9.º certame de contos 2012

50

Transcript of 9.º certame de contos 2012

Page 1: 9.º certame de contos 2012
Page 2: 9.º certame de contos 2012

2

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

LIMIAR

Xa van alá nove anos que comezamos con este libri-ño que recolle algúns traballos presentados para a ci-ta anual do noso “CERTAME DE CONTOS”, por parte do alumnado do C.E.I.P. Espiñeira-Aldán.

Os nosos obxectivos principais son espertar o intere-se pola lectura, comprensión e expresión no noso idioma e xerar afeccións literarias. Tamén queremos fomentar a creatividade, a imaxinación e a autoesti-ma, coa valoración e eloxio dos seus labores, amosán-dolles que poñendo esforzo pola súa parte, poden con-seguir moito do que se propoñan, que se desexamos de verdade escribir ben, seremos capaces de facelo e melloraremos coa práctica e a vontade. Este foi un dos valiosos consellos que nos deixou a grande escri-tora Fina Casalderrey, hai anos cando estivo neste centro. Este curso ten previsto volver e seguramente nos vai facer pasar un bo anaco, agasallándonos co seu fermoso xeito de comunicarse, non só por escrito, senón persoalmente. Estaremos moi atentos ao que nos quere contar. Como fai ela e outras moitas perso-as, nós tamén podemos colaborar para que este te-souro cultural extraordinario que é a nosa fermosa lingua galega, herdanza marabillosa que nos legaron os nosos devanceiros, poida seguir viva engrande-céndose e enriquecéndose, como xa fixeron desde os poetas medievais e do Rexurdimento ata os mellores escritores actuais.

Neste ano 2012, lembramos ao extraordinario V. Paz Andrade. Xurista, xornalista, académico, conferen-

Page 3: 9.º certame de contos 2012

3

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

ciante, político, poeta, empresario... A rica personali-dade de Valentín Paz Andrade resiste calquera tenta-tiva de redución a un único aspecto da súa personali-dade que non sexa o do seu compromiso co seu país, Galicia, que el mesmo propuxo como tarefa. Aconse-llámosvos que aproveitedes para ler, escoitar ou ver algo do moito que hai sobre el, por exemplo en http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/node/454

Tampouco queremos esquecernos da conmemoración do centenario do nacemento do prodixioso poeta Cel-so Emilio Ferreiro (1912-1979), do que recomenda-mos ler, por exemplo, “Celso Emilio Ferreiro. Poesía galega completa” en Ed. Xerais, con belas composi-cións como Eu en ti, Irmaus, Espranza, Xaneiro 1972 I, II e III, Monólogo do vello traballador, Nai, María So-liña… Moitas foron musicadas por moi diversas per-soas como podemos ver, entre outros lugares, en http://nonqueremossermorcegos.blogspot.com.es/2012/03/celso-emilio.html , buscando en youtube ou similares …

Agradecemos moitísimo que sigades colaborando, cantas máis persoas mellor, nas nosas actividades: votando, enviando cantigas, chistes... ou calquera opinión, premendo no sitio dos comentarios, abaixo á dereita ao final de cada explicación, na nosa páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/,

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/category/6/16 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/category/6/16/64 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/category/6/16/65 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/category/18/110/122/127 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/category/18/110/122/128 ...

Page 4: 9.º certame de contos 2012

4

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Limiar

ENSINO Infantil 3 e 4 anos

ENSINO Infantil 5 anos

1.º de ensino prima-rio

2.º de ensino primario

MARÍA RIAL ALFAYA

MIGUEL FERRADÁs herbello

AndrÉ Nerga GarcÍa

ANA GAGO ÁLVAREZ

Page 5: 9.º certame de contos 2012

5

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 6: 9.º certame de contos 2012

6

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 7: 9.º certame de contos 2012

7

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Era unha vez, un señor que vi-vía nunha casa. Chamábase Manuel.

Page 8: 9.º certame de contos 2012

8

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Manuel tiña un gato. O gato esca-pou e caeulle un raio.

