Post on 24-May-2015
FESTA DA SAGRADA FAMILIA - Ciclo C El baixou con eles a Nazaré e vivía baixo a súa autoridade. A súa nai conservaba todas estas cousas no seu corazón. Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en graza ante Deus e mais dos homes.
Lc 2, 48-52
Pero é necesario recordar que
a familia pertence ao “patrimonio da humanidade” con máis razón que as cidades históricas, as reservas forestais ou os lagos máis fermosos.
Non é fácil falar da familia. Hoxe ábrense ante os nosos ollos moitas definicións da mesma.
Ter familias sas é unidas sería ata una inversión económica para a nosa sociedade.
Sería cínico quedarse neste aspecto, pero algunha vez habería que recordárllelo aos que organizan a
nosa vida.
As lecturas bíblicas deste domingo desvélannos o que permanece para sempre.
“O que honra a seu pai expía os seus pecados…. Ao que honra á súa nai o Señor escóitao ( Eclo 3, 3-17)
Os tempos cambiaron, pero segue sendo a proba e o froito do amor.
E o amor, non o egoísmo, ha de ser a base da comunidade familiar.
A liturxia da festa non esquece o toque peculiar que fai cristiá a unha familia.
Xesús é adolescente é sobe ao Templo cos seus pais.
Catro leccións que permanecen no tempo e polos séculos:
O neno perdido é finalmente atopado, fala cun ton que manifesta a súa dignidade.
O pequeno revélase como un gran Mestre.
Fronte aos pais da terra, refírese a Deus
como a seu Pai.
E a súa casa non é o obradoiro de cada día
senón a casa de oración.
Buscar o fillo amado é deber impostergable,pero hai outra busca
relixiosa que non se pode esquecer.
Ante a sabedoría que fala pola boca do fillo, resalta o
non saber e non entender
dos que viven ao seu lado.
O fillo que se amosa tan achegado ao divino, compórtase como humano e medra cada día
como todos.
Noso Pai, ti nos
despertaches á vida no seo dunha
comunidade de amor
Dámosche grazas por este don da
túa graza e confiámosche o camiño e os proxectos de
todas as nosas familias. Amén