A imaxe

16

Transcript of A imaxe

Page 1: A imaxe
Page 2: A imaxe

UN MUNDO CHEO DE IMAXES

• Hoxe vivimos nun mundo cheo de imaxes

• As imaxes son un medio de expresión cultural e artística

• Pero tamén teñen outros usos:• Entreter• Informar• Publicitar• Xogar

• Cada día vemos miles de imaxes na rúa, na televisión, nos periódicos e revistas, nos ordenadores, etc.

Page 3: A imaxe

¿MIRAMOS ÁS IMAXES?• Son tantas as que vemos ao longo do día que moitas veces

non reparamos nelas

• Aínda que no s. XXI homes e mulleres entendemos mellor as imaxes que hai anos, a nosa obriga e ter unha mirada máis culta

• Coñecer un pouco a evolución das imaxes ao longo dos séculos fará que comprendamos mellor o que vemos hoxe

• O home comezou a elaborar imaxes hai moitos miles de anos

Page 4: A imaxe

AS ORIXES

• Hai uns 30.000 anos o homo sapiens produciu as primeiras mostras de arte figurativo (pinturas en pedra e no propio corpo)

• Este feito coincide coa aparición do pensamento abstracto (pensar en algo sin ningún estímulo externo que o provoque )

• Dende entón non se produciu no ser humano ningunha evolución fisiolóxica importante

• A evolución sufrida ata o momento actual é tan só cultural

Page 5: A imaxe

O LUXO DA ARTE• A arte xurde e desenvólvese nas sociedades que teñen

resoltas cuestións como o alimento ou a vivenda

• A evolución da arte ao longo dos séculos ten sido moi lenta

• Só nos últimos séculos acelerouse este proceso

PALEOLÍTICO EXIPTO ROMÁNICO RENACEMENTO S. XX

Page 6: A imaxe

1. ARTE PALEOLÍTICA• As primeiras manifestacións artísticas

documentadas proveñen casi todas de Europa

• Crese que a arte da época tiña unha función relixiosa

• A temática versaba sobre o home, os animais e o medio natural

• Pintura, gravado, relevo e estatuillas son as técnicas máis frecuentes

A arte paleolítica en Europa

Homo sapiens sapiens

• Dise que o Homo Sapiens Sapiens é o creador das artes plásticas

• A arte xurdiu cando xa resolveran cómo comer, vestirse e refuxiarse da intemperie

• En moitos casos a arte paleolítica foi dun gran valor estético e artístico

Page 7: A imaxe

2. EXIPTO E MESOPOTAMIA

• Nesta época (a partir de hai uns 3.000 anos) a arte perfecionouse

• Todavía está moi vinculada á relixión e ao faraón con contidos simbólicos e máxicos

• A pintura, pero sobre todo a escultura e a arquitectura, eran as principais artes

• O que máis lles preocupaba eran os símbolos, as formas e a composición

• A perspectiva era plana e sen volumen, como os debuxos que fan hoxe os cativos

• O home ou a muller máis importante pintábase máis grande inda que non o fora

• As raíñas e os faraóns sempre se representaban grandes e esbeltos, e non se lles podía debuxar gordos ou baixos

Page 8: A imaxe

3. GRECIA E ROMA• Entre os séculos IV a. C. e IV d. C. conviviron as

civilizacións grega e romana• A arte de cada unha delas ten as súas peculiaridades,

pero ambas destacaron pola súa proporcionalidade e perfección no debuxo

• A actual cultura occidental e a nosa forma de pensar é consecuencia directa destas dúas civilizacións

• A influencia da arte desta época na Idade Media e no Renacemento é moi notable

• Os temas que representaron foron moi variados: paisaxes, bélicos, erotismo, retrato ...

• As imaxes que pintaban sobre todo nas paredes dos edificios tiñan falta de perspectiva, colores planos e figuras moi ríxidas

Page 9: A imaxe

4. A IDADE MEDIA

Pintura románica

Pintura gótica

• A Idade Media comprende catro períodos artísticos: Paleocristián, Bizantino, Románico e Gótico

• Cronolóxicamente desenvólvese entre o s.V e o s. XV• A arte de toda esta época ten en común a

dependencia da relixión• Giorgio Vasari (pintor, arquitecto e historiador da

arte italiano do s. XVI) calificou de "monstruosa e bárbara" a arte desta época porque a analizou desde o punto de vista estético

