10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

38
TEMA 10. A POESÍA DE FINAIS DO SÉCULO TEMA 10. A POESÍA DE FINAIS DO SÉCULO XX E PRINCIPIOS DO XXI XX E PRINCIPIOS DO XXI LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI Lourenço Álvarez Lourenço Álvarez

Transcript of 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

Page 1: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

TEMA 10. A POESÍA DE FINAIS DO SÉCULO TEMA 10. A POESÍA DE FINAIS DO SÉCULO XX E PRINCIPIOS DO XXI XX E PRINCIPIOS DO XXI

LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXILITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

Lourenço ÁlvarezLourenço Álvarez

Page 2: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

Recoméndase realizar o visionado desta presentaciónestando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen

Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in-formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación:

Información sobre un autor citado

Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario

Ligazón a un arquivo de vídeo

Arquivo de audio: poema musicado,lectura dun texto...

Page 3: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

CONTEXTO HISTÓRICO

Page 4: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

►► Coa chegada da democracia, o panorama social e cultural muda radicalmente. Remata a persecución dos usos públicos do galego, que é recoñecido idioma oficial na nosa comunidade pola Constitu- ción de 1978, e iníciase unha progresiva normalización da lingua► ► Remata o longo proceso de estandarización do galego, coa publi- cación dunha normativa oficial en 1982, que será referencia para a maior parte das publicacións escritas ►► Regularízase o ensino de lingua e literatura galegas no ensino non universitario. Isto supón unha grande revitalización do sector editorial en lingua galega, tanto na publicación de libros de texto como de libros de lectura literaria. Ao mesmo tempo provoca a aparición dunha sorte de subxénero narrativo de temática e expresión especialmente adaptadas aos gustos adolescentes►► Créanse novas editoriais e dispárase o número de vendas do libro en galego. A colaboración institucional, con importantes subven- cións á cultura galega, consolida tamén outros sectores, como o teatro profesional ou o sector audiovisual

CONTEXTO HISTÓRICO

Page 5: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

Panorama da poesía desta épocaPanorama da poesía desta época

Anos 70Anos 70O grupo de poetas denominado os Novísimos (D. Xoán Cabana, Lois Diéguez...) continúan culti-vando unha poesía de denuncia e reivindicativa. A partir de Con pólvora e magnolias (1976) co-mézanse a explorar novos camiños

Anos 80Anos 80Á par dos/das autores/as de promocións ante-riores (Ferrín, M. María, B. Graña...), vanse con-solidar dúas tendencias predominantes: a cul-turalista (Álvarez Cáccamo, Fernán Vello..) e a experimental (A. Pexegueiro, A. Reixa...)

Anos 90 e Anos 90 e actualidadeactualidade

Prodúcese unha reacción contra o excesivo rigor formal da maioría dos/das autores/as da década dos 80, cara a unha expresión poética máis natural e máis baseada na realidade cotiá (Olga Novo, Chus Pato, Rafa Villar...)

Page 6: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

GRANDEACTIVIDADE

POÉTICA

Grupospoéticos

Premiosliterarios

Recitais, espec-táculos multidis-ciplinares (conmúsica, vídeo,artes plásticas)

Revistas

RompenteCravo FondoAlénRonseltzBatallón literario

EsquíoC. E. FerreiroEspiral Maior

Luzes de Galiza DornaLoia

Feros corvos

Page 7: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

POESÍA

DOS 80 TENDENCIAS PREDOMINANTES

Grande elaboración formal, culturalismo, intertex-tualidade, temática culta, reacción contra a estéti-ca socialrealista, intimismo, reflexión introspectiva...Oh, Shakespeare, como tu son un

vasaloda Fouce Pesarosa que atenuaas ourelas, que trunca o noso canto.Desde o fundo da febre emerxe un haloque se integra nos ópalos da lua,apaga-se na entraña como un mantoaloroso a alfazema, derramadacousa en recordo. O tempo transfigura [...]

Román Raña (Extramuros da noite)

Page 8: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

Afán experimentador, temática do cotián, espírito transgresor, poesía visual, emprego de caligramas, imaxes, collages, experiencias multidisciplinares vín-culadas á música, ao vídeo e ás artes plásticas...

