Unidade 1 inicio idade media

Post on 12-Jul-2015

1.841 views 0 download

Transcript of Unidade 1 inicio idade media

INTRODUCIÓN AO ESTUDO DA HISTORIA

QUE É? a Historia é a ciencia que estuda o pasado, os seus feitos máis importantes é como vivían as sociedades (conxunto de persoas) noutras épocas.

EN QUE CONSISTE? nos seguintes aspectos respondendo a cuestións importantes:

PARA QUÉ SERVE? A Historia axúdanos a comprender o pasado, ensinanos porque somos cómo somos, que nos une aos demáis e que nos diferencia.

QUEN A ELABORA? os historiadores.

CAL É O TRABALLO DO HISTORIADOR?

ESTE? ESTE?OU

os historiadores recollen a información, analizana e publicana. O seu obxectivo non é contar os feitos do pasado senón explicalos.

A PARTIR DE QUE SE ELABORA? Para coñecer o pasado, é necesario interpretar os restos dos nosos devanceiros.

- Estes restos son as fontes.

- Reconstruir a historia é como levar a cabo unha investigación policial. As fontes serían as pistas para reconstruir o pasado.

Existen diferentes tipos de fontes:

Fontes oraisFontes escritas

Fontes iconográficas Fontes materiais

Entón: son estas fontes históricas???

O TEMPO HISTÓRICO Os historiadores deben datar no tempo os aspectos que

estudian. Se é posible, determínase o ano exacto.

En moitas ocasións non hai datos de abondo que permitan establecer unha data exacta, polo que se utilizan periodos máis amplos: década, século, milenio, era ou idade.

Coñecer a data é moi importante, xa que senón a soubesemos non seriamos capaces de establecer a orde dos feitos, nin diferenciar as causas das consecuencias, polo que a historia xa non explicaría o pasado, e carecería de sentido.

O sistema de medida de tempo na maior parte do mundo é a era cristiá (ano 1 = nacemento de Cristo) ou calendario gregoriano. Todo o que sucedeu antes, dicimos que sucedeu antes de Cristo (a. C.) e o que se produciu logo, dicimos que pasou despois de Cristo (d. C. ou nada).

Excepcións a este sistema:

o Islam (mundo musulmán): o ano 1 = ano da Héxira (fuxida de Mahoma da Meca) e usa ano lunar (non solar coma nós). Hoxe en día están no 1431.

✡Calendario hebreo: ano 1 = creación do mundo según os xudeus (ano 3760 a. C.), polo tanto hoxe en día os hebreos están no 5770 (3760 + 2010).

ETAPAS DA HISTORIA Para estudiala mellor, os historiadores dividiron a Historia en

períodos, primeiro en 2 grandes:

Prehistoria: vida do ser humano antes de coñecer a escritura.

Historia: vida do ser humano despois da escritura.

Á súa vez a Historia divídese en 4 grandes períodos (por agora), marcado os seus inicios por algún acontecemento que cambiou a forma de vida.

Prehistoria Dende a aparición do home (2 millóns a. C.) ata a aparición da escritura (4.000 a. C.)

O INICIO DA IDADE MEDIA: O FINAL DO IMPERIO ROMANO

- O final do Imperio Romano produciuse por 2 causas:

Crise interna.

Invasións dos pobos xermanos (chamados bárbaros polos romanos, é dicir estranxeiros).

- Os pobos xermanos habitaban ao norte do Imperio, máis alá dos ríos Rin e Danubio. Eran pobos seminómadas:

a) Parte destes pobos vivían en pequenas aldeas dedicándose á agricultura.

b) A outra parte eran pastores nómadas.

Desde o S. III grupos de xermanos comezaron a traspasar as fronteiras do Imperio (limes), de forma pacífica, tolerada por Roma, ou violenta, en forma de enfrontamentos militares.

- A finais do século IV, o emperador Teodosio divide o Imperio Romano en 2 partes, para que fose máis fácil de defender:

Occidente: con capital en Roma.

Oriente: con capital en Constantinopla (actual Estambul).

