Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña...

15
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia 17 de maio

Transcript of Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña...

Page 1: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

17 de maio

Page 2: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

tema dO mes

A entidade CEMÉA Aquitaine, a través dunha das súas militantes, e educadora social galega residente en Francia, formulounos a posibilidade, hai xa máis dun ano, de participar nun proxecto de prácticas profesionais noutros países europeos. Naquel momento, para o colexio foi imposible asumir unha tarefa que levaba consigo unha considerable carga de traballo, e a decisión máis responsable era declinar a invitación. Meses máis tarde, a propia educadora social, Lara Rodríguez, contactaba de novo cunha proposta que non podíamos rexeitar, que consistía en que ela se encargase do traballo asociado ao proxecto e sen custes para o colexio, a través dunha bolsa Leonardo da Vinci.

Na vontade do colexio por participar tamén tivo moito que ver a participación no primeiro Seminario Plurinacional que tivo lugar en Lisboa en outubro, do que as persoas participantes viñeron moi motivadas e interesadas por traballar a dimensión europea.

Así comezou un proxecto a través do cal 25 persoas puideron vivir unha experiencia profesional en Portugal ou Reino Unido, enriquecéndose tanto elas como as entidades que os acolleron no seu destino.

Tamén supuxo a creación dunha rede acollida para outros profesionais procedentes de Francia, 10 persoas que chegarán nalgún momento dentro dos dous próximos anos.

Pero a estancia de Lara supuxo implicarnos noutros novos retos que están por iniciarse, a través dunha modalidade de proxecto chamada “Asociacións estratéxicas”, que permiten a colaboración entre varias entidades ao longo de varios anos para tra-ballar – formarse conxuntamente sobre unha temá-tica do ámbito educativo.

A primeira asociación estratéxica será coa Escola Superior de Educaçao – Instituto Politécnico de Lisboa, Teatro IBISCO, a Universidade de Santia-go de Compostela -dende o grupo SEPA, CEMÉA Aquitaine e o IUT Michel de Montaigne -universidade francesa– Comezará en outubro, cunha duración de dous anos, e ten dúas liñas de traballo: as artes (e concretamente as artes escénicas) como ferramenta de inclusión social, e a intervención socioeducativa con maiores en situación de perda de autonomía.

O Ceesg na dimensión europea E outra ligada a CEMÉA Aquitaine, a partir de febreiro de 2015 e durante un ano, sobre Mocida-de en inadaptación social e mocidade en risco:

contexto de vida, prácticas da mocidade. Trátase dun proxecto de seminarios de intercambio de prácticas sobre o contexto de vida, a metodoloxía de proxecto e a acción para traballadores do ám-bito da xuventude e do ámbito social que inter-veñen con mocidade en situación de inadapta-ción social e risco de inadaptación. Non nos esquecemos tamén de ir preparando o III Seminario Plurinacional, que terá lugar en outubro en Burdeos, e ao que poderán acudir 5 representantes do colexio. Propostas moi interesantes que supoñen un gran compromiso, pois a participación non se limita a “asistir”, senón que implica comprometerse co deseño, concepción, construción, execución, difu-sión e avaliación do proxecto desde o inicio ata a fin. E para asumilo, necesitamos da implicación das persoas colexiadas, e dos grupos de traballo, que vaian sumándose e responsabilizándose de algunha parte dos proxectos.

A que foi a nosa compañeira durante os últimos meses, Lara Rodríguez, voltou xa para Francia. Co seu traballo logramos poñer en marcha o programa de mobilidade europea, e supuxo o comezo destes outros proxectos ben fermosos.

Dende aquí o noso inmenso agradecemento polo seu estupendo traballo. Seguiremos traballando, agora na distancia, pois aínda quedan moito por compartir.

O 17 de maio tivo lugar en Ourense unha Xornada de capitalización, na que se encontraron todas as persoas persoas que voltaron da mobilidade, e que serviu para valorar a participación nos novos proxectos.

Page 3: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

CGCEES

O Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES) vén de afianzar as súas relacións con dúas entidades de recoñecido prestixio e renome no ámbito académico.

A Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS) é unha sociedade científica independente que agrupa académicos e investigadores pero tamén profesionais e estudantes interesados no sector académico e profesional da pedagoxía social e a educación social. É unha sociedade científica internacional con máis de trinta anos de historia que está integrada por persoas de toda a península ibérica e de numerosos países de Latinoamérica. Pretende ser un foro internacional de creación, difusión, transferencia e intercambio de coñecemento científico e profesional no ámbito da pedagoxía social e a educación social.

