Curtas Vila do Conde

19

Transcript of Curtas Vila do Conde

Page 1: Curtas Vila do Conde
Page 2: Curtas Vila do Conde

Vila do Conde é unha cidade portuguesa da Área Metropolitana do Porto (Região Norte) con 28636 habitantes (2011). É sede dun “concelho” de 149 km² de área e 79533 habitantes repartidas en 21 freguesías. Limita ao norte con Póvoa de Varzim, ao leste con Vila Nova de Famalicão e Trofa, ao sur con Maia e Matosinhos. Ao oeste ten litoral no océano Atlántico. Vila do Conde sitúase na marxe norte da foz do río Ave.

Page 3: Curtas Vila do Conde
Page 4: Curtas Vila do Conde
Page 5: Curtas Vila do Conde
Page 6: Curtas Vila do Conde
Page 7: Curtas Vila do Conde
Page 8: Curtas Vila do Conde
Page 9: Curtas Vila do Conde

O festival “Curtas” de Vila do Conde nace coma prolongación da actividade do cineclube local. O cineclube fora fundado en 1959 -o cal o converte nun dos máis antigos de Portugal- mais deixara de ter actividade despois duns anos de declive e viña de recuperala da man dunha nova directiva. Axiña acordan celebrar un festival de curtas que ten a súa primeira edición en xuño de 1993 cunha dirección compartida por cinco persoas, Miguel Dias, Mário Micaelo, Rui Maia, Darío Oliveira e Nuno Rodrigues. Rui Maia deixou o festival ao final da década e por algún tempo incorporouse ao equipo Luís Urbano, hoxe produtor de O som e a fúria, mais a base mantívose estábel até a actualidade, con Miguel, Mário e Nuno aínda na dirección (Darío Oliveira deixou o equipo en 2014 para emprender outro excelente proxecto festivaleiro, Porto/Post/Doc).

Nesa altura eran moi poucas as curtametraxes a seren feitas en Portugal, aínda que a situación empezaba a mudar pola aparición dunha liña de apoios á produción, tanto é así que na terceira edición xa se crea unha competición nacional. Autores coma João Pedro Rodrigues, Miguel Gomes, Sandro Aguilar, Margarida Cardoso, José Miguel Ribeiro... fican asociados á historia do Curtas. En novembro de 1999 un artigo do venerado crítico portugués Augusto M. Seabra chama “Gerações Curtas” a esta estimulante corrente de novos autores.

Page 10: Curtas Vila do Conde
Page 11: Curtas Vila do Conde

Consolidado o festival o seguinte desafío foi promover a obra dos creadores portugueses a través da Agência da Curta Metragem, organismo fillo do festival ou, para ser máis precisos, da cooperativa cultural Curtas Metragens CRL da que dende 1997 dependerán formalmente os proxectos ideados polo núcleo fundador. A Agência, coordinada por Salette Ramalho, funciona coma axencia de ventas que inscribe os filmes do seu catálogo nos máis destacados festivais de cinema e se ocupa da correspondente xestión de copias, mais tamén organiza ciclos e retrospectivas de curtametraxes. Uns datos para medir o éxito da Agência: no último ano completo, 2014, os filmes que promociona estiveron 724 veces na selección oficial de algún festival e recolleron 37 premios, cunha audiencia mundial conxunta de case 180 mil espectadores repartidos ao longo de máis de 1500 proxeccións.

Page 12: Curtas Vila do Conde

En 2005 inaugurouse a Galería Solar coma centro de exposición permanente de “arte cinemática”, a arte asociada ás imaxes en movemento (vídeos, vídeo-instalacións, etc). Era a evolución natural dun festival que sempre reservou un espazo ás propostas artísticas que se afastan da proxección convencional nunha pantalla típica e merecen ser vividas/experimentadas doutra maneira.

Page 13: Curtas Vila do Conde

A inauguración en 2009 do Teatro Municipal -o vello Cine-Teatro Neiva- deulle ao certame unha sede céntrica e multiusos con espazos de exposición, cafetería e dúas salas: unha con 550 butacas, apta tamén para os filmes-concerto que son un dos sinais de identidade do certame, e outra con 140 lugares.

Na actualidade a programación do Curtas de Vila do Conde concéntrase nestes dous espazos, o Teatro Municipal e a Galería Solar.

Page 14: Curtas Vila do Conde

Lonxe da lóxica das “alfombras vermellas” o Curtas perseguiu crear e formar un público, descubrirlle a amplísima diversidade da creación cinematográfica. E a resposta foi moi positiva. Os moi meritorios sete mil espectadores da primeira edición pasaron a ser xa o dobre na cuarta. Na actualidade a cifra de asistentes anda ao redor dos vinte mil.

O esforzo educativo empeza cos nenos e nenas da rexión que descobren o cinema a través do Animar, que comprende proxeccións para as escolas, obradoiros e exposicións orientadas a alumnos, pais e profesores. O Curtas tamén se interesa polos creadores do futuro, os que agora están aínda nas escolas de cinema, cuxas obras presenta na sección Take One!, xa con dez anos de vida.

Page 15: Curtas Vila do Conde

Outro camiño formativo é o que define o proxecto Estaleiro/Campus, que convida a cineastas con gran repercusión internacional para impartir charlas e desenvolver proxectos con estudantes do ensino superior da zona. Da iniciativa Estaleiro/Campus naceron filmes con produción do Curtas a cargo de autores portugueses coma Gonçalo Tocha, João Pedro Rodrigues, João Canijo ou Graça Castanheira e, con ocasión do vinte aniversario do festival, tamén de directores estranxeiros coma o venerábel Thom Andersen. En 2015 o Curtas estreará tres novas curtas dirixidas por Sandro Aguilar, Manuel Mozos e o galego Lois Patiño, que traballarán con xente moza da zona.

Page 16: Curtas Vila do Conde
Page 17: Curtas Vila do Conde

Ao longo dos 22 anos de historia do Curtas pasaron polo festival...

Gus van Sant, Artavazd Pelechian, Alexander Sokurov, Ken Jacobs, Peter Tscherkassky, Apichatpong Weerasethakul, Sergei Loznitsa, Louis Garrel, Valerie Massadian, Thom Andersen, Sergei Dvortsevoy, Corneliu Porumboiu, Roy Andersson, Gustav Deutsch, Tsai Ming-Liang, Olivier Assayas, Robert Todd, Bill Morrison, Peter Hutton, Lisandro Alonso, Kelly Reichardt...

...e por suposto “todo” o cinema portugués.

Page 18: Curtas Vila do Conde
Page 19: Curtas Vila do Conde

Curtas de Vila do Conde23ª edición, xullo de 2015

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

4 5

6 7 8 9 10 11 12

Curtas de Vila do Conde é unha presentación de Martin Pawley para Filmoteca Fórum e O ano que o cinema nos cativou, obradoiros de cinema do Fórum Metropolitano e Centro Ágora. Fonte das imaxes:

Google Maps, Cámara Municipal de Vila do Conde, Curtas de Vila do Conde, Casa Ramón.