilas e areas terciarias e por aluvións cuaternarios de coios que formaron terrazas fluviais.

AS SERRASNORTE: Xistral, Carba, Toxiza, Lourenzá, Carracedo, Cordal de Neda.LESTE: Cadeira, Pousadoiro, Meira, Mirador, Vaqueriza, Puñago, Monciro, Pena do Pico, Albela.SUR: O Páramo.OESTE: Loba, Cordal de Montouto, Cova da Serpe, Corno de Boi, Careón.

Serra do XistralÉ unha serra con orientación NNE-SSO que limita a Terra Cha polo norte, nos concellos de Muras, Vilalba e Abadín. Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos de granito nas partes altas. O pico máis alto é O Cadramón (1.060 m).

Un dos elementos máis característicos destas serras son as turbeiras ou tremoais que se forman e manteñen coas achegas de humidade das nubes procedentes do mar.

Serra da Carba Límite natural norte da Terra Cha. Na súa cara sur nacen varios regatos que van aos afluentes do Miño. Está formada esencialmente por cuarcitas do Cámbrico cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas. O punto máis alto é a Carba con 908 m.

O Peñote

Serra da Toxiza É un macizo formado por unha gran masa de granodioritas. Acada 838 m de altura máxima. A erosión do granito formou espectaculares bolos e penedos. A maioría do terreo está repoboado con piñeiros e consérvanse pequenas masas de carballos. Destacan as formacións de turbeiras.

Serra de Meira Con dirección N-S. O sector occidental está formado por xistos, calcárias e dolomías; a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. No seu relevo suave sobresaen as duras cristas cuarcíticas. O punto máis alto é o Meira, con 896 m. Na vertente occidental nacen as cabeceiras do Miño.

Penas das Rodas. No lugar de A Feira (Santiago de Gaioso-Outeiro de Rei)Son dous grandes bolos de granito (5 m de diámetro) de mica negra.Lenda: no interior dunha das pedras hai ouro, que sería para o primeiro que lograra rompela. Pero a outra rocha está chea de alcatrán, e se rompe botarao en tal cantidade que inundará o mundo. Ao non poder identificar cal é a rocha do tesouro, ninguén se atreve.

Cova do Rei CintoloÉ a maior e máis importante de Galiza. As súas galerías ocupan 5,25 ha de superficie e ten unhs 6.500 m de percorridos laberínticos. Está declarada Monumento Natural.Ten un gran valor xeolóxico, polas formacións calcárias e as especies animais pouco comúns ou únicas que viven nela: varias especies de morcegos, o crustáceo Oniscus sp., o coleóptero Antisphodrus pelaus subsp. gallaecus, e os moluscos Elona quimperiana e Pomatias elegans...

A REDE FLUVIALA principal rede fluvial articúlase arredor do río Miño que recolle numerosos afluentes que forman unha complicada rede hidrográfica favorecida pola horizontalidade do terreo. No Xistral e serras limítrofes están as cabeceiras do Sor, Landro, Ouro e Masma que van cara ao Cantábrico e as do Eume que vai ao Atlántico. Nas serras do leste nacen algún afluentes do Eo.

O Miño nace na serra de Meira nas fontes de Leiras (monte Louseiras no Rego Porto da Pena), no Pedregal de Irimia e no regueiro Xiromeno e complétase coas surxencias de Fonmiñá. Despois de atravesar Galiza de norte a Sur vira cara ao oeste e desemboca na Guarda. Percorre lentamente a Terra Cha recollendo numerosos afluentes que forman unha complicada rede hidrográfica favorecida pola horizontalidade do terreo. O elevado nivel freático da zona e o solo arxiloso favorecen a aparición de lagoas e zonas húmidas de carácter estacional que forman a mellor rede de humidais de Galiza.

O Miño en Fonmiñá

Pedregal de IrimiaEstá situado na Serra de Meira a uns 800 m de altitude. Está formado por coadas de bloques e derrubes estratificados de orixe periglaciar (formouse durante os ciclos de xeo-desxeo da última glaciación do Cuaternario, hai 18.000 a 13.000 anos. É unha das fontes do Miño.

Lagoa de FonmiñáÉ unha surxencia en rochas calcárias onde a auga sae a borbollóns.Tradicionalmente recoñécíase como o nacemento do Miño aínda que as primeiras augas do Miño recóllense na Serra de Meira e estáncanse en Fonmiñá onde se xunta coas augas que manan do subsolo. Nas beiras da lagoa hai salgueiros, bidueiros, ameneiros e carballos e ao pé da auga carrizos, espadainas, molinia, herba ulmeira, raíña dos prados, pe de boi...

