Convivencia na rúa

2
Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de xaneiro (08/01/2016) Convivencia na rúa Moción presentada para que o Concello de Ourense avance na redacción dunha normativa específica que regule as actividades en rúa protexendo a convivencia harmónica da veciñanza coa libre expresión artística EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: PREÁMBULO: Dende Ourense en Común entendemos a cultura como un dereito fundamental. Así é que practicamos e defendemos a denominada Democracia Cultural, aquela que fai posible que a cidadanía pase de simple consumidor ou espectador a axente creador. A acción da administración municipal debe camiñar cara a socialización do coñecemento e a eliminación total de barreiras de acceso á participación, programacións ou expresións culturais, de calquera natureza (escénica, musical, artística, etc.). Débese polo tanto apoiar o xenio creador existente en Ourense na procura do ben común lembrando a responsabilidade que supón a xestión cultural da que no seu día foi coñecida como Atenas de Galicia. DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN O día 23/12/2015 entregábase por rexistro do Concello de Ourense un escrito do Observatorio para a defensa de dereitos e liberdades (ESCULCA) que, amparado no artigo 17 da Lei 19/2013 de 9 de decembro de Transparencia, bo goberno e acceso a información, expuña: (...) en datas recentes o noso Observatorio tivo coñecemento que varias persoas que teñen como actividade á de músicos de rúa e desenvolven o seu traballo na Rúa do Paseo da cidade de Ourense foron requiridos polo Policía Local a abandonar a devandita localización. Algún dos afectados acudiu ao concello a fin de solicitar explicación da devandita actuación e de ser posible, solicitar información verbo da licenza precisa para exercitar o seu traballo na Rúa do Paseo, como viña realizando, sinalando a información facilitada que non hai prevista a concesión de autorizacións dese tipo. Tendo en conta que hai persoas que seguen a exercer a devandita actividade na Rúa do Paseo e que a fin de esclarecer unha eventual actuación infractora do principio de igualdade de trato (...) ao abeiro da lei invocada [solicita] que se expida a seguinte información: 1º) Detalle de actuacións da POLICIA LOCAL no mes de decembro de 2015 requirindo a músicos ambulantes o abandono da súa actividade na Rúa do Paseo, data, hora de actuación, motivación da mesma e normativa invocada na acta que se plasmara na actuación. 2º) De existir, contido da orde de servizo da devandita actuación. 3º) Criterios de concesión de licencias ou autorización para a actividade de músico de rúa na devandita Rúa do Paseo

description

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de xaneiro (08/01/2016) Moción presentada para que o Concello de Ourense avance na redacción dunha normativa específica que regule as actividades en rúa protexendo a convivencia harmónica da veciñanza coa libre expresión artística

Transcript of Convivencia na rúa

Page 1: Convivencia na rúa

Moción do Grupo Municipal Ourense en

Común a presentar no pleno ordinario do mes

de xaneiro (08/01/2016)

Convivencia na rúa

Moción presentada para que o Concello de Ourense avance na redacción dunha normativa

específica que regule as actividades en rúa protexendo a convivencia harmónica da veciñanza coa

libre expresión artística

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

PREÁMBULO:

Dende Ourense en Común entendemos a cultura como un dereito fundamental. Así é que

practicamos e defendemos a denominada Democracia Cultural, aquela que fai posible que a cidadanía pase

de simple consumidor ou espectador a axente creador.

A acción da administración municipal debe camiñar cara a socialización do coñecemento e a

eliminación total de barreiras de acceso á participación, programacións ou expresións culturais, de calquera

natureza (escénica, musical, artística, etc.). Débese polo tanto apoiar o xenio creador existente en Ourense

na procura do ben común lembrando a responsabilidade que supón a xestión cultural da que no seu día foi

coñecida como Atenas de Galicia.

