BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de...

20
Número 602 IX lexislatura 17 de febreiro de 2016 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.1. Proxectos de lei Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei da economía social de Galicia — Do G.P. Mixto (doc. núm. 47125) 140835 — G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 47141) 140837 — Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 47173) 140842 — Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 47182) 140846 1.3. Procedementos de control e impulso 1.3.6. Proposicións non de lei 1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión 1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS Rexeitamento da iniciativa - 42941 (09/PNC-003588) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dunha nova política de transporte colectivo por estrada 140833 Fascículo 3

Transcript of BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de...

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

Número 602 IX lexislatura 17 de febreiro de 2016

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

1.1.2.1.1. Proxectos de lei

Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei da economía

social de Galicia

— Do G.P. Mixto (doc. núm. 47125) 140835

— G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 47141) 140837

— Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 47173) 140842

— Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 47182)

140846

1.3. Procedementos de control e impulso

1.3.6. Proposicións non de lei

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión

1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO

AMBIENTE E SERVIZOS

Rexeitamento da iniciativa

- 42941 (09/PNC-003588)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dunha nova política

de transporte colectivo por estrada 140833

Fascículo 3

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

COMISIÓN 8ª, PESCA E MARISQUEO

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 45864 (09/PNC-003803)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fajardo Recouso, Juan Manuel, e cinco deputados/as máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para

a prevención e redución da afectación do parasito Martaeilia cochi-

llia ás rías galegas 140833

Rexeitamento da iniciativa

- 45578 (09/PNC-003775)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-

ción co Plan de acción da frota pesqueira 2015, elaborado e remi-

tido á Comisión Europea polo Goberno central 140834

1.6. Procedementos de elección, designación e propostade nomeamento1.6.5. Membros do Consello de Contas

Comparecencia de candidatos 140834

SUMARIO

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei1.1.2.1.1. Proxectos de lei

Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei da economíasocial de Galicia

A Mesa da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social eEmprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo:

Cualificación de emendas á totalidade

- 45722 (09/PL-000034)Presidencia da Xunta de GaliciaProxecto de lei da economía social de GaliciaBOPG nº 589, do 26.01.2016

Examinados os escritos presentados e dado que se axustanaos requisitos establecidos no Regulamento da Cámara,acorda a súa admisión co seguinte detalle:

Emendas á totalidade de devolución (un total de catro):

— Do G.P. Mixto (doc. núm. 47125)— Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 47141)— Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 47173)— Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm.

47182)

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO

AMBIENTE E SERVIZOS

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 16 de febreirode 2016, adoptou os seguintes acordos:

Rexeitamento da iniciativa

- 42941 (09/PNC-003588)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre a posta en marcha polo Goberno galego dunha novapolítica de transporte colectivo por estradaBOPG nº 542, do 28.10.2015

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,7 votos en contra e 0 abstencións.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016María Soledad Soneira Tajes

Vicepresidenta 2ª

COMISIÓN 8ª, PESCA E MARISQUEO

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 16 defebreiro de 2016, adoptou os seguintes acordos:

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 45864 (09/PNC-003803)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan Manuel, e cinco deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegopara a prevención e redución da afectación do parasito Mar-taeilia cochillia ás rías galegasBOPG nº 594, do 03.02.2016

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificaciónspola unanimidade dos 13 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:

1. Á creación de inmediato dun plan de continxencia quepermita evitar a extensión do parasito martaeilia cochillia ásrías non afectadas como a de Noia.

2. A elaborar un protocolo de actuación, que inclúa as con-signacións orzamentarias suficientes, para establecer una liñacontinua de investigación e estudo de mecanismos de pre-vención e redución da afectación do parasito as rías galegas.»