POESÍA

DOS 80 TENDENCIAS PREDOMINANTES

Colectivo Rompente (Silabario da turbina)

Page 9: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

“MARÉ DO POBO A ARDER”

Vexo un barco do tamaño sideral da angustiacos seus muros lisos como os celeiros da morteque agabea os cons do vento e vén feridocunha frecha de xofre no costado. Brúae o seu brado levanta un estoupidode esponxas de vapor.

Pasa o barco por detrás dun horizonte de [carqueixas,

invade o seu perfil as prazas, navega a súa [sombra

por enriba das veigas, esnaquizaa tona de papiro dos ollos e das bocas pálidas.E vai perdendo sangue, de boca aberta e

[víscera arrastrada,a besta espavorida cunha frecha de lume no [costado. [...]

(Vento de sal)

X. Mª ÁLVAREZCÁCCAMO (Vigo, 1950)

Praia das furnas (1983)Calendario perpetuo (1997)Vento de sal (2008)

CULTURALISMO

Page 10: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

“SI VIS PACEM”

As mílites murallas, os pórticos castrenses,Vestíbulos e arcadas, alpendres, barracóns,Que deron acollida, serviron de refuxio,Na gloria e na ignominia do éxito e a perda,A aquel que a infantería serviu con dignidade,Murcharon cando a guerra deixou de acalorarOs ánimos e as ánimas, os corpos e as materiasE as armas silenciaron o ímpeto do lume,O estrondo e o balbordo de heroica combustión.

Así que nada fica daqueles territoriosGardados contra a noite, erguidos para o día,Que vellos capitáns nun tempo proclamaronMáis válidos que a vida, con prezo superiorA todos os que, a centos, podíamos morarNa entraña dos seus cuartos e recintos.[...]

(Refutación da musa)

MANUEL FORCADELA (Tomiño, 1958)

Ferida acústica de río (1981)O regreso das ninfas (1985)O varredor en outono (1987)Refutación da musa (2001)

CULTURALISMO

Page 11: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

“DOA DA TERRA”

Dilles que te quería.Sabíao a cerdeira que dá flor en abrile a touliña que volve ás nosas praiascoa súa lenda efémera de rumbos.Mais nunca comprendín esa xenreiraque preme o corazón das túas xentes;que ofrece fel cando se pide auga,acedo pan cando unha voz se pide.Dilles que te quería.Cantas veces, no soñopaseo eses lugares nos que medrou un díaa inmemorial nostalxia dos invernoscomo medran os nenos coa caída dos meses.De vagar deime ó mundo, inutilmente,Coa propensión que os homes van urdindoós costumes do esquezo. Pero dillesque te quería, nai, que te quería.

(Pasa un segredo)

RAMIRO FONTE (Pontedeume, 1957-

Barcelona 2008)

Designium (1984) Pasa un segredo (1988) Adeus Norte (1991) Reversos (2008)

CULTURALISMO

Page 12: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

“BEIXO NOCTURNO”

Sei do beixo nocturno na espiraldo desexo.                    O lentísimo labiomusculadorequeima nun abismo deluz húmida que adentra.Oleosa dozura amornecendoo sangue máis no fondo, máis lácteocor de rosa,enlameado e puro,recrescido.                    Porque o beixo nocturnoten perfil de serpenteen lingua ávida,fluinte e diluídade sementes lunares; [...]

FERNÁN VELLO (Cospeito, 1958)

Do desexo en corpo e sombra (1983)Memorial de brancura (1984)Livro das paisaxes vivas

(2008)

CULTURALISMO

Page 13: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

CULTURALISMO

PILAR PALLARÉS (Culleredo, 1957)

Entre lusco e fusco (1980)Sétima soidade (1984)Livro das devoracións (1996)

POESÍA DO COTIÁNE EXPERIMENTACIÓNsentada no café

mentres esperoe a espera é xa unha inércia sen contornosque me leva a ninguressentada aqui - sen nadamentres morre un homefalsamentenunha horrível fita americanasobre os anos cuarentae un soldado abraza unha enfermeiracos labres incrivelmente ben pintadosen plena guerrano teito do café rebulen catro moscassoa fora unha canción tan tristetras a xanela da pensión máis próximaestudan pálidas rapazasmedran acensalis nas fendasdas pedras conventuaise a señardadeé agora tan fosca - tan espida a certezade ser todo un erro irremediávelde alguénque non existe

(De amor e desamor II)

Page 14: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

MANUEL RIVAS (A Coruña, 1957)

