A caseta do noso patio no cole do Incio
-
Upload
ana-jato-rodriguez -
Category
Education
-
view
227 -
download
4
description
Transcript of A caseta do noso patio no cole do Incio
A CASETA DO PATIO
Construímos a nosa casiña
Motivación
O proxecto nace dunha asemblea onde estabamos a tratar o tema da reciclaxe e elaboración de cousas novas con materiais xa usados.
Entón apareceu a pregunta “..Por qué non facemos nós unha caseta para poder xogar nela?”. Pois no noso patio non temos parque de infantil coma noutros coles.
A idea tivo moi boa acollida, sentíndose todos moi motivados dende o principio.
E así desta maneira nace este proxecto que hoxe en día é todo un éxito entre o alumnado xa que gozan do esforzo do seu propio traballo.
Obxectivos da realización deste proxecto
Un dos obxectivos principais da realización deste proxecto éfomentar o traballo cooperativo e por outro lado afianzar a autoestima para a realización dunha tarefa común.
A través deste proxecto imos a traballar varias áreas principalmente as matemáticas xa que temos que traballar con cálculos e operacións de lóxica, resolución de problemas. Deste xeito as nenas e nenos aprender dun xeito significativo para eles e a adquisición destas nocións é moito mellor.
Planificación
O primeiro foi pensar en utilizar os bricks como material con que podíamosconstruíla.
E xa que había que conseguir moitos pedimos a colaboración das familias, para que nos mandaran os envases limpos.
Aproveitamos desta forma material de desfeita e tamén implicamos ás familias no Proxecto de reciclaxe de distintos materiais ( bricks, papel, pilas, cartuchos de tinta…) que estmos a levar a cabo e para o cal se creou un Punto Limpo no centro.
Elaboración dos tixolos cos bricks
Para poder construír necesitamos facer cos bricks sexan máis resistentes polo que os enchemos de papel de xornais vellos e metemos logo un dentro doutro para reforzalos tixolos.
Organización dos elementos de construción
Para poder cosntruír necesitamos preparar e organizar os bricks por tamaños e formas.
E tamén separar os tapóns que imos usar para as cortinas dos que mandaremos ao Banco de tapóns para Uxía .
Vaia gozada aprender matemáticas deste xeito!: Contar, clasificar, ordenar, agrupar, sumar e restar, calcular multiplicando…
Realización do proxecto
En 1º lugar hai que debuxar no cartón que fará de base o plano da casiña.
En vez de utilizar cemento para unir os bricks utilizaremos cola blanca.
A 1ª fila é moi importante que quede ben fixada ao chan. Polo que hai que poñerlle algo de peso para que pegue ben.
Hai que unir os bricks taméncon cinta de precinto.
A organización dos membros do equipo é a base dun bo traballo.
Encolar e colocar ben os tixolos é fundamental
Realización do proxecto
Mentras a nosa casiña íacollendo forma fomos deixando os ocos para a porta e as ventás, ao ir aumentando a altura, aparece un problema que temos que solucionar.....
Realización do proxecto
Fannos falla “ANDAMIOS”, se non non podemos seguir poñendo tixolos, así que utilizamos as cadeiras e mesas..... e a seguir pegando.
Agora no máis alto traballamos en cadea.
Realización do proxecto
Como cargadeiros utilizamos tiras de cartón duro cortadas ao ancho da parede, pegadas con cola e fixadas con precinto.
E seguimos poñendo máis andamios e máis bricks.
Realización do proxecto
Logo colocamos a base donde se asenta o tellado, para que quede “a dúas augas”, para isto recortamos cartón duro e pegámolo sobre a parede, colocando uns listóns de madeira que servirán de estructura e base para colocar os paneis que formarán o teito.
Realización do proxecto
Despois tócalle ao recubrimento das paredes e o teito, para elo utilizamos cola branca mesturada con auga e iremos pegando papel.
Realización do proxecto
A continuación aplicamos una man de pintura ao tellado e colocámolo no seu lugar.
Realización do proxecto
Para terminar pintamos as paredes das cores que eles elixan.
Realización do proxecto
Por fin xa podemos ver a casiña rematada!
Remate do proxecto
E agora a pasalo ben xogando coas amigas e amigos nela!.