Page 9: 9.º certame de contos 2012

9

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Cando quixo entrar, o señor Ma-nuel abriu a porta e deulle no cu ao gato con tanta forza que saíu voando polo ceo ata chegar ás nubes.

Do susto correu coma un cabalo de volta á casa.

Page 10: 9.º certame de contos 2012

10

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 11: 9.º certame de contos 2012

11

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Así o gato aprendeu que nunca máis se volvería a escapar.

Para baixar rompeu as nubes coas unllas. Entón apareceu o Arco da Ve-lla, tirouse por el e caeu pola chemi-nea da casa queimando o cu.

Page 12: 9.º certame de contos 2012

12

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Relato e ilustracións: Nenos e nenas de Ensino Infantil, 3 e 4 anos.

Page 13: 9.º certame de contos 2012

13

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 14: 9.º certame de contos 2012

14

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 15: 9.º certame de contos 2012

15

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 16: 9.º certame de contos 2012

16

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 17: 9.º certame de contos 2012

17

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 18: 9.º certame de contos 2012

18

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 19: 9.º certame de contos 2012

19

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Relato e ilustracións: Nenas e nenos de Ensino Infantil, 5 anos.

Page 20: 9.º certame de contos 2012

20

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 21: 9.º certame de contos 2012

21

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Unha vez era un bosque máxico onde vi-vían tres animais especiais. Un mono chamado Botas, un león moi valente que respondía ao nome de Blum e mais Sasha, un leopardo diferente.

Se queredes saber porque este monte é máxico, tedes que estar moi atentos á his-toria que imos contar. Hai moitos anos vivían nesa fraga uns magos un pouco

Page 22: 9.º certame de contos 2012

22

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

pillabáns, aos que lles gustaba gastar bromas e contar chistes. Melchor, un dos magos, sempre contaba o mesmo chiste aos animais do lugar: ‘’Unha vez era un león ao que lle chamaban chiste. Ao morrer o león, rematou o chiste ’’.

Esta brincadeira xa non facía graza a ninguén, así que Botas, Blum e Sasha sempre estaban a burlarse dos magos e gastándolle bromas. Feiticeiro e Fantini, os outros dous magos, cansos das burlas dos animais, decidiron botar un feitizo para que deixasen de me-terse con eles.

Page 23: 9.º certame de contos 2012

23

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Relato e ilustracións: Nenas e nenos de 1.º de Ensino Primario.

Ese feitizo converteu a Botas nun mono que non podía trepar ás árbores, a Blum nun le-ón moi covarde que tiña medo aos paxaros e a Sasha nun leopardo sen manchas. O bosque converteuse nun lugar onde cada persoa que se burlaba doutra recibía o seu merecido. <<Abra cadabra, pata de cabra e feitizo reci-bido!>> FIN

Page 24: 9.º certame de contos 2012

24

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 25: 9.º certame de contos 2012

25

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

O veu de vacacións a Aldán co . Viñe-

ron dende África porque alí no verán afogaban de calor.

Un día no río, oíron unha conversa entre dous patos mi-

gratorios, que dicían que en Europa había un lugar cha-

mado Aldán, cunhas praias fermosas e un clima estupen-

do, onde acostumaban pasar as vacacións de verán. Sen

pensalo dúas veces, o león Pablo e o tigre Lupe fixeron

as maletas e aquí apareceron. Nada máis chegar coñece-

ron unha morea de amigos.

Presentouse a . Lola era unha loba boa, amable,

cariñosa … Vivía nunha cova no monte de Aldán e alí levou

ao león e ao tigre como invitados. Polas mañás erguíanse

cedo e ían camiñando ata o río Orxás, onde bebían ¡ a au-

ga máis fresca que nunca probaran na súa vida ! Pero un

domingo pola mañá cando ían beber, Lola ía un pouco des-

pistada.

Page 26: 9.º certame de contos 2012

26

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

E…, sen querelo, pisoulle a cuncha ao .

Este enfadouse moito, pois había tempo que perdera o

humor e xa non tiña ganas de rir, de tantas veces que o

pisaban.

