Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades...

13
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 CENTRO: CEIP GARCÍA BARBÓN - VIGO CURSO: 6º MATERIA: Lingua Galega DATA: 12 maio 2020

Transcript of Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades...

Page 1: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

CENTRO: CEIP GARCÍA BARBÓN - VIGO

CURSO: 6º MATERIA: Lingua Galega DATA: 12 maio 2020

Page 2: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 1 DE 12

CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN CURSO:6º

MATERIA:LINGUA GALEGA

ÍNDICE

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles.

2. Avaliación e cualificación.

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso ampliación)

4. Información e publicidade.

Page 3: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 2 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN CURSO:6º

MATERIA:LINGUA GALEGA

1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe

1. Escoitar textos orais en silencio, mostrando interese e respecto. 1.1. Escoita textos orais atentamente.

1.2. Respecta as opinións dos e das demais

2.Comprender textos orais diversos, procedentes da radio, da televisión ou da internet, interpretando as intencións explícitas así como as intencións, opinións e valores non explícitos.

2.1. Comprende as ideas principais e secundarias dun texto oral, procedente da radio, da televisión ou de internet, identificando o tema e elaborando un resumo.

2.2. Comprende o significado literal e inferencial dun texto oral, distinguindo a información da opinión.

3. Comprender e producir textos orais propios do uso cotián ou do ámbito académico.

3.1. Participa axeitadamente nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o

interlocutor e intervindo coas propostas propias.

3.2.Sigue unha exposición da clase e extrae as ideas máis destacadas.

3.3. Fai pequenas exposicións na aula adecuando o discurso ás diferentes

necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é

preciso

3.4. Participa activamente no traballo en grupo, así como nos debates.

3.5.Identifica o grao de formalidade da situación de comunicación e axusta a este a

súa produción

3.6. Elabora un discurso oral cohesivo, utilizando nexos adecuados.

4. Ler un texto poético con fluidez e comprensión. 4.1. Le un texto poético con fluidez e corrección.

Page 4: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 3 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN CURSO:6º

MATERIA:LINGUA GALEGA

4.2. Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión.

5. Ler un texto narrativo, descriptivo, expositivo e argumentativo, con fluidez e comprensión.

5.1. Le un texto narrativo con fluidez e corrección.

5.2. Comprende o sentido global dun texto e responde cuestións de comprensión.

5.3. Identifica as ideas principais e secundarias dun texto (narrativo, descritivo

expositivo e argumentativo).

5.4. Busca, localiza e selecciona información concreta dun texto, deducindo o

significado de palabras e expresións polo contexto.

6.Interpretar e comprender a información procedente de gráficos, esquemas e ilustracións.

6.1. Interpreta e comprende a información de gráficos, esquemas, mapas

conceptuais e ilustracións, relacionando esta co contido do texto que a

acompaña.

7. Realizar o subliñado das ideas principais dun texto, e esquematizar e resumindo seu contido.

7.1. Realiza o subliñado das ideas principais dun texto.

7.2. Esquematiza as ideas dun texto, indicando as ideas principais e secundarias.

7.3. Realiza o resumo dun texto.

8. Enriquecer o vocabulario con palabras referidas a diferentes campos semánticos e manexar os diferentes tipos de dicionario.

8.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido e as palabras novas referido aos

diferentes campos semánticos.

8.2. Recoñece e emprega os diferentes tipos de dicionario.

Page 5: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 4 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN CURSO:6º

MATERIA:LINGUA GALEGA

9. Comprender os conceptos de lingua oficial e de normalización lingüística. 9.1.Comprende os conceptos de lingua oficial e de normalización lingüística.

10. Elaborar unha recensión. 10.1. Identifica as características das recencións e é capaz de elaborar unha sobre un

libro.

11. Distinguir os principais xenéros literarios. 11.1. Sabe identificar os xéneros literarios a partir das súas características básicas.

12. Coñecer algunhas mulleres galegas destacadas. 12.1. Mostra interese por coñecer algunhas mulleres relevantes da nosa cultura.

13. Enriquecer o vocabulario con palabras referidas a diferentes campos semánticos e relacionar palabras sinónimas e antónimas. Recoñecer palabras polisémicas e homónimas

13.1. Asimila e aplica o vocabulario aprendido: léxico relativo aos campos semánticos

traballados e palabras novas.