Os emperadores tiñan cada vez máis problemas para defenderse dos xermanos.

A finais do S.V os ostrogodos (pobo procedente do leste de Europa) saquearon Roma e venceron ao último emperador. O Imperio Romano de Occidente deixou de existir.

Este acontecemento é considerado polos historiadores o final da Idade Antiga e o comezo dunha nova: A Idade Media (Ss. V ao XV).

OS REINOS XERMANOS

Os pobos xermanos instaláronse en diversos territorios do antigo Imperio Romano occidental, onde fundaron reinos:

Galia (futura Francia): asentáronse os francos.

Hispania (futura España): instaláronse suevos (NO) e visigodos (resto do territorio).

Italia: ostrogodos e despois lombardos.

Britania (futura Gran Bretaña): anglos e saxóns.

Cada reino estaba gobernado por un rei, axudado por un consello de nobres.

As guerras constantes entre xermanos fixeron que se estendese a inseguridade. As cidades foron saqueadas, esto trouxo consigo 2 consecuencias:

A poboación mudouse ao campo, onde buscou a protección dos ricos propietarios (futuros nobres), traballando para eles.

O comercio casi desapareceu e a agricultura e a gandería pasaron a ser as actividades económicas principais.

- A cultura sufriu un declive. Os únicos exemplos de arte xermana en España son:

Pequenas igrexas visigodas.

Obxectos de ourivaría (= obxectos de metais preciosos): cruces, coroas, cálices, cofres…

- Os xermanos eran unha minoría que non se mesturaba coa poboación romana. Cada grupo tiña leis, costumes e relixións diferentes.

- Pouco a pouco foron integrándose. Nos lugares máis romanizados os xermanos adoptaron o latín e a relixión católica.

A península Ibérica foi ocupada por varios pobos:

Suevos: asentáronse no NO, na antiga provincia romana de Gallaecia (capital: Braga).

Visigodos: se estableceron no centro e sur, onde expulsaron a outros pobos (vándalos e alanos), e fundaron un reino con capital en Toledo.

Suevos

Vándalos

Alanos

Visigodos

- O reino visigodo acadou a plenitude nos Ss VI e VII, con dous reinados principais:

Leovixildo: derrotou aos suevos, incorporando o NO da Península ao seu reino.

Recaredo: converteu aos visigodos ao catolicismo. Acadou así a igualdade relixiosa cos hispanorromanos.

- A finais do Século VII as loitas entre nobres visigodos por ser elexidos coma reis (monarquía electiva) provocaron a crise do reino visigodo.

- Estas divisións facilitaron a invasión musulmana da península e a fin do reino visigodo a comezos do S. VIII.

REI

NOBRES

Monarquía electiva visigoda

O IMPERIO BIZANTINO Mentres o Imperio Romano de Occidente se afundía polas

invasións bárbaras. O de Oriente, máis rico, resistiu durante dez séculos, co nome de Imperio Bizantino (capital en Constantinopla, antiga Bizancio).

A) POLÍTICA.

A época de esplendor do Imperio Bizantino coincide co reinado do emperador Xustiniano e a súa muller Teodora (mediados S.VI).

Obxectivos de Xustiniano:

Reconstruir o Imperio Romano.

Fortalecer o Estado.

Para cumprir o 1º obxectivo, Xustiniano contaba cos seus exércitos (comandados polo xeneral Belisario), que conquistaron extensos territorios en occidente (Italia, norte de África, sur de Hispania).

Para conseguir o 2º obxectivo o Estado bizantino precisaba dunha boa organización, basada en 3 principios:

O emperador (basileus): concentraba todos os poderes = xefe político e relixioso (cesaropapismo).

Ampla rede de funcionarios (traballadores do estado) e diplomáticos: que cumprían as ordes do emperador.

Poderoso exército: que defendían as fronteiras.

- Tras a morte de Xustiniano, comeza a decadencia que se concreta en perdas territoriais:

Norte de Italia, conquistada polos lombardos.

