Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no...

24
Cerne eMpreSa Arrinca en 18 bares da vila a cuarta ruta das setas e das castañas P3 entreVISta Javier Mouriño, Intermax P23 o xornal da terra de Melide Nº 94. Novembro 2013. Distribución gratuíta lópez e ayude, campioas do mundo de Kick Boxing As deportistas da Escuela Ayude asinaron unha actuación fantástica e regresaron de Italia con dous ouros cada unha. Arón Ayude fíxose co bronce. P20 Seis días de música para homenaxear a otero Val Bota a andar con récord de actuacións a 24ª edición da Semana da Música, dedicada este ano á figura de Emilio Otero Val, autor de máis de 150 obras. P19 coMarca O Museo da Terra de Melide pechará tres meses por falta de fondos P13 cultura A Banda de Gaitas bota a andar en firme cun concerto no Nadal P20 A Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem-Cca) organiza para o próximo 23 de novembro unha xornada comercial co obxectivo de dar- lle a coñecer aos clientes todas as novidades que ofrecen os es- tablecementos da vila de cara á tempada outono-inverno. Será un día de portas abertas para conversar cos consumidores, amosarlles a nova mercancía e falarlles das últimas tendencias ou dos artigos recentemente incorporados. Baixo o nome “En Melide todo o día”, a vila converterase nun show room a ceo aberto no que participarán 20 nego- cios asociados a Asetem e representativos de sectores - Fotos antigas do Catastro de Melide - Concentración parcelaria - Legalización de pozos, traídas de auga, etc. JAVIER LÓPEZ LÓPEZ ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049 - Partición de herdanzas (partixas) - Informes periciais e valoracións - Proxectos agrícolas Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected] Rúa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña) peritosmelide.blogspot.com.es - Medición de terreos - Catastro - Segregacións e agrupacións - Imposto de sucesións Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam- paña desenvolverase en hora- rio de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, un tempo du- rante o cal os comercios parti- cipantes farán descontos do 10% en todas as compras reali- zadas e agasallarán ao cliente cun vale-desconto de 5 euros que poderá empregar en futu- ras adquisicións superiores a 50 euros. Ademais, quen visite todas as tendas e presente un ticket de compra, terá dereito a recoller un regalo sorpresa nas oficinas de Asetem. A xornada coincidirá tamén co último día da IV Ruta das setas e das castañas. Non hai escusa para deixar de estar “En Melide todo o día”. P8

Transcript of Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no...

Page 1: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Cerne

eMpreSaArrinca en 18bares da vila a cuarta rutadas setas e dascastañas P3

entreVISta

JavierMouriño, IntermaxP23

o xornal da terra de MelideNº 94. Novembro 2013. Distribución gratuíta

lópez e ayude, campioasdo mundo de Kick Boxing

As deportistas da Escuela Ayude asinaron unhaactuación fantástica e regresaron de Italia con dousouros cada unha. Arón Ayude fíxose co bronce. P20

Seis días de música parahomenaxear a otero Val

Bota a andar con récord de actuacións a 24ª ediciónda Semana da Música, dedicada este ano á figura deEmilio Otero Val, autor de máis de 150 obras. P19

coMarcaO Museo daTerra de Melidepechará tresmeses por faltade fondos P13

culturaA Banda deGaitas bota aandar en firmecun concerto no Nadal P20

A Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem-Cca)organiza para o próximo 23de novembro unha xornadacomercial co obxectivo de dar-lle a coñecer aos clientes todasas novidades que ofrecen os es-tablecementos da vila de cara átempada outono-inverno. Seráun día de portas abertas paraconversar cos consumidores,amosarlles a nova mercancía efalarlles das últimas tendenciasou dos artigos recentementeincorporados.

Baixo o nome “En Melidetodo o día”, a vila converterasenun show room a ceo abertono que participarán 20 nego-cios asociados a Asetem erepresentativos de sectores

- Fotos antigas do Catastro de Melide

- Concentración parcelaria

- Legalización de pozos, traídas de auga, etc.

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)

- Informes periciais e valoracións

- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos

- Catastro

- Segregacións e agrupacións

- Imposto de sucesións

Día de portas abertasno comercio de Melidecon descontos e premios

comerciais diferentes. A cam-paña desenvolverase en hora-rio de 10:00 a 14:00 e de 17:00a 21:00 horas, un tempo du-rante o cal os comercios parti-cipantes farán descontos do10% en todas as compras reali-zadas e agasallarán ao clientecun vale-desconto de 5 eurosque poderá empregar en futu-ras adquisicións superiores a50 euros. Ademais, quen visitetodas as tendas e presente unticket de compra, terá dereitoa recoller un regalo sorpresanas oficinas de Asetem.

A xornada coincidirá taménco último día da IV Ruta dassetas e das castañas. Non haiescusa para deixar de estar“En Melide todo o día”. P8

Page 2: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

2 Editorial Cerne 94. Novembro 2013

cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta coorDInacIÓn e reDaccIÓn: Iván G. Blanco

eDIcIÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)enDereZo: R/ lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓnS: Marcus Fernández, Xavier Pazo,

Rafael Rodríguez Gaioso.aGraDeceMentoS: Pilar lópez, Adolfo Álvarez, Imprenta Meligraf

IMpreSIÓn: Publicaciones Tameiga S.l.DepÓSIto leGal: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDITORIAl..................................2-EMPRESA.....................................3-MElIDE.......................................11-COMARCA...................................13-CulTuRA E lECER....................19-COlABORACIóNS......................22-ENTREVISTA..............................23

ÍnDIce

Editorial

As palabras disfrazadas

Tribuna de opinión

Cuestión de tempos Xunta Directiva de aSeteM-cca

Hai poucas semanas os veci-ños e veciñas de Melide reci-bimos unha mala noticia: aconstrución do ansiado novocentro de saúde terá que se-guir esperando despois de queos cartos prometidos para asobras se reducisen a menos de20.000 euros nos orzamentosda Xunta para 2014.