O Miño en Arcillá (Cospeito)

O Miño en Rábade

O Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

O Miño no caneiro de Piago (Outeiro de Rei)

O Miño nas ínsuas de Seivane

O Miño en Ombreiro (Lugo)

O Miño en Outeiro de Rei

O Miño en Lugo.

O Miño no clube fluvial de Lugo

O Miño augas abaixo de Lugo

O Miño na Fervenza, entre os concellos de Lugo e O Corgo. Ata este lugar o Miño é un río tranquilo e repousado; a partir deste punto, no remate da Terra Cha, inicia un rápido descenso e escava o profundo val que chega ata pasados Os Peares.

Río AzúmaraNace na serra do Mirador, nas proximidades de Castro (Hermunde-Pol), onde se coñece co nome de rego das Égoas e desemboca no Miño na parroquia de Orexe (Bazar) despois dun percorrido de 25 km.

O Azúmara en Castro de Rei

Río LeaVen do monte de Fitoiro no Monciro. Percorre terras nos concellos de Pol e Castro de Rei e verte no Miño en Beloi.

Ponte romana dos Pedregás, en Duarría, sobre o río Rozas, afluente do Lea.

Río AnlloNace na serra do Xistral, preto de Labrada. Pasa por terras dos concellos de Abadín, Cospeito e Castro de Rei, onde se xunta ao Miño. Cando entra no concello de Cospeito divídese en dous brazos, un que, co nome de río Guisande, vai á lagoa de Cospeito e segue ata desembocar no Támoga, e outro que vai ao Miño.

Área recretiva do Anllo en Gontán (Abadín).

Río TámogaBaixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Ten varias cabeceiras: o Ribeira e o Laxoso que forman o río Batán, e ao xuntarse co Arnela forman o Santabaia e a partir de Cospeito recibe o nome de Támoga. Xúntase co Miño nas proximidades de Cela. É o axente drenador da lagoa de Cospeito.

Fervenza no río Arnela (Abadín).O Río Arnela nace entre o Monsiván e o Coto Pina e no seu curso alto baixa formando numerosos rápidos e pequenas fervenzas. A máis grande ten varios saltos que completan 6 m de altura en rochas graníticas. No entorno hai acondicionada unha área recretiva.

Río LadraFórmase pola confluencia dos ríos Trimaz , que nace nos montes de Xermade; do Madalena, que nace na Serra da Carba e do Fabilas. Recolle as augas do Labrada, que nace na Serra da Loba e do Parga que baixa da serra da Cova da Serpe. Desemboca no Miño en Outeiro de Rei.

O Ladra en Begonte ao pé da área recreativa.

Río Madalena en Vilalba, onde hai unha ruta acondicionada cunha praia fluvial, e varios muíños.

Sete Muíños. O río Escadebas (afluente do Ladroil, que vai ao Parga) forma varios rápidos e pequenos saltos entre rochas graníticas nunha zona aproveitada para instalar muíños. Hai unha área recreativa, unha zona acondicionada como piscina e un paseo que segue o río.

O Parga en San Alberte.

Presa de Merra no río Requeixo (Parga)

Fervenza no regato da Ruxida, afluente do Ladroil que vai ao Parga. O río cae por grandes laxes de granito desde uns 8 m de altura. No verán ten moi pouca auga.

Río NarlaRecolle as augas dos montes do Corno de Boi e do Cordal de Ousá. Percorre 24 km en terreos de Friol e Outeiro de Rei e xúntase co Miño en Ombreiro.

O Narla en Friol, ao pé da área de lecer do centro da vila. Na proximidade hai muíños, unha pontella e un vao.

Río Mera ou LavadoiroNace nos montes entre Friol, Guntín e Lugo e desemboca no Miño en Lugo.

Aula da Natureza do Veral, no río Mera. Conta cunha exposición sobre a vida no río. Desde alí pódese facer unha ruta polo río na que se pasa polo bosque de ribeira e se poden ver varios pequenos saltos.

Río Fervedoira ou RatoNace no Monte Salgueiro e despois dun curto percorrido rodea polo norte e leste a cidade de Lugo antes de xuntarse co Miño.

Área de lecer ás beiras do río Rato, nas proximidades de Lugo. Hai un paseo acondicionado e o Centro de Interpretación das Terras do Miño.