O convenio asinado pretende establecer un marco de colaboración para o desenvolvemento de actuacións conxuntas de interese para ambas as dúas Institucións no ámbito da Educación Social e a Pedagoxía Social e está organizado sobre catro eixes: Formación e difusión do coñecemento, Investigación e Innovación, Comunicación e colaboración, e Ámbito xeral.

No momento de asinar o convenio os presidentes de ambas as dúas entidades destacaron a transcendencia histórica do acto ademais do importante paso que supón para a mellora do sector académico e profesional da Pedagoxía Social e a Educación Social xa que xera o ámbito para o intercambio fluído de información e o desenvolvemento de actividades conxuntas nas áreas de investigación, formación e innovación.

Ambas as dúas entidades están especialmente preocupadas pola situación social e as políticas sociais e educativas que se están a levar a cabo, polo que consideran de máxima importancia buscar sinerxías entre entidades que defendan o Estado do Benestar e aposten pola cidadanía.

O CGCEES asina convenios de colaboración coa e e coa UNED

Tamén recentemente, asinouse un acordo coa Uni-vesidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) , a única universidade pública española de ámbito es-tatal que imparte as súas ensinanzas a distancia.

Tras esta firma iniciaranse liñas de colaboración con relación á organización e desenvolvemento de: Acti-vidades de formación continua, conducentes á ob-tención de títulos propios da UNED; Voluntariado; Investigación de campo; e Prácticas en Ensinanzas Reguladas.

Entre os obxectivos principais deste convenio están potenciar a comunicación entre ambas as dúas insti-tucións, a equiparación da visión diferente dos estu-dos de grao e o traballo real das educadoras e os educadores sociais, a participación conxunta en ob-servatorios, xornadas, seminarios, congresos e proxectos de investigación sobre o desenvolvemen-to da Educación Social, así como a elaboración de modelos de boas prácticas e o desenvolvemento de programas de ámbito internacional.

Este acordo xorde da necesidade de buscar sinerxías entre entidades educativas para colaborar na forma-ción universitaria e profesional das educadoras e os educadores sociais co fin de buscar a máxima exce-lencia nas intervencións, especialmente nestes tem-pos difíciles para toda a cidadanía.

Page 4: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Os días 7 e 8 de xuño será a asemblea do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores So-ciais (CGCEES).

Este ano, o Colexio Profesional da Educación Social de Estremadura (COPESEX) será quen acolla a repre-sentantes de todas as demais entidades que confor-man o CGCEES, en Cáceres.

O momento no que nos atopamos como Consello caracterízase por ser de nova etapa, con novos retos e obxectivos que deben marcarse.

Esta asamblea será electoral, e será o momento de fixar cales han ser estes retos, e tomar conciencia colectiva das forzas, e compromisos para facer fluír o traballo dos colexios.

O CGCEES prepara a súa próxima asamblea en Cáceres

Page 5: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Campaña de difusión da titulación de Educación Social Nestes tempos de fin de curso, ás estudantes de bacharelato que queren cursar estudos universitarios tó-

calles escoller carreira.

A Asociación Universitaria de Ciencias da Educación (AUCE), en colaboración coa Facultade de Ciencias da

Educación do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), a Escola de Tempo Libre da Facultade de Ciencias

da Educación, e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, impulsou a campaña “Somos edu-

cadoras/es” co obxectivo de difundir e promocionar a titulación de Educación Social polos centros educati-

vos de secundaria e de formación profesional. O cartel promocional será difundido en centros educativos da

cidade de Ourense, e de toda a comunidade galega, chegando incluso a outras ciudades como Huesca, Cá-

ceres, e Gran Canaria.

Esteramos que estes cartaces esperten a curiosidade e motivación por dedicarse á nosa profesión.

actualidade

Grazas aos membros da AUCE,

impulsores da iniciativa, e prota-

gonistas do cartaz:

Millán Brea Castro

Antonella Volpi

Hugo Avalle Araújo

Greta Rúas Miguélez.

Carla Mendes.

Serxio García Souto.

Page 6: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Movemento Galego de Saúde Mental O MGSM é un movemento cívico que pretende a protección da saúde mental da comunidade e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas.

