agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites...

26
Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidade Filosofía Moderna Historia da Filosofía TEMA 10. HUME: CRÍTICA DAS IDEAS DE SUSTANCIA E CAUSALIDADE 10.1 Empirismo. Definición e características 10.2. David Hume. ir 10.2.1. Biografía e Obras. ir 10.2.2. Coñecemento en Hume. ir 10.2.3. A crítica do concepto de substancia. i r 10.2.4. A crítica da idea de causalidade. ir 7.1. EMPIRISMO. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS. A palabra "empirismo" provén da palabra grega "empeiría" que significa experiencia, ou máis exactamente, coñecemento que se obtén a través da experiencia. Así, chámase empirismo á doutrina filosófica que fundamenta o coñecemento na experiencia sensible. Máis concretamente, chámanse empiristas aos autores modernos ingleses dos séculos XVII-XVIII: Locke, Berkeley e Hume. O Empirismo moderno oponse aos principios esenciais do racionalismo cartesiano francés, sobre todo no que se retire á teoría do coñecemento, en cuestións como a da orixe do coñecemento, o criterio de verdade... aínda que hai empiristas que teñen tamén elementos racionalistas, como é o caso de Locke. Páxina 1 de 26

Transcript of agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites...

Page 1: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

TEMA 10. HUME: CRÍTICA DAS IDEAS DE SUSTANCIA E CAUSALIDADE

10.1 Empirismo. Definición e características

10.2. David Hume.ir

10.2.1. Biografía e Obras.ir

10.2.2. Coñecemento en Hume.ir

10.2.3. A crítica do concepto de substancia. ir

10.2.4. A crítica da idea de causalidade. ir

7.1. EMPIRISMO. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS.

A palabra "empirismo" provén da palabra grega "empeiría" que significa

experiencia, ou máis exactamente, coñecemento que se obtén a través da

experiencia. Así, chámase empirismo á doutrina filosófica que fundamenta o

coñecemento na experiencia sensible. Máis concretamente, chámanse

empiristas aos autores modernos ingleses dos séculos XVII-XVIII: Locke,

Berkeley e Hume.

O Empirismo moderno oponse aos principios esenciais do racionalismo cartesiano francés, sobre todo no que se retire á teoría do

coñecemento, en cuestións como a da orixe do coñecemento, o criterio de

verdade... aínda que hai empiristas que teñen tamén elementos racionalistas,

como é o caso de Locke.

Non pode esquecerse que os intereses de autores como Locke ou

Hume van máis aló da teoría do coñecemento; ambos participan dos ideais e

dos intereses da Ilustración.

As características xerais desta corrente filosófica son as seguintes:

Páxina 1 de 18

Page 2: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

1. A experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O

coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

(sensación) e interna (reflexión). Todos os nosos coñecementos proveñen

da nosa experiencia e non poden superar as condicións que esta lles

impón: non podemos ir máis aló. Así, a experiencia sensible é a única

fonte de coñecemento.

2. A evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas

han de ser comprobadas pola experiencia.

3. A negación da existencia de ideas innatas e toda clase de contidos cognoscitivos apriorísticos. Os contidos mentais non son innatos,

senón adquiridos. Considera que o coñecemento é un receptáculo

inicialmente baleiro que se vai enchendo cos datos do mundo exterior.

Estes datos ou experiencias sensibles (que son chamadas ideas por

Locke e Berkeley e sensacións por Hume) constitúen todo o que é j de

coñecemento e a súa característica fundamental é que son elementais

(cor, son, forma...).

4. A eliminación dos contidos metafísicos (xa que transcenden a

experiencia sensible). Temas como Deus ou a alma serán rexeitados. E

ponse en cuestión a capacidade humana para captar a cousa en si, pois

os nosos sentidos unicamente móstrannos feitos ou fenómenos

(fenomenismo). Recordemos que o racionalismo aceptaba sen máis a

capacidade humana para alcanzar a verdade, xa que a razón é ilimitada.

Isto supón que dado que cada persoa se atopa limitada á súa propia

experiencia, cada cal posuirá os seus propios coñecementos (relativismo).

Non hai, pois, verdades universais e intemporais, válidas para todas as

persoas. Cada persoa posúe a súa propia verdade.

5. O interese polo valor útil e práctico do coñecemento, máis que pola

súa necesidade e universalidade.

