Ciencias Sociais. Historia. 4º ESO - edu.xunta.gal · Historia. 4º ESO 1. CONTIDOS TEMA...

12
Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16 1 Ciencias Sociais. Historia. 4º ESO 1. CONTIDOS TEMA 1.-ABSOLUTISMO E ILUSTRACIÓN Contidos Conceptos Procedementos Actitudes O apoxeo do Estado absoluto. O modelo da monarquía absoluta e o exemplo de Francia. O modelo da monarquía parlamentaria e o exemplo de Inglaterra. As ideas dos ilustrados. A difusión das ideas ilustradas. A aplicación política das ideas ilustradas: o despotismo ilustrado. O equilibrio europeo e as guerras sucesorias das monarquías durante o século XVIII. A loita polos dominios coloniais das potencias europeas. A crise da sociedade estamental. A organización do Estado absolutista. Absolutismo e reformismo borbónico. A organización do Estado absolutista. A Ilustración e os ilustrados en España. A influencia política da Ilustración e o reformismo de Carlos III. O reformismo borbónico en Galicia. A Ilustración e os ilustrados en Galicia. Características e artistas da arte rococó. Características e artistas da arte neoclásico. A sociedade estamental española no século XVIII. Lectura e interpretación de textos históricos. Obtención de información a partir de imaxes. Lectura e interpretación dun mapa político. Análise dun mapa de fluxos. Lectura e interpretación dun plano. Interpretación e análise de obras de arte. Concreción dun tema de síntese e organización da información. Investigación sobre un tema e redacción dunha síntese. Valoración crítica do intercambio desigual no comercio triangular.

Transcript of Ciencias Sociais. Historia. 4º ESO - edu.xunta.gal · Historia. 4º ESO 1. CONTIDOS TEMA...

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

1

Ciencias Sociais. Historia. 4º ESO

1. CONTIDOS

TEMA 1.-ABSOLUTISMO E ILUSTRACIÓN

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes O apoxeo do Estado absoluto. O modelo da monarquía absoluta e o exemplo de Francia. O modelo da monarquía parlamentaria e o exemplo de Inglaterra. As ideas dos ilustrados. A difusión das ideas ilustradas. A aplicación política das ideas ilustradas: o despotismo ilustrado. O equilibrio europeo e as guerras sucesorias das monarquías durante o século XVIII. A loita polos dominios coloniais das potencias europeas. A crise da sociedade estamental. A organización do Estado absolutista. Absolutismo e reformismo borbónico. A organización do Estado absolutista. A Ilustración e os ilustrados en España. A influencia política da Ilustración e o reformismo de Carlos III. O reformismo borbónico en Galicia. A Ilustración e os ilustrados en Galicia. Características e artistas da arte rococó. Características e artistas da arte neoclásico. A sociedade estamental española no século XVIII.

Lectura e interpretación de textos históricos. Obtención de información a partir de imaxes. Lectura e interpretación dun mapa político. Análise dun mapa de fluxos. Lectura e interpretación dun plano. Interpretación e análise de obras de arte. Concreción dun tema de síntese e organización da información. Investigación sobre un tema e redacción dunha síntese.

Valoración crítica do intercambio desigual no comercio triangular.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

2

TEMA 2 .- A CRISE DO ANTIGO RÉXIME

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes As causas da revolución. A guerra de Independencia. A formación dos Estados Unidos de América. As causas da Revolución. O proceso revolucionario. A I República. A Convención e o Directorio. A chegada ao poder. A política interna. O imperio. O Congreso de Viena. A Santa Alianza Cambios conxunturais e estruturais relativos ás revolucións francesa e americana.

Lectura e interpretación dun esquema. Lectura e análise dunha fonte primaria. Elaboración dunha síntese explicativa. Lectura e interpretación dun mapa. Identificación de conxunturas e estruturas.

Valoración da Declaración dos Dereitos do Home como unha conquista histórica para a época.

TEMA 3.-LIBERALISMO E NACIONALISMO

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes

O liberalismo. As ideas nacionalistas. O concepto de nación. As revolucións de 1820, 1830 e 1848. Balance das revolucións. A unificación italiana. A unificación alemá. O conflito dos Balcáns no século XIX.

Elaboración dun esquema. Lectura e análise dunha fonte primaria. Lectura e interpretación dun mapa. Elaboración de mapas históricos temáticos.