Está formado por máis de trescentos profesionais da saúde mental pública de Galicia, profesionais da Administración de Xustiza, cidadáns que comparten a súa Declaración, organizacións sindicais (CIG Saúde, Federación de Sanidade de CCOO) , Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizacións de familiares e usuarios dos servizos de saúde mental (Fonte da Virxe, A Creba, ASDAN, Xaruma, ONG-Solidarios Anónimos, Dédalo, Albores), Xuíces pola Democracia, Unión Progresista de Fiscais, Asociación Galega de Médicos Forenses, Asociación de profesionais de drogodependencias e outras condutas aditivas, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública,

Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Asociación Nacional de Enfermería en Saúde Mental, Mesa Galega da Psicoloxía Clínica, Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes, Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS.

Continúan a recibirse adhesións e solicitudes de incorporación, entre elas tamén a do Colexio de Educadoras Sociais de Galicia.

A actualidade do movemento pode seguirse a través da súa páxina de facebook e do seu blog.

O máis importante, o "Manifesto fundacional do Movemento Galego da Saúde Mental", e moi interesante, o avance de programa previsto na xornada que organizará para o vindeiro 28 de xuño, en Santiago de Compostela, para a que xa se poden formalizar as inscricións.

http://movementogalegodasaudemental.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental

Informe Sombra CEDAW 2013 A CEDAW é a convención adoptada por Nacións

Unidas en 1979, na que os 187 Estados que a

ratificaron -entre eles España- condenan a

discriminación contra a muller en todas as súas formas.

Con iso comprométense a crear e seguir por todos os

medios apropiados e sen dilacións, políticas

encamiñadas a eliminar calquera tipo de

discriminación contra as mulleres tomando as medidas

necesarias a todos os niveis do Estado.

O propio art.º 7 da Convención obriga aos Estados

Partes a garantir ás mulleres o dereito a "participar na

formulación das políticas gobernamentais e na

execución destas, e participar en organizacións e

asociacións non gobernamentais que se ocupen da

vida pública e política do país.

Dende o mes de Febreiro de 2013, 50 organizacións no

de mulleres, de cooperación internacional e de

dereitos humanos, a través dá Plataforma Informe

Sombra CEDAW elaboraron ou seu Informe Sombra

sobre a aplicación da Convención en España durante o

período 2009-2013.

Máis de 200 organizacións e colectivas referendaron

este informe, que será presentado en nome de todas

elas a Nacións Unidas para que a voz da sociedade civil

sexa tamén tida en conta.

Así, este informe aumenta a súa potencia

representativa e gaña impulso no seu camiño cara á

avaliación da aplicación en España da Convención

sobre a Eliminación de Todas as formas de

Discriminación contra a Muller (CEDAW nas súas siglas

en inglés) no período 2009-2013.

http://cedawsombraesp.wordpress.com/

https://www.facebook.com/cedaw.sombra

Page 7: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

María J. Carballa Rosales Educadora social

Colexiada nº 3661

O complicado binomio cartos-adolescencia.

O 26 de Maio dende o Ceesg e a petición da AMPA

do colexio Divino Maestro de Ourense levase a cabo

unha charla informativa sobre o complicado binomio

cartos e adolescentes, e a importancia de educar na

responsabilidade.

Comezamos a sesión falando das características

principais da etapa adolescente, dos cambios a nivel

físico e psicolóxico, de cómo nos facemos seres

sociais e a importancia e peso que a sociedade, os

medios de comunicación e o grupo de iguais teñen

sobre nós.

Un adolescente é un adulto en proceso, a

adolescencia e o período no que os xóvenes dan os

seus primeiros pasos de forma autónoma e se

enfrontan, sen a supervisión dos pais, a unha

realidade que pode resultar tan hostil como

tentadora.

O papel dos proxenitores sería racionalizar o

consumo monetario dos fillos e educalos na

responsabilidade e a contención. Converterse nun

consumidor responsable é esencial para que un

adolescente se amolde con éxito no seu paso á etapa

adulta.

Exercer un control sobre os cartos consumidos,

desviar os impulsos consumistas e racionalizar os

gastos son exercicios de madurez que debe afrontar

todo adolescente. Axudar a un fillo a ser

independente no manexo dos seus cartos axúdalles a

establecer bases sólidas para o seu futuro como

adulto. Parte da felicidade dos nosos fillos consistirá

en non ter que sufrir por cuestións de cartos.

É importante ter en conta dous piares básicos:

Educar dende a infancia e fixar un presuposto.

