Unidade 6 paleolítico

Post on 25-Jun-2015

1.613 views 7 download

Transcript of Unidade 6 paleolítico

INTRODUCIÓN Á HISTORIAA PREHISTORIA: O PALEOLÍTICO

UNIDADE 6

QUE É? a Historia é a ciencia que estuda o pasado, os seus feitos máis importantes é como vivían as sociedades (conxunto de persoas) noutras épocas.

EN QUE CONSISTE? nos seguintes aspectos respondendo a cuestións importantes:

PARA QUÉ SERVE? A Historia axúdanos a comprender o pasado, ensinanos porque somos cómo somos, que nos une aos demáis e que nos diferencia.

QUEN A ELABORA? os historiadores.

CAL É O TRABALLO DO HISTORIADOR?

ESTE? ESTE?OU

os historiadores recollen a información, analizana e publicana. O seu obxectivo non é contar os feitos do pasado senón explicalos.

A PARTIR DE QUE SE ELABORA? Para coñecer o pasado, é necesario interpretar os restos dos nosos devanceiros. - Estes restos son as fontes.- Reconstruir a historia é como levar a cabo unha investigación policial. As fontes serían as pistas para reconstruir o pasado.

Existen diferentes tipos de fontes:

Fontes oraisFontes escritas

Fontes iconográficas Fontes materiais

Os historiadores deben datar no tempo os aspectos que estudian. Se é posible, determínase o ano exacto.

En moitas ocasións non hai datos de abondo que permitan establecer unha data exacta, polo que se utilizan periodos máis amplos:

a) década (10 anos).b) século (100 anos).d) milenio (1000) anos.e) era ou idade.

Coñecer a data é moi importante, xa que senón a soubesemos non seriamos capaces de establecer a orde dos feitos, nin diferenciar as causas das consecuencias, polo que a historia xa non explicaría o pasado, e carecería de sentido.

O sistema de medida de tempo na maior parte do mundo é a era cristiá (ano 1 = nacemento de Cristo) ou calendario gregoriano. Todo o que sucedeu antes, dicimos que sucedeu antes de Cristo (a. C.) e o que se produciu logo, dicimos que pasou despois de Cristo (d. C. ou nada).

Excepcións a este sistema:o Islam (mundo musulmán): o ano 1 = ano da Héxira (fuxida de Mahoma da Meca) e usa ano lunar (non solar coma nós). Hoxe en día están no 1431.Calendario hebreo: ano 1 = creación do mundo según os xudeus (ano 3760 a. C.), polo tanto hoxe en día os hebreos están no 5770 (3760 + 2010). Datación científica: BP (Before present = antes do presente. A referencia sería 1950): utilízase polos científico para datar algo na Prehistoria

- O século I comeza no ano 1 d.C. e finaliza no 100 d.C. A partir de aí os demais séculos son consecutivos:

Século II: do ano 101 ao 200.Século III: do 201 ao 300.

Século XX: do 1901 ao 2000Século XXI: do 2001 ao 2100.

- Truco para pasar de anos a séculos:

Moito ollo!!!!- Ano 0 non existe.

- Os anos sempre con números árabes.

- Os séculos sempre con números romanos

Ano 405

A cifra das centenas é 4

Súmase 1(4+1)

Século V

Total = 5

Para estudiala mellor, os historiadores dividiron a Historia en períodos, primeiro en 2 grandes:

❉ Prehistoria: vida do ser humano antes de coñecer a escritura.✏ Historia: vida do ser humano despois da escritura.

Á súa vez a Historia divídese en 4 grandes períodos (por agora), marcado os seus inicios por algún acontecemento que cambiou a forma de vida.

Prehistoria Dende a aparición do home (2 millóns a. C.) ata a aparición da escritura (4.000 a. C.)

A PREHISTORIAPrehistoria, trazos:

♧ 1ª etapa da historia da humanidade.♧ Etapa máis longa:

- desde os 5 millóns anos BP (aparición homínidos)

- ata 5000 BP (invención escritura) ♧ Se caracteriza pola ausencia de textos escritos. Comparación do

pasado da humanidade cun día.

