5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é...

29
O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence e Ana M.ª Guerra. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO E EDICIÓN Mar García María Ángeles Fernández ILUSTRACIÓN Alademosca il∙Ilustració Paul Coulbois Digitalartis Carlos Fernández Chema Fernández José Ignacio Gómez Eva Palomar Dina Sánchez Bartolomé Seguí Pablo Velarde EDICIÓN EXECUTIVA Aurora Moral DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao caderno. PRIMARIA 5 Ciencias Sociais

Transcript of 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é...

Page 1: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence e Ana M.ª Guerra.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO E EDICIÓN Mar García María Ángeles Fernández

ILUSTRACIÓN Alademosca il∙Ilustració Paul Coulbois Digitalartis Carlos Fernández Chema Fernández José Ignacio Gómez Eva Palomar Dina Sánchez Bartolomé Seguí Pablo Velarde

EDICIÓN EXECUTIVA Aurora Moral

DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez

As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao caderno.

PRIM

AR

IA5 Ciencias Sociais

Page 2: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas
Page 3: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Presentación do proxecto

Saber Facer fai catro anos. É un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu Saber Facer Contigo.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para os futuros cidadáns e cidadás do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para isto trabállanse as estratexias e rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que os alumnos e as alumnas adquiran habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cunha icona de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan sobre estes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Unha icona de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

3

Page 4: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cunha icona de cor verde.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e poder detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que os alumnos e as alumnas desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupación:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao acabar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

Por último, atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que axudarán a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

Page 5: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Comezamos. Xeografía ............................................. 9

Unidade 1. Exploramos o universo ........................ 15

Unidade 2. Descubrimos os climas de España ....... 29

Unidade 3. Percorremos as paisaxes de España .... 47

Cooperamos ............................................................ 68

Minilab ................................................................... 70

Unidade 4. España, un Estado democrático .......... 71

Unidade 5. A poboación de España e Galicia ........ 87

Unidade 6. As actividades económicas en Galicia e España ........................... 101

Cooperamos .......................................................... 116

Minilab ................................................................. 118

Comezamos. Historia ............................................ 119

Unidade 7. Viaxamos á Idade Media .................. 123

Unidade 8. Viaxamos á Idade Moderna .............. 141

Cooperamos .......................................................... 160

Minilab ................................................................. 162

Índice

Page 6: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Cadro de contidos

Unidades Información e actividades

Comezamos. Xeografía Os mapas Así interpretamos os mapas

Os fusos horarios

1. Exploramos o universo Como é o universo?

Somos parte do sistema solar

A Terra, un planeta en movemento

2. Descubrimos os climas de España

Por que hai climas diferentes?

As paisaxes da Terra

Os factores que inflúen no clima de España

3. Percorremos as paisaxes de España

O relevo de España

Como son os ríos de España?

O relevo e as augas de Galicia

Cooperamos. 1.º trimestre Xogo de palabras: Escribimos mensaxes para frear o cambio climático

Minilab Represento os movementos da Terra

4. España, un Estado democrático

Onde se sitúa España?

A organización territorial de España

Vivimos nunha democracia

5. A poboación de España e Galicia

Como é a poboación de España?

Que son as migracións?

A distribución da poboación

6. As actividades económicas en Galicia e España

En que traballan as persoas?

O sector primario en Galicia e España

O sector secundario en Galicia e España

Cooperamos. 2.º trimestre Mesa redonda: Propoñemos medidas para mellorar a convivencia

Minilab Editamos unha revista cultural

Comezamos. Historia As idades da Historia

7. Viaxamos á Idade Media Como comezou a Idade Media?

A vida en al-Ándalus

O legado de al-Ándalus

8. Viaxamos á Idade Moderna Como comezou a Idade Moderna?

Os Reis Católicos e a chegada a América

O Imperio español no século XVI

Cooperamos. 3. º trimestre Folio xiratorio: Elaboramos o guión dunha película histórica

Minilab Fabrico un compás

Page 7: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Información e actividades Tempo para ler Saber facer

A xeolocalización

A influencia da Lúa

Hypatia, unha muller extraordinaria

Constrúo un modelo para representar eclipses

O clima mediterráneo

Climas oceánico, subtropical e de montaña

Coñecemos os climas de Galicia

Alerta!, a Terra está quecendo

Interpreto un climograma

As paisaxes transformadas de España

Paisaxes agrarias e industriais

Paisaxes urbanas e turísticas

Humboldt sobe ao Teide

Analizo a evolución dunha paisaxe

Coñecemos as institucións de España

A democracia, un invento moi antigo

Participo nun debate sobre os nosos dereitos e deberes

Como é a poboación de Galicia?

Yusra Mardini, unha heroína olímpica

Analizo unha pirámide de poboación

O comercio en Galicia e España

Os transportes e o turismo en Galicia e España

O emprendemento social. Un continente ao teu alcance

Simulamos unha negociación

Como se formaron os reinos cristiáns?

A vida nos reinos cristiáns

A arte e a cultura nos reinos cristiáns

O Camiño de Santiago

Elaboro e interpreto unha liña do tempo

A decadencia do Imperio español

O século XVIII: unha nova dinastía

A arte e a cultura da Idade Moderna

Clara Peeters, unha pintora para descubrir

Analizo unha pintura

Page 8: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

As actividades en que terás que traballar xunto cun compañeiro ou compañeira están marcadas con este símbolo.

Nas actividades en que apareza esta icona, terás que cooperar cos demais e traballar en equipo.

Esta icona identifica as actividades en que terás que exercitar de forma especial a túa capacidade de reflexión para sacar conclusións.

PENSA

MENTO

Coas propostas que encontrarás na sección de creatividade terás que poñer en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

C

REATIVIDADE

As actividades que aparecen sinaladas con esta icona animarante a expresar o que sentes e a poñerte no lugar dos demais.

EMOCIÓNS

Iconas utilizadas neste libro

Page 9: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

• Por onde camiña esta persoa? Describe como é a paisaxe arredor dela. Hai praias? E acantilados? Como está o mar? De que cor son as rochas? Hai nubes?

• Hai moita ou pouca vexetación? Hai árbores?

• Parécese esta paisaxe á do lugar en que vives? En que se parece ou en que se diferencia?

• Que deportes se poden practicar neste lugar? Cal che gusta máis? Practicas ti algún deles?

• Como vai equipada esta persoa? Que cres que leva na mochila? Que levarías ti se foses de excursión a un lugar coma este?

ComezamosXEOGRAFÍA

A Costa da Morte, A Coruña.

9

Comezamos

Camiña por un sendeiro por un terreo de costa. Hai plantas e rochas. Non hai praia, só acantilados. O mar bate contra as rochas. Non hai nubes, o ceo está despexado.

Hai vexetación pero sen árbores; só herbas e arbustos.

Resposta Libre. (R.L.)

