A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia...

67
Educación secundaria para persoas adultas Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 2 Unidade didáctica 7 A Idade Media

Transcript of A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia...

Page 1: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Educación secundaria para persoas adultas

Ámbito social Educación a distancia semipresencial

Módulo 2 Unidade didáctica 7 A Idade Media

Page 2: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 2 de 67

Índice

1. Introdución ................................................................................................................. 3

1.1 Descrición da unidade didáctica ...................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos .................................................................................................... 3 1.3 Suxestións para a motivación e o estudo ........................................................................ 4 1.4 Orientacións para a programación temporal ................................................................... 4

2. Secuencia de contidos e actividades ...................................................................... 6

2.1 A Idade Media ................................................................................................................. 6 2.1.1 Os reinos xermanos e o Imperio Carolinxio ....................................................................................................... 6 2.1.2 O Imperio Bizantino .......................................................................................................................................... 12 2.1.3 O Islam medieval .............................................................................................................................................. 14 2.1.4 O feudalismo e o papel da Igrexa .................................................................................................................... 18 2.1.5 O renacemento das cidades e a crise do século XIV ....................................................................................... 22

2.2 A Idade Media na Península Ibérica ............................................................................. 24 2.2.1 As monarquías xermánicas na Península Ibérica ............................................................................................ 24 2.2.2 Al-Ándalus e os reinos cristiáns ....................................................................................................................... 26 2.2.3 Galicia durante a Idade Media ......................................................................................................................... 31

2.3 A arte medieval ............................................................................................................. 33 2.3.1 A arte románica ................................................................................................................................................ 33 2.3.2 A arte gótica ..................................................................................................................................................... 35 2.3.3 A arte musulmá ................................................................................................................................................ 37

3. Resumo de contidos ............................................................................................... 38

4. Actividades complementarias ................................................................................ 46

5. Exercicios de autoavaliación ................................................................................. 47

6. Solucionario ............................................................................................................. 50

6.1 Solucións das actividades propostas ............................................................................ 50 6.2 Solucións das actividades complementarias ................................................................. 55 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación .................................................................. 56

7. Glosario .................................................................................................................... 59

8. Bibliografía e recursos ........................................................................................... 62

9. Anexo. Licenza de recursos ................................................................................... 66

Page 3: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 3 de 67

1. Introdución 1.1 Descrición da unidade didáctica

A seguinte unidade forma parte daquelas relacionadas, dentro do ámbito social, co

campo da historia. Resulta necesario destacar que este campo do coñecemento non se

limita a enumerar feitos do pasado, senón que procura establecer un diálogo vivo co

presente que permita comprender mellor o mundo no cal vivimos. Así, a Historia analiza

e explica os procesos que tiveron lugar no tempo e o modo no cal as sociedades

humanas evolucionaron ata os nosos días. A este respecto, e ao longo da unidade,

observaremos o desenvolvemento da Idade Media e a situación da Península Ibérica

durante o medievo. O coñecemento deste pasado permite acudir ás raíces de Europa,

España e Galicia, e facilitan a comprensión da nosa identidade e do noso presente.

Os principais eixes en torno aos cales se organizan os contidos desta unidades son os

seguintes: o modo no que podemos coñecer o pasado a través de restos documentais e

arqueolóxicos, a importancia do progreso científico e técnico no avance da humanidade

e a identificación de problemas e necesidades comúns a todas as épocas e sociedades

históricas. É obxectivo tamén desta unidade outorgarlle ao alumnado todas aquelas

ferramentas que lle permitan investigar e descubrir o pasado a través dos seus propios

medios. Para isto faremos uso da curiosidade, da identificación de fontes históricas e

interpretación dos datos contidos nelas, así como do desenvolvemento do seu criterio

persoal.

1.2 Coñecementos previos

Se ben non é necesario que o alumnado conte con coñecementos exhaustivos en torno

aos contidos expostos na unidade, si que se recomenda a realización dunha avaliación

inicial na cal o docente poida detectar cal é o coñecemento que o seu alumnado posúe

acerca do pasado remoto e as súas etapas, das descubertas que se producen no longo

período estudado e dos modos de organización dos primeiros agrupamentos de seres

humanos.

Os coñecementos prácticos, en proceso de adquisición ou reforzo ao longo do módulo e

relacionados co campo da historia, poden resultar así mesmo de especial utilidade para

o alumnado. Por exemplo:

Lectura e comentario de textos que posúan información de carácter histórico.

Análise e interpretación de fontes tales como mapas, gráficas ou estatísticas.

Procura de información relevante en medios de fácil acceso, como prensa e Internet.

Page 4: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 4 de 67

1.3 Suxestións para a motivación e o estudo

Dado que os contidos tratados ao longo da unidade gardan unha estreita relación co

pasado remoto e a arqueoloxía, recoméndase que o profesorado procure vincular a

información aquí contida coas pegadas que este pasado deixa aínda na actualidade e

cos xacementos arqueolóxicos e restos recollidos nos museos das inmediacións.

Recoméndase a vinculación dos contidos cunha interacción co alumnado a través de

actividades de investigación e descubrimento do pasado, de forma individual e colectiva,

na medida do posible.

Igualmente, recoméndase sempre que sexa posible a vinculación dos contidos con

materiais de ampliación, tales como poden ser películas, documentais, recursos en liña,

novela ou banda deseñada, procurando establecer un vínculo cos intereses do

alumnado. A finalidade última debe ser o estímulo da curiosidade a través das propostas,

e non a sobrecarga de materiais de estudo.

É recomendable que o profesorado guíe o alumnado en relación á construción dunha

rutina de estudo que lle permita enfrontarse á materia en función da cantidade de tempo

que teña á súa disposición. Igualmente, é necesario detectar aqueles casos nos que

sexa necesario achegar materiais adicionais que permitan adquirir destrezas

relacionadas co estudo, tales como a construción de esquemas e resumos, elaboración

de glosarios ou técnicas de subliñado. A unidade procura solucionar algunhas das

dificultades que poidan derivar destes aspectos, para iso destacamos ideas clave,

achegamos ferramentas de autoavaliación, un resumo de contidos e un glosario de

termos.

1.4 Orientacións para a programación temporal

Os materiais aquí contidos están dirixidos tanto ao ensino en modalidade presencial

como en modalidade semipresencial. Se ben as estratexias que debemos empregar por

parte do profesorado nas dúas vertentes entrañan metodoloxías distintas, en ambos os

casos o enfoque da unidade está deseñado para catro semanas, dado que o temario

correspondente ao segundo bimestre de 1º da ESA no ámbito da Sociedade se

corresponde tanto con esta unidade como a anterior: “A Idade Moderna”.

Para esta finalidade, os contidos da unidade que nos ocupa están organizados en torno

ao desenvolvemento de tres apartados principais. Recomendamos que se trate cada un

deles no espazo dunha semana, e dedicar unha cuarta semana, coas súas sesións

Page 5: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 5 de 67

correspondentes, ao repaso do exposto ao longo da unidade, resolución de actividades e

preparación de posibles probas. Así pois, o esquema recomendado para a programación

temporal é o seguinte:

Primeira semana: desenvolvemento da sección 2.1: “A Idade Media”.

Segunda semana: tratamento da sección 2.2: “A Idade Media na Península Ibérica”.

Terceira semana: explicación da sección 2.3: “A arte medieval”.

Cuarta Semana: resolución de actividades, repaso xeral, preparación de probas. A

este respecto, proponse:

– Facer resumos dos contidos, de tal modo que o alumnado os saiba empregar como

unha ferramenta de repaso pero non como substitución da unidade.

– Realizar as actividades de autoavaliación, para detectar os erros máis frecuentes e

deseñar estratexias para lles facer fronte.

– Recorrer ao glosario de termos para comprender axeitadamente aqueles que

poidan supor algunha complexidade, evitaremos así a memorización carente de

comprensión.

Page 6: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 6 de 67

2. Secuencia de contidos e actividades 2.1 A Idade Media

A Idade Media abrangue un longo espazo de tempo, desde a caída do Imperio Romano

de Occidente (476 d. C.) ata a chegada da Idade Moderna no século XV. É unha época

na que se van producir considerables cambios no territorio europeo fronte á Idade

Antiga:

No eido económico, prodúcese o tránsito dunha economía escravista e comercial a

outra feudal e rural.

No ámbito social queda atrás o concepto de cidadanía romana e aparece a división

en estamentos, clases sociais ás que se accedía por nacemento.

No plano político, a homoxeneidade do Imperio Romano vese substituída pola

aparición de múltiples reinos.

No eido cultural pasamos da adaptable cultura romana a visións máis ríxidas que

orbitan en torno á relixión (teocentrismo).

Cronoloxicamente, podemos dividir este longo espazo de tempo en:

Alta Idade Media. Etapa que vai dende a caída do Imperio Romano de Occidente ata

aproximadamente o ano 1000.

Baixa Idade Media. Vai dende o século XI ata un espazo de tempo situado entre a

caída do Imperio Romano de Oriente (1453) e o descubrimento de América (1492).

2.1.1 Os reinos xermanos e o Imperio Carolinxio

Desde o século III, o Imperio Romano de occidente estaba en crise. Isto facilitou que os

pobos nas súas fronteiras visen a posibilidade de atacar os territorios romanos ou de

ofrecerse como mercenarios a Roma.

Roma tivo serias dificultades para defender as súas fronteiras, e para facilitalo, o

emperador Teodosio decidiu partir o imperio en dúas partes (395 d C.):

O Imperio Romano de Occidente, con capital en Roma.

O Imperio Romano de Oriente, con capital en Constantinopla.

Pouco a pouco, o Imperio Romano de Occidente comezou a perder territorio fronte ás

invasións dos pobos xermanos e do imperio dos hunos (dirixidos por Atila). Tamén o

perdeu por cederllo aos seus aliados (outros pobos xermanos), aos que necesitaba para

repeler as invasións.

Page 7: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 7 de 67

Foi un dos supostos aliados de Roma (Odoacro, caudillo dos ostrogodos) o que, no ano

476, aproveitou a súa forza militar dentro da Península Itálica e acabou por derrocar o

último emperador (Rómulo Augusto). Isto puña fin ao Imperio Romano de Occidente e

daba por rematada a Idade Antiga.

Os reinos xermanos

Entre os séculos V e VII consolidáronse múltiples reinos independentes no que fora o

territorio do Imperio Romano de Occidente. Así, na Península Itálica tomaron o poder os

ostrogodos, en Francia, os francos; en Inglaterra, os anglos e os saxóns; no norte de

África, os vándalos; e na Península Ibérica, os suevos e os visigodos.

Os reinos xermánicos no século VI.

Estes pobos compartían unha serie de características en común:

No político, o poder estaba baixo o control dun rei que era escollido inicialmente por

unha asemblea de guerreiros que o vían como un dirixente entre iguais (primus inter pares). Co paso do tempo, os reis conseguiron manter o seu poder de forma

vitalicia e trasladarlles a coroa aos seus descendentes, creando así liñaxes. As

asembleas víronse substituídas polas cortes, onde os reis favorecían aos seus

aliados dándolles funcións que os convertían en figuras poderosas. Nestas cortes

apareceron os mordomos de palacio, figuras cunha gran influencia que en ocasións

rivalizaba coa dos propios reis.

Page 8: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 8 de 67

No ámbito social, e como os xermanos eran unha minoría inicialmente, procuraron

mesturarse coas elites das sociedades conquistadas.

– Baixo a figura do rei apareceron cargos nobiliarios: os duques (gobernadores de

provincias) e os condes (dirixentes de cidades).

– Os xermanos acabarán por converterse ao cristianismo, o que fará que os bispos

sexan tamén unha figura de grande influencia. Igualmente, apareceron os

mosteiros e as primeiras comunidades de monxes.

– A maior parte da sociedade estaba composta polo campesiñado, que vivía nunha

gran proporción baixo un réxime de servidume.

No terreo económico, a base era a agricultura.

– O poder viña delimitado pola cantidade de terras posuídas: o rei, a nobreza e a

Igrexa eran os principais donos das terras.

– Outra fonte de ingresos eran os impostos, que debían pagar as poboacións

conquistadas.

– As cidades entraron en declive e producíronse poucos cambios no eido

tecnolóxico e nas actividades artesás dende a época romana.

– O comercio volveuse moi feble, intercambiaban algúns produtos con territorios

máis avanzados, como o Imperio Bizantino. O emprego da moeda retrocedeu e

volveuse ao troco.

No eido cultural:

– Elaboraron códigos de leis para facilitar o control dos territorios.

– Parte dos reinos cristianizáronse e

convertéronse ao catolicismo ou

abrazaron herexías (como o arrianismo).

– Xurdiron novos idiomas, polo contacto

coas poboacións que falaban o latín.

– No plano das artes, eran hábiles ourives

e preocupáronse especialmente pola arte

moble: xoias, armas, códices etc. Na

arquitectura, e pola redución na

importancia das cidades, os seus edificios eran de pequenas dimensións, destacan

pazos, capelas e tumbas.

Fíbulas aquiliformes de Alovera. Arte visigótica, século VI.

Page 9: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 9 de 67

O Imperio Carolinxio

No século VIII, o reino xermano dos francos viviu un cambio de dinastía. Os mordomos de palacio foron cobrando cada vez maior peso e conseguiron no século VII que o cargo

fose hereditario e convertéronse pouco a pouco nos verdadeiros gobernantes. No 751,

os reis merovinxios foron destronados e chega ao poder Pipino o Breve. Este

estableceu moi boas relacións co papado, que o declarou “protector dos romanos”.

O seu fillo Carlomagno tomará o control do reino no 768 e consolidará os avances do

seu antecesor. Conseguiu que o reino franco se vira convertido nunha das principais

potencias do seu tempo.

O obxectivo de Carlomagno era dobre: reinstaurar o Imperio Romano de Occidente e

consolidar o cristianismo en Europa. Para isto levou a cabo múltiples guerras (43

campañas militares en 47 anos de reinado) que o enfrontaron a pobos como o dos

ávaros, os saxóns ou os lombardos. As conquistas militares permitíronlle configurar un

auténtico imperio de máis de 30.000 km2 que estendía as súas fronteiras por boa parte

de Europa: dende o Atlántico ata o Elba, e dende o Báltico a España e Italia.

Máxima expansión do Imperio Carolinxio.

No ano 800, as súas conquistas foron lexitimadas pola Igrexa, xa que foi coroado

emperador polo papa no Nadal dese ano. As características xerais do seu reinado foron

as seguintes:

Page 10: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 10 de 67

No eido político, Carlomagno baseouse nos emperadores romanos (buscaba o

poder absoluto) pero gobernou con abundantes elementos das monarquías

xermanas:

– Reforzou a administración, pois contaba cun grupo de funcionarios que facilitaban

as súas tarefas de goberno. Estableceu a capital do seu imperio en Aquisgrán.

– Organizou o territorio en provincias, dirixidas por condes, e territorios fronteirizos

ou marcas controladas por líderes militares: os marqueses.

– Para controlar os seus dominios e garantir a fidelidade dos seus nobres,

Carlomagno empregou unha especie de inspectores: os missi dominici.

No plano económico:

– A agricultura segue sendo a base da economía e a posesión da terra un indicador

de poder. A nobreza posúe grandes extensións de terreo das que cede parte (os

mansos) a familias campesiñas, a cambio dunha renda e de xornadas de traballo

nas súas propias terras (corveas).

– Carlomagno introduciu unha moeda oficial, a libra, o cal combina cun

relanzamento do comercio durante o seu reinado. Este comercio é, por unha

banda, de produtos de luxo que veñen de Oriente (sedas, especies etc.) e, por

outra banda, hai un comercio interno, como os mercados que se celebraban

semanalmente nas cidades.

En canto á sociedade carolinxia:

– Na cúspide están as elites nobiliarias, xunto ao alto clero: unhas 300 familias que

posúen unha gran cantidade de terras, que controlan cargos públicos, condados,

abadías, sés episcopais etc.

– Por debaixo dos anteriores están os individuos libres. Campesiños propietarios

de terras, artesáns e comerciantes.