Valoración do concepto de Estado--nación propugnado polo nacionalismo con respecto á situación actual.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

3

TEMA 4.-A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes

Os precedentes da revolución agraria e a revolución demográfica. As causas da Revolución Industrial. As novas industrias téxtil e siderúrxica. A expansión da industrialización por Europa. A revolución dos transportes. O desenvolvemento de transportes baseados no vapor: o ferrocarril e o barco de vapor. O desenvolvemento de novos transportes: o automóbil e o avión. Un novo modelo económico. O librecambismo e o capitalismo industrial. O capitalismo financeiro. A transformación da sociedade. A preeminencia da burguesía. As difíciles condicións de vida do proletariado. As orixes do movemento obreiro. O socialismo e o anarquismo: características e principais teóricos. A Internacional Obreira. A segunda revolución industrial. As novas fontes de enerxía e as novas industrias. Os novos sistemas de produción. A expansión da industrialización: as novas potencias industriais. As condicións de vida dos obreiros no século XIX.

Lectura e interpretación de mapas temáticos. Lectura e interpretación de textos históricos.

Valoración crítica das desigualdades económicas do sistema capitalista. Valoración crítica das marcadas desigualdades sociais no século XIX.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

4

TEMA 5.-ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX.

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes

O reinado de Carlos IV. A guerra da Independencia. As Cortes e a Constitución de Cádiz. O reinado de Fernando VII (1814-1843). A independencia das colonias americanas. A rexencia de María Cristina (1833-1840). A rexencia de Espartero (1840-1843). O reinado de Isabel II (1843-1868). O sexenio democrático (1868-1874). A Primeira República (1873-1874). Federalismo e cantonalismo. O sistema político da Restauración. A estabilidade gobernamental. A crise de 1898. A intervención de Estados Unidos. As consecuencias do conflito. Continuidade dunha economía agraria. O proceso de industrialización. O ferrocarril. O mundo rural. As transformacións sociais. O movemento obreiro. A sociedade de clases. A condición social da muller. As migracións. A emigración ás cidades nos séculos XIX e XX. A guerra da Independencia en Galicia. Os pronunciamentos en Galicia. O movemento galeguista. A desamortizaciín galega.

Lectura e análise dunha fonte primaria. Utilización da rede Internet para a busca de información. Elaboración dun esquema. Elaboración dunha síntese explicativa. Lectura e análise dunha fonte secundaria. Análise de datos estatísticos. Determinación de causas e consecuencias. Comparación de feitos históricos similares en épocas distintas.

Interese por coñecer a orixe das desigualdades sociais e as difíciles condicións de vida dos obreiros no século XIX en España. Valoración das dificultades e as malas condicións de vida da poboación inmigrante en diferentes momentos históricos.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

5

TEMA 6.-IMPERIALISMO E PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL.

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes Colonialismo e imperialismo. As causas do colonialismo. As etapas da expansión colonial. A colonia e outras formas de dominación colonial. As consecuencias do colonialismo. Os imperios coloniais europeos. Os imperios coloniais non-europeos. As causas da Primeira Guerra Mundial. A Paz Armada. Os países belixerantes. A fase da guerra de movementos. A fase da guerra de posicións. A crise de 1917. A vitoria da Entente. A guerra total. As consecuencias da guerra. As causas e as consecuencias da Primeira Guerra Mundial.

Lectura e análise dunha fonte secundaria. Obtención de información a partir de imaxes. Lectura e interpretación dun mapa histórico. Redacción dunha síntese temática.

Actitude crítica ante as consecuencias demográficas, sociais, económicas e culturais do colonialismo. Rexeitamento da guerra e toda solución violenta dun conflito. Valoración crítica das consecuencias das guerras e das actitudes intolerantes.

CULTURA E ARTE NO SÉCULO XIX

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes Pautas para a análise dunha obra de arte. O Romanticismo. O Realismo. A renovación da arquitectura. O Impresionismo. A arte posimpresionista. O progreso científico-técnico e o seu impacto social. A nova mentalidade consumista. Progreso e reivindicacións sociais. Novas formas de difundir a cultura. A arte fauvista e a cubista. A arte expresionista. A arte futurista. A abstracción. Romanticismo, Realismo e Impresionismo. Francisco de Goya. O Modernismo. A arquitectura do século XIX. A ciencia e a investigación.

Análise dunha obra de arte. Lectura e interpretación de obras pictóricas. Obtención de información histórica a partir de fotografías e ilustracións. Lectura e interpretación de obras pictóricas e escultóricas. Lectura e interpretación de obras pictóricas e arquitectónicas.

Valoración da importancia do progreso científico e técnico na mentalidade occidental.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

6

TEMA 7.- O MUNDO DE ENTREGUERRAS.

