BOLETÍN FITOSANITARIO DE AVISOS E...

4
Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 1 Boletín nº 11/08 18/xuño/2008 Aumentaron as temperaturas, con máximas de 29-31ºC e tempo seco na primeira parte da semana, ata os días 14 e 15, nos que houbo precipitacións febles cunha baixada importante de temperaturas. Previsións: durante esta semana recuperarase o tempo anticiclónico, con alta probabilidade de ceos despexados e aumento das temperaturas. O luns e martes aumentarán as nubes e poderán darse choivas dispersas con baixada das temperaturas xeneralizada. METEOROLOXÍA VIÑEDO D. O. Rías Baixas BOLETÍN FITOSANITARIO DE AVISOS E INFORMACIÓNS 18 de xuño de 2008 Nº 11/08 Estado fenolóxico medio I 1 (inicio floración) en Treixadura. I 2 (floración) en Sousón. J (callado) nas demáis variedades: Loureuro branco e tinto, Brancellao, Mencía, Caíño e Albariño, alcanzándose en algunhas parcelas o tamaño perdigón. Na foto que se xunta obsérvanse xa acios callados na variedade Albariño. Incidencias fisiolóxicas máis destacadas O tempo seco e o aumento das temperaturas das derradeiras datas favoreceu que mellorase a porcentaxe de callado das castes en floración. Incidencias fitopatolóxicas destacadas Mildeu (Plasmopara viticola). O día 13 de xuño déronse condicións de esporulación das esporas maduras en algunhas comarcas con presencia de humidade nocturna en folla. Nas demáis zonas sen humectación obsérvanse manchas de aceite, en xeral, ailladas. Botrite (Botritis cinerea). O tempo seco frenou e erradicou os síntomas de botrite en flor. A vista da previsión do tempo nas próximas datas, as variedades que aínda non purgaron (Treixadura) non deberían ter problemas. Aínda así sempre é conveniente, no estado fenolóxico de floración para o control de Mildeu, empregar preparados que conteñan Folpet na súa composición por ser preventivo tamén da Botrite. As Strobirulinas teñen tamén efectos secundarios. Na foto destes días obsérvanse acios xa callados na variedade Albariño Imaxen tomada o 14 de xuño: de folla con síntomas de Mildeu (manchas de aceite).

Transcript of BOLETÍN FITOSANITARIO DE AVISOS E...

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 1Boletín nº 11/08 18/xuño/2008

Aumentaron as temperaturas, con máximas de 29-31ºC e tempo seco na primeira parte da semana, ata os días 14 e 15, nos que houbo precipitacións febles cunha baixada importante de temperaturas. Previsións: durante esta semana recuperarase o tempo anticiclónico, con alta probabilidade de ceos despexados e aumento das temperaturas. O luns e martes aumentarán as nubes e poderán darse choivas dispersas con baixada das temperaturas xeneralizada.

METEOROLOXÍA

VIÑEDO

D. O. Rías Baixas

BOLETÍN FITOSANITARIO

DE AVISOS E INFORMACIÓNS

18 de xuño de 2008

Nº 11/08

Estado fenolóxico medioI1 (inicio floración) en Treixadura.I2 (floración) en Sousón.J (callado) nas demáis variedades: Loureuro branco e tinto, Brancellao, Mencía, Caíño e Albariño, alcanzándose en algunhas parcelas o tamaño perdigón.

Na foto que se xunta obsérvanse xa acios callados na variedade Albariño.

Incidencias fisiolóxicas máis destacadas

O tempo seco e o aumento das temperaturas das derradeiras datas favoreceu que mellorase a porcentaxe de callado das castes en floración.

Incidencias fitopatolóxicas destacadas

Mildeu (Plasmopara viticola). O día 13 de xuño

déronse condicións de esporulación das esporas maduras en algunhas comarcas con presencia de humidade nocturna en folla. Nas demáiszonas sen humectación obsérvanse manchas de aceite, en xeral, ailladas.