Sur Península Ibérica, tomada polos visigodos.

Norte de África, Siria e Palestina, conquistados polos musulmáns.

- Así o imperio quedou reducido a partir do S. VIII a Anatolia, Balcáns e sur de Italia.

- A perda de territorios continuou, así no S. XV só quedaba Constantinopla, a capital, en mans bizantinas, tomada finalmente polos turcos en 1453.

Dominios do Imperio Bizantino hacia 1400

Asedio de Constantinopla, 1453

Entrada do sultán turco Mehmed II en

Constantinopla, 1453

b) ECONOMÍA E SOCIEDADE.

- O Imperio Bizantino era un imperio urbano e comercial.

- As cidades tiñan grande importancia, xa que eran sedes de bispados (poder relixioso) e das institucións de goberno e exército (poder político e militar).

- A cidade máis importante era a capital = Constantinopla. Trazos:

a) Fundada polo emperador Constantino no S.IV coma nova Roma.

b) Situada no estreito do Bósforo, controlando as rutas comerciais entre Europa e Asia.

c) Chegou a contar con un millón de habitantes no S.IX con numerosos foros, palacios e igrexas (Santa Sofía de Constantinopla).

Foro

Liñas de murallas

O imperio bizantino gozou dunha grande prosperidade económica:

$ Contaba cunha artesanía de gran calidade (seda, esmaltes, tapices,…).

$ Dominaba as rutas comerciais, tanto mediterráneas como entre Europa, Asia e África.

$ No comercio, os bizantinos vendían produtos artesanais e agrícolas e compraban produtos suntuosos de Oriente (sedas, especies, ouro…) e trigo (para alimentar a sús gran poboación.

C) CULTURA.

- O Imperio bizantino mantivo en principio os elementos culturais do Imperio Romano (latín e cristianismo católico).

- Co tempo, a partir do reinado de Xustiniano, o grego foi desplazando ao latín coma lingua oficial.

- Ao mesmo tempo a igrexa bizantina foise separando da de Roma, ata a ruptura definitiva en 1054 (Cisma de Oriente): o cristianismo dividíase en 2 igrexas:

Igrexa católica (occidental): autoridade no Papa de Roma.

Igrexa ortodoxa (oriental): autoridade no Patriarca de Constantinopla.

- A relixión en Bizancio era un elemento fundamental, a cal provocaba tamén frecuentes disputas. Ex: revoltas iconoclastas = tumultos populares provocados pola prohibición de culto ás imaxes (iconas) polos emperadores.

- Os monxes ortodoxos bizantinos evanxelizaron aos pobos orientais europeos. Debido a esto, hoxe a ortodoxa é a relixión maioritaria en Europa oriental (Rusia, Serbia, Bulgaria, Grecia…)

D) ARTE.

- Características da arte bizantina:

Arte moi rica, sobre todo relixiosa (igrexas, obxectos de culto).

En arquitectura, destacan as igrexas, sobre todo con planta de cruz grega (brazos da cruz de igual tamaño) e cubertas con grandes cúpulas.

Outro elemento importante son os mosaicos en paredes e teitos de igrexas.

Mellor exemplo: Santa Sofía de Constantinopla =

- Templo de cruz grega.

- Cúpula de 65 m de altura e 35 de diametro, onde se representaba o Pantocrátor (Cristo en maxestade).

- Paredes recubertas de mármore e mosaicos.

Mosaicos de San Vital,

Rávena, Italia

Aula Palatina, Palermo, Italia

O ISLAM O Islam (= sumisión) é unha nova relixión que nace no

S.VII nos desertos de Arabia, poboada por tribos nómadas enfrontadas entre sí.

O seu creador foi Mahoma, comerciante da Meca = principal cidade de Arabia, centro comercial e relixioso (santuario da Kaaba: Pedra Negra)

A comezos do S.VII, Mahoma sentiuse chamado por Deus (Alá) e decidiu abandonar o seu traballo e predicar unha nova relixión (o Islam)

Os ricos comerciantes da Meca consideraron á nova relixión unha ameaza para o seu dominio social, e reaccionaron contra Mahoma.

