auditoria galego

12
Desta vez examina o alumnado ] A auditoría enerxética do centro ]

description

about greenpeace

Transcript of auditoria galego

Page 1: auditoria galego

Desta vez examina o alumnado

]A auditoríaenerxética do centro]

Page 2: auditoria galego

Índice

A auditoría enerxéticado Centro

AU

DIT

ORÍ

A

1

2

5

6

9

17

Aviso previo

Estas páxinas pretenden sintetizar o proceso que pode seguir un equipo non profesional formado porprofesorado e alumnado, para avaliar o estado das instalacións e o consumo de enerxía do centro.

Non se pode considerar como unha guía sistemática de uso universal, senón como unha orientaciónque permita poñer en práctica unha experiencia que lle vai achegar en primeiro lugar uns coñecementosprácticos ao alumnado sobre un tema que lle será útil en moitos aspectos da vida fóra do centro. Ensegundo termo, a actividade pode abrir un debate sobre o consumo deste, e este documento pode serunha iniciación a un proceso máis complexo.

I. Información previa

II.- Obxectivos

III. Unha visión xeral do problema como punto de partida.

IV.- Metodoloxía de traballo

V.- Material soporte para os grupos

VI.- A cuberta do edificio

VII.- As luces e o consumo de electricidade

VIII.- Os equipos de calefacción e auga quente

IX.- E agora que rematamos, que facemos?

X.- O formato para o intercambio de información a través de www.solarizate.org

Page 3: auditoria galego

I. Información previa

A auditoría enerxéticado Centro

1

AU

DIT

ORI

A

Desde o punto de vista docente, esta actividadeten un obxectivo a longo prazo, que é o de melloraro coñecemento sobre a enerxía e a concienciasobre o seu consumo responsable.

Os obxectivos próximos e cuantificables dentrodo programa docente do centro pasan por:

> Observar, recompilar información e analizar datos que pertenzan a un caso real, e dos que se poden extraer conclusións que se poidan levar á práctica.

> Avaliar informacións e contrastalas con outras fontes de datos para valorar a situación relativa do noso centro con respecto a outros.

> Redactar un informe sobre o consumo de enerxía do centro e que poida ser duradeiro.

II. Obxectivos

III. Unha visión xeral doproblema como punto departida.

A auditoría enerxética é unha actividade docenteque vai implicar o alumnado e o profesorado naanálise real sobre o consumo de enerxía do seucentro.

Qué é a auditoría enerxética?

Fundamentalmente é unha revisión do edificio,dos compoñentes que nos subministran o conforte dos hábitos que temos á hora de usalo coobxectivo de atopar as oportunidades de mellorara eficiencia enerxética (consumir menos enerxíaasegurando o mesmo confort) por un lado, e dereducir as emisións de gases de efecto invernadoiro(substituír fontes de enerxía contaminantes poroutras de orixe renovable) por outro.

Que podemos medir?

Sendo prácticos, hai que medir aquilo que vai terincidencia sobre o edificio e nun período de tempocontrolado dun ano escolar.

A maioría das cousas que podemos medir son asque lle van afectar ao mantemento do centro,como por exemplo o illamento do edificio, asluces, os aparatos de calefacción ou auga quentee todo o sistema de subministración de augapotable.

Adicionalmente, podemos estudar os hábitos cosque usamos as instalacións e o que ocorre candonon hai clases.

Como podemos facelo?

A forma de medir e de avaliar vai ser sinxela: porexemplo, pensaremos en recoller os recibos dacompañía eléctrica, da subministración de gase/ou de gasóleo, preguntar cando se fixeronrevisións dos equipos ou investigar o estado deillamento do encanamento ou o tipo de cristal ede xunta que se usa nas ventás.

Como calquera edificio, o centro vaise adaptandoá temperatura que hai no exterior e vai perdendoou gañando calor/frío con máis ou menosvelocidade en función do que lle axude ouprexudique a súa orientación, a cantidade de xenteque o utilice e a calidade coa que fose construído.

Cando a temperatura do interior non está dentrodo que consideramos confortable, temos queengadirlle ou quitarlle calor mediante as máquinasde calefacción ou aire acondicionado.

A forma do edificio, a súa orientación, a distribucióninterior e o uso que fagamos das plantas e dosmateriais que o rodean son o primeiro factor quevai condicionar que o edificio teña que consumirmáis ou menos enerxía para garantir o confort.