Nisto que o , que pasaba por alí con moita

présa, pisoulle o rabo ao león:

E seguiu o seu camiño ata unha árbore, gabeou por ela e

pendurouse para transformarse nunha crisálida e …

¡tachaaaán! A , transformado en bolboreta, es-

capóuselle un peido:

Page 27: 9.º certame de contos 2012

27

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

E… ¡ por fin !, o

estoupou a rir, todos se

contaxiaron do seu riso, e pasaron un bo anaco

rindo moito en compaña.

Cando remataron, dixo a bolboreta Coloríns:

E todos empezaron a rir, incluída a mesma

. Pero o seguía serio, non se ría nin

un chisco, (coma xa dixemos antes, foron moitos

anos aturando as pisaduras dos demais e custáballe

rir).

Entre tantas risadas o pasou por riba das

babas do caracol Joel, esvarou e, , caeu de cu.

Page 28: 9.º certame de contos 2012

28

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Dille unha pulga a outra

á saída do cine:

- Imos a pé ou espera-

mos un can?

Xaimiño dime as vogais:

- E, i, o, u.

(A mestra, moi enfada-

da, tírao pola fiestra)

- Aaaaaaaaaaaaa!

– Xaimiño estás aprobado!

- Que lle di una pedra a

outra?

Non o sabedes? Pois …

– Que vida máis dura!

-

E ata o non quixo ser menos:

Page 29: 9.º certame de contos 2012

29

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

E así pasaron o día os cinco amigos, contando chis-

tes para que o , por fin, recuperara o seu ri-

so esquecido.

E… colorín colorado este conto está rematado, o

que non levante o cu, vaille quedar pegado.

Dhesi, Rubén, Enrique, David, Sergio e Paula.

E tamén dixo o :

Page 30: 9.º certame de contos 2012

30

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 31: 9.º certame de contos 2012

31

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Na miña vila vivía unha nena que se chamaba Ruth. Unha

das cousas que máis lle gustaba era mirar o Arco da Vella.

Un día, durante o recreo, fixouse nun buraco que había no

muro do colexio, meteu a man dentro del e atopou un papel

moi ben dobradiño. Ruth estirou o papel e …, vaia sorpresa!

Nel estaba debuxado o mapa dun tesouro: “O tesouro do

Arco da Vella!” Pola tarde chamou á súa amiga Tareixa e

contoulle o que lle pasara no colexio:

-Tareixa, atopei o mapa dun tesouro –díxolle Ruth.

-Sempre estás cos mesmos contos, non cho creo –

contestoulle Tareixa.

-Vémonos ás cinco no camiño que vai á fraga e xa verás

como é verdade –despediuse Ruth.

Ás cinco en punto atopáronse, saudáronse e comezaron a

camiñar, seguindo as indicacións do mapa.

-Tareixa, como o camiño é moi longo, queres que che con-

te un chiste para pasar o tempo?

-Vale, eu xa me estaba aburrindo –dixo Tareixa.

“Pepiño dille á súa nai: -Mamá, mamá, xa sei as vogais. Son A,E,I,O,U. Ao día seguinte, chega ao colexio e a súa pro-fesora volve preguntarlle as vogais. El queda pensando e empeza a dicirllas: -...E...I, O, U. A mestra, moi anoxada, tírao pola xanela. El, mentres vai caendo, berra: -AAAAAA…! Entón a “profe”, arrepentida, asómase á ventá e dille: -Pepiñoooo, aprobacheeees!”

A Tareixa o chiste fíxolle moita graza e botouse a rir ás

gargalladas.

Page 32: 9.º certame de contos 2012

32

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Pronto chegaron ao sitio onde o mapa indicaba que estaba

agochado o tesouro. Non esperaron máis e entraron nunha

cova. Todo estaba cheo de po menos o tesouro, que estaba

moi limpo. Cando o colleron nas mans, escoitouse unha voz:

-Levádelle o tesouro á Raíña das Cores que estará no seu

castelo. Se o facedes a vosa aventura durará máis tempo!