Non debemos usar os cartos como medio de control,

castigo ou recompensa. Senón como unha

preparación para a súa independencia futura. Así

evitaremos atoparnos a larga con: embarazos

prematuros, entrada na droga, abandono escolar,

roubos na familia,… para evitar isto debemos ensinar

co exemplo mediante unha educación positiva

baseada nos seguintes piares: afecto e

recoñecemento, diálogo, escoita e compresión,

autoridade aplicada dende a competencia e a

ecuanimidade, coherencia e sentido común, respecto

e valores humanos.

Pouco a pouco o grupo de pais, nais, adolescentes e

profes alí presentes fóronse implicando e aportando

opinións, dando moita riqueza ó tema a tratar, ao

longo de dúas horas intercambiamos moita

información, aclaramos dúbidas, compartimos

experiencias,… dando lugar a un clima agradable de

conversa e a unha gran riqueza informativa sobre o

tema a tratar.

A modo de conclusión, debemos facer fincapé na

necesidade deste tipo de formación transversal como

parte do curriculum didáctico, pois aínda queda

moito camiño por facer.

Page 8: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

tfg.es

Olladas desde a Educación Social. Concurso fotográfico Segue en marcha o concurso fotográfico Olladas desde

a Educación Social, organizado polas dinamizadoras do

Punto de Información Colexial (PIC) do Ceesg na

Universidade da Coruña, en colaboración co Ceesg e

coa Facultade de Ciencias da Educación.

• Categorías de participación: estudantado,

profesorado e PAS da titulación de Educación Social

da Facultade de Ciencias da Educación da

Universidade da Coruña.

• Prazo de envío: ata o 23 de xuño de 2014.

• Premios: Haberá un premio e dúas mencións

especiais en cada categoría. O premio consiste nun

libro de fotografía social.

Todos os requisitos e detalles aparecen reflectidos nas

bases do concurso, que poden consultarse na web do

Ceesg.

Coas fotografías seleccionadas polo xurado

organizarase en outubro unha exposición na facultade

de Ciencias da Educación, coa que se celebrará o Día

Mundial da Educación Social, 1 de outubro.

2º Concurso tfg.ES As estudantes que no actual curso académico xa entregasen o

seu traballo de Fin de Grao na Universidade, cunha nota igual ou

superior a 8,5, xa poden enviar a documentación para participar

no 2º Concurso de Traballos de Fin da Grao arredor da

Educación Social.

• Categorías de participación: Educación Social ESTENDIDA

(para aqueles traballos que investiguen acerca dos ámbitos e

temáticas tradicionais da Educación Social), e Educación Social

ESCONDIDA

• Prazo: 22 de xaneiro de 2015.

• Premio: cota de alta de colexiación gratuíta e publicación do

traballo.

Todos os requisitos e detalles aparecen reflectidos nas bases do

concurso, que poden consultarse na web do Ceesg.

Page 9: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

formación

Formación en SIUSS

A comezos dos anos 90 implantouse o programa

informático SIUSS (Sistema de Información de

Usuarios de Servizos Sociais) para adaptar a ficha

social ás novas tecnoloxías. As intervencións dos

servizos sociais comunitarios poden quedar

rexistradas nesta ferramenta, incluída a que as

educadoras/es sociais realizan no marco do

Servizo de Educación e Apoio Familiar municipal.

As profesionais da educación social temos acceso

a esta ferramenta a través do seu módulo 5

(denominado “Maltrato infantil”) Tras detectar

unha infrautilización deste recurso, a Consellería

de Traballo e Benestar, a petición do Ceesg,

organiza unha formación específica dirixida a

profesionais da educación social, responsables do

Servizo de Educación e Apoio Familiar, que estean

en activo nos servizos sociais comunitarios de

Galicia.

É moi importante usar o SIUSS para actualizarnos

e deixar de usar só o formato papel, para facilitar o

noso traballo, para visibilizar o labor das

educadoras/es sociais, e para que os datos que se

recaban a partir desta ferramenta sexan reais, o

que dá conta tamén das necesidades e do traballo

de cada concello.

Esta formación organízase para coñecer a

rendibilidade que pode ofrecernos esta

ferramenta, resolveremos todas as dúbidas sobre

o acceso ao SIUSS por parte das educadoras

sociais, e familiarizarémonos co seu uso.

O Ceesg encárgase da xestións das inscricións,

polo que puidemos constatar a alta demanda da

formación, xa que as prazas cubríronse enseguida.