Botrite (Botritis cinerea). O tempo seco frenou e erradicou os síntomas de botrite en flor. A vista da previsión do tempo nas próximas datas, as variedades que aínda non purgaron (Treixadura) non deberían ter problemas. Aínda así sempre é conveniente, no estado fenolóxico de floración para o control de Mildeu, empregar preparados que conteñan Folpet na súa composición por ser preventivo tamén da Botrite. As Strobirulinas teñen tamén efectos secundarios.

Na foto destes días obsérvanse acios xa callados na variedade Albariño

Imaxen tomada o 14 de xuño: de folla con síntomas de Mildeu (manchas de aceite).

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 2Boletín nº 11/08 18/xuño/2008

Oidio (Uncinola necator). Non se observan síntomas, pero é moi previsible que xunto co próximo tratamento de Mildeu sexa necesario aplicar, en mestura co anterior, un producto para a prevención desta enfermidade. Para a previsión de aprovisionamento na explotación enuméranse se seguido as sustancias autorizadas e recomendadas clasificadas por familias químicas e tipos de acción:

Boletín Fitosanitario de Avisos e Informacións

sigue D. O. Rías Baixas

IBS / TRIAZOLES IBS / STROBILURINAS QUINOLINAS VARIAS

Ciproconazol + Azufre Azoxistrobin Azufre en polvoDiniconazol Trifloxistrobin Dinocap

Fenbuconazol + Dinocap Kresoxim-Metil Permanganato potásicoFluquinconazol Piraclostrobin + metiramMyclobutanil

Myclobutanil + AzufreMyclobutanil + Dinocap

PenconazolTebuconazolTetraconazolTriadimenol

Todos de acción contacto.

Xofre e dinocap: acción preventiva.

Permanganato: acción so curativa

Quinoxifen

Todos de acción penetrante e aplicación preventiva

Ácaros. Obsérvanse poboacións de Araña roxa (Panonychus ulmi) de pequena consideración en todas as zonas.

Avelaiña (Lobesia botrana e Clysia ambiguella). Non hai apenas capturas nas trampas para o seguimento de voos de 2º ciclo.

Mosquito verde (Empoasca sp). Obsérvase un importante aumento das poboacións e síntomas provocados polo cicadélido en todas as comarcas, non chegándose, polo momento, ao umbral de tratamento (media de máis de 1 forma móvil do mosquito/folla).

Síntomas da presenza de mosquito verde no viñedo. Non confundir con Mildeu, carencia de magnesio ou outras fisiopatías.

Adulto de mosquito verde no envés da folla.

Recomendacións da semana

No anterior boletín recomendábase aplicar un tratamento para o Mildeu en torno os días 13-14 de xuño en pre-infección para deter a sua evolución, condicións que efectivamente sucederon os días 15 e 16 de xuño. No caso de ter feita esta aplicación non será necesario unha nova ata os 12-14 días dende o último tratamento. Isto non quere dicir que abandonemos a vixianza: cambio

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 3Boletín nº 11/08 18/xuño/2008

climatolóxico non previsto neste intre, falta de eficacia da anterior aplicación por erro na dosificación, resistencias, etc.

Nos viñedos con síntomas de ataque en folla por Mosquito verde (decoloracións cloróticas e necrosamento nos bordes da follas máis bellas), recoméndase realizar un conteo de 50 follas, óchou, comprobando no envés o nº de formas móviles do cicadélido para coñecer a evolución e intensidade da praga. Desta forma poderase valorar, en próximas datas, a necesidade do seu control.

Para o monitoreo de esta praga tamén son útiles as trampas cromotróficas amarelas, sobre todo nos viñedos das comarcas do Miño, co obxecto de confirmar si nos nosos viñedos aínda estamos libres do cicadélido Scaphoideus titanus (cicadelido de cor pallizo vector da virose Flavescencia dourada). Recoméndase a colocación destas trampas dende este boletín.