13.2. Relaciona palabras sinónimas e antónimas.

13.3. Recoñece e diferencia as palabras polisémicas e homónimas

13.4. Identifica e forma campos semánticos.

14. Diferenciar as clases de substantivos e identificar o xénero e o número.

14.1. Distingue as diferentes clases de substantivos e clasifícaos correctamente.

14.2. Identifica o xénero e o número dos nomes e é capaz de modificalo.

15.Coñecer as regras básicas de acentuación. 15.1. Acentúa correctamente as palabras que seguen as normas xerais.

16. Identificar e recitar cantigas e poemas. 16.1. Identifica as cantigas e recítaas con corrección.

16.2. Recita poemas con entoación e ritmo axeitados así como cunha axeitada

Page 6: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 5 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN CURSO:6º

MATERIA:LINGUA GALEGA

vocalización

17. Analizar a métrica e a rima dun poema. 17.1.É quen de analizar a métrica e a rima dun poema.

18. Identificar e clasificar os determinantes. 18.1. Identifica e clasifica os determinantes.

19. Coñecer e aplicar as regras de acentuación para os casos especiais. 19.1. Coñece e aplica as normas de acentuación para casos especiais.

20. Escribir un poema de xeito guiado. 20.1.É capaz de escribir un poema seguindo unhas pautas dadas.

21.Distinguir as estrofas básicas. 21.1 Diferencia os principais tipos de estrofas.

22.Clasificar os adxectivos e identificar os seus diferentes graos.

22.1. Identifica e clasifica os adxectivos.

22.2. Recoñece e modifica o grao dos adxectivos.

23.Coñecer e aplicar a acentuación diacrítica. 23.1.Coñecer e aplicar a acentuación diacrítica.

24. Distinguir a repetición e a personificación. 24.1. Recoñece e diferencia as repeticións e as personificacións

25.Coñecer o significado das frases feitas.

25.1. Coñece o significado dalgunhas frases feitas.

25.2. Usa frases feitas en contextos adecuados.

26. Identifica os pronomes persoais e colócaos correctamente.

26.1. Identifica e clasifica os pronomes persoais.

26.2. Coñece e aplica as regras básicas de colocación do pronome átono.

27. Coñecer e aplicar as normas dos signos de puntuación . 27.1. Utiliza correctamente os signos de puntuación.

28. Escribir textos que respecten a orde lóxica e o sentido. 28.1. Escribe textos que manteñen unha orde lóxica no contido.

Page 7: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 6 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN CURSO:6º

MATERIA:LINGUA GALEGA

29. Enriquecer o vocabulario e diferenciar os sufixos diminutivos, aumentativos e despectivos.

29.1. Diferencia os sufixos diminutivos, aumentativos e despectivos.

30. Identificar os pronomes demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos. 30.1 Identifica os pronomes demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos.

31. Identificar o narrador nun texto e indicar a súa tipoloxía. 31.1. Identifica o narrador nun texto e indica se é interno ou externo.

32. Diferenciar as palabras primitivas, derivadas e compostas. 32.2. Diferencia as palabras primitivas, derivadas e compostas

33. Coñecer a forma dos verbos e as súas conxugacións

33.1. Separa o lexema das desinencias.

33.2. Coñece a conxugación dos verbos regulares e dalgúns irregulares.

34. Elaborar textos breves con creatividade. 34.1. Expresa nos seus textos de maneira imaxinativa ideas, sentimentos e/ou

emocións; narra accións e presenta personaxes, obxectos e/ou lugares: carteis

publicitarios, anuncios, cómics, contos, poemas, cancións, anécdotas...

34.2. Escribe textos breves de carácter creativo con certa riqueza léxica.

34.3. Aprecia os usos creativos da linguaxe.

35. Usar as estratexias de planificación, textualización e revisión do texto.

35.1.Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas, seleccionando e estruturando a información, mediante notas, esquemas, guións ...

35.2.Elabora o texto cunha estrutura clara, con coherencia e cohesionando os enunciados

35.3. Respecta as regras de puntuación no texto

35.4. Aplica a norma lingüística: ortografía, acentuación, léxico, morfosintaxe...

35.5.Revisa e reescribe o texto cando é preciso.