6. A negación do valor obxectivo dos conceptos universais (ideas).

Para os empiristas, a abstracción serve para formar estas ideas ou

Páxina 2 de 18

Page 3: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

conceptos, pero non os aceptan como cousas propiamente reais, polo

que non teñen valor obxectivo.

10.2.1. DAVID HUME índice

Biografía. índice

David Hume nace o 7 de maio de 1711 en Edimburgo (Escocia), provén

dunha familia presbiteriana, da pequena burguesía terratenente escocesa. A

súa familia quixo que estudase leis e mesmo comercio, pero ó final tivérono

que deixar libre para seguir o que constituía o seu grande interese: a filosofía.

Por aqueles anos, a obra filosófica de Locke e as teorías de Berkeley

constituían temas de animadas discusións.

Despois de finalizar os seus estudios, decidiu viaxar a Francia. En La

Fleche, á sombra de Descartes, redactou o seu “Tratado sobre a natureza

humana” (1738). Da súa estancia en Francia naceu unha grande amizade con

Rousseau, que, sen embargo, rematou mal. Loitou por unha cátedra na

Universidade del Edimburgo, pero non a acadou debido á oposición do

ortodoxo ambiente eclesiástico. Volveu a Francia, esta vez como secretario do

xeneral Saint-Clair. En 1752, ó seu regreso a Inglaterra, foi nomeado

bibliotecario na Avogacía de Edimburgo. Tras unha penosa enfermidade,

levada con enteireza de ánimo, morreu en Edimburgo, a mesma cidade onde

nacerá, en 1776.

A filosofía de Hume -por influencia de Berkeley- desenvolveu a doutrina

de Locke, e chegou a un total escepticismo. Precisamente, esta actitude

escéptica sería o aguillón que máis tarde espertaría a Kant do «sono do

dogmatismo» racionalista.

Hume é xa un pensador ilustrado que terá notable influencia en Kant. A

Ilustración suporá o triunfo e a afirmación dunha confianza absoluta na razón

humana, e a reacción contra o barroco, a ortodoxia e a Contrarreforma. David

Hume representa o prototipo de pensador ilustrado, en canto seguidor das

costumes do seu tempo, e contribúe tamén á xestación dunha nova maneira de

ser e de pensar. Copartícipe da cultura ilustrada, fai unha tríade coa natureza,

as fontes das luces e a garantía da razón.

Páxina 3 de 18

Page 4: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

Obras.

Outras obras que destacan son: “Investigación sobre os principios da

moral” (1751); “Investigación sobre o entendemento humano” (1751);

Discursos políticos (1752); “Catro disertacións” (1757) e “Diálogos sobre a

relixión natural” (1761).

“Investigación sobre o entendemento humano”(1751); obra na que

Hume se pregunta se a filosofía pode descubrir, ó menos nalgún grao, as

fontes e principais fundamentos polos que a mente humana se move nas

súas operacións.

“Tratado sobre a natureza humana”(1738)é a obra cume da filosofía de

Hume. "A natureza humana, di, é a única ciencia do home". En realidade,

todas as ciencias vincúlanse coa natureza humana, aínda aquelas que

parecen máis independentes, como as matemáticas, a física e a relixión

natural; porque tamén estas forman parte dos coñecementos do home e

caen baixo o xuízo das potencias e as facultades humanas. A primeira

parte da obra trata do coñecemento humano, como se produce e en que

consiste o noso coñecemento, as sensacións... A segunda parte fala das

paixóns. E na terceira da moral.

10.2.2. Coñecemento en Hume. índice

Hume ten como referente a Newton, cuxa obra coñece. Admírao por ser

o creador da ciencia física, baseada na metodoloxía experimental. Por iso,

Hume proponse facer algo parecido coa ciencia do home. Considera que os

sistemas anteriores desacreditaron a filosofía, debido ao método que seguiron,

xa que se quedaron no estudo de aspectos concretos, sen chegar nunca ao

centro mesmo da análise, que é a natureza humana.

