Climas e paisaxes climáticos calidos

23
Climas do Mundo.

Transcript of Climas e paisaxes climáticos calidos

Climas do Mundo.

Zonas climáticas

Climas Cálidos.

• Clima ecuatorial.

• Clima tropical.

• Clima desértico.

Clima Ecuatorial

CLIMA ECUATORIAL.

Clima Ecuatorial.1. Localización. Atopámonos este tipo de clima por onde pasa o ecuador en: América (Cunca do Amazonas e gran parte de América Central), África (Cunca do Congo, Costa Noroeste do Golfo de Guinea e Costa Este de Madagascar) e a maior parte das illas do Sudeste Asiático.2. Temperaturas. Altas o redor dos 25º C e constantes o longo de todo o ano, cunha escasa oscilación térmica anual.3. Precipitacións. Abundantes ó longo de todo o ano.4. Paisaxe vexetal. Esta vexetación é moi exuberante e moi mesta. A tipo de vexetación máis típico é a selva, propiciada polo calor e unhas precipitacións moi abundante. A selva descríbese como unha vexetación moi mesta e case impenetrable que se organiza en pisos: no primeiro piso, arbustos e herbas colocadas no chan; no segundo piso, arbores; e no terceiro piso, arbores enormes que chegan os 30 ou 40 m de altura. Tamén atopamos plantas parasitas (musgos, liquenes, lianas, etc..) que se sitúan entre os pisos.

Clima Ecuatorial

Clima Ecuatorial.

Clima Ecuatorial

CLIMA TROPICAL.

Clima Tropical.

Clima Tropical.Localización. Este clima aparece a medida que nos distanciamos do ecuador, motivo polo que se sitúa o Norte e Sur do Clima Ecuatorial. Tendo presencia en América, África e Noroeste de Australia.

Temperaturas. Altas durante todo o ano, pero son máis altas no verán debido a inclinación dos raios solares.

Precipitación. Son abundantes o longo do ano, pero atopamos a existencia de dúas estacións, marcada pola importancia das precipitacións: estación chuviosa (que será onde se produzan a maioría das precipitación, coincide co verán) e estación seca (onde as precipitacións son escasas e coincide co inverno).

Paisaxe vexetal. Destaca a existencia da Sabana, que dependendo da duración da estación seca poden verse dúas variantes: sabana arbolada, na que aparecen un bosque disperso e con arbores máis adaptados a sequidade; e a sabana herbácea. Esta última destaca pola existencia de una vexetación herbácea que na estación húmida pode chegar os dous metros de altura, que na estación seca morre pola ausencia de auga.

Clima Tropical

Clima TropicalSabana.

Bosque en Galeria

Sabana

Bosque en Galeria

Clima Tropical Monzónico.Localización. Atopase no Sudeste asiático, ocupando gran parte da India, Indochina e Sur de China.

Precipitacións. Repártense de modo desigual o longo do ano. Aparece en primeiro lugar unha Estación Chuviosa, no que se dan enormes precipitacións. Estas enormes precipitacións que provoca o desbordamento dos ríos e asolagamentos.

En segundo lugar, esta a Estación Seca, na que as precipitacións son moito menos abundantes e nalgúns casos inexistentes. Nesta estación as precipitacións provoca que os ríos cambien o seu caudal.

Temperaturas. As temperaturas son altas, pero presentan unha clara oscilación térmica o longo do ano, producido pola inclinación dos raios de sol.

Paisaxe Vexetal . Oscila entre vexetación típica de selva ou sabana, dependendo da duración da estación chuviosa.

Os MonzónsMecanismos dos Monzóns.

Os monzóns son o nome que reciben os ventos nesta zona. A peculiaridade xeográfica desta zona, fronte o Océano Indico e a súa situación na zona ecuatorial provocou una peculiaridade climática. Durante o verán, a consecuencia das altas temperaturas, prodúcese unha forte evaporación de auga nas zonas mariñas. Esta humidade é transportada polos ventos procedentes do Sudoeste no verán, provocando o Monzón do Verán, que cando chegan a terra descargan unhas enormes precipitacións.

No inverno cambian as tornas, e o vento precede dende o continente, que é seco e frío. Este produce o Monzón de Inverno.

CLIMA DESÉRTICO.

Clima Desertico.

Clima Desértico.Localización. Situase ó redor dos trópicos, e nas zonas máis afastadas do ecuador. Neste podemos atoparnos: o Sahara (ocupando gran parte do Norte de África), Centro de Australia e Rexión costeiras de África e América (causada polas correntes mariñas frías que chegan ata as súas costas).

Precipitacións. Escasa durante todo o ano ou nulas.

Temperaturas. As temperaturas son altas, pero cunha alta oscilación térmica anual. Pero tamén teñen unha alta oscilación térmica diaria, que no verán pode chegar os 40º C diarios.

Paisaxe Vexetal. A penas existe. Aínda que cando aparece esta composta de matos espiñosos.

Clima Desértico