Como as dúas amigas non querían que a aventura rematase,

puxéronse a buscar o castelo, que estaba no cume dunha

montaña que había ao outro lado do río. Entraron nel e alí

atoparon á Raíña. Estaba sentada nun trono pintado de

moitas cores. A Raíña mirounas e díxolles: -Xa vos estaba esperando, que me traedes? Tareixa entregoulle o tesouro á Raíña, que pronunciou unhas palabras máxicas e todo o castelo se encheu de moi-tas cores brillantes.

Page 33: 9.º certame de contos 2012

33

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Alí estaban todas as cores que forman o Arco da Vella:

vermella, laranxa, amarela, verde, azul, anil e violeta.

Despois, despedíronse da Raíña e as dúas nenas mar-

charon para as súas casas.

Ao día seguinte, cando chegaron ao colexio, o mestre

díxolles que tiñan que escribir un conto para o concurso

e que podían facelo por parellas. Ruth e Tareixa quixe-

ron facelo xuntas. Ruth escribiu todo o que lles pasara

na aventura do día anterior. Tareixa debuxou a cova, o

tesouro, o castelo e tamén á Raíña das Cores. Gañaron

o concurso e, de maiores, Ruth foi escritora e Tareixa

ilustradora. Escribiron e debuxaron moitos contos!

Relato: María Rial Alfaya.

Ilustracións: Miguel Gregorio Pousa e María Rial Alfaya.

Page 34: 9.º certame de contos 2012

34

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 35: 9.º certame de contos 2012

35

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Coma todos os días, os rapaces do C.E.I.P. Espiñeira dirixían-

se ao colexio. Pero ese día, ía ser especial. A directora agar-

dábaos para darlle unha boa noticia: o colexio fora elixido pa-

ra facer un intercambio con outro de Andalucía!!!!!. Os nenos

e nenas estaban confusos, non sabían se alegrarse ou non, xa

que un deles tiña que marchar para ese colexio de Andalucía.

Como ninguén se ofreceu voluntario, fixeron unha votación e

tocoulle a Felipe.

Chegou o día, Felipe debía partir e o seu lugar sería ocupado

por Maese Pérez. Os rapaces pasaron da tristeza de despe-

dir ao seu compañeiro, á alegría de recibir a outro novo. To-

dos agardaban impacientes a chegada, tiñan curiosidade por

saber como era Maese. Tan pronto como chegou, todos saíron

ao seu encontro. Xa era hora de deixarse de “cháchara” e ha-

bía que poñerse a estudar, que para algo estaban nun colexio.

Page 36: 9.º certame de contos 2012

36

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Maese Pérez cursaba cuarto de primaria, así que se dirixiu á

súa aula. Alí coñeceu aos seus compañeiros e profesorado; e

presentouse como un bo músico. Ao principio, custáballe en-

tenderse con eles, xa que nin el entendía o galego, nin os seus

compañeiros e compañeiras pillaban o seu acento andaluz. Pe-

ro adaptouse moi ben. Como bo andaluz que era, pasaba o

tempo contando chistes, tales como:

-Yonas, dime dous pronomes. -Quen, eu? -Moi ben, o seguinte. Maese tiña algunhas dificultades cos problemas de mates e a

profesora mandoulle ir facer fotocopias para un traballo de

apoio. Polos corredores lía os murais e chamoulle moito a

atención o de “Se vou a Bueu nun bou, vou; se non vou a Bueu

nun bou, non vou.”, porque era un trabalinguas e a el gustá-

banlle moito. (Menos mal que o trabalinguas non tiña “S”,

porque “CE” non …)

Era moi “parrandeiro”, por iso lle gustaba facer festa onde

chegase. El propuxo facer un concurso de música, xa que iso

era o mellor que se lle daba. Tocaba moi ben o órgano e non

dubidou en ir pedir un: a Loli, a catequista de Aldán. No con-

curso houbo unha gran variedade de instrumentos. O gañador

foi Diego cunha peza de saxofón. E foi premiado cun autó-

grafo e cunha foto da súa escritora favorita: Fina Casal-

derrey.

