Post on 19-Dec-2018
De Matos Alonso, Adrián
Eireos Currás, Marta
García Vegas, Cintia
Garnelo Pardo, Jorge
Gutiérrez Caneda, Beatriz
Documentación informativa USC 2015
XUSTIFICACIÓN Este traballo xorde nun momento no que a globalización e a internalización dos
pobos non para de crecer. Temos que protexer as nosas tradicións e a nosa cultura para
que non se perda e poda seguir vivindo a través das xeracións.
OBXECTIVOS O obxectivo principal deste traballo é dar a coñecer lendas e mitos que forman parte
da cultura da nosa terra galega e que serven tanto como de explicación do pasado, como
para entender o futuro e o modelo de comportamento da sociedade galega. Realizarase
tamén unha análise comparativa das distintas lendas, as súas variantes e as súas
características para coñecer máis de fondo o seu contido, así como o feito da aparición de
lendas moi semellantes en zonas moi diversas e alonxadas de Galiza.
METODOLOXÍA Á hora de realizar a nosa investigación,comezamos poñéndonos en contacto con
diversos escritores, profesores e investigadores de mitoloxía galega para obter unha
primeira impresión sobre as lendas e a cultura galegas.
Bouzas, Pemón: xornalista e autor do libro Mitos, ritos y leyendas de Galicia en
colaboración con Xosé Antonio Domelo
Gónzalez Reboredo, Xosé María: Investigador da prehistoria e mitoloxía galega e autor de
“Lendas galegas de tradición oral”.
Mariño Ferro, Xosé Ramón: profesor de antropoloxía da USC. Escribiu o libro Leyendas,
mitos y creencias de Galicia.
Reigosa, Antonio: investigador da mitoloxía popular galega. Escribiu Galicia Encantada: o
país das mil e unha fantasías.
2
Despois, informámonos sobre as lendas e tradicións galegas a través de libros
especializados (pode atopar os rexistros completos no apartado “bibliografía” ó final do
presente documento) e fontes en Internet.
Por último, procedemos a escoller aquelas lendas que, debido á nosa zona
xeográfica de orixe, espertaron un maior interese en nós e redactarémolas brevemente,
facendo unha análise comparativa con outras lendas similares.
3
INTRODUCIÓN
Galicia, terra máxica arraigada de meigas e trasnos, é un dos lugares onde ás
tradicións e as lendas están máis presentes. Tendo a súa base en feitos reais, serven
dende a antigüidade para dar outra visión da historia. Define Leandro Carré Alvarellos a
lenda como “el relato de un hecho real adornado o desfigurado por la fantasía y a veces
también simplemente desvirtuado por la tradición oral, que va modificando los detalles no
bien recordados al pasar de boca en boca por generaciones suceesivas” (Las leyendas
tradicionales gallegas, 1977, p.22). Pero se por algo se caracterizan as lendas galegas é
pola presenza do sobrenatural. Un elemento que non se trata baixo un aspecto terrorífico ou
supersticioso como se fai noutras culturas, senón como algo razonable, como un sedimento
de creencias ancestrales, tal e como apunta Carré Alvarellos.
Ao longo deste documento achegarémonos as lendas de distintos puntos de Galicia.
As súas características, as súas interpretacións e as súas similitudes con outras lendas. Hai
que ter coidado con isto último xa que non estamos sa falar de plaxios, senón de
modificacións e adaptacións segundo os distintos lugares da nosa comunidade. Apostaba
Cruz Halpique, filósofo portugués, por un “encadenamiento lógico de ideas, algunas veces
inevitable. Iguales premisas van llevando insensiblemente a conclusiones flagrantemente
iguales” (1995, páx. 10, cit. Cadré Alvarellos, 1977, páx. 24).
Imos facer un percorrido por todo isto, pero antes, imos ver o que é unha lenda.
1. Consideracións sobre o concepto “lenda”
Daremos inicio, pois, tratando unha serie de conceptos sobre o obxecto suxeito da
nosa investigación. Exactamente, que é unha lenda? Que diferenzas existen entre conto e
lenda? Esta problemática persiste aínda nos nosos días entre os estudosos da narrativa
popular. Segundo o francés R. Pinon, a diferenza entre conto e lenda reside en que a lenda
ten un carácter utilitario e transcendente, e transmiten información relevante sobre a época
e o grupo social no que se xeran e difunden. Pola contra, o conto é intrascendente e a súa
función é o mero entretemento. Segundo o ruso Vladimir Propp, a diferencia descansa na
función social que cada relato desempeña, de acordo co valor que lle dean tanto o narrador
coma os ouvintes. Polo tanto, máis que valorar os aspectos formais do relato, cómpre ver a
4
importancia que desempeña e as claves ideolóxicas que transmite á sociedade. Entón,
segundo Propp, unha lenda sería un relato no que participan seres mitolóxicos ou máxicos e
que ten unha localización temporal e espacial, mentres que o conto sería todo relato sen
localización espaciotemporal e sen carácter transcendental.
2. Clasificación das lendas
En canto á clasificación das lendas galegas, Vicente Risco ocupouse no seu Ensaio
dun programa pró estudio da literatura popular galega, en 1928. Segundo este escrito,
Risco clasifica as lendas dentro do que denomina Épica popular en prosa e distingue tres
tipos:
Etiológicas, destinadas a explicar a orixe dun feito ou lugar. Un exemplo podería
ser a lenda do apóstol Santiago, que explica o topónimo Santiago de Compostela.