A Prehistoria divídese á súa vez en tres grandes períodos:

a) Paleolítico (entre 5 millóns BP a 11000 BP): Etapa máis longa. Os homínidos e finalmente os seres humanos (Homo Sapiens) viven exclusivamente da caza e da recolección (non producen os seus alimentos) e usan utensilios de pedra.

b) Neolítico (entre 11000 BP a 7000 BP): os seres humanos continúan a usar útiles de pedra e inventan a agricultura e gandería (primero en Oriente Próximo e despois en moitos outros lugares).c) Idade dos Metais (desde os 7000 BP ata a aparición da escritura) comezou en datas diferentes en cada lugar. Os seres humanos comenzaron a usar metais (cobre, bronce, ferro).

Bifaz paoleolitic

o

Restos de Lucy (austrolopitecus de 3,2 millóns de anos BP

Os restos perduraron porque se converteron en fósiles (petrificáronse). Os lugares onde aparecen chámanse xacementos arqueolóxicos e son estudados polos arqueólogos (especialistas no estudo da Prehistoria e a Historia Antiga).

Arqueólogos traballando

Fósil do pasado e

fósil do futuro???

A Hominización é a evolución do ser humano dende o mono ata o home, pasando por especies intermedias (os nosos devanceiros):

I) Austrolopitecos (c. 5 millóns BP):

- só en África- similares aos chimpancés.- cranio pequeno- comenzaban a andar con dúas

pernas (bipedismo).- tiñan as mans libres para transportar

obxectos e fabricar ferramentas

Área de aparición de restos de

australopitecos

Reconstrución de craneo e aspecto

dun australopitecos

II) Homo Habilis (c. 2 millóns B.P.):- só en África- máis esvelto.- cranio máis grande.- capaz de elaborar ferramentas complexas (“habilis”).

Homo Erectus (c. 1,8 millóns B.P.)- apareceu en África, pero foi a primeira especie en viaxar. Colonizou Asia e Europa.- andaba sempre erguido (“erectus”).- máis intelixente. - Usaba un tipo de linguaxe sinxela.- aprendeu a usar o lume. Así podía quentarse, cociñar e protexerse dos animais.

IV) Homo Antecessor (c. 800.000 BP):- restos humanos máis antigos de Europa.- atopados no xacemento de Atapuerca

(Burgos)

Gran Dolina, xacemento de

Atapuerca (Burgos)

Reconstrución dun cranio de

Homo Antecessor

Femia de H. Antecessor practicando canibalismo

V) Homo Neandertal (c. 150.000 BP ata o 30.000 BP):

- únicamente en Europa.- parecíase bastante a nós,

tiña menor estatura pero era moito máis robusto e forte para aguantar as condicións climáticas das glaciacións.

- Mon tiña pensamento simbólico. A súa intelixencia era diferente.

- usou un linguaxe falado.- foi o primeiro en enterrar

aos seus mortos (conciencia da morte).

Máxima extensión do Neandertal

VI. Homo Sapiens (Nós) (c. 130.000 BP).- apareceu en África.- menos forte que o neandertal.- máis capacidade craneana, maior intelixencia.- pensamento simbólico e capacidade de

abstracción.- uso dun linguaxe moderno (cordas vocais).- inventou moitas ferramentas diferentes e

complexas.- inventou a arte.

HOMO SAPIENS

Paleolítico = período máis longo da prehistoria, dende a aparición ser humano (5 millóns BP) ata a invención da agricultura e gandería (11.000 BP).

Trazos do Paleolítico:☯ as persoas organízanse en tribos.

☯ só caza e recolección.

☯ eran nómadas (non vivían un sitio fixo).

☯ fabricaban utensilios de pedra (sobre todo), madeira, oso, asta…. Para fabricalos golpeaban a pedra ata darlle a forma desexada. Destacan puntas de frecha, arpóns, agullas, coitelos, bifaces (machadas que cortaban polas dúas caras).

O PALEOLÍTICO

Bifaz (machada)

Chopping tool (coitelo)

Arpóns e puntas de lanza

Agulla e anzuelo

Os primeiros homínidos apareceron en África.Durante case 4 millóns de anos habitaron só as

zonas cálidas deste continente.Fai menos dun 1 millón de anos, pasaron de África a

Asia e Europa, por Próximo Oriente e, quizáis, o Estreito de Xibraltar.

Desde Asia, fai uns 60.000 anos, pasaron a Oceanía.Finalmente fai uns 20.000 anos cruzaron o Estreito

de Bering e ocuparon América

Mapa da expansión humana

Tras saír de África os seres humanos deberon enfrontarse á vida en climas fríos. Xa que a gran parte da Terra estaba daquela cuberta permanentemente cuberta de xeos, debido a diversas glaciacións.

