Biodiversidad

19
BIODIVERSIDADE 2010 Ano Internacio nal da

Transcript of Biodiversidad

Page 1: Biodiversidad

BIODIVERSIDADE

2010

Ano

Internacional

da

Page 2: Biodiversidad

BIODIVERSIDADE ou DIVERSIDADE BIOLÓXICA: concepto recente, definido no Cumio da Terra celebrado en Río de Janeiro (1992) como:

“variabilidade de organismos vivos de calqueira fonte, incluidos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos, e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas”.

Compoñentes:1. A diversidade taxonómica ou específica.2. A diversidade xenética.3. A diversidade ecolóxica.

Page 3: Biodiversidad

1. DIVERSIDADE TAXONÓMICA ou

ESPECÍFICA

É a variedade de especies ou outras categorías taxonómicas, como xéneros ou familias, nunha área e nun tempo determinados.

Estímase que o número de especies descritas oscila arredor de 1,75 millóns. Sin embargo, as estimacións sobre o número total de especies vivintes varían entre os 4 e os 30 millóns de especies.

Cada día se describen máis de 10000 especies, das cales, os insectos representan o 62% dos animais descritos.

En función da súa área de distribución atopamos:1. Especies cosmopolitas: teñen unha ampla distribución xeográfica e están repartidas por toda a Terra.2. Especies endémicas: a súa área de distribución atópase restrinxida a una zona concreta. As illas teñen elevado número de endemismos debido ó seu aillamento xeográfico.

Page 4: Biodiversidad

PUNTOS QUENTES DE BIODIVERSIDADE (Myers, 1988)

Na actualidade, hai designadas 34 puntos quentes no mundo, que albergan o 50% das plantas vasculares e o 42% de todos os vertebrados terrestres.

A maioría dos puntos quentes son biomas de bosque tropical, dende sabana ata pluvisilva.

Page 5: Biodiversidad

Ó longo do tempo xeolóxico producíronse cinco extincións masivas que afectaron fundamentalmente a especies especialistas (estrategas da K) dando lugar a unha disminución da biodiversidade. Hoxe en día, sen embargo, a diversidade biolóxica atópase no seu punto máximo.

VARIACIÓN TEMPORAL DA DIVERSIDADE ESPECÍFICA

Índice do Planeta Vivinte (LPI, Living Planet Index): é un índicador da presión humana sobre o medio ambiente que foi establecido polo PNUMA (Programa de Nacións Unidas para o

Medio Ambiente) en colaboración coa organización non gubernamental WWF (World

Wildlife Fund). O seu obxectivo é medir a variación da biodiversidade mundial dende 1970 ata o momento actual.

Confirmase que o planeta sufre unha tasa de perda de biodiversidade comparable ás extincións masivas. As poboacións máis afectadas atópanse nos ecosistemas de auga doce.

Page 6: Biodiversidad

2. DIVERSIDADE XENÉTICA

É a variabilidade que existe na información xenética ou xenoma dunha especie, resultado de mutacións que orixinan variantes dos xenes primitivos ou alelos.

A diversidade xenética é fundamental nas poboacións, pois a súa supervivencia e a adaptación ós cambios ambientais están condicionadas pola existencia dun certo grado de heterocigosis e dun fluxo xenético entre poboacións diferentes (exogamia), que evite a consanguinidade.

A mariposa do abedul posúe dúas coloracións alternativas. A forma blanca mimetízase cos líques que medran sobre as ramas e troncos do abedul. Nas zonas contaminadas aumentaron as poboacións da variedade melánica, debido a que se mimetizaban mellor cos troncos oscurecidos polo efecto da contaminación.

Page 7: Biodiversidad

3. DIVERSIDADE DE ECOSISTEMAS É a variabilidade do conxunto de ecosistemas, hábitats e nichos ecolóxicos presentes na biosfera en todas as súas escalas.

Bioma: é un conxunto de ecosistemas terrestres con semellantes condicións climáticas e caracterizados polo seu tipo de vexetación predominante.

Page 8: Biodiversidad

CAUSAS DA PERDA DE BIODIVERSIDADE

As ameazas contra a diversidade biolóxica débense principalmente ao crecemento da poboación humana.

As principales causas desta perda de biodiversidade son:

1. A destrucción, degradación e fragmentación de hábitats: é a causa máis importante de perda de especies.

2. A sobreexplotación de especies.

Page 9: Biodiversidad

3. A introducción de

especies exóticas.

As especies exóticas ou invasoras poden desprazar ás especies nativas por competencia cos recursos, ser os seus depredarores ou modificar o ambiente perxudicándoas.

Page 10: Biodiversidad

5. A contaminación do solo, a auga e a atmosfera.

4. O cambio climático.

6. A caza furtiva e o comercio internacional.

O quentamento global representa unha ameaza para a biodiversidade, sobre todo para os anfibios e os arrecifes de coral.

Page 11: Biodiversidad

CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE

Convenio sobre a Diversidade Biolóxica: foi asinado na Conferencia de Río de Janeiro (1992) como resposta á preocupación pola pérda de biodiversidade e o recoñecemento da importancia que elo supón para a vida das persoas.Obxectivos:

- A conservación da diversidade biolóxica.- A utilización sostible dos seus compoñentes.- A participación xusta e equitativa nos beneficios que xurdan da utilización dos recursos xenéticos.