Hagiográficas, que reflicten un episodio lexendario da Virxe, dos santos ou de
Xesucristo.
Históricas, que destacan algún evento ou persoaxe do pasado histórico ou literario,
reinterpretado a nivel popular. Estas lendas representan un intento romántico e
posromántico de revivir a mitoloxía galega para contribuir con ela a afirmar a
personalidade diferenciada da nosa comunidade autónoma. Por exemplo, os mitos e
lendas arredor da figura de Hércules.
Outros autores, como Leandro Carré Alvarellos na súa obra Las leyendas
tradicionales gallegas (1977, p. 2834), apuntan a unha clasificación máis ampla,
distinguindo entre lendas de carácter popular, lendas fantásticas e de encantamentos, lendas históricas e lendas novelescas.
5
AS LENDAS DE GALICIA
<<Creo nas meigas e nos magos, como sabios doutro tempo, dos de antes da Era de
Internet, dos Mcdonalds, da cocacola… Pero ante todo creo na Galicia luminosa, aberta, tan
inmensa que sempre será capaz de ser inabarcable e máxica.E todo depende do grande
que se teña o corazón, o desexo de que se esfumen as negras sombras que seguen
escurecéndonos, a grandeza dunha Terra aínda ignorada que ansía un Alba de gloria>>
FelipeSenén López Gómez (2010, prólogo, cit. Reirez Rey, 2010, 14).
A Coruña
A Torre de Hércules ou “Torre de Caramelo” (como lle chamaba Pablo Picasso),
constitúe un dos emblemas da cidade da Coruña. Presente no escudo da cidade dende o
ano 1448, ocupa o primeiro posto como o faro máis antigo en funcionamento na actualidade
e foi nomeado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en Xuño do ano 2007. Non é de
6
estrañar, por tanto, que esta construción que data de entre os séculos I e II d.C sexa o
suxeito de moitas das lendas que circulan entre os habitantes da cidade das galerías e de
moitas das historias relatadas por autores ó longo do tempo.
Así describe Jesús María Reiriz Rey, na súa obra Galicia oculta y negra (2010, páx.
75), este lugar tan máxico:
"El lugar con más embrujo e inspiración de La Coruña, donde los haya, siempre
me lo pareció la Torre de Hércules y el promontorio donde majestuosamente se
alza este monumento, decano de los faros del mundo, vigía permanente,
Patrimonio de la Humanidad por derecho y justicia, y sin duda alguna el símbolo
más importante de Galicia después de la Catedral de Santiago y el más
significativo, me atrevería a decir, de la Europa Atlántica"
Diversas son as lendas que corren arredor deste paraxe, dende historias sobre a
construción da Torre ata historias que a relacionan coa fundación da cidade. Ímos explicar
todas elas e comparalas con lendas similares.
Construción da Torre de Hércules
De toda as lendas que coñecemos en torno á Torre, esta é a que maior influencia
tivo ó longo dos anos.
Recollida en primeiro lugar na Estoria de España (s.XIII) de Alfonso X O Sabio,
cóntase como o heroe Hércules construíu un enorme faro para conmemorar así a derrota do
xigante Gerión.
Segundo a lenda, o xigante Gerión atopábase nestas terras sometendo a toda a
poboación baixo o seu poder. Hércules, fillo do deus grego Zeus, decidiu baterse en loita
con el para liberar ós cidadáns de tan horrible presión. Tras un combate que durou tres
días coas súas correspondentes noites incluídas Hércules conseguiu derrotar ó Xigante e,
tras cortarlle a cabeza, enterrouna ó lado do mar. Para que a súa vitoria se recordase ó
longo dos anos, construíu unha torre sobre o lugar do enterro, elevándose así, dende aquel
momento e para o resto da eternidade, a Torre de Hércules.
Hai que destacar que esta lenda influenciou diversas obras posteriores, de aí a súa
importancia. No século XIV continuouse completando o mito a través de obras como a de
Don Juan Manuel, Crónica Abreviada e Crónica General de Espanha. O Licenciado Molina
7
tamén a introduce da Descrición del Reino de Galicia (1550). Será a partires do século XVI
cando se establezan dúas vías na historiografía: unha vía defende a veracidade da fábula e
outra intenta separar a lenda dos feitos históricos reais. Vemos así como, dende o século
XVI e ata a actualidade, lenda e realidade son dous conceptos que viaxan xuntos para
construír unha imaxe poética do monumento e embelecer a súa historia.
Realidade ou ficción, esta lenda deu lugar a que no escudo da cidade aparecese a
figura da Torre e unha caveira baixo a mesma: a caveira do xigante Gerión.
En canto a comparativa con outras lendas semellantes, cabe destacar outra corrente
que defende que a Torre de Hércules nos seus inicios non foi chamada así, senón que era
coñecida como A Columna, gardando unha similitude directa coa denominación da Columna
de Trajano.
Fundación da cidade
Outra das historias que máis atención ten na cidade é a súa fundación. Existen
diversas lendas que explican este suceso, pero as máis importantes son as seguintes:
Hércules: seguindo coa lenda da Torre de Hércules, na que este é o creador do
monumento tras matar a Gerión, atópase un “segundo capítulo” que remata a historia.