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes A decadencia da Rusia tsarista. A evolución de 1917. Cara á creación da URSS. A época de Stalin. A organización da paz logo da Gran Guerra. A Sociedade de Nacións. A aparición dos totalitarismos. Que é o fascismo. Causas do ascenso de Mussolini ao poder. O Estado fascista italiano. Da crise de posguerra á prosperidade. A nova sociedade de consumo. Os desequilibrios económicos. A Gran Depresión. As consecuencias do New Deal. Que é o nacionalsocialismo. A chegada de Hitler ao poder. O Terceiro Reich alemán. A vida cotiá na Gran Depresión. Os tipos de fonte de información.

Lectura e interpretación dun mapa político de Europa. Lectura e interpretación dun texto histórico. Obtención de información a partir de imaxes. Lectura e interpretación de gráficas.

Valoración crítica das consecuencias dunha guerra. Rexeitamento das ideoloxías que defenden algún tipo de discriminación.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

7

TEMA 8.- ESPAÑA E GALICIA. 1902-1939.

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes O colapso político. A conflitividade sociopolítica. A ditadura de Primo de Rivera. A proclamación da República. As institucións republicanas. O bienio reformista. O bienio conservador. O goberno da Fronte Popular. Evolución das Cortes durante a Segunda República. Do golpe de Estado á Guerra Civil. Os bandos enfrontados. O bando sublevado. O bando republicano. O desenvolvemento da guerra. Dimensión internacional. As Brigadas Internacionais. Consecuencias da guerra. España: cambio e permanencia no primeiro terzo do século XX. Galicia no primeiro terzo do século. O Estatuto de Autonomía de 1936. Consecuencias da Guerra Civil en Galicia.

Lectura e análise dunha fonte primaria. Determinación de causas e consecuencias. Utilización da rede Internet para a busca de información. Elaboración dun eixe cronolóxico. Elaboración dun informe. Lectura e interpretación dun mapa. Elaboración dun esquema. Identificación dos elementos de cambio e permanencia.

Valoración crítica das consecuencias da Guerra Civil e das actitudes intolerantes. Actitude de rexeitamento ante formas de goberno autoritarias e da guerra como mecanismo de solución de conflitos.

TEMA 9.- A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL.

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes As causas da guerra. O expansionismo dos Estados autoritarios. O inicio do conflito. A conquista de Europa por Alemaña. A mundialización do conflito. A vitoria en Europa. A vitoria no Pacífico. O balance da guerra. O impacto demográfico, moral e económico. A preparación da paz. A bomba atómica sobre Hiroshima e Nagasaki.

Determinación de causas. Lectura e interpretación dun mapa. Lectura e análise dunha fonte primaria. Utilización da rede Internet para a busca de información. Elaboración dun esquema. Interpretación de táboas de datos. Comparación de textos históricos sobre un mesmo feito.

Valoración crítica das consecuencias da guerra e das actitudes intolerantes, e recoñecemento da importancia do diálogo como vía para a solución de conflitos. Valoración crítica das consecuencias da guerra. Rexeitamento da violación dos dereitos colectivos.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

8

TEMA 10.- A GUERRA FRÍA

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes A guerra fría A formación de bloques. As etapas da guerra fría. A carreira armamentística. Estados Unidos, unha superpotencia. As democracias europeas. Xapón, unha potencia moderna. As democracias populares. A desestalinización. A contestación á hxgemonía soviética. China e Cuba. As causas da descolonización. As vías e as etapas. As consecuencias da descolonización. A Conferencia de Bandung. As guerras de Corea e Indochina. As crises da Canle de Suez, de Berlín e dos misiles de Cuba. As guerras árabe-israelís. A guerra de Afganistán. A guerra de Vietnam.

Lectura e análise dunha fonte primaria. Lectura e interpretación dun mapa. Elaboración dun informe. Análise de películas históricas.

Respecto e valoración crítica de actitudes e formas de vida de persoas ou grupos pertencentes a sociedades ou culturas distintas á propia. Actitude de rexeitamento cara ás solucións violentas dos conflitos, e actitude favorable á súa solución pacífica por medio da negociación e o diálogo. Valoración crítica das consecuencias da guerra.

TEMA 11.- ECONOMÍA E SOCIEDADE. 1945-1989.

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes Unha fase de gran crecemento. O consumismo. Contradicións e axitación social. Do Plan Marshall á CEE. A creación da UE. O sistema comunista na Europa oriental. Os intentos de reforma. O comunismo chinés. Cara a unha apertura controlada. A explotación neocolonial. O subdesenvolvemento. Trazos dos países subdesarrollados. O inicio da crise. As consecuencias da crise. A recesión económica. Os datos estatísticos: formas de representalos e utilidade.

