Boletin xuño 2014

2
BOLETIN PARROQUIAL Nº 175 - Xuño 2014 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS PROYECTO CAMBOYA TESTEMUÑAS DO RESUCITADO Estamos na recta final do tempo pascual. O resucitado cumprida a súa misión volta ó Pai. Seguro que os discípulos ao escoitar os últimos anuncios se amosan tristes porque aínda non comprenderon “totalmente” o anuncio de Xesús de vol- ver ao Pai para prepararlles un sitio. El garántelles o Espírito consolador; asegúralles que non quedarán sos; que non os deixará orfos. Cando Xesús insiste tanto no adeus, sinal que os ánimos preci- san dunha palabra de ilusión. Isto cala na vida dos discípulos como aparece reflec- tido no libro dos Feitos dos Apóstolos. A forza do Espírito Santo que Xesús lles envía ós discípulos, antes de dispersarse por Xudea, Capadocia, etc., é garante da súa compañía, da forza de Deus en nós, e de que todo o dicimos e facemos non é obra humana senón de Deus. Dous mil anos despois esta historia de salvación faise actualidade: Xesús volve ó Pai; non nos deixa orfos; envíanos o Espírito; queda connosco; permanece na Palabra e na Eucaristía; a nosa Igrexa é a súa Igrexa. A única diferenza é que nós somos discípulos seus no século XXI. Toda esta mensaxe pascual debe de servirnos de estímulo para ser testemuñas de Xesús. As circunstancias actuais nin son mellores nin peores que as de aqueles tempos; son distintas; as preocupacións de antes e as de agora son unha chamada a facer realidade o Reino de Deus. Antes vivíanse tensións sociais e relixiosas, e agora tamén. A mensaxe de Xesús entón e agora non varía, el “non veu a cambiar nin unha til nin unha palabra da Lei de Deus” senón a facela plenitude. Recuperemos a esperanza, a ilusión, a confianza en Deus. A obra de Deus e o seu Reino vaise facer reali- dade por ti e por min, somos mediadores, o resto é cousa de Deus.

Transcript of Boletin xuño 2014

Page 1: Boletin xuño 2014

BOLETIN PARROQUIALNº 175 - Xuño 2014

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

PROYECTO CAMBOYA

TESTEMUÑAS DO RESUCITADOEstamos na recta final do tempo pascual. O resucitado cumprida a súa misiónvolta ó Pai. Seguro que os discípulos ao escoitar os últimos anuncios se amosantristes porque aínda non comprenderon “totalmente” o anuncio de Xesús de vol-ver ao Pai para prepararlles un sitio.El garántelles o Espírito consolador; asegúralles que non quedarán sos; que nonos deixará orfos. Cando Xesús insiste tanto no adeus, sinal que os ánimos preci-san dunha palabra de ilusión. Isto cala na vida dos discípulos como aparece reflec-tido no libro dos Feitos dos Apóstolos.A forza do Espírito Santo que Xesús lles envía ós discípulos, antes de dispersarsepor Xudea, Capadocia, etc., é garante da súa compañía, da forza de Deus en nós,e de que todo o dicimos e facemos non é obra humana senón de Deus.Dous mil anos despois esta historia de salvación faise actualidade: Xesús volve óPai; non nos deixa orfos; envíanos o Espírito; queda connosco; permanece naPalabra e na Eucaristía; a nosa Igrexa é a súa Igrexa. A única diferenza é que nóssomos discípulos seus no século XXI.Toda esta mensaxe pascual debe de servirnos de estímulo para ser testemuñas deXesús. As circunstancias actuais nin son mellores nin peores que as de aquelestempos; son distintas; as preocupacións de antes e asde agora son unha chamada a facer realidade o Reinode Deus. Antes vivíanse tensións sociais e relixiosas, eagora tamén. A mensaxe de Xesús entón e agora nonvaría, el “non veu a cambiar nin unha til nin unha

palabra da Lei de Deus” senón a facela plenitude.Recuperemos a esperanza, a ilusión, a confianza enDeus. A obra de Deus e o seu Reino vaise facer reali-dade por ti e por min, somos mediadores, o resto écousa de Deus.

Page 2: Boletin xuño 2014

dun consello pastoral renovado, que ofreza oportunidades a todos paraestimular a corresponsabilidade,complementariedade e integración.Que a mirada de fe estea no comezo,no centro e na finalidade de todaacción evanxelizadora, porque un é oque planta, outro o que rega, peroDeus é quen fai medrar (1Cor 3,5-9).