Recollida tamén por Alfonso X na súa obra, dícese que trala derrota do Xigante e a
construción da Torre, Hércules fundou unha nova cidade nos seus arredores. A
continuación mandou facer unha listaxe numérica cos cidadáns que ían chegando,
ocupando o primeiro posto unha muller chamada Crunia. O heroe grego namorouse dela de
tal xeito que decidiu denominar a cidade co seu nome, o cal, debido a evolución da lingua,
chegaría ata os nosos días como A Coruña, o nome actual da cidade.
Brigantia: recollida nas obras dos monxes irlandeses do século XII e presente ata
os nosos días, atopámonos cunha lenda que sitúa a fundación da cidade noutro feito.
Segundo esta lenda de orixe celta, sería o Rei Breográn quen funda a cidade de Brigantia
(Brigantium en latín) e constrúe unha gran torre dende a cal podía divisar as costas
irlandesas; contrapoñéndose así a lenda do heroe grego.
8
Lenda do Espello
Recolle Alfonso X El
Sabio no seu libro “Estoria
de España” (s.XIII) que o
Rey Espánsobriño de
Hércules fixo colocar no alto
da Torre un gran espello co
que vixiar a chegada de
navíos ás terras coruñesas.
Esta lenda transmitíuse de
xeración en xeración , de 1
xeito que chegou os ouvidos
de Bernardo de la Buena.
Este, no seu libro “Bernardo o Victoria de Roncesvalles (1624, libro XVI, octava
CXXVI),reforza a autenticidade da historia nos seguintes versos:
“La Coruña es aquella y la alta torre
del encantado y cuidado espejo
que al brigantino puerto da y socorre
con tempranos avisos y consejo”
O espello é unha das figuras máis recurrintes das lendas e dos contos folclóricos,
onde aparece como un obxecto cunha carga máxica especial. É esta carga, a que nos
permite explicar o por qué da súa importancia en tempos pasados e podemos entender
mellor as historias que chegan ata os nosos días. Falamos de accións como desviar malas
influenzas, observar feitos pasados, anular distancias, realizar o paso entre este mundo e o
"máis alá"... É precisamente esta propiedade a que vincula a Torre de Hércules co máis aló.
Segundo apunta Francisco Javier González García na súa obra "Hércules contra
Gerión, mitos y leyendas de la Torre de Hércules II" (1988) a situación da Torre está
directamente relacionada coas creencias sobre o acceso ó outro mundo.
1 A historia tamén e recollida no libro de tradicións irlandesas “Leabhar Gabhala Erenn” e no “Libro de las invasiones” (S.VIII). Posteriomente será plasmada no “Nobiliarios del Reyno de Galicia” (1572) almacenada na Biblioteca Nacional de Madrid.
9
Exército de Elviña
O 16 de Xaneiro de 1809, a infantería francesa do Xeneral Merle atopábase nas
terras de Elviña tras un episodio da guerra de Independencia Española.No verán do ano
1968, Manuel, un veciño da Zapateira e protagonista da seguinte lenda, atopábase no
mesmo escenario.
Segundo recolle Jesús María Reiriz Rey na súa
obra Galicia: oculta y negra (2010), esa mañá de
verán, Manuel subía camiñando pola Avenida de
Alfonso Molina e, dende a altura dende a que se
domina a fábrica de Coca Cola, comezou a
escoitar o son duns tambores. Aínda que o son se
facía más nítido a medida que Manuel avanzaba,
él pensou que debido as datas veraniegas
serían produto dalgún festejo nas proximidades.
Sumido nos seus pensamentos, non se decatou
de que de repente unha tenue néboa o comezara
a rodear e que unha especie de "espectrales
xinetes fosforescentes" tal e como os denomina
Reiriz Rey (Galicia Oculta y Negra, 2010)
vestidos coa indumentaria da época, comezan a
atravesalo, indiferentes a súa presenza, sen repercusións físicas no seu corpo.
"Eran soldados como eses que se ven nas películas, pero os seus corpos
parecían feitos de luz. Levaban gorros altos, e algúns arrastraban uns cañóns
que tiñan rodas grandes como as dos carros das vacas"
A continuación, Manuel conta que escoitou diversos disparos, gritos e choques de
espadas. O máis curioso, engade, foi cando mirou o reloxo e se decatou de que o suceso
non fora en apenas uns minutos como el imaxinara senón que en realidade transcorrera
case media hora.
10
Aínda que non existen lendas similares na nosa comunidade, si que é certo que ó longo do
tempo se foron desenvolvendo outras historias coa mesma raíz por todo o mundo: cóntase
que en agosto de 1914, durante o transcurso da I Guerra Mundial, as forzas británicas en
Francia estaban loitando coas alemás cando, de repente, apareceu un exército fantasma no
ceo que detivo o avance das tropas xermanas. Este suceso foi coñecido ao longo dos anos
como “os arqeeros de Mons”, tal e como recolle Jesús María Reiriz Rey nunha das súas
obras (2010, páx. 99). Outro caso similar, pero acontecido en agosto de 1951 en Dieppe,
presenta a mesma estrutura: dúas rapazas escoitaron ó longo da noite ruídos de
canonazos, descargas de fusís e voces. Á mañá seguinte, investigando sobre o acontecido,
descubriron que nesa zona, no ano 1942, se produciu un desembarco de tropas aliadas
onde máis da metade das persoas resultaron mortos, feridos ou feitos prisioneiros.