Observación e descrición de fotografías históricas. Elaboración dun informe. Lectura e análise dunha fonte primaria. Elaboración dunha táboa. Elaboración dun esquema. Observación e interpretación dun gráfico. Utilización da rede Internet para a busca de información. Análise de datos estatísticos.

Comprensión do alcance global dos problemas sociais e económicos dos países menos desenvolvidos e adopción dunha actitude solidaria con eles.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

9

TEMA 12.- ESPAÑA E GALICIA. 1939-SÉCULO XXI.

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes O franquismo, unha ditadura totalitaria. Adaptación á conxuntura internacional. A política económica: intervencionismo e autarquía. Tecnócratas e reformistas. A oposición ao réxime. O desenvolvismo económico. A crise política do réxime franquista. A crise económica. As postrimerías do réxime franquista. Os inicios da transición á democracia. A reforma política. A Constitución de 1978. A consolidación da democracia. A alternancia no poder. O proceso de descentralización do Estado. O funcionamento autonómico. Galicia: do franquismo á democracia. A historia oral como fonte de información histórica. A vida cotiá na España franquista.

Lectura e interpretación dun esquema temático. Lectura e interpretación dun texto histórico. Obtención de información histórica a partir de debuxos e caricaturas de prensa. Elaboración dun eixe cronolóxico. Lectura e análise dun texto legal. Lectura e interpretación dun mapa político de España. Obtención de información histórica a partir de debuxos. Obtención de información histórica a partir da realización de entrevistas.

Actitude de rexeitamento ante as formas de goberno autoritarias. Valoración dos principios e as institucións democráticas como instrumentos para convivir en liberdade e de xeito pacífico.

TEMA 13.- O MUNDO ACTUAL

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes A fin do bloque do Leste. A implosión da URSS. As novas fronteiras europeas. A nova orde. A tentación do unilateralismo. Cara a un mundo multipolar? Os novos conflitos. O control das fontes de enerxía. Nunha economía globalizada. Nos organismos internacionais. A proxección cultural. O conflito árabe-israelí. A guerra de desintegración da antiga Iugoslavia.

Elaboración dun eixe cronolóxico. Lectura e interpretación de mapas políticos. Lectura e interpretación de textos primarios. Lectura e interpretación de mapas temáticos. Lectura e interpretación de datos estatísticos. Lectura e interpretación dunha gráfica económica. Realización de traballos de sínteses tras a busca de información e a consulta de diversas fontes.

Valoración da importancia da paz no mundo, rexeitamento das solucións violentas aos conflitos, e defensa da súa solución pacífica por medio da negociación e o diálogo. Interese en buscar no pasado as orixes dos feitos do presente.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

10

CULTURA E ARTE NO SÉCULO XX

Contidos

Conceptos Procedementos Actitudes O progreso científico. A arquitectura. Unha nova arte: o cine. A arte surrealista. A renovación da literatura. Os faladoiros literarios. A pintura e a escultura. A arquitectura. O impacto do desenvolvemento científico e tecnolóxico. Cara a un desenvolvemento sostible. A cultura na segunda metade do século XX. Os mass media e a súa influencia. As segundas vanguardias. Arquitectura e urbanismo na segunda metade do século XX. A arte e as novas tecnoloxías. As feiras de arte e os grandes museos. Últimas tendencias pictóricas. Unha literatura sometida á censura. O cine. A pintura e a escultura. A arquitectura. A cultura de masas. Literatura e cine sen censura. A arquitectura posmoderna. A pintura e a escultura. A sociedade actual.

Lectura e interpretación de obras arquitectónicas e pictóricas. Lectura e interpretación de obras escultóricas. Obtención de información histórica a partir de fotografías e ilustracións. Lectura e interpretación de obras pictóricas. Elaboración de traballos de investigación. Realización de debates.

Valoración da importancia do progreso científico e técnico na mentalidade occidental.

2. SECUENCIACIÓN Y TEMPORALIZACIÓN

1º Trimestre: Setembro-Decembro

Temas do 1 ao 5.

2º Trimestre: Xaneiro-Marzo

Temas do 6 ao 9.

3º Trimestre: Abril-Xuño

Temas do 10 ao 13.

3. METODOLOXÍA

O método de traballo pretende ser sistemático sen caer na monotonía.

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

11

Todas as unidades requiren unha explicación da profesora que será descritiva, en algunhas ocasións, ou máis proposicional (propoñendo unha situación de conflito e deducindo a maneira de solucionalo).