En consecuencia, os seres humanos adaptáronse a estas condicións duras de tres formas: Vivir en vales e covas, para

protexerse do frío

Vestirse con grosas peles.

Usar o lume, para quentarse,

defenderse dos animais e cociñar.

Glaciación = período frío da historia da Terra, nas que xeos

permanentes cubreron gran parte do planeta. Houbo catro importantes. A última concluíu

fai uns 13.000 anos

AS GLACIACIÓNS

A) COMUNIDADE.- No Paleolítico os seres humanos organizábanse

en clans e tribos = grupos integrados por unhas poucas familias.

- Os membros da tribo axudábanse uns aos outros.

- Os pais e nais ocupábanse dos nenos/as ata a adolescencia. Os nenos aprendían todo o necesario para vivir:

Cazar. Facer ferramentas Facer lume. Recolectar alimentos Fabricar roupa.- Os anciáns eran moi respetados é dirixían a

tribo.

A VIDA NO PALEOLÍTICO

As distintas tribos relacionábanse entre sí: intercambiaban ferramentas ou organizaban partidas de caza comúns.

Ás veces as tribos se enfrontaban violentamente, por alimento ou territorio.

A Vida no Paleolítico era moi dura, poucos superaban os vinte anos de idade.

B) VIVENDA.- No Paleolítico os grupos

humanos eran nómades = desprázabanse dun sitio a outro na procura de alimento.

- Normalmente establecíanse cerca dunha fonte de auga (ríos ou lagos).

- 3 tipos de vivendas: Aire libre: nas zonas máis

cálidas. Covas ou abrigos

rochosos: nas zonas máis frías, para protexerse do mal tempo.

Chozas: construídas con pólas, follas e pieles de animais. Só os grupos más evolucionados.

Chozas paleolíticas

C) ALIMENTACIÓN.- No Paleolítico os seres humanos vivían da

caza, pesca e recolección.☞ Recolección: froitos, verduras,

tubérculos. ☞ Caza: animais pequenos (páxaros,

reptís, anfibios) e grandes (cervos, bisontes, mamuts). Usaban lanzas de madeira con punta de pedra, arcos e frechas.

☞ Pesca: usaban trampas, arpóns e posteriormente inventan o anzuelo. Comían marisco, xa que en moitos xacementos costeiros apareceron acumulacións de cunchas (cuncheiros)

Arpóns paleolíticos

Caza de mamut

D) VESTIDO.- Cando os seres humanos chaegaron a lugares fríos

(Europa, Asia e América) necesitaron protexerse do frío.

- Fabricaban os seus vestidos con peles dos animais que cazaban. Cosían as peles con agullas de óso e usaban como fío tendóns de animais.

- Tamén se adornaban: colares, pintaban o seu corpo, tatuaxes, pendentes…

E) RELIXIÓN.- Os homes do Paleolítico

crían na existencia de numerosos espíritos que os axudaban ou perxudicaban en todas as facetas da vida (caza, saúde e enfermidade,…).

- Por iso levaban a cabo ritos para conseguir o seu favor.

- Enterraban aos seus mortos, moitas veces con obxectos de valor (axuar): armas, colares, comida…

F) ARTE.- Os sapiens do Paleolítico realizaron as

primeiras obras de arte. Principais tipos: Pinturas rupestres Esculturas.

Covas de Altamira (Cantabria)

Pinturas rupestres.- Pintura sobre muros e teitos das covas.

Características:♘ Polícromas (= diferentes cores).

♘ Realistas, incluso aproveitaban as rugosidades das rochas para dar volume.♘ Representan, sobre todo, figuras de animais (cervos, cabalos, bisontes…).♘ Para facelas, usaban po de minerais para dar cor, clara de ovo para darlle consistencia e pinceis de pelo de animais para aplicalas.♘ Significado relixioso: representan animais, para que os espíritos lle facilitasen a caza.♘ Mellores exemplos: norte de España (Covas de Altamira) e sur de Francia (Covas de Lascaux).

Esculturas.- Destacan as venus paleolíticas = figuras de

muller con órganos sexuais moi desenvolvidos.- O significado seguramente é relixioso, para que

os espíritos aseguren a fertilidade das mulleres.

Venus de Willendorf