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 60217 de febreiro de 2016

140833

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

Rexeitamento da iniciativa

- 45578 (09/PNC-003775)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, DanielSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación co Plan de acción da frota pesqueira 2015, ela-borado e remitido á Comisión Europea polo Goberno centralBOPG nº 590, do 27.01.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016María Soledad Soneira Tajes

Vicepresidenta 2ª

1.6. Procedementos de elección, designación e propostade nomeamento1.6.5. Membros do Consello de Contas

Comparecencia de candidatos

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xus-tiza e Interior, na súa sesión do día 12 de febreiro de 2016,adoptou o seguinte acordo:

Comparecencia de candidatos

- 179 (09/DMCC-000001)Consello de ContasConsello de Contas: designaciónBOPG nº 484, do 22.06.2015

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2016María Soledad Soneira Tajes

Vicepresidenta 2ª

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

140834

Número 60217 de febreiro de 2016

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Emenda

1

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario Mixto, a través da súa voceira, Consuelo Martínez

García, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte emenda á totalidade, de devolución, ao Proxecto de lei de

Economía Social de Galicia (documento nº 45722, expediente 09/PL-

000034) en base aos seguintes motivos:

O Proxecto de Lei da Economía Social non responde ás expectativas que o

seu título promete, limitando o seu contido á creación do Consello da Economía

Social de Galicia e a marcar uns obxectivos xerais. Esta limitación do Proxecto

de Lei establécese xa no artigo primeiro, xa que o único obxecto deste PL

recoñecido é “regular as entidades que integran a economía social en Galiza”.

Tal é a limitación deste Proxecto de Lei e a súa falta de contido que na súa

disposición adicional cuarta establece que esta Lei non terá dotación

económica para o seu desenvolvemento, o que representa unha irrefutable

declaración de intencións.

Un Consello da Economía Social de Galicia cuxa creación parece ser o obxecto

deste Proxecto de Lei, pero ao que só se lle outorga funcións facultativas e non

vinculantes, a pesar de que os seus informes representarían as conclusións de

todas as entidades da economía social de Galiza.

Inda que para ser exactos, este Proxecto de Lei exclúe das entidades da

economía social de Galiza ás organizacións sindicais, polo que o catálogo de

entidades da Economía Social de Galiza non contará coa representación da

clase traballadora. Resulta incomprensible que o goberno galego pretenda

140835

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Emenda

2

organizar, promover fórmulas Economía Social sen contar cos seus principais

actores, os traballadores e as traballadoras.

Tamén resulta incomprensible a non inclusión no Consello de Economía Social

de Galicia a representación por parte das organizacións feministas e da

Dirección Xeral de Igualdade.

O mesmo ocorre en relación ás ONGs, entidades que contan cunha grande

experiencia no ámbito da economía social e que hoxe en día están a suplir as

actuacións que deberían facer os gobernos de todo o mundo en materia de

economía social.

Polo exposto, o Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa da súa deputada

Consuelo Martínez García, formula a presente emenda de totalidade ao

Proxecto de lei de economía social de Galicia solicitando a súa devolución ao

Goberno.

Pazo do Parlamento a venres, 12 de febreiro de 2016

Asdo.: Consuelo Martínez García

Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 12/02/2016 09:21:43

140836

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego(BNG), ao abeiro do

disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á totalidade, de

devolución, ao Proxecto de lei da economía social de Galiza [doc. núm. 45722

(09/PL-000034)], en base ás seguintes consideracións:

O G.P. do BNG concorda na necesidade expresada na exposición de motivos do

proxecto de lei de poñer en valor a economía social, dotala da relevancia que merece

debido ás súas achegas á sociedade, e impulsar a súa capacidade de xerar un modelo de

desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentábel. Porén, o Proxecto de

Lei da Economía Social de Galiza non é o instrumento acaído para acadar estas metas,

xa que está baleiro de contido real e non vai supor ningunha mellora para o impulso do

chamado terceiro sector. O impulso deste proxecto por parte do goberno galego

responde á necesidade de agochar, pola vía dun suposto incremento da actividade

lexislativa, a falta de planificación, obxectivos e compromisos orzamentarios cara o

sector da economía social de Galiza, extensíbel ao conxunto da economía. Polo tanto,

son múltiples os motivos que nos levan a presentar esta emenda á totalidade, que van

dende a falta de coherencia entre a práctica política da Xunta de Galiza e exposto no

proxecto ate a falta de ambición do texto, e, xa que logo, o nulo recorrido das medidas

propostas.

