A democracia

7
A DEMOCRACIA Democracia é unha forma de organización de grupos de persoas, cuxa característica predominante é que a titularidade do poder reside na totalidade dos seus membros, facendo que a toma de decisións responda á vontade colectiva dos membros do grupo. As decisións colectivas son adoptadas polo pobo mediante mecanismos de participación directa o indirecta que lle confieren lexitimidade aos representantes. É unha forma de organización social contraria ao monopolio do poder a cargo dunha persoa ou grupo, sexa por razóns de casta, económicas, relixiosas, de raza ou polo exercizo da forza.

Transcript of A democracia

Page 1: A democracia

A DEMOCRACIA

Democracia é unha forma de organización de grupos de persoas, cuxa característica predominante é que a

titularidade do poder reside na totalidade dos seus membros, facendo que a toma de decisións responda á

vontade colectiva dos membros do grupo.

As decisións colectivas son adoptadas polo pobo mediante mecanismos de participación directa o indirecta que lle

confieren lexitimidade aos representantes. É unha forma de organización social contraria ao

monopolio do poder a cargo dunha persoa ou grupo, sexa por razóns de casta, económicas, relixiosas, de raza ou polo

exercizo da forza.

Page 2: A democracia

CARACTERÍSTICAS

A participaciónO pluralismoA liberdadeO respecto mútuoA xustiza

Page 3: A democracia

A PARTICIPACIÓN

O poder non pode residir nun grupo nin nunha persoa. Unha persoa, un voto. O exercizo do poder non pode ser vitalicio, require unha constante renovación e pode ser revogado.Supón a igualdade universal. /VS/ elitismo.Supón o exercizo responsable dos dereitos e deberes e, por tanto, dunha educación universal.

Page 4: A democracia

O PLURALISMO

É un feito e un valor (algo desexable)O nivel dunha democracia mídese pola capacidade de asumir as diferenzas, a diversidade. O seu presuposto é o relativismo, o contrario do dogmatismo.Conleva a posibilidade de levar a cabo as ideas sobre a vida persoal e colectiva e de expresalas e defendelas. Esto explica a rotación no poder.Ninguén pode ser perseguido en función das súas ideas sempre que a súa práctica non conleve a ruptura das regras do xogo democrático.

Page 5: A democracia

A LIBERDADE

A liberdade (posibilidade de expresión das ideas individuais ou colectivas) xustifica o pluralismo.A liberdade como dereito individual pode entrar en contradición cos límites da vida social que posibilita o Estado de dereito. Exemplo: dereito á intimidade /VS/ dereito á información).

Page 6: A democracia

O RESPECTO MÚTUO

É o principio que fai posible a convivencia na diversidade. Fixa os límites das iniciativas dos individuos (tolerancia): non facer aos demais o que non che gustaría que che fixeran a ti.Implica o diálogo (a violencia é a negación do respecto) e o recoñecemento da igualdade do outro.Respecto non significa, porén, non intervención, indiferenza. Hanse beneficiar tod@s.

Page 7: A democracia

A XUSTIZA

“ A cada un o que lle corresponde”.Sen xustiza non hai democracia. Por iso é tan importante a independencia do poder xudicial.A regulación da vida social implica unha revisión constante das leis.As normas legais presupoñen a igualdade de todos os suxeitos diante da lei, sen excepción.Hai un matiz: a discriminación positiva (non tratar como igual a quen é desigual) que pretende compensar a desigualdade (por idade, por condición sexual, por discapacidade…)