Libro do entroido (1979)Balada nas praias do oeste (1985)Mohicania (1986)Costa da morte blues (1994)

POESÍA DO COTIÁNE EXPERIMENTACIÓN

“A NEGRA TERRA”

De falar, falarei coa terra.A terra verdadeira,a negra terraonde prende a raíz.A terra que se pisa.A terra que se queima e que se crava.Ese enorme lenzo onde o home debuxa o seu [capricho. Onde o home se perde e se revolve en sombras. A negra terra,ese corpo de puta vella con dentes amarelos de [tabaco, con olleiras negras de tan azuis.De falar, só con ela falareie falarei coas mans,docemente coas unllas,coa paixón dun amante,como falan, cando albiscan a morte, os                                            [xabaríns feridos.De falar, falarei coa terra.Coa terra, con esa negra terraque cospe, como sangue do peito, primaveras.

(Mohicania)

Page 15: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

ANTÓN REIXA (Vigo, 1957)

Silabario da turbina [colecti- vo] (1978)As ladillas do travestí (1979)Historia do rock and roll

(1985)Látego de almas (2008)

Conducín todos os quilómetros Cara a ti Alegre Ou triste Ou falando só Ou gritándolle a néboa Ou pedíndolle silencio ao sol Ou negándolle rostro á lúa Esvarando nunha autoestrada-bágoa Longa Continua Ondulada Conxelada Cun espesor milimetricamente suficiente para resistir Para chegar a ti .

(Látego de algas)

POESÍA DO COTIÁNE EXPERIMENTACIÓN

Page 16: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 17: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

POESÍA DOS

90 E ACTUA-

LIDADE

CARACTERÍSTICAS XERAIS

Grande pluralidade estética. Características comúns:

Labor editorial: ademais do labor hexemónico deEspiral Maior, aparecen proxectos colectivos sen ánimo de lucro (edicións do Dragón, Letras de Cal)

Proliferación de novos grupos poéticos (Ronseltz, Batallón literarioda Costa da Morte)

Importante incorporación da poesía a internet, coa aparición de numerosas páxinas web e blogues

Linguaxe directa, ás veces mesmo coloquial.Linguaxe directa, ás veces mesmo coloquial.Simplificación formal e conceptualSimplificación formal e conceptualPredominio do subxectivismo e o ton vivencialPredominio do subxectivismo e o ton vivencialMarcada preferencia polo versolibrismoMarcada preferencia polo versolibrismoPresenza actualizada de temática socialPresenza actualizada de temática social

1

2

3

4

Page 18: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

Autopoética

Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera:Vai un poeta moderado e dille ao cobrador da luz:Vai unha lavandeira e dille a un túmulo:Vai un ce con cedilla e dille a unha tónica:Vai un solpor e dille a un rapaz feo:Vai unha patria pequena e dille a un buzón de correos:Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca:Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X:Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base:Vai a néboa nun verso, saise do poema e acata a Constitución:Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes:Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais:

Coas letras iniciais de cada resposta poderá formaro pensamento dun famoso xogador do Deportivo.

COLECTIVO RONSELTZ

Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994)

Page 19: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

Novoneyra en Nova York

I

O poeta paga dez dólares, nunha gasolineira de Harlem por unCacaolat

Harlem dos negros fumes que ollan de Lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que vale un peso.

II III

B.B. King ofrece un recital Novoneyra, reflexionandodesde o piso 122 do Empire perde o taxi por non

estarState Building atento.

No bicarelo do bico do brelo Este taxi que pasa canta un home negro ¿é meu ou colleumo ela?no mesmiñobicarelo do bico do brelo.

COLECTIVO RONSELTZ

Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994)

Page 20: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

Neotrovadorismo (I)

Os espárragos son diuréticosE ti es o amor da miña vidaE ti es o amor da miña vida

Neotrovadorismo (II)(cantiga de amigo, escarnio e maldizer)

Antes eras un colegapero agorame cago en tu puta madreme cago en tu puta madre

Neotrovadorismo (IV)

Ondas do mar de Vigose vistes meu amigo:que marchei.

COLECTIVO RONSELTZ

Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994)

Page 21: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

A praia é enorme  coma un deserto de area 

e no centro  a chatarra.  Eu camiño de vagar  seguindo as marcas  das plumas das gueivotas.  Levo un cormorán  prendido da camisa  e a arquitectura dun arao 

silencioso.  Pero non hai tenrura  das miñas mans  saco nubes perfumadas  e adéntrome no mar  dou  de beber  ós aeroplanos. 