Para o impulso da economía social necesítase unha estratexia transversal na

economía galega. De nada vale declarar medidas de fomento nunha lei cando o

conxunto de políticas da Xunta de Galiza vai en senso contrario, apostando pola

adxudicación de servizos a grandes corporacións mercantís e por primar o factor capital

en detrimento do humano. Ámbitos como a atención á infancia ou á dependencia serían

140837

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

propicios para impulsar a economía social, e mesmo observamos como en sectores

produtivos estratéxicos da nosa economía, como o agro ou a pesca, as entidades ligadas

á economía social deses sectores, lonxe de avanzaren e consolidárense como entidades

de referencia, esmorecen ante a indiferenza da Xunta de Galiza.

Contradicindo o discurso oficial do goberno sobre a austeridade, créase un novo

organismo, o Consello Galego de Economía Social, que agardemos que teña maior

utilidade que outros organismos análogos. Dá a sensación de que cada proxecto de lei

debe incluír a creación dun novo organismo para que o proxecto estea completo, porén,

a experiencia demostra que as máis das veces son completamente ineficaces.

As medidas propostas para impulsar a economía social resultan decepcionantes.

O contido do Capítulo IV, dedicado ao fomento da economía social, debería ser

fundamental para cumprir os obxectivos enunciados na exposición de motivos, pero

quedase nun gran brinde ao sol, nunha declaración de intencións valeira de contidos

reais. Enúncianse diferentes medidas para o fomento da economía social, máis con moi

escasa concreción e sen compromisos cuantitativos nin orzamentarios, e sen

concrecións temporais, claros indicativos do moi limitado alcance da norma.

Así, o artigo 14 contempla obxectivos xenéricos, sen que exista ningunha

orientación, medida ou estratexia concreta por parte da Xunta de Galiza, que pon a

pelota noutros tellados, ao instar a outras administracións a promocionar a economía

social, chegando mesmo no apartado 5 a propoñer que as entidades privadas

promocionen o fomento da economía social.

Os artigos 15 e 16 recréanse en obviedades, posto que no primeiro artigo citado

volve a recalcarse a relevancia da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a

economía social, cando esta xa foi creada para ese fin nun decreto do 2012. Mentres o

140838

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

segundo artigo citado remarca que na planificación de actividades (Cales?) de fomento

da economía social “terá en conta a existencia de programas europeos de colaboración”.

Por último, o artigo 17 sinala a necesidade de instrumentos financeiros para

promover o desenvolvemento de novas iniciativas de economía social e declárase o seu

fomento. Porén, o grao de concreción dunha cuestión tan relevante é totalmente nulo,

quedando polo tanto o artigo nunha mera declaración de intencións.

Xa que logo, non existe unha aposta pola economía social de xeito que esta sexa

un dos motores da economía galega, apostando por redimensionar un novo modelo de

desenvolvemento. A economía social é un piar fundamental no impulso dun modelo

económico de desenvolvemento sostíbel, na súa tripla dimensión, económica, social e

medioambiental.

A economía social é un piar fundamental no impulso dun modelo económico de

desenvolvemento sostíbel na súa tripla dimensión, económica, social e medioambiental.

Porén, queda claro que neste proxecto de lei non existe unha aposta pola economía

social, redimensionando o seu papel de xeito que esta sexa un dos motores da economía

galega.

Para rematar, centrarémonos no contido da Disposición Derradeira Terceira, que

modifica a lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galiza, para adaptala

ao marco contemplado na lei 20/2013, de garantía de unidade de mercado. Compre

recordar que esta foi unha lei impulsada polo goberno de Rajoy que tivo un marcado

carácter uniformizador e centralizador, supoñendo unha clara invasión ao marco

competencial autonómico, o que está a implicar que dende Galiza poidamos

desenvolver políticas propias en multitude de ámbitos.