A empatía estará presente no día a día do alumno. O profesor propoñerá constantemente viaxes no tempo para poñernos no lugar dos protagonistas da historia ( sobre todo dos anónimos).

Para acompañar ás explicacións faremos uso de presentacións en power point, lectura de textos, e frecuentes intervencións do alumnado.

A profesora volverá unha e outra vez aos contidos mínimos das unidades anteriores o que axudará a os alumnos que non superaron no seu momento os contidos básicos da cada unidade.

Para introducirnos nalgúns temas dun xeito máis lúdico ou motivador recorreremos ao visionado de DVDs históricos, documentais, fragmentos de películas, fragmentos radiofónicos e páxinas web con hot patatoes, xogos e outras propostas interactivas.

4. CRITERIOS AVALIACION

Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia.

Identificar as causas e consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecendo conexións entre elas e recoñecendo a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais.

Expoñer as características sociais, económicas e políticas do Antigo Réxime derivando delas as transformacións que se producen en Europa no século XVIII e explicando os trazos significativos do reformismo borbónico en España e en Galicia.

Identificar os trazos fundamentais das revolucións industriais e liberal-burguesas, valorando os grandes procesos de transformación que experimentou o mundo occidental, e analizando as particularidades destes procesos en España e Galicia en comparación con outros exemplos representativos.

Explicar as razóns da hexemonía política e económica dos países europeos desde a segunda metade do século XIX, identificando os conflitos e problemas que caracterizan estes anos, tanto entre como dentro dos estados, especialmente os relacionados coa expansión colonial e coas tensións sociais políticas.

Caracterizar e situar cronolóxica e xeográficamente as grandes transformacións e conflitos mundiais que tiveron lugar na primeira metade do século XX.

Analizar os procesos de cambio desde a segunda metade do século XX, e aplicar este coñecemento á comprensión dalgúns dos problemas internacionais máis destacados da actualidade.

Identificar e caracterizar as distintas etapas da evolución política, social e económica de España e de Galicia durante o século XX e os avances e retrocesos no camiño cara á modernización económica, á consolidación do sistema democrático, e á pertenza á Unión Europea.

Realizar traballos individuais e en grupo sobre algún foco de tensión política ou social no mundo actual, indagando os seus antecedentes históricos, analizando as causas e previndo posibles

Programación do Departamento de Ciencias Sociais. Curso 2015-16

12

desenlaces, utilizando para iso diversas fontes de información, incluídas as que permitan obter interpretacións diferentes ou complementarias dun mesmo feito.

Realizar en pequeno grupo unha investigación no contorno sobre algún aspecto da historia recente, utilizando fontes orais que permitan traballar aspectos de vida cotiá e memoria histórica, e procurar conectalos a contextos máis amplos, sendo capaz de expoñer e defender as súas conclusións.

4.1 CRITERIOS DE CUALIFICACION

No segundo ciclo de ESO realizaranse, como mínimo, dúas probas escritas por cada avaliación.

A media destas probas constituirá o 60% da cualificación da avaliación. O 40% restante obterase do actitude na mesma, o traballo, a puntualidade, e a boa expresión lingüística.

Só poderá repetirse o exame o alumnado que presente xustificante oficial sobre as causas da súa falta de asistencia.

O final da terceira avaliación , realizarase un exame de recuperación para o alumnado que non obtivera unha cualificación positiva en algunha das avaliacións. Non obstante o profesor poderá levar a cabo outras fórmulas que considere mais axeitadas as características do su alumnado . En setembro realizarase unha avaliación extraordinaria para aquel alumnado que non obtivera unha cualificación positiva en xuño con toda a materia. A estes alumnos/as se lles proporcionará una guía de traballo para elaborar durante o verán.

4. 2. MINIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA

Coñecemento das características do Antigo Réxime.

Valoración da época da Ilustración.

Analizar os principios do liberalismo político e as revolucións liberais .

Revolución nos EEUU, Revolución francesa , expansión napoleónica. Proceso constitucional español.

Coñecer a evolución política dende a caída de Napoleón ata 1870: Restauración, liberalismo e nacionalismo

Estudo do proceso dos cambios dos anos 1870 : Imperialismo, industrialización, movementos obreiros.

Coñecemento do mundo que condicionou a Primeira Guerra Mundial, os movementos totalitarios (fascismo e comunismo) e a Segunda Guerra Mundial.

Analizar, de forma breve, o mundo despois da Segunda Guerra Mundial: a bipolaridade.

Coñecer a chegada ó mundo actual

Análise de textos históricos, mapas, gráficos.

Coñecemento e uso da linguaxe específica da materia.

Análise de imaxes históricas e artísticas.