– Na base da sociedade están os servos, que traballaban as terras das clases altas

nunha situación próxima á escravitude.

No terreo cultural, Carlomagno promoveu un renacemento cultural:

– Impulsou a creación de escolas, tanto para os funcionarios como para os

eclesiásticos e crean nestas amplas bibliotecas. Destaca a Escola palatina, onde

procurou reunir os individuos máis sabios da súa época e dende onde quixo

rescatar as grandes obras da antigüidade.

– A Escola palatina instituíu un corpo de coñecementos que procuraba sintetizar o

saber da época. Dividíase en:

Page 11: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 11 de 67

– Trivium, enfocado a desenvolver a elocuencia (gramática, dialéctica e retórica).

– Quadrivium, enfocado ao desenvolvemento do coñecemento matemático

(aritmética, xeometría, astronomía e música).

– Nas artes destaca a arquitectura, que imitaba formas romanas e bizantinas.

Mandou construír numerosas igrexas, entre as que sobresae a capela palatina de

Aquisgrán.

O Imperio Carolinxio viuse di

vidido á morte de Carlomagno,

xa que aínda que foi herdado

inicialmente polo único

sobrevivente dos seus fillos (Luís

o Piadoso), os seus netos

enfrontáronse polo control do

territorio, fragmentándoo en

reinos más pequenos.

Actividades propostas

S1. Resuma os principais trazos dos reinos xermanos no seguinte esquema.

Política

Sociedade

Economía

Cultura

S2. Indique as características do renacemento cultural carolinxio.

Capela palatina de Aquisgrán.

Page 12: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 12 de 67

2.1.2 O Imperio Bizantino

O Imperio Romano de Oriente ou Imperio Bizantino sobreviviu á caída de Roma no 476

d. C. Existiu ata o ano 1453, cando a súa capital (Constantinopla) caeu en mans dos

turcos.

Durante case mil anos, a pluralidade de pobos que formaban o imperio fusionaron

elementos da cultura grega e romana, xunto con costumes e tradicións occidentais e

orientais.Tamén conservaron e reelaboraron boa parte do legado clásico. Constantinopla

considerábase sucesora de Roma e foi durante boa parte da Idade Media unha das

cidades máis poboadas do mundo. Igualmente, era a porta comercial entre Asia e

Europa e lugar de tránsito de gran cantidade de viaxeiros.

O Imperio Bizantino no século VI. En verde, as conquistas de Xustiniano.

O momento de maior auxe do Imperio Bizantino correspóndese co reinado de

Xustiniano, no século VI (do 527 ao 565). Este emperador quería restablecer a unidade

do antigo Imperio romano, e para isto enfrontouse aos reinos xermanos dos vándalos,

ostrogodos e visigodos. Coa axuda dos seus xenerais (Belisario e Narsés) conseguiu

estenderse polo norte de África, a Península Itálica e o sur da Península Ibérica.

Durante esta época viviuse tamén un grande esplendor cultural, construiuse a basílica de

Santa Sofía. Con todo, os esforzos bélicos tiveron o seu custo e sumiron o imperio nun

século vindeiro de crise económica e de peste, froito da cal pereceu un terzo da

poboación de Constantinopla.

Nos séculos posteriores o imperio foi perdendo territorios e sufriu tamén conflitos

internos, derivados de disputas relixiosas. Estas últimas levaron á separación do

cristianismo entre católicos e ortodoxos: o Cisma de Oriente.

A época das cruzadas contribuíu a debilitar o imperio, cuxo final chegaría no século XV

co asedio das tropas comandadas por Mehmet II, sultán de Turquía. Constantinopla

pasaría así a ser rebautizada como Istambul e o Imperio Bizantino desaparecería.

Page 13: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 13 de 67

Trazos xerais do Imperio Bizantino

Na organización política, o emperador ou basileus contaba cun poder absoluto.

Dirixía a administración, o exército, e era tamén xefe da Igrexa. Para exercer a súa

autoridade dependía dunha poderosa rede de funcionarios e dun corpo diplomático

que permitía manter as relacións cos outros territorios. Mediante o Código de Xustiniano quedaron establecidas as leis que se aplicaban en todo o imperio.

No terreo económico:

– Ao igual que no resto do mundo da época, a agricultura ocupaba un papel

fundamental. A grande propiedade da terra estivo nas mans da nobreza e da

Igrexa.

– O comercio, pola situación xeográfica de Constantinopla, foi unha actividade de

grande importancia. As rutas de Europa a Asia e do Mar Negro ao Mediterráneo

pasaban polo seu territorio. A moeda bizantina, o besante, aceptábase nunha gran

cantidade de territorios, converteuse nunha divisa internacional.

– Na industria destacou a produción de seda, cuxos secretos foron obtidos de

China no século VI grazas á espionaxe.

A sociedade bizantina foi de tipo piramidal:

– Na cúspide atopamos o emperador (basileus). Por debaixo del estaba o patriarca

de Constantinopla (máxima autoridade relixiosa despois do emperador), o alto

clero e alta nobreza.

– Comerciantes, artesáns, soldados e

campesiños libres integraban as

clases medias.

– Na base da pirámide estaban os

servos e os escravos, que eran os

encargados do traballo da terra e de

labores domésticas.

No eido cultural:

– O grego foi a lingua oficial do Imperio Bizantino, que substituíu o latín e coñeceu

unha abundante produción escrita (literatura, historia, temas relixiosos etc.).

– A relixión orixinou abundantes conflitos, entre os que destacan:

– A disputa iconoclasta do século VIII, na cal o emperador prohibiu a veneración

de imaxes que representasen a Cristo ou os santos.

Basílica de San Marcos, construída no século IX. Venecia.

Page 14: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 14 de 67

– O Cisma de Oriente do século XI, no que o patriarca de Constantinopla e o

papa de Roma se excomungaron mutuamente.

– Pola súa situación xeográfica, de contacto entre culturas e eido principal do

comercio, Constantinopla converteuse no centro cultural do Mediterráneo.

Igualmente, os bizantinos recompilaron boa parte das obras do mundo clásico en

escolas, universidades e mosteiros.

– Nas artes, destacou especialmente a construción de templos (Santa Sofía, San Marcos), de planta grega e hábil uso das cúpulas. No interior das igrexas houbo

unha abundante decoración en forma de mosaicos e relevos.

S3. Lea o seguinte texto e conteste as preguntas.

Algúns monxes que viñan da India decatáronse de que o emperador Xustiniano desexaba que, para o comercio da seda os romanos non fosen máis obrigados a estar baixo o control dos persas. Presentáronse ante o emperador e prometéronlle que non se verían obrigados a comprarlle a seda aos persas, aos seus inimigos, nin a outra nación; eles viviran moito tempo en Serinda (China noroccidental), un país máis aló da India, e aprenderan tamén a producir a seda en terra romana.... Os monxes volveron de novo a Serinda, trouxeron ovos do verme de seda a Bizancio, convertéronos en vermes e alimentáronos con follas de moreira. Desde aquel momento, no imperio romano empezouse a producir a seda.

Procopio de Cesarea “Historia das guerras”

A que fai referencia o texto?

Cando tivo lugar o episodio ao que fai referencia o documento?

Que vantaxes lle puido reportar ao Imperio Bizantino o exposto no documento?

2.1.3 O Islam medieval

O nacemento do Islam produciuse en Arabia, península desértica situada entre o Mar

Vermello, o Golfo Pérsico e o Mediterráneo. A agricultura soamente era posible en parte

da costa e zonas de oasis. Existían unhas poucas cidades de importancia (Medina, A Meca) por onde pasaban rutas de caravanas que transportaban sedas, especias e

outros artigos de luxo que proviñan de Oriente.

A maior parte dos habitantes da península arábiga eran beduínos, nómades dedicados

á gandaría e organizados en tribos, moitas veces enfrontadas entre si. Como elementos

de unión tiñan o idioma (o árabe), tradicións e costumes. Eran politeístas e

consideraban que A Meca, onde estaba a Pedra Negra da Kaaba, era o unha cidade

sagrada.

Neste contexto aparece a figura de Mahoma, que a comezos do século VII comeza a

predicar unha nova relixión monoteísta que recoñecía a un único deus: Alá. Isto lévao a

Page 15: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 15 de 67

ter enfrontamentos cos habitantes da Meca que o obrigan a fuxir á cidade de Medina. A

fuxida leva o nome de héxira e marca o comezo do calendario musulmán, no ano 622.

En Medina, Mahoma recrutou un exército co que conquistou A Meca, para expandirse

logo por toda Arabia. Á súa morte, os seus sucesores adoptaron o título de califa, xefe

político e relixioso dos musulmáns. En poucos anos, e mediante a xihad, conquistaron

Persia e Exipto, e tiveron os primeiros choques co Imperio Bizantino.

A máxima expansión produciuse coa dinastía dos Omeia, que entre os séculos VII e VIII

estenderon o seu imperio dende Persia ata a Península Ibérica.

Máxima extensión do califato omeia.

A mediados do século VIII, despois de cruentas loitas, a familia dos Abasidas desprazou

os Omeias e trasladou a capital do califato a Bagdad. A partir do século X, o islam sufriu

un proceso político de desintegración debido a conflitos relixiosos, ao xurdimento de

dinastías rexionais independentes en España, en Marrocos e en Exipto, e ás invasións

de turcos e mongois.

Bases da relixión islámica

A doutrina predicada por Mahoma recibe o nome de islam, que significa “submisión”

(ante Deus). O dogma principal é que hai un único deus, Alá, e que Mahoma é o seu

profeta. As obrigas fundamentais dos fieis recóllense no Corán, o libro sagrado dos

musulmáns, e son as seguintes:

A profesión da fe, asumir que hai un único deus, Alá, e que Mahoma é o seu profeta

A oración, que debe levarse a cabo cinco veces ao día.

A esmola, para axudar os necesitados.

O xaxún do mes de Ramadán, dende a saída ata a posta do sol.

A peregrinación á Meca, que debe levarse a cabo cando menos unha vez na vida.

Page 16: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 16 de 67

Administración política e economía

No eido político, o dirixente do Imperio Islámico era o califa, que era considerado

sucesor de Mahoma e representante de Alá. Tiña un poder absoluto e dirixía o goberno e

a relixión, xunto á elaboración das leis, os tribunais e un exército do que dependía boa

parte do poder do califa. Para organizar o imperio foi necesario desenvolver unha rede

administrativa, copiada en moitos aspectos dos persas e dos bizantinos. Por debaixo do

califa estaban:

Os valís e os emires, como gobernadores de provincias. Podían ter exércitos ao seu

cargo.

Os visires, ministros encargados de tarefas do goberno.

Os cadís, xuíces e autoridades relixiosas, xa que a xustiza seguía as leis do Corán.

En canto á economía, a base era a agricultura, na cal o mundo musulmán levou a cabo

grandes avances en técnicas de regadío. Igualmente, introduciron novos cultivos no

mundo do Mediterráneo (como a cana de azucre, o albaricoque, o algodón e o azafrán).

Outras características foron:

O comercio foi esencial na economía, tanto a través de rutas marítimas como

terrestres, pois permitíanlles acceder ás rutas das especias de Oriente, seda, ouro,

marfil e pedras preciosas.

As cidades coñeceron un gran desenvolvemento, eran os principais centros de

comercio e consumo. Nelas desenvolvíanse as actividades artesanais como o

curtume, tecidos etc.).

Acuñaron unha moeda propia, o dinar de ouro, e empregaron mecanismos para

facilitar os intercambios, como a letra de cambio.

Sociedade e cultura

A sociedade tiña características tolerantes pero resultaba desigual. As mulleres estaban

sometidas á autoridade do pai ou do marido, e a educación quedaba restrinxida aos

varóns.

Na cúspide atopábanse os árabes, que conformaban unha especie de aristocracia e

monopolizaban o poder político, militar, económico e relixioso.

Por outra banda, estaban o resto dos musulmáns, moitos deles conversos que en

teoría terían os mesmos dereitos cós árabes. Neste grupo atopamos dende persoas

acomodadas (médicos, comerciantes) ata campesiños e artesáns.

Page 17: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 17 de 67

Logo estarían os non musulmáns, que formaban un grupo moi variado: podían seguir

practicando a súa relixión se pagaban tributos. É un grupo diverso, de características

semellantes ao anterior.

Por último estarían os escravos, considerados mercadoría humana e empregados

nos traballos máis duros: minas, agricultura e servizo doméstico.

A cultura do mundo árabe foi considerablemente avanzada para o seu tempo:

Asimilaron características dos pobos vencidos e tomaron elementos tanto de Asia

como da cultura grecolatina. Traduciron unha gran cantidade de obras clásicas ao

árabe, lingua que se implantou nos territorios conquistados, que deu lugar a

importantes obras literarias (como “As mil e unha noites”) e que estivo presente en

amplas bibliotecas creadas nas cidades, entre as que destacamos a de Córdoba,

Bagdad e O Cairo.

Grazas ao comercio tiveron contacto cos avances do seu tempo. A través de China

coñeceron a pólvora, o papel e o compás.

Apaixonados pola alquimia, descubriron substancias como o alcol e o ácido

sulfúrico.

Nas matemáticas difundiron o uso do 0, inventaron a álxebra e desenvolveron a

aritmética e trigonometría.

En medicina, e con médicos como Avicena e Averroes, desenvolveron técnicas de

cirurxía e anestesia, e tamén mostraron preocupación pola prevención de

enfermidades.

No terreo das artes destacaron en arquitectura. As obras que realizaron estaban

destinadas ao poder e á relixión: pazos e mesquitas, onde lle prestan máis

importancia ao interior que ao exterior. A decoración non ten figuras humanas nin de

animais ao estaren prohibidas pola relixión: pintura e escultura cumprían funcións

estritamente decorativas.

Actividades propostas

S4. Cales son as obrigas fundamentais da relixión islámica?

Page 18: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 18 de 67

S5. Indique as características da cultura musulmá medieval.

2.1.4 O feudalismo e o papel da Igrexa

Coa división do imperio de Carlomagno no século IX, boa parte de Europa volveuse

vulnerable a ataques e invasións. Distintos pobos lanzaron expedicións de saqueo, entre

os que podemos destacar:

Os húngaros, xinetes que lanzaron incursións contra os territorios das actuais

Francia, Alemaña e Italia. Finalmente, establecéronse nas terras do curso medio do

Danubio, fundaron Hungría a principios do século XI.

Os piratas sarracenos, que proviñan do norte de África, saquearon illas e costas do

Mediterráneo en busca de botín e escravos. Chegaron a espoliar Roma no século IX.

Os viquingos, hábiles navegantes da rexión de

Escandinavia, asolaron Europa durante dous

séculos. Chegaron a contactar co Imperio

Bizantino e o Califato de Bagdad. Co paso do

tempo, algúns destes pobos estableceron

relacións comerciais cos territorios antes

saqueados e incluso se instalaron nas illas

británicas e no norte de Francia, en Normandía.

Esta situación debilitou o poder dos monarcas,

incapaces de repeler os ataques, e reforzou o poder dos señores locais. Estes

construíron fortificacións e fixeron que a xente lles xurase lealdade a cambio de

protección. O poder destes señores feudais medrou ata eclipsar o dos reis, e deu lugar a

un novo sistema: o feudalismo.

O feudalismo

Este sistema tivo lugar en Europa occidental e acadou o seu maior auxe entre os séculos

XI e XIII. As bases do sistema eran as seguintes:

Unha sociedade dividida en tres estamentos: a nobreza guerreira, os eclesiásticos e

os campesiños. Os dous primeiros grupos tiñan o poder como estamentos privilexiados, gozaban de leis distintas ás do resto da poboación e non tiñan que

pagar impostos.

Representación dunha embarcación viquinga no

tapiz de Bayeaux, do século XI.

Page 19: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 19 de 67

A economía estaba totalmente baseada na agricultura e na gandaría. As terras eran

traballadas polos servos do señor feudal e por algúns campesiños libres. O comercio

diminuíu pola inseguridade, o cal provocou que as cidades tiveran menor importancia

e facían predominante a vida rural. Para manter o sistema, os servos pagábanlles

elevadas rendas aos señores feudais e todo o campesiñado debía pagar o décimo á

Igrexa.