O proxecto de Hume foi o de constituír unha ciencia da natureza humana, tomando como modelo as ciencias da natureza e particularmente a

física de Newton para mostrar que o determinismo que se aplica aos

Páxina 4 de 18

Page 5: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

fenómenos e ás leis da natureza permite tamén dar conta das operacións da

mente e prescindir de termos confusos (como substancia ou causa) cuxo

uso no canto de facilitar o coñecemento o dificulta. A ciencia da natureza

humana debe permitir, segundo Hume, edificar: «o sistema completo das

ciencias», mediante a crítica a conceptos que non teñen o adecuado correlato

empírico.

Neste sentido, o obxectivo da filosofía de Hume é facer unha formulación

global que vaia ao centro de todas as ciencias(matemáticas, filosofía natural,

lóxica, moral, política, artes e letras), é dicir, á natureza humana, pois todas as

ciencias se relacionan co humano. Intentará coñecer as capacidades do entendemento humano, a súa natureza, alcance e validez. E isto só se pode

facer, segundo Hume, desde a experiencia, porque non hai outra autoridade

Segundo Hume non hai coñecemento válido senón na medida en que a análise poida reducilo á experiencia da que é derivado. Pero Hume

está disposto a chegar -a diferenza de Locke e Berkeley, os seus predecesores

en tal empresa-, ata as últimas consecuencias do empirismo.

A súa teoría do coñecemento é denominada "Fenomenismo", porque reduce a realidade a fenómenos ou impresións (aquilo que se me aparece, que ven dado a miña experiencia), de modo que non se pode falar de

substancia ou realidade algunha, só de aparencias sensibles. Todos os

contidos da conciencia proceden da experiencia sensible (Aristóteles), polo que

só existen percepcións e non ideas innatas, como xa probou anteriormente

Locke. Así, "a ciencia do home deberá estar na experiencia e na observación",

tal e como di no "Tratado sobre a natureza humana".

Estas percepcións sensibles divídense en dúas clases, de acordo cos

respectivos graos de forza ou vivacidade:

a) Impresións: son os datos inmediatos (nos que non media nada) da

experiencia (externa ou interna) presente no pensamento e na razón. As

impresións polo tanto preséntanse a través dos sentidos dun xeito claro e

vivo, son sempre orixinais posto que non media nada entre o obxecto e a

Páxina 5 de 18

Page 6: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

súa percepción sensible (exemplo: sensación, paixón, emoción…). Son

orixinais e recíbense a través dos sentidos. Preceden ás ideas e teñen

máis forza ca elas, son máis vivas.

b) Ideas: son percepcións máis débiles, preséntanse no pensamento, son

derivadas das impresións dun xeito débil e difuso (exemplo: razoar,

pensar…) e se producen cando manexamos unha impresión, por exemplo,

cando lembramos a cor dunha mesa ou como nos doían as pernas onte.

Diferenzas Impresións / Ideas

Impresións Ideas

Forza e vivacidade Imaxe débil

Orixinais Derivan da impresión

De sensación (sentidos) ou de reflexión

(paixóns e emocións).

Pensadas

Exemplo: oír, ver, amar, odiar, desexar. Exemplo: razoar, pensar.

E distingue dúas clases de impresións e ideas: as simples e as complexas.

i. Impresións / Ideas simples: son aquelas que non admiten distincións nin

divisións ou separacións.

ii. As Ideas/Impresións serán complexas as que se poden separar e dividir

en partes. As impresións complexas véñenos dadas como tales

inmediatamente. As ideas complexas son ou copia das impresións

complexas ou ben froito de combinacións de ideas simples que teñen

lugar no noso entendemento.

Polo tanto, Hume afirma que todas as nosas "ideas", ou percepcións máis

débiles, son como unha copia ou representación das nosas impresións ou

percepcións máis intensas. Deste modo, a verdade dos nosos pensamentos

Páxina 6 de 18

Page 7: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

ven determinada polas impresións nas que se basean. Por iso, Hume

conclúe que se sospeitamos que un termo filosófico se emprega sen significado

ou idea algunha (como ocorre con frecuencia na tradición), só haberá que

preguntar de que impresión se deriva a suposta idea; e se é imposible

asignarlle unha, confirmarase a nosa sospeita. Precisamente nisto consiste o

método filosófico segundo este autor.

Hume establece así o primeiro principio da ciencia da natureza: “ Todas

as ideas simples proveñen mediata ou inmediatamente das correspondentes

impresións” e con iso rexeita a posibilidade de que existan as ideas innatas e

calquera outra da que non se poida dar razón na experiencia mediante unha

impresión. Sitúase así na liña máis claramente aristotélica respecto da orixe e

límites do coñecemento.