Resposta Modelo (R.M.) Pódese practicar sendeirismo, vela…

Leva un sombreiro, roupa deportiva, bastóns de sendeirismo, unha mochila… R. L.

SUXESTIÓNSLémbrelles aos alumnos e ás alumnas que á hora de realizar calquera tipo de actividade na natureza hai que ser prudentes e seguir unhas normas de seguridade básicas.

Page 10: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Os mapas

Os mapas físicosOs mapas físicos representan as características físicas dun territorio, é dicir, o relevo, os ríos, os lagos, os mares e os océanos...

Os mapas físicos que mostran todo o planeta chámanse planisferios ou mapamundis físicos.

CORDILLEI RA

OCÉANO GLACIAL ANTÁRTICO

OC É A NOPA C Í F I CO

OCÉANO GLACIAL ÁRTICO

O C É A N O

Í N D I C O

OCÉANO

ATLÁNTICO

O C É A N O

P A C Í F I C O

MONTAÑASROCHOSA

S

DOSANDES

S Á H A R A

ALPES

HIMA LAIA

927627_comenzamosgeo_p10_h01_mundi_fisico

0 2.250

quilómetros

Escala

N

S

LO

ESTADOSUNIDOS

CANADÁ

BRASIL

FEDERACIÓN DE RUSIA

CHINA

AUSTRALIA

ARX

ENTI

NA

SURÁFRICA

OCÉANO GLACIAL ANTÁRTICO

OC É A NOPA C Í F I CO

OCÉANO GLACIAL ÁRTICO

O C É A N O

Í N D I C O

OCÉANO

ATLÁNTICO

O C É A N O

P A C Í F I C O

927267_comenzamosgeo_p10_h02_mudi_politico

0 2.250

quilómetros

Escala

N

S

LO

Os mapas son representacións planas da Terra ou dunha parte dela. Poden ser de diferentes tipos: físicos, políticos e temáticos.

OBSERVA E DESCUBRE

• Os mapas desta páxina son planisferios? E os da páxina 11? Por que o sabes?

• En cal dos mapamundis podes ver a forma e o tamaño dos países?

• Fíxate nos mapas temáticos. Que aspecto mostra cada un? Que emprega para facelo?

• Que territorios se representaron nos mapas temáticos?

Os mapas políticosOs mapas políticos representan a división administrativa e política dun territorio: os países, as rexións, as comunidades autónomas, os muni-cipios…

Móstranse todos os países do mun-do, chámanse planisferios ou ma-pamundis políticos.

10

CORDILLEI RA

OCÉANO GLACIAL ANTÁRTICO

OC É A NOPA C Í F I CO

OCÉANO GLACIAL ÁRTICO

O C É A N O

Í N D I C O

OCÉANO

ATLÁNTICO

O C É A N O

P A C Í F I C O

MONTAÑASROCHOSA

S

DOSANDES

S Á H A R A

ALPES

HIMA LAIA

927627_comenzamosgeo_p10_h01_mundi_fisico

0 2.250

quilómetros

Escala

N

S

LO

ESTADOSUNIDOS

CANADÁ

BRASIL

FEDERACIÓN DE RUSIA

CHINA

AUSTRALIA

ARX

ENTI

NA

SURÁFRICA

OCÉANO GLACIAL ANTÁRTICO

OC É A NOPA C Í F I CO

OCÉANO GLACIAL ÁRTICO

O C É A N O

Í N D I C O

OCÉANO

ATLÁNTICO

O C É A N O

P A C Í F I C O

927267_comenzamosgeo_p10_h02_mudi_politico

0 2.250

quilómetros

Escala

N

S

LO

SUXESTIÓNSAproveite para recordar o nome dos continentes e dos océanos. Pídalles aos estudantes que repasen e enumeren os mares e os océanos que bordean Europa e España.

Observa e descubre

Os mapas desta páxina son planisferios, porque amosan todo o planeta. Os da páxina seguinte non o son, xa que só representan España e a Unión Europea, respectivamente.

No mapamundi político.

O primeiro mapa temático mostra os distintos tipos de climas que hai en España e, para facelo, utiliza diferentes cores. O segundo mapa, situado abaixo á esquerda, representa dúas variables:

os países que forman parte da Unión Europea, en cor morada, e os países que utilizan o euro como moeda, mediante un símbolo. O último mapa mostra o tempo atmosférico en España e, para facelo, emprega diferentes símbolos.

No mapa de climas e no mapa do tempo atmosférico está representado o territorio de España. En cambio, no mapa de Europa móstranse os países que forman a Unión Europea.

Page 11: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

ComezamosComezamos

ACTIVIDADES

Os mapas temáticos

1 Explica a diferenza entre un mapa e un planisferio, e entre un mapa físico e un político.

2 Que poden representar os símbolos deste mapa? Que tipo de mapa é? Ponlle un título.

Os mapas temáticos informan sobre un aspecto concreto, como o clima, a poboación, a rede de transporte… Para facelo utilizan cores, símbolos ou frechas. Estes son algúns exemplos:

C A N A R I A SOCÉANO ATLÁNTICO

F R A N C I A

A N D A L U C Í A

CASTELA E LEÓN ARAGÓN

GALICIA

CASTELA-LA MANCHA

CATALUÑA

ESTREMADURA

PAÍS VASCO

A RIOXA

COMUNIDADEVALENCIANA

REXIÓNDE

MURCIA

CANTABRIAPRINCIPADODE ASTURIAS

COMUNIDADEDE

MADRID

COMUNIDADEFORAL DENAVARRA

ILLAS BALEARES

Ceuta

Melilla

M A R R O C O S

PO

RT

UG

AL

ANDORRA

Mar Mediterráneo

M a r C a n t á b r i c o

O C É A N O

A T L Á N T I C O

N

S

LO

927267_comenzamos_geo_p11_h01_Espana_climas

927267_comenzamos_geo_p11_h01_leyenda_Espana_climas

TIPOS DE CLIMAS

Oceánico

De montaña

Típico

De interior

Seco

Mediterráneo

Subtropical

Mardo

Norte

Mar Negro

M

a r Bál

tico

OCÉ

AN

OATLÁ

NTICO

Mar Mediterráneo

OCÉANO GLACIALÁRTICO

N

S

LO

927267_comenzamosgeo_p11_h02_UE

Mar Cantábrico

Mar Mediterrá

neo

OC

ÉAN

O

ATL

ÁN

TIC

O

FRANCIA

PO

RT

UG

AL

MARROCOSALXERIA

ANDORRA

927267_comenzamos_geo_p11_h03_mapa_tiempo

Os mapas climáticos empregan manchas de cor para mostrar como se reparten os climas por un territorio.

Neste mapa de Europa empregouse a cor morada para representar os países que forman parte da Unión Europea.Tamén se utilizou un debuxo para indicar cales deles teñen o euro como moeda.

11

Atlas de XeografíaClasifique os mapas do atlas en físicos, políticos e temáticos.