A situación aínda podesolucionarse, e dende aquíanimamos a que se fagan to-dos os esforzos posibles nesadirección, pero en todo casovén a confirmar algo queresulta evidente: os temposdos políticos e os tempos doscidadáns nunca son os mes-mos. É algo que se explica confacilidade cando unha daspartes basea o seu traballo enpromesas mentres a outra oque reclama son menos anun-cios e máis feitos. Sería conve-

niente sincronizar os reloxos.Non hai que camiñar moitopara atopar máis exemplos:está o caso da autovía que,lonxe de tratarse dun desfasede minutos, máis ben é cues-tión de fusos horarios dife-rentes. Está tamén a Casa daCultura, da que non se podedicir precisamente que cheguecon puntualidade.

Á marxe disto, existe ta-mén outro fenómeno reco-rrente: presentar a mesmaobra unha, dúas, tres e catroveces. Cada unha delas connovos prazos. É coma ter unreloxo que che canta a horasen que lla preguntes e aíndapor enriba cha canta mal.Sincronicemos os reloxos etraballemos todos sobre fei-tos. Os cidadáns ganaremostranquilidade e os gobernan-tes ganarán crédito político.

Dende que existe o discursopúblico existen os eufemis-mos, esas palabras ou expre-sións reviradas e rebuscadasque veñen a ser sinónimo denon chamarlles ás cousas poloque son. Non sorprende niné nada novo a utilización dalinguaxe con fins pouco ho-nestos, pero en tempos con-vulsos ou de crise como osque estamos a vivir, acentúaseo seu uso perverso.

Nunca antes vimos tanclaro coma agora a capacidadeque teñen as palabras paraconverterse en instrumentosde desinformación e de con-trol da sociedade. Describiunomoi ben George Orwel na súanovela “1984” cando falabada creación dunha neolinguana que o concepto “malo”deixaba de existir e pasaba aser o “non bo”.

A ficción é realidade easistimos impasibles a unproceso no que se está a des-activar o noso pensamentocrítico a base de disfrazar aspalabras: a economía nuncadecreceu, senón que tivoun “crecemento negativo”. Osrecortes son “medidas de afo-rro” (porque aforro ten unhaconnotación positiva e recorteimplica perda). Os despidosson agora “regulacións deplantilla”. No caso de serencolectivos, chámaselles ERE.As facilidades para despedirtraballadores son “flexibili-dade laboral” e a precariza-

ción do emprego denomínase“competitividade”. A suspen-sión de pagos é agora un “con-curso de acredores”. A baixadade soldos é “moderación sala-rial” e a suba de impostos un“recargo temporal de solida-riedade”. O rescate dos bancosfoi un “apoio financeiro” e aperda de dereitos e de benes-tar social están sendo “esfor-zos” para sacar o país adiante.Á emigración chámaselle “mo-bilidade exterior” e a cadeaperpetua axiña será “prisiónpermanente revisable”. Porser, nin o divorcio é o mesmodende que a Infanta Elenainiciou un “cese temporal daconvivencia”. Ás veces, lonxede deturpar o significado daspalabras, invéntanse, e conelas xorden conceptos como as“indemnizacións en diferido”.

Os rodeos lingüísticos

non fan máis ca desviar a aten-ción da verdade das cousas.Estásenos a presentar unharealidade distorsionada quebusca manter á sociedade noletargo no que dorme inexpli-cablemente, abochornada epagando as consecuencias deter vivido “por encima dassúas posibilidades”, esa outrafalacia que a base de repetilase converteu en dogma de fe.

Cómpre traducir o que es-coitamos a palabras reais, nondar por válido todo o que se di,ser máis críticos ca nunca,contrastar o que nos din coque vemos e co que vivimos.Pensar que nunca houbo unhasoa verdade e que non semprea temos diante dos ollos. Bus-quémola e, ante a impotenciade non podermos facer moitomáis, polo menos chamémos-lles as cousas polo seu nome.

Page 3: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Empresa 3Cerne 94. Novembro 2013

cafetería arraigos Arroz con champiñóns

Bar cantónFaballóns con níscalos e gambas

novo continente. Torrada deníscalos con piña en tempura.

a Boa Viña / a Boa VidaRaxo con patacas e champiñóns

o d´pequeGuiso de setas e castañas

Xamonería os GarceirasOutono nos Garceiras

cafetería StopCaldo de verduras e castañas

casa estiloBocata de outono

pulpería alongos IICastañas ao champiñón

cafetería cireCrema de castañas con champiñóns

cervexería GodivaChampiñóns con xamón

a fábrica do camiño. Coello do monte con setas

o Sapo lambónDelicias do Sapo lambón

pousada chiquitínTosta outonal

pensión Xaneiro X-5

Bar novo ValenteCaldeireta de bacallau con setas

OUTONO DE TAPAS4ª Ruta das setas e das castañas

15,16 e 22, 23 de novembro

Non hai época do ano coma ooutono na que mellor presteun lugar ao abrigo, un prato decomida e unha boa compañía.unha combinación perfectaque Asetem-Cca pon de novoao alcance de veciños da co-marca e visitantes na cuartaedición do Outono de Tapas,unha ruta polos bares e res-taurantes da vila na que sepoderán degustar preto de 20propostas gastronómicas dife-rentes elaboradas con dousprodutos típicos da época: assetas e as castañas.

