As irmás Mirabal

13
Endl Ies Enrique Muruais 25 novembro 2016 As irmás Mirabal

Transcript of As irmás Mirabal

Page 1: As irmás Mirabal

Endl Ies Enrique Muruais

25 novembro 2016

As irmás Mirabal

Page 2: As irmás Mirabal

Patria Mercedes Mirabal (27 de febreiro 1924-25 de novembro 1960), Minerva Argentina Mirabal (12 de marzo 1926-25 de novembro 1960) e Antonia María Teresa Mirabal ( 15 de outubro 1936-25 de novembro 1960) foron dominicanas que se opuxeron feramente á ditadura de Rafael Leónidas Trujillo.

Page 3: As irmás Mirabal

Unha cuarta irmá, Bélgica Adela “Dedé” Mirabal ( falecida en febreiro de 2014) non tivo un papel activo nas actividades feitas contra o ditador , o que lle permitiu sobrevivir.

Page 4: As irmás Mirabal

De familia rural acomodada, as irmás Mirabal estudaron nos mellores colexios e, cando Trujillo chegou ao poder, a súa familia perdeu case toda a súa fortuna. As Mirabal crían que Trujillo levaría o país ao caos económico e formaron un grupo de oposición ao réxime, chamado o Movemento do 14 de xuño.

Page 5: As irmás Mirabal

Dentro deste grupo eran coñecidas como As Bolboretas pola súa persistente actividade rebelde.

Page 6: As irmás Mirabal

Foron encarceradas e torturadas en varias ocasións. A pesar desta situación, continuaron a súa loita por terminar coa Ditadura.

Page 7: As irmás Mirabal

Logo de varios encarceramentos, Trujillo decidiu terminar coas irmás. O 25 de novembro de 1960 enviou homes para interceptar a camioneta na que viaxaban as tres mulleres logo de que visitaran os seus homes en prisión. As irmás, totalmente desarmadas, foron levadas a unhas plantacións de cana, e logo acoiteladas e estranguladas

Page 8: As irmás Mirabal

Trujillo creu no momento que eliminara un gran problema. Porén, o asasinato tróuxolle moitos inconvenientes. A morte das Mirabal causou gran repercusión na República Dominicana e o pobo dominicano amosouse cada vez máis proclive a apoiar ás irmás Mirabal e aos seus ideais. Esta reacción contribuíu a espertar a conciencia do público e eventualmente culminou co asasinato de Trujillo en maio do 1961.

Page 9: As irmás Mirabal

As Mirabal están soterradas en Ojo de Agua, nos arrabaldes da cidade de Salcedo, na provincia do mesmo nome da República Dominicana. O lugar converteuse nun museo na súa honra e está aberto ao público. Ademais hai alí unha biblioteca, librería e tenda de agasallos. Soterrado no mesmo lugar tamén están os restos de Manolo Tavares Justo, quen fora esposo de Minerva.

Page 10: As irmás Mirabal
Page 11: As irmás Mirabal

O 17 de decembro de 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou o 25 de novembro como Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller, en conmemoración do sacrificio das irmás.

Page 12: As irmás Mirabal

En 1995, a escritora dominico-americana Julia Álvarez publicou a novela No tempo das Bolboretas, unha novela baseada na vida das Mirabal . A novela foi levada ao cine co mesmo nome e protagonizouna Salma Hayek, como Minerva e Edward James , como Trujillo

Page 13: As irmás Mirabal

25 novembro 2016