Actividades

1 Un mapa é unha representación plana da Terra ou dunha parte dela, mentres que un planisferio é un tipo de mapa que mostra a superficie de todo o planeta. Un mapa físico representa as características físicas dun territorio (relevo, augas…), mentres que un mapa político mostra a súa división administrativa e política: países, rexións, comunidades autónomas, provincias…

2 O sol representa un tempo despexado; a nube con gotas indica chuvia; as frechas mostran a dirección e a intensidade do vento; a nube cunha folerpa indica a probabilidade de nevaradas; a nube co sol, a alternancia de períodos anubrados e solleiros... É un mapa temático. R. L.

Page 12: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Así interpretamos os mapas

Os elementos dos mapas

Ceuta

Melilla

M

AC

IZO

GA

LAIC

O

SISTEMA CEN T RAL

CANTÁBRICA

CORDILLEIR A P I R E N E O SSISTEMAIBÉRICO

CENTRAL

MESETA

SERRA MORENA

SISTEMAS BÉTICOS

OCÉANO ATLÁNTICOILLAS CANARIAS

927267_02_p30_h01_espana_�sico

N

S

LO

OC

ÉA

NO

AT

NT

I CO

Mar Mediterráneo

M a r C a n tá b r i c o

ILLAS BALEARES

0 125

quilómetros

Escala

3. Rosa dos ventos. Mostra a orientación do mapa: onde se sitúan os puntos cardinais.

1. Título. Informa sobre o contido ou tema do mapa.

5. Escala. Indica cantas veces se reduciu un territorio para representalo no mapa.

4. Lenda. Informa sobre o significado dos símbolos e cores utilizados no mapa.

O RELEVO DE ESPAÑA

ACTIVIDADES

Escala gráfica. É unha recta dividida en segmentos iguais, normalmente de 1 cm. As cifras indican a canto equivale cada segmento na realidade. (A)

Escala: 0 1 km 2 km

Nesta escala: 1 centímetro do mapa representa 1 km na realidade.

Escala numérica. É unha división: o dividendo indica a distancia no mapa en centímetros e o divisor, esa distancia na realidade. (B)

Escala: 1:200.000

Nesta escala: 1 centímetro do mapa equivale a 200.000 cm, é dicir, 2 km na realidade.

Para calcular a distancia real entre dous puntos dun mapa, mide cunha regra esa distancia no mapa; multiplica a cifra polo denominador da escala e divide o resultado polo numerador.

1 Explica cales son os elementos dun mapa.

A

B

0 200.000

Escala: 1:1.000.000

2. Textos. Sinalan informacións variadas.

España en Europa4.º por su extensión.Supone casi el 5% de la

ALTITUDE(En metros)

Máis de 2.000

De 1.000 a 2.000

De 400 a 1.000

De 0 a 400

13

2

4

5

12

1 Explica cales son os elementos dun mapa.

Actividades

1 Os elementos dun mapa son o título que informa sobre o contido ou tema do mapa; os textos que sinalan informacións variadas; a rosa dos ventos que mostra a orientación do mapa, onde se sitúan os puntos cardinais; a lenda que Informa sobre o significado dos símbolos e das cores utilizados no mapa, e a escala que indica cantas veces se reduciu un territorio para representalo no mapa.

SUXESTIÓNSTraballe cos estudantes a escala. Para facelo, pídalles que determinen a distancia entre dous puntos en calquera dos mapas que aparecen no libro.

Page 13: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Observa e descubre

Hai 24 fusos. Porque son as horas que ten o día.

En España empréganse dous fusos horarios. A España peninsular, Ceuta, Melilla e as illas Baleares toman como referencia o primeiro fuso ao leste do meridiano de Greenwich, o que incrementa unha hora (11 h) a do meridiano 0°; nas illas Canarias teñen de referencia a hora do meridiano de Greenwich.

Se se viaxa cara a Asia hai que adiantar o reloxo; se se viaxa cara a América hai que atrasalo.

Actividades

1 • Adiantar 3 h. • Adiantar 7 h. • Atrasar 15 h.

Os fusos horarios

Calcular a hora dun lugar cando viaxamosPara coñecer a hora que é en cada lugar, a superficie terrestre dividiuse en 24 franxas ou fusos horarios, de xeito que a cada fuso lle corresponde unha hora.

O fuso horario que serve de referencia é o que corresponde ao meridiano de Greenwich.

• Ao oeste do meridiano de Greenwich, cada fuso horario ten unha hora menos respecto á hora da franxa anterior.

• Ao leste do meridiano de Greenwich, cada fuso horario ten unha hora máis respecto á hora da franxa anterior.

Greenwich

Nova York París

-9

-8

-7-8

-9

-6

-6

-5

-5

-4

-4

-5:30

-3

-3

-2 -1

0

0

+1

+1

Nova York

Río de Xaneiro

Los AngelesMadrid

Johannesburgo

Toquio

Sidney

Moscova

París

Mer

idia

no

de

Gre

enw

ich

+2

+2

+3

+3

+4

+3:30+4:30

+5:30+6:30

+5

+6

+7

+7

+8

+9

+8

+9:30+10

+10

+11

+11

+12

+12

507046 u06 p62 Husos horarios

10 h 11 h 12 h 13 h 14 h 15 h 16 h 17 h 18 h 19 h 20 h 21 h 22 h 23 h 24 h1 h 2 h0 h 3 h 4 h 5 h 6 h 7 h 8 h 9 h

OBSERVA E DESCUBRE

• Cantos fusos horarios hai? Por que?

• Que fusos horarios diferentes se utilizan en España?

• Se desde España viaxas cara a Asia, tes que adiantar ou atrasar o reloxo? E se viaxas cara a América?

ACTIVIDADES

1 Completa a táboa.

Adiantarás ou atrasarás o reloxo?

Cantas horas?

Madrid-Moscova … …

Moscova-Toquio … …

Toquio-Nova York … …

13

SUXESTIÓNSPropóñalles aos alumnos e ás alumnas que elaboren unha ruta polo mundo e vaian sinalando se teñen que adiantar ou atrasar o reloxo. Mesmo a poden ilustrar nun mapa de fusos horarios coma o desta páxina.

SUXESTIÓNSTodos os fusos horarios se definen en relación co fuso horario en que se atopa o meridiano de Greenwich, que recibe ese nome por pasar polo observatorio astronómico de Greenwich (Londres) e que se usa como referencia. O fuso do meridiano de Greenwich fixouse en 1884; anteriormente cada país tomaba un, polo que había varios meridianos de referencia.

Page 14: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

As imaxes de satéliteOs satélites artificiais e a informática revolucio-naron a exploración e o coñecemento da Terra. As imaxes de satélite obtéñense así:

O GPSO receptor GPS (Sistema de Posicionamento Global) permítenos coñecer a localización exacta de calquera punto: latitude, lonxitude e altitude, grazas á información que proporciona unha rede formada por 24 satélites.