cando e onde?O casco urbano urbano deMelide concentrará toda unhavariada oferta culinaria endúas fins de semana de no-vembro. Dous venres (15 e 22)e dous sábados (16 e 23) serános días nos que os clientes po-derán degustar de xeito total-mente gratuíto, e polo simplefeito de realizar unha consu-mición, as tapas a concurso.Serviranse en horario de20:00 a 23:00 horas os venrese en horario de 13:00 a 15:00polas mañás e de 20:00 a23:00 polas tardes os sábados.

Moito que probarEste ano, con 18 establece-mentos implicados na rutade tapas, bátese un récord departicipación no que á ediciónde outono se refire. “Nuncaantes se inscribiran tantosbares”, sinala a presidenta deAsetem-Cca, Sonia Valiño, “éunha cifra moi elevada paraunha vila pequena como Me-lide e dá idea da aceptaciónque ten esta ruta tanto porparte dos negocios como dos

clientes”. Tamén este ano par-ticipan varios locais por pri-meira vez. Xunto con outrosque xa son un clásico destaruta das setas e das castañas,elaborarán pratos para todosos gustos.

tapas con premioAs persoas que se animen aparticipar no Outono de Tapasnon só quedarán cun bo saborde boca senón que tamén te-rán a posibilidade de facersecon interesantes premios. Sópolo feito de probar e puntuaros pratos, entrarán no sorteodunha sesión no circuíto ter-mal do Hotel Balneario RíoPambre, en Palas de Rei. Aspapeletas de votación seran-lles entregadas nos propiosestablecementos e poderán

valorar, nunha escala do 1 ao5, a calidade do manxar nascategorías de “Mellor tapa” e“Tapa innovadora”.

Ademais haberá un premioespecial para os clientes queproben polo menos o 50% dastapas en concurso. Trátasedunha noite para dúas persoascon cea e almorzo incluído nopazo de Eidián (Agolada),onde terán ademais dereitoa utilizar todas as instalaciónse servizos deste hotel rural.

Setas e castañas invaden os baresde Melide no IV outono de tapas

a Fundación. Tortellini decogomelos con crema de castañas

cafetería Breogán Revolto de xamón e champiñóns

MELIDE

Page 4: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

4 Publicidade Cerne 94. Novembro 2013

CERVEXERÍA

Tfno: 981 50 55 69Mateo Segade Bugueiro, 2915800 MELIDE (A Coruña)

OUTONO DE TAPAS en melide

Continente

C/ Luis Seoane, 8

15800 MELIDE (A Coruña)

HOSPEDAJE - BARRESTAURANTE

Telf: 981 50 61 82 - 699 61 37 59

Novo

CERVEXERÍA - TAPERÍA

Taboada Roca, 3 MELIDEPraza da Herba, 10 - Zona dos Viños - MELIDE

A FUNDACIÓN BOWLING

MELIDE - OCIOTel.: 981 50 79 23 - Avda Toques e Friol, 23 . 15800 MELIDE - www.afundacion.com

CervexeríaA fábrica

do Camiñocantón de San roque, 1 - MelIDe

Tfno.: 981 505 153C/. Progreso, 6

15800 MELIDE(A Coruña)

Rúa Principal, 6

MELIDE

Telf:

696 77 41 63

San Antonio, 3627 80 90 17

MELIDE

Avda de Lugo, 22

Tlf: 981 50 75 10

Almorzos

Habitacións

Unha carta con

Menú do día

pratos moi variados

Terrazas

Tfno.: 981 815 333 - Fax.: 981 507 560Rúa San Antón, 18 - 15800 MELIDE

www.pousadachiquitin.es - [email protected]

Jamonería “Garceiras”

Gaiteiros Os Garceiras, 1 (MELIDE) Tlf: 608 975 776

ENSALADAS

QUESOS,

TABLAS

IBÉRICOS

POSTRES

Especialidad en:

TOSTAS

TORTILLAS

(9 variedades)

Rúa Principal, 11

676 19 52 86

MELIDEHABITACIONES CON BAÑO Y T.V. - CALEFACCIÓN - AIRE ACONDICIONADOSUITS - HAB. PARA MINUSVÁLIDOS - TLFNO EN TODAS LAS HABITACIONES

CIBER - ACCESO A INTERNET WIFI DESDE LAS HABITACIONES

Pensión Xaneiro, s.l.Tel.: 981 50 50 15

San Pedro, 22 - Melide

Hotel Xaneiro, s.l.Tel.: 981 50 61 40 - Fax: 981 50 71 99

Avda. de la Habana, 43 - Melide

www.xaneiro.com [email protected]

Page 5: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Empresa 5Cerne 94. Novembro 2013

A SEMANA DO TEU COMERCIO, EN MELIDE

Unha despensa centenaria que soubo

manterse fiel á esencia das súas orixes

Casa Juanito comezou a súaandaina no ano 1910 poriniciativa de Juan Rodríguezuriña, bisavó dos actuaisxerentes. Centro tres anos dehistoria e catro xeracións áfronte dun comercio familiarque segue a conservar a súalocalización orixinal, na rúaMateo Segade Bugueiro, eunha liña de negocio moisemellante á dos seus inicios.

