Agrupación Abertal da Rúa No Forum Gigurrorum · Patricia Charcos, Rodrigo Ramírez e Paco...

2
www.concellodobarco.org novembro 2009 CINE GROUCHO CLUB MARX cineclubgrouchomarx.blogspot.com CONCELLO O BARCO DE VALDEORRAS Concellaría de Cultura xoves 5 . 20h30 e 22h30 xoves 12 . 20h30 e 22h30 xoves 19 . 20h30 e 22h30 xoves 26 . 20h30 e 22h30 Agrupación Abertal da Rúa No Forum Gigurrorum sábado 7 novembro. 20h Abertal é un nome propio dentro da música tradicional galega. Escola e canteira para investigar e recrear este inmenso patrimonio, ten apostado claramente pola autenticidade fronte a deturpación, no que atinxe ás expresións do noso folclore, imprimindo ás súas actuacións un aire inconfundíbel que transmite a elegancia, o orgullo e a alegría dos vellos gaiteiros. Nesta ocasión presentan o seu último disco que vai acompañado dun DVD sobre a traxectoria do grupo, co gallo do seu 25 aniversario, e que leva por título . Ofrecerán un concerto con formación instrumental e coro no que farán un percorrido polo temas gravados no disco, un disco que se abre coa fermosísima que o seu autor, Ricardo Courtier, dedicara a Elena Quiroga en 1902, e que finaliza coa con letra propio Durán Blanco e música de Xoaquín Xesteira ( ), unha homenaxe ás terras e a xente da nosa comarca. No Forum Gigurrorum Espírito Abertal Muiñeira de Viloira Foliada de Valdeorras, Treixadura Concerto de música tradicional galega Manuel Anxo Durán Blanco Dirección: PEYMAR - O BARCO

Transcript of Agrupación Abertal da Rúa No Forum Gigurrorum · Patricia Charcos, Rodrigo Ramírez e Paco...

www.concellodobarco.org

novembro 2009

CINE GROUCHOCLUB MARX

cineclubgrouchomarx.blogspot.com

CONCELLO

O BARCO DE VALDEORRAS

Concellaría de Cultura

xoves 5 . 20h30 e 22h30 xoves 12 . 20h30 e 22h30

xoves 19 . 20h30 e 22h30 xoves 26 . 20h30 e 22h30

Agrupación Abertal da RúaNo Forum Gigurrorumsábado 7 novembro. 20h

Abertal é un nome propio dentro da música tradicional galega.Escola e canteira para investigar e recrear este inmensopatrimonio, ten apostado claramente pola autenticidade fronte adeturpación, no que atinxe ás expresións do noso folclore,imprimindo ás súas actuacións un aire inconfundíbel quetransmite a elegancia, o orgullo e a alegría dos vellos gaiteiros.

Nesta ocasión presentan o seu último discoque vai acompañado dun DVD sobre a traxectoria

do grupo, co gallo do seu 25 aniversario, e que leva por título.

Ofrecerán un concerto con formación instrumental e coro no quefarán un percorrido polo temas gravados no disco, un disco quese abre coa fermosísima que o seu autor,Ricardo Courtier, dedicara a Elena Quiroga en 1902, e quefinaliza coa con letra propio Durán Blancoe música de Xoaquín Xesteira ( ), unha homenaxe ásterras e a xente da nosa comarca.

No ForumGigurrorum

Espírito Abertal

Muiñeira de Viloira

Foliada de Valdeorras,

Treixadura

Concerto de música tradicional galegaManuel Anxo Durán BlancoDirección:

PE

YM

AR

-O

BA

RC

O

Maquinaria PesadaAs vingadoras

venres 20 novembro. 21h

Autor:Dirección:Elenco: , ,Público: Duración:

Maquinaria PesadaJohn Wright

Isabel Risco (Enma) Marián Bañobre (Pili) Jose Losada (Ti)Adulto. 90 min.

As actrices galegas Marián Bañobre e Isabel Risco presentan o seunovo proxecto en común, que inician con esta proposta dirixida porJohn Wright e baseada na serie televisiva inglesa The avengers (Osvingadores).

