28º domingo toa 2014 bene pagola

15
12 de outubro de 2014 28º Tempo ordinario Mateu 22, 1-14 Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a difundir a invitación de Deus. Pásao. José Antonio Pagola Música: Adagio concierto nº 12 Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D.Amundarain

Transcript of 28º domingo toa 2014 bene pagola

Page 1: 28º domingo toa  2014  bene pagola

12 de outubro de 201428º Tempo ordinario

Mateu 22, 1-14

Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a difundir a invitación de Deus. Pásao.

José Antonio Pagola

Música: Adagio concierto nº 12Presentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D.Amundarain

Page 2: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Xesús coñecía moi ben como gozaban os Xesús coñecía moi ben como gozaban os campesiños de Galilea nas vodas que se campesiños de Galilea nas vodas que se

celebraban nas aldeas. Sen dúbida, el mesmo tomou parte en máis

dunha.

Que experiencia podía haber máis gozosa para aquelas xentes que ser invitados a unha voda e poder sentar cos veciños a compartir xuntos un

banquete de vodas?

Page 3: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Este recordo vivido desde neno Este recordo vivido desde neno Axudouno, nalgún momento, a Axudouno, nalgún momento, a

comunicar a súa experiencia de Deus comunicar a súa experiencia de Deus dunha maneira nova e sorprendente.dunha maneira nova e sorprendente.

Page 4: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Segundo Xesús, Deus está preparando un Segundo Xesús, Deus está preparando un banquete final para todos os seus fillos banquete final para todos os seus fillos

pois a todos os quere ver sentados, xunto pois a todos os quere ver sentados, xunto a él, gozando para sempre dunha vida a él, gozando para sempre dunha vida

plenamente ditosa.plenamente ditosa.

Page 5: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Podemos dicir que Xesús entendeu a súa vida enteira como unha grande invitación a unha

festa final en nome de Deus. Por iso, Xesús non impón nada á forza,

non presiona a ninguén.

Page 6: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Anuncia a Boa Nova de Anuncia a Boa Nova de Deus, esperta a confianza Deus, esperta a confianza

no Pai, acende nos corazóns no Pai, acende nos corazóns a esperanza. a esperanza.

A todos lles ha de chegar a A todos lles ha de chegar a súa invitación.súa invitación.

Page 7: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Que foi desta invitación Que foi desta invitación de Deus?de Deus?

Quen a anuncia?Quen a anuncia?

Quen a escoita? Quen a escoita?

Onde se fala na Igrexa Onde se fala na Igrexa desta festa final?desta festa final?

Page 8: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Satisfeitos co noso benestar, xordos ao que non sexan os nosos intereses inmediatos, parécenos que xa non

necesitamos de Deus. Acostumarémonos pouco a pouco a vivir sen necesidade

de alimentar unha esperanza última?

Page 9: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Xesús era realista. Sabía que a invitación de Deus

pode ser rexeitada. Na parábola dos “invitados á voda” fálase de

diversas reaccións dos invitados.

Page 10: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Uns rexeitan a invitación de maneira consciente e rotunda: “non quixeron ir.

Outros responden con absoluta indiferenza: “non fixeron caso”.

Impórtanlles máis as súas terras e negocios..

Page 11: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Pero, segundo a parábola, Deus non se desalenta.

Por encima de todo, haberá unha festa final. O desexo de Deus é que a sala do banquete se

encha de invitados.

Page 12: 28º domingo toa  2014  bene pagola

Por iso, hai que ir ás “ encrucilladas dos

camiños”, Por onde andan tantas

xentes errantes, que viven sen esperanza e sen futuro.

A Igrexa ha de seguir anunciando con fe e alegría

a invitación de Deus proclamada no Evanxeo de

Xesús.

Page 13: 28º domingo toa  2014  bene pagola

O papa Francisco está preocupadoO papa Francisco está preocupado por unha predicación que se obsesiona por unha predicación que se obsesiona ““pola transmisión desarticulada dunha pola transmisión desarticulada dunha

multitude de doutrinas que se intenta impoñer multitude de doutrinas que se intenta impoñer á forza de insistencia”.á forza de insistencia”.

Page 14: 28º domingo toa  2014  bene pagola

O maior perigo está segundo el na que xaO maior perigo está segundo el na que xa “ “non será propiamente o Evanxeo o que se anuncie, non será propiamente o Evanxeo o que se anuncie,

senón algúns acentos doutrinais ou morais que senón algúns acentos doutrinais ou morais que proceden de determinadas opcións proceden de determinadas opcións ideolóxicas.

A mensaxe correrá o risco de perder a súa frescura e deixará de ter recendo a Evanxeo”.

Page 15: 28º domingo toa  2014  bene pagola

INVITACIÓN

Xesús coñecía moi ben como gozaban os campesiños de Galilea nas vodas que se celebraban nas aldeas. Sen dúbida, el mesmo tomou parte en máis dunha. Que experiencia podía haber máis gozosa para aquelas xentes que ser invitados a unha voda e poder sentar cos veciños a compartir xuntos un banquete de vodas?

Este recordo vivido desde neno axudouno nalgún momento a comunicar súa experiencia de Deus dunha maneira nova e sorprendente. Segundo Xesús, Deus está preparando un banquete final para todos os seus fillos pois a todos os quere ver sentados, xunto a el, gozando para sempre dunha vida plenamente ditosa.

Podemos dicir que Xesús entendeu a súa vida enteira como unha grande invitación a unha festa final en nome de Deus. Por iso, Xesús non impón nada á forza, non presiona a ninguén. Anuncia a Boa Nova de Deus, esperta a confianza no Pai, acende nos corazóns a esperanza. A todos lles ha de chegar a súa invitación.

Que foi desta invitación de Deus? Quen a anuncia? Quen a escoita? Onde se fala na Igrexa desta festa final? Satisfeitos co noso benestar, xordos ao que non sexan os nosos intereses inmediatos, parécenos que xa non necesitamos de Deus. Acostumarémonos pouco a pouco a vivir sen necesidade de alimentar unha esperanza última?

Xesús era realista. Sabía que a invitación de Deus pode ser rexeitada. Na parábola dos “invitados á voda” fálase de diversas reaccións dos invitados. Uns rexeitan a invitación de maneira consciente e rotunda: “non quixeron ir. Outros responden con absoluta indiferenza: “non fixeron caso”. Impórtanlles máis as súas terras e negocios.

Pero, segundo a parábola, Deus non se desalenta. Por encima de todo, haberá unha festa final. O desexo de Deus é que a sala do banquete se encha de invitados. Por iso, hai que ir ás “encrucilladas dos camiños”, por onde andan tantas xentes errantes, que viven sen esperanza e sen futuro. A Igrexa ha de seguir anunciando con fe e alegría a invitación de Deus proclamada no Evanxeo de Xesús.

O papa Francisco está preocupado por unha predicación que se obsesiona “pola transmisión desarticulada dunha multitude de doutrinas que se intenta impoñer á forza de insistencia”. O maior perigo está segundo el no que xa “non será propiamente o Evanxeo o que se anuncie, senón algúns acentos doutrinais ou morais que proceden de determinadas opcións ideolóxicas. A mensaxe correrá o risco de perder a súa frescura e deixará de ter recendo a Evanxeo”.

José Antonio Pagola