(ESTEVO CREUS  )

Page 22: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

XABIERCORDAL

MARÍA

LADO

OLGANOVO

CHUSPATO

MIROVILLAR

YOLANDACASTAÑO

RAFA

VILLAR

ALEXANDRE

NERIUM

PACOSOUTO

LUPEGÓMEZ

MARÍA DOCEBREIRO

CARLOSNEGRO

MARTADACOSTA

GRANDE PROLIFERACIÓN DE AUTORES/AS

Page 23: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

CHUS PATO (Ourense, 1955)

Nínive (1996)m-Talá (2000)Hordas de escritura (2008)

Ese alguén que acompaña a Cambria a cortar o pelo son eu

mentres peitean a miña nai enredo, gústame o arrecendo químico das permanentes, os tubos para moldear e tamén, as lacas, o espello ne-gro que serve como anuncio –As dúas irmás-, como un reiseñor e unha andoriña (non can-tan)

[só un instante

non poder dicir nunca nada sobre os ceos, nada sobre a chuvia, nunca sobre un rostro ceo pétreo-veloz

entrar desde as montañas]

elixo un corte igual ao dunha nena-modelo-fo- tográfica e creo firmemente que me conver-terei ou serei transformada nela [...]

POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE

Page 24: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

RAFA VILLAR (Cee, 1968)

Liques de memoria (1992)Casa ou sombra (1997)Migracións (2008)

o silenciodeixa un rastro de sombraspor onde supura o invernofende as nosas manse apréixanos irremediabelmentecontra o seu vanmáis alá do seu ecointuímos un rumor agochadoque nos conmovee nos dobregapero é a súa ausenciaa que desarma o noso combatedesgastando impudicamenteo poema

(Escoración dos días)

POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE

Page 25: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

YOLANDA CASTAÑO (Santiago, 1977)

Elevar as pálpebras (1995)Delicia (1998)O libro da egoísta (2004)

Unha navalla lenta é o proxecto da identidade. Unha celebración añil o re-coñecemento.  

¿Como deixei que todo isto me sobreviñera? O meu propio soño marchou de min comigo Non podo permitir que se me malinterprete

[unha vez máis ¿Por que me afectas?, ¿por que me afectas

[aínda?. Unha absurda desposesión infranqueable.  

Pero que eu estaría ben, que non cumpren [coidados xa sabes que

total eu estaría ben, sempre ben, aínda que non se me

[entendese aínda que perdese a saúde na miña mocidade. Eu tamén pensaba que podería controlalo. ¿Por que me desesperas?, ¿por que aínda me

[desesperas?. [...]

(Polifonías)

POESÍA DOS 90 E ACTUALIDADE

Page 26: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

A POESÍA DE FINAIS DO SÉC. XX E XXI ESQUEMA PARA IMPRIMIR

PANORAMA DA POESÍA DA ÉPOCA

► ► ANOS 70: O grupo de poetas denominado os Novísimos (Darío Xoán Cabana, Lois Diéguez...) continúan cultivando unha poesía de denuncia e reivindicativa. A partir de Con pólvora e magnolias (1976) comézanse a explorar no- vos camiños

► ► ANOS 80: Á par dos autores de promocións anteriores (Méndez Ferrín, Manuel María, Bernardino Graña...), van- se consolidar dúas tendencias predominantes: a culturalista (Álvarez Cáccamo, Fernán Vello..) e a experimental (Xavier Seoane, Antón Reixa...)

► ► ANOS 90 E ACTUALIDADE: Prodúcese unha reacción contra o excesivo rigor formal da maioría dos autores da década dos 80, cara a unha expresión poética máis natural e máis baseada na realidade cotiá (Chus Pato, Olga Novo, Rafa Villar, Yolanda Castaño...)

GRANDE ACTIVIDADE POÉTICA

► ► Grupos poéticos: Rompente, Cravo Fondo, Alén, Ronseltz, Batallón Literario da Costa da Morte...► ► Revistas: Luzes de Galiza, Dorna, Loia, Feros Corvos...► ► Premios literarios: Esquío, Celso Emilio Ferreiro, Galicia, Espiral Maior...► ► Recitais poéticos, espectáculos multidisciplinares (combinando poesía con música, vídeo e artes plásticas)

A POESÍA DOS 80

► ► TENDENCIA CULTURALISTA: Grande elaboración formal, culturalismo, intertextualidade, temática culta, reacción contra a estética socialrealista, intimismo, reflexión introspectiva...