Corrían os primeiros anosdo século XX cando Juan Ro-dríguez uriña casou e recibiucomo dote un coche de caba-los. Foi o momento no quedecidiu dar o salto ao mundodos negocios e, ante a ausenciados que logo se coñeceríancomo coches de liña, comezoua transportar xente dende Me-lide ata localidades como Ar-zúa, Curtis e Sada. Ao mesmotempo abriu un pequeno esta-blecemento de ultramarinosno que botaban unha man amuller e os fillos mentres elcontinuaba realizando viaxesco coche de cabalos.

Casa Juanito despachabanos seus inicios produtos ali-menticios básicos e outroselementais para o día a día:azucre, aceite, xabón… tamén,como era propio de calqueraultramarinos, aqueles chega-dos do outro lado o Atlántico,tal é o caso do café ou das es-pecias. Á marxe do comerciopropiamente dito, a casa con-taba na parte de atrás cunhascuadras nas que aquelaspersoas que se achegaban deMelide podían deixar os seuscabalos mentres mercaban ourealizaban outras xestiónsna vila. “Era unha especie deaparcadoiro dos de hoxe endía”, explica Juan José Rodrí-guez Mariño, neto do funda-dor, “os homes metían oscabalos na cuadra, sacábanllesas alforxas e deixábannolas nacasa mentres ían facer as com-pras. Cando volvían, metían amercancía nelas, acababan demercar o que lles facía falta no

noso comercio e collían oscabalos de volta”. Juan Josérecorda que seu avó mesmomercaba herba para alimentaros animais mentres agarda-ban, algo que se deixou defacer trala Guerra Civil.

Tamén na parte de atrás doestablecemento, Casa Juanitocontaba cun espazo habilitadopara que a xente procedentedas aldeas puidese comer.Tratábase dun cuarto con me-sas e cadeiras no que podersentarse e picar algo: “algúnstraían chourizo, touciño ouo que tivesen pola casa perooutros non traían nada e pre-ferían mercarnos conservas anós, que daquela eran unhanovidade”. Malia contar coneste servizo, Casa Juanito

nunca foi unha casa de comi-das. Ademais das menciona-das conservas, tan só servíanpan e cuartillos de viño.

Despensa na posguerraNos anos seguintes á GuerraCivil moitos veciños e veciñasda vila e da comarca achegá-banse ao establecemento parafacerse cos produtos asigna-dos nas súas cartillas de racio-namento. Segundo explicaJuan José Rodríguez, “estenegocio non o tiñan todos oscomercios, xa que había quereunir certos requisitos e terun volume de mercancía sufi-ciente”. Ao tempo que acudíanpolos produtos alimenticios,os clientes “aproveitaban paramercar outras cousas esenciais

Juan José Rodríguez comezou no negocio familiar con 16 anos

Casa Juanito

§

que necesitaban”, por iso CasaJuanito tamén foi paquetería evendía roupa interior, botóns,agullas, fío…

O negocio pasou dunha xe-ración a outra por tradiciónou, como di con ironía JuanJosé Rodríguez, “porque oburro aprende un camiño e vaisempre por el”. Nestes centotres anos, Casa Juanito foiquen de manter a súa esenciae, á marxe dos lóxicos cambiosque impón o progreso e osnovos hábitos de consumo,conserva a mesma liña denegocio. “Só cambiamos os es-tantes nos anos 50”, destacaJuan José, “pero o demaissegue todo igual”. Tamén osprodutos que venden, máisvariados e enmarcados dentro

da liña delicatessen: conservasde peixe e vexetais, legumesselectas, arroces especiais, em-butidos de primeira calidade,xamóns ibéricos e unha granvariedade de viños e licoresdas primeiras marcas.

Na actualidade Juan JoséRodríguez Mariño, neto dofundador, segue a ser a almamater de Casa Juanito e o ros-tro co que se identifica este co-mercio melidense a pesar deque xa está xubilado. Son máisde sesenta anos da súa vidadedicados a un negocio fami-liar no que comezou con 16anos, cando deixou de estudar.“Xa antes diso, no verán, memandaban atender”, asegura,“e agora, con 77 anos, aíndaboto unha man”.

unha semana, unha historia,

un comercio

Casa Juanito e UltramarinosAceiteiro, dous dos establece-mentos con máis tradición davila de Melide, recibiron o reco-ñecemento da Dirección Xeralde Comercio pola súa traxecto-ria centenaria. A homenaxe en-marcouse dentro da campaña“A semana do teu comercio”,coa que a Consellería de Econo-mía e Industria quere enxalzartanto o bo facer dos negocios deproximidade como o traballo dedinamización que fan os centroscomerciais abertos como Ase-tem-Cca. Con ese obxectivo, estáa dedicar unha semana do anoa cada un dos 52 centros comer-ciais que existen en Galicia.

A comprendida entre o28 de outubro e o 3 de novem-bro centrouse en Melide e baixoo lema “unha semana, un co-

Conservas e xamóns Entrega do diploma aos propietarios de Casa Juanito

mercio, unha historia”, tivo oseu colofón coa entrega dundiploma aos establecementosmáis antigos do centro comer-cial aberto melidense: Aceiteiroe Casa Juanito.