Despois do concurso, Maese inventou, e tocou co órgano,

unha canción para o Cancioneiro do colexio. Ocuparía a páxina

número vinte. Durante todo aquel trimestre que estivo con-

nosco, aprendeunos a tocar o órgano e tamén lle puxo música

a unha poesía dun autor andaluz que se chamaba Rafael Al-

berti:

Page 37: 9.º certame de contos 2012

37

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

¿Qué cantan los poetas andaluces de ahora?

¿Qué miran los poetas andaluces de ahora?

¿Qué sienten los poetas andaluces de ahora?

Cantan con voz de hombre, ¿pero donde están los hombres?

con ojos de hombre miran, ¿pero donde los hombres?

con pecho de hombre sienten, ¿pero donde los hombres?

Así foi pasando o tempo ata que tivo que marchar. Orga-

nizamos un festival na honra del e tamén pola volta de

Felipe. Cando Maese chegou de novo ao seu colexio falou

tan ben de nós, que nos obsequiaron cunha visita á

“Torre de Oro” de Sevilla.

Relato e ilustracións: Miguel Ferradás Herbello

Page 38: 9.º certame de contos 2012

38

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 39: 9.º certame de contos 2012

39

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Este conto é, naturalmente, unha lenda (moderna, pero

unha lenda). Imaxinádevos ver unha serea, ou poder res-

pirar baixo a auga...!! Sería imposible... Ben, como isto xa

é un pouco longo (tres ou catro liñas, pero longo) imos co

conto:

Un día calquera dun verán calquera, Nacho, estaba na

praia recollendo cunchas. Como non atopaba moitas na

area, decidiu mergullarse entre unhas rochas a buscalas.

Axiña atopou unha con forma de vieira que brillaba, aínda

que non lle chegaba a luz do sol. Intentou collela, pero

non serviu de nada. De súpeto, notou como se lle acababa

o osíxeno e ocorréuselle unha idea. Apertou a cuncha e

quedou cegado por unha luz branca que o envolvía. Notou

como se lle afundían os

pés na area.

Cando por fin abriu os

ollos viu unha serea, co

cabelo e a cola amarelos

e cunha coroa, que pre-

guntou (a serea, non a

coroa):

-Que? Gústache a miña

cola? Elixina á última mo-

da disco!

Nacho non respondeu;

pero mirou cara aos seus

Page 40: 9.º certame de contos 2012

40

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

pés... desapareceran!

No seu lugar tiña, como

dixera a serea-raíña, un

rabo multicolor. Por fin,

Nacho dixo:

-Onde estou?

-Estás en Rocauga, o pa-

raíso rochoso baixo o

mar. −respondeu a raí-

ña− Eu chámome Sara,

“a Raíña do mar”. E ti?

-Eu son Nacho, o rei

de... nada.

A raíña Sara riu e díxolle:

-Ben, rei ou non, ven comigo.

A raíña Sara levou a Nacho ata un palacio entre baixíos

e, unha vez alí, ensinoulle unha pintura que había no tei-

to. Esta representaba a un neno da mesma idade que Na-

cho, parecidísimo a el e coa mesma cola. Na seguinte vi-

ñeta aparecía o rapaz cunha coroa sentado nun trono.

-Esta profecía conta que un raparigo que vén da superfi-

cie convértese no rei de Rocauga.

-E quen é ese misterioso rapaz?

-Ese pícaro non é outro que... Nacho Pazos García!!

-Pero... ese son eu!

-Efectivamente.

-Entón xa non son o rei de nada, son o rei de Rocauga! –

estoupou Nacho, sen case crer nada de nada – Pero, podo

volver á praia ou teño que quedarme aquí?

Page 41: 9.º certame de contos 2012

41

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

-Podes volver para dicirlle á túa familia que veña ata

aquí.

-Se non hai outra opción …

A raíña levouno ata unha cuncha igual á que vira na praia

de Francón. Cando estivo xa en terra foi á casa para avi-

sar aos seus pais e logo foron todos xuntos a Rocauga.

Esa noite fixeron unha festa no Palacio Real, e contaron

un montón de chistes, como:

« Era un tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan,

que o chamaban campá. »

« -Mamá, mamá, picoume unha serpe.