Así mesmo, trata de adaptarse ás disposicións da Lei 17/2009 de 23 de

novembro, sobre o libre acceso as actividades de servizos e o seu exercicio e o resto de

140839

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

normativa que se derivou da adaptación á Directiva 2006/123/CE, relativa aos servizos

no mercado interior, coñecida como “Directiva Bolkestein”. Estas disposicións teñen

como obxectivo a total liberalización e mercantilización dos servizos, polo que é unha

lóxica oposta á da economía social, que, tal e como se cita na exposición de motivos,

“contribúe a un modelo sostíbel onde as persoas son máis importantes que o capital”,

polo tanto, é un contrasentido someter ao terceiro sector ás lóxicas mercantilistas

imperantes cando precisamente preténdese impulsar a economía social por saírse desas

lóxicas.

No proxecto de lei regúlase que a prestación de servizos sociais estará suxeita -

con carácter previo ao inicio da actividade- á presentación da correspondente

declaración responsábel ou comunicación previa, salvo excepcións por razóns de saúde

pública vinculadas coa garantía da axeitada atención e protección dos usuarios dos

servizos sociais na prestación de diversos servizos.

Polo tanto, das excepcións presentadas resulta evidente que a autorización

ofrece maiores garantías de atención axeitada e de protección dos usuarios de servizos

sociais que a declaración responsábel ou comunicación previa, polo que cremos

necesario que a autorización administrativa sexa a vía habitual do inicio da actividade

das entidades de servizos sociais.

Ademais, resulta totalmente alleo ao contido do proxecto de lei a inclusión desta

regulación, pois se ben existen entidades de economía social que actúan no ámbito dos

servizos sociais, esta disposición vai dirixida ao conxunto de entidades e empresas

prestadoras de servizos sociais, co que debería ir nunha reforma específica da normativa

de servizos sociais. Deste xeito preténdese aproveitar esta norma destinada en exclusiva

ás entidades de economía social para favorecer a implantación da privatización e

extensión da atención privada nos servizos sociais por calquera tipo de empresa, non só

das de carácter social, en realidade o que se afonda é na penetración das empresas

140840

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

mercantís no eido dos servizos sociais sen os controis administrativos que serían de

rigor, e tentando que esta discutíbel medida pase desapercibida ao aproveitar unha

iniciativa de fomento da economía social.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG propón a devolución deste

proxecto de lei.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2016

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Portavoz s. do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 12/02/2016 11:19:30

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 12/02/2016 11:19:39

140841

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu

portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da

Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte emenda á totalidade, con

expresa petición de devolución, ao Proxecto de lei da economía social de

Galicia (09/PL-000034, doc.núm. 45722) sobre a base das seguintes

consideracións:

A presentación do Proxecto de lei de economía social de Galicia prodúcese

nunha conxuntura política e económica adversa para os galegos e galegas.

O paro rexistrado en Galicia ascende de 228.808 persoas no mes de

decembro de 2015 a 236.447 persoas no mes de xaneiro de 2016, co que o

paro rexistrado sube en Galicia en 7.639 persoas 3,34 % máis con respecto

ao mes anterior. Foi a terceira Comunidade Autónoma onde máis medrou o

paro no mes de xaneiro.

O número total de contratos rexistrados pasa de 68.646 no mes de

decembro a 62.688 no mes de xaneiro, dos cales 57.127 (o 91,12 %) foron

de carácter temporal.

Con respecto á afiliación á Seguridade Social para o mes de xaneiro

recóllense 930.882 afiliacións en Galicia, 946.122 no mes de decembro, o

que significa 15.240 afiliacións menos que no mes anterior e 96.489 menos

que cando Feijóo chegou ao Goberno (1.027.371).

Non podemos polo tanto, facer interpretacións autocomplacentes da

situación do mercado laboral.

E o Proxecto de lei de economía social presentada polo Goberno de Galicia

non deseña os instrumentos imprescindibles para abordar medidas

eficientes de promoción da economía social nin aborda globalmente unha

política de competitividade económica para Galicia. Este Proxecto de lei da

economía social presentada, está lonxe dunha norma específica de impulso

da coñecida como economía social.