Quen sabe, quizais algún día camiñando por algunha destas zonas, podes chegar a
vivir o pasado da zona no presente da mesma.
11
A Limia
A Lagoa de Antela e a Cidade de Antioquía A comarca da Limia sitúase ao sur de Ourense e está formada polos municipios de
Baltas, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás,
Sarreaus,Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. Comprende as terras
que rodean o río Limia. O seu relevo confórmase por unha extensa chaira rodeada de altas
montañas.
Nesta comarca cóntase a lenda dunha cidade asolagada, a Cidade de Antioquía.
Esta cidade atopábase no lugar no que ata mediados do século pasado se atopaba a lagoa
de Antela, lagoa que hoxe en día está desecada.
Mapa da comarca da Limia antes da desecación da lagoa de Antela.
A cidade de Antioquía, tamén coñecida como Lucerna ou Valverde, era famosa tanto
polo seu gran tamaño e riqueza como pola falta
de caridade dos seus habitantes. Algunhas
versións contan que fora fundada polo heroe
grego Antíoco ou Antífoco, emigrado da guerrat
de Troia. Segundo conta a lenda, Deus quixo
castigar aos habitantes desta cidade polos seus
pecados pero Xesús intercedeu por eles e
pediulle permiso a Deus para salvar aos máis
xustos. Así foi como Xesús se disfrazou de
12
mendigo e baixou á cidade, onde foi pedindo esmola de casa en casa. En ningunha lle
fixeron caso. Cando xa ía deixar aquela cidade por insalvable, viu unha casiña algo
alonxada na que unha muller lle ofreceu un anaco de bica e unha cunca de leite. Cando
rematou, ofreceulle tamén un lugar onde pasar a noite. Ao día seguinte a cidade estaba
cuberta por unha lagoa que de alí en diante se coñecería como a Lagoa de Antela. De todos
os habitantes só se salvara a velliña que fóra compasiva co mendigo.
Outras versións contan que foi a virxe María quen visitou esta cidade e mesmo hai
outras que din que se salvou unha familia enteira. Xesús (ou a Virxe, segundo a versión)
pediulles aos membros desta familia que fuxisen sen mirar atrás pero un deles
desobedeceu e xirou a cabeza. Nese momento converteuse en pedra. Esa pedra foi
transladada máis adiante ao mosteiro de Trandeiras, pero ata o momento do seu translado
era costume que os veciños lle
berrasen ao pasar ó seu lado.
Conta a lenda que nas
mañanciñas de San Xoán, co
primeiro raio de sol se podía ver ao
fondo o campanario da igrexa e
que, en Noiteboa, ás doce en
punto, escóitanse aos galos cantar.
Tamén se di que é posible ver a
Cidade de Antioquía no Pozo da
Meiga
Estas dúas datas xa eran
sagradas no calendario celta e foron incorporadas posteriormente ao calendario cristián. O
símbolo do galo parece estar asocidao ao deus Mercurio propio da mitoloxía celta,
encargado de guiar os mortos ao máis alá. O símbolo do galo atopámolo tamén no concello
capital da comarca da Limia, Xinzo de Limia. As lendas relacionadas con cidades
somerxidas ou asolagadas son moi frecuentes na mitoloxía galega así como na mitoloxía
irlandesa e na bretona, aínda que con pequenas diferenzas. En Irlanda, por exemplo, as
cidades poden ser vistas cada sete anos mentras que en Galiza xerlamente poden verse en
festividades especiais. Todo isto parece indicar que se trata dunha lenda de orixe celta ou
que surxiu do conflicto dos pobos autóctonos coa chegada do cristianismo.
Outra lenda que tenta explicar a orixe da lagoa fai alusión a un personaxe da
mitoloxía galega: os “mouros”. Esta lenda conta que cando se construiron as torres do
Castro e da Pena, os mouros só tiñan un martelo e andábano pasando para colocar as
13
pedras das dúas torres. Nunha destas, caéuselles o martelo. A ferramenta fixo un buraco no
chan do que comezou a saír auga e así foi como naceu a lagoa de Antela.
A Lagoa de Antela foi desecada durante o franquismo, na década de 1950, con fins
agrícolas e actualmente estase tentando recuperar. Onde antes se atopaba a lagoa
atópanse agora campos de cultivo e uns xacementos que se empregan para sacar area.
Aquí a lago volve a resurxir. Ao chegar a unha certa profundidade, a auga mana da terra
coma se fose un manantial. En inverno, cando chove moito, as terras que antes ocupabn a
lagoa, asoláganse. En decembro de 2013 chegaron a inundarse os dous institutos da vila,
tamén construidos en terras que pertenceran á lagoa.
O río do esquecemento Como xa dixemos, o río Limia atravesa a comarca da Limia. Cando chegaron os
romanos á comarca e atoparon o río, pensaron que se trataba do río Lethes ou río do
esquecemento. Contaba a lenda
que calquera que atravesara este
río esquecería todo o que sabía
ata o momento, incluso quen era.
