A etiqueta dos libros

2
A ETIQUETA GRÁFICA Ou “tejuelo” O “tejuelo” é a etiqueta de papel que poñen os/as bibliotecarios/as no lombo do libro. Son letras e números que usamos para poder ordenar os libros nos andeis. É coma un código secreto. QUERES SABER COMO SE DESCIFRA?

description

Como é e que significa a etiqueta que levan os libros no lombo.

Transcript of A etiqueta dos libros

Page 1: A etiqueta dos libros

A ETIQUETA GRÁFICA Ou “tejuelo”

O “tejuelo” é a etiqueta de papel que poñen os/as bibliotecarios/as no lombo do libro. Son letras e números que usamos para poder ordenar os libros nos andeis. É coma un código secreto.

QUERES SABER COMO SE DESCIFRA?

Page 2: A etiqueta dos libros

A primeira liña é unha numeración que se corresponde coas diferentes materias ou ciencias do coñecemento humano (Clasificación Decimal Universal ou CDU)

No exemplo, o 51 corresponde á materia de MATEMÁTICAS

A seguinte liña é para o AUTOR/A do libro . Son tres letras maiúsculas que se corresponden coas tres primeiras letras do apelido do autor ou autora. Se é anónimo, esta liña aparecerá en branco. O mesmo sucede cando o autor é colectivo (máis de tres autores/as)

Por exemplo, neste caso o autor é CLIFFORD A. PICKOVER.

Na terceira liña aparecen unhas letras en minúscula; correspóndense co TÍTULO da obra : as tres primeiras letras do título, sen contar os artigos nin as preposicións.

No exemplo, o título é Las matemáticas de Oz.

51PICmat

51PICmat

51PICmat