A Directora Xeral deComercio, Sol Vázquez Abeal,desprazouse ata a vila paraentregarlle persoalmente osdiplomas a Antonio Rodríguez ea Juan José Rodríguez. Estivoacompañada por representan-tes do goberno local e pola pre-sidenta de Asetem-Cca, SoniaValiño, quen aproveitou a oca-sión para felicitar aos estable-cementos distinguidos en nomeda directiva e de todos os sociose socias da patronal. Ámbolosdous negocios son membros deAsetem-Cca dende o momentoda súa creación, en 1.989.

Escaparate de Casa Juanito

Page 6: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

6 Empresa Cerne 94. Novembro 2013

A SEMANA DO TEU COMERCIO, EN MELIDE

O negocio que medrou apostando pola

calidade máxima e a confianza co cliente

A orixe de ultramarinos Acei-teiro comezou a forxarsealgúns anos antes da súa aper-tura como tenda especializadanos comestibles de ultramar.Corría o ano 1898 cando obisavó de Antonio RodríguezPampín, o actual rexedor donegocio, lle arrendou a JoaquínPenas a hoxe en día coñecidacomo Casa Quinzán, un edifi-cio da céntrica rúa do Con-vento, en Melide. O prezofixado polo aluguer foi de 1.464reais, ou o que é o mesmo,unha peseta diaria.

Naquela casa montouunha taberna e unha pousadana que tamén traballaban osseus fillos, José e Elisa Martí-nez Sobrado, avoa de Antonio.Ela habíase converter na almamater do negocio. A taberna,na que tamén daban comidas,axiña pasou a ser coñecidacomo “Casa Elisa”. Xa poraquel entón comezaron avender “algunhas cousas quefacían falta naqueles tempos”,explica Antonio: viño, pan,aceite, sardiñas, carburo… Aoser pousada, tamén dabandurmida e dispoñían de cortesnas que manter os animais.

espírito innovadorÁ morte de seu pai, Elisaqueda á fronte do negocioxunto cos seus fillos. un delesmarchou estudar empresariaisá Coruña e da súa man come-zaron a chegar novos produtose servizos para aquela tenda,taberna e pousada que nondeixaba de evolucionar. Amodernización consistiu enincorporar ao negocio os abo-nos químicos, madeiras, undepósito de cervexa EstrellaGalicia, que se repartía enbarrís, e outro de cemento, unmaterial que chegaba en tren aCurtis procedente de Oviedo eque naqueles tempos a penasse empregaba nas obras. Pre-cisamente unha das primeirascasas de cemento e paredes deformigón armado de Melide,

xunto co coñecido edificiodo Banco Pastor, foi a que co-mezou a construír Elisa Martí-nez na Avenida da Coruña.Corrían os primeiros anos dadécada dos 20. En 1924 deci-diu deixar a pousada e o barpara quedarse só coa parte donegocio dedicada aos ultrama-rinos, xa instalada na novacasa que construíra.

En 1928 ultramarinosAceiteiro comeza unha novaetapa: Elisa enferma e o seufillo Manuel Rodríguez, á voltado servizo militar, faise cargoda tenda. Tras casar con Pre-sentación Pampín, ámbolosdous decidiron incorporarunha nova liña de negocio,a venda de roupa, que semantivo ata o seguinte relevo

xeracional, na década dos 70.Foi entón cando o actual

propietario, Antonio Rodrí-guez Pampín, e o seu irmánJavier colleron as rendas datenda, un establecemento quenon deixou de evolucionarpero que sempre se mantivofiel no que á venda de ultra-marinos se refire: “niso segui-mos igual ca toda a vida”,declara Antonio, a pesar deque agora xa non despachancarburo, buxías para os candísou brochas para poñerlles aoszocos. “Aumentamos a varie-dade de produtos que vende-mos porque a demanda émaior, pero a filosofía seguesendo a de sempre”, asegura.A día de hoxe, ademais dos co-mestibles, ultramarinos Acei-

Antonio Rodríguez é a terceira xeración á fronte do negocio

Ultramarinos Aceiteiro

§

teiro vende cereais e abonos.Tamén material de apicultura,sendo o único establecementoen Melide que dispón de arti-gos específicos para o aprovei-tamento das abellas.

Tras moitos anos detrás domostrador, Antonio Rodríguezexplica que “a calidade e a con-fianza na persoa que vende”seguen a ser os principais acti-vos dun negocio tradicionalcoma o seu e os aspectos máisvalorados pola clientela: “aquíseguimos vendendo moito pe-mento para a matanza porqueé da mesma clase e da mesmavariedade ca hai 80 anos”,argumenta, “veñen exclusiva-mente por el, e o mesmo pasaco bacallau, porque saben queson bos produtos e que non

lles van fallar”.Manuel Rodríguez é cons-

ciente de que ultramarinosAceiteiro rematará a súa an-daina o día que el decida pe-char para sempre a porta donegocio, a mesma que noutrostempos estaba sempre aberta:“nacemos todos os irmáns natenda e sendo pequenos tur-nabámonos para atender nahora de xantar porque a portado negocio estaba sempreaberta”. Agora ve máis pretoo día en que a teña que pechare recoñece, non sen certa mo-rriña e tristura, que os temposmudaron: “antes as familias ti-ñan moitos fillos e algún que-daba na tenda, pero os nososnon van quedar; ao ter mello-res oportunidades, escapan”.

o comercio tradicional,

un valor con plena vixencia

Escaparate de ultramarinos Aceiteiro, na Ronda da Coruña 34 Entrega do diploma aos propietarios de ultramarinos Aceiteiro

Na súa visita a Melide parapremiar a traxectoria de CasaJuanito e Aceiteiro, a DirectoraXeral de Comercio, Sol VázquezAbeal, destacou a tradición co-mercial da vila e o mérito queten saber adaptar un negocio notempo para lograr mantelo enactivo durante tantos anos: “sevos mantivestes é porque sou-bestes facer en cada momentoo que había que facer”, sinalou.