Debido ao éxito desta convocatoria, solicitaremos

á Consellería de Traballo e Benestar que se reali-

cen outras edicións desta formación, polo que se-

guiremos recibindo solicitudes de inscrición das

profesionais interesadas (ata o 12 de xuño), que

nos servirán para medir a demanda da formación,

e respaldar así a solicitude de realizar novas edi-

cións.

Horario de verán.Horario de verán.Horario de verán.Horario de verán. De xuño a setembro, o horario de atención ao público no Ceesg será:

Luns a venres

8:00 a 15:00 h. Servizo xurídico presencial: primeiros mércores de cada mes, de 12:00 a 14:00 h.

avisosavisosavisosavisos

Page 10: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Boas a todos/as

Chámome María e a miña relación coa Educación

Social vén xa dende pequena aínda que non sabía

que levaba de nome Educación Social. Sempre fun

unha persoa inqueda e curiosa con moitas gañas de

actuar no mundo do arredor e con intención, aínda

que sexa cunha pequena migalla, de melloralo.

Na miña forma de ser e estar profesional e

persoalmente énchese de Educación Social a través

das diferenzas, o feminismo, a empatía, tolerancia,

coeducación, pedagoxía queer, resolucións de

conflitos, respecto, accións, superacións... e todas

esas fermosas emocións e sentimentos que nos

produce a nosa labor.

Dende fai tres anos e medio traballo de Educadora

Social nun centro de reforma terapéutico de

mozos/as, intentando ser unha boa influencia,

creando vínculos, axudando e apoiando para

cambiar patróns de conduta que en ocasións son

moi difíciles de transformar pero que con esforzo,

constancia, espírito e paciencia, vanse construíndo

novas actitudes e aptitudes, fas que florezan

valores, se potencien habilidades encubertas,

reparen, tomen conciencia e melloren as

expectativas que teñen sobre si mesmos/as e a súa

propia vida.

Ás veces, pode parecerche un pouco frustrante e

complexo, pero os/as Educadores/as Sociais

soemos ser moi “cabezotas” e insistentes, e temos

ese impulso motivacional extra, que fai que

sigamos adiante nesta loita pacífica co obxectivo

de alcanzar utopías que cada vez están máis preto.

Tamén como Educadora Social colexiada, participo

no Grupo Escaravellando de Infancia e

Adolescencia do Ceesg, traballando en temas

relacionados con este ámbito, e animo a unirse a

calquera persoa que teña algunha inquedanza e

desexe participar, pois é unha oportunidade para

aprender, coñecer a outros/as compañeiros/as da

profesión e levar a cabo accións conxuntas.

Encántame a pregunta ¿Qué fas ti pola Educación

Social? A min, gustaríame continuar nesta viaxe

facendo moito máis e mellorando día a día, e

espero poder compartilo con máis persoas.

¿E ti? ¿a qué esperas?

¡Anímate e Actúa!

María Quintas Sotelo

Educadora Social en C.A.E. Montefiz Compoñente de Escaravellando

Colexiada nº 3941

Qué fas ti pola educación social?

Coñece máis sobre María e o seu traballo en:

http://pedagogaqueer.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/EntiendeT

Page 11: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Micro-leccións de orientación laboral

Crenzas erróneas na busca de emprego

María P. Sande Educadora social e Psicopedagoga

Colexiada nº 3946 http://orientandodendearede.blogspot.com

Cando estamos en busca de emprego, podemos

pensar en moitas cousas que son erróneas e

que obstaculizan o noso proceso.

A continuación sinalamos algunhas crenzas

erróneas que se nos poden pasar pola cabeza.

� Crenza da “cantidade”: “Enviar a mesma

copia do curriculum vitae a moitas empresas

é a mellor técnica de busca de emprego”.

Sabemos que o curriculum vitae ten que ser

adaptado ás entidades. As persoas

responsables de recibir o CV e carta de

presentación saben cando unha candidata/o

se esforza e personaliza os documentos.

� Crenza do “enchufe”: “Todos os empregos

que se atopan por relacións persoais ou pola

axuda de coñecidos, son enchufes”. A

mellor técnica de busca de emprego é a

través da nosa rede de contactos, xa que

nos informan de oportunidades de emprego

adaptados ó noso perfil profesional; mais

isto non quere dicir que sexa por “enchufe”.

Porén, algunhas persoas conseguen

emprego a pesar de non ter o perfil axeitado

para ese posto de traballo, grazas á

influencia dalgún familiar ou coñecido/a,

podendo etiquetar a esta situación como

“enchufe”. Pero é recomendable seguir

empregando a nosa rede de contactos cando

estamos na busca de emprego, posto que é

unha vía máis de información e

oportunidades.