Río ChamosoFórmase pola unión dos regos do Outeiro e Romeán, que nacen na serra do Monciro e desemboca no Miño facendo fronteira entre O Corgo e Lugo.

O Chamoso preto da desembocadura, onde está acondicionada unha área recreativa e instalacións etnográficas.

Río NeiraNace nas proximidades de Fontaneira (Baleira) e xúntase co Miño entre os concellos de O Páramo e O Corgo.

O Neira en Ponte de Neira (Cela), no linde entre O Corgo e O Páramo. Na zona hai unha ampla área recreativa.

Río FerreiraNace en Sucastro (Palas de Rei) e xúntase co Miño preto do encoro de Belesar.

Ponte Cabalar, en Guntín

Río EumeO río Eume nace no Seixobranco (Serra do Xistral) e nesta comarca recolle as augas dos concellos de Muras e Xermade en numerosos regos que baixan das serras do Xistral e A Carba e dos montes de Montouto, Bostelo e Guriscado. O Eume en Muras.

O Eume no Xistral, ao pouco do seu nacemento

Río Masma Nace entre os Picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral). No seu tramo superior chámase Pedrido e logo Tronceda. Desemboca na ría de Foz despois dun percorrido de 46,2 km.

Salto do Coro . No rego do Coro, afluente do Río Valiñadares.

Ponte do Pasatempo sobre o río Valiñadares, un afluente do Masma

A Fervenza, no río Tronceda, que máis adiante se chama Masma; ao seu paso pola zona de Mondoñedo encáixase nun canón de granito formando varias fervenzas e tobogáns. A máis grande ten 15 metros en tres saltos.

Río Ouro Nace no Pico do Cadramón (Serra do Xistral). No seu curso alto descende torrencialmente, logo remánsase no amplo val do Valadouro e desemboca en Fazouro, despois 30 km de percorrido.

O Ouro no Xistral

Fervenza do Escouridal, no rego de Guilfonso (Ouro). O Cadramón (O Valadouro).

Fervenzas no rego de Corvelle (Ouro).O Cadramón (O Valadouro)

Fervenza de Frexulfe, no rego Fraga das Leiras, afluente do Ouro.

Fervenza da Onza. Nun afluente do río Ouro, no lugar de San Cristobo, parroquia de Budían (O Valedouro).

Rio TortoÉ un afluente do Eo que nace nos montes de Carracedo e atravesa o concello de Riotorto e A Pontenova. O seu afluente máis importante é o rego da Ferreiravella.

O río Ferreiravella na Fraga.

FERVENZA no río da Xestosa, unha das cabeceiras do Landro entre as serras da Gañidoira e os montes do Rei. O río fai a primeira parte do seu percorrido polo concello de Muras onde ten varias pequenas fervenzas e máis adiante, e ao pouco de entrar no de Ourol cae nun desnivel de aproximadamente 20 m de altura.

Río LandroNace entre o Xistral e o Coto Balsego e desemboca na ría de Viveiro.

HUMIDAISO elevado nivel freático da zona e o chan arxiloso favorece a aparición de lagoas e zonas húmidas de carácter estacional que forman a mellor rede de humidais de Galiza

Lagoa de Cospeito (na Lama de Santa Cristina, en Cospeito) Ten unhas cinco hectáreas, aínda que no inverno aumenta moito a superficie polas chuvias. Está alimentada polo río Guisande, da conca do Támega.A lagoa central formouse debido aos chans arxilosos pouco permeables e á horizontalidade do terreo, que fai que os pequenos ríos se ramifiquen e orixinen zonas asolgadas. Foi a lagoa máis grande da Terra Cha. Tiña unha superficie de 57,5 ha e estaba acompañada pola de Espiñeira, de 16,25 ha. Foron desecadas arredor de 1960 polo IRYDA e parcialmente recuperadas en 1981.Declarada Refuxio de caza en 1986.Conta con algunha especies de gran valor como o cardiño de lagoa (Erygnium viviparum), unha especie protexida, que en Europa ten a súa distribución restrinxida a esta lagoa.Según as lendas nela está asolagada a cidade de Valverde.

Lagoa de Caque ou Bardancos .Nas proximidades de O Castro (Castro de Rei)É a máis grande da Terra Chá, con 19 ha. Non está alimentada por ningún río. Foi parcialmente recuperada en 1988.

Lagoas de Riocaldo ou Pedroso Conxunto de cinco lagoas orixinadas polas explotacións mineiras situadas xunto ao río Ladra. Hai unha gran cantidade de cangrexo de río americano, unha especie invasora.