O poder central desapareceu como tal e produciuse unha fragmentación do mesmo,

que pasou a ser exercido polos nobres nos territorios da súa propiedade: os feudos.

Así, os señores feudais lexislaban, impuñan impostos e administraban xustiza.

O sistema baseábase no establecemento de lazos de fidelidade e dependencia

persoais, a vasalaxe e a servidume:

– A vasalaxe era un contrato polo cal un home libre, o vasalo, prometíalle fidelidade

ao señor feudal a cambio duns bens, que por norma eran terras e servos. O vasalo

debía prestar auxilium e consilium, é dicir: axuda militar cando fose necesario e

consello cando fose solicitado. Este contrato levábase a cabo mediante unha

cerimonia de homenaxe e investidura. Debido ao persoal destes lazos,

considerábase que a traizón era o peor delito que un vasalo podía cometer.

– A servidume consistía na entrega das

posesións de boa parte do campesiñado,

ou do seu traballo ao señor feudal a

cambio de protección. O clima de temor e

inseguridade fixo que moitos dos

campesiños quedaran sometidos á

autoridade dos señores feudais.

O sistema baseábase tamén na herdanza

dos feudos e dos privilexios. Os

primoxénitos dos señores feudais herdaban as posesións dos seus pais e os vasalos

facían o mesmo cando lles renovaban a fidelidade ao seu señor. A liñaxe

determinaba a orixe social dun individuo, indicaba se pertencía ao estamento dos

privilexiados ou non. Así, os pactos matrimoniais entre a nobreza foron comúns para

perpetuar a liñaxe, para iso empregaban as mulleres da nobreza como moeda de

cambio co obxectivo de crear pactos e alianzas entre familias.

Carlos I recibe a homenaxe dun vasalo. Miniatura do

século XV.

Page 20: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 20 de 67

O papel da Igrexa

A Igrexa foi a única institución que seguiu funcionando despois da caída do Imperio

Romano de Occidente. Foi utilizada polos

pobos xermánicos para consolidar e

lexitimar os seus reinos, asegurándose así

a Igrexa unha posición de privilexio en

Europa Occidental. As invasións do século

IX crearon un gran medo na sociedade e a

crenza de que o mundo se achegaba ao

seu fin: o milenarismo. Malia a aparición de

múltiples seitas e herexías relacionadas con

este fenómeno, a Igrexa empregouno para

consolidar o seu poder.

No plano político, a Igrexa foi toda unha potencia. Os papas interviñan nos asuntos

dos reinos, mediaban entre os reis, e mesmo podían ordenar períodos de paz

(treguas de Deus) ou levantar exércitos para combater por motivos relixiosos. A

Igrexa deulle lexitimidade ao poder político, proporcionoulle a ideoloxía que sostivo o

sistema feudal e ditou os fundamentos das leis e as normas para seguir na vida cotiá,

dende o traballo ata a vida persoal e íntima. A institución aproveitou esta situación

para que a cultura quedase exclusivamente nas súas mans e para impor a súa

relixión como a única, perseguiron os fieis doutras confesións.

En canto á súa organización interna, a Igrexa era unha institución moi xerarquizada

na cal os seus integrantes formaban parte do grupo dos privilexiados. Á fronte dela

estaba o papa, como máxima autoridade relixiosa. Estaba dividida en:

– Clero secular. Formado por cardeais, bispos, arcebispos e sacerdotes. Vivían en

contacto cos laicos.

– Clero regular. Formado polas ordes relixiosas: abades, freires, monxes e monxas.

Illábanse do resto do mundo, vivían en mosteiros e seguían unha serie de regras.

A Igrexa contaba cunha gran forza económica: gran parte das terras estaban nas

súas mans, controladas dende mosteiros e catedrais. Ademais das rendas que lles

cobraba aos seus campesiños, estaba o décimo, imposto sobre as colleitas lle que

afectaba a todo o campesiñado. Durante a Idade Media cobran importancia as

peregrinacións. Os centros máis importantes de peregrinación eran: Roma,

Xerusalén e Santiago de Compostela, que contribuíron a aumentar o volume das

arcas da Igrexa, grazas ás doazóns dos peregrinos.

Representación dun copista. Retrato de Jean Miélot, século

XV.

Page 21: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 21 de 67

Na extensión do cristianismo, e xunto co papel das peregrinacións e das

conversións de pobos pagáns, destaca o papel das cruzadas. Estas leváronse a

cabo a partir do século XI e buscaban arrebatarlle Xerusalén e a chamada Terra

Santa aos musulmáns. Alí os cruzados fundaron reinos e estableceron ordes

militares (Templarios, Hospitalarios).

No eido social, o ritmo da vida cotiá estaba nas súas mans. Os ritos, dende o

bautismo ata o enterro, estaban directamente relacionados co cristianismo. O mesmo

sucedía cos ritmos de traballo, que estaban marcados polas festividades relixiosas, e

a propia referencia do paso do tempo, anunciado polas campás da Igrexa. O fiel tiña

unha serie de obrigas se desexaba alcanzar a vida eterna, tales como a oración, a

asistencia aos oficios relixiosos e a práctica da caridade e das doazóns, entregaban

tamén parte dos seus bens á Igrexa. Xunto a isto, a Igrexa dispuña de mecanismos

para perseguir as herexías e outras crenzas, a excomuñón e a Inquisición:

– A través da excomuñón expulsábase da Igrexa a todo aquel que non obedecía as

súas ordes. O excomungado non podía recibir sacramentos e quedaba fóra da lei

divina.

– A Inquisición era un tribunal eclesiástico fundado no século XII, que investigaba a

quen consideraba sospeitoso e podía chegar a empregar tortura e a executar os

acusados.

No ámbito cultural, a Igrexa tiña un papel fundamental pois financiaba obras de

arte, e un papel importante no mantemento e difusión de obras clásicas, grazas ao

labor de copistas de textos que levaron a cabo os frades en moitos mosteiros. Ao

mesmo tempo, exercía un papel de control na produción cultural e de censora en

aqueles aspectos que fosen contra as bases do cristianismo.

Actividades propostas

S6. Comente o seguinte documento seguindo as preguntas expostas.

“Os nobres son os guerreiros, os protectores das igrexas. Defenden a todo o pobo, aos grandes o mesmo que aos pequenos e ao mesmo tempo protéxense a eles mesmos. A outra clase é a dos servos. Esta raza de desgraciados non posúe nada sen sufrimento. Provisións e vestidos son fornecidos a todos por eles, pois os homes libres non poden valerse sen eles. Así pois, a cidade de Deus, que é tida como unha, en realidade é tripla. Uns rezan, outros loitan e outros traballan. As tres ordes viven xuntas e non sofren unha separación. Os servizos de cada unha destas ordes permiten os traballos dos outros dous. E cada un á súa vez préstalle apoio aos demais. Mentres esta lei estivo en vigor o mundo estivo en paz”.

Do monxe Adalberón na súa obra Carmen ad Robertum regem francorum. Ano 998.

Con que época e zona do mundo se corresponde o documento?

A que fai referencia?

Considera que o autor é crítico co sistema exposto ou que é favorable? Razoe a resposta.

Page 22: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 22 de 67

S7. Defina os seguintes termos. Lembre que existe un glosario ao final da unidade.

Milenarismo

Abade

Décimo

Cruzadas

Inquisición

2.1.5 O renacemento das cidades e a crise do século XIV

A partir do século XI comeza unha recuperación da poboación e peso das cidades

europeas, que se vai ver favorecida nos séculos XII e XIII por:

Un aumento da produción agraria, grazas a novas técnicas e avances (muíños,

regadíos, novos cultivos) e á explotación de maiores superficies de terra.

Un aumento da poboación, grazas á maior cantidade e diversidade de alimentos.

Un incremento do comercio, grazas a unha maior estabilidade e seguridade das

rutas.

Non obstante, esta situación verase interrompida no século XIV por varios factores:

A aparición de fames provocadas por sucesións de malas colleitas.

Unha conflitividade moi elevada, con guerras en boa parte de Europa e rebelións

campesiñas.

A chegada da Peste Negra, grave epidemia que vai a eliminar a case un terzo da

poboación europea.

O renacemento das cidades

A partir do século XI moitas cidades coñecen un gran crecemento, aparecen urbes novas

en lugares estratéxicos para as rutas comerciais. A posibilidade para os campesiños de

escapar ao control do señor feudal e a seguridade que brindaban as murallas para os

comerciantes atraeron a unha gran cantidade de poboación. As cidades máis prósperas

superan os 100.000 habitantes no século XIII (París, Venecia, Florencia).

Os trazos xerais do mundo urbano desta época son:

A aparición dunha nova clase social, a burguesía. Habitantes das cidades, tiñan

como actividade principal o comercio e a artesanía. Con eles produciuse un cambio

de mentalidade: xorde o afán de enriquecerse para aumentar os negocios e o

patrimonio. Pertencían ao grupo dos non privilexiados e eran unha pequena

porcentaxe da poboación urbana. Convivían cos aprendices dos obradoiros, criados,

mendigos etc.

Page 23: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 23 de 67

Os artesáns organizábanse en gremios. Non se podía exercer unha profesión sen

pertencer a un gremio, no que os mestres artesáns decidían as condicións de

traballo: o gremio concedía ou denegaba o permiso para a instalación de novos

obradoiros e toma de novos aprendices. Tamén controlaba o horario laboral,

marcaba un mínimo para os prezos de venda e controlaba a calidade dos produtos

elaborados.

Producíronse disputas polo control das cidades. Moitas estaban baixo a xurisdición

dun nobre ou dun eclesiástico, pero os

burgueses loitaron polo dereito de gobernarse

a si mesmos. Contaron para isto co apoio dos

reis, interesados en reducir o poder da

nobreza e de contar con novos aliados. As

cidades libres da xurisdición dos señores

recibían do rei un documento no que indicaban

os seus dereitos e a forma de goberno, o foro.

O goberno das cidades pasou ás mans dun

concello, formado polas familias máis ricas e

prestixiosas.

Foron lugares de transmisión de coñecementos. Apareceron escolas urbanas

para formar os fillos dos burgueses,

arrebatáronlles aos eclesiásticos o monopolio

do coñecemento. No século XIII apareceron as primeiras universidades, que

organizaban o ensino en catro facultades: Artes Liberais, Medicina, Dereito e Teoloxía. Os centros universitarios de maior prestixio foron París, Oxford e Boloña.

A crise do século XIV

O século XIV foi un momento especialmente difícil para Europa:

Produciuse un período de malas colleitas que levou á escaseza e ao incremento dos

prezos dos produtos agrarios. Isto provocou fame e desnutrición.

O enfrontamento provocado polo incremento do poder dos reis levou a guerras ao

longo do territorio europeo. Entre eles destacan a Guerra dos Cen Anos entre

Francia e Inglaterra. Esta situación incrementou a destrución e a perda de colleitas,

tamén provocou un aumento dos impostos para manter os gastos das guerras. O

campesiñado, esgotado, levou a cabo numerosas revoltas campesiñas, como as

Seis oficios gremiais. Canteiro, oleiro, cesteiro, panadeiro, fabricante de botas de viño e zapateiro.

Page 24: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 24 de 67

jacqueries de Francia. A estas se

sumáronse as revoltas urbanas, nas

que os grupos máis desfavorecidos

reclamaban melloras.

No ano 1348 fixo a súa aparición a

Peste Negra, epidemia orixinada en

Asia e chegada a Europa a través das

rutas comerciais marítimas. As malas

condicións da poboación, sumadas a un

total descoñecemento de como afrontar a praga e á mortalidade da enfermidade en

si, provocaron unha catástrofe, pois matou case a terceira parte da poboación

europea.

Actividades propostas

S8. Indique como funcionaban os gremios medievais.

S9. Enumere e explique de forma sintética as causas da crise do século XIV.

2.2 A Idade Media na Península Ibérica

A Idade Media da Península Ibérica vai estar marcada polo contacto entre diversas

culturas, os reinos cristiáns, o mundo musulmán e a cultura xudía. Altérnanse períodos

de convivencia pacífica con outros de maior intolerancia. Ao igual que no caso da

antigüidade e da Hispania Romana, esta época é unha base fundamental para

comprender o noso percorrido histórico e o noso presente.

2.2.1 As monarquías xermánicas na Península Ibérica

O reino suevo

Xunto a outros pobos xermanos, os suevos aproveitaron a debilidade do Imperio

Romano durante o século V para internarse no seu territorio. Recibiron a presión doutros

pobos, e tras atravesar Galia e cruzar os Pireneos, avanzaron ata a provincia de

Gallaecia, onde se estableceron. Aquí fundaron un reino con capital en Bracara Augusta (Braga) que duraría 170 anos, entre os séculos V e VI. Acuñaron moeda propia

O triunfo da morte. Peter Brueghel O Vello, 1562.

Page 25: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 25 de 67

e tiveron enfrontamentos coa poboación galaico-romana e os outros pobos xermanos

chegados á Península. Neste período tivo lugar a cristianización do territorio galaico.

Destacan a figura de Martiño de Dumio e o peso cultural dos mosteiros.

Tras múltiples enfrontamentos, os suevos foron conquistados polos visigodos no ano

585, que converteron o territorio nunha provincia do seu reino.

O reino visigodo

Os visigodos entraron no territorio do Imperio Romano no século IV e recibiron, ao igual

que no caso doutros pobos xermánicos, presión por parte dos hunos. Pouco a pouco, os

visigodos someteron os demais pobos da Península Ibérica e unificárona baixo o seu

poder.

Estableceron unha monarquía con capital en Toledo, unificaron as leis do territorio no

Foro Xulgo e convertéronse ao catolicismo. A súa monarquía era electiva e tiveron lugar

loitas sucesorias polo poder.

Para gobernar, os reis contaban coa Aula rexia, formada por magnates próximos ao rei

e cos concilios, onde participaban o rei, a corte e o os representantes do clero. Para

facilitar a administración, o reino dividíase en provincias a cuxa fronte estaba un dux.

No ano 711 os árabes comezaron a invasión da península e poñían fin á hexemonía

visigoda.

Actividades propostas

S10. Identifique as institucións que empregaba a monarquía visigoda para gobernar.

Máxima expansión do reino suevo, no ano 455.

Page 26: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 26 de 67

2.2.2 Al-Ándalus e os reinos cristiáns

Al-Ándalus

Al-Andalus é o nome que recibiu o Estado creado polos árabes e norteafricanos trala súa

entrada na Península Ibérica a principios do século VIII. Fragmentado despois en

múltiples reinos, a súa presencia perdurou ata finais do século XV, en época dos Reis

Católicos. Os 800 anos de presencia musulmá na península, que compoñen un dos

períodos máis ricos da nosa historia, están aínda moi presentes no eido cultural en

cuestións tales como costumes e tradicións, arte e préstamos lingüísticos.

Fases da presenza musulmá na península

Os 800 anos de presenza musulmá na península poden dividirse nas seguintes etapas:

Fundación de Al-Ándalus. Ao iniciarse o século VIII, a monarquía visigoda estaba

en crise, no medio dunha guerra civil pola cuestión sucesoria: dous bandos

enfrontábanse polo control do reino tras a morte do rei Vitiza. Aproveitando esta

situación, as tropas musulmás entraron na península e conseguiron tomar todo o

territorio salvo unha franxa no norte, pois atoparon pouca resistencia no seu avance.

Para facilitar o control dos territorios, pactaron con parte da nobreza visigoda,

respectaron as súas posesións. Do mesmo modo, non houbo a obriga de converterse

á nova relixión e permitían a cristiáns e xudeus practicar as súas a cambio do

pagamento dun imposto.