A xeolocalización

2 A continuación, os senso-res remotos dos satélites artifi-ciais rexistran esa enerxía en forma de datos numéricos.

3 Estes datos convértense en imaxes grazas aos potentes ordenadores utilizados en terra por organizacións como a NASA, a ESA...

1 Os sensores remotos cap-tan, a intervalos regulares, a enerxía que reflicte de forma particular cada un dos obxec-tos da superficie terrestre.

Usos das imaxes obtidas por un satélite

Coa información que ofrecen as imaxes de saté-lite pódense detectar depósitos minerais, analizar a evolución das verteduras de petróleo, confeccio-nar mapas, predicir o tempo, descubrir novas tribos na Amazonia, saber como está evolucionando a vexetación dun lugar, coñecer os cambios produ-cidos nos casquetes polares, comprobar a exten-sión dun incendio, facer tarefas de recoñecemento dunha zona...

1 Para que se utiliza a información das imaxes de satélite?

2 TEMPO PARA FALAR. Observa a imaxe de satélite incluída nesta páxina e comenta co teu compañeiro ou compañeira.

• Que información achega?

• En que te baseas para afirmalo?

3 USA AS TIC. Busca información sobre os mapas topográficos e explica para que se utilizan.

ACTIVIDADES

14

Actividades

1 R. M. A información das imaxes de satélite serve para detectar depósitos minerais, analizar a evolución das verteduras de petróleo, confeccionar mapas, predicir o tempo atmosférico, descubrir novas tribos na Amazonia, entre outras moitas cousas.

2 2. R. M. A evolución das nubes. R. L.

3 R. L.

SUXESTIÓNSComprobe que os alumnos e as alumnas comprenderon o proceso de obtención de imaxes de satélite, moi diferente ás fotografías ás que eles están afeitos.

Page 15: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Comezamos

Tempo para falar• Que ves nesta fotografía?

• Sabes o que é un telescopio? Para que se utiliza?

• Paréceche importante saber como é o espazo? Por que?

• Viches algunha película ou liches algún libro relacionados co espazo? Cal? De que trataba? Gustouche? Cóntallelo aos teus compañeiros e compañeiras.

• Gustaríache algún día viaxar ao espazo?

Que sabes xa?• Que astros se ven no ceo, ademais do Sol

e a Lúa?

• Como se chama o planeta en que vivimos? Lembras o nome doutros planetas? Cales? Están habitados?

• Cal é a estrela que nos proporciona luz e calor?

• Que é a Lúa? Que sabes deste astro?

• Explica por que hai días e noites.

• Cales son as catro estacións? Enuméraas na orde en que se suceden.

1 Exploramos o universo

Telescopio espacial Hubble.

15

Tempo para falar Un telescopio espacial e o planeta Terra.

R. M. Un telescopio é un instrumento que se utiliza para observar o espazo.

R. L.

R. L.

R. L.

Que sabes xa? Vense estrelas, planetas, cometas...

O planeta en que vivimos chámase Terra. R. L.

A estrela que nos proporciona luz e calor é o Sol.

A Lúa é o satélite da Terra. R. L.

Porque a Terra xira sobre si mesma: na parte que recibe a luz do Sol é de día e na que non chegan os raios é de noite.

As estacións son primavera, verán, outono e inverno.

SUXESTIÓNSPode comentar algúns fitos da exploración espacial. Por exemplo: en 1957, Rusia puxo en órbita o Sputnik 1 (primeiro satélite artificial non tripulado); en 1961, Iuri Gagarin realizou a primeira viaxe espacial a bordo dunha nave; en 1969, Neil Armstrong foi a primeira persoa que pisou a Lúa…

LibroMediaVídeo: A Terra desde o espazo.

Page 16: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Como é o universo?

A orixe do universo

O universo é o conxunto de todos os astros que existen e o es-pazo que hai entre eles.

Hai aproximadamente quince mil millóns de anos, produciuse unha grande explosión, coñecida co nome de big bang. Esta explosión foi a orixe do universo. Nel hai estrelas, galaxias e outros moitos astros.

As estrelas

As estrelas son enormes esferas de gas. Producen moita ener-xía, que emiten en forma de luz e calor. (1)

As estrelas diferéncianse unhas doutras segundo sexa a súa cor, o seu tamaño e o seu brillo.

Cor. Varía debido á temperatura. As estrelas máis quentes son brancas ou azuis; as máis frías son laranxas ou avermelladas.

Brillo. É o que se percibe desde a Terra. Este depende da luminosidade, que é a cantidade de luz que emiten as estrelas, e da distancia a que se encontran da Terra. Canto máis próximas, máis brillantes se ven.

Tamaño. Non todas as estrelas teñen o mesmo tamaño: hainas ananas, xigantes ou superxigantes.

As constelacións

As constelacións son grupos de estrelas que forman figuras no ceo.

Como a Terra xira sobre si mesma, ao longo da noite non se ven sempre as mesmas constelacións. Como, ademais, xira arredor do Sol, tampouco se observan as mesmas constelacións en cada estación do ano nin desde o hemisferio norte e o he-misferio sur. (2)

1. O Sol é unha estrela que emite a luz e a calor que necesitamos na Terra para vivir.

2. Aspecto do firmamento en distintos momentos da mesma noite.

16

Observa e descubre

Os puntiños brancos son estrelas. R. L.

As estrelas están máis xuntas no centro da Vía Láctea. Sábese porque a cor branca é máis intensa.

Actividades

1 Estrela: enorme esfera de gas que emite enerxía en forma de luz e calor. Constelación: grupo de estrelas que forman unha figura no ceo. Galaxia: agrupación de millóns de estrelas, planetas, nubes de gas e fragmentos de rocha.

2 Tempo para escribir. As estrelas diferéncianse pola súa cor, que varía debido á temperatura: as máis quentes son brancas ou azuis, e as máis frías, laranxas ou avermelladas; polo seu tamaño,

SUXESTIÓNSNomee algunhas constelacións (Osa Maior, Cruz do Sur, Libra, Casiopea…) e comente a forma que teñen.

SUXESTIÓNSComente que a onda expansiva do big bang aínda segue medrando, polo que non se sabe que vai suceder nun futuro: se o universo seguirá crecendo ou se, polo contrario, se contraerá.

LibroMediaPresentacións interactivas: O ceo nocturno. As estrelas.

Page 17: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

As galaxias

As galaxias son agrupacións de millóns de es-trelas, planetas, nubes de gas e fragmentos de rocha. Poden ter forma elíptica, espiral ou irre-gular.

A Terra e case todos os astros que vemos están nunha galaxia espiral chamada Vía Láctea, que sig-nifica «camiño de leite». Os romanos déronlle este nome debido á súa cor branca intensa. (3)

O noso planeta está situado nun dos brazos desta galaxia, o brazo de Orión.

3. A Vía Láctea é unha galaxia con forma de espiral. No seu centro, a cor branca é máis intensa porque as estrelas están máis próximas unhas das outras ca nos brazos.