Mahoma tivo que fuxir da Meca á Medina no ano 622 (Héxira = inicio calendario islámico).

En Medina, Mahoma recrutou un gran número de fieis, o que lle permitiu conquistar A Meca e case toda Arabia, antes da súa morte (632), iniciando así a expansión do Islam.

Mahoma cubrindo a Pedra Negra

A relixión islámica.

- As ensinanzas de Mahoma recollense no Corán = libro sagrado dos musulmáns. Establece 5 obrigacións básicas:

⌘ Profesión de fe: Alá = único deus.

⌘ Oración: cinco veces ao día.

⌘ Esmola: para axudar aos pobres.

⌘ Xaxún: durante o mes do Ramadán, todos os días desde a saída ata a posta do sol.

⌘ Peregrinación á Meca: polo menos unha vez na vida.

- Nun principio a yihad (guerra santa contra os infieis) era tamén unha obriga. Hoxe en día só é apoiada por pequenos grupos radicais.

- O Corán tamén recolle normas de comportamento (prohibición de comer carne de porco e beber alcohol, poligamia…).

A expansión e goberno do Islam.

- Tras a morte de Mahoma, os seus sucesores protagonizaron unha das expansións máis espectaculares da historia.

- Goberno do Islam:

a) Califa: máxima autoridade en materia política e relixiosa.

b) Visires: conselleiros do califa.

c) Valíes: gobernadores das provincias nas que se divide o imperio.

d) Ulemas: encargados de interpretar a lei coránica.

e) Cadíes: xuíces.

Etapas do Islam:

Califato Ortodoxo (ata med S.VII):

- Primeiros catro califas (parentes directos de Mahoma).

- Control da Península Arábiga

Califato Omeia (med S.VII- med VIII):

- Familia que tomou o poder pola forza. O califato faise hereditario.

- Conquista de numerosos territorios (desde Persia ata P. Ibérica).

- Capital en Damasco (Siria)

Califato Abbasí (S. VIII- XIII):

- Familia que toma o poder tras unha rebelión contra os omeias.

- Intrrupción da expansión (agás Sicilia).

- Inicio da desintegración. Aparecen numerosos califas independientes dos abbasíes (Ex: Córdoba)

- Capital en Bagdad (Iraq).

Desintegración do Imperio (A partir do S.XIII):

- por loitas internas.

- Dominio dos turcos (pobo musulmán procedente das estepas asiáticas).

Economía musulmana

- Principais centros económicos (artesanais e comerciais) son as cidades (Bagdad, Damasco, Córdoba), localizadas no zoco ou bazar (mercado).

Comercio-Moi desenvolvido.

- Por terra (caravanas) e mar.

- Produtos de luxo (especias, seda, ouro,

escravos, marfil).

Artesanía:-Variado (cerámica, armas

tecidos,…)- Gran calidade

Agricultura:- Moi produtiva

- Novas técnicas de regadío.- Novos cultivos (arroz, cana de

azucre, frutais…)

EconomíaIslámica

3 actividadesprincipais

Cultura e arte islámica.

- O Islam medieval tivo un gran papel no desenvolvemento cultural da humanidade, en 3 dimensións:

a) Adoptando innovacións doutras culturas, sobre todo orientais (papel, pólvora, compás, xadrez…).

b) Novedades propias en diversas ciencias: matemáticas (números, alxebra), astronomía, medicina,…

c) Creación de bibliotecas, onde se conservaban os clásicos gregos e latinos (literatura, filosofía, historia…).

Astrónomos e xeógrafos musulmáns

Grabado musulmán que representa unha operación de

apendicite

- A arte islámica céntrase sobre todo en edificios relixiosos, destacando a mésquita = lugar de oración dos musulmáns. Estrutura:

⌘ Patio (sahn): con fonte para ablucións (lavado do corpo) para purificarse antes da oración.

⌘ Minarete (alminar): torre desde onde o muecín chama a oración.