Os Omeias. O goberno desta dinastía pode dividirse, á súa vez, en dúas etapas:

– O emirato. Al-Ándalus converteuse nunha provincia do imperio islámico, ata que

as loitas internas no califato provocaron o asasinato da dinastía gobernante (os

Omeias), coa excepción dun único supervivente. Este supervivente, Abderramán I,

conseguiu chegar a Córdoba. Alí proclamouse emir e declarou Al-Ándalus como

reino independente no ano 756. Baixo os Omeias Al-Ándalus prosperou e

converteuse nun país moi adiantado ao seu tempo, tanto no ámbito económico

como cultural.

– O califato. No ano 929 Abderramán III proclamouse califa e consolidou o poder

dos Omeias na península. Baixo o seu reinado Al-Ándalus anexionou Tánxer e

parte do Magreb. A corte dos califas converteuse nun lugar de esplendor científico

e artístico.

Reinos de taifas e período almorábide. O esplendor da etapa Omeia rematou a

causa dunha guerra civil entre os sucesores do califa. O Estado dividiuse en

múltiples reinos, as Taifas. As rivalidades entre reinos facilitaron o avance dos reis

Page 27: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 27 de 67

cristiáns, que por vez primeira conseguían avanzar a territorio musulmán e incluso

cobrarlles tributo a cambio de protección. Esta situación asustou as taifas, que lle

pediron axuda ao sultán almorábide do norte de África. Os almorábides conseguiron

repeler os reis cristiáns, pero tomaron Al-Ándalus baixo o seu control.

Os almohades e o último reino nazarí. O poder dos almorábides comezou a

minguar no século XII, cando foron substituídos por outro pobo bérber: os

almohades. Estes conseguiron éxitos iniciais contra os reinos cristiáns, pero a partir

do século XIII comezan a coñecer derrotas e o seu poder caeu e volveron a unha

situación de reinos de taifas. Aproveitando isto, os reinos cristiáns tomaron boa parte

do territorio e como último reino supervivente quedou o reino nazarí de Granada.

Este rendeuse finalmente en 1492, ante os Reis Católicos.

A sociedade de Al-Ándalus

A sociedade andalusí resultaba heteroxénea, era o grupo máis poderoso unha minoría árabe formada polos conquistadores do territorio e máis os seus descendentes. Esta

minoría acaparou postos de poder e terras, o cal provocou disputas e enfrontamentos

cos bérberes, que aínda que formaban parte do exército recibían un trato de segunda.

O resto da poboación era, na súa maior parte, descendente dos hispano-visigodos.

Dividíanse en relación a criterios relixiosos, así temos:

Mozárabes. Eran aqueles cristiáns que decidiron manter a súa relixión e costumes, a

cambio do cal pagaban uns impostos. No século IX, e debido aos conflitos cos reinos

cristiáns, parte dos mozárabes decidiron abandonar o territorio musulmán e outros

tantos arabizáronse, isto fixo que se converteran nun grupo cada vez máis pequeno.

Máxima expansión do territorio de Al-Ándalus. Ano 732

Page 28: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 28 de 67

Muladís. A maior parte da poboación de Al-Ándalus. Os muladís eran conversos ao

Islam ou herdeiros destes conversos. Esta conversión ía asociada ás vantaxes

económicas e sociais que no mundo musulmán tiña abrazar a súa relixión.

Xudeus. Ao igual que os mozárabes, os xudeus pagaban impostos por manter a súa

relixión e costumes. Contribuíron ao esplendor da cultura de Al-Ándalus, aínda que

sufriron persecucións (como as da época almohade) e debían vivir en barrios

separados dentro das cidades.

No último chanzo da sociedade atopábanse os escravos, que eran sometidos a

traballos de gran dureza e ao servizo doméstico.

Os reinos cristiáns

Cando os musulmáns entraron na Península Ibérica no século VIII, pequenos grupos de

cristiáns refuxiáronse nas montañas do norte. Pouco a pouco estes reinos medraron e

foron tomando territorios na península. Chamáronlle a este proceso “Reconquista”, pois

desexaban verse a si mesmos como herdeiros do reino visigodo, e, polo tanto, como

lexítimos posuidores do territorio da península. Igualmente, empregaron como sinal de

identidade e como ferramenta propagandística o carácter relixioso que lle proporcionaron

a este avance, presentándoo como unha loita contra os infieis.

Estes reinos eran os seguintes:

O reino de Galicia, Asturias e León, que a comezos do século X chegaba ata o río

Douro. Deste reino separouse o de Castela, que foi consolidando a súa forza ata

unirse de novo co reino de León en 1230, co rei Fernando III.

Nos Pireneos apareceron os reinos de Navarra e de Aragón, xunto aos condados

cataláns. O reino de Aragón e os condados cataláns uníronse no século XII, formaron

a Coroa de Aragón.

Portugal. Os condados do sur de Galicia, parte do seu reino, independizáronse no

1128 e continuaron unha expansión territorial cara ao sur.

O avance dos reinos cristiáns

Este proceso foi lento, e tivo as seguintes fases:

O avance ata o Douro. Nos séculos IX e X produciuse un aumento da poboación

dos reinos cristiáns. Comunidades de campesiños colonizaron terras e fundaron

aldeas en zonas nas que os musulmáns tiñan escaso interese.

Page 29: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 29 de 67

A conquista dos vales do Texo e do Ebro. Esta fase coincide coa fragmentación

do califato de Córdoba nos reinos de Taifas. Os reinos cristiáns aproveitáronse

durante os séculos XI e XII da debilidade destes territorios para avanzar e forzalos a

pagar unhas fortes cantidades de ouro a cambio de non atacalos (as parias).

A conquista do val do Guadalquivir. Ante a forza militar dos almohades, os reinos

cristiáns uniron as súas forzas e conseguiron unha gran vitoria militar nas Navas de Tolosa, no ano 1212. A partir deste punto, o avance dos reinos cristiáns sobre o

territorio musulmán non se detén, ata quedar soamente o reino nazarí de Granada.

Sociedade e organización dos reinos cristiáns

Os reinos cristiáns basearon a súa organización no control da terra e no poder militar.

Así, estaban dirixidos por un rei que guiaba o exército e que se desprazaba con

asiduidade, o cal provocaba que a corte fose itinerante. Para garantir o control da terra

conquistada, estes reis entregaron primeiro terras a campesiños libres para que as

colonizasen. Posteriormente, e a medida que avanzaron no territorio musulmán, foron

entregando as terras á nobreza, á Igrexa e ás ordes militares, e os campesiños que

traballaban estas terras eran servos.

En canto á sociedade, a dos reinos cristiáns comparte boa parte das características coa

do feudalismo, pois había:

Unha minoría de nobres e altos cargos da Igrexa que controlan o poder.

Unha maioría da poboación composta por campesiños, nunha situación de

servidume.

Distintas fases de avance sobre o territorio musulmán.

Page 30: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 30 de 67

Xunto a isto, e ao igual que no caso do territorio musulmán, os reinos cristiáns tiveron

nos seus territorios a poboación doutras relixións:

Os mudéxares eran musulmáns que vivían no territorio conquistado polos cristiáns,

e aos que se lles permitía manter a súa lingua, relixión e costumes. Eran por norma

de extracto social humilde. A partir do século XIII comezou a producirse un clima de

intolerancia, que acabaría desembocando na conversión forzosa dos mudéxares no

século XV. Pasaron a chamarse mouriscos.

Os xudeus gozaban de maior tolerancia, posto que se necesitaban os seus

coñecementos en administración e en comercio. Moitos dos xudeus sabían árabe,

así que eran empregados como intermediarios entre os musulmáns e os cristiáns.

Ademais apreciábanse os seus coñecementos en medicina e a miúdo foron médicos

reais, tanto en Castela como en Aragón.

Actividades propostas

S11. Entre na ligazón para ver os cambios territoriais que se producen na Península

Ibérica. Indique a que fases da historia de Al-Ándalus e do avance dos reinos

cristiáns se corresponde cada unha das datas sinaladas.

http://explorethemed.com/reconquistaEs.asp?c=1

756

940

1036

1162

1212

1265

1492

S12. Defina os seguintes termos.

Mozárabe

Muladí

Mudéxar

Mourisco

Page 31: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 31 de 67

2.2.3 Galicia durante a Idade Media

Como xa vimos, no século V e antes de acabar de Idade Antiga constituíse na Gallaecia

romana o reino suevo, que pode considerarse o primeiro reino xermánico de toda Europa

Occidental. A súa duración foi curta, xa que foi absorbido polos visigodos no século VI.

No século VIII, e coa caída da monarquía visigoda, xorde o reino de Galicia e Asturias.

Posteriormente uniuse ao reino leonés, viviu ocasionalmente períodos independentes

nos séculos X e XI.

No século XIII Galicia sufriu a escisión dos condados do sur do Miño, que se constituíron

no reino de Portugal. Posteriormente, quedou integrada dentro do reino de Castela e

conservou a propia condición de reino pero sen institucións propias de goberno.

Os trazos máis destacados da Galicia medieval serían os seguintes:

No terreo social ten especial peso a alta xerarquía eclesiástica, bispos e abades,

que se erguerán coma os principais principais propietarios de terra. Destaca o poder

do arcebispo de Santiago e de mosteiros como o de Samos, Sobrado, Armenteira

ou Celanova. Dentro das familias da nobreza alcanzaron grande importancia nos

séculos XIV e XV as familias dos Andrade, Osorio, Soutomaior, Ulloa e Sarmiento. O

campesiñado era o 90% da poboación.

Os camiños de Santiago.

En relación á economía:

– A base era a agricultura, e a terra era traballada polo campesiñado a través dun

contrato de arrendamento: o foro. Neste tipo de contrato, a cambio dunha renda

fixa a longo prazo (varias xeracións) e da prestación de servizos persoais aos

señores, o campesiñado beneficiábase do uso da terra, mais sen acceder nunca á

propiedade desta.

Page 32: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 32 de 67

– Nos séculos XII e XIII desenvolveuse a agricultura e aumentou a poboación, co

que se ampliaron as terras de cultivo e creáronse novos núcleos de poboación: as

chamadas vilas novas. É nesta época cando se fixa a distribución parroquial que

coñecemos na actualidade.

– Nas cidades asentábanse os artesáns: zapateiros, ferreiros etc. En Santiago,

como meta do Camiño, abundaban prateiros e acibecheiros, para atender a

demanda dos peregrinos. Nalgunhas vilas da costa había salgadura de peixe, polo

aumento da actividade pesqueira. Este incremento xeral da produción activou o

comercio e multiplicáronse as feiras e os mercados.

No eido cultural:

– A lingua galega tivo un gran desenvolvemento. A lírica foi de gran importancia e

recolleuse en cancioneiros. Afonso X de Castela compuxo en galego as Cantigas

de Santa María. No século XV, despois da incorporación ao reino de Castela, o

galego comezou a perder usos como lingua escrita.

– Tras o achado do suposto sepulcro do apóstolo Santiago a comezos do século IX,

desenvolveuse rapidamente o culto xacobeo. O desenvolvemento do camiño a

partir do século XI reforzará o papel de Compostela e o poder do arcebispo da

cidade (entre os que destaca Xelmírez), facilitará o comercio e os contactos cos

outros reinos cristiáns.

– Desde o século XI ata o XIII Galicia viviu un apoxeo cultural e grazas ás

innovacións que chegaban desde o Camiño de Santiago, a arte, a música e a

literatura recibiron un gran pulo.

As tensións de finais da Idade Media afectaranlle tamén a Galicia. As malas colleitas e a

Peste Negra provocarán unha situación ao límite, que levará á unión dos campesiños e

dos pequenos burgueses contra os abusos dos nobres. Isto culminará nas revoltas Irmandiñas de mediados do século XV, unha das maiores revoltas do seu tempo:

A primeira revolta Irmandiña estalou en 1431 contra os Andrade, creouse así a

Irmandade Fusquenlla polo maltrato exercido sobre os campesiños. Os irmandiños,

dirixidos polo fidalgo Roi Xordo, foron derrotados.

En 1467 estalou a Gran Guerra Irmandiña, que se estendeu por toda Galicia. Nun

principio os irmandiños levan a dianteira, pois contan cunha gran cantidade de

efectivos (aproximadamente 80.000 individuos): moitos nobres fuxiron de Galicia e

foron derrubadas unhas 130 fortificacións. En 1469 a nobreza, dirixida por Pedro

Madruga e Pardo de Cela, derrotou os irmandiños. O apoio das monarquías de

Castela e Portugal, xunto aos medios avanzados dos que dispuñan os señores

feudais (tales como arcabuces) e a división dos propios irmandiños inclinaron a

balanza.

Page 33: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 33 de 67

Actividades propostas

S13. Explique en que consistía o foro galego.

S14. Indique que efectos tivo o Camiño de Santiago na Galicia medieval.

2.3 A arte medieval

A arte medieval cobre un longo período de tempo, existen múltiples movementos e tendo

cada cultura estilos propios e diferenciados. Ao mesmo tempo, o número de medios de

expresión é amplo: arquitectura, escultura, ourivería, iluminación de manuscritos, pintura

etc.

Acudiremos así aos estilos máis representativos: dentro do mundo dos reinos cristiáns

observaremos a evolución do románico e do gótico. Veremos tamén unha panorámica

da arte musulmá.

2.3.1 A arte románica

O Románico desenvolveuse especialmente entre os séculos XI e XII. Vai precedido pola

arte prerrománica, que entre os séculos V e X combina elementos clásicos cos do

mundo xermánico, preparando o camiño para o desenvolvemento deste estilo. O

Románico é un estilo artístico internacional, xa que hai características en común en

todos os territorios nos que se implantou.

A arte cristiá, tanto no caso do románico como do gótico está moi vencellada á Igrexa.

Era vista como un acto de ofrenda ante Deus, ao mesmo tempo que unha demostración

de poder polas forzas que poden financiar a arte (Igrexa e nobreza). O románico posúe

tamén unha función pedagóxica, xa que as esculturas e pinturas que decoraban

igrexas e catedrais buscaban achegar o mensaxe bíblico a uns fieis que, na súa

meirande parte, eran vítimas do analfabetismo.

Page 34: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 34 de 67

A expansión deste estilo por Europa está relacionado con dous elementos:

A importancia da orde de Cluny, que constrúe un gran número de mosteiros durante

o século XI, empregaba como estilo o románico.

O auxe das rutas de peregrinación, entre as que destaca a de Santiago de

Compostela, e que vai facer que aparezan múltiples igrexas e catedrais nas rutas de

peregrinación, de características semellantes.

Arquitectura

Os edificios do Románico eran de muros grosos e

escasa iluminación. As súas cubertas repousaban

sobre arcos de medio punto e grosas columnas. Na

arte románica atopamos principalmente igrexas,

catedrais e mosteiros.

Nas igrexas destacan as de peregrinación, que

adoitaban ter planta de cruz latina en evocación da

crucifixión de Cristo. O brazo longo da cruz podía ter

varias naves e remataba no lugar onde estaba o altar,

a ábsida. O brazo curto recibía o nome de transepto.

Para que os peregrinos puidesen visitar estas igrexas

sen afectar o desenvolvemento do culto, construíase

un corredor que percorría o exterior da ábsida, o deambulatorio.

Escultura

A escultura románica toma habitualmente a forma do relevo, xa que está pensada para

decorar o interior e o exterior dos

edificios da época. Ten a función de

representar episodios bíblicos, para que

poidan ser comprendidos polos fieis.

Por este motivo, non é unha escultura

naturalista, senón esquemática, e

adecuada ao espazo no que se sitúa.

Ao mesmo tempo, resulta moi

expresiva para poder cumprir a súa

función didáctica. Aínda que co paso

do tempo perdéronse boa parte das

cores, nos seus inicios a escultura era policromada.

Planta da catedral de Santiago de Compostela.

Pórtico da Gloria, Santiago de Compostela.

Page 35: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 35 de 67

Pintura

A pintura comparte características

coa escultura: posúe tamén unha

función didáctica, representa temas

relixiosos e as figuras adoitan ser

esquemáticas e en posicións ríxidas. A pintura decoraba o

exterior e o interior dos templos.