� Crenza da “orientación inútil”: “A

orientación profesional son só charlas e

cursos de técnicas de busca de emprego”. A

orientación abrangue máis que isto; o

orientador ou orientadora asesóranos e

infórmanos das diferentes vías para

desenvolver a nosa vida profesional. Ademais,

axúdanos a buscar solucións ós nosos

problemas e inquietudes relacionadas co eido

profesional e guíanos no proceso de busca de

emprego cando temos que reencamiñalo.

� Crenza “fatalista”: “O que me pasa a min non

lle pasa a ninguén”. Co fin de non pensar así é

recomendable coñecer a outras persoas que

estean na mesma situación; para isto é

interesante participar en actividades de

orientación en grupo, nas cales contactamos

con persoas na mesma situación ou que

queren mellorar no seu eido profesional.

� Crenza “antiespecialización”: “Se elixo

obxectivos profesionais e me especializo

perderei oportunidades; se busco emprego

en calquera cousa terei máis oportunidades

de atopar algo”. Esta é unha crenza moi

común pero as persoas que se especializan

están máis satisfeitas no seu eido profesional;

especializarse non é cerrar portas, senón que

os demais te valoren polas túas capacidades e

habilidades.

Page 12: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

� Crenza da “cursitis”: “Facer cursos sempre

axuda”. Antes de facer cursos, temos que

analizar se estes nos axudarán a conseguir o

noso obxectivo profesional e ampliar a nosa

especialización. Debemos intentar buscar e

facer cursos que nos sexan útiles para a nosa

carreira profesional; ademais temos que ter

en conta que é mellor realizar un curso de

longa duración e de calidade e non moitos e

de pouca duración.

� Crenza da “inmediatez”: “Presenteime en

persoa a algunhas empresas e comenteille a

uns coñecidos que estou na busca de

emprego; espero ter resultados pronto.

Creo que si busco emprego durante as

próximas dúas semanas aplicando as

técnicas da forma que me aconsellou aquela

orientadora conseguirei resultados”. Pensar

que imos conseguir resultados

inmediatamente pódenos frustrar e

dificultar o noso proceso de busca de

emprego. Temos que ter claro que o que

facemos, facémolo ben, e que nos

esforzamos en buscar o que queremos e,

desta maneira, os resultados chegarán.

� Crenza do “castigo divino”: “Traballar non lle

gusta a ninguén, só se traballa para conseguir

diñeiro”. Moitas persoas, ademais de traballar

para conseguir o seu salario, disfrutan

traballando e realizando o que lles gusta; se

nos gusta a nosa profesión, buscaremos un

emprego con máis gañas e motivación. Se

non nos gusta, debemos buscar outros

obxectivos e adquirir novas aprendizaxes.

� Crenza da “sorte”: “Se non atopo emprego

ou se non o manteño é porque non teño

sorte; sen sorte non importa canto tempo

busque ou canto me esforce”. Non podemos

esperar a que nos “caia” a sorte encima.

Teremos sorte se traballamos por conseguir o

noso obxectivo e nos esforzamos por buscar

un emprego.

Baseado nun texto de Alfonso Alcántara

yoriento.com

Para ler e reflexionar...

Diccionario de nuevas formas de lectura y escritura (Red Internacio-nal de Universidades lectoras). 2013.

Elaborada por expertos pertencentes a numerosas universidades e países, aborda temáticas de gran actualidade e de interese multidisciplinar en ámbitos tan diferentes como as Humanidades, a Educación, a Sociedade do Coñecemento, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, etc. Nunha aposta de síntese por integrar a cultura letrada clásica e as tendencias máis contemporáneas, os expertos desenvolveron os conceptos clave en forma analítica que inclúe ademais unha mención detallada, en cada caso, á praxe e aos criterios de intervención propios das Ciencias Sociais. Entre os conceptos analizados, aparece a “Educación Social”, que foi elaborado polo profesor da Universidade de Santiago José Antonio Caride.

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Page 13: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Actuacións

Sesión ordinaria do Consello Galego de Benestar So-cial. A orde día contemplaba diversas normativas que se están a desenvolver neste momento: presentación de Proxecto de Decreto que modifica o Decreto regulador do réxime de prezos das escolas infantís; presentación de Orde sobre servizos de apoio ás familias (programa Reconduce); presentación de Orde sobre o informe social no ámbito da inclusión social, para aprobar o seu uso en Galicia.