Lagoa do ReiSituada en Rábade. É unha importante zona de refuxio para as aves acuáticas. Está declarada Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral,

Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza)É unha surxencia en rochas calcárias onde a auga sae a borbollóns. Tradicionalmente recoñécíase como o nacemento do Miño aínda que as primeiras augas recóllense na Serra de Meira.

Veiga de PumarÉ unha zona húmida dunhas 30 ha situada na marxe dereita do río Miño, entre Oroxe e Pumar, alimentada polo Rego de Pumar e polas chuvias invernais. No verán desécase case totalmente. Alternan os espazos abertos e as áreas arboradas con bidueiros, salgueiros, ameneiros... e unha gran variedade de plantas das zonas húmidas xunto con pasteiros.

Alligal de CodesidoSituada en Santabaia (Vilalba). É un manancial de augas termais (arredor de 30º) acondicionado artificialmente a xeito de piscina. Nos arredores hai unha extensa área que se inunda temporalmente coas augas do río Trimaz ocupada por prados húmidos e bosques de amieiras, bidueiros salgueiros e algún carballo.

Outros humidais:Lagoa da Carballosa (Cospeito) Lamas de Xermar. En Xermar (Cospeito)Lagoa de Seixas (Cospeito)Lagoas de Reboredo (Vilalba)Lagoa de Fontefría (Begonte)Lagoa de Denune (Begonte)Pozo de Ollo (Begonte)

Lagoa da Carballosa (Cospeito)

Lagoa da Fontefría (Begonte)

Lagoa de Denune (Begonte)

FLORADestacan as especies asociadas aos ríos e zonas húmidas e as carballeiras. As árbores máis comúns son os salgueiros, bidueiros, amieiras, freixos, carballos… Nalgúns puntos do Miño podemos atopar o arbusto Euonymus europaeus.Hai un gran número de plantas pouco comúns de gran valor ecolóxico: Cladium mariscus, salgueiriño (Lythrum salicaria), Galium palustre, trevo de auga, frundio (Myrca gale), Ceratophylum demersum, Utricularia australis, Narcissus bulbocodium, Narcissus pseudonarcissus nobilis...

Isoetes fluitans

Especies ameazadas: Eryngium viviparum, Luronium natans, Pilularia globulifera, Isoetes fluitans, Nymphoides peltata, Lycopodiella innundata, Scirpus pugens.

Ambroíño enano ( Ninphoides peltata), En Galiza só aparece nuns poucos puntos do río MIño

Breixo de turbeira (Erica tetralix). Só se atopa en medios con alto

nivel de humidade.

Rorela (Drosera rotundifolia). Unha planta carnívora das turbeiras ou tremoais.

As árbores son unha parte importante da paisaxe. Aparecen formando bosques de ribeira e carballeiras nos vales de montaña e achegados aos núcleos de poboación en parques e pequenas masas mixtas. En moitos lugares consérvanse exemplares monumentais.

Carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei)

Carballeira da ínsua de Seivane, un espazo que conserva o seu estado silvestre, con exemplares de bastante porte e un sotobosque mesto e variado.

Carballo de Freán. Na parroquia de Cazás (Xermade).Mide 7,28 m de perímetro cunha copa ampla e moi ben estruturada.

Carballo de Luxís. (Pacios-Castro de Rei). Destaca pola impresionante copa en forma de parasol. Ten arredor de 20 m de altura e non chega aos 200 anos.

Carballo de Mede (na parroquia de Cazás-Xermade). Ten 34 m de altura e máis de 100 anos.

Carballos de Muras. Varios carballos de 5,60 e 5,10 de perímetro.

Carballo da Casa de Altide (Begonte-Lugo). Ten 20,5 m de altura, 7 m de perímetro e unha idade estimada entre 300-500 anos.

Carballo de Bóveda (Begonte). Ten 4,20 m de perímetro e moi bo porte.

Carballo dos Contos (Vilameá-Friol).

Carballo de Cerracín (Vilalvite-Friol). Mide 24 m de altura e 6,50 m de perímetro troncal. Conta entre 250 e 500 anos.

Carballo do Campo de Santa Marta de Fixós. (Lugo). Mide 17,50 m de altura e 6,75 m de perímetro. Ten máis de 250 anos.

Carballos do Campo de Golf (Portoganoi-Lugo). Dous carballos que se achégan aos 500 anos. O máis groso mide 7,83 m de perímetro.