Empregaba vivas cores para

compensar a escasa iluminación

dos interiores, e resaltaba o

contorno das figuras cunha grosa

liña negra. Por norma, non había

representación de paisaxe no fondo. A técnica que se empregaba era a da pintura ao

fresco.

Actividades propostas

S15. Que quere dicir que a arte románica tiña unha función pedagóxica e didáctica? Que

efectos tiña isto nas representacións da escultura e da pintura?

2.3.2 A arte gótica

A arte gótica vaise desenvolver a partir da segunda

metade do século XII e está vencellada inicialmente

a Francia. Pola importancia que van a cobrar as

cidades e o comercio desde o século XIII, vai ser

unha arte de marcado carácter urbano e

relacionada non soamente coa Igrexa, senón tamén

con edificios de uso civil. Xunto ás igrexas, catedrais

e mosteiros atopamos lonxas, concellos, palacios,

universidades etc.

Bóveda do panteón real de San Isidoro de León.

Exterior da catedral de Amiens, século XIII.

Page 36: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 36 de 67

Arquitectura

Grazas ao emprego de novas técnicas como o arco apuntado, a bóveda de cruzaría e os arcobotantes, os edificios vólvense máis altos e esveltos no gótico, por iso é posible

abrir espazos moito máis amplos para que entre a luz. Aparecen así o rosetón e as

vidreiras. A catedral convértese en símbolo das cidades, xa que están no seu centro e

é o edificio máis alto. A planta das igrexas mantense na cruz latina, pero engade unha

maior complexidade ás cabeceiras dos templos.

Escultura

A escultura gótica mantén algúns elementos do Románico: a

función educativa das obras, o predominio das temáticas

relixiosas, a policromía. Hai, non obstante, cambios de

importancia: maior naturalismo, detalle e maior busca de

transmitir movemento. Aparece tamén a escultura exenta,

liberada do marco, e atopamos retratos de figuras relevantes

da sociedade da época.

Pintura

As vidreiras substituíron os amplos

programas de decoración pictórica

dos templos e isto levou a cambios de

soporte na pintura. Nesta época cobra

importancia a pintura sobre táboa, nos

retablos. Xunto aos temas relixiosos,

cobran importancia os retratos. Hai

unha maior busca do realismo, da

expresividade e do movemento.

Tamén se introducen paisaxes nos

fondos e aparece unha nova técnica

que permite un traballo minucioso, con gran detalle: o óleo.

Actividades propostas

S16. Compare as características da escultura e pintura do Románico e do Gótico.

Arquitectura

Pintura

Anxo do sorriso, catedral de

Reims. Século XIII.

A adoración do cordeiro místico, de Jan Van Heyck. Gante, século XV.

Page 37: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 37 de 67

2.3.3 A arte musulmá

A arte musulmá estivo, ao igual que no territorio cristián, moi ligada á relixión. A

prohibición de representación de imaxes con carácter relixioso levou a que a escultura e

a pintura tiveran soamente un carácter ornamental. A arquitectura foi a arte

predominante no mundo musulmán. Nos seus comezos tomou elementos doutras

civilizacións, tales como a romana, a bizantina ou a persa. Xunto a isto, a cultura

musulmá medieval coñeceu un gran desenvolvemento das chamadas artes menores,

ligadas á artesanía nos traballos do metal, vidro, cerámica, madeira etc.

Arquitectura

En arquitectura atopamos edificios relixiosos, as mesquitas, e arquitectura civil, na que

atopamos edificios tales como

fortalezas, palacios e baños públicos.

A decoración en ambos os casos é moi

austera no exterior e rica no interior.

Empréganse materiais baratos tales

como ladrillo e madeira na construción

dos edificios, pero nos elementos

decorativos emprégase mármore, xeso,

cerámica, madeira etc. O pouco peso dos

materiais e que os edificios tiñan

dimensións regulares, sumado ao coñecemento do arco e da bóveda, permitiu empregar

columnas e piares esveltos nos edificios.

Escultura e pintura

Estas artes están vencelladas a

cuestións ornamentais dentro da cultura

musulmá, que tiñan a función de cubrir

as superficies dos edificios. Atopamos

distintos tipos de decoración, tales

como: decoración xeométrica, vexetal (coa representación de pequenas

follas), arabesca (enlaza elementos

xeométricos e vexetais) e caligráfica

(formada por textos relixiosos).

Actividades propostas

S17. Indique as características da arquitectura musulmá medieval.

Mesquita da Rocha. Xerusalén, século VII.

Mihrab da mesquita de Córdoba.

Page 38: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 38 de 67

3. Resumo de contidos

A Idade Media abrangue un longo espazo de tempo, desde a caída do Imperio Romano

de Occidente (476 d. C.) ata a chegada da Idade Moderna no século XV. A economía

vólvese feudal e rural; a sociedade vólvese estamental; na política aparecen múltiples

reinos; na cultura a visión vira cara o teocentrismo.

No eido cronolóxico, podemos dividir este espazo de tempo en Alta Idade Media (do

s.V ao s XI) e Baixa Idade Media (do s. XI ao s. XV).

Os reinos xermanos e o Imperio Carolinxio

Desde o século III, o Imperio Romano de occidente estaba en crise. Pouco a pouco, o

Imperio Romano de Occidente comezou a perder territorio fronte ás invasións dos pobos xermanos e dos hunos. Tamén o perdeu por cederllo aos seus aliados. Un deles,

Odoacro, traizoou os romanos e derrocou o último emperador, Rómulo Augusto.

Os reinos xermanos

Do século V ao VII consolidáronse múltiples reinos independentes en Europa,

destacaban os dos ostrogodos, francos, anglos e os saxóns; vándalos, suevos e

visigodos. Estes pobos compartían unha serie de características en común:

No político, o poder estaba baixo o control dos reis, que pouco a pouco conseguiron

facerse cun poder vitalicio e hereditario. Parte das antigas asembleas de guerreiros

convertéronse en nobres e participaron na corte.

No plano social, baixo o rei estaban os nobres (duques e condes) e os altos cargos

eclesiásticos (bispos). Por debaixo deles estaban os individuos libres e, finalmente,

os servos, que traballaban a terra.

No terreo económico, a base era a agricultura e o poder derivaba da terra posuída.

O comercio, as cidades e mesmo a moeda entraron en retroceso.

No eido cultural apareceron códigos de leis, espallouse o cristianismo e xurdiron

novos idiomas. No terreo das artes destaca a produción de arte moble.

O Imperio Carolinxio

No século VIII, o reino xermano dos francos viviu un cambio de dinastía: os reis

merovinxios foron destronados e chegou ao poder Pipino o Breve. O seu fillo

Carlomagno tomou o control do reino no 768 e consolidou os avances do seu

Page 39: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 39 de 67

antecesor. O seu obxectivo era dobre: reinstaurar o Imperio Romano de Occidente e

consolidar o cristianismo en Europa. Para isto levou a cabo múltiples guerras que lle

permitiron expandir as súas fronteiras. Foi nomeado emperador no ano 800 polo papa.

As principais características do seu reino foron:

En política, Carlomagno reforzou o seu poder a través da administración e dividiu o

territorio en condados e marcas. Como inspectores empregou aos missi dominici.

A agricultura era a base da economía, e a nobreza tiña o control da maior parte das

terras. Houbo un relanzamento do comercio e colocouse unha moeda oficial: a libra.

Na cúspide da sociedade estaba a nobreza e o alto clero. Por debaixo deles os

individuos libres e finalmente os servos.

No terreo cultural, Carlomagno impulsou un renacemento cultural, con múltiples

escolas nas que destaca a Escola palatina de Aquisgrán. Rodeouse de sabios que

procuraron recuperar o saber da antigüidade e condensar un corpus de

coñecementos. Nas artes destaca a arquitectura, que imita formas romanas e

bizantinas.

O Imperio Carolinxio viuse dividido á morte de Carlomagno, xa que, aínda que foi

herdado inicialmente polo único sobrevivinte dos seus fillos, os seus netos enfrontáronse

polo control do territorio.

O Imperio Bizantino

O Imperio Romano de Oriente ou Imperio Bizantino sobreviviu á caída de Roma no 476

d. C. e existiu ata o ano 1453. Durante case mil anos, o imperio fusionou elementos da

cultura grega e romana: Constantinopla considerábase sucesora de Roma.

O momento de maior auxe do Imperio Bizantino correspóndese co reinado de

Xustiniano, no século VI, que conseguiu estenderse polo norte de África, a Península

Itálica e o sur da Península Ibérica. Obtivo tamén unha época de grande esplendor

cultural. Nos séculos posteriores o imperio foi perdendo territorios e sufriu conflitos

internos, ata caer no 1453 nas mans de Turquía.

En canto a trazos xerais do Imperio Bizantino:

Na organización política, o emperador ou basileus contaba cun poder absoluto.

Dependía dunha poderosa rede de funcionarios e dun corpo diplomático. O Código de Xustiniano estableceu as leis que se aplicaban en todo o imperio.

No terreo económico, a agricultura ocupaba un papel fundamental. A gran

propiedade da terra estaba nas mans da nobreza e da Igrexa. O comercio foi

importante pola situación xeográfica de Constantinopla, e destacaba pola produción

de seda.

Page 40: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 40 de 67

A sociedade bizantina foi de tipo piramidal. Na cúspide estaba o basileus. Por

debaixo del estaba o patriarca de Constantinopla, o alto clero e a alta nobreza.

Comerciantes, artesáns, soldados e campesiños libres integraban as clases medias.

Na base da pirámide estaban os servos e os escravos.

No plano cultural, o grego foi a lingua oficial do imperio. A relixión produciu disputas

(como por exemplo a iconoclastia e o cisma de Oriente). Constantinopla recompilou

obras clásicas en escolas, universidades e mosteiros. No terreo das artes, destacou

a arquitectura coa construción de igrexas.

O mundo musulmán medieval

O nacemento do islam tivo lugar en Arabia, coa figura de Mahoma. Este comezou a

predicar unha nova relixión monoteísta no século VII, o cal o levou a enfrontamentos e a

fuxir da Meca (a héxira). Posteriormente conquistou esta cidade e Arabia. Os seus

sucesores ampliaron as conquistas ata chegar á máxima expansión na época dos

Omeia. A partir do século X, o islam sufriu un proceso de desintegración político debido a

conflitos relixiosos e ao xurdimento de dinastías rexionais independentes.

As bases da relixión musulmá, recollidas no Corán, son: a profesión da fe, a oración, a

esmola, o xaxún do Ramadán e a peregrinación á Meca.

Trazos xerais do mundo musulmán medieval

No ámbito político, o dirixente do Imperio Islámico era o califa, que tiña un poder

absoluto. Baixo del estaban gobernadores (valíes e emires) xuíces (cadís) e

ministros (visires).

En canto á economía, a base era unha agricultura moi avanzada. O comercio

xogaba un papel importante e as cidades son as bases do comercio e o consumo.

Acuñaron unha moeda propia, o dinar, e desenvolveron instrumentos financeiros e

bancarios.

A sociedade resultaba desigual, as mulleres estaban sometidas aos varóns e

conformaban os árabes unha especie de aristocracia. Musulmáns e non musulmáns

(que pagaban un imposto especial) convivían nos territorios conquistados. Na base

da sociedade estaban os escravos.

A cultura do mundo árabe foi considerablemente avanzada para o seu tempo pois

asimilaron elementos orientais e grecolatinos. Crearon bibliotecas e traduciron gran

cantidade textos ao árabe. Grazas ao comercio tiveron contacto cos avances do seu

tempo e destacaron en alquimia, matemáticas e medicina. No terreo das artes foi

especialmente salientable o seu traballo en arquitectura coa construción de pazos e

mesquitas.

Page 41: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 41 de 67

O feudalismo e o papel da Igrexa

Coa división do imperio de Carlomagno no século IX, boa parte de Europa volveuse

vulnerable a ataques e invasións. Distintos pobos lanzaron expedicións de pillaxe, entre

os que destacan húngaros, piratas sarracenos e viquingos. Esta situación debilitou o

poder dos monarcas, incapaces de repeler os ataques, e reforzou o poder dos señores

locais. Isto levounos a un novo sistema: o feudalismo.

O feudalismo

Este sistema apareceu en Europa occidental e acadou o seu maior auxe entre os

séculos XI e XIII. As bases do sistema eran as seguintes:

Unha sociedade dividida en estamentos: a nobreza guerreira, os eclesiásticos e os

campesiños.

A economía estaba totalmente baseada na agricultura e na gandaría. O comercio

diminuíu pola inseguridade, o cal levou a que as cidades tivesen menor importancia.

O poder pasou a ser exercido polos nobres nos territorios da súa propiedade. Así, os

señores feudais lexislaban, impuñan impostos e administraban a xustiza.

O sistema baseábase no establecemento de lazos de fidelidade e dependencia

persoais, a vasalaxe. Este é un contrato no cal un home libre, o vasalo, prometíalle

fidelidade ao señor feudal a cambio duns bens. A servidume, que consistía en

entregar as posesións de boa parte do campesiñado, ou o seu traballo, ao señor

feudal a cambio de protección.

O sistema baseábase tamén na herdanza dos feudos e dos privilexios. A liñaxe

determinaba a orixe social dun individuo, pois indicaba se pertencía ao estamento

dos privilexiados ou non.

O papel da Igrexa

A Igrexa foi a única institución que seguiu funcionado despois da caída do Imperio

Romano de Occidente que conseguiu unha posición de privilexio en Europa Occidental.

No plano político, a Igrexa foi toda unha potencia. Lexitimou o poder e proporcionou

a ideoloxía que mantiña o feudalismo e actuou de mediadora entre os monarcas.

En canto á súa organización interna, estaba dividida en clero secular (cardeais,

bispos, sacerdotes etc.) e clero regular (abades, freires, monxes e monxas).

A Igrexa contaba cunha gran forza económica grazas as rendas da posesión da

terra, ao décimo, e ás doazóns achegadas por canles tales como as peregrinacións.

Page 42: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 42 de 67

Na extensión do cristianismo, destaca o papel das cruzadas levadas a cabo en

Terra Santa a partir do século XI.

No ámbito social, o ritmo da vida cotiá estaba marcado polos ritos cristiáns, xunto

ao cal dispuña de métodos para manter a orde a través do medo: a excomuñón e a

Inquisición.

No eido cultural, a Igrexa tiña un papel destacado pois financiaba obras de arte e

rescataba obras clásicas, pero ao mesmo tempo exercía o papel de censora.

O renacemento das cidades

A partir do século XI comeza unha recuperación da poboación e peso das cidades

europeas, que se vai ver favorecida nos séculos XII e XIII por melloras na agricultura,

aumento da poboación e o incremento do comercio. Os trazos xerais do mundo urbano

desta época son:

A aparición dunha nova clase social, a burguesía. Tiñan como actividade principal o

comercio e a artesanía. Pertencían ao grupo dos non privilexiados.

Os artesáns organizábanse en gremios. Non se podía exercer unha profesión

sen pertencer a un gremio. Os mestres artesáns decidían as condicións de traballo.

Producíronse disputas polo control das cidades. Os burgueses loitaron polo

dereito de gobernarse a si mesmos e contaban co apoio dos reis, interesados en

reducir o poder da nobreza e de contar con novos aliados.

Foron lugares de transmisión de coñecementos. Apareceron escolas urbanas e no

século XIII as primeiras universidades, entre as que destacan Oxford, París e Boloña.

A crise do século XIV

O século XIV foi un momento especialmente difícil para Europa:

Produciuse un período de malas colleitas, que provocou a escaseza e o incremento

dos prezos dos produtos agrarios. Isto trouxo fame e desnutrición.

O enfrontamento provocado polo incremento do poder dos reis levou a guerras ao

longo do territorio europeo e a escaseza provocou revoltas campesiñas e urbanas.

No ano 1348 fixo a súa aparición a Peste Negra, epidemia orixinada en Asia e

chegada a Europa a través das rutas comerciais marítimas, que matou ao redor da

terceira parte da poboación europea.

