A DEMOCRACIA
Democracia é unha forma de organización de grupos de persoas, cuxa característica predominante é que a
titularidade do poder reside na totalidade dos seus membros, facendo que a toma de decisións responda á
vontade colectiva dos membros do grupo.
As decisións colectivas son adoptadas polo pobo mediante mecanismos de participación directa o indirecta que lle
confieren lexitimidade aos representantes. É unha forma de organización social contraria ao
monopolio do poder a cargo dunha persoa ou grupo, sexa por razóns de casta, económicas, relixiosas, de raza ou polo
exercizo da forza.
CARACTERÍSTICAS
A participaciónO pluralismoA liberdadeO respecto mútuoA xustiza
A PARTICIPACIÓN
O poder non pode residir nun grupo nin nunha persoa. Unha persoa, un voto. O exercizo do poder non pode ser vitalicio, require unha constante renovación e pode ser revogado.Supón a igualdade universal. /VS/ elitismo.Supón o exercizo responsable dos dereitos e deberes e, por tanto, dunha educación universal.
O PLURALISMO
É un feito e un valor (algo desexable)O nivel dunha democracia mídese pola capacidade de asumir as diferenzas, a diversidade. O seu presuposto é o relativismo, o contrario do dogmatismo.Conleva a posibilidade de levar a cabo as ideas sobre a vida persoal e colectiva e de expresalas e defendelas. Esto explica a rotación no poder.Ninguén pode ser perseguido en función das súas ideas sempre que a súa práctica non conleve a ruptura das regras do xogo democrático.
A LIBERDADE
A liberdade (posibilidade de expresión das ideas individuais ou colectivas) xustifica o pluralismo.A liberdade como dereito individual pode entrar en contradición cos límites da vida social que posibilita o Estado de dereito. Exemplo: dereito á intimidade /VS/ dereito á información).
O RESPECTO MÚTUO
É o principio que fai posible a convivencia na diversidade. Fixa os límites das iniciativas dos individuos (tolerancia): non facer aos demais o que non che gustaría que che fixeran a ti.Implica o diálogo (a violencia é a negación do respecto) e o recoñecemento da igualdade do outro.Respecto non significa, porén, non intervención, indiferenza. Hanse beneficiar tod@s.
A XUSTIZA
“ A cada un o que lle corresponde”.Sen xustiza non hai democracia. Por iso é tan importante a independencia do poder xudicial.A regulación da vida social implica unha revisión constante das leis.As normas legais presupoñen a igualdade de todos os suxeitos diante da lei, sen excepción.Hai un matiz: a discriminación positiva (non tratar como igual a quen é desigual) que pretende compensar a desigualdade (por idade, por condición sexual, por discapacidade…)
Top Related