Este proxecto de lei non recolle enfoques que en algunhas leis de ámbito

estatal os e as socialistas consideramos importante mudar, como a

transposición da Directiva da Unión Europea sobre a contratación pública,

140842

Page 13: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

establecer un tratamento fiscal favorable para as empresas de economía

social, reforma da Lei de Cooperativas para facer máis operativo o seu

funcionamento, regulación da economía colaborativa económico e social,

entre outros.

Moitas das propostas nin tan sequera contan cos informes sectoriais das

consellerías competentes, onde se realice unha valoración sobre o impacto

e a oportunidade dos cambios propostos.

O Proxecto de lei da economía social mostra unha relevante ausencia de

fondos para cuestións fundamentais, non contempla novas medidas

efectivas de financiamento para as empresas, o seu principal problema,

dado que o proceso de reestruturación e saneamento das entidades de

crédito, ten derivado nunha forte restrición do crédito a familias e

empresas.

Abunda en diversos enunciados sen contido real nin eficacia empresarial,

non precisando medidas reais de actuación en ningún dos ámbitos que

pretende regular a lei.

Apréciase unha falta de concordancia entre o carácter xeral do título e

finalidade expresados na lei, por una banda, e o limitado alcance do seu

contido, pola outra. O título fai referencia xenérica ao sector da economía

social, e a finalidade expresa (artigo 2) é “recoñecer, fomentar e impulsar

as entidades que integran a economía social […]”. No substancial, o texto

legal redúcese á regulación da creación do Consello de Economía Social,

limitándose nos demais aspectos a enunciar meros principios

programáticos.

As facultades de actuación do Consello da Economía Social de Galicia

resultan excesivamente limitadas toda vez que se establece o carácter

facultativo da súa intervención tanto en relación con propostas normativas

como para a emisión de informes. Se a isto se engade o feito de que o

Consello non contará co orzamento necesario, dificúltase aínda máis a

posibilidade de levar a cabo outras das súas funcións como a elaboración

de estudos e propostas.

140843

Page 14: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por este motivo o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia considera

que este Consello debería contar coa suficiente capacidade económica que

lle permita o desenvolvemento das súas funcións.

Chama a nosa atención a retirada das organización sindicais e empresariais

máis representativas na conformación do Consello da Economía Social de

Galicia, mais cando inicialmente si estaban presentes no Anteproxecto de

lei da economía social de Galicia, e sobre todo cando está regulada esa

presenza no artigo 3.1 a) da Lei 17/2008, do 29 de decembro, de

participación institucional no que se establece:

Artigo 3º.- Ámbito de aplicación.

1. A participación institucional establecida nesta lei será

aplicable respecto dos órganos de asesoramento e

participación, e nos termos nos que a normativa específica

de cada entidade ou organismo público así o estableza, nos

seguintes ámbitos de intervención:

a. Entidades e organismos públicos integrados na

Administración da Xunta de Galicia que teñan

atribuídas competencias en materias de carácter

laboral, social ou económico.

Inclúense todas aquelas entidades ou organismos

públicos que teñan competencias en materia de

traballo, emprego, formación profesional, economía

social, políticas de igualdade, emigración e

inmigración vinculada ao mercado de traballo e, en

xeral, calquera outra materia de relevancia laboral

ou social”.

Supón tamén unha clara contradición co estipulado na Lei estatal 5/2011,

do 29 de marzo, de economía social, que no seu artigo 9 “Consejo para el

Fomento de la Economía Social”, si contempla no seu apartado 3 a

presenza dos interlocutores sociais máis representativos.

Así pois, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia considera

inaceptable a regulación da participación institucional contemplada neste

proxecto de lei que omite a participación das organizacións sindicais e

140844

Page 15: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

empresariais máis representativas, polo que solicita que se adapte ao marco

legal vixente.

A reforma da normativa de Servizos Sociais que se prevé no anteproxecto

debería terse realizado logo do oportuno debate coas entidades que

participan no Consello Galego de Benestar, xa que afecta especialmente a

entidades prestadoras deste tipo de servizos e abórdase propiamente como

unha reforma da normativa de servizos sociais e non como disposicións

adicionais, transitorias ou derradeiras dunha norma que non foi remitida

previamente ás entidades con significativa representatividade de colectivos

destinatarios dos servizos sociais.