Na parroquia hai un grupo de laicosque se reune periodicamente copárroco para reflexionar sobre estereto que nos propón a nosa igrexaparticular de Santiago.É unha oportunidade que se nos dáde intervir e opinar para ben daIgrexa diocesana, oportunidade quese converte, ao mesmo tempo, ensentirse igrexa viva e responsable

PARROQUIA VIVA

1 Domingo.- Ascensión do Señor. XVIII aniversario da consagracióndo templo parroquial. Despois damisa de 12, festa do compartir.2.- Reunión do grupo sinodal, ás20,30.6.- Pleno do Consello Parroquial, ás20,30.7.- Excursión fin de curso para nenose pais. Sairemos ás 9,30. Voltaremosás 19,30. Visitaremos unha granxa bovina. Polatarde faremos unha visita guiada áCooperativa de Feiraco en PonteMaceira. Debemos anotarnos e levar o bocatade mediodia.11.- Reunión de catequistas, ás 20,30.15 Domingo.- Santísima Trindade. Remata o curso de catequese.16.- Comeza a preparación intensivados nenos e nenas que fan este ano aPrimeira Comuñón, ás 7 da tarde.16.- Reunión da comisión das Vodasde Prata parroquiais, ás 8,30.21.- Comida parroquial, ás 14.Anotarse previamente.21.- Celebración e festa do perdón, ás6 da tarde.22 Domingo.- Festa de Corpus Christi.Día de Caridade.23.- Continúa a preparación intensi-va, ás 7 da tarde.25.- Reunión do grupo de Cáritas, ás20,30.29.- Primeiras Comuñóns, ás 12 domediodía.

ACONTECEMENTOS

Bautismo:

Pablo Gago Fernández, de EnriqueManuel e Silvia (25-05-2014).Matrimonio:

Jorge Rodríguez Castro e SusanaMaría da Silva Mallo (24-05-2014).Defuncións:

José Luís Vázquez Montoto, dos Tilos(25-04-2014).Jesús María Cruz González, de Urb. S.Sadurniño (30-05-2014).

A PARROQUIA E OSÍNODO DIOCESANO

No Boletín do mes pasado diciamos

que queriamos camiñar cara a

unha parroquia que sexa auténtica

comunidade evanxelizadora na

acollida, na iniciación cristiá, ante

os alonxados, animando grupos,

nas celebracións, na gratuidade e

no acompañamento.

Todo isto, de seu, xa significa moitoe cobre moitos espazos evanxeliza-dores, pero se quixeramos completaraínda máis a acción pastoral, pode-riamos incluír algo máis:Que sintonice coa mocidade e sepreocupe de que se sintan partícipese responsables da tarefa común,especialmente da evanxelizaciónnos seus propios ambientes xuvenís,e que apoie e promova aquelesmovementos de cariz evanxelizadore de maior incidencia na transforma-ción social.Que suscite e alente os diversoscarismas e vocacións particularesdentro da común vocación cristiá:militancia laical, vida consagrada eministerio ordenado, para realizar amisión universal da Igrexa.Que estea aberta ó arciprestado, ósmovementos apostólicos suprapa-rroquiais da Diocese, baixo a direc-ción do Arcebispo que é quen nosune a todos.Que estableza unhas estruturas sin-xelas, funcionais e operativas dentro

CÁRITAS

O domingo 22 celébrase a Solem-nidade do Corpo e o Sangue de Cristo(Corpus Christi) e coincidindo conesa data tamén se celebra o Día de

Caridade co lema: Construíndo espazos de esperanza.A campana de Caritas “Vive sinxela-

mente para que outros, sinxelamente,

poidan vivir” invítanos a celebrar acaridade e a esperanza dende os queencarnan na sua propia vida estes va-lores, a traves do seu compromiso e oradicalismo da sua fe, e construen es-pazos de esperanza xunto coas persoasmais vulnerables da nosa sociedade.Caritas xera esperanza facendo reali-dade, a traves dos seus proxectos,autenticas zonas liberadas para recu-perar os dereitos e a dignidade daspersoas, dende o sinxelo e o cotian,dende a fidelidade a un Deus Pai detoda a Creacion que se conmove cosmais debiles e pequenos, e anunciacaminos novos de solidariedade, fra-ternidade e esperanza.