O segundo principio da natureza humana do coñecemento trata de

probar a validez das ideas e formulase así: “Para probar a validez dunha idea

é preciso indicar cal é a impresión correspondente a cada unha delas”, é dicir,

que cando establecemos relacións entre as ideas, segundo Hume, o paso

previo será sinalar con que impresión se corresponde cada unha, ou o que é o

mesmo, sinalar o grado de veracidade ou fiabilidade que a experiencia outorga

a esa idea. En caso de que sexa imposible asignarlle unha impresión

confirmarase a sospeita de que non ten significado

Cando a mente recibiu impresións, estas poden reaparecer, segundo Hume

de dos modos: a través da imaxinación e a memoria. A memoria caracterízase por ser vivaz, forte e precisa, e conserva as ideas simples,

mantendo a orde e a posición das impresións. Sen embargo, a imaxinación é

máis tenue e lánguida e incluso pode alterar a impresión. Pode, ademais,

compoñer ideas simples arbitrariamente, ou descompoñer ideas complexas

noutras simples e reagrupalas. Polo tanto, a imaxinación constitúe a facultade de combinar libremente ideas. Sen embargo, nesta liberdade da imaxinación,

a mente vai dunha idea a outra seguindo unha calidade asociativa.

Páxina 7 de 18

Page 8: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

Xa dixera anteriormente Locke que a partir das percepcións como o único

material orixinario, o contido da mente aumenta pola asociación das ideas,

polo que agora a cuestión é saber como se conectan as ideas. O

entendemento humano, a través da imaxinación, presenta unha forza que nos

move a combinar distintos tipos de ideas. Non é unha forza necesaria, pero si

unha tendencia propia e natural que nos leva a asociar as ideas. Ao igual que

Newton, Hume distingue tres tipos de asociación de Ideas:

- Por semellanza. Asociamos dúas ideas que son parecidas ou

semellantes entre si (exemplo: a foto coa persoa retratada, un amigo ou

amiga que nos foi presentado/a por outro)

- Por contigüidade: asociamos dúas ideas que están próximas ou

contiguas (coa Cibeles asociamos a idea de Madrid, se imos cara a

Santiago, cando chegamos a Arzua, pensamos en Arca)

- Causa - efecto (se Violeta entra na clase todos os días da semana e

cae o encerado, o percheiro…poderemos relacionalo, prodúcese unha

relación de causa e efecto entre os dous suceso próximos no tempo)

(Resulta evidente)"..que hai un principio de conexión entre os

diferentes pensamentos ou ideas, e que na súa aparición á

memoria e á imaxinación introdúcense uns a outros con certo

método e regularidade. De feito, hai non un, senón varios

principios de conexión, dos cales tres son os predominantes, a

saber: a semellanza, a contigüidade (no espazo e no tempo) e

causa-efecto”

- Hume, D. : Tratado sobre a natureza humana, 273-302.

En opinión de Hume todo o noso razoamento consiste nun descubrimento

de relacións, ou dito doutro xeito, todo o noso razoamento ocúpase sobre as

relacións entre feitos ou as relacións entre ideas. Esta é a tese de partida,

“todos os obxectos da razón ou da investigación divídense naturalmente en

relacións de ideas e cuestións de feito", e a diferenza entre ambos tipos de

relacións radica na diferente evidencia que temos da súa respectiva

veracidade:

Páxina 8 de 18

Page 9: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

a) Relacións de ideas: Para que se comprenda cun exemplo, dicir que "a

suma de 4 e 4 é igual a 8" ou que "a suma dos tres ángulos dun triángulo é

igual a dous ángulos rectos" é establecer relacións entre ideas. Existen

relacións entre ideas das que temos unha evidencia directa no noso

entendemento, son as proposicións da lóxica; e tamén existen relacións de

ideas cuxa evidencia obtense por razoamento demostrativo: son as

proposicións matemáticas (o álxebra, a aritmética, a xeometría), que se

refiren só a relacións entre ideas. O que caracteriza a estas proposicións é:

- O feito de que existan ou non obxectos que correspondan ós

símbolos ou termos empregados nestas proposicións non afecta á

súa veracidade. A súa veracidade non necesita de confirmación

empírica, pero tampouco pode ser refutada pola experiencia, pois

nela non se afirma nada acerca de cuestións de feito.