As tropas romana negáronse a
cruzar o río por medo ao
esquecemento. Foi o seu xeneral,
Décimo Xuño Bruto, quen nun
acto de valentía cruzou o río e
chamou dende a outra beira a
cada un dos integrantes do seu
exército para demostrarlles que non perdera a memoria. Hoxe en día, o río Limia atópase
seco durante os meses máis cálidos do ano pero aínda así celébrase no mes de agosto
unha festa de recente instauración como conmemoración do paso dos romanos e as loitas
cos castrexos.
14
Santiago de Compostela
“A Compostela se acerca uno como quien se acerca al milagro”, Álvaro Cunqueiro,
Viajes imaginarios y reales, 1986.
Cos seus orixes na época medieval, coa variedade de camiños xurdidos co paso do
tempo e coa segura convivencia de peregrinos e habitantes das localidades en ruta, non é
de sorprenderse que o Camiño de Santiago conte con múltiples lendas e curiosidades que
chegaron ata hoxe.
Desde a Idade Media circulan lendas, case sempre relacionadas con milagres
realizados polo apóstolo Santiago, a Virxe ou outros santos venerados na Idade Media.
Estas historias, transmitidas oralmente de peregrino en peregrino nas reunións para
tomar forzas, chegan ata os nosos días grazas a que moitas delas foron recollidas por
escrito en códices dos mosteiros.
15
Ao ser recollidas dunha tradición oral, en moitas delas danse distintas versións, ao
igual que sucede con outros xéneros populares, como os contos ou os romances.
O nome da cidade
No Noroeste de España, na céltica e verde Galicia, á que os romanos chamaron
"Finis Terrae", por ser o extremo máis occidental do mundo ata entón coñecido, conta a
tradición que estivo o Apóstol Santiago, fillo de Zebedeo e irmán de Xoan O Evanxelista.
Contan as confusas narracións dos primeiros anos da cristiandade que a el lle foron
adxudicadas as terras españolas para predicar o Evanxelio, e que con esta tarea chegou
ata a desembocadura do río Ulla. Sen embargo, contou con pouco éxito e escaso número
de discípulos, polo que decidiu volver a Xerusalén.
Cando regresou a Palestina, no ano 44, foi torturado e decapitado por Herodes
Agripa, e se prohibiuse que fose enterrado. Sen embargo, os seus discípulos, en secreto,
durante a noite trasladaron o seu corpo ata ás beiras do mar, onde atoparon maxicamente
unha barca preparada para navegar pero sen tripulación.
Conta a lenda que os restos do Apóstolo Santiago, acompañados por catro dos seus
fieis discípulos, sucaron a ría de Arousa e o río Ulla nunha barca de pedra ata chegar a
Galicia. Unha vez en terra, ataron a barca a unha pedra, coñecida como “o Pedrón” en Iria
Flavia. Despois de múltiples problemas que os discípulos tiveron que sortear, lograron
enterrar ao apóstolo preto do bosque “Liberum Donum”. Tras séculos de prohibicións que
16
impedían visitar dito lugar, esqueceuse da súa existencia. Isto foi así ata o ano 813, cando
un ermitaño veu resplandecer o lugar e acudiu. En base a esta lenda, chamouse a esa zona
Campus Stellae, ou Campo da Estrela en galego. Deste nome derivaría posteriormente o
actual nome de Compostela.
Posteriormente, o escritor galego Martín Rivas describiría as orixes de Santiago,
durante a presentación da película “La rosa de piedra”, da seguinte forma:
“Santiago de Compostela es una creación sorprendente. Nació de una estrella que
indicaba una tumba y floreció sobre ese sepulcro. En todo caso hablamos de una obra
abierta, con páginas de cronología en espiral que se solapan como pétalos de una
enigmática rosa.”
Moitas cidades contan con lendas semellantes para explicar a orixe do seu nome. O
exemplo máis coñecido e sinalado sería o de Roma. A lenda conta como Marte, o deus da
guerra, deixou aos seus fillos mellizos Rómulo e Remo na terra, e foron criados por unha
loba. Cando ambos irmáns medraron, decidiron fundar unha cidade. Para delimitar o terreo,
Rémulo trazou unha liña cun arado no alto do monte Palatino e xurou asasinar a quen
ousase traspasala. Remo desobedeceu ao seu irmán e cruzou a liña con desprezo. Entón,
Rémulo o matou, quedando el como único e primeiro rei da cidade, á que posteriormente
chamaría Roma, en derivación do seu propio nome.
A concha de vieira como símbolo xacobeo Mentres a travesía dos restos do Apóstolo Santiago tocaba
ao seu fin e os seus discípulos desembarcaban en Galicia,
estábase a celebrar en Bouza a voda de dous xoves. Un
dos xogos na celebración consistía en que uns homes
montados en cabalos lanzaban lanzas ao aire e,
galopando, tiñan que recollelas ao voo antes de que estas
caesen ao chan. O recen casado tivo mala sorte e foi
desobedecido pola súa montura, xa que esta decidiu
meterse no mar, seguindo a barca do Apóstolo. Pero o
noivo non morreu, senón que tanto el como a súa montura
saíron da auga recubertos de cunchas de vieira. Por isto, e, dende entón, esta cuncha é o
símbolo oficial do camiño de Santiago e todo peregrino leva consigo unha cuncha de vieira.