Carballo da Casa de Bravos. (Outeiro de Rei). Situado á beira da capela da Nosa Señora do Rosario. Ten 25 m de altura, 5,60 de perímetro e arredor de 250 a 500 anos.

Carballo de Bravos. (Outeiro de Rei). Situado nas proximidades do anterior.

Carballo na beira do Miño (Bocamaos-Lugo).

Carballo na beira do Miño (Ombreiro-Lugo).

Carballo de Vicinte (Outeiro de Rei). Mide 18, 5 m de altura e 5,20 de perímetro. Carballo de Marcelle (Outeiro de Rei)

Mide 24 m de altura e 4,60 de perímetro. Atópase no interior do parque zoolóxico de Marcelle (Outeiro de Rei-Lugo).

Carballo da Fervenza (O Corgo): 5 m de perímetro. Carballo de Bergazo (O Corgo). Mide 5,20 m de perímetro e está en bastante mal estado.

Carballo na Ínsua de Seivane (Outeiro de Rei)

Carballos de RioxoanEn Rioxoán (Pol). Dous carballos de bo porte situados nunha explotación gandeira.

Carballo de Mosteiro Situado na praza de Mosteiro (Pol).

Castiñeiro da Capela. Baamonde (Begonte-Lugo). Situado no adro da igrexa parroquial de Baamonde, no seu interior ten unha talla da Virxe do Rosario. O especial cariño que lle tiña a xente do lugar e o traballo que fixo nel o escultor Victor Corral, impediron que fose cortado cando se ampliau a estrada.

Castiñeiro de Bolaños (Castroverde). Mide 8 m de perímetro.

Castiñeiro, Carocha de O Regueiro (Guntín). 250 a 500 anos.

Castiñeiro de Adai (Lugo).Piñeiro de Cuíña. (Ourol de Arriba -Guntín de Pallarés). Mide 33 m de altura e 4,35 m de perímetro.

“Pravia” de Vilalba. Un pradairo que pode ter máis de 150 anos. Mide 4 m de perímetro. Atópase no centro da vila de Vilalba.

Ulmeiro (Ulmus hollandica) do xardín municipal de Vilalba, plantado a finais do século XIX. Mide 15 m de altura.

Secuoia xigante no Parque Rosalía de Castro (Lugo)

Teixo de A Torre (Balmonte-Castro de Rei).

Eucalipto do maná (Eucalyptus viminalis) da Casa de Órdax. As Lombas (Castro de Rei).

Alcipreste de California Cupressus macrocarpa do adro da igrexa de Xermade. 5,90 m de contorno.

FAUNAOs principais representantes da fauna desta gran área son as aves acuáticas e as ligadas aos espazos abertos. As lagoas da Terra Cha acollen un bo número de especies sedentarias ás que se unen as invernantes. É importante tamén a poboación de anfibios e peixes de auga dóce.

Niño de cegoña (Ciconia ciconia)

Especies reprodutoras de interes: mazarico real (Numenius arquata), único núcleo reprodutor da Península Ibérica; sisón (Tetrax tetrax); un dos poucos lugares de Galiza onde cría a avefría (Vanellus vanellus); alcaraván (Burhinus oedicnemus); tartaraña cincenta (Circus pygargus), cegoña branca (Ciconia ciconia), Gatafornela (Circus cyaneus)…

Dous bivalvos do río: -Unio tumidus (á esquerda), de 5 a 8 cm de lonxitude. Vive en zonas de augas tranquilas e fondos de area.-Margarita margaritifera, pode acadar máis de 10 cm de lonxitude. Só se atopa en ríos coas augas limpas. Mexillón de río (Margarita

margaritifera) no substrato.

ACTIVIDADESUn dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza e actividades humanas. Nas Terras do Miño desenvólvense todo tipo de actividades, pero unha gran parte da poboación (o 46,7 % ) vive do sector primario, especialmente agricultura e gandería.

Cultivos de forraxe

Obradoiro de cerámica en Bonxe

Moitos dos proxectos que se están a desenvolver van encamiñados a poñer en valor e dar a coñecer os valores mediambientais e etnográficos para fomentar o turismo rural e ecolóxico: unha rede de museos etnográficos e aulas de interpretación da natureza, rutas, fomento da artesanía e dos ofícios tradicionais, posta e valor dos produtos da zona, recuperación de instalacións etnográficas: muíños, ferrerías, mazos...

Obradoiro de zoqueiro no barrio dos Muíños. Mondoñedo.