Page 43: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 43 de 67

Os reinos xermánicos na Península Ibérica

Destacan dous reinos, o dos suevos e o dos visigodos:

Os suevos estableceron un reino en Gallaecia e con capital en Braga, que perdurou

durante 170 anos ata a conquista por parte dos visigodos.

Coa caída do Imperio Romano, os visigodos tomaron o poder na Península Ibérica.

Estableceron un reino con capital en Toledo. Unificaron as leis no Foro Xulgo e

empregaron a Aula rexia e os concilios como institucións para facilitar a toma de

decisións.

Al-Ándalus

Al-Andalus é o nome que recibiu o Estado creado polos árabes e norteafricanos trala súa

entrada na Península Ibérica a principios do século VIII. Os 800 anos de presenza

musulmá na península poden dividirse nas seguintes etapas:

Fundación de Al-Ándalus. Ao iniciarse o século VIII, as tropas musulmás entraron

na península e conseguiron tomar todo o territorio agás unha franxa no norte.

Os Omeias. O goberno desta dinastía pode dividirse, en dúas fases: emirato (756-

929) e califato (929-1031). Baixo os Omeias Al-Ándalus prosperou e converteuse nun

país moi adiantado ao seu tempo, tanto no plano económico como no cultural.

Reinos de taifas e período almorábide. O esplendor da etapa Omeia rematou a

causa dunha guerra civil entre os sucesores do califa. O Estado dividiuse en taifas.

Os almorábides foron chamados para repeler ao avance cristián.

Os almohades e o último reino nazarí. O poder dos almorábides comezou a

minguar no século XII, cando foron substituídos por outro pobo bérber: os

almohades. Estes serán derrotados no século XIII polos reinos cristiáns, que

rematan de conquistar o territorio da península no século XV.

A sociedade andalusí era heteroxénea, o grupo máis poderoso tiña unha minoría árabe,

que empregaba aos bérberes como forzas guerreiras. O resto da poboación dividíase en

relación a criterios relixiosos. Así había: mozárabes, cristiáns que decidiron manter a

súa relixión e costumes; muladís, conversos ao islam ou herdeiros destes conversos;

xudeus, pagaban impostos por manter a súa relixión e costumes. No último chanzo da

sociedade atopábanse os escravos.

Os reinos cristiáns

Cando os musulmáns entraron na Península Ibérica no século VIII, pequenos grupos de

Page 44: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 44 de 67

cristiáns refuxiáronse nas montañas do norte. Pouco a pouco estes reinos medraron e

foron tomando territorios na península entre os que destacan o reino de Castela-León,

Aragón e Portugal. Avanzaron tomando territorios na península. Entre os séculos IX e X

chegaron ata o val do Douro; nos séculos XI e XII ata os vales do Texo e do Ebro, e no

século XIII chegaron ata o val do Guadalquivir. Tomaron o último reino de taifas no

século XV.

Basearon a súa organización no control da terra e no poder militar. Os reis entregaron

primeiro terras a campesiños libres para que as colonizasen. Posteriormente foron

entregando as terras á nobreza, á Igrexa e ás ordes militares, pero eran os servos os

campesiños que traballaban estas terras.

En canto á sociedade, había unha minoría de nobres e altos cargos da Igrexa e unha

maioría de campesiños. Os musulmáns que vivían no territorio conquistado, recibiron o

nome de mudéxares. Os xudeus gozaron de certa tolerancia polos seus coñecementos

especializados.

Galicia na Idade Media

No século V constituíse na Gallaecia romana o reino suevo, que foi absorbido polos

visigodos no século VI. No século VIII, nace o reino de Galicia e Asturias. Posteriormente

uniuse ao reino leonés. No século XIII Galicia sufriu a escisión do reino de Portugal.

Posteriormente, quedou integrada dentro do reino de Castela. Os trazos máis

destacados da Galicia medieval serían os seguintes:

No terreo social, ten especial peso a alta xerarquía eclesiástica, bispos e abades.

Destaca o poder do arcebispo de Santiago e dos mosteiros.

En relación á economía, a base era a agricultura. A terra era traballada a través

dun contrato: o foro. Nas cidades asentábanse os artesáns: zapateiros, ferreiros etc.

No eido cultural A lingua galega tivo un grande avance. Tras o achado do suposto

sepulcro do apóstolo Santiago a comezos do século IX, desenvolveuse rapidamente

o culto xacobeo. Dende o século XI ata o XIII, Galicia viviu un importante apoxeo

cultural.

As tensións de finais da Idade Media afectarán tamén a Galicia nas Revoltas Irmandiñas de mediados do século XV. A primeira Revolta Irmandiña estalou en 1431

contra os Andrade, e en 1467 estalou a Gran Guerra Irmandiña, que se estendeu por

toda Galicia. Verdadeira guerra civil, os irmandiños foron derrotados pola unión das

forzas da nobreza en 1469.

Page 45: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 45 de 67

A arte medieval

O Románico

O Románico desenvolveuse especialmente entre os séculos XI e XII. É un estilo artístico

internacional, xa que hai características en común en todos os territorios nos que se

implantou. Está moi vencellada á Igrexa, como acto de ofrenda ante Deus, demostración

de poder e ferramenta pedagóxica. A súa expansión está vencellada á extensión dos

mosteiros da orde de Cluny e das rutas de peregrinación. As súas características son:

En arquitectura, os edificios eran de muros grosos e escasa iluminación. Destacan

as igrexas de peregrinación, de planta de cruz latina e con deambulatorio.

A escultura toma habitualmente a forma do relevo. É didáctica, esquemática,

expresiva e policromada.

A pintura comparte características coa escultura: posúe tamén unha función

didáctica, representa temas relixiosos e as figuras adoitan a ser esquemáticas e en

posicións ríxidas. É unha pintura de cores vivas e realizada ao fresco.

O Gótico

A arte gótica vaise desenvolver a partir da segunda metade do século XII, vencellado ao

desenvolvemento das cidades e do comercio. As súas características son:

En arquitectura aparecen edificios máis altos e esveltos con espazos amplos para

que entre a luz. A catedral convértese no edificio máis representativo das cidades.

A escultura gótica incorpora innovacións: maior naturalismo e detalle, busca

transmitir o movemento. Reaparecen a escultura exenta e os retratos.

Na pintura temos retablos e unha nova técnica, o óleo. Como trazos máis

salientables, perséguese o realismo, a expresividade e o movemento. Tamén se

introducen paisaxes nos fondos.

Arte musulmá

A arte musulmá estivo, ao igual que no territorio cristián, moi ligada á relixión. A

arquitectura foi a arte predominante e tomou elementos doutras civilizacións, como a

romana, a bizantina ou a persa. Xunto a isto, a cultura musulmá medieval coñeceu un

gran desenvolvemento das chamadas artes menores, ligadas á artesanía.

En arquitectura atopamos edificios relixiosos, as mesquitas, e arquitectura civil

(fortalezas, palacios e baños públicos). A decoración en ambos os casos é moi

austera no exterior e rica no interior. Empréganse materiais baratos na construción

dos edificios. Coñecían o arco e a bóveda.

Escultura e pintura están vencelladas a cuestións ornamentais. Atopamos distintos

tipos de decoración: xeométrica, vexetal, arabesca e caligráfica.

Page 46: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 46 de 67

4. Actividades complementarias As seguintes actividades propostas están especialmente dirixidas aos grupos

presenciais, por unha cuestión de tempos dispoñibles, maiores posibilidades de

organización de grupos de traballo e de dedicación de sesións a actividades tales como

a exposición oral e o debate. Iso non debe ser óbice para que o profesorado que o

considere oportuno empregue as seguintes propostas de cara a favorecer a formación

dos grupos de ensino semipresencial tal e como considere axeitado.

S18. Traballo de investigación: “A música medieval no Camiño de Santiago”. Elabore un

informe (300-500 palabras) destinado á exposición na aula no que indique as

características xerais da música da época, o papel do músico na sociedade e os

efectos do camiño sobre a música. Pode empregar as seguintes ligazóns como

punto de referencia.

https://es.slideshare.net/mgonyan526/la-msica-en-el-camino-de-santiago

http://coralea.com/musica-y-camino-de-santiago-por-alberto-solana-de-quesada/

Page 47: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 47 de 67

5. Exercicios de autoavaliación 1. Que figuras dos reinos xermanos chegan a rivalizar en poder cos propios reis?

Os bispos.

Os condes.

Os mordomos de palacio.

Os servos.

2. Onde estaba a capital do Imperio Carolinxio?

Aquisgrán.

Roma.

Constantinopla.

Rávena.

3. Cal era a lingua que se falaba no Imperio Bizantino?

O latín.

O grego.

O italiano.

O árabe.

4. Cal é o libro sagrado do islam?

A Biblia.

O Talmud.

O Tripitaka.

O Corán.

5. Cal dos seguintes grupos pertencía ao estamento dos privilexiados?

Os eclesiásticos.

Os campesiños.

Os artesáns.

Os comerciantes.

Page 48: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 48 de 67

6. Que era o décimo?

Un tipo de fortificación.

Un tipo de imposto.

Un instrumento para facilitar o labor do comercio.

Un tipo de contrato de vasalaxe.

7. Que nova clase social aparece durante o renacemento das cidades medievais?

A nobreza.

O clero.

A burguesía.

O campesiñado.

8. En que século chegou a Peste Negra a Europa?

Século XI.

Século XII.

Século XIII.

Século XIV.

9. Que pobo xermánico estableceu no século V un reino en Gallaecia?

Os visigodos.

Os alanos.

Os vándalos.

Os suevos.

10. Un converso cristián ao islam en Al-Ándalus era un...

Mozárabe.

Muladí.

Mudéxar.

Mourisco.

Page 49: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 49 de 67

11. Que nome recibían os tributos que lles cobraban os reinos cristiáns aos reinos de taifas?

Parias.

Gavelas.

Foros.

Alcabalas.

12. Que nome recibía o contrato agrario máis frecuente na Galicia medieval?

Mita.

Foro.

Cabido.

Linde.

13. A planta das igrexas de peregrinación era...

De cruz grega.

De cruz latina.

Circular.

De salón.

14. Que nova técnica de pintura aparece no Gótico?

Dripping.

Fresco.

Aerografía.

Óleo.

15. Que edificio relixioso e característico da arte musulmá?

A catedral.

A acrópole.

A mesquita.

A pagode.

Page 50: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 50 de 67

6. Solucionario 6.1 Solucións das actividades propostas

S1. Resuma os principais trazos dos reinos xermanos no seguinte esquema.

Política O poder estaba baixo o control dos reis, que pouco a pouco conseguiron facerse cun poder vitalicio e hereditario. Parte das antigas asembleas de guerreiros convertéronse en nobres e participaron na corte.

Sociedade Na cúspide estaba o rei. Baixo o rei estaban os nobres (duques e condes) e altos cargos eclesiásticos (bispos). Por debaixo deles estaban os individuos libres e, finalmente, os servos, que traballaban a terra.

Economía A base da economía era a agricultura e o poder derivaba da terra posuída. O comercio, as cidades e mesmo a moeda entraron en retroceso.

Cultura No eido cultural apareceron códigos de leis, espallouse o cristianismo e xurdiron novos idiomas. No terreo das artes destacaba a produción de arte moble.

S2. Indique as características do renacemento cultural bizantino

No terreo cultural, Carlomagno impulsou un renacemento cultural: Impulsou a creación de escolas, tanto para os funcionarios como para os eclesiásticos e crearon nestas

amplas bibliotecas. Destaca a Escola palatina, onde procurou reunir os individuos máis sabios da súa época e dende onde quixo rescatar as grandes obras da antigüidade.

A Escola palatina instituíu un corpus de coñecementos que procuraba sintetizar o saber da época. Dividíase en: – Trivium, enfocado á desenvolver a elocuencia (gramática, dialéctica e retórica). – Quadrivium, enfocado ao desenvolvemento do coñecemento matemático (aritmética, xeometría,

astronomía e música). Nas artes destaca a arquitectura, que imitaba formas romanas e bizantinas. Mandou construír numerosas

igrexas, entre as que sobresae a capela palatina de Aquisgrán.

S3. Lea o seguinte texto e conteste as preguntas:

Algúns monxes que viñan da India decatáronse de que o emperador Xustiniano desexaba que, para o comercio da seda os romanos non fosen máis obrigados a estar baixo o control dos persas. Presentáronse ante o emperador e prometéronlle que non se verían obrigados a comprarlle a seda aos persas, aos seus inimigos, nin a outra nación; eles viviran moito tempo en Serinda (China noroccidental), un país máis aló da India, e aprenderan tamén a producir a seda en terra romana.... Os monxes volveron de novo a Serinda, trouxeron ovos do verme de seda a Bizancio, convertéronos en vermes e alimentáronos con follas de moreira. Desde aquel momento, no imperio romano empezouse a producir a seda.

Procopio de Cesarea “Historia das guerras”

A que fai referencia o

texto? Ao descubrimento do segredo da produción de seda por parte do Imperio Bizantino.

Cando tivo lugar o episodio ao que fai referencia o documento?

No século VI.

Que vantaxes lle puido reportar ao Imperio Bizantino o exposto no documento?

O Imperio Bizantino deixaba de depender doutros territorios para producir seda, o que lle permitía satisfacer a demanda interna do produto a baixo custo.

Como o Imperio Bizantino intercambiaba produtos con Europa, podía venderlles a súa seda aos europeos. Como este era un produto de luxo, obtería grandes beneficios económicos.

Page 51: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 51 de 67

S4. Cales son as obrigas fundamentais da relixión islámica?

A profesión da fe Consiste en asumir que hai un único deus, Alá, e que Mahoma é o seu profeta.

A oración Debe levarse a cabo cinco veces ao día.

A esmola Ten o obxectivo de axudar os necesitados.

O xaxún Debe levarse a cabo no mes de Ramadán, dende a saída ata a posta do sol.

A peregrinación á Meca Debe levarse a cabo cando menos unha vez na vida.

S5. Indique as características da cultura musulmá medieval.

A cultura do mundo árabe foi considerablemente avanzada para o seu tempo: Asimilaron características dos pobos vencidos e tomaron elementos tanto de Asia como da cultura

grecolatina. Traduciron unha gran cantidade de obras clásicas ao árabe, lingua que se implantou nos territorios conquistados, que deu lugar a importantes obras literarias (como “As mil e unha noites”), e que estivo presente en amplas bibliotecas creadas nas cidades, entre as que destacan as de Córdoba, Bagdad e O Cairo.

Grazas ao comercio tiveron contacto cos avances do seu tempo. A través de China coñeceron a pólvora, o papel e o compás.

Apaixonados pola alquimia, descubriron substancias como o alcol e o ácido sulfúrico. Nas matemáticas difundiron o uso do 0, inventaron a álxebra e desenvolveron a aritmética e trigonometría. En medicina, e con médicos como Avicena e Averroes, desenvolveron técnicas de cirurxía e anestesia, tamén

mostraron preocupación pola prevención de enfermidades. No terreo das artes destacaron en arquitectura. As obras que realizaron estaban destinadas ao poder e á

relixión: pazos e mesquitas, nos que lle prestan máis importancia ao interior que ao exterior. A decoración non ten figuras humanas nin de animais ao estaren prohibidas pola relixión: pintura e escultura cumprían funcións estritamente decorativas.

S6. Comente o seguinte documento seguindo as preguntas expostas.

“Os nobres son os guerreiros, os protectores das igrexas. Defenden a todo o pobo, aos grandes o mesmo que aos pequenos e ao mesmo tempo protéxense a eles mesmos. A outra clase é a dos servos. Esta raza de desgraciados non posúe nada sen sufrimento. Provisións e vestidos son fornecidos a todos por eles, pois os homes libres non poden valerse sen eles. Así pois, a cidade de Deus, que é tida como unha, en realidade é tripla. Uns rezan, outros loitan e outros traballan. As tres ordes viven xuntas e non sofren unha separación. Os servizos de cada unha destas ordes permiten os traballos dos outros dous. E cada un á súa vez préstalle apoio aos demais. Mentres esta lei estivo en vigor o mundo estivo en paz”.