17
Moaña Como se comenta na introdución, Galiza é un sitio atestado de lendas. En cada
unha das súas zonas, con aguzar un pouco o oído, pódense escoitar centos de relatos que
dan sentido á xeografía que un está pisando neses intres. Heroes, figuras relixiosas, seres
mitolóxicos. As lendas galegas gozan de un sen fin de carismáticos protagonistas cos que
encantar con encanto cada anaco de terra que recobre os seus dominios. Uns destes
protagonistas, dos máis presentes na tradición galega, son as moura.
As mouras son mulleres dotadas dunha beleza sen igual, nas que destaca a palidez
da súa pel e as rubias melenas de ouro que soen peitear –tamén cun peite de ouro cada
vez que saen a superficie. Estes seres habitan en pedregosos lugares da xeografía galega
–de aí o prefixo “mor”, que significa “pedra” en latín, escondidas moitas veces en lagos,
ríos ou covas, e as súas historias soen servir para explicar a biografía das zonas nas que se
hospedan. Normalmente, as mouras custodian grandes tesouros nos seus agochos e só
saen a luz en días de festividade, especialmente na noite de San Xoán. Tamén, as veces,
son presas de crueis maldicións que as transforman en serpes, e necesitan da axuda dun
home valente –que en ocasións nunca chega para desfacerse do seu feitizo. Son, sen
dúbida, un dos soportes principais do máxico mundo de lendas que recobre a cultura
galega.
Para escoitar algunhas das lendas que teñen ás mouras como protagonistas,
trasladámonos ao pobo de Moaña. Moaña é un pobo situado na comarca do Morrazo,
provincia de Pontevedra, ao noroeste de España. É un dos cinco municipios que separan ás
rías de Vigo e Pontevedra, xunto a Cangas, Marín, Bueu e Vilaboa. E, nas súas entrañas,
escóndense varios relatos sobre as nosas mouras. Grazas a axuda de libros como “A
freguesía de Moaña”, de Manuel Uxío, Luís Chapela e Xosé Carlos Villaverde, así como á
sapiencia popular dos veciños moañeses, puidemos recoller neste artigo algunhas desas
historias.
As primeiras, de reducida extensión, foron sacadas do Libro de San Cipriano. Os
autores de “A freguesía de Moaña” fixéronse eco de algunhas delas (2012, páx. 586):
18
“Contan os vellos que a igrexa de San Martiño, foi feita polos mouros que están soterrados
no desaparecido cemiterio vello.”
“No camiño vello que ía de Moaña a Bueu, pola noite de San Xoán, saíu unha moura con
mantas de ouro para asollalas ao amencer.”
“Na Costa Grande, en Verducedo, ás doce en punto da noite de San Xoán, saía un
culebrón (posible moura). O que o collera tería moito ouro (posible recompensa da moura
por acabar coa súa maldición).”
Por outra parte, a modo de prato forte tras estes pequenos entrantes, tamén temos a
lenda que explica o nome da “Poza da moura”, unha das zonas turísticas máis interesantes
de Moaña. De difícil acceso, aínda que de esforzo recompensado, a Poza da Moura
encóntrase no Monte de Domaio, que con 624 metros sobre o nivel do mar é a elevación de
terreo máis pronunciada de Morrazo. Alí encóntrase o río Muíño, pequeno pero matón, que
descende case 500 metros en só 3 quilómetros. Isto provoca o nacemento de pozas e
cascadas, deixando fermosísimas imaxes para a retina do espectador que se atrevera a
visitar ditas zonas. A Poza da Moura, filla deste fenómeno, é a obra capital da vehemente
natureza do Monte de Domaio.
As vistas á ría, a pequena poza bañada polas cascadas, a intimidade da pedra e o
verde. Sen dúbida, a Poza de Moura é un lugar Máxico. E quizais non só metaforicamente.
E é que o nome esconde tras de si unha triste historia. Eternizada e probablemente tamén
deformada pola tradición oral, conta a lenda que un pai e a súa filla chegaron desde moi
lonxe a este lugar, por distintos motivos segundo a versión da historia. Uns falan dun home
que fuxía da expedición romana de Decimo Xuño Bruto, da que fora expulsado. Outros, non
19
dan ningunha explicación a esta mudanza, aínda que si recalcan que pai e filla eran de orixe
mora. No que si coinciden todas as versións e no carácter sobreprotector, por dicilo de unha
forma xenerosa, do pai da rapaza, que non deixaba saír a súa filla á superficie para que
ninguén home da zona a encontrase. Desta forma, a moza só podía saír da morada á
escuridade da noite, para acicalarse na poza, onde pasaba longo tempo peitando o seu
cabelo de ouro. Foi nunha desas ocasións cando un pastor que pasaba por alí encontrou a
rapaza e perdeuse na súa beleza. El comezou a visitala regularmente, e a súa insistencia
tivo premio cando o seu amor converteuse en recíproco. Sen embargo, a ledicia pronto se
tornou en traxedia. O pai descubriu a relación e, iracundo, asasinou ao pastor. A filla,
incapaz de soportar a dor, afogouse na Poza.
Chegados ao cruento desenlace, a lenda volve a trazar distintos camiños segundo a
versión escollido. Uns falan de que nos días festivos, durante a noite, pode verse á moura
peiteando os seus cabelos na poza. Outras só falan de gritos de dor, de angustia, que
poden escoitarse, saídos directamente da poza, nos días sinalados. As veces, tamén, estes
días sinalados convértense nunha soa fecha: a noite de San Xoán, tan presente neste tipo
de lendas. Sexa como sexa, vale a pena visitar o lugar. Poucas veces os lamentos dunha
moura escolleran un sitio tan bonito para facerse escoitar.