-Cobra, fillo?

-Non, mamá, gratis. »

« Unha vez era un tan parvo, tan parvo, que ven-

deu a televisión para comprar un vídeo. »

« Papá, papá, traguei a agulla do tocadiscos, is-

cos, iscos, iscos, iscos… »

« -Camareiro, que teñen de entrada?

-Unha porta de vidro, señora »

Estiveron contando chistes moitísimo tempo. Ao día se-

guinte foron de visita por Rocauga e viron animais impre-

sionantes. Finalmente, fixeron a coroación de Nacho co-

mo rei de Rocauga, á que asistiron todos os rocauguenses

vestidos de gala. Comeron felices e viviron... tamén feli-

ces!!

Espero que vos gustase. Adeus!

Relato: André Nerga García.

Ilustracións: André Nerga García e Pedro Pazos Curra.

Page 42: 9.º certame de contos 2012

42

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 43: 9.º certame de contos 2012

43

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Unha vez era un neno chamado Fusco, que tiña un amigo

que vivía en Marte, o marciano Wester. Esta é a historia

de cómo chegaron a ser amigos.

Coñecéranse un día de verán, pois Wester fora pasar

unhas vacacións á Terra. Cando chegou, foi caer xusto

diante da casa de Fusco. Wester, sen saber onde se ato-

paba, tocou ao timbre.

-Que será isto? Eu vin pasar unhas vacacións e vou parar

diante dun botón! –pensou.

-Si? -dixo unha voz feminina– Quen é?

-Son Wester, señora.

-Non sei quen é Wester -dixo de novo a voz feminina.

-Que son Wester, señora –insistiu.

-Non sei quen es Wester, pero xa podes liscar -dixo de

novo a voz.

-Señora, que son o marciano Wester e veño pasar unhas

vacacións á Terra -explicou.

-Empezases por aí -dixo a señora– Por certo chámome

Fusa.

-Encantado, Fusa– saudou Wester.

Mentres Fusa facía té, el miraba a casa abraiado. O chan

estaba relucente, tanto que ata podía verse nel. Nas pa-

redes había diplomas da señora Fusa, de cando fora a uni-

versidade, unha morea deles. Notábase que estudara moi-

to.

Page 44: 9.º certame de contos 2012

44

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

-O meu fillo está xogando á videoconsola -dixo Fusa tris-

te.

-Que lle pasa señora Fusa? -preguntoulle Wester.

-É o meu fillo, que nunca deixa de xogar coa videoconsola

-explicou Fusa.

-Algún día aburrirase da videoconsola– opinou Wester.

-Que va! Ten 39 xogos -exclamou Fusa.

-39,39,39, xogos … Xesús, non me estraña nada que non

se aburra de xogar a videoconsola- dixo Wester.

-Eu dígolle que lea un libro, pero non lle gusta ler- expli-

cou Fusa.

-Entón, como le ese pobre neno? -preguntou Wester.

-Le así, escoita: “Mi… ña…… nai…… fai…… me…… de…… co….

mer…….. ov…… os…….”

-Pobre meniño! -exclamou Wester.

-Si, eu leo moi rápido -explicou Fusa- Escoita: “Ola son

Fusa, teño moitos diplomas da universidade e encántame

ler e ir en bicicleta”.

-Caramba, que rápido! -dixo Wester asombrado porque

ela parecía un coche de fórmula un.

-Queres que chame ao meu fillo? -preguntou Fusa.

-Claro, encantaríame.

-Fusco !!!!!!!- berrou Fusa, que pareceu un elefante.

-Que mamá? -preguntou Fusco.

-Ven aquí agora mesmo! -respondeu Fusa.

-Si mamá!

Cando viu aquel neno, Wester sorprendeuse. Tiña a cara

vermella e os ollos, tamén vermellos.

-Pobriño! –entristeceuse Wester.

Page 45: 9.º certame de contos 2012

45

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

-Estou farta de pedirche que non xogues todo o día á vi-

deoconsola –dixo Fusa.

-A min xa non me gusta xogar ás videoconsolas. Agora

gústame máis ler –explicou Wester.