A participación no Convenio é casi universal. Cada país está obrigado a elaborar estratexias e plans de acción para a conservación e uso sostible da biodiversidade.

Page 12: Biodiversidad

As medidas máis axeitadas para a conservación da biodiversidade son:

1. Realizar estudos para evaluar o estado dos ecosistemas e das especies.

Son moi utilizados os indicadores ambientais de Presión, Estado e Resposta (PER), a pegada ecolóxica e o Índice do Planeta Vivinte.

2. Establecer un modelo de desarrollo sostible.

Esto permitirá compatibilizar o desenvolvemento rural e a obtención de recursos coa conservación.

Page 13: Biodiversidad

3. Protección dos ecosistemas in situ.

A Rede Natura 2000 é o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea. A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os hábitats máis ameazados de Eurora, contribuindo a deter a perda da biodiversidade ocasionada polo impacto adverso das actividades humanas.

Consta de:- Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA)- Lugares de Interese Comunitario (LIC)- Zonas de Especial Conservación (ZEC)- Zonas RAMSAR (humidais de importancia internacional)

Page 14: Biodiversidad

4. Promulgar leises e establecer Convenios e acordos internacionais en favor da biodiversidade e velar polo seu cumplimento.

Convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres) da ONU (1975).

Actualmente están adheridos a este convenio 173 países, entre eles España.

Este convenio persigue a conservación das especies mediante o control do seu comercio e prohíbe o comercio das que se atopan en perigo de extinción.

Page 15: Biodiversidad

BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA

Cada rexión bioxeográfica posúe unhas características xeoclimáticas peculiares, que determinan que a súa flora e fauna compartan uns caracteres comúns.

España posúe o 54% da biodiversidade europea.

España é o país que ten maior diversidade de hábitats da Unión Europea.

Page 16: Biodiversidad

Dos cerca de 200 tipos de hábitats prioritarios considerados dende o punto de vista de conservación en Europa, o 65% atópanse en España.

O 28% da superficie está incluido na Rede Natura 2000.

Datos sobre a biodiversidade en España

Dentro de Europa, España é o país que conta cun maior número de especies de aves, mamíferos e reptís e é a terceira en anfibios e peixes. Ten entre 55.000 e 60.000 especies de flora e fauna, das cales 10.000 son de flora (en toda Europa hay 12.000) e 25.000 invertebrados. Ademais a Península Ibérica é un importante punto de paso nas viaxes migratorias de moitas especies europeas. O número de especies

endémicas na Península estímase nunhas 1.700 especies. Ademais, nas Illas Canarias existen outros cerca de 500 endemismos.

Page 17: Biodiversidad

¿Por qué tanta diversidade?Situación xeográfica: a Península, pola súa situación xeográfica posúe climas moi variados.Relieve montañoso: a

abundancia de montañas, algunhas con neves perpétuas, aumenta o número de hábitats e engade zonas de clima de montaña ás anteriores.

As Illas Canarias: a flora e fauna das Illas Canarias é totalmente distinta a da Península, polo seu clima e porque ao ser illas teñen abundancia de especies endémicas.

Retraso no desenvolvemento económico: a industrialización e o desenvolvemento económico de España foi máis lento que noutros países europeos, o que permitiu manter grandes extensións naturais mellor conservadas.

Page 18: Biodiversidad

ESPAZOS NATURAIS

PROTEXIDOS EN

GALICIA

1 Parque Nacional6 Parque Naturais8 Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA's)5 Zonas húmidas de importancia internacional (Zonas RAMSAR)4 Monumentos Naturais3 Sitios de interese nacional57 Espazos en réxime de protección xeral

Page 19: Biodiversidad

“Convenio sobre la Diversidad Biológica” o de Biodiversidad, hecho en Río de Janeiro el 5 de junio de 1992; ratificado por España

“Convenio de Berna” (1979), relativo a la Conservación de la Vida Silvestre y del Medio Natural en Europa, ratificado en 1986 (B.O.E. 01-10-1986). En el B.O.E. del 21-5-1997 constan especies endémicas de flora canaria propuestas por el Estado Español para su inclusión en el anejo I, y en el de 7-6-1997 la publicación de las enmiendas adoptadas a los Anejos I y II.

“Convenio de Washington”, de 3 de marzo de 1973, sobre Comercio Internacional de Especies Amenazadas de la Fauna y Flora Silvestre (CITES), ratificado en España mediante Instrumento de 6 de mayo de 1986(BOE 30.07.1986 y 10.08.1991).

“Convenio RAMSAR” (Irán, 1971), relativo a Humedales de Importancia Internacional, especialmente como hábitat de aves acuáticas, ratificado en 2 1982 (B.O.E. 20.08.1982). También contiene un Protocolo de enmienda, en vigor para España desde 1987.

“Convenio de París”, de 1972, sobre Protección del Patrimonio Mundial, ratificado en 1975.

Convenios Internacionales ratificados por España en

materia de medioambiente