Recurso de reposición a praza de Educador/a social. Formulamos un recurso de reposición contra as bases e convocatoria do proceso de selección para a cobertura como persoal laboral interino dunha praza de Educador/a social no concello de Cambados, por admitir para o posto outros perfís profesionais diferentes.

Xuntanza de Fiadeiras. Avanzamos na planificación de actuacións, valorarmos propostas recibidas, e organiza-mos a formación que desenvolveremos proximamente.

Reunión do Espazo Dialoga. Os colexios de Traballo So-cial, Psicoloxía e Educación Social reunímonos para avanzar na planificación do II Encontro de profesionais do Benestar, que terá lugar en setembro en Melide e se centrará en ética e emprego.

Reunión da área de Acción Profesional. Hai varias cues-tións pendentes que requiren dun encontro de traballo. A principal, as posibilidades para recurrir a RPT da Con-sellería de Traballo e Benestar.

Reunión do Foro de Inmigración. Nesta reunión in-fórmase sobre as actuacións realizadas en relación con actuacións discriminatorias cara ao colectivo inmigrante; co acceso ao sistema sanitario das persoas inmigrantes en situación irregular (en colaboración con Médicos do Mundo, Amnistía Internacional, Plataforma SOS Sanidade Pública e Asociación Galega de Medicina Familiar coas que constituímos a Rede Galega en Defensa do Dereito á Saúde); e cos controis fronteirizos en Ceuta e Melilla e sobre a situación nos CIES. Tamén se informa sobre os avances para preparar o encontro final/asemblea da campaña SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO!

Reunión de Xunta de Goberno. Informamos dos avances no plan de traballo e tomamos decisións sobre as próxi-mas actuacións.

Obradoiro: Traballando desde o bo trato e para o bo trato. Este obradoiro é un espazo vivencial teórico-práctico. Nel facilitaranse unha serie de exercicios moi sinxelos que permitirán a cada participante descubrir e experimentar desde si mesma/o aspectos da propia vida persoal e profe-sional.

Sinatura de apoio ao Ateneo Ferrolán. O Ateneo Ferro-lán solicita ao Concello de Ferrol que asuma os gastos derivados da obra de rehabilitación que promoveu no edificio municipal sede do Ateneo Ferrolán e aboe o im-porte do traslado, almacenamento e devolución da bi-blioteca, hemeroteca e outras pertenzas do Ateneo.

Participación no I Congreso Iberoamericano de Educa-

ción Social en situaciones de riesgo y conflicto. Organi-zado pola Facultade de Educación da Universidad Com-plutense de Madrid. O Congreso está estructurado en cinco liñas temáticas: Infancia e xuventude; Ámbito pe-nitenciario; Xénero e mulleres; Animación e intervención comunitaria, e Persoas adultas e maiores. Fiadeiras in-terveu nunha mesa redonda.

Adhesión ao Informe Sombra CEDAW España. Asinamos o informe sombra 2008-2013 sobre a aplicación en España da convención para a eliminación de toda forma discrimi-nación contra as mulleres (CEDAW)

Asistencia á Conferencia Internacional SV4Life: Da ex-clusión social á cidadanía activa. Igaxes3 organiza esta conferencia para aportar formas para apoiar os adoles-centes e mozos en risco social para que camiñen cara á idade adulta con máis confianza e seguridade. Dirixida a profesionais e entidades que traballan con persoas en risco de exclusión social, especialmente mozos e mozas.

X Xornadas Interxeracionais de Cabreiros. O Ceesg vén colaborando dende hai anos con estas xornadas que xa cumpren a súa décima edición. O grupo GEIX estivo na inauguración falando da importancia da dinamización rural.

Xornada de capitalización. Proxecto de mobilidade. Re-mata a estancia no Ceesg de Lara Rodríguez, a bolseira que puxo en marcha o proxecto de mobilidade e que nos levou a implicarnos noutros proxectos que están inicia-dos, pero aos que lles queda moito por diante. Xuntámo-nos para analizar as posibilidades e intereses das persoas que queiran tomar o relevo nestas iniciativas, ao tempo que damos a benvida ás persoas que realizaron unha es-tancia profesional en Portugal ou Reino Unido.

Servizo xurídico do Ceesg. O Servizo xurídico do Ceesg estará dispoñible na sede do Ceesg. As persoas colexia-das poderán achegarse ata as oficinas para recibir orien-tación e asesoramento xurídico sobre calquera cuestión que queira plantexar.