- A este tipo de proposicións denominarallas "proposicións analíticas"

porque só teñen valor demostrativo.

- Son proposicións a priori (a súa verdade non se funda na

experiencia).

- Son proposicións necesarias, isto é, son absolutamente certas: isto é

así porque o seu negación implica unha contradición lóxica. Polo

tanto, as proposicións verdadeiras sobre relacións de ideas están

fundadas no principio de non contradición.

- Leibniz denomínaas verdades de razón e Kant xuízos analíticos.

Relacións de

ideas

Proposicións lóxicas e matemáticas.

Son analíticas: o predicado está contido no suxeito.

Non amplían o coñecemento,só teñen valor demostrativo

A priori: Non necesitan da experiencia para ser confirmadas.

Baséanse no principio de non contradición.

Páxina 9 de 18

Page 10: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

Son necesarias.

Leibniz: verdades de razón.

Kant: xuízos analíticos.

b) Cuestións de feito: que "o ouro é amarelo", "o hidróxeno é menos

pesado que o aire" ou "o sol sairá mañá" son proposicións que

expresan cuestións de feito. Con estas proposicións estamos facendo

referencia á existencia de determinadas relacións das que non

podemos ter coñecemento con independencia da experiencia. Non se

poden deducir, so constatar, son continxentes. As proposicións que

versan sobre cuestións de feito non teñen o mesmo grado de

evidencia que as que expresan relacións entre ideas e caracterízanse

porque:

- As proposicións sobre feitos proporciónannos un coñecemento sobre

a realidade, isto é, infórmannos acerca do que hai, e a súa verdade,

depende de cuestións da experiencia. Viñéronse a denominar

"proposicións sintéticas"

- Son a posteriori, porque necesitan da experiencia para ser

confirmadas ou refutadas.

- Pero, a diferenza das proposicións sobre relacións de ideas, as

proposicións sobre feitos son continxentes, non necesarias. Isto

significa que o seu negación non implica unha contradición lóxica: non

hai ningunha necesidade -dinos Hume- de que os feitos sexan tales e

como de feito son, nin ningunha necesidade de que se relacionen tal

e como se relacionan.

- Mentres que as relacións de ideas expresadas polas matemáticas non

poden ser doutro xeito, as relacións entre os feitos poderían ser

doutro xeito sen que iso implique ningunha contradición. Por iso

baséanse na relacións de contigüidade, que servirán para establecer

unha relación de causa e efecto.

- Leibniz denomínaas verdades de feito e Kant xuízos sintéticos.

Páxina 10 de 18

Page 11: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

Cadro resume das relacións das ideas:

Temos, pois, por un lado, o coñecemento puramente formal e

demostrativo das matemáticas, que se basean en definicións e, por outro, o

coñecemento positivo das ciencias empíricas, que baséanse en afirmacións

que non teñen sentido máis que si se refiren a unha experiencia posible. As

primeiras proporcionan unha verdade demostrativa, e as segundas, unha

verdade empírica; fóra delas non hai outra verdade. Polo que Hume conclúe

que a metafísica debe ser rexeitada como algo que non ten cabida en ningunha parte. As palabras finais da súa obra "Investigación sobre o

entendemento humano" son terminantes: "Se [ao recorrer os libros dunha

biblioteca] cae nas nosas mans, por exemplo, algún volume de teoloxía, ou de

metafísica escolástica, preguntémonos: ¿contén algún razoamento abstracto

relativo a unha cantidade ou a un número? Non. ¿Contén algún razoamento

Páxina 11 de 18

Cuestións de

feito

Proposicións empíricas

O predicado non está contido no suxeito.

Amplían o coñecemento, pero non teñen certeza absoluta.

A posteriori: Son confirmadas o refutadas pola experiencia.

Baséanse no principio de contigüidade (causa-efecto).

Proposicións continxentes.

Leibniz: verdades de feito.

Kant: xuízos sintéticos.

Page 12: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

experimental sobre cuestións de feito e de existencia? Non. Entón,

botémolo ás chamas, porque só pode conter sofismas e supercherías."