Durante a conversa cospremiados, Vázquez Abeal expli-cou que o departamento queirixe está a centrar os seus esfor-zos en que a xente “perciba queo comercio tradicional ten algomáis, que hai unha historia de-trás de cada negocio e que sontendas do pobo polas que sedebe apostar”. Nesa liña desta-cou a vixencia dos valores de

proximidade e calidade que ca-racterizan o pequeno comercioe presentounos como garantede viabilidade no futuro. “Todovolve”, respondeu a DirectoraXeral ante un comentario reali-zado por Antonio Rodríguez noque recoñecía que seguiríaco negocio “ata que o corpoaguante ou as grandes superfi-cies acaben con nós”. Botandoman do humor, o rexente deUltramarinos Aceiteiro secun-dou a moción feita por VáquezAbeal: “xa o dicía miña avoasobre Carrillo nos anos 70: ´ai,Carrillo, Carrillo, quen che diríaque ías volver!´”

Ao fío, a Directora Xeral des-tacou a importancia das aso-ciacións de empresarios comoAsetem na dinamización dasvilas e do pequeno comercio.

Page 7: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Publicidade 7Cerne 94. Novembro 2013

HOTEL BALNEARIORÍO PAMBRE

Vilariño (San Breixo). Palas de Rei. 27203 LugoTelf.: 982 37 41 35 / Fax.: 982 37 40 98E-mail: [email protected]

Web: www.balnearioriopambre.com

Consulta as nosas promocións para a Ponte de Decembro e ceas de F in de Ano

Salón para banquetes Piscina activa mineromedicinal

Interiores

Page 8: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

8 Empresa Cerne 94. Novembro 2013

SEGUROS BILBAO CATALANAOCCIDENTE

Grupo

C/ Ronda de Pontevedra

Nº 113 Bajo - 15800 Melide

Tlf/ Fax: 981506495

Móvil: 678055942

[email protected]

Rodrigo Fernández Pombo

Agente de seguros exclusivo

Nº de Reg. Mediador.: COO2636154917K

unha escusa perfecta para estar “en Melide todo o día”

un día enteiro para pasear,ir de tenda en tenda, mirar,comparar, probar todo o quese queira e, se gusta, mercara prezos rebaixados. O quepodería parecer o soño decalquera persoa afeccionadaá moda e ás tendencias (osfashionistas do hoxe en día)será unha realidade na vila deMelide grazas á última inicia-tiva posta en marcha polaasociación de empresarios dacomarca.

Baixo o nome “En Melidetodo o día”, Asetem preparoupara o próximo sábado 23de novembro unha xornadacomercial pensada para darllea coñecer aos clientes todas asnovidades que ofrecen os esta-blecementos da vila de cara átempada outono-inverno. Seráun día de portas abertas paraconversar cos consumidores,amosarlles a nova mercancía efalarlles das últimas tenden-cias ou dos artigos recente-mente incorporados.

Deste xeito Melide conver-terase por un día nun ShowRoom ao aire libre onde aspersoas que se acheguen avisitalo poderán coñecer deprimeira man unha amplavariedade de produtos. Son osque venden os 20 establece-mentos comerciais que parti-ciparán na campaña, todoseles asociados a Asetem-Cca erepresentativos de sectoresmoi diferentes. Haberá ofertapara todos os gustos e todas asnecesidades: lencería, zapate-ría, ferraxería, xoiería, regalose complementos, roupa para

home e muller, produtos deestética e perruquería, motose bicicletas, mobles, alimenta-ción e produtos delicatessen,artigos multiprezo e roupadeportiva.

Descontos e premiosComo o seu propio nome in-dica, “En Melide todo o día”celebrarase ao longo dunhaúnica xornada, a do 23 de no-vembro, en horario de 10:00 a14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.Durante ese día os comerciosparticipantes farán un 10% dedesconto en todas as comprasrealizadas e agasallarán aocliente cun vale-desconto de 5euros que poderá empregar enfuturas adquisicións superioresa 50 euros.

Ademais de descontos, ta-mén haberá premios aos quese poderá acceder polo simplefeito de visitar as tendas. Odomingo previo á celebraciónde “En Melide todo o día”,

persoal de Asetem-Cca repar-tirá invitacións sen compro-miso de compra entre a xenteque acuda ao mercado. Taménse poderán atopar nos estable-cementos participantes. Nelasaparecerán os logotipos de to-dos os comercios. A medidaque o cliente vaia visitandoas tendas, irá selando os logo-tipos. Se completa a metadee ademais presenta un ticketde compra, terá dereito a unregalo sorpresa (cea para dousnun establecemento hostaleiroda vila, un décimo de lotería,un lote de rifas para a cam-paña de Nadal de Asetem-Cca... ). Os agasallos poderánrecollerse a partir do día 23de novembro nas oficinas dapatronal.

ocio para todos os gustosPara facer que esta iniciativaresulte máis atractiva e que ocliente teña motivos máis casuficientes para estar “En Me-

Os comerciantes amosarán sen compromiso a súa nova mercancía

20 comercios da vila abrirán as súas portas o sábado 23 de novembro para amosar a nova mercancíaoutono-inverno e as últimas tendencias. Haberá descontos especiais e premios para os clientes

lide todo o día”, Asetem-Ccafixo coincidir a campaña coasegunda fin de semana da IVRuta das Setas e das Castañas.Deste xeito, as persoas que seacheguen o 23 de novembro aMelide poderán tamén degus-tar as tapas gratuítas que ofre-

cerán 18 bares e restaurantesda vila a partir do mediodíae tamén á noitiña. A oferta deocio complétase coa Melide-fest, a festa da cervexa orga-nizada polo Concello, e cosconcertos da Semana da Mú-sica na igrexa parroquial.