Do monxe Adalberón na súa obra Carmen ad Robertum regem francorum. Ano 998.

Con que época e zona do mundo se corresponde o documento? O feudalismo, en Europa occidental.

A que fai referencia? Á existencia de tres estamentos, dous deles privilexiados (nobreza e clero) e un deles carente de privilexios (fundamentalmente o campesiñado). Os estamentos privilexiados posuían leis máis beneficiosas e tiñan vantaxes, como non pagar impostos.

Considera que o autor é crítico co sistema exposto ou que é favorable? Razoe a resposta.

Está a favor, xa que o texto lexitima a necesidade de que a sociedade se organice como el describe. El pertence ao grupo dos privilexiados, xa que forma parte do clero.

Page 52: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 52 de 67

S7. Defina os seguintes termos. Lembre que existe un glosario ao final do tema.

Milenarismo Crenza segundo a cal a fin do mundo ía chegar no ano mil da era cristiá.

Abade

Superior dun mosteiro pertencente a determinadas ordes relixiosas cristiás co título de abadía. A elección do abade é vitalicia e realízase democraticamente por escrutinio secreto dos monxes; o abade e a abadesa teñen autoridade para reforzar a observancia das regras da orde.

Décimo Parte do produto bruto das colleitas, ao redor da décima parte, que os fieis lle entregaban á Igrexa.

Cruzadas

Campañas militares que se levaron a cabo entre o século XI e o XIII, apoiadas polo papa e que tiñan por obxectivo controlar a chamada Terra Santa, os lugares onde terían lugar os acontecementos narrados na Biblia (as actuais Palestina, Israel, Siria, Exipto, Irak, Turquía, Grecia etc.)

Inquisición Tribunal eclesiástico fundado no século XII, que investigaba a quen consideraba sospeitoso e podía chegar a empregar tortura e a executar aos acusados.

S8. Indique como funcionaban os gremios medievais.

No interior das cidades medievais non se podía exercer unha profesión sen pertencer a un gremio. Neles, os mestres artesáns decidían as condicións de traballo: o gremio concedía ou denegaba o permiso para a instalación de novos obradoiros e a toma de novos aprendices, controlaba o horario laboral, marcaba un mínimo para os prezos de venda e controlaba a calidade dos produtos elaborados.

S9. Enumere e explique de forma sintética as causas da crise do século XIV.

Crise agraria Unha sucesión de malas colleitas provocou escaseza e suba dos prezos, o cal provocou fames e desnutrición.

Guerras e revoltas O fortalecemento do poder dos reis trouxo guerras (como a dos Cen anos) e a destrución e a escaseza provocaron revoltas campesiñas (como as jacqueries) e urbanas.

Peste Negra Chega en 1348 de Asia a través das rutas comerciais marítimas. Mata a case un terzo da poboación europea.

S10. Identifique as institucións que empregaba a monarquía visigoda para gobernar

Para gobernar, os reis visigodos contaban con:

Aula Rexia, formada por magnates próximos ao rei e

Os Concilios, onde participaban o rei, a corte e o os representantes do clero.

Page 53: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 53 de 67

S11. Entre na ligazón para ver os cambios territoriais que se producen na Península

Ibérica. Indique a que fases da historia de Al-Ándalus e do avance dos reinos

cristiáns se corresponde cada unha das datas sinaladas.

http://explorethemed.com/reconquistaEs.asp?c=1

756 Emirato Omeia, momentos previos á expansión dos reinos cristiáns.

940 Emirato Omeia, primeira fase da expansión dos reinos cristiáns.

1036 Reinos de taifas, segunda fase da expansión dos reinos cristiáns.

1162 Dominio almohade, segunda fase da expansión dos reinos cristiáns.

1212 Fin do dominio almohade. Terceira fase da expansión dos reinos cristiáns.

1265 Terceiros reinos de taifas. Terceira fase da expansión dos reinos cristiáns.

1492 Caída do reino nazarí de Granada. Última fase da expansión dos reinos cristiáns.

S12. Defina os seguintes termos.

Mozárabe

Eran aqueles cristiáns que decidiron manter a súa relixión e costumes, a cambio do cal pagaban uns impostos. No século IX, e debido aos conflitos cos reinos cristiáns, parte dos mozárabes decidiron abandonar o territorio musulmán e outros tantos arabizáronse. Estes convertéronse nun grupo cada vez máis pequeno.

Muladí A maior parte da poboación de Al-Ándalus, os muladís eran conversos ao Islam ou herdeiros destes conversos. Esta conversión ía asociada ás vantaxes económicas e sociais que no mundo musulmán tiña abrazar a súa relixión.

Mudéxar Musulmáns que vivían no territorio conquistado polos cristiáns, e aos que se lles permitía manter a súa lingua, relixión e costumes. Eran por norma de extracto social humilde.

Mourisco Poboación musulmá da Península Ibérica, forzada a converterse ao cristianismo.

S13. Explique en que consistía o foro galego.

Neste tipo de contrato, a cambio dunha renda fixa a longo prazo (varias xeracións) e da prestación de servizos persoais aos señores, o campesiñado beneficiábase do uso da terra, mais sen acceder nunca á propiedade desta.

S14. Indique que efectos tivo o Camiño de Santiago na Galicia medieval.

Tras o achado do suposto sepulcro do apóstolo Santiago a comezos do século IX, desenvolveuse rapidamente o culto xacobeo. O desenvolvemento do camiño a partir do século XI reforzará o papel de Compostela e o poder do arcebispo da cidade (entre os que destaca Xelmírez), facilitará o comercio e os contactos cos outros reinos cristiáns.

Desde o século XI ata o XIII, Galicia viviu un importante apoxeo cultural grazas ás innovacións que chegaban dende o Camiño de Santiago.

Page 54: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 54 de 67

S15. Que quere dicir que a arte románica tiña unha función pedagóxica e didáctica?

Que efectos tiña isto nas representacións da escultura e da pintura?

As esculturas e pinturas que decoraban igrexas e catedrais buscan achegar a mensaxe bíblica a uns fieis que, na súa maior parte, eran vítimas do analfabetismo. Por este motivo, pintura e escultura non son naturalistas, senón esquemáticas, en posicións ríxidas. Ao mesmo tempo, buscan a expresividade e fan uso de ferramentas tales como a cor.

S16. Compare as características da escultura e pintura do Románico e do Gótico.

Arquitectura

A escultura románica toma habitualmente a forma do relevo, xa que está pensada para decorar o interior e o exterior dos edificios da época. No Gótico atopamos tamén escultura exenta. En ambos os casos ten a función de representar episodios bíblicos, para que poidan ser comprendidos polos fieis, pero no Gótico engádense temáticas, como o retrato. No Románico non é unha escultura naturalista, senón esquemática e adecuada ao espazo no que se sitúa. Ao mesmo tempo, resulta moi expresiva para poder servir á súa función didáctica. No Gótico búscase un maior naturalismo e busca transmitir movemento. Tanto no Gótico como no románico a escultura é policromada.

Pintura

No Románico a pintura comparte características coa escultura: posúe tamén unha función didáctica, representa temas relixiosos e as figuras adoitan ser esquemáticas e en posicións ríxidas. A pintura decoraba o exterior e o interior dos templos. No gótico as vidreiras substituíron os amplos programas de decoración pictórica dos templos. Isto trouxo cambios de soporte na pintura e cobraban importancia a pintura sobre táboa, nos retablos. A pintura románica empregaba vivas cores para compensar a escasa iluminación dos interiores e resaltaba o contorno das figuras cunha grosa liña negra. Por norma, non había representación de paisaxe no fondo. No Gótico hai unha maior busca do realismo, da expresividade e do movemento, tamén se introducen paisaxes nos fondos. A técnica predominante no Románico era a da pintura ao fresco. No Gótico aparece o óleo, unha técnica que permite un traballo minucioso e de gran detalle.

S17. Indique as características da arquitectura musulmá medieval.

En arquitectura atopamos edificios relixiosos, as mesquitas, e tamén arquitectura civil, na cal atopamos edificios tales como fortalezas, palacios e baños públicos. A decoración en ambos os casos é moi austera no exterior e rica no interior. Empréganse materiais baratos tales como ladrillo e madeira na construción dos edificios, pero nos elementos decorativos emprégase mármore, xeso, cerámica, madeira etc. O pouco peso dos materiais e que os edificios tiñan dimensións regulares, sumado ao coñecemento do arco e da bóveda, permitiu empregar columnas e piares esveltos nos edificios.

Page 55: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 55 de 67

6.2 Solucións das actividades complementarias

S18. Traballo de investigación: “A música medieval no Camiño de Santiago”. Elabore un

informe (300-500 palabras) destinado á exposición na aula, no que indique as

características xerais da música da época, o papel do músico na sociedade e os

efectos do camiño sobre a música. Pode empregar as seguintes ligazóns como

punto de referencia.

https://es.slideshare.net/mgonyan526/la-msica-en-el-camino-de-santiago

http://coralea.com/musica-y-camino-de-santiago-por-alberto-solana-de-quesada/

Resposta libre. Recomendamos o emprego dunha grella para a avaliación dos traballos

de investigación e as exposicións orais. Este pode ser un modelo:

3 2 1 0

Investigación

Amplía a busca e engade novas fontes

que ofrecen información de

utilidade.

Emprega as fontes recomendadas e

extrae axeitadamente a información.

Emprega as fontes recomendadas pero non consigue extraer

axeitadamente a información.

Non emprega as fontes recomendadas

e/ou non consigue extraer información

útil.

Realización das tarefas marcadas

Realiza todos os puntos marcados na tarefa cun resultado

satisfactorio.

Realiza todos os puntos marcados na tarefa cun resultado

mellorable.

Obvia algún dos puntos marcados na

tarefa ou ben non consegue resultados á altura do esperado.

Non realiza as tarefas asignadas e obvia

todos ou case todos os puntos marcados.

Corrección da expresión escrita

Sen erros, boa comunicación.

Algún erro menor e/ou problema expositivo.

Erros importantes e/ou problemas para comunicar ideas e

conceptos.

Erros significativos para o nivel,

dificultades claras para facerlle chegar a mensaxe ao receptor.

Exposición na aula Sen erros, boa comunicación.

Algún erro menor e/ou problema expositivo.

Erros importantes e/ou problemas para comunicar ideas e

conceptos.

Erros significativos para o nivel,

dificultades claras para facer chegar a

mensaxe ao receptor.

Avaliación

Suficiente: 5-6 puntos sobre os 12 posibles. Ben: 7-8 puntos sobre os 12 posibles.

Notable: 9-10 puntos sobre os 12 posibles. Sobresaliente 11-12 puntos sobre os 12 posibles.

Page 56: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 56 de 67

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Que figuras dos reinos xermanos chegaron a rivalizar en poder cos propios reis?

Os bispos.

Os condes.

Os mordomos de palacio.

Os servos.

2. Onde estaba a capital do Imperio Carolinxio?

Aquisgrán.

Roma.

Constantinopla.

Rávena.

3. Cal era a lingua que se falaba no Imperio Bizantino?

O latín.

O grego.

O italiano.

O árabe.

4. Cal é o libro sagrado do islam?

A Biblia.

O Talmud.

O Tripitaka.

O Corán.

5. Cal dos seguintes grupos pertencía ao estamento dos privilexiados?

Os eclesiásticos.

Os campesiños.

Os artesáns.

Os comerciantes.

Page 57: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 57 de 67

6. Que era o décimo?

Un tipo de fortificación.

Un tipo de imposto.

Un instrumento para facilitar o labor do comercio.

Un tipo de contrato de vasalaxe.

7. Que nova clase social aparece durante o renacemento das cidades medievais?

A nobreza.

O clero.

A burguesía.

O campesiñado.

8. En que século chegou a Peste Negra a Europa?

Século XI.

Século XII.

Século XIII.

Século XIV.

9. Que pobo xermánico estableceu no século V un reino en Gallaecia?

Os visigodos.

Os alanos.

Os vándalos.

Os suevos.

10. Un converso cristián ao islam en Al-Ándalus era un...

Mozárabe.

Muladí.

Mudéxar.

Mourisco.

Page 58: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 58 de 67

11. Que nome recibían os tributos que lles cobraban os reinos cristiáns aos reinos de taifas?

Parias.

Gavelas.

Foros.

Alcabalas.

12. Que nome recibía o contrato agrario máis frecuente na Galicia medieval?

Mita.

Foro.

Cabido.

Linde.

13. A planta das igrexas de peregrinación era...

De cruz grega.

De cruz latina.

Circular.

De salón.

14. Que nova técnica de pintura aparece no Gótico?

Dripping.

Fresco.

Aerografía.

Óleo.

15. Que edificio relixioso e característico da arte musulmá?

A catedral.

A acrópole.

A mesquita.

A pagode.

Page 59: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 59 de 67

7. Glosario

Para facilitar o estudo da unidade, achegamos a seguinte listaxe de termos, en orde

alfabética. É recomendable que o alumnado o empregue para así evitar unha

memorización baleira dos contidos e facilitar unha comprensión real da unidade.

A

Abade, abadesa Superior dun mosteiro pertencente a determinadas ordes relixiosas cristiás co título de abadía. A elección do abade é vitalicia e realízase democraticamente por escrutinio secreto dos monxes. O abade e a abadesa teñen autoridade para reforzar a observancia das regras da orde.

Almohades Dinastía bérber que dominou o norte de África e o sur da Península Ibérica nos séculos XII e XIII.

Almorábides Grupos bérberes ligados a unha interpretación ríxida do islam, que conseguiron formar un imperio entre os séculos XI e XII.

Alquimia Doutrina e estudo experimental dos fenómenos químicos que se desenvolveu desde a Antigüidade e ao longo da época medieval e que pretendía descubrir os elementos constitutivos do universo, a transmutación dos metais, o elixir da vida etc.

Arco Elemento construtivo empregado para sustentar, de forma xeralmente curva, que cobre un van entre dous puntos, entre os que reparte as forzas exercidas mediante as pezas menores que o compoñen. No Románico atopamos arco de medio punto e no Gótico arco apuntado.

Arcobotante Elemento construtivo sustentante que funciona como reforzo do muro ou para contrarrestar os empuxes dun arco ou bóveda.

Arianismo Herexía do século IV que considera que Cristo foi creado por Deus e que está subordinado a el. Nega así a Santísima Trindade. Esta herexía foi abrazada por algúns pobos xermanos, tales como os visigodos e os vándalos.

B

Basileus No Imperio Bizantino, título que fai referencia ao emperador. Considerábase que o basileus obtiña a súa autoridade de Deus, e que os seus actos procedían da vontade divina.

Bérbere Conxunto de etnias do Norte de África, que durante a Idade Media foron aliados dos árabes.

Besante Moeda bizantina de ouro ou prata que foi aceptada no comercio no mundo musulmán en Europa Occidental, e convértese así na moeda de referencia do comercio internacional durante uns 600 anos.

Bispo Sacerdote cristián que recibiu a orde do episcopado (grao máis elevado do sacerdocio cristián) e que ten entre as súas funcións gobernar unha diocese, ordenar sacerdotes, confirmar aos fieis, consagrar igrexas etc.

Bóveda Elemento construtivo sustentado. Esta construción arquitectónica en forma de arco cobre o un espazo entre muros, piares ou columnas. No Románico atopamos bóvedas de canón e no Gótico bóvedas de cruzaría.

C

Califa Gobernante absoluto do mundo musulmán, é xefe relixioso, militar, goberna, lexisla e é cabeza dos tribunais.

Cardeal Prelado da Igrexa católica que forma parte, xunto con outros, do Sacro Colexio e que ten entre as súas funcións aconsellar o papa e, cando este morre, elixir o seu sucesor. Os cardeais son nomeados polo papa.

Cisma de Oriente Evento de1054 no cal o papa de Roma e o patriarca de Constantinopla se excomungaron mutuamente, xa que non recoñecían a autoridade do outro. Isto provocou a separación entre a Igrexa católica, con sede en Roma e a Igrexa ortodoxa, con sé en Constantinopla.