36. Usar de maneira autónoma as TIC para a busca de información, tratamento dos textos, realización de presentacións, cómics...

36.1. Usa as TIC na procura de información ou para consultar o dicionario.

36.2.Emprega procesadores de textos de maneira autónoma.

Page 8: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 7 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN CURSO:6º

MATERIA:LINGUA GALEGA

36.3. Utiliza as TIC para realizar presentacións e outros formatos como cómics...

37. Coidar a presentación dos traballos escritos en calquera soporte e valorar a lingua escrita como medio de comunicación.

37.1.Coida a presentación dos traballos escritos, en calquera soporte.

Page 9: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 8 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN-VIGO CURSO:6º

MATERIA:LINGUA GALEGA

2. Avaliación e cualificación

Avaliación

Os procedementos a utilizar serán os seguintes: a) Observación sistemática do traballo na aula e da súa actitude cara a área b) Observación sistemática sobre a súa actitude cara as persoas da aula c) Participación nas actividades da aula realizadas de xeito individual e grupal d) Probas orais e escritas e) Seguimento periódico das tarefas realizadas en soporte de papel e en

soporte dixital

Servirémonos dos seguintes instrumentos de avaliación: a) Caderno de aula b) Obradoiro de poesía c) Obradoiro de escrita divertida d) Rexistro a través de fichas e) Cuestionarios para probas obxectivas f) Gravacións de audio e/ou video g) Traballos de investigación sobre un tema concreto seguindo as pautas

explicadas h) Tarefas realizadas en soporte dixital e/ou noutros soportes

Cualificación final

Tendo en conta as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, a avaliación e cualificación do alumnado realizarase tendo en conta:

- As aprendizaxes desenvolvidas durante o primeiro e segundo trimestre. - As actividades de reforzo e recuperación de aprendizaxes realizadas dende

a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando beneficie ao alumnado.

O cálculo da cualificación final (avaliación ordinaria) realízase do seguinte xeito:

- 1ª avaliación: 50% - 2ª avaliación: 50% - Tarefas realizadas a partir da publicación destas programacións: A nota

anterior poderá incrementarse en ata un 10% da mesma en base á realización das actividades.

Alumnado de materia pendente

O alumnado que ten esta materia pendente nos dous trimestres anteriores poderá superar a área nesta terceira avaliación e na final se amosa ter superados os criterios de avaliación enumerados con anterioridade.

Alumnado de materia pendente

Criterios de cualificación: Para a superación ou non da área teranse en conta os seguintes apartados: Realización das probas de repaso e reforzo propostas durante este terceiro trimestre: 40% Realización das actividades de recuperación deseñadas especificamente para a

Page 10: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 9 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN-VIGO CURSO:6º EP

MATERIA:LINGUA GALEGA

superación dos trimestres suspensos: 40% Probas obxectivas: 20%

Procedementos e instrumentos de avaliación: Para superar a área valorarase o número de actividades de repaso e de reforzo realizadas e a corrección das mesmas, de entre as indicadas no blog https://quelqueshistoiresvecues.blogspot.com/ a partires do 14 de abril. Terase tamén en conta o número e a corrección das actividades específicas de recuperación diseñadas para este alumnado que se lle enviarán regularmente ao mail individual de cada alumno ou alumna do dominio garciabarbon.com.es. Avisarase tamén ás familias a través de Abalar Móbil do envío deste material de recuperación específico. Ámbolos dous grupos de tarefas deberán ser enviados á docente ao seu correo electrónico [email protected] O apartado correspondente ás probas obxectivas consistirá en: Unha proba escrita que poderá ser realizada en diferentes sesións se así o prefire o alumno ou a súa familia. A proba será realizada no seu domicilio, a través de medios telemáticos e establecerase día, hora e tempo máximo para a súa realización. Se a familia o desexa e, sempre que as autoridades correspondentes o permitiran, as probas poderían realizarse presencialmente no centro escolar.

En canto ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, os procedementos e instrumentos de avaliación serán adaptados de acordo ás súas necesidades e ás medidas extraordinarias de atención á diversidade dispostas para a súa resposta educativa, considerando en todo caso a coordinación e o consenso entre o profesorado titor/especialista cos correspondentes membros do Departamento de Orientación que interveñen co alumno/a.