Asistencia á presentación da Plataforma en defensa da Casa da Xuventude de Ourense. Formouse unha plata-forma cidadá que denuncia unha excesiva burocratiza-ción, innecesaria e intencionada, que está a provocar a infratutilización dos recursos disponibles, acabando así co nivel de actividade que noutrora foi moi importante.

Page 14: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Todos os servizos dun colexio profesional ao teu alcance.

Infórmate no Ceesg. Tlf. 981.552.206

Galisenior, Salón Galego das Persoas Maiores. GALISENIOR é o único salón que se celebra no no-roeste peninsular destinado especialmente ás persoas maiores, ás súas familias e aos profesionais que traballan neste sector. Esta edición centrousee na detección precoz da dependencia, e conti-nuou fomentando o envellecemento activo e saudable. Paralelamente ao salón, no que houbo ex-positores, actividades, obradoiros, exames de saúde, etc. para persoas maiores, desenvolveuse e unha Xornada Técnica dirixida a profesionais. O Ceesg forma parte do Comité Asesor, dinamizou unha mesa redonda, e fíxose cargo dun stand do colexio.

Adhesión ao Movemento Galego de Saúde Mental. O MGSM é un movemento cívico que pretende a protección da saúde mental da comunidade e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas.

Apoio á campaña de promoción da carreira de Educa-ción Social. A Asociación Universitaria de Ciencias da Educación (AUCE) impulsou unha campaña de difusión e promoción da carreira universitaria de Educación Social polos centros educativos de secundaria de toda Galicia.

Page 15: Boletín do Ceesg · 2014. 6. 5. · Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 ceesg@ceesg.org nº 82 - maio 2014 A profesión que sentes,

Monitoras/es educativ. de lecer e tempo libre. Vigo Educador/a social. Sada. Psicomotricista. Bergantiños. Axente TIC. Betanzos.

Monitores/as de tempo libre. Meaño. Monitores/as de tempo libre. Vigo e Nigrán. Preparador/a laboral. Consorcio As Mariñas.

Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Novas dos boletíns

EMPREGO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Consellería de Traballo e Benestar:

• Subvencións a entidades locais para a promoción da información xuvenil e actividades dirixidas á xuventude no ámbito da educa-ción non formal e da participación. DOG 6/05/14

• Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entida-des sen ánimo de lucro. DOG 20/05/14

• Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entida-des sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio. DOG 20/05/14

• Axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais. DOG 30/05/14

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administra-

cións Públicas e Xustiza:

• Axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade. DOG 7/05/14

• Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. DOG 20/05/14

• Subvencións a proxectos de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de ONGDs. DOG 22/05/14

• Subvencións a proxectos e microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior. DOG 30/05/14

LEXISLACIÓN E NORMATIVA

Presidencia da Xunta de Galicia: • Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entra-

da en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local. DOG 30/05/14

EMPREGO

Deputación Provincial de Pontevedra: • Oferta de Emprego Público 2014. 2 postos de Técnico en educación;

5 postos de Técnico auxiliar de educación diúrna. DOG 19/05/14

formación Taller de relación de axuda e motivación para o cambio

Organiza: Psicosocial Sinerxxia. Datas: Dúas edicións: 28 de xuño, 5 de xullo (grupos reduci-

dos) Lugar: Ourense. Prezo: 25 €. Persoas colexiadas ou amigas do Ceesg: 20€. Máis información: tlf. 988.374.867 | [email protected]

Cumbre Mundial de Mediación Organiza: Universidad Politécnica de Madrid e Organización

Mundial de Mediación e Mediación Internacional. Datas: do 1 ao 4 de xullo. Lugar: Madrid. Prezo: 440 €. Persoas colexiadas do Ceesg: 240 €. Máis información: www.worldmediationsummit.org

Docencia da formación profesional para o em-prego (Certificado de profesionalidade)

Organiza: Recursos Galicia. Datas: De setembro a decembro. Prácticas en xaneiro. Lugar: Santiago de Compostela. Prezo: 1400 €. Persoas colexiadas e amigas do Ceesg: 1000 € Información e inscricións: www.ceesg.org | 981552206

Comunidades de Aprendizaxe. Inclusión, éxito educativo e desenvolvemento comunitario

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela. Datas: 16 e 17 de xuño. Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) Prezo: 70 € (consultar descontos para estudantes, pensionistas,

etc.) Máis información: http://www.usc.es/cultura/uveran07_14.htm