OBSERVA E DESCUBRE

• Observa as imaxes do firmamento a diferentes horas. Que son os puntiños brancos? A que figuras che lembran as estrelas agrupadas?

• Observa a Vía Láctea. Onde están máis xuntas as estrelas: no centro ou nos brazos? Por que o sabes?

1 Define: estrela, constelación, galaxia.

2 TEMPO PARA ESCRIBIR. Explica en que se diferencian unhas estrelas doutras.

3 Como se chama a galaxia en que está a Terra?

ACTIVIDADES

centro da galaxiasistema solar

Terra

Debuxo a Vía Láctea

Imaxina que che piden que participes nunha exposición artística sobre a Vía Láctea.

Crea a túa obra coa técnica que prefiras: colaxe, acuarela, plastilina…, e móstrallela aos teus compañeiros e compañeiras.

C

REATIVIDADE

brazo de Orión

Vía Láctea

17

xa que as hai ananas, xigantes ou superxigantes, e polo seu brillo, que depende da luminosidade (cantidade de luz que emiten) e da distancia a que se encontran da Terra (canto máis próximas, máis brillantes se ven).

3 A galaxia en que está a Terra chámase Vía Láctea.

Creatividade

R. L.

SUXESTIÓNSAlgúns estudantes poden confundir os conceptos de astronomía e astroloxía. A astronomía é a ciencia que estuda os astros e os seus movementos e leis, mentres que a astroloxía é o estudo da posición e do movemento dos astros coa pretensión de predicir feitos futuros e coñecer o carácter das persoas.

LibroMediaActividade: O sistema solar.

LibroMediaGalería de imaxes: Distintos tipos de galaxias.

Page 18: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

OBSERVA E DESCUBRE

• Que hai no centro do sistema solar?

• Cantos planetas hai? Enuméraos.

• Entre que planetas está o cinto de asteroides?

• Que representan as liñas azuis do debuxo?

Plutón

OBSERVA E DESCUBRE

• Que hai no centro do sistema solar?

• Cantos planetas hai? Enuméraos.

• Entre que planetas está o cinto de asteroides?

• Que representan as liñas azuis do debuxo?

1. Esquema do sistema solar.

Como é o sistema solar?Un sistema planetario está formado por unha estrela e os astros que xiran arredor dela.

O noso sistema planetario é o sistema solar. (1) Está formado, entre outros, polo Sol, os planetas (Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno), os satélites e os planetas ananos.

SolMercurioVenus

TerraMarte

Xúpiter

NeptunoSaturno

Urano

Plutón

cinto de Kuiper

cometa

cinto de asteroides

• Son astros grandes, de forma esférica e sen luz propia.

• Realizan un movemento de rotación sobre si mesmos e outro de translación arredor do Sol. O percorrido que seguen chámase órbita.

• Arredor deles xiran corpos rochosos chamados satélites.

• É a estrela arredor da cal xira a Terra. É unha xigantesca esfera que emite luz e calor. É moito máis grande ca a Terra.

• A distancia entre a Terra e o Sol é a xusta para que a luz e a calor do Sol permitan a vida no noso planeta.

• Son corpos esféricos sen luz propia, pero moito máis pequenos ca os planetas.

• O máis coñecido é Plutón, que ten un tamaño inferior á Lúa. (1)

Ata hai pouco tempo considerábase que era un planeta.

Somos parte do sistema solar

Os planetas ananosOs planetasO Sol

18

Observa e descubre

No centro do sistema solar está o Sol.

Hai oito planetas: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

O cinto de asteroides encóntrase entre os planetas Marte e Xúpiter.

As liñas azuis representan as órbitas que realizan os planetas arredor do Sol.

Actividades

1 Un planeta é un astro grande, de forma esférica e sen luz propia, que realiza un movemento de rotación sobre si mesmo e outro de translación arredor do Sol, mentres que un satélite é un corpo rochoso que xira arredor dos planetas.

2 R. L.

3 O cometa Halley volverase ver no ano 2061, porque é visible desde a Terra cada 75 anos (1986 + 75 = 2061).

SUXESTIÓNSIndique que vemos o Sol tan pequeno no ceo porque está a máis de 140 millóns de quilómetros de distancia da Terra.

SUXESTIÓNSAnime os estudantes a que observen o ceo. Sinale que, coa axuda dun telescopio ou a simple vista, se o ceo está despexado, poden ver ao solpor ou ao mencer o planeta Venus. É o astro máis brillante do firmamento despois da Lúa.

LibroMediaVídeo: Os planetas do sistema solar.

Page 19: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1Os corpos pequenos do sistema solarNeste grupo inclúense decenas de miles de asteroides e cometas.

1 Que diferenzas hai entre un planeta e un satélite?

2 Realiza un esquema no caderno sobre os corpos pequenos do sistema solar.

3 Se a última vez que se viu o cometa Halley desde a Terra foi en 1986, en que ano se poderá volver ver? Por que?

4 USA AS TIC. Investigade o que son as «lágrimas de san Lourenzo». Por que se chaman así?

ACTIVIDADES

4. Chuvia de estrelas fugaces.

• Os asteroides son fragmentos de rocha que xiran arredor do Sol. (2) Encóntranse sobre todo en dúas rexións: o cinto de asteroides, entre Marte e Xúpiter; e o cinto de Kuiper, máis alá de Neptuno.

• Os meteoritos son asteroides pequenos que chocan con outros astros e forman cráteres na súa superficie. (3)

• As estrelas fugaces son pequenas partículas de po de asteroides e cometas que se desintegran ao entrar na atmosfera terrestre a gran velocidade. (4)

5. O cometa Halley é visible desde a Terra cada 75 anos.

3. Cráter producido polo impacto dun meteorito.

• Os cometas son astros xeados que xiran arredor do Sol seguindo unha órbita que ten forma ovalada. Cando se achegan ao Sol, a calor evapora parte dos seus materiais e estes forman unha cola de gas e po. (5)

2. Representación dun asteroide achegándose á Terra.

cola do cometa

Que pasaría se…

Imaxina que un meteorito impacta na túa localidade, preto da túa casa ou do teu colexio.

Escribe cinco cousas que se verían afectadas polo impacto do meteorito.

CRE

ATIVIDADE

19

4 Usa as TIC. R. M. As «lágrimas de san Lourenzo» son unha chuvia de estrelas fugaces. Chámanse así porque adoitan caer sobre os días 11 ou 12 do mes de agosto, preto da festividade de san Lourenzo.

Creatividade

R. L.

SUXESTIÓNSSinale que a atmosfera é unha barreira protectora que impide que cheguen ata a superficie terrestre a maioría dos corpos celestes que impactan sobre o noso planeta.

Page 20: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

• É case esférica: está lixeiramente achatada nos polos.

• A súa superficie é irregular por mor do seu relevo: montañas, vales, acantilados…

• Vista desde o espazo predomina a cor azul, xa que a maior parte da súa superficie está ocupada por auga.

OBSERVA E DESCUBRE

• Se observas a Terra desde o polo Norte, en que sentido xira a Terra: no que xiran as agullas dun reloxo ou no sentido contrario?

A Terra, un planeta en movemento

• É case esférica: está lixeiramente achatada nos polos.

• A súa superficie é irregular por mor do seu relevo: montañas, vales, acantilados…

Forma

• Vista desde o espazo predomina a cor azul, xa que a maior parte da súa superficie está ocupada por auga.

Cor

A Terra reúne as condicións necesarias para a vida porque ten:

• Atmosfera: esta capa envolve a Terra e evita que queza en exceso polo día e que arrefríe demasiado pola noite.

• Auga: é un elemento imprescindible para a vida.

• Temperaturas moderadas: se estivese máis preto ou máis lonxe do Sol iría demasiada calor ou frío.

Condicións para a vida

1. O movemento de rotación da Terra. O eixe de rotación da Terra coincide coa liña que une o polo Norte e o polo Sur.

Como é a Terra?A Terra é o terceiro planeta do sistema solar que se encontra máis preto do Sol.

A Terra xira sobre si mesma

A Terra xira constantemente sobre si mesma arredor do seu eixe de rotación. Tarda 24 ho-ras, é dicir, un día, en completar unha volta. Este é o movemento de rotación. (1)

Cando unha parte da Terra está fronte ao Sol, esta recibe a súa luz e é de día. Ao mesmo tempo, hai outra parte da Terra á que non lle chega a luz do Sol; nesa zona é de noite.

polo Norte

plano de rotación

polo Sur

sentido da rotación

eixe de rotación

20

Observa e descubre

A Terra xira en sentido contrario ás agullas do reloxo.

Actividades

1 Ver esquema resolto a continuación.

SUXESTIÓNSCompare as características da Terra coas doutros planetas. Por exemplo, nalgúns planetas a temperatura é tan alta que non se podería vivir neles. É o caso de Venus, onde se superan os 400 ºC.

SUXESTIÓNSFaga unha simulación dos movementos de rotación e de translación da Terra coa axuda dunha lanterna, que representará o Sol, e dunha pelota, que será a Terra.

Movementos da Terra

translaciónrotación

tarda 365 días e unhas 6 horas.

provoca as estacións.

tarda 24 horas.

provoca os días e as noites.

LibroMediaVídeo: Os movementos de rotación e de translación.

Page 21: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

2. O movemento de translación da Terra.

Sol

primavera

invernoinverno

verán

verán

primavera

outono

outono

A Terra xira arredor do Sol

A Terra desprázase arredor do Sol. Tarda 365 días e unhas 6 horas, é dicir, un ano, en com-pletar unha volta. Este é o movemento de translación. (2)

Este movemento dá lugar ás estacións. Como o eixe de rotación da Terra está inclinado, os raios do Sol chegan con distinta inclinación a unha zona ou outra do planeta e isto fai que os días e as noites teñan diferente duración:

• Cando é inverno no hemisferio norte hai menos horas de luz, porque os raios do Sol chegan inclinados e dan menos calor. Ao mesmo tem-po é verán no hemisferio sur.

• Cando é verán no hemisferio norte, hai máis horas de luz, porque os raios do Sol chegan menos inclinados e dan máis calor. Á vez é in-verno no hemisferio sur.

1 Copia e completa este esquema no caderno.

2 Explica as condicións da Terra para a vida.

ACTIVIDADES

Os seres vivos e as estacións

O movemento de translación da Terra e a sucesión das estacións teñen moito que ver co comportamento dos seres vivos.

Por exemplo, as plantas brotan na primavera, cando hai máis luz e a temperatura aumenta; e algunhas perden as follas no outono, cando os días se fan máis curtos e hai menos horas de luz.

Moitas aves migran no outono en busca de alimento e calor e regresan na primavera; e algúns mamíferos entran en letargo no inverno, cando os alimentos escasean.

SABER MÁIS

Movementos da Terra

tarda … provoca …

tarda … provoca …21

SUXESTIÓNSExplique que, como a Terra tarda 365 días e 6 horas en dar unha volta ao Sol, cada catro anos engádese un día ao calendario (6 x 4 = 24 horas, que é un día). Son os anos bisestos, que teñen 366 días.

2 A Terra ofrece as condicións necesarias para a vida. Estas son a atmosfera, que envolve a Terra e evita que queza en exceso polo día e que arrefríe demasiado pola noite; o auga, que é un elemento imprescindible para a vida, e as temperaturas moderadas, xa que se a Terra estivese máis preto ou máis lonxe do Sol, iría demasiada calor ou frío de máis.

LibroMediaActividade: Os movementos da Terra.

Page 22: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

A influencia da Lúa

Eclipse de Sol

• A Lúa interponse entre o Sol e a Terra.

• Vemos a sombra da Lúa sobre a Terra e dános a sensación de que o Sol se vai escurecendo.

Eclipse de Lúa

• A Terra interponse entre o Sol e a Lúa.

• Vemos a sombra da Terra sobre a Lúa e parece como se a Lúa fose desaparecendo pouco a pouco.

SolSol

Terra

Lúa LúaTerra

1. Cada unha das fases da Lúa dura unha semana. Sucédense unhas a outras seguindo sempre a mesma orde.

A Lúa móvese

A Lúa é o único satélite natural da Terra. Igual ca esta, realiza dous movementos: de rotación e de translación.

• No movemento de rotación, a Lúa xira sobre si mesma. En completar unha volta tarda 28 días aproximadamente.

• No movemento de translación, a Lúa xira arredor da Terra. En completar unha volta tarda tamén 28 días.

Segundo a posición que ocupan o Sol, a Terra e a Lúa, vese iluminada unha ou outra parte da Lúa. Os distintos aspectos que presenta chámanse fases. (1)

• Cuarto crecente: a zona da Lúa que ilumina o Sol é cada vez maior.

• Lúa chea: a Terra está entre a Lúa e o Sol. Ilumínase toda a cara visible da Lúa.

• Cuarto minguante: a zona iluminada da Lúa é cada vez menor.

• Lúa nova: a Lúa está entre a Terra e o Sol. A cara da Lúa que vemos non recibe luz e practicamente non se ve.

Que son as eclipses?As eclipses prodúcense cando tres astros se aliñan e un deles oculta outro. Hai dous tipos de eclipses: as de Sol e as de Lúa.

lúa chealúa nova

cuarto crecente

cuarto minguante

OBSERVA E DESCUBRE

• Enumera en orde as fases da Lúa.

• En que se diferencian unha eclipse de Sol e unha eclipse de Lúa?

22

Observa e descubre

A orde das fases da Lúa: cuarto crecente, lúa chea, cuarto minguante, lúa nova.

Nunha eclipse de Sol, a Lúa interponse entre o Sol e a Terra, mentres que nunha eclipse de Lúa é a Terra a que se interpón entre o Sol e a Lúa.

Observa e descubre

A diferenza entre ambas as fotografías é que na imaxe da esquerda hai marea alta ou preamar, e na da dereita hai marea baixa ou baixamar.

Entre unha e outra fotografía pasarían como mínimo unhas 6 horas, porque é o tempo que transcorre entre unha marea alta e unha marea baixa.

SUXESTIÓNSLémbrelles aos estudantes que non é conveniente mirar directamente unha eclipse. Cómpre protexer os ollos con filtros específicos; en caso contrario, poderíanse producir graves lesións oculares.

SUXESTIÓNSUn truco para lembrar as fases da Lúa: a Lúa é mentireira; por iso, cando a vemos con forma de C non crece, é dicir, non está en cuarto crecente, senón en cuarto minguante.

LibroMediaPresentación interactiva: A Lúa e os seus movementos.

Page 23: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

OBSERVA E DESCUBRE

• En que se diferencian estas fotografías, que foron feitas no mesmo día?

• Canto tempo pasaría como mínimo entre unha e outra? Por que?

Que son as mareas?

As mareas son ascensos e descensos diarios do nivel do mar, provocados pola atracción da Lúa e o Sol sobre as augas.

Entre dúas mareas altas ou dúas mareas baixas transcorren unhas 12 horas, e entre unha marea alta e unha marea baixa, unhas 6 horas.

1 Por que desde a Terra vemos a Lúa con diferentes formas?

2 Se a Lúa é un satélite e non ten luz propia, por que a vemos brillante?

3 Roi, Edu e Antía están representando unha eclipse de Sol. Observade como están colocados e escribide no caderno quen pode representar a Terra, quen o Sol e quen a Lúa. Xustificade a resposta.

4 TEMPO PARA FALAR. Observaches algunha vez unha eclipse? Onde estabas? Que ocorreu? Lembra a túa experiencia e cóntallela aos teus compañeiros e compañeiras.

ACTIVIDADES

Roi Edu Antía

Preamar

Cando a auga do mar ascende prodúcese a marea alta ou preamar.

Baixamar

Cando a auga do mar descende prodúcese a marea baixa ou baixamar.

23

Actividades

1 A Lúa vese con diferentes formas porque vemos iluminada unha ou outra parte do satélite, dependendo da posición que ocupen o Sol, a Terra e a Lúa.

2 Vemos a Lúa brillante porque na súa superficie se reflicte a luz do Sol.

3 Nunha eclipse de Sol, a Lúa interponse entre o Sol e a Terra, polo tanto, a Lúa sería Edu, que está no medio; Roi sería o Sol, e Antía, a Terra.

4 Tempo para falar. R. L.

SUXESTIÓNSPregúntelles aos alumnos e alumnas en que situacións pode ser interesante saber a que hora será a preamar ou a baixamar nun lugar determinado.

LibroMediaActividades: A Lúa. Tipos de eclipses.

Page 24: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

TEMPO PARA LER

Hypatia, unha muller extraordinaria

Hypatia de Alexandría considérase a primeira científica da historia. (2) Naceu arredor do ano 370, en tempos do Imperio romano, en Alexan-dría, unha importante cidade situada no norte de Exipto.

Naquela época as mulleres non tiñan acceso á educación, pero ela tivo a sorte de ser filla de Teón de Alexandría, un prestixioso filósofo e ma-temático. El encargouse de que a moza desen-volvese todas as súas capacidades e así foi como Hypatia se converteu nunha das mellores cientí-ficas e filósofas da súa época.

No ámbito da astronomía, estudou as órbitas dos planetas e elaborou un planisferio dos corpos celestes.

Ademais, inventou un astrolabio, que é un ins-trumento que utilizaban na Antigüidade os ma-riños para orientarse no mar calculando a po-

1. O pintor italiano Rafael retratou na súa obra A escola de Atenas os filósofos, científicos e matemáticos máis importantes da Antigüidade, entre os que estaba Hypatia.

1 Contesta no caderno:

• De que trata este texto? Pareceuche interesante? Que é o que máis che chamou a atención?

• Oíras falar antes de Hypatia? Cres que lle foi fácil chegar a ser unha gran científica? Por que?

2 TEMPO PARA ESCRIBIR. Que lle sucedería a Hypatia se seu pai non a apoiase? Podería estudar? Converteríase nunha científica? Pensa e escribe.

3 TEMPO PARA FALAR. Que che gustaría ser de maior? Que serías quen de facer para alcanzar os teus soños? Comparte as túas respostas coa túa parella.

4 VALORES. Hoxe en día a educación é un dereito. Que significa isto? Credes que é importante para as persoas acceder á educación? Por que? 2. Detalle do retrato de Hypatia.

sición das estrelas. Estes traballos serviron para que, moitos anos despois, se bautizase co seu nome un aste-roide e un cráter lunar.

Hypatia pasou á historia non só pola intelixencia e sabe-doría, senón tamén pola tenacidade e constancia que de-mostrou á hora de alcanzar os seus soños e converterse nunha gran científica. Por certo, o nome de Hypatia sig-nifica «extraordinaria».

24

Solucionario

1 O texto trata sobre a vida e os descubrimentos da astrónoma Hypatia de Alexandría. R. L.

R. L.

2 Tempo para escribir. R. M. Probablemente, tería dificultades para estudar e traballar como científica, pois na súa época as mulleres non tiñan acceso á educación.

3 Tempo para falar. R. L.

4 Valores. R. M. Significa que todos os seres humanos teñen dereito a formarse e a adquirir os coñecementos necesarios para medrar como persoas. R. L.

SUXESTIÓNSExplique que, durante séculos, as circunstancias sociais e culturais apartaron as mulleres da ciencia e da tecnoloxía, pero que, aínda así, moitas mulleres realizaron importantes investigacións. Cite exemplos, como Émile du Châtelet, Maria Gaetana Agnesi, Carolina Herschel, Ada Lovelace, Williamina Fleming, Lise Meitner… Anime os estudantes a investigar sobre elas e a coñecer o seu labor científico.

Page 25: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

SABER FACER 1Constrúo un modelo para representar eclipsesUn modelo é unha representación da realidade. Serve para mostrar como son ou como funcionan algunhas cousas difíciles de ver.

3

21

4

5

Reúne o material

1 Toma nota do que necesitas para realizar este modelo.

• unha tapa dunha caixa de zapatos • tres bólas de poliestireno (grande, mediana e pequena) • dous espetos • un escarvadentes • témperas ou rotuladores • papel de aluminio

Constrúe o modelo

2 Sigue estes pasos:

1. Colorea a bóla de poliestireno grande para que represente o Sol e a mediana, a Terra. Forra a bóla pequena con papel de aluminio para simular a Lúa.

2. Introduce un espeto en cada extremo da tapa ata que saia pola parte superior.

3. Crava o Sol na punta dun dos espetos e a Terra na do outro.

4. Fixa o escarvadentes horizontalmente na Terra e coloca a Lúa na outra punta.

5. Por último, comproba que podes xirar as bólas e que o modelo funciona correctamente.

Utiliza o modelo

3 Representa unha eclipse solar co modelo que construíches:

• Coloca unha lanterna diante do Sol e xira os astros da forma adecuada.

• Debuxa a posición dos astros no caderno e describe o efecto que se produce.

• Compara o resultado que obtiveches co da túa compañeira ou compañeiro.

25

Solucionario

1 R. L.

2 R. L.

3 R. L.

SUXESTIÓNSComo os alumnos e alumnas van utilizar varios elementos aguzados, insista en que teñan coidado ao manexalos para non se mancar.

LibroMediaVídeo: As eclipses.

Page 26: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1 MAPA MENTAL. Copia e completa no caderno este mapa mental sobre o universo.

2 PALABRAS CLAVE. Pensa e escribe no caderno en que se parecen e en que se diferencian as palabras que forman cada grupo.

estrela galaxia

constelación

planeta satélite

planeta anano

asteroide meteorito

estrela fugaz

3 Contesta no caderno.

• Que é o universo? Como xurdiu?

• Enumera os distintos compoñentes do universo que podemos ver a simple vista.

• En que se diferencian unha estrela quente e unha estrela fría?

• Que forma ten a Terra? Como é a súa superficie?

O universo

form

ado

por

provoca

tard

a

tarda

… …

… ……

……

……

……

prov

oca

a Terra xira

sistema solarfases da Lúa

a Lúa xira

a Terra ten

COMPROBO O MEU PROGRESO

26

Solucionario

1 Mapa mental. Ver mapa mental no Anexo final.

2 Palabras clave. Unha estrela, unha galaxia e unha constelación son ou están formadas por astros. Diferéncianse en que unha estrela é unha enorme esfera de gas que produce enerxía en forma de luz e calor, mentres que unha constelación é unha agrupación de estrelas, e unha galaxia é un conxunto de estrelas, planetas, nubes de gas e fragmentos de rocha.

Un planeta, un satélite e un planeta anano son astros que non teñen luz propia. Diferéncianse en que un planeta xira arredor do Sol, un satélite xira arredor dun planeta, e un planeta anano é moito máis pequeno ca un planeta.

Un asteroide, un meteorito e unha estrela fugaz son corpos pequenos do sistema solar. Diferéncianse en que un asteroide xira arredor do Sol, un meteorito é un asteroide pequeno que choca con outros astros, e unha estrela fugaz son pequenas partículas de po de asteroides e cometas que se desintegran ao entrar na atmosfera terrestre a gran velocidade.

SUXESTIÓNSPídalles aos estudantes que expliquen na clase o mapa mental que completaron.

Page 27: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

4 Copia e completa no caderno esta táboa sobre os movementos da Terra e da Lúa.

6 Calca no caderno o esquema do sistema solar e sigue as instrucións.

1

Movemento Consiste en Tarda

Rotación da Terra … …

Translación da… … …

… … …

… … …

5 Observa e responde no caderno.

• Que astro se ve na fotografía?

• Como é a súa órbita?

• Que o caracteriza?

• Con que outro astro se podería confundir? Por que?

• Escribe o nome do Sol e de cada planeta. Despois, enumera os máis próximos ao Sol e os máis afastados del.

• Escribe no seu lugar o nome dun planeta anano.

• Debuxa a Lúa no lugar correspondente.

• Debuxa o cinto de asteroides.

27

3 O universo é o conxunto de todos os astros que existen e o espazo que hai entre eles. Xurdiu hai uns quince mil millóns de anos debido a unha grande explosión, o big bang. A simple vista pódense ver as estrelas, a Lúa, as estrelas fugaces e os cometas, entre outros. Unha estrela quente é de cor branca ou azulada, e unha estrela fría é laranxa ou avermellada. A Terra ten unha forma case esférica. A súa superficie é irregular

debido ao seu relevo.

4 Ver táboa no Anexo final.

5 Vese un cometa. A súa órbita é ovalada. É un astro xeado e, cando se achega ao Sol, a calor evapora parte dos seus materiais formando unha cola de gas e po. Cunha estrela fugaz, porque tamén teñen unha pequena cola.

6 Resposta gráfica (R. G.). De esquerda a dereita: Sol, Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Os planetas máis próximos ao Sol son Mercurio, Venus, Terra e Marte. Os planetas máis afastados son Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

SUXESTIÓNSCando realicen a actividade 6, indique que Plutón foi considerado un planeta ata o ano 2006, cando se clasificou como planeta anano, por ter trazos diferentes aos dos planetas, por exemplo, unha órbita que atravesa a doutros planetas.

LibroMediaActividade: Que sabes do sistema solar?

Page 28: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

7 Pensa e responde no caderno.

• Que son as constelacións?

• Por que non se ven as mesmas estrelas durante toda a noite?

• E por que non se ven as mesmas estrelas no verán e no inverno?

8 Escribe no caderno que tipo de galaxias son. Con cal relacionarías a Vía Láctea? Por que?

COMO O FIXEN? Responde no caderno.

Que conceptos novos aprendiches? Explícaos.

Que sabías antes sobre o universo? Que sabes agora?

Que che resultou máis difícil? Que poderías mellorar?

Eres quen de debuxar o esquema do sistema solar sen consultar ningún libro?

Ponlle nota ao teu traballo nesta unidade.

9 TEMPO PARA FALAR. Observa o debuxo e explícalle ao teu compañeiro ou compañeira por que a estrela A é máis brillante ca a estrela B se as dúas son igual de luminosas.

A

B CA

B

B

A

COMPROBO O MEU PROGRESO

28

O planeta anano é Plutón, o último astro situado á dereita.

R. G. A Lúa débese debuxar ao lado da Terra.

R. G. O cinto de asteroides está entre Marte e Xúpiter.

7 As constelacións son grupos de estrelas que forman figuras

no ceo. Non se ven as mesmas estrelas durante toda a noite

porque a Terra xira sobre si mesma. Non se ven as mesmas

estrelas no verán ca no inverno porque a Terra xira arredor

do Sol.

8 A. Espiral. B. Elíptica. C. Irregular. A fotografía A está relacionada coa Vía Láctea, porque esta galaxia ten forma de espiral.

9 Tempo para falar. A estrela A é máis brillante ca a B porque está máis preto da Terra.

COMO O FIXEN?

R. L. R. L. R. L. R. L.

R. L.

SUXESTIÓNSAproveite a realización da actividade 8 para lembrarlles aos estudantes que o brillo das galaxias se debe aos millóns de estrelas que conteñen.

LibroMediaActividade: Comprobo o meu progreso.

Page 29: 5 Ciencias Sociais · 2020. 4. 1. · O libro Ciencias Sociais para o 5.º curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

NOTAS