Ppio. de Asociación

Naturais

- Contigüidade

- SemellanzaIDEA

S

Relacións- Causa - efecto

Razoamento- Relación de ideas Xuízos analíticos

- Cuestión de feito Xuízos sintéticos

Páxina 12 de 18

Page 13: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

10. 2. 3. A crítica do concepto de substancia. ìndice

Partindo do segundo principio sobre a natureza humana, Hume

examina a validez de certas ideas complexas que a tradición filosófica

consagrou, remontándose desde elas, a través de ideas máis simples, ata

aquelas impresións das cales deben proceder.

Empeza coa idea de substancia. Substancia é, cos matices que

expoñía cada filósofo, “o que permanece nun obxecto a pesar dos cambios

dos seus accidentes ou calidades”. Hume oponse ó concepto de substancia,

considerando que non existen as substancias xa que ninguén pode ter impresións destas, senón tan só das calidades dos obxectos. Se

suprimimos as calidades que conforman un obxecto, non queda nada. Polo

tanto, a idea de substancia non se deriva nin das impresións de sensación

(non a vemos cos sentidos), nin de reflexión (porque estas son as paixóns e

as emocións, que non constitúen substancias).

Por todo iso, Hume conclúe que a substancia é tan só unha colección de ideas simples á que lle damos un nome para agrupar esa colección, que tendemos a unir coa imaxinación. É dicir, é un conxunto de calidades que o

ser humano percibe (pola sensación ou pola reflexión) e que unifica na mente

cun nome común (nominalismo).

TEXTO Nº 2: D.HUME - Tratado da natureza humana; L- I;Parte I; Sec. VI.

“Preguntaría gustosamente ós filósofos que derivaron tantos dos seus

razoamentos da distinción entre substancia e accidente e imaxinaron que

temos ideas claras acerca delas, se a idea de substancia debe ser derivada

das impresións de sensación ou de reflexión. Se nos é proporcionada polos

nosos sentidos, pregunto por cál deles e de qué maneira. Se é percibida pola

vista, debe ser unha cor; se polo oído, un son; se polo gusto, un sabor; e así

para os outros sentidos. Pero non creo que alguén afirme que a substancia é

unha cor, un son ou un sabor. A idea de substancia, se é que existe, debe logo

Páxina 13 de 18

Page 14: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

derivarse das impresións de reflexión. Pero as impresións de reflexión

divídense nas nosas paixóns e emocións, ningunha das cales é posible que

represente unha substancia. Polo tanto, non temos ningunha idea de

substancia distinta dunha colección de cualidades particulares, nin nos

referimos a outra cousa cando falamos ou razoamos sobre ela. A idea de

substancia, así como a de modo, non é senón unha colección de ideas simples

reunidas pola imaxinación e que teñen un nome particular asignado, polo cal

somos capaces de recuperar, para nós mesmos ou para outros, ese conxunto.

Pero a diferenza entre estas ideas consiste nisto: que as cualidades

particulares que forman a substancia se refiren normalmente a un algo

descoñecido, ó cal son supostamente inherentes; ou aceptando que esta

ficción no se produza, polo menos suponse que están conectadas de xeito

próximo e indisoluble polas relacións de contigüidade e causalidade. O efecto

disto é que calquera nova propiedade simple que atopemos que teña a mesma

conexión co resto, inmediatamente a metemos entre elas, aínda que non estea

na primeira concepción da substancia. Así, a nosa primeira idea do ouro pode

ser que é de cor amarela, o peso, a maleabilidade e a fusibilidade, pero cando

descubrimos a súa solubilidade en aqua regia, unímola ás outras cualidades e

supoñemos que pertence ó concepto de substancia como se a súa idea

formase parte dela dende o principio. O principio de unión, sendo considerado

como a parte principal da idea complexa, dá entrada a calquera cualidade que

se manifeste posteriormente, e é igualmente comprendido por el como as

outras que se manifestaron en primeiro lugar. “

D. HUME; Tratado da Natureza Humana, Libro I, Do entendemento; Parte I,

Das ideas: a súa orixe, composición e abstracción. Sec. VI.

Dos modos e das substancias.