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

O día 23/12/2015 entregábase por rexistro do Concello de Ourense un escrito do Observatorio para

a defensa de dereitos e liberdades (ESCULCA) que, amparado no artigo 17 da Lei 19/2013 de 9 de

decembro de Transparencia, bo goberno e acceso a información, expuña:

“(...) en datas recentes o noso Observatorio tivo coñecemento que varias persoas que teñen como

actividade á de músicos de rúa e desenvolven o seu traballo na Rúa do Paseo da cidade de Ourense foron

requiridos polo Policía Local a abandonar a devandita localización. Algún dos afectados acudiu ao concello a

fin de solicitar explicación da devandita actuación e de ser posible, solicitar información verbo da licenza

precisa para exercitar o seu traballo na Rúa do Paseo, como viña realizando, sinalando a información facilitada

que non hai prevista a concesión de autorizacións dese tipo.

Tendo en conta que hai persoas que seguen a exercer a devandita actividade na Rúa do Paseo e

que a fin de esclarecer unha eventual actuación infractora do principio de igualdade de trato (...) ao abeiro da

lei invocada [solicita] que se expida a seguinte información:

1º) Detalle de actuacións da POLICIA LOCAL no mes de decembro de 2015 requirindo a músicos

ambulantes o abandono da súa actividade na Rúa do Paseo, data, hora de actuación, motivación da mesma e

normativa invocada na acta que se plasmara na actuación.

2º) De existir, contido da orde de servizo da devandita actuación.

3º) Criterios de concesión de licencias ou autorización para a actividade de músico de rúa na

devandita Rúa do Paseo

Page 2: Convivencia na rúa

4º) Licencias ou autorizacións concedidas para o exercicio da devandita actividade na Rúa do Paseo

no período decembro 2015-xaneiro 2016, con expresión de numero delas , numero de expediente,

localización e condicións de desenvolvemento de actividade, sen inclusión da dados persoais dos solicitantes

ou beneficiarios”.

EPÍLOGO:

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, en

vigor dende o mes decembro do pasado ano 2015, obriga ao Concello de Ourense a aportar a

documentación requirida polo Observatorio para a defensa de dereitos e liberdades (ESCULCA) ou en caso

contrario argumentar o por que da censura a tal documentación. De tal modo que o silencio administrativo

xa non é entendido nin amparado como negación da información ou acceso á mesma como era proceder

no pasado.

Ao marxe do anterior, dunha lectura detallada do citado escrito, dedúcese a tentativa por parte de

profesionais e artistas para conseguir unha autorización municipal coa que desenvolver a súa actividade nos

marcos legais vixentes e en cumprimento coas ordenanzas preceptivas. Proceder de complicada resolución

ao non existir no Concello de Ourense normativa específica ao respecto, posto que a xenérica Normativa

Municipal de Ocupación de Vía Pública non regula expresamente este tipo de actividades artísticas.

As actuacións musicais e escénicas de rúa, mimos, prestidixitadores, etc. responde a unha

realidade cultural presente en moitas outras cidades do país e fóra do mesmo. A súa natureza diferénciase

doutro tipo de expresións de ocupación da vía pública e cunha correcta xestión de convivencia enriquecen a

cidade, son un novo atractivo turístico e de animación, axudan a mostrar unha cidade viva e inciden

positivamente na atracción e mellora da oferta do comercio de rúa. En verbas da Zona Comercial Abierta La

Laguna: “Responde a una realidad de nuestras ciudades, es pues ya imposible concebir una urbe sin

actuaciones culturales en la calle”.

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o seu

debate e aprobación os seguintes

ACORDOS:

1. Que o Concello de Ourense avance na redacción dunha normativa específica que regule as

actividades culturais en rúa protexendo a convivencia harmónica da veciñanza coa libre expresión

artística. Na súa redacción exploraranse as vías de participación posible para que no texto

resultante se recollan todas as sensibilidades ao respecto. Asemade no tempo de redacción deste

procurarase a aprobación dunha ordenanza transitoria provisional que permita unha convivencia

entre ambas.

2. Que a concellería responsable, ou no seu defecto Alcaldía – Presidencia, dea cumprimento legal ao

requirimento de documentación e información do Observatorio para a defensa de dereitos e

liberdades (ESCULCA) citado na exposición de motivos.

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato, en calidade de concelleiro e

voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en Ourense a 30/12/2015

Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato