Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua...

24
Recursos literarios

Transcript of Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua...

Page 1: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Recursos literarios

369798 _ 0001-0024.indd 1 23/07/12 9:54

Page 2: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclode primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Antonio Brandi Fernández e Ana María Guerra Cañizo.

Edición: Anxos Campos González, Ánxela Carril Caldelas, Afonso Toimil Castro e Amparo Tortosa Sanz.

Dirección e coordinación editorial de primaria: Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero.

Ilustración dos Recursos literarios: Toni Cabo, Rosanna Crespo, Ánxeles Ferrer e M.ª Fe Quesada.

Confección e montaxe: Ester Marín Otero, Virtudes Llobet Azpitarte e Laura Gil de Tejada Alemany.

Corrección: María Curros Ferro e Antón Palacio Sánchez

Textos seleccionados e adaptados dos materiais seguintes:

Lecturas de aquí e de acolá (3.º e 4.ºde primaria)

Lingua, serie A casa do saber (3.º e 4.º de primaria)

E das seguintes obras:

O baúl das lembranzas (María Magdalena Domínguez), Os soños na gaiola (Manuel María), Unha chea de aloumiños (Antonio G. Teijeiro) O meu gato é un poeta (Fran Alonso), Martingadas, Poemas para nenos (Santiago Freire), Xardín do Pasatempo (Ramiro Fonte)

Dirección de arte: Xosé Crespo González.

Proxecto gráfico: Estudio Pep Carrió.

Xefa de proxecto: Rosa Marín González.

Coordinación de ilustración: Carlos Aguilera Sevillano.

Xefe de desenvolvemento do proxecto: Xavier Tejeda de la Calle.

Desenvolvemento gráfico: Raúl de Andrés González, Rosa Barriga Gaitáne Jorge Gómez Tobar.

Dirección técnica: Ángel García Encinar.

Coordinación técnica: Ester Marín Otero e Jesús Muela Ramiro.

Esta obra está protexida polas leis de dereitos de autor e a súa propiedade intelectual corresponde a Obradoiro/Santillana. Os usuarios lexítimos da obra soamente están autorizados a facer fotocopias para usalas como material da aula. Queda prohibida calquera outra utilización fóra dos usos permitidos, especialmente aquela que teña finalidades comerciais.

© 2012 by Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.Ruela de Entrecercas, 2 - 15705 Santiago de CompostelaPrinted in Spain

CP: 369798Depósito legal:

369798 _ 0001-0024.indd 2 23/07/12 9:54

Page 3: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Lúa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..4

Antenas.de.mosca. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..5

Bolboreta.tola . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..6

Chega.a.primavera.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ...7

Teñen.nome. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..8

Cantiga.da.escola ..As.ondas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..9

O.zoo.ilóxico. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..10

Cantaba.unha.cantiga ..O.nome.do.tren . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..11

A.nube . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..12

Se.vendo ..Xan.Pericán. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..13

Pesadelo ..Quixera.ser.paxariño . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..14

A.praza. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..15

A.festa.do.patrón. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..16

Mouras ..A.Lúa.durmida. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..17

A.auga.do.río ..Mira…. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..18

Festa.no.bosque. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .19

Arco.da.vella . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..20

Grea.de.gatos. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..21

Corre,.corre,.meu.cabalo ..O.recreo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..22

As.letras ..Adiviña. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..23

Retesía.vocálica. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..24

Recursos literarios

369798 _ 0001-0024.indd 3 25/07/12 8:30

Page 4: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Lúa

A lúa é velliña,

de brancos cabelos,

de engurras de ouro

e de olliños cegos.

Érguese do leito

das foulas1 do mar

palpando os espazos

para camiñar.

Anda polo mundo

sen ver a onde vai

pois as estreliñas

lévana da man.

Envolveita en néboas

hase de abrigar

pois como vai vella

tense de coidar.

Cando na alta noite

brúa o temporal

a lúa entre as tebras

tápase a tremar.

E así que o mal tempo

amainado vai

asoma a faciana

e espalla o luar.

LUÍS AMADO CARBALLO

1 foulas: escuma que levantan as ondas ao bateren con algo.

4 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 4 23/07/12 9:54

Page 5: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Antenas de mosca

Antenas de mosca,

escamas de peixe,

pel de crocodilo,

cuncha de vieira,

ás de bolboreta,

que cores, que estilo!

Gadoupas de gato,

cornos de bisonte,

traxe de pingüín,

dentiños de rato,

e mil complementos

que non teñen fin.

Moda animal,

moda animal,

sempre distinta

nunca é igual.

Con mil detalles

para admirar.

Por onde vaias

a encontrarás.

E por sempre ti dirás

que é unha moda

especial.

Debuxos de cebra,

rabo de cabalo,

e patas de ra,

plumeiro de ave,

e ollos da serpe,

que axexando está,

bigotes de morsa,

bolsa de canguro,

dente de león,

manchas da xirafa,

rabo de raposo

e pel de visón.

Moda animal,

moda animal,

sempre distinta

nunca é igual...

ANA M.ª FERNÁNDEZ

5Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 5 23/07/12 9:54

Page 6: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Recursos literaris

Bolboreta tola

Vai a bolboreta

dunha flor a outra,

brinca que te brinca,

voa que te voa,

a bolboretiña

parece unha tola.

Non se sabe nunca

a onde quere ir,

que é o que ela pensa,

se chora ou se ri.

Tampouco se sabe

se vai ou se vén.

A onde ela vai

non sabe ninguén.

Voa bolboreta,

bolboreta voa,

voa bolboreta

dunha flor a outra,

voa bolboreta

bolboreta tola.

MARÍA MAGDALENA

DOMÍNGUEZ

6 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 6 23/07/12 9:54

Page 7: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Chega a primavera

Polas esquinas

de abril

a primavera as follas

comeza a abrir.

Está a ameixeira

en flor,

quece a Terra

o Sol.

Pían nas ramas

os gorrións,

voan no ceo

nubes de algodón.

Por fin,

sobre a terra

se pousou

a primavera.

SANTIAGO FREIRE

7Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 7 23/07/12 9:54

Page 8: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Teñen nome

Non digas «unha árbore»,

dille «carballo»,

se che gusta a súa sombra

tes que nomealo.

Que ten un nome,

se che gusta a súa sombra,

que non se borre.

Non lle digas «paxaro»

dille «andoriña»,

que vén coa primavera

e anuncia a vida.

Que ten un nome,

que vén coa primavera,

que non se borre.

Non lle digas «unha flor»,

di «madreselva»

e fai unha grilanda

abondo bela

para o cabelo,

e fai unha grilanda

co nome enteiro.

MARICA CAMPO

8 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 8 23/07/12 9:54

Page 9: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

As ondas

As ondas mariñas tallan

estatuas de sal.

Os risos das rapaciñas

fanlle cóxegas ao mar.

ANTONIO G. TEIJEIRO

Cantiga da escola

Acaba de soar o meu espertador

e no colexio espérame o profesor

almorzarei cereais con leite

O meu espertador acaba de soar

e o profesor estame a esperar

almorzarei cereais con leite

Sairei ao recreo cando toque o timbre

e para a merenda levarei un melindre

almorzarei cereais con leite

Sairei ao recreo cando o timbre toque

e á merenda dareille outro enfoque

almorzarei cereais con leite

FRAN ALONSO

9Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 9 23/07/12 9:54

Page 10: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

O zoo ilóxico

Poñen as gaivotas

das illas remotas

botas

para camiñar

e non se mollar

co mar.

Na porta da adega

anda a rir a pega

cega.

Bebe na fontela

a esguía1 gacela

bela.

No cume do monte

corría un bisonte

onte.

Dentro do seu tobo

soña un conto o lobo

novo.

Que almorza o camelo?

Queixo con marmelo.

Ollos do deserto

o voitre esperto.

Debaixo do río

crocodilo frío.

E no xeo a foca

nunca se equivoca.

Son nove animais.

Podían ser máis.

PEPE CÁCCAMO

1 esguía: esvelta, lanzal.

10 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 10 23/07/12 9:54

Page 11: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Raíl,

andén1,

vagón,

Que longo é

o nome do tren!

cidade,

raíl,

andén...

chaca

chaca,

chaca

chá,

túnel,

ríos,

pontes,

locomotora,

estación,

Cantaba unha cantiga

Cantaba unha cantiga

o mariñeiro

na negrura do mar.

Pechaban os seus ollos

os luceiros

oíndo o seu cantar.

Falaba duns amores

feiticeiros

o seu doce laiar.

Que triste e que fermoso

e que lixeiro

soaba o seu trobar!

ANTONIO G. TEIJEIRO

O nome do tren

HELENA VILLAR JANEIRO

1 andén: en galego correcto, plataforma.

11Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 11 23/07/12 9:54

Page 12: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

A nube

A nube

de azucre e caramelo

ás veces é chuvia,

ás veces é veo.

Polo verán

e tamén no inverno

mira, remira,

pasea no ceo.

Pensa formas,

ensaia modelos,

sempre distinta

diante dos nenos.

Vai cara adiante,

tamén cara atrás,

a todos ensina

como bailar.

Baixa e sobe,

gústalle xogar,

se sopra o vento

déixase levar.

Sabe dar voltas,

tamén revirar,

muda de forma

para se estirar.

Cando chega a lúa

póñense a xogar,

unha ponse diante

e outra detrás.

Nube, non marches,

quérote debuxar,

ensinareillo á mestra

e tamén á mamá.

CARME BAZ

12 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 12 23/07/12 9:54

Page 13: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Se vendo

Se vendo carne,

son un carneiro.

Se vendo flores,

son un floreiro.

Se vendo fungos,

son un fungueiro.

Se vendo argolas,

un argalleiro.

Se vendo puntas,

son un punteiro.

E se galiñas,

un galiñeiro.

Por iso digo,

mamá non quero,

poñer negocio

e ser tendeiro.

Porque...

Se vendo caldo,

son un caldeiro.

E se farois,

un faroleiro.

Se vendo bandas,

son un bandallo.

Se vendo malvas

son un malvado.

E se paxaros,

un paxareiro.

Se vendo trapos,

un trapalleiro.

GLORIA SÁNCHEZ

Xan Pericán

Xan Pericán

a cabalo dun can.

O can era coxo,

tirouno nun pozo.

O pozo era frío,

tirouno no río.

O río era branco,

tirouno no campo.

O campo era roxo,

tirouno nun toxo.

O toxo picaba,

Xan berraba

e o can escapaba.

POPULAR

13Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 13 23/07/12 9:54

Page 14: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Pesadelo

Ás veces, un pesadelo

vaise achegando onda min

e os meus soños, amolados,

xa non me deixan durmir.

Vexo un mundo moi tristeiro

do que marcharon as cores;

e vense moi gris a herba,

as bolboretas e as flores.

Tampouco escoito os paxaros,

nin vexo peixes no mar;

e o sol dorme deseguido

e non pode escintilar.

Cando llo conto ao meu pai

fálame con moito aquel:

«O mundo seguirá vivo

mentres nós coidemos del.»

ALICIA BORRÁS

Quixera ser paxariño

Quixera ser paxariño

e libre poder voar,

facer nas árbores o niño

e á nosa terra cantar.

Percorrería Galicia

nun voo sen repousar,

para ver toda esa ledicia

que esperto me fai soñar.

Tamén me había bañar

nas augas do río Miño

e despois pórme a enxugar

pousado nun ramalliño.

LOIS ANTÓN

14 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 14 23/07/12 9:54

Page 15: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

A praza

A praza da miña vila

tenvos moito movemento.

Os sábados hai mercado

e os domingos hai concerto.

Polo verán hai teatro,

algúns días, monicreques.

Haxa ou non haxa espectáculo,

sempre ateigada de xente!

Lámpadas multicolores

e bandeiras nos balcóns

engalanan a praciña

polas festas do patrón.

Ten unha estatua no medio

que observa todo o que pasa

e o reloxo do concello

que dá as horas exactas.

De noite queda baleira,

ás veces óense pasos,

o chío dos paxariños,

o miañar dalgún gato.

A praza, corazón da vila.

XAN NEIRA

15Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 15 23/07/12 9:54

Page 16: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

A festa do patrón

É a festa do patrón

agardada o ano enteiro.

Se a banda está tocando,

está calado o gaiteiro!

Son as festas do patrón!

As campás a repicar!

Foguetes de sete estralos

polo ceo a retumbar.

Todo o pobo está no adro,

que é a festa do patrón.

E san Xoán vai moi ufano

presidindo a procesión!

É a festa do patrón!

É a festa do san Xoán!

Bailan os mozos e as mozas

moi ledos todos están!

É a festa do patrón,

do patrón do meu lugar!

Todo é hoxe diversión

e mañá, a traballar!

MANUEL MARÍA

16 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 16 23/07/12 9:54

Page 17: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Mouras

Os sanxoáns que medran nos valados

son dedaliños de ouro encantados.

Cosen as mouras o seu cartafol

con ferretiño de abella e fío de sol.

As mouriñas nenas, que nin saben ganduxar,

cos milicroques ao croque-croque póñense a enredar.

Pun! nas meixelas...,

pun! na fronte...,

pun! no cocote...

Quen leve máis croques

é un paparotote!

XOÁN BABARRO

A Lúa durmida

A Lúa está durmida,

a noite está a chamala.

A Lúa está roncando,

a noite está enfadada.

Cobren sabas de prata

o seu leito salgado.

Hoxe xa non esperta,

segue cos ollos pechados.

Dorme a Lúa no mar.

Sombras voan no ceo.

Pensa a noite, tristeira:

«O inverno xa está preto.»

ANTONIO G. TEIJEIRO

17Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 17 23/07/12 9:54

Page 18: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Mira…

Mira, como pasa o río.

Mira, como vai pasando.

Beixos de escuma debuxa

nas pedras que vai mollando.

Das pedras que bica o río,

ten moitos celos o mar;

el quixera ser gamela

onde podelo levar.

ANTONIO G. TEIJEIRO

A auga do río

O río leva auga

a auga ten présa;

vai para a lagoa

a durmir a sesta.

A auga segue

sempre o seu camiño;

ás veces é regato,

ás veces é río.

Mira cara adiante,

quere ir nadar

e estirar os brazos

no medio do mar.

CARME BAZ

18 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 18 23/07/12 9:54

Page 19: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Festa no bosque

Nesta noite de lúa

no bosque hai festa,

casa dona Avelaíña

cunha bolboreta.

Tecéronlle as arañas

un precioso veo de seda

adornadiño con pétalos

de violeta e madreselva.

Asistiranlle de padriños

a avéspora e a vacaloura,

aluméanlle os vagalumes,

os grilos cantan con forza.

Entrados xa na noite

houbo festa rachada,

bailaban as bolboretas

e tocaban as cigarras.

Que festa tan bonita!

durou ata a madrugada.

Chegou á súa hora o sol

e mandou que se retiraran.

CARME BAZ

19Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 19 23/07/12 9:54

Page 20: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Arco da vella

Arco da vella, arco da vella,

ponnos o ceo limpo e azul.

Arco de vella, riso das nubes,

as sete cores fillas da luz.

A vermella está no viño,

nos beizos e nas cereixas,

nas fazulas dos rapaces

e nas feridas das guerras.

A amarela anda no mel,

no millo e mais no centeo,

no sol e nas bolboretas,

nas follas que tira o vento.

Vive a laranxa no lume,

parte o nome coas laranxas,

tingue o cabelo do sol

cando o sol toca as montañas.