20
Santa María de Luceda. A Cañiza (Pontevedra)
Ó ir os nenos co gando ó monte, apareceuselles unha moza moi guapa que vestía unha
saia moi longa e cun pano ó pescozo, con floco ata o cóbado e espido nas costas, pelo que
lle chegaba á cintura e un pano á cabeza. Contáronlles os pequenos ós seus maiores esta
aparición. Estes foron vela, descubrírona desde
lonxe sobre un coto, pero desapareceu por encanto
ó achegarense a ela.
Unha rapaza da montaña, que viña co gando ó
monte, tivo relacións nese lugar cun rapaz que se
lle aparecera alí, sempre no mesmo sitio. Tiveron
un neno, ó que deron a luz no mesmo monte. O
neno quedou co pai para que non o souberan os
familiares da nai. Pasado o día a rapaza volveu á
casa, mais cada día, á mesma hora, ía dar de
mamar á criatura.
Os pais desconfiaron e un día mandárona quedar
en casa, coa tarefa de amasar a fariña para facer pan. A rapaza quixo negarse pero non
puido. Á hora de dar de mamar ó neno, saíulle leite do peito mentres amasaba, a rapaza
marchou ó monte coa preocupación de que non lle viran os seus pais, mais estes
seguírona, e viron ó home coa criatura nos brazos.
Ao decatarse, o home desapareceu e xamais volveu. Os veciños buscárono por todo o
monte e non o atoparon. A raíz destes sucesos dise que no interior deste monte tiñan
vivendas os mouros, mais nunca se comprobou.
21
Poio (Pontevedra)
Santa Trahamunda foi unha monxa que vivía no convento de San Martiño coas súas irmás,
que pertencían á orde de San Bieito.
Os mouros, que invadiran España, chegaron a Galicia e levaron como botín ás mozas máis
fermosas como regalo para o seu sultán.
Atopábase un día Trahamunda coidando das ovellas na xunqueira, e chegaron os mouros.
Como era moi fermosa, levárona para o harén do sultán, para que fose unha máis das
moitas mulleres que alí tiña. Ela negouse e foi encerrada nun calabozo.
Así pasou o tempo, ata que chegou o día de San Xoán. Trahamunda púxose moi triste,
acordábase das irmás e quería volver a
Poio. En sonos aparecéuselle un anxo
que lle puxo unha poliña de palma na
man. Cando espertou atopouse nun
prado xunto ó convento.
Era o amencer e os frades do mosteiro
cantaban matíns. Sentiu unha grande
ledicia e alí mesmo plantou a palma que,
co tempo, foi medrando. Dende entó
aquel prado chamouse "Prado da
Palma".
Trahamunda viviu moitos anos no
convento e cando morreu foi enterrada
no sartego de pedra que se conserva na capela do convento de Poio.
Ambas lendas teñen unha relación temporal, datadas na época na que os mouros chegaron
a España coa intención de conquistala. En gran parte, nas lendas se reflicte a convivencia
das dúas culturas. Na primeira lenda cabe destacar o seu contido místico, mostrase ós
mouros coma personaxes que viven apartados do entorno galego, escondidos, vivindo nos
bosques. A segunda, aínda que contén un contido relixioso, non deixa de ser unha lenda
etiolóxica xa que a través coñecemos o porqué do nome que se lle da ó Prado de Palma.
Estas dúas lendas son obra de Buenaventura Aparicio Casado. A primeira recollida no seu
libro “Mouras, Tesoros, Serpientes y otros encantos”, a segunda pertence “A tradición oral
en Poio”. Estas dúas lendas gardan gran relación co resto de lendas que se amosan en
ambas obras de Buenaventura. “O Castro do Martiño” outra lenda que se recolle no primeiro
22
libro citado, garda certa relación coa primeira lenda, debido á misticidade coa que se
desarroian ambalas dúas.
Ambas lendas, teñen semellanza coas denominadas lendas ou contos de mouras, nestes
tipo de obras amosase, cun ton máxico, a convivencia entre mouros e cristiáns nas terras
galegas.
23
CONCLUSIÓN Antes de comezar co traballo, ningún de nós estaba realmente moi informado sobre
as lendas galegas. Despois de traballar exhaustivamente sobre o tema, documentándonos
o mellor posible, todos estamos de acordo en que aprendemos moito sobre a cultura da
nosa terra.
Agora entendemos mellor que nunca a importancia de conservar as lendas e
tradicións galegas, xa que reproducen a cultura e manteñen a súa riqueza. Ademais,
conservan a esencia dos mitos e crenzas antigas para a posteridade.
Cabe engadir que foi moi interesante observar a ampla variedade de versións
existentes para unha mesma lenda.
Para concluir e para ilustrar a enorme importancia dos mitos ao largo da historia da
humanidade, podemos usar un texto do poeta alemán G.Dumezil:
"El país que no tenga leyendas, dice el poeta, está condenado a morir de frío. Es
muy posible. Pero el pueblo que no tenga mitos está ya muerto. La función de la clase
particular de leyendas que son los mitos es, en efecto, expresar dramáticamente la
ideología de que vive la sociedad, mantener ante su conciencia no solamente los valores
que reconoce y los ideales que persigue de generación en generación, sino ante todo su ser
y estructura mismos, los elementos, los vínculos, las tensiones que la constituyen; justificar,
en fin, las reglas y prácticas tradicionales sin las cuales todo lo suyo se dispersaría."