• A arte desta época tiña unha función pedagóxica• As cousas eran belas en canto engrandecían a Deus• Ao final da Idade Media, o Gótico supuxo un avance

cara o Renacemento: menos dependencia relixiosa pero os gremios impoñían estrictas normas estéticas

Page 10: A imaxe

5. O RENACEMENTO

• Comprende o Quattrocento e o Cinquecento (ss. XV e XVI)• O descubrimento de América rompe co teocentrismo

medieval• O novo ideal artístico baséase na ciencia grazas aos novos

estudos sobre a perspectiva, a luz e a anatomía

A escola de Atenas, de Rafael Sanzio

A Gioconda deLeonardo da Vinci

• No Renacemento, pintar é representar ao mundo dacordo cos principios da razón

• Mediante as sombras e as luces facían que un lienzo plano tivera apariencia de un corpo saínte, como pregonaba Leonardo

• Alberti, no seu “Tratado da pintura”, di que as artes apréndense mediante a razón e o método, e que o seu único maestro é a práctica.

Page 11: A imaxe

6. MANIERISMO E BARROCO

As fiandeiras, de Velázquez

O enterro do conde Orgaz, de O Greco

• Nesta época a luz, as cores, o claroscuro e o realismo o foron todo

• Xurde nestos anos o tenebrismo, cunha iluminación lateral forte que crea volumen. O seu maestro foi Caravaggio (luz caravaggiesca)

• Con Velázquez (1599-1660) chegou a modernidade• Na súa obra “As fiandeiras” representa o

movemento da rueca como nunca se fixera nin se fixo ata moitos anos despois de man dos impresionistas, xa coa axuda da fotografía

• A pintura da época volveuse naturalista e dramática, e a perspectiva xa non dependeu só do tamano ou o ángulo visual, senón tamén do xeito de iluminar

• Velázquez, Rubens e Rembrandt foron os grandes mestres da luz no Barroco, todos eles influídos por Caravaggio

Page 12: A imaxe

7. NEOCLASICISMO E ROMANTICISMO

A bañista de Valpiçon, de Ingres

O Ángelus, de Millet

• No s. XIX xorden estes dous movementos que darán paso máis tarde ao Realismo e o Impresionismo

• No Neoclasicismo a liña volveu ser moi marcada, pero a luz e a sombra xa nunca abandoaron á pintura

• Volveuse ao ideal grego e romano, pero só no que se refire aos temas

• Goya pertence cronolóxicamente a esta época, pero a súa pintura ten un estilo persoal que o levou ás portas da arte moderna. Morreu en 1828, dous anos despois da invención da fotografía

• Realismo e Impresionismo xa coñeceron á fotografía e se serviron dela

• Os impresionistas conviviron coa fotografía e cos fotógrafos

• Monet e Ingres traballaron moitas veces con Nadar e aprendían uns de outros

Page 13: A imaxe

8. O SÉCULO XX

• Arte moi influenciada pola política e a sociedade do momento

• É unha época moi fecunda con moitas correntes efémeras que se solapan no tempo

• Diversas vangardas artísticas experimentaron con varias formas de representación

• Na pintura rompeuse coa perspectiva usada desde o Renacemento

• Tamén se abandona o realismo• No s. XX a fotografía pasa a ser

considerada como arte• Aparece unha nova arte: o cine

Page 14: A imaxe

A IMAXE HOXE• A fotografía, o cine e a televisión dominan hoxe o mundo das imaxes

• A industria creada entre as tres, é enorme, move moitos cartos e sustenta moitos postos de traballo

• Nunca como hoxe estivo tan estendido o uso do vídeo e a fotografía

• Todos somos consumidores de centos de imaxes a diario

• A capacidade de persuasión das imaxes supera a da escritura

• Para que as imaxes superen a simple representación, hai que aprender a facelas do mesmo xeito que aprendemos a escribir

• Coñecer a historia e a evolución das artes visuais xunto coa reflexión sobre as imaxes que fagamos, non axudará a facelas mellor

Page 15: A imaxe

ACTIVIDADES PARA A AULA

• Busca en internet retratos das diferentes épocas analizadas nesta presentación e debate en grupo as diferencias que atopedes no xeito de representalas

• Busca pinturas posteriores a 1850 e trata de averiguar as novidades xurdidas na forma de representar despois da invención da fotografía

• Busca retratos feitos por Monet e por Nadar e discute sobre as similitudes e diferencias atopadas

• Selecciona 5 fotos que che gusten feitas por ti ou polos teus amigos e averigua porqué che parecen mellores que outras

Page 16: A imaxe

Nacho Romero

Material subvencionado pola