Case 50 anos despois de que a televisión británica comezara aemisión desta mítica serie de axentes segredos, na que a parellaformada pola sensual Emma Peel e o gentleman John Steed seenfrontaba a malfeitores e delincuentes, Maquinaria Pesada deciderecuperar as súas aventuras poñendo en escena un espectáculo declown cheo de humor e optimismo. En As vingadoras, Isabel Riscoencarna a Emma e Marián Bañobre a Pili, en clara referencia a EmmaPeel, a quen ambas as dúas queren emular. José Losada (no papel deTi) completa o trío interpretativo ás ordes do recoñecido director deescena británico John Wright. Wright implicouse dende o principio noproxecto das súas ex alumnas (ambas as dúas participaron en senlloscursos impartidos por el en Londres e Compostela), encargándosedunha parte da preparación actoral e da produción na capital inglesa edesenvolvendo os últimos ensaios en Santiago cunha residencia noSalón Teatro.

UN ANACO DE CADA UN

Na Sala de Caixanova, do 29 de outubro ao 14 de novembro

UNHA PAUSA NO TEMPO

Na Galería Sargadelos, do 1 ao 15 de novembro

CAMIÑO, FOTO E PALABRA

Na Sala de Caixanova , do 16 ao 30 de novembro

IV PREMIO MANUEL BLANCO PASCUAL

Na Galería Sargadelos, do 17 de nov. ao 9 de decembro

FOTODIVERSA

Nos Cafés La Galería, Principal, e Veira Sil, en decembro.

Mostra heteróxenea de estudantes da Escola de Arte MestreMateo de Santiago. Diversos estilos, formatos e técnicas ataorixes dos autores nun collage cun nexo común: a mirada claraque dá a forza da mocidade, que non da inexperiencia. Eles son:Ángela Anido, Loreto de Araújo, Sara Balado, María TeresaGonzález Borace, Esteban Leyton, Jennifer Otero, RafaelPasadas, Ana Pernas, Xavier Podevin, Alicia Saavedra.

de Óscar Rodríguez NogueiraAfortunado aquel que é capaz de apreciar a beleza daspequenas cousas, e o mundo no que vivimos está cheo: as follasno outono, o sorriso dun neno, a choiva, as pedras no río, unhaflor, o sol atravesando o teu cabelo, ... O desexo de quénatrapou ese instante para transmitir todas esas emocións.Amosa varias instantáneas, froito das súas viaxes por Francia,Portugal, Finlandia, Estonia e Galicia. En colaboración conAFEM Morea.

de Juan RúaO Camiño de Santiago é un camiño exterior e interior. Pés,corazón e alma. A compañía, a soidade, a música, o silencio, ofrío, a calor, a auga, a sede, a fame, a fartura, a dor, a ledicia, asombra, a luz, os soños, as pedras, o lusco fusco, o amencer, ascaricias do vento, o arrecendo da lúa chea... no Camiño cadamomento é diferente.

De fotografía sobre o patrimonio cultural de Valdeorras. Variosautores. O Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV) presenta osresultados do concurso que convoca para honrar a memoria dofotógrafo barquense, desaparecido trala guerra civil, ManuelBlanco Pascual, o que máis e mellor ten fotografado a vidasocial, o territorio e os elementos patrimoniais do Barco e a súacomarca entre 1915 e 1936. Serán expostas tanto as obraspremiadas como as finalistas.

de Marta Bran, Jonatan Cabaleiro Pradairo e Bea Romartya obra desta última é unha particular homenaxe a Bergson através de fotoescaner, unha técnica na que ven traballandodende hai catro anos.

Exposicións

La Tirita de TeatroEl Romeo y la Julieta

venres 13 novembro. 20h

Adaptacion de de W. Shakespearee texto de Llanos Campos

Alberto Alfaro.Patricia Charcos, Rodrigo Ramírez e

Paco Úbeda.Familiar a partir de 8 anos.

50 min.

Romeo y Julieta sobre unha ideaorixinal de Paco ÚbedaDirección:Actores-manipuladores:

Público:Duración:

Que pasaría se Romeo e Julieta fosen dous nenos, fillos deinmigrantes? E se en lugar de Montescos e Capuletos acoñecida disputa fóra entre dúas culturas tan diferentes como anixeriana e a colombiana?

fálanos de inmigración, integración e omáis importante: que por encima de todo están as persoas, ossentimentos e o respecto cara aos demais.

La Tirita de Teatro é unha compañía dedicada ao teatro demonicreques nacida en Albacete no ano 1993, ten producido oitoespectáculos para público familiar fascinando ao público ennumeorsos escenarios e festivais de España e Portugal.

El Romeo e la Julieta