Corveas Xornadas de traballo que os servos feudais debían levar a cabo nas terras do seu señor, sen recibir ningún tipo de pagamento a cambio.

Cruzadas Campañas militares que se levaron a cabo entre o século XI e o XIII, apoiadas polo papa e que tiñan por obxectivo controlar a chamada Terra Santa, os lugares onde terían lugar os acontecementos narrados na Biblia (as actuais Palestina, Israel, Siria, Exipto, Irak, Turquía, Grecia etc.)

Page 60: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 60 de 67

D

Décimo Parte do produto bruto das colleitas, ao redor da décima parte, que os fieis entregaban á Igrexa.

Dinar Moeda de ouro dos territorios árabes, que orixinalmente imitaba a moeda bizantina.

Dinastía Serie de reis ou soberanos que pertencen á mesma familia.

Dux Persoa que ocupaba un alto cargo de goberno e tiña o control do exército nas provincias. É un termo propio da última etapa do Imperio Romano de Occidente, que logo foi empregado por algúns dos reinos xermanos (como o dos visigodos).

E

Emir Príncipe ou xefe político e militar no mundo árabe.

Especias Produtos aromatizantes de orixe vexetal e que proviñan en boa cantidade de Oriente. Empregábanse para preservar alimentos ou darlles sabor, tamén para a fabricación de perfumes e usos médicos.

Estamento División ou grupo social da Idade Media e do Antigo Réxime, ao que se accedía por nacemento. Había estamentos privilexiados, con vantaxes xurídicas e fiscais, e estamentos non privilexiados, desprovistos destas vantaxes.

F Feudo Terra que o señor outorga ao vasallo no contrato de vasalaxe, como parte do que o señor

entrega ao servo polo cumprimento das súas obrigacións de auxilium et consilium.

Fresco Pintura realizada sobre unha capa de cal e que debe aplicarse cando a superficie está húmida.

G Guerra dos Cen Anos

Conflito entre os reinos de Francia e Inglaterra, desde 1337 ata 1453, e no cal o obxectivo era determinar a quen lle correspondía unha gran cantidade de territorios feudais situados en Francia. Rematou coa retirada de Inglaterra.

H

Héxira Emigración ou fuxida de Mahoma da Meca a Medina, que tivo lugar no ano 622 e tómase como punto de partida da cronoloxía musulmá.

Homenaxe Cerimonia pola cal o vasalo, axeonllado ante o seu señor, xuraba fidelidade e prometía prestar servizos militares e de corte ao seu señor. Este xuramento era irrevogable e de por vida. A cambio o señor concedíalle un feudo e protección.

Hunos Confederación de tribos eurasiáticas que, baixo o mando de Atila, se converteron nunha das maiores ameazas para o Imperio Romano de Occidente, ao que debilitaron enormemente. Isto facilitou a súa posterior caída.

I Investidura

Entrega dun feudo a un vasalo de forma vitalicia, o que significa o dereito para utilizar os bens do señor e gozar dos beneficios que estes dean, sempre coa obrigación de coidalos e preservalos coma se fosen seus. Este dereito en principio desaparecía co falecemento do vasalo. Co paso do tempo, o dereito sobre os feudos podía ser herdado sempre que se renoven os votos que o anterior vasalo fixese co señor.

J Jacqueries Revoltas campesiñas francesas, especialmente virulentas no século XIV polos efectos negativos da guerra dos Cen Anos.

L

Letra de cambio Especie de cheque. É unha orde escrita dunha persoa a outra para que pague unha determinada cantidade de diñeiro nun tempo futuro a un terceiro (o beneficiario).

Liñaxe Liña de antecesores e descendentes dun individuo. Nas sociedades estamentais, a liñaxe determinaba a posición social dos individuos.

Lonxa Edificio que serve como lugar de reunión dos comerciantes.

M

Mansos Explotacións campesiñas da época carolinxia. Podían ser os terreos dos señores (mansos señoriais) ou traballados por familias campesiñas que podían ser libres ou servas (mansos libres ou servís).

Mesquita Edificios propios do culto musulmán, cuxa función principal é reunir aos fieis na oración.

Milenarismo Crenza segundo a cal a fin do mundo ía chegar no ano mil da era cristiá.

Missi Dominici Inspectores carolinxios, que traballaban en parellas dun laico e un relixioso. Encargábanse de velar polo mantemento da autoridade do emperador e de evitar conspiracións por parte da nobreza.

P

Parias Tributo que lles pagaban os príncipes de territorios vasalos aos reinos cristiáns para manter a súa independencia.

Patriarca (Constantinopla) Principal portavoz da Igrexa ortodoxa, era escollido directamente polo emperador bizantino.

Page 61: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 61 de 67

Pedra negra da Kaaba

Reliquia musulmá que a tradición sitúa nos tempos de Adán e Eva, que se considera unha das pedras do Paraíso. Atópase na Kaaba, edificio cúbico situado no interior da gran mesquita da Meca.

R

Relevo Escultura que sobresae do marco no que se esculpe, sen chegar a liberala por completo da pedra.

Rosetón Van circular adornado especialmente, usado nas fachadas das igrexas e as catedrais medievais.

S Servo (feudal) Individuo que vivía nunhas condicións moi preto da escravitude, que tiña como principal diferenza que non podía ser vendido e que tiña un estatus xurídico de individuo libre. Na práctica estaba sometido ao señor feudal, xa que non podía abandonar as terras que traballaba sen o seu permiso e debía recoñecer a súa autoridade política, xudicial e fiscal.

T Troco Intercambio de produtos sen que interveña o diñeiro.

V Vidreira Estrutura de cristais, normalmente de cores, que serve para decoración e que no gótico cobre os espazos abertos nos muros.

X Xihad O esforzo que os musulmáns deben levar a cabo para instaurar a lei divina na terra, asociado en moitas ocasións á guerra santa.

Page 62: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 62 de 67

8. Bibliografía e recursos Bibliografía

Esta bibliografía reflicte tanto aqueles materiais ao redor dos cales foi elaborada a

unidade, como suxestións que poden empregar o profesorado e o alumnado para

afondar nos distintos puntos tratados nela.

Miguel Ángel Ladero Quesada. Historia universal, volumen II: Edad Media. 2010.

Vicens Vives.

VV.AA. Historia. Tomo 17. La Europa medieval. 2015. National Geographic.

VV.AA. Historia. Tomo 18. La expansión del Islam. 2015. National Geographic.

VV.AA. Historia. Tomo 19. Los reinos cristianos y las cruzadas. 2015. National

Geographic.

VV.AA. Historia. Tomo 20. Nuevas rutas hacia Oriente. 2015. National Geographic.

VV.AA. Historia. Tomo 21. El fin de la Edad Media. 2015. National Geographic.

VV.AA. Historia de la Edad Media. 1999. Ariel Historia.

Trevor Cairns. Historia del mundo para jóvenes: La Edad Media. 1997.

Akal/Cambridge.

Flocel Sabaté. Vivir y sentir en la Edad Media. 2011. Anaya.

Jesús Greus. Así vivieron en Al-Andalus. 2009. Anaya.

VV.AA. Atlas histórico: Edad Media y tiempos modernos. 2017. National Geographic.

Barbara Tuchman. Un espejo lejano. 2000. Península.

Johan Huizinga. El otoño de la Edad Media. 2005. Alianza Editorial.

Norman Cohn. Los demonios familiares de Europa. 1987. Alianza Editorial.

VV.AA. Xeografía e Historia, serie descubre. 2º da ESO. 2015. Santillana.

Rolf Toman. El Románico. 1999. Koneman.

Rolf Toman. El Gótico. 1999. Koneman.

Marianne Barrucand. Arquitectura islámica en Andalucía. 2007. Taschen.

Anette Hagedorn, Norbert Wolf. Arte islámico. 2016. Taschen.

Page 63: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 63 de 67

Ligazóns de Internet

Ao igual que no caso da bibliografía, enlázanse a continuación páxinas e recursos que

permiten afondar nos distintos puntos tratados ao longo da unidade, e facilitar tanto a

comprensión dos contidos como a realización das actividades propostas.

A caída de Roma e a chegada dos reinos xermanos:

https://www.youtube.com/watch?v=K47HlRBHv3U

Os Missi Dominici: https://historiaybiografias.com/missi-dominici/

A arte carolinxia: http://historiadelarte2015-2.blogspot.com.es/2015/09/arte-

carolingio.html

O Imperio Bizantino: https://www.caracteristicas.co/imperio-bizantino/

A historia da seda: http://www.pinturasobreseda.com/historia-de-la-seda.html

A cidade musulmá medieval: http://jcdonceld.blogspot.com.es/2010/11/la-ciudad-

islamica-medieval-partes-y.html

Achegas do mundo musulmán medieval ás ciencias:

https://www.webislam.com/articulos/29187-

aportaciones_del_islam_a_las_ciencias.html

As invasións viquingas: https://historiaybiografias.com/normandos1/

O sistema feudal: https://www.profeenhistoria.com/feudalismo/

O milenarismo:

https://elpais.com/cultura/2015/04/22/babelia/1429711405_669441.html

As cruzadas: http://mihistoriauniversal.com/edad-media/cruzadas/

Os gremios medievais: https://redhistoria.com/los-gremios-medievales-los-antiguos-

sindicatos/

A Peste Negra: http://www.nationalgeographic.com.es/historia/grandes-reportajes/la-

peste-negra-la-epidemia-mas-mortifera_6280/9

O reino suevo: http://www.arteguias.com/reinosuevo.htm

O reino visigodo: http://historiaespana.es/edad-antigua/reino-visigodo

A España das tres culturas:

https://evacuentalahistoriadeespana.wordpress.com/2013/04/23/laespanacristianadel

astresculturas/

Historia do Camiño de Santiago: http://www.santiagoturismo.com/historia

Page 64: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 64 de 67

As revoltas irmandiñas: http://anosacultura2.blogspot.com.es/2011/02/as-revoltas-

irmandinas.html

A música e o Camiño de Santiago: http://coralea.com/musica-y-camino-de-santiago-

por-alberto-solana-de-quesada/

A catedral na cidade medieval: https://historiaybiografias.com/catedral_medieval/

A arte musulmá: http://www.mgar.net/var/islam3.htm

A decoración na arte musulmá: http://clio.rediris.es/fichas/arteislam/islam1.htm

Outros recursos

Para o estimular a curiosidade e facilitar o estudo do ámbito social, é recomendable o

emprego de materiais diversos que poidan conter información relacionada cos contidos

tratados. A esta fin, preséntase a continuación unha pequena escolla de películas,

series, libros, videoxogos, aplicacións e banda deseñada que poidan resultar de interese

ou inspiración.

“Ivanhoe”, de Walter Scott. Unha das primeiras novelas históricas, relata as

andanzas do cabaleiro medieval Ivanhoe na Inglaterra do século XII.

“La compañía blanca”, de Arthur Conan Doyle. Novela de aventuras situada durante

a guerra dos Cen Anos. Novela histórica do autor de Sherlock Holmes. Conta cun

gran traballo de documentación previo.

“El conde Belisario”, de Robert Graves. Novela histórica que sitúa a súa acción no

Imperio Bizantino do século VI. Trata a vida de Belisario, como xeneral do emperador

Xustiniano.

“Robin e Marian”. Película dirixida por Richard Lester en 1976 e que trata cunha

perspectiva orixinal a historia de Robin Hood. É especialmente interesante por

intentar situar o heroe mítico nun contexto realista.

“Excalibur”. Película fantástica de 1981, dirixida por John Boorman e inspirada en “A

morte de Arturo”, de Sir Thomas Malory. Visual e imaxinativa, ofrece unha visión

clásica dos mitos artúricos.

“Macbeth”. Película de 2015 dirixida por Justin Kurzel e baseada na obra homónima

de William Shakespeare. Actores e decorados contribúen a crear unha atmosfera

opresiva e ligada ao prezo da ambición desmesurada.

“Juana de Arco”. Película biográfica dirixida en 1999 por Luc Besson, situada durante

a guerra dos Cen anos. Trata a historia cun estilo visual actual e grandes doses de

acción.

Page 65: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 65 de 67

“Príncipe Valiente”. Banda deseñada de Harold Foster, situada na época mítica do

Rei Arturo e a súa corte. O traballo de documentación levado a cabo para

representar armas, armaduras, castelos, roupaxes etc. resulta impresionante malia

os anacronismos propios das ambientacións artúricas.

“Vikingos”. Serie de televisión que arranca no 2013. Inspírase na vida do

semilexendario Ragnar Lodbrok, rei de Suecia e Dinamarca do século VIII. Procura

representar fielmente a vida e tecnoloxía da sociedade vikinga.

“A víbora negra”. Comedia británica, producida entre 1983 e 1989. Trata as intrigas

de Edmund Blackadder e os seus descendentes. Arrinca a trama no século XV e

remata no XX.

“Mil”. Xogo de taboleiro de 2 a 5 xogadores. Deseñado por Firmino Martínez e

editado por Homoludicus, no cal os xogadores interpretan o papel dunha familia

nobiliaria que compite por obter a maior influencia posible.

“Ophiusa”. Xogo de cartas de Fernando M. Cimadevila e editado por Urco. Trata

acontecementos destacados da política, sociedade e cultura galegas.

“Toledo 1085”. Xogo de cartas de 2 a 4 xogadores, deseñado por Javier J.

Domínguez Cruz e editado por Devir. Os xogadores encarnan a nobres toledanos

que teñen por obxectivo desenvolver a cidade. Tamén manteñen a harmonía entre as

culturas cristiá, xudía e musulmá.

“TimeMap. Historia de la Edad Media”. Aplicación para dispositivos móbiles que

funciona como un atlas interactivo.

“Patrician IV”. Videoxogo de 2010, de estratexia e xestión de recursos, no que

interpretamos a un comerciante do Norte de Europa que busca ascender

socialmente.

“Medieval Total War II”. Videoxogo de estratexia de 2006 no que tomamos o control

dun reino durante a Idade Media.

“Kingdoms and Castles”. Videoxogo de 2017 de construción de fortalezas e xestión

de recursos, cunha estética retro.

Page 66: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 66 de 67

9. Anexo. Licenza de recursos Licenzas de recursos utilizadas nesta unidade didáctica

RECURSO (1) DATOS DO RECURSO (1) RECURSO (2) DATOS DO RECURSO (2)

RECURSO 1

Autoría: William R. Shepherd Licenza: Dominio público Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 2

Autoría: Zaqarbal Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 3

Autoría: William R. Shepherd Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 4

Autoría: Lokilech Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 5

Autoría: Jniemenmaa Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 6

Autoría: Errabee Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 7

Autoría: Rowandwindwhistler Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 8

Autoría: Urban Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 9

Autoría: Phrood Licenza: Dominio público Procedencia:

https://fr.wikipedia.org/wiki/Fichier:Charles_d%27Orléans.png

RECURSO 10

Autoría: Leinad-Z Licenza: Dominio público Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Escribano.jpg

RECURSO 11

Autoría: Milartino Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 12

Autoría: Peter Brueghel o Vello

Licenza: Dominio público Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 13

Autoría: Alcides Pinto Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 14

Autoría: Rowandwindwhistler Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 15

Autoría: Macucal Licenza:Creative Commons Procedencia:

https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Reconquista_(914-1492).svg/

RECURSO 16

Autoría: Manfred Zentgraf Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

Page 67: A Idade Media · Educación secundaria para persoas adultas . Ámbito social Educación a distancia semipresencial . Módulo 2 Unidade didáctica 7 . A Idade Media

Páxina 67 de 67

RECURSO (1) DATOS DO RECURSO (1) RECURSO (2) DATOS DO RECURSO (2)

RECURSO 17

Autoría: José-Manuel Benito Licenza: Dominio público Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 18

Autoría: Pedronchi Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 19

Autoría: José Luís Filipo Cabana

Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 20

Autoría: Jean-Pol GRANDMONT

Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 21

Autoría: Vassil Licenza: Dominio público Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 22

Autoría: Godot13 Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/

RECURSO 23

Autoría: Ruggero Poggianella Licenza: Creative Commons Procedencia:

https://commons.wikimedia.org/