Angarela

Calzados Broz

Ctro. Comercial Ares

Cousas Novas

Ekaté

El Baúl de la Piquer

El Dándolo

Estética Susana

Leiva Motosport

Lencería Berencello

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

M&M Moda

Mis Mejores Labores

Mobles Ares

Modas Alfonso

Muxica Tenda Xoven

Romero Zapaterías

Sisuka

Tu Boutik

Xebre

Xoiería Oro Ley

Cartel promocionalda xornada comer-cial “En Melide todoo día”. Os comerciosparticipantes teráneste distintivo nassúas tendas para queos clientes poidanidentificar os esta-blecementos adheri-dos á iniciativa. Nosdías previos á cele-bración da campañarepartiranse máisde 3.000 invitaciónsentre veciños e visi-tantes.

Page 9: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Publicidade 9Cerne 94. Novembro 2013

CAFETERÍA - PIZZERÍA

Telf. 981 50 79 06

Avda de Lugo, 25MELIDE (A Coruña)

Casa JuanitoMás de 100 años de prestigio y calidad

Gran surtido en cestas de navidad y baúlesRegalos navideños con productos conocidos y de prestigio

Mateo Segade Bugueiro, 39 - MELIDE / Tfno e Fax: 981 50 51 03

Especialidad en:

Pimentón

Jamones e ibéricos

Legumbres

Bacalao Vinos Licores

Page 10: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

10 Publicidade Cerne 94. Novembro 2013

ERUOM

Polígono Industrial do TambreVía Galileo,91589O SANTIAGO DE COMPOSTELAwww.eruom.com

D.O. Ca. Rioja

AllendeMugaObaloArneguiAzpilicuetaRioja BordónRamón BilbaoMarqués de TeránMarqués de Riscal

D.O. Ribera del DueroTarsus PradoReyCruz de AlbaCondado de OrizaDominio de AtautaPago de los Capellanes

D.O. RuedaNaiaMonteblanco

D.O. RibeiroViña Costeira

Tel. 981 519 999Fax. 981 519 [email protected]

XAN GARCÍA MONTERO, comercialMóvil:678 543 24O

D.O. Vinos de Madrid

Tagonius

D.O. SomontanoPirineos

D.O. BierzoDominio de Tares

Vinos del mundoArgentina, Australia,Chile

D.O. NavarraCastillo de JavierPalacio de la Vega

D.O. BierzoDominio de Tares

D.O. ToroFariña

V.T. Castilla y LeónDominio DosTaresViñas del Cénit

V.T. Castilla

Mano a Mano & VentaLa OssaPago del Vicario

D.O. Rías Baixas

NoraLuscoVeigadaresTerra D´OuroViña SobreiraMar de FradesSeñorío de Sobral

D.O. ValdeorrasGalgueira

D.O. Ribeira SacraPincelo & 1985

ChampagnePerrier Jouët

Aceite ArteOlivaAgua Solán de Cabras

viños

FACTORY

ROOMA TÚA DISCOTECA EN MELIDE

C/ Melide di Lugano

1º aniversario!! Como pasa o tempo! Levamos xa un aniño compartindo noites deboa música e diversión con todos e todas vós. O pasado 9 de novembro celebramos con grande éxito o noso primeiroaniversario e xa vos podemos dicir que seguiremos de aquí en adiante co mesmo ánimo e a mesma enerxía do comezo.

Grazas por facer de Factory Room a mellor discoteca da noite melidense!!

Rúa Principal, 6 - MELIDETelf: 696 77 41 63

Page 11: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Melide 11Cerne 94. Novembro 2013

“Será un esforzo descomunal,pero non podemos seguir su-bíndolle os impostos aoscidadáns ata que non rematea crise e comece a recupera-ción”. Con estas palabras aalcaldesa de Melide, ÁnxelesVázquez, anunciaba que oConcello asumirá “os 50.000ou 60.000 euros” que suporáo incremento dun 34% nocanon que aplica Sogamapolo tratamento de residuosna planta de Cerceda. Destexeito o goberno local evitaráque a suba repercuta directa-mente no peto dos veciños,que terían que pagar 18 eurosmáis dos 79 que xa paganpolo recibo do lixo.

A medida foi anunciadano transcurso dun plenoextraordinario no que o PPaprobou en solitario a modi-ficación dunha batería de im-postos e taxas municipais.Entre as máis destacadas estáa do recibo da auga, quesubirá en 2014 un 1,5%, o

equivalente ao IPC inter-anual. A actualización destataxa estaba estipulada nocontrato coa empresa quexestiona o abastecemento.

Outras ordenanzas fiscaisforon modificadas á alza tansó uns céntimos “para facili-tar a contabilidade” e algun-has quedaron conxeladas. É ocaso do imposto sobre cons-trucións, instalacións e obras(ICIO), o de bens inmobles(IBI) e o de vehículos de trac-ción mecánica (IVTM). Apro-báronse baixas considerablesde ata o 70% polo uso deedificios municipais como afutura Casa da Cultura ou oPazo de Congresos.