Trad. galega de L.M. Varela Cabo (USC)

Páxina 14 de 18

Page 15: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

10. 2. 4. A crítica do concepto de causalidade Índice

A segunda idea complexa en ser analizada será o principio de causalidade. Hume considerou que esta idea era moi importante, no só na

filosofía tradicional, senón tamén porque era unha crenza moi arraigada en

todas as persoas, xa que as nosas expectativas e certezas sobre o que

acontecerá no futuro normalmente baséanse en inferencias causais. A nosa

actitude básica ante o mundo consiste en supoñer que todo o que ocorre,

acontece por unha causa. Esta idea a expresan os filósofos coa definición de

"principio de causalidade" como a relación entre unha causa e un efecto:

"todo o que existe ten unha causa". Esta idea considerouse certa e evidente na

longa tradición filosófica xa dende Aristóteles, defendendo que a razón podía

establecer a priori os vínculos causais entre as cousas e que estes son

relacións necesarias que realmente se dan nos obxectos.

Hume critica esta noción de causalidade atendendo á experiencia e a

observación. Comezará dicindo que as relacións causais entre as cousas non poden coñecerse a priori, senón que a idea de causalidade formouse

tras ter determinadas experiencias. Coa simple análise conceptual dun

obxecto do que non tivemos experiencia algunha non podemos descubrir as

súas causas e efectos: ata que non experimentamos que o lume queima non

podemos establecer un nexo causal entre o lume e a dor. Por moito que

analicemos a idea de lume non atoparemos nela a referencia ao feito de que

o lume nos pode queimar.

Por outro lado, Hume defende que se nos limitamos a aceptar só o que

ofrece a experiencia non podemos dicir que a causalidade sexa unha propiedade das cousas mesmas; estas só nos ofrecen unha sucesión de

fenómenos, é dicir, que a un fenómeno séguelle outro, como ao lume a calor,

pero nada máis. Polo tanto, este principio non ten certeza intuitiva, é dicir, non é evidente, nin se pode demostrar.

Ademais, Hume defende que a razón é incapaz de fundamentar as

nosas crenzas nas relacións causais, senón que ditas crenzas son resultado

dos hábitos e inclinacións naturais do entendemento humano, é dicir, da

Páxina 15 de 18

Page 16: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

natureza humana. Cando experimentamos repetidas veces a conxunción entre

dúas cousas, o costume leva á nosa mente a supoñer que no futuro acontecerá

igual. Polo tanto, é o costume e non a razón a que nos leva a crer que o lume

queima e que o sol sairá mañá. Sen o costume, o noso coñecemento só se

referiría á experiencia pasada e non sabe riamos como actuar nin que esperar.

Para explicar todo isto, Hume pon o exemplo do choque de dúas bolas

de billar, onde unha bola golpea a outra que está quieta, tralo que esta

segunda bola se move. Observamos que cada vez que unha bola golpea a

outra sobre unha superficie plana ocorre algo parecido (o que Hume denomina

"semellanza"), que o movemento dunha bóla precede ao da outra de modo

contiguo (o que Hume denomina "contigüidade" e "anterioridade").

Son estas condicións as que fan que os humanos afirmemos a relación

causal entre dous fenómenos:

a) Contigüidade no tempo na que se producen eses dous fenómenos.

b) Semellanza ou repetición dun xeito sistemático de ambos.

Pero isto non é bastante para supoñer a causalidade, xa que se necesita

a idea de conexión necesaria. Esta idea de conexión necesaria significa que

conectamos un feito con outro porque pensamos que están relacionados, que

hai un vínculo entre eles. Unha cousa é que dous fenómenos aparecerán

sempre xuntos (como o lume e o fume, por exemplo), e outra cousa moi distinta

é dicir que existe algún tipo de enlace causal entre eles e que, polo tanto,

seguirán aparecendo xuntos no futuro. Iso non se pode demostrar.

Crémolo porque se axusta ao modo no que a nosa natureza racional

funciona, asociando fenómenos: a memoria lembra as veces que sucedeu así

e a imaxinación crea a conexión por puro costume ou hábito. Agora ben, non

tivemos a impresión correspondente a esa idea de conexión necesaria, polo

que non hai coñecemento desa conexión, tan só crenza nela. Como no pasado

sempre ocorreu deste xeito, cremos que no futuro sucederá do mesmo modo.