O réxime transitorio do texto carece dunha clara falla de concreción á hora

de fixar os correspondentes prazos de desenvolvemento contribuíndo a

crear inseguridade xurídica. Por este motivo, o Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia considera que o texto debería fixar prazos para o seu

desenvolvemento e que estes foran os máis curtos posibles.

Por todas estas razóns, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

solicita a devolución do Proxecto de lei da economía social de Galicia.

Pazo do Parlamento, 12 de febreiro de 2016

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Jose Luis Méndez Romeu na data 12/02/2016 14:06:29

140845

Page 16: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (EU-

ANOVA), a iniciativa da súa deputada e portavoz suplente Eva Solla

Fernández, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte emenda á totalidade, de devolución, ao Proxecto de lei de

economía social de Galicia, doc. núm. 45722 (09/PL-000034), polos

seguintes motivos:

A crise-estafa ten causado devastadores efectos sobre os dereitos da clase

traballadora e da cidadanía en xeral. Devastadores, porque as restricións

económicas impostas traducíronse nun deterioro dos servizos públicos e xa

que logo de moitos dereitos, pero tamén porque a situación foi aproveitada

para modificar a lexislación vixente en moitas materias chave, coma o

emprego, a xustiza ou a protección social.

Todas estas contrarreformas certificaron o esgotamento do modelo político e

de Estado, atacando frontalmente o cumprimento dos dereitos fundamentais da

propia Constitución, xa comprometida previamente ao inicio da mesma crise-

estafa.

Estas circunstancias certifican o sometemento da cidadanía á economía e non

ao revés, tal e como debera ser, para que que servise para mellorar a calidade

de vida do pobo e camiñar nunha redistribución da riqueza en aras do ben

común.

Neste senso, cabe destacar o importante papel que a Economía Social podería

ter na democratización da economía. Non só de cara á inclusión de sectores

máis pobres ou discriminados da nosa sociedade dende o punto de vista

económico, se non como axente activo na construción dun novo modelo de

140846

Page 17: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

desenrolo, no que a comunidade organizada sexa actor propio como axente de

transformación social.

O Proxecto de Lei presentado semella camiñar no sentido contrario, fixando

coma corpus central a competitividade no marco económico para as entidades

sociais en troques de ter coma finalidade o beneficio comunitario.

Sucede o mesmo no marco democrático. O modelo adoptado para o Consello

da Economía Social non está encamiñado a favorecer as sinerxias das

cooperativas, asociacións e entidades e a súa participación activa coma

axentes independentes para unha mudanza social e económica; Senón que

semella pensado para non favorecer a independencia e incrementar a

burocracia nun marco controlado pola Administración. Un modelo moi lonxe do

que debera ser a Economía Social.

Finalmente, o contido da Lei é bastante pobre, non articulando os mecanismos

reais de participación das entidades na Economía real da Autonomía e non

intervindo sobre as garantías dos dereitos laborais nas entidades. É dicir,

queda patente, que a intención non é en ningún caso modificar o modelo social,

de participación democrática ou económico dando protagonismo á Economía

Social, se non fomentar nela un caracter asistencialista e de sustitución das

obrigas da administración na creación de emprego.

Xa que logo, en aras de construir de forma paritcipada unha Lei que sí garanta

estes principios, solicítase a devolución do Proxecto de lei de Economía Social

de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2016.

Asdo. Eva Solla Fernández

Deputada e Portavoz S. do G.P. da AGE.

140847

Page 18: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 12/02/2016 14:27:54

140848

Page 19: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAESTRUTURA

1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS

1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA

1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS

1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL

1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA

1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO

1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO

1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN

1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS

1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS

1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO

1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN

2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNO INTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO

3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS

4.1. INFORMACIÓNS4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS

Page 20: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo: Cualificación de emendas á totalidade - 45722 (09/PL-000034)

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727