O BNG recorda que o PPsubiu o recibo do lixo en 5euros na primeira parte dalexislatura e que aprobou acreación de novas taxas. “Asuba nos dous primeirosanos foi considerable e agoravéndennos fume”, declara ovoceiro dos nacionalistas.

o concello asumirá o canon deSogama para evitar unha subade 18 euros no recibo do lixo

os gremios retoman a organización doSan roque tras 12 anos de parénteseunha comisión integradapor seis persoas repre-sentativas dos diferentessectores profesionais deMelide será a encargada deorganizar o San Roque de2014. Así, os gremios vol-ven coller as rendas dasfestas máis importantes davila despois de que nos úl-timos doce anos estivesenen mans do Concello.

O goberno local consi-dera que era “necesaria” aimplicación dos gremiosna organización das festase amósase “satisfeito” pola“nova alianza entre a co-misión e a administración lo-cal”. Ao mesmo tempo ofreceen todo momento a súa “cola-boración e soporte”.

Pola súa banda, os mem-bros da comisión de festasasumen o cargo coa intenciónde “facer un cambio para me-llor se é que podemos”, ex-plica o secretario, RubénRodríguez, quen asegura serconsciente de que os agarda

un duro traballo por diante:“temos moitas cousas que mi-rar e aínda estamos un poucoverdes porque é a primeiravez que nos involucramos nunproxecto así”, comenta, “undos membros foi da comisiónhai trinta anos, pero eses eranoutros tempos”. Coa intenciónde poñerse ao día canto antes,un dos primeiros pasos quedeu a nova comisión de festas

do San Roque foi solicitar obalance de gastos de anosanteriores: “iso permitira-nos ter unha idea do quese viña gastando e en quese gastaba”, sinala o secre-tario do grupo.

Previamente repartironos cargos e as responsa-bilidades de cada un notranscurso dunha reunióncelebrada o pasado 8 denovembro. No encontro fi-xaron tamén un calendariode reunións cos diferentesrepresentantes de orques-tras da comarca, aos quevisitarán proximamente.Ante a pregunta de por que

decidiron asumir un encargoe unha responsabilidade queninguén quixo ata o de agora,Rubén Rodríguez responde di-cindo que “todos os membrosda comisión temos negocios evivimos do pobo; debémonosá xente e xa que as festas sonpara todos, temos que involu-crarnos: un ano uns e outroano outros”.

a Xunta condena o novo ambulatorioao presupostar só 19.937 € para 2014A construción dun novo cen-tro de Saúde en Melide, unhada máis repetidas promesaselectorais do Partido Popularpara a presente lexislatura,terá que seguir agardandode confirmarse o avance deorzamentos da Xunta para oano 2014. O documento su-puxo todo un xerro de augafría para os intereses dos me-lidenses ao recoller tan só19.937 euros para o novo am-bulatorio, unha cantidade atodas luces insuficiente parainiciar as obras.

A noticia chega despois deque non se teñan executado aspartidas de 500.000 e 771.000euros reservadas pola Conse-llería de Sanidade nas contasde 2012 e 2013. Xunto co deMelide, outros 6 dos 14 novosambulatorios proxectadospola Xunta recibirán este anomenos de 20.000 euros. Odepartamento que dirixe aconselleira Rocío Mosqueraasegura que os novos centrosde saúde terán o investimentoque precisan en canto o per-mita a complicada situación

económica, un argumento quedeixa no aire a data de iniciodas obras.

Dende as filas da oposiciónos socialistas melidenses saí-ron ao paso cualificando de“burla para os veciños e veci-ñas” o avance de presupostosda Xunta. A través dos seusrepresentantes no parlamentode Galicia, presentaron unhaemenda “para que se consignea cantidade necesaria paraabordar a construción”. Omesmo fixo o BNG, cuxo vo-ceiro no Concello de Melide,Xosé Igrexas, acusou á alcal-desa de faltar á verdade por

ter anunciado en 2011 que íancomezar as obras: “é penoso evergonzoso que o PP minta so-bre unhas obras que nin come-zaron nin van comezar o anoque vén, xa que nos orzamen-tos da Xunta non hai diñeiro”.

Pola súa banda, o gobernolocal non renuncia a ver cons-truído o centro de saúde antesdas próximas eleccións. Así omanifestou a alcaldesa, Ánxe-les Vázquez, en sesión plena-ria: “conseguiremos algunhasobras que parecen imposiblese conseguirémolas antes dofin da lexislatura porque é omeu empeño persoal”.

Parcela cedida polo concello para a construción do ambulatorio

aproban renovar os vestiariosdo campo de fútbol municipal

O campo de fútbol de Melide estreará vestiarios renovados aprincipios do ano que vén. O Concello e a Deputación investirán85.000 euros para acometer unha actuación “moi demandadapola cidadanía”, en palabras da alcaldesa, Ánxeles Vázquez. Apartida económica xa foi aprobada e o proxecto está en mansdos técnicos da Deputación, que previsiblemente lle darán ovisto e prace antes de que remate o mes de novembro. O equipode goberno explica que se aproveitará para axustar as instala-cións á lei xa que “ non cumpren ningunha lexislación nin a ni-vel de accesibilidade, nin sanitario”. Culpa ao bipartito. O malestado das instalacións foi denunciado recentemente polo PSOEde Melide, que animou a crear un plan de xestión para o campomunicipal ante o “deterioro e a falta de mantemento” .

O PSOE de Melide denunciou o mal estado das