Page 11: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 10 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN-VIGO CURSO:6º EP

MATERIA:LINGUA GALEGA

3. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e

no seu caso, ampliación)

Actividades

Neste nivel plantéxanse actividades de repaso e reforzo dos contidos que se corresponden cos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe establecidos no apartado anterior. Estas actividades poderán ser: Cancións e/ou audios: Para facilitar a aprendizaxe da lingua traballamos con distintas cancións e audios que resultan motivantes. Este tipo de actividades ofrecen unha práctica oral da lingua e proporcionan modelos de pronunciación, estructura da lingua facilitando a súa asimilación.

Xogos: A través do xogo o alumnado practica aspectos lingüísticos e aprende. Tamén se propicia a creación de situacións que permiten empregar unha linguaxe natural así como un maior benestar emocional.

Visionado de vídeos: Enviaranse pezas videográficas que recollan os aspectos lingüísticos e culturais tratados. Estes elementos resultan moi motivantes para o alumnado xa que conecta totalmente cos seus gustos e centra a súa atención. Tamén se lles solicitará a realización de gravacións na que amosen o dominio da lingua, a creatividade e a súa imaxinación.

Actividades multimedia: Para consolidar e repasar, realizaranse diversas actividades multimedia e tamén dos recursos existentes na rede e engadidos ao blog creado e xestinado pola docente. Actividades de escrita que traballen os diferentes tipos de textos así como aspectos importantes da gramática e estrutura da lingua. Actividades de consolidación de estructuras lingüísticas. Actividades de desenvolvemento de técnicas de traballo individual que desenvolvan a competencia de aprender a aprender. Actividades de investigación que teñan interese para o afianzamento das estructuras lingüísticas e que contribúan á mellora das técnicas de traballo individual. Obradoiros de poesía e escrita divertida que fomenten a creatividade e desenvolvan a imaxinación do alumnado. No que respecta ás actividades de recuperación estas serán enviadas por mail ao alumnado que presenta a área suspensa e non estarán públicas no blog para evitar confusións entre o alumnado que non está afectado. Estas actividades serán similares ás anteriores, pero contemplarán

Page 12: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 11 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN-VIGO CURSO:6º EP

MATERIA:LINGUA GALEGA

fundamentalmente os estándares mínimos de aprendizaxe sinalados no apartado correspondente deste documento.

Metodoloxía (alumnado con

conectividade e sen conectividade)

Entre o alumnado deste nivel non hai ningún que careza de conectividade e medios informáticos polo que a metodoloxía a empregar será a seguinte: Información ás familias a través da mensaxería de Abalar Móbil, do correo electrónico e da páxina web do centro das tarefas propostas para cada semana escolar. A través destes mesmos medios de comunicación se lles informa da creación do blog da docente e o seu aloxamento na páxina web do cole. Iniciado o período lectivo, unha vez rematadas as vacacións de Semana Santa, cólganse no blog MA POCHETTE! ( https://quelqueshistoiresvecues.blogspot.com/) as actividades propostas para esa semana. O alumnado con actividades de recuperación recibirá directamente estas actividades no seu correo electrónico @garciabarbon.com.es

Materiais e recursos

Os materiais e recursos para as tarefas son elaborados pola docente, extraídos de material educativo proporcionado por editoriais ou ben compartidos na rede por outros profesionais e/ou administracións educativas.

Page 13: Adaptación DA PROGRAMACIÓN Didáctica. cURSO 2019/2020 · 2020. 6. 16. · necesidades comunicativas (narrar, describir e expoñer), utilizando o dicionario se é preciso 3.4. Participa

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020

PÁXINA 12 DE 12 CENTRO:CEIP GARCÍA BARBÓN-VIGO CURSO:6º EP

MATERIA:LINGUA GALEGA

4. Información e publicidade

Información ao alumnado e ás

familias

O alumnado deste nivel poderá será informado a través da mensaxería Abalar Móbil, a través do correo electrónico, da páxina web e do blog da docente, segundo se considere máis oportuno en cada momento. A docente manifesta a disposición a comunicarse coas familias por teléfono se estas lle facilitan o número de teléfono no que desexan ser contactados

Publicidade Publicación obrigatoria na páxina web do centro.