-Liches o libro “A illa do tesouro”? –preguntoulle Fusa.

-Si, é moi divertido –respondeu Wester.

-Ti, les algún libro? -preguntoulle Wester a Fusco.

-Non, non me gusta ler –contestou Fusco.

-Por que? -preguntou Wester.

-Porque, non me gusta, porque nos contos non hai debu-

xos en 3D.

-Pois agora vas ir á praia con Wester, a ver se deixas a

videoconsola -dixo Fusa.

-Veña, lévame á praia –pediu Wester.

Page 46: 9.º certame de contos 2012

46

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

-Si claro, veña -dixo Fusco.

E xa na praia …

-Queres bañarte?- preguntoulle Wester.

-É que …

-Que che pasa?

-É que non …

-Que tes? Teslle medo a auga?

-Non, non, é que non sei …

-Sóltao dunha vez!

-Non sei nadaaaaaaaar!!!!!

-Pero Fusco, xa tes 10 anos!

-Xa, pero como sempre estou xogando á videoconsola,

que é moi divertida …

-Divertida será para ti, porque eu non lle atopo nada de

divertido a tanta consola -opinou Wester– Ti queres

aprender a nadar?

-Encantaríame -dixo Fusco.

-Moi ben, empezaremos dunha maneira fácil, con mangui-

tos e facendo crol -explicoulle Wester.

-Porque teño que comer unha col?

-Non, non tes que comer unha col, tes que nadar de crol –

contestou Wester.

-Que non quero comer un caracol, botan moitas babas

coma un bebé cando lle saen os primeiros dentes.

-Tes que nadar de crol !!! -exclamou Wester.

-Que é iso de crol? -preguntou Fusco.

-Ensínocho agora mesmo- dixo Wester.

-<Por que me mandaría a min comer unha col e despois

comer un caracol?> -preguntábase Fusco.

Page 47: 9.º certame de contos 2012

47

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

-Xa vouuuuuu! –berrou Wester- e mentres dicía iso

tirouse ao mar e por pouco cae enriba de Fusco.

-Case caes encima miña! -exclamou Fusco.

-Síntoo -desculpouse Wester.

-A ver como é iso do col, non, era do caracol, non,

do colchón, non, non, non, non, non. Era de CROL,

non si?

-Si, moi ben, pero agora fíxose tarde e eu quero

durmir.

-Pero … que hora é, entón?

-Son as dez menos cuarto.

-AS DEZ MENOS CUARTO?

-Si, coma oíches –contestou Wester.

Page 48: 9.º certame de contos 2012

48

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Relato: Ana Gago Álvarez.

Ilustracións: Laura Herbello Piñeiro e Romina Iglesias Prieto.

-Veña, volvamos á casa.

-Si, será o mellor.

E ao chegar á casa…

-Mamá, Wester ensinoume a nadar de caracol.

-Fillo, non é de caracol, chámase de crol -explicou

Fusa.

-Iso, de crol...

-Non lle ensinei de todo porque non me deu tempo.

E que xa me teño que ir para Marte –dixo Wester.

-Que pena! -dixo Fusco.

-É que se non volvo hoxe, igual mañá xa non me

deixan regresar ao meu planeta. E aínda que a Te-

rra me gusta moito, non podo quedarme aquí para

sempre, pero o que si podo facer é volver outro

día a visitarte, e incluso, se ti queres, podo levarte

ao meu planeta Marte.

-Beeen! Canto me gustaría!

Así foi como Fusco se deu conta de que é mellor

aprender algo novo que estar todo o día xogando á

videoconsola.

Page 49: 9.º certame de contos 2012

49

9.º CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

EDITA E IMPRIME: C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Baixada a Areacova, 4

36946 Aldán – Cangas (Pontevedra)

CORREOS: [email protected]

Para axudar, comentar... esta actividade e outras do EDLG,

agradeceremos moito as súas suxestións en:

[email protected] e tamén na nosa

PÁXINA WEB :

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipespinheiraaldan/

Page 50: 9.º certame de contos 2012