Corre a verde polos prados,

repousa nas matogueiras,

está na pel das mazás,

vive no limo1 das pedras.

Azul e anil van no mar,

as dúas son mariñeiras.

Azul gusta de voar

e case toca as estrelas.

Violeta anda nas flores

e recende coma elas.

É unha cor moi delgadiña,

case se perde na néboa.

MARICA CAMPO

Arco da vella

1 limo: lodo, lama.

20 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 20 23/07/12 9:54

Page 21: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Grea de gatos

Foi esta mesma mañá.

Ti non vas crer o que eu vin:

un gato nunha ventá

tocando o violín.

...

Os gatos da miña rúa

nunca foron bautizados

e poetizan a Lúa

deitados sobre os tellados.

...

Nunca foi o gato persa

amigo de dar conversa.

O gato de canellón

di que si e di que non.

Áxil gato siamés

que apagas na noite estrelas

sen ter que mover os pés,

para despois acendelas.

Un gato de barbería

e unha fidalguiña gata

fixeron a tolería

de embarcar nunha fragata.

Na torre da catedral

mora un gatiño sineiro:

dálle de noite ao badal

e esperta o mundo enteiro.

RAMIRO FONTE (fragmento)

1 limo: lodo, lama.

21Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 21 23/07/12 9:54

Page 22: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Corre, corre, meu cabalo

Corre, corre, meu cabalo

trota, trota, fiel Luceiro.

Sube outeiros e montañas,

camiña fraga e xesteira,

baixa ao val, vai ás camposas;

galopa pola ribeira.

Lévame ao vello carballo,

cruza o piñeiral voando,

escoita o canto do merlo

que o seu niño está coidando.

Corre, corre, meu cabalo

trota, trota, fiel Luceiro.

ANISIA MIRANDA

O recreo

É a hora feliz do recreo;

o patio do colexio

énchese de nenos:

rebumbio, balbordo, boureo,

xogos, carreiras e berros.

Unha bandada de paxaros

revoa alegre na mañá.

Axiña remata o recreo,

regresan á aula os nenos:

suorosos, cansos, contentos.

O patio do colexio

fica nun silencio baleiro.

A bandada de paxaros

prega as súas ás.

XAN NEIRA

22 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 22 23/07/12 9:54

Page 23: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

As letras

As letras son coma nenas

a quen lles gusta xogar,

ir soas lucindo os traxes

ou xuntiñas pola man.

Poden explicar mil cousas

que nos saen do corazón,

converterse en cartas, contos...

ou formar unha canción.

As letras, moi formaliñas,

nos libros soen1 vivir,

se nós abrimos as follas

¡todas volverán saír!

ANA M.ª FERNÁNDEZ

Adiviña

Á noite, é un vulto.

Reloce co sol.

Bebe auga da chuvia.

Oe o reiseñor.

Rósmalle ao vento.

E ás veces ten flor.

HELENA VILLAR JANEIRO

1 soen: en galego correcto, adoitan.

23Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 23 23/07/12 9:54

Page 24: Recursos literarios · Os Recursos literarios forman parte do material Máis recursos de Lingua para 2.º ciclo de primaria, que é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada

Retesía vocálica

– Xan...

– Que me queres, xefe?

–Mañá á alba

lava as lagañas,

amañas as camas,

vas á parada,

marchas á granxa,

sacas as vacas

sachas as fabas,

apañas patacas,

matas as ratas,

tapa as cabazas,

amasa lasaña,

asa castañas...

– Sen tele? Sen ler?

Peste te leve!

– Nin bici.

Nin ti nin Tinín.

– Que ben, que ben!

Vermes e serpes te leven!

– Nin dicir «chis».

– Dono cotroso,

noxo do pobo.

Colondrollo!

– Oh! Mocoso!

Non conto convosco!

–Turulú Kung-fú!

Buff!

GLORIA SÁNCHEZ

24 Material fotocopiable © 2012 Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.

369798 _ 0001-0024.indd 24 23/07/12 9:54