24
BIBLIOGRAFÍA
De acordo co método establecido por Pedro Margolles García na súa infografía Citas
bibliográficas para torpes (2015).
Á. Casal, Patricia.”Las ciudades sumergidas de los países celtas”. Galicia Meiga, terra de
lendas. 28 de maio do 2015.
<http://www.galiciameiga.com/lasciudadessumergidasdelospaisesceltas/>
[consulta 9 novembro 2015]
Ayto de A Coruña (España). “Leyenda de Hércules”. Web Corporativa, A Coruña.
<http://www.torredeherculesacoruna.com/index.php?s=90&l=es> [Consulta 3
novembro 2015]
Carré Alvarellos, Leandro: Las leyendas tradicionales gallegas, Madrid, Espasa Calpe, 1997.
Chapela Bermúdez, Luís; García Barreiro, Manuel Uxío; Villaverde Román, Xosé Carlos. “A
freguesía de Moaña”. Deputación de Pontevedra, Galicia, 2012.
Cultura Galega. “Tradiciones gallegas. Leyendas gallegas”. Cultura Galega.
<http://www.aculturadegalicia.com/p/tradicionesgallegas.html> [Consulta 16
novembro 2015]
F.M., Xavier: De como se creou a Lagoa de Antela. No corazón da Antela.
<http://nocorazondaantela.blogspot.com.es/2012/11/decomosecreoulagoadeant
ela.html> [Consulta 10 de novembro 2015]
Frutos García, Pedro de.: Leyendas gallegas, Ed. TresCatorceDiecisiete, Madrid, 1980.
Galicia espallada. Lendas: A lagoa de Antela. Galicia Espallada
<http://galicia.swred.com/lendas_lagoantela.htm> [Consulta 10 de novembro 2015]
González García, Francisco Javier: Hércules contra Gerión. Mitos y leyendas de la Torre de
Hércules, volumen II, PerilloOleiros (A Coruña), Vía Láctea, 1997.
25
González Reboredo, Xosé María: El folklore en los castros gallegos, Ed. Universidad de
Santiago, Compostela, 1971.
González Reboredo, Xosé María: Lendas galegas de tradición oral, Ed. Galaxia, Vigo, 1995.
Huete, Cristina. La vengaza de a lagoa de Antioquía. El País, 1 de maio do 2008.
<http://elpais.com/diario/2008/05/01/galicia/1209637102_850215.html> [Consulta 10
de novembro 2015]
Iglesias Nova, Esteban. “Leyendas de la Torre de Hércules (Coruña)” [en liña]. Turismo
Enxebre.
<http://www.turismoenxebre.com/2009/05/leyendasdelatorredeherculescoruna.ht
ml> [Consulta 4 novembro 2015]
Mariño Ferro, Xosé Ramón: Leyendas, mitos y creencias de Galicia, Ed. Ellago Ediciones,
Pontevedra, 2008.
Martínez Cabanelas, Lucía. “Diez leyendas gallegas”. ABC, Santiago de Compostela.
<http://www.abc.es/localgalicia/20130907/abcidiezleyendasgallegas2013080618
30_1.html> [Consulta 15 novembro 2015]
Reiriz Rey, Jesus María: Galicia oculta y negra, A Coruña, Librería Arenas, 2010.
Risco, Vicente: Ensaio dun programa pró estudo da literatura popular galega, Ed. Nós, nº 43
e 45, 1928.
Taboada Chivite, Xesús: Ritos y creencias gallegas, Ed. Sálvora, A Coruña, 1980.
Varela, Ángel. “Las leyendas urbanas coruñesas”. La voz de Galicia, 3 abril 2011.
<http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/04/03/0003_201104H3C8991.html>
[Consulta 3 novembro 2015]
APARICIO CASADO, Buenaventura. 1999. Mouras, Serpientes, Tesoros y otros
encantos, Cadernos do seminario de Sargadelos, nº 80, Ediciós do Castro, Sada, A
Coruña. [Consulta 15 novembro 2015]
26
APARICIO CASADO, Buenaventura. 1992. A tradición oral en Poio, Pontevedra
[Consulta 15 novembro 2015]
27
ANEXO 1: Por que as lendas galegas?
Despois de moitas discusións acerca do tema sobre o cal investigar, decidímonos
polas lendas galegas debido á importancia que teñen na historia de Galicia. Poderíamos ter
falado da corrupción, do aborto, das novatadas ou incluso do desfile de Victoria’s Secret.
Sen embargo, decantámonos polas lendas galegas xa que supoñen unha parte esencial da
cultura galega que se está perdendo a causa da globalización.
Descartamos, así mesmo, os temas mencionados anteriormente xa que son
materias moi candentes na actualidade e das que existe moita información, mentres que a
tradición galega está relegada a un segundo plano.
Non podemos deixar que a nosa historia, as nosas tradicións e a nosa cultura se
perdan. Non podemos esquecer quen somos e de onde vimos.
Hai que mirar ao pasado para coñecer e entender o presente, e, o máis importante,
para non repetir os mesmos errores no futuro.
28