⌘ Sala interna (haram): onde oran os fieis.

⌘ Quibla: muro orientado hacia a Meca, hacia onde rezan os fieis.

⌘ Mihrab: nicho sagrado o muro.

⌘ Mimbar: púlpito desde o que o imán dirixe a oración.

- As mesquitas decorábanse con motivos vexetais, xeométricos e caligráficos (pasaxes do Corán), pero nunca de figuras humanas, prohibidas pola relixión musulmana.

Mesquita

Interior da salade oración

Patio e fonte de abluciónsMuro da quibla

Sala de oración

Mihrab

Mimbar

Alminar

O IMPERIO CAROLINXIO

Tras a caída do Imperio Romano de Occidente (S.V), os francos establecéronse na Galia (actual Francia), fundando o reino franco.

Os reis francos deixaron as funcións de goberno aos mordomos de palacio. Entre eles destacou Carlos Martel, quen derrotou aos musulmáns (batalla de Poitiers, med. S.VIII) frenando a súa expansión.

Batalla de Poitiers

- O sucesor de Carlos Martel foi Pipino “o Breve”, quen derrocou ao último monarca francés e fíxose coroar rei (med. S.VIII).

- A Pipino sucedeulle o seu fillo Carlos (chamado Carlomagno), quen tentou refundar o Imperio romano de Occidente, para o cal conquistou numerosos territorios:

Italia.

territorios de Xermania (Saxonia, Baviera…)

Noreste da Península Ibérica (Marca Hispánica.

- No ano 800 foi coroado polo Papa emperador de Occidente. Coronación de

Carlomagno

O goberno do Imperio carolinxio.

- Carlomagno fixou a corte imperial en Aquisgrán, dende onde dirixía o seu imperio.

- Para gobernar con maior eficacia dividiu o imperio en provincias (condados) dirixidos por nobres (condes).

- Nas zonas de fronteira (máis perigosas por estar en contacto cos enemigos exteriores) creou as marcas, dirixidas polos marqueses (nobres con poder militar.

Dependenciasdo emperadore dos condespalatinos

Portamonumental

Patio porticado

Torrede defensa

Termasimperiais

Capelapalatina

Gran patio

Tribunal

Sala de recepción

Dependenciasdos mordomosde palacio

Conxunto palatino de Aquisgrán

Capela palatina

Os nobres (condes e marqueses) debían xurar fidelidade ao emperador.

Para controlar a labor dos nobres, o emperador enviaba a funcionarios (missi domici) que inspeccionaban o goberno nas provincias.

fidelidade fidelidade

fidelidadefidelidade

fidelidade fidelidade

NOBRES BISPOS

SERVOS LIBRES

VASALOS

nomea

Xuramento de fidelidade

O imperio era ante todo rural. As cidades eran poucas e pequenas, e a maioría da poboación residía no campo, baixo a autoridade e protección dos nobres

A agricultura e gandería eran as formas económicas principais.

Disolución do imperio.

- Cando un rei franco morría os territorios se dividían entre os seus fillos.

- Carlomagno só tivo un herdeiro: Luis o Piadoso, polo que o imperio mantívose unido

- Tras a morte de Luis, o imperio dividiuse entre os seus tres fillos: Lotario, Carlos (o Calvo), Luis (o Xermánico).

- Os enfrontamentos entre os irmáns foron constantes e culminaron cun acordo de paz: o Tratado de Verdún (med S.IX):

- Carlos: oeste do imperio.

- Lotario: centro e Italia.

- Luis: este do imperio.

Carlos MartelMordomo de palacio

Pipino “o Breve”Rei dos francos

CARLOMAGNOEmperador

Luís “o Piadoso”Emperador

Luís “o Xermánico”Carlos “o Calvo”Lotario

Dinastía carolinxia

Tras a morte de Lotario, o seu reino foi repartido entre os outros dous irmáns.

Esta división é a orixe de dous dos principais estados europeos actuais:

Francia (territorios herdados por Carlos o Calvo).

Alemania (territorios herdados por Luís o Xermánico).