Boletín Fitosanitario de Avisos e Informacións

sigue D. O. Rías Baixas

DD. OO. Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei

En todas as D.O. o cultivo acumula certo retraso no desenvolvemento do seu ciclo produtivorespecto a anos anteriores, feito provocado pola inestabilidade atmosférica das derradeirassemanas.Estado fenolóxico medioVariable. O estado I2 (plena floración) é o maioritario. Variedades precoces, como Albariño e Godello, atópanse na fase de callado (J).Incidencias fitopatolóxicas máis destacadas

Non apareceron manchas novas de Mildeu. Mantense a presenza de manchas de Black-rot, pero de escasa importancia. Tamén se detectaron, de xeito aillado, síntomas de Botrite en folla. Ausencia de síntomas de ataques provocados por pragas.Recomendacións da semana

O cultivo debería estar protexido frente a Mildeu, Black-rot e Oídio durante a fase de floración polo que, salvo no caso de que non fora tratado durante a derradeira semana, non se recomenda ningún tratamento. É importante ter en conta que o sofre en espolvoreo, de xeito xeral, favorece o callado si é empregado en floración.

HORTA HORTA nasnas RRíías as BaixasBaixas

Estados fenolóxicos mediosTOMATE (invernadoiro): recoleción.PEMENTO (invernadoiro): recolección en todos os ecotipos e variedades de pemento.XUDIA (invernadoiro): recoleción.XUDIA (aire libre): crecemento.COLES (exterior) e LEITUGA (exterior): varios ciclos en función da data de plantación. CEBOLA: formación do bulbo.PATACA. Ciclo temperán: recolección avanzada. Ciclo medio: tuberización. Ciclo tardío: crecemento.

Incidencias fitopatolóxicas destacadasOidiopse en pemento (Leveillula taurina) Seguen observándose síntomas de Oidiopse en pemento baixo abrigo, con clorosis na cara da folla, que se necrosa polo centro, e fieltro branco no revés. No caso de ataque intenso a folla sécase e despréndese do talo.

Froito de Tomate con síntomas de Mildeu

Mildeu (Phytophtora infestans) Esta semana freouse a agresividade infecciosa da enfermidade, principalmente nos cultivos de pataca, cebola e, últimamente, tamén en tomate.

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 4Boletín nº 11/08 18/xuño/2008

Boletín Fitosanitario de Avisos e Informacións

segue Horta

Acusado retraso no ciclo do cultivo respecto a anteriores anos. Estado fenolóxico variable, entre inicio de xerminación e inicio de tuberización, pero maioritaria a fase de desenrolo de follas.

Detectáronse as primeiras postas de ovos de Escaravello (Leptinotarsa decemlineata) en parcelas co ciclo de cultivo máis avanzado, non recomendándose ningún tratamento insecticida polo de agora. Tamén apareceron as primeiras manchas en folla de Mildeu polo que se recomenda facer un tratamento preventivo a base de materias activas de carácter sistémico nas parcelas que se atopen na fase de inicio de tuberización.

Enfermidades de cano. Obsérvase un repunte importante de problemas de fungos no sistema radicular e colo dalgúns cultivos hortícolas, principalmente de Sclerotinia en Xudía e Raíz corchosa (Pirynochaeta licopersici) e Fusarium (Fusarium solanum) en Tomate.

Non confundir os distintos síntomas de danos no follaxe con enfermidades bacterianas ni coa virose PepMv. No caso das enfermidades de cano, débese inspeccionar este, incluso por debaixo do colo, e confirmar que os vasos e/ou as raíces encóntrase necrosados. Neste período aumentou moito a sintomatoloxía debido á maior evapotranspiración provocada polo aumento das temperaturas.

Trips No cultivo de pemento seguen observándose poboacións de Trips (Frankliniella occidentalis). Consultar boletíns anteriors.

Recomendacións da semán

Os cultivos de tomate con problemas de raíz e colo comentados, deberán programar, na 2ªplantación de verán, unha de cultivo diferente para romper o ciclo.

Manter o control de Mildeu en Pataca, Cebola e Tomate.

Manter o control da Oidiopse en invernadeiros de pemento, sendo necesarios tratamentos cada 2 semanas aproximadamente.

Para controlar o Trips (tamén vector da virose TSWV) no cultivo de pemento, controlar as poboacións a base de soltas de Orius e Amblyseius swirskii, posto que están dando moi bos resultados e evítanse resíduos. Consultar co servicio técnico do proveedor para adaptar as doses e nº de soltas a cada situación particular.PATACA EN A LIMIAPATACA EN A LIMIA