- Autores: Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Ramiro Fonte, M. Anxo Fernán Vello, Román Raña...

► ► TENDENCIA DO COTIÁN E EXPERIMENTACIÓN: Afán experimentador, temática do cotián, espírito trans- gresor, poesía visual, emprego de caligramas, imaxes, collages, experiencias multidisciplinares vínculadas á música, ao vídeo e ás artes plásticas...

- Autores/as: Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Antón Reixa, Alfonso Pexegueiro, Xavier Seoane, Antón Lopo...

Page 27: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

A POESÍA DOS 90 E DA ACTUALIDADE

► ► CARACTERÍSTICAS XERAIS:

- Labor editorial: ademais do labor hexemónico de Espiral Maior, aparecen proxectos colectivos sen ánimo de lucro (Edicións do Dragón, Letras de Cal)

- Importante incorporación da poesía a internet, coa aparición de numerosas páxinas web e blogues

- Grande pluralidade estética. Características comúns:

• Linguaxe directa, ás veces mesmo coloquial• Simplificación formal e conceptual• Predominio do subxectivismo e o ton vivencial• Marcada preferencia polo versolibrismo• Presenza actualizada de temática social

- Proliferación de novos grupos poéticos: Ronseltz, Batallón Literario da Costa da Morte

► ► AUTORES/AS: Chus Pato, Miro Villar, Rafa Villar, Olga Novo, Xavier Cordal, Marta Dacosta, Lupe Gómez, Yolan- da Castaño, María Lado...

Page 28: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADASPROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS

Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas

(1)(1) COLECTIVO ROMPENTE, COLECTIVO ROMPENTE, Silabario da turbina, Silabario da turbina, ed. dos autores, Vigo, 1978 (portada) ed. dos autores, Vigo, 1978 (portada)

(1)(1)

(2)(2) (2)(2) (2)(2)(2)(2)(3)(3)

(3)(3) A. R. REIXA, A. R. REIXA, Historia do rock and roll, Historia do rock and roll, Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1985 Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1985 (portada)(portada)

(2)(2) COLECTIVO ROMPENTE, COLECTIVO ROMPENTE, Silabario da turbina, Silabario da turbina, ed. dos autores, Vigo, 1978 (páxs. 26-27, 13, 49, 46-47e ed. dos autores, Vigo, 1978 (páxs. 26-27, 13, 49, 46-47e 82)82)

(2)(2)

Page 29: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

(1)(1) COLECTIVO ROMPENTE, COLECTIVO ROMPENTE, Silabario da turbina, Silabario da turbina, ed. dos autores, Vigo, 1978 (portada) ed. dos autores, Vigo, 1978 (portada)

(3)(3) MANUEL R. ROMÓN, MANUEL R. ROMÓN, Galletas kokoschka non, Galletas kokoschka non, Rompente edicións, Vigo, 1979 (portada e páx. 9) Rompente edicións, Vigo, 1979 (portada e páx. 9)

(2)(2) ALBERTO AVENDAÑO, ALBERTO AVENDAÑO, Facer pulgarcitos tres, Facer pulgarcitos tres, Rompente edicións, Vigo, 1979 (portada e páxs. 44-45) Rompente edicións, Vigo, 1979 (portada e páxs. 44-45)

(4)(4) A. R. REIXA, A. R. REIXA, Historia do rock and roll, Historia do rock and roll, Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1985 (páxs. Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1985 (páxs. 19 e 17)19 e 17)

(1)(1) (2)(2) ((22)) ((33)) ((33)) ((44)) ((44)) ((55)) ((55))

(5)(5) RAÚL REGUERA E XAVIER SEOANE, RAÚL REGUERA E XAVIER SEOANE, Poesía experimental, Poesía experimental, ed. dos autores, A Coruña, 1978 (portada e páxs. ed. dos autores, A Coruña, 1978 (portada e páxs. 74-75)74-75)

Page 30: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 31: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 32: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 33: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 34: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 35: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 36: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 37: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Page 38: 10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi

VOLVER VOLVER

A POESÍAA POESÍA

DOS 80DOS 80