Grelos

Queixo de San Simón da Costa

Balneario de Lagostelle (Guitiriz)

Finca Galea en Alfoz. Unha casa rural cun museo etnográfico da auga.

A relación co río toca todos os aspectos da vida da zona, e os seus habitantes adaptáronse e responderon a ese contacto, aproveitando todos os seus recursos e adoptando solucións axeitadas a cada problema, sen esquecer a súa conservación e estudo.

Clube fluvial de Begonte e área recreativa do río Ladra

Caneiro e caseto de pesca no Miño (Lugo).

Barcas no río en Begonte.

Interior do Muíño de Santa Sabela en Outeiro de Rei. Un dos últimos que deixou de funcionar.

Acea do Rei Chiquito (Lugo), un gran muíño industrial.

Mazo de Santa Comba no río Chamoso, nas proximidades de Nadela.

Restos do mazo da ferrería de Riotorto en Ferreiravella (imaxe do ano 2002) e aspecto actual despois de recuperado. Ademais do mazo a área conta con exposicións de traballos feitos por ferreiros da zona e imaxes da recuperación.

Nora no Neira.

Observatorio na lagoa de Cospeito.

PATRIMONIOA gran amplitude deste territorio e a antigüidade do seu poboamento fai que se conserve un rico e variado patrimonio histórico, artístico e etnográfico de todas as épocas: mámoas, castros e petróglifos da prehistoria; murallas, termas e outros restos romanos; igrexas de distintas épocas, cimeterios, castelos, pazos, arquitectura tradicional, cruceiros, petos de ánimas, fontes, lavadoiros, pombeiros, hórreos, palleiras, muíños, mazos, noras, pontes, valados…

As Terras do Miño acollen un importante patrimonio histórico, artístico e etnográfico.

Castro de Viladonga (Castro de Rei)

Murallas romanas de Lugo, declaradas Patrimonio da Humanidade. Ao fondo a catedral.

Termas romanas de Lugo

Castelo de Cal da Loba (Cospeito)Castelo de Castroverde

Castelo de San Paio de Narla. Acolle a sección etnográfica do Museo de Lugo.

Casa e fonte en Saavedra (Begonte)Chimenea en Xermar (Cospeito)

Vivendas tradicionais no

rural de Abadín.

Lugo

Casa de campo en Rábade.

Vilalba

O Valedouro

Palleira no Valedouro

Pombeiro e hórreo en San Paio de Narla (Friol)

Valado de lousas, Outeiro de Rei

Mosteiro de Meira.

Catedral de Mondoñedo. Santa Filomena do Cadramón.

Os Miragres de Saavedra (Begonte).

Igrexa románica de Santiago de Baamonde.

Igrexa de Santa María de Abadín, do século XII. Á beira do Camiño Norte de Santiago.

Igrexa de Outeiro de Rei.

Igrexa das Angustias de Arcos. Igrexa de San Xiao de Mos (Castro de Rei)

Igrexa de San Alberte de Parga (Guitiriz)

Igrexa de VilalbaIgrexa de Goiriz (Vilalba)

Capela de Santa Mariña (Outeiro de Rei) Santalla de Bóveda (Lugo)

Igrexa do mosteiro de Ferreira de Pallares (Guntín).Capela dos Remedios en Rábade.

Cimeterio de Goiriz (Vilalba)

Cimeterio de Xermade.

Cruceiro de Lanzán (Vilalba).Cruceiro en Saavedra (Begonte).

Cruceiro e casa co forno adosado en San Xillao de Bocamaos (Lugo).

Cruceiro de Arcos (Outeiro de Rei).

Fonte en Ferreira de Pallares.A pía está feita aproveitando un antigo sartego antropomorfo.

Fonte da Mina a carón da Porta Miñá (Lugo).

Fonte do santuario de San Alberte de Parga.

Casa-Museo adicada ao poeta Manuel María.

Maqueta dunha mámoa no Museo arqueolóxico de Vilalba.

Museo provincial de Lugo.

Muíño do Vilar (Bocamaos-Lugo)

Muíño de Castelo (Ombreiro-Lugo)

Muíño e caneiro en Santa Sabela (Outeiro de Rei).

A Ponte Cabalar, no Ferreira, en Guntín.

Ponte vella sobre o Miño, en Rábade.

Ponte sobre o río Ouro en Alfoz.

Ponte de Sa sobre o río Labrada (Vilalba).

Ponte do Pasatempo sobre o Valiñadares (Mondoñedo).

Ponte de Martiñá, sobre o rego Batán (Vilalba).

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaXaneriro 2015