Polo tanto, Hume considera que o que chamamos causalidade é só o

feito de que un fenómeno se produce tras outro de xeito constante no espazo e

Páxina 16 de 18

Page 17: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

no tempo. O ser humano asocia os dous fenómenos, pero non hai unha

conexión necesaria, porque non tería por que ocorrer sempre así. Non se

poden ter impresións do futuro por moito que ocorra no pasado. Segundo

Hume, é o hábito o que nos fai crer que sempre ocorrerá así.

A importancia desta crítica de Hume a causalidade ven explicada tamén

polo contexto no que se produce. Recordemos que durante todo o século XVII

produciuse a "revolución científica" e a aparición da "ciencia moderna", da

man de Galileo e Newton. Isto implicou a aceptación dunha idea fundamental:

a idea de que a natureza funciona segundo unhas leis necesarias que

podemos coñecer mediante a indución. Por exemplo, a lei da gravitación e a

da refracción da luz eran consideradas leis necesarias. Pois ben, a

importancia da análise de Hume sobre a causalidade é que non temos ningún

argumento para demostrar esa necesidade. Se non se pode demostrar a

existencia de relacións necesarias entre fenómenos, entón as leis da natureza

quedan reducidas a meras regularidades do tipo: "ata de agora, sempre que

observamos X, sucedeu Y". Isto implica, polo tanto, renunciar ó ideal grego

platónico-aristotélico da universalidade e necesidade da “episteme”

(coñecemento certo) cando se trata de ciencias empíricas, as cales só

poden aspirar á probabilidade, a diferenza das ciencias formais. No caso do

principio de causalidade, a expectativa do efecto non pode pasar nunca de

probable, aínda que a acumulación de experiencias probatorias aumente

satisfactoriamente o grao da súa probabilidade.

A pesar disto, Hume considera que isto non significa o fin da ciencia e

da crenza nela. Afirma no seu "Tratado" que dalgunha maneira todo seguirá

igual, xa que necesariamente o noso entendemento seguirá funcionando

creando ficcións. A única diferenza será que esta necesidade xa non se

xustificará nuns principios ou evidencias, que se demostraron ficcións, senón

que se xustifica na natureza humana que necesita da ficción e da crenza para

vivir na práctica.

TEXTO Nº 1: D.HUME – Investigación sobre o coñecemento humano,

Páxina 17 de 18

Page 18: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

Tema 10. Hume: crítica das ideas de sustancia e causalidadeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

S. IV; Part I

“22. Todos os razoamentos referentes a materias de feito, parecen estar

fundados na relación de causa e efecto. Por medio desa única relación

podemos ir máis aló da evidencia da nosa memoria e dos nosos sentidos. Si se

lle preguntara a un home por qué cre calquera cuestión de feito que non ten

presente –por exemplo que o seu amigo está no campo ou en Francia– daría

unha razón; e esta sería algún outro feito, como unha carta recibida ou o

coñecemento dos seus propósitos e promesas anteriores. Un home que

encontrase un reloxo ou calquera outra máquina nunha illa deserta, concluiría

que unha vez houbo homes nesa illa. Todos os nosos razoamentos

concernentes a feitos son da mesma natureza. E neles suponse

constantemente que hai unha conexión entre o feito presente e ese que se

infire del. Se non houbese nada que os ligase, a inferencia sería

completamente precaria. Oír unha voz articulada e un discurso racional na

escuridade garántenos a presenza dalgunha persoa: ¿Por que? Porque estes

son efectos de produción e fabricación humanas, estreitamente conectados

con elas. Se analizamos todos os demais razoamentos desta natureza,

atoparemos que están baseados na relación de causa e efecto, e que esta

relación pode ser próxima ou remota, directa ou colateral. A calor e a luz son

efectos colaterais do lume, e un efecto pode inferirse correctamente do outro.

23. Polo tanto, se quixeramos satisfacernos no referente á natureza da

evidencia que nos garante as cuestións de feito, deberiamos preguntarnos

como chegar ó coñecemento da causa e do efecto.

Aventurareime a afirmar, como proposición xeral que non admite

excepcións, que o coñecemento desta relación non se acada en ningún caso

por razoamentos a priori, senón que procede da experiencia, na que achamos

que uns obxectos particulares calquera están continuamente unidos entre si.”

D. HUME; Investigación sobre o coñecemento humano, Sec. IV.

Dúbidas escépticas acerca das Operacións do Entendemento;

Parte I. Trad. galega de L.M. Varela Cabo (USC)

Páxina 18 de 18