Page 4: auditoria galego

A auditoría enerxéticado Centro

2

AU

DIT

ORI

A

Na maior parte da nosa xeografía o mellor é terun edificio rectangular orientado de xeito que oseu lado maior estea na dirección leste-oeste, edistribuído de maneira que as zonas máis habitadasse encontren situadas na parte sur, e as queprecisan menos control de temperatura na partenorte.

As árbores de folla caduca situadas na parte survan deixar pasar os raios do sol no inverno ebloquealos no verán.

Nos edificios de máis dunha planta non hai queesquecer o inexorables que son as leis da física.O aire quente vai subir sempre e os pisos altosserán máis cálidos cós baixos.

A ventilación natural pode axudar a arrefriar osedificios sempre que non lle poñamos restriciónsde paso. Para sacar proveito dese regalo danatureza, temos que ter presente que o airenecesita un lugar de entrada e outro de saída eque entre ambos os dous o camiño ten que estarlibre de obstáculos insalvables.

A cuberta do edificio compóñena as paredes, ochan, os teitos e as portas e ventás. No noso clima,as ventás son o lugar polo que perdemos ougañamos máis enerxía da que queremos.

Á hora de analizar o bo ou mal sistema de controldo clima exterior que realiza o edificio, temos quededicarlle especial esforzo aos factores máisimportantes: as ventás, a cuberta e as paredes.

Como as ventás son visibles, podemos comprobarse teñen un ou máis vidros, se pechan ben e quetipo de marco teñen instalado. Aquí sempreencontraremos posibilidades de realizar algunhamellora.

Ao teito pásalles algo similar ao das ventás. Nonsabemos como foi instalado, se é que se fixo, oillamento. Polo teito marcha moita parte da enerxíado inverno ao ser a parte que estará máis quentee, o máis importante na maior parte do noso clima,vai ser o maior contribuínte para o consumo deenerxía debido á calor do verán.

Solucións simples que están na nosa man paramellorar o comportamento da cuberta son aquelasque reducen a ganancia de calor. Sombrear oupintar dunha cor clara as cubertas son os primeirospasos que van dar un bo resultado.

O consumo de electricidade para manter ailuminación do centro vai ser unha parte moiimportante do total da factura. En condiciónsnormais a luz natural ten que ser o primeiro eúnico sistema de iluminación nas horas diúrnasna maior parte das estancias. As luces eléctricasacesas en moitas das aulas nas horas do día podenser inútiles. Apagar moitas desas luces pode suporun aforro importante sen lle que afecte en nadaao confort.

No último lugar deste repaso están as máquinasque imos usar para a calefacción, auga quente e,se é necesario, a refrixeración. Como todas asmáquinas, hainas mellores e peores á hora de daro mesmo servizo con menor consumo de enerxía.

Antes de concluír este repaso non podemosesquecer a auga, quente ou fría. Toda a auga quese perda, especialmente a quente, é unha formade desbotar enerxía.

Page 5: auditoria galego

A auditoría enerxéticado Centro

3

Figura 1. Diagrama de temperaturas ao longo dun ano

I.- Dedicarlle unha clase de xeito específico áanálise diferenciada:

> Da cuberta do edificio> Das luces e do consumo de electricidade> Dos equipos de calefacción e auga quente

II.- Dividir a clase en tres grupos e asignarlle acada un deles a responsabilidade de analizar undos apartados.

III.- Elixir un membro de cada un dos grupos paraque forme o “grupo de recollida de datos” que,xunto co/a profesor/a, se debe responsabilizar deelixir que tipo de datos se van pedir, pedilos,recollelos e distribuílos entre todos os grupos detraballo.

IV.- Asignarlle un período de tempo a cada grupopara que realice a análise do seu tema, e para queprepare unha presentación preliminar ante todaa clase.

V.- Definir por parte do/a profesor/a a listaxe deorganismos aos que se lles vai pedir informacióne datas tope de petición, forma de facelo,responsable e un sistema de seguimento.

VI.- Dedicar unha clase para a presentaciónpreliminar dos resultados de cada grupo para ointercambio xeral de ideas e datos.

VII.- Designar un ou dous representantes porgrupo e facer que estes, xunto co/a profesor/a, sereúnan e preparen un documento que inclúa osDEZ PUNTOS FORTES e OS DEZ PUNTOS DÉBILESdo edificio.

VIII.- Dedicarlle unha clase a presentarlles otraballo aos demais e, preferiblemente, a parte dopersoal directivo do centro que poida tercapacidade de decisión sobre as áreas demantemento.

IX.- Compartir o traballo co resto dos centros deEspaña a través do web www.solarizate.org

AU

DIT

ORI

A

IV. Metodoloxía de traballo

Componse de dúas seccións:

1. Unha introdución que aborda aquelasxeneralidades que deberiamos saber antes decomezar e

2. Unha guía de traballo que contén datosconcretos sobre aspectos onde podemos focalizaro estudo do edificio do noso centro.

E F M A M J J A S O N D4

4

3

3

2

2

1

1

5

0

-

-1

MEDIAZONA QUENTE

ZONA FRÍA

V. Material soporte para osgrupos.

VI.- A “pel” do edificio

VI.-a Introdución

As vivendas ben deseñadas e construídas deberíanmoderar por si mesmas os cambios meteorolóxicosexteriores co mantemento das condicións internassobreos niveis de confort. O primeiro que é bo saberé precisamente o clima exterior ao que nos imosenfrontar.Unha boa práctica é debuxar as temperaturasmáximas e mínimas que hai ao longo do díae durante os doce meses.

Page 6: auditoria galego

A auditoría enerxéticado Centro

4

Para entender o funcionamento do edificio enprimeiro lugar temos que pensar nos materiais dacuberta, que serán os primeiros que se enfrontenao clima exterior e os encargados de filtrar quepase o bo e deixe o malo fóra.

En segundo lugar queremos que a enerxía queestá dentro do edificio se almacene do xeito máiseficaz posible, e que a recuperemos xusto candoa vaiamos necesitar.

A cuberta do edificio é o primeiro filtro e o máisimportante. Debido a que case sempre ascondicións do exterior non son as queconsideramos confortables (no inverno vai frío eno verán vai calor) temos que poñer unha barreirapara que non entren facilmente no noso edifico.

Esa primeira barreira conséguese a base de melloraro illamento tanto das paredes coma dos teitos e,moi importante, das ventás.

En liñas xerais os materiais pouco densos (o aire,o illante, a cortiza ou a la) son bos illantes e osmoi densos (mármore, metais, vidro, formigón)non.

AU

DIT

ORI

A

Cando facemos unha casa, os materiais da cubertateñen que ter unhas características determinadaspara controlar o clima exterior, e por iso teremosque usar varios, de xeito que cada un cumpra asúa función. Por exemplo, o ladrillo visto cara aoexterior para elixir a estética e a durabilidade e oxeso no interior para deixar as paredes de corbranca é o que normalmente nos gusta.

Pero no medio teremos que poñer algún outromaterial que opoña a resistencia ao paso da calorque necesitamos. Ese illante pode ser aire, la derocha, cortiza ou moitos outros. Aínda que nonse vexa é moi importante e, segundo o coidadososque sexamos ao elixilo, así controlará o clima anosa vivenda e aforrará enerxía durante toda asúa vida.

Os teitos son a superficie que máis enerxía recibedo sol durante o verán, que é cando non queremosque nos entre. Por iso, os teitos escuros fan queos materiais absorban máis enerxía e, por moitoillamento que poñamos, esa enerxía que nonqueremos entrará no edificio. Algo tan simplecomo elixir cores claras para os materiais do teitovainos aforrar moita enerxía. Nos sitios fríos oudo norte onde a calor non é o máis importantedo ano, usar materiais como a lousa non vai serningún inconveniente.

As ventás son a parte do edificio que máis perdasde enerxía van soportar, e iso porque lles afectantanto as perdas por condución a través do vidrocomo as infiltracións que dependen do marco eas xuntas. As ventás que teñen só un vidro pódenseconsiderar obsoletas, polo moito que lle afectanao consumo de enerxía. O normal é o uso de dobrevidro.

Te

Ti Ti

Te

Ti

TiTe

Te

Figura 2. Variación do ciclo diario de temperatura interna e externa

Page 7: auditoria galego

A auditoría enerxéticado Centro

5

VI.-b Guía de traballo

Normalmente, a parcela do centro vai ser grande e imosatopar varios edificios de varias alturas e instalaciónsdeportivas que poden xuntar en total varios miles de metroscadrados de superficie construída.

Pódese presupoñer que se todo ese conxunto vai estarhabitado por centos de persoas en condicións de confort,o edificio ou grupos de edificios a través das súas paredes,ventás, portas, teitos e chans van ser o compoñentefundamental do consumo da enerxía.

Inspección xeral do edificio

Recoller datos sobre o terreo e dos planos que se poidanlocalizar cos que poder responder coa maior precisión posibleos seguintes datos:

> A parcela e a situación do edificio

Orientación e tamaño dos elementos que lindan coedificio

> Sombras e protección para o verán

> O edificio

Rexistrar datos relevantes como:

> Ventás

Tipo de ventá, calidade do marco, sistema de apertura eestado dos burletes.

AU

DIT

ORI

A

Resumo de datos recompilados

1. O clima no exterior do centro2. Superficie total da parcela3. Superficie do edificio4. Orientación5. Tipo de ventás, cristais e proteccións nas distintasorientacións6. Tipo de construción das paredes e estado xeral deconservación7. Tipo de construción da cuberta, cor

10 m20 m30 m40 m

N

S

LO

Figura 3. Definición do contorno que rodea o edificio

¿cor?

m ? 2

Figura 5. Datos do edificio para unha futura avaliación

Sombras

Figura 4. Información sobre os sistemas de protección contra a calor

Page 8: auditoria galego

A auditoría enerxéticado centro

6

VII.- As luces e o consumode electricidade

VII a.- Introdución

Tipos de lámpadas:

>Lámpadas incandescentes

Son as lámpadas máis sinxelas e máis baratas, pero taménas de maior consumo eléctrico e de menor duración. Ohabitual deste tipo de lámpadas é que da electricidade queconsomen, o 5% transfórmase en electricidade mentres queo resto o fai en calor.

AU

DIT

ORI

A

Figura 6. Esquema dunha lámpada de incandescencia

Figura 7. Esquema dunha lámpada alóxena

> Tubos fluorescentes

A eficacia luminosa é moito maior cá das lámpadasincandescentes. Consomen ata un 80% menos de electricidadecás incandescentes para a mesma emisión luminosa e teñenunha duración entre 8 e 10 veces superior.

> Lámpadas de baixo consumo

Son pequenos tubos fluorescentes unidos a un casqueteconvencional, o que permite usalas para cambiar facilmenteas lámpadas convencionais. Duran oito veces máis,proporcionan a mesma luz e consomen só un 20% daelectricidade que necesitan as incandescentes

Figura 8. Esquema dos tubos fluorescentes

> Lámparas halógenas

Son máis caras cás incandescentes pero presentan algunhasvantaxes: maior duración, menor tamaño ou a calidadeespecial da súa luz.

Figura 9. Esquema dunha lámpara de baixo consumo

Page 9: auditoria galego

A auditoría enerxéticado centro

7

AU

DIT

ORI

A

Para conseguir unha boa iluminación hai que analizar asnecesidades de luz en cada unha das partes do centro, xaque non todos os espazos necesitan a mesma cantidade deluz, nin durante o mesmo tempo nin coa mesma intensidade.

Os ordenadores consomen cada vez menos enerxía, perocase sempre se debe a maior parte ao monitor, que podenecesitar ata o 80% de todo o consumo; o resto dasmáquinas, como as fotocopiadoras, só deixan de gastarelectricidade cando están apagadas. Aínda que parezandurmidas, están alimentando algúns dos seus circuítos e isosempre é a base de electricidade.

Das máquinas que son habituais, as de venda de refrescosou comida son as que máis consomen. Primeiro porquenormalmente arrefrían os produtos, e segundo porque estánacesas as 24 horas.

VII b.- Guía de traballo

De todo ese consumo de electricidade, o que ofrece unhasperspectivas máis inmediatas de aforrar electricidade é odedicado á iluminación.

Inspección xeral do edificio

Non debería levar máis alá dunha ou dúas horas, eprocurarase facela coa axuda dalgún responsable domantemento do edificio. Nesa “inspección ocular” hai queanalizar os seguintes datos:

> Utilización xeral de todas as zonas do edificio, e patróns e frecuencias do uso das súas distintas áreas.

> Método que se segue para apagar o centro unha vez que se desocupan as súas estancias.

> Nivel de iluminación das aulas.

> Estado de limpeza das lámpadas.

> Control que se segue sobre os ordenadores e demais máquinas do centro.

CENTRO Consumo kWh/ao mes Eficiencia kWh/m2Periodoanterior

Variación %

Periodoactual

Periodoanterior

Periodo actual

Variación %

Táboa 1. Modelo de rexistro do consumo eléctrico do centro

Recollida de información sobre o consumo deelectricidade

Mirando nas facturas de electricidade elaboraremos unha listaxedo consumo eléctrico do centro durante un período que debeincluír os meses do ano correspondentes ao período lectivo docurso anterior e os dos meses que lle correspondan ao presenteano.

Esa información vainos dar o dato do consumo total, mes a mes,e imos poder comparar a tendencia de consumo en dous períodose o consumo específico do centro, e avaliar canto máis ou menosconsumimos ca outros centros de similares características.

Valorar as posibilidades das seguintes actuacións

> Medir os lumens en cada zona e quitar lámpadas en zonasque estean excesivamente iluminadas.

> Substituír lámpadas existentes por outras de baixoconsumo.

> Mellorar a estratexia de acendido e apagado xeral dasluces do centro.

> Mellorar a estratexia de acendido e apagado dos ordenadorese máquinas do centro.

> IIncluír sensores de presenza para acender e apagar lucesde lugares que non estean ocupados permanentemente.

7

Page 10: auditoria galego

A auditoría enerxéticado centro

8

VIII.-a Introdución

O consumo de enerxía no centro depende de moitos factores,como o clima e a calidade construtiva, pero unha parterelevante témola que asociar ás instalacións fixas (calefaccióne auga quente) que poden chegar a consumir o 60% dototal.

Desa parte do consumo, a calefacción é a responsable dametade ou máis, e o resto é para a auga quente.

Excepto nas zonas climáticas onde non é necesaria acalefacción, no resto da xeografía os centros normalmenteteñen un sistema de calefacción centralizado cunha caldeirade gas ou de gasóleo, un sistema de regulación e controle o sistema de distribución e emisión de calor, que se compónde tubos que distribúen a auga quente por todas as zonasdo centro, as bombas que impulsan esa auga e os radiadoresque acaban por difundir a enerxía en forma de calor portodas as estancias.

Tamén se pode dar o caso de que a caldeira fose substituídapor unha bomba de calor que emprega a electricidade comocombustible. Neste suposto, os radiadores adóitanse substituírpor unha rede de condutos de aire e reixas, co que adistribución de calor se fai a base de aire quente.

Do control encárganse distintos mecanismos de entre osque destacan os termóstatos. Adoitan estar nos cuartos epreto dalgún radiador, e permiten axustar a temperatura ea cantidade de enerxía que imos gastar.

A auga quente que imos utilizar nos aseos, na cocina e nosvestiarios das instalacións deportivas é o segundo consumidorde enerxía asociado ás instalacións.

Por suposto, o sistema ideal para a produción da augaquente é o que nos ofrece o sol, grazas aos sistemas decolectores solares e cuxos detalles se poden consultar endiversas fontes, entre elas, a ficha “O sol como fonte decalor” ou a “Guía para profesorado” deste mesmo programaSolarízate.

AU

DIT

ORI

A

VIII.- b Guía de traballo

Vaise presupor que o grupo de traballo non dispón decoñecementos técnicos nin equipos de medida especiais cosque abordar a análise de se o funcionamento dos equiposé óptimo, e polo tanto o seu consumo o menor posible.

Inspección xeral

Neste caso, a inspección xeral debe incluír tanto os equiposcomo a estratexia de mantemento, polo que debemosabordalo de xeito conxunto con algún responsable domantemento do centro.

A revisión que se pode realizar de forma visual e que llesafecta aos equipos inclúe:

1. Estado do illamento dos tubos de distribución tanto da calefacción como da auga quente.

2. Comprobación de fugas de auga en chaves de paso, válvulas e nos distintos elementos do circuíto.

3. Comprobación do funcionamento de todos os radiadores.

4. Comprobación de que o circuíto non ten aire abrindo algún purgador e vendo que deseguido sae auga.

5. Comprobación de que as estancias que non están ocupadas de forma regular non teñen a calefacción acesa.

6. Comprobación dos ciclos de posta en marcha e apagado do sistema de calefacción, e de que se axustan aos períodos de ocupación do centro.

Para sopesar as opcións de mellora que lle afectan ao procesode mantemento, podemos avaliar os seguintes apartados:

> Existe un plan de mantemento regular como pode haber para os ascensores?

> Temos un manual de operación e mantemento que describa as instalacións do centro tal e como existen na actualidade?

> Existe algún libro de rexistro en que poidamos comprobar o tipo de reparación ou mantemento e as datas en que se levou a cabo?

VIII.- Os equipos decalefacción e auga quente

Page 11: auditoria galego

A auditoría enerxéticado centro

9

Recollida de información sobre o consumode combustible

Como no caso da electricidade, o director do centro pódellespedir ás compañías que emitan un resumo das cantidades decombustible subministrado, tanto no período do ano en queesteamos traballando coma no do curso académico pasado,ou consultar as facturas.

Valorar as posibilidades das seguintes actuacións

> Mellorar o illamento térmico dos tubos nos tramos en que descubrimos que falta ou que non funciona ben (comprobado porque se nota calor ao tocar o illamento do tubo).

AU

DIT

ORI

A

CENTRO Consumo kWh térmicos /mes Eficiencia kWh térmicos /m2Periodoanterior

Variación %

Periodoactual

Periodoanterior

Periodo actual

Variación %

Táboa 2. Modelo de rexistro do consumo térmico do centro

IX.- E AGORA QUE REMATAMOS, QUE FACEMOS?

Aprendemos sobre os problemas xerais que lle afectan aoconsumo de enerxía do centro, revisamos as súas instalacións,recollemos datos e podemos redactar un informe en queplasmemos os nosos descubrimentos.

Pero seguramente nos gustaría ver que ese traballo servepara facer algunha mellora concreta no centro.

Para conseguir levar á práctica algunha ou todas as nosasanálises teóricas, temos que ter presentes algúns datosimportantes:

> Baixar a temperatura dos termóstatos nos puntos do centro onde pode haber un exceso de temperatura porque hai moitos alumnos/as ou ganancias de enerxía solar..

> Pechar as persianas polas noites para evitar que as aulas arrefríen.

> Substituír as caldeiras antigas por equipos modernos e cambiar o combustible principal de gasóleo a gas.

> Centralizar a produción de auga quente, se é que o centro dispón de moitos termos illados.

> INSTALAR UN EQUIPO SOLAR TÉRMICO para a subministración das necesidades de auga quente do centro.

> Temos que poder valorar a situación do centro no conxunto do que pasa noutros similares. Se probamos que consumimos “x” temos que demostrar que iso é moito máis do que consome a media dos outros centros. Esa é unha evidencia que vai facer mover todo o sistema para atopar os recursos necesarios para solucionar o que é un indicador de que algo facemos peor cós demais.

> Para avanzar neste aspecto, imos dispor da ferramenta de difusión no web www.solarizate.org a través do que os distintos centros achegarán uns datos medidos de xeito similar aos nosos.

> Os resultados que obteñamos poñerémolos nun documento que ten que presentar o estado xeral do centro, os consumos e os puntos sobre os que nos parece adecuado facer algunha actuación.

O documento debe comezar con ese resumo presentadocomo OS DEZ PUNTOS FORTES e OS DEZ PUNTOS DÉBILESdo centro.

Page 12: auditoria galego

A auditoría enerxéticado centro

10

Cada centro debe elixir a extensión e o formato en que vaipresentar a información pero, como mínimo, debe incluíra seguinte:

DATOS RECOMPILADOS

> Nome do centro

> Localización

> Tamaño da parcela

> Superficie total construída dos edificios que forman o centro

> Número de edificios, se é que hai máis dun

> Numero de alumnos/as

> Orientación da parcela e situación dos edificios dentro dela

> O perfil do clima

> A táboa do consumo de electricidade

> A táboa de consumo de combustibles fósiles

AU

DIT

ORI

A

X.- O formato para o intercambio de informacióna través de www.solarizate.org

DATOS PROCESADOS

> Os dez puntos fortes do centro na xestión da enerxía

> Os dez puntos débiles do centro na xestión da enerxía

> Tres proposta para a mellora da cuberta do edificio

> Tres propostas para a mellora do consumo de electricidade (iluminación/equipos)

> Tres propostas para a mellora do funcionamento dos equipos de calefacción e auga quente

> Polo menos unha proposta para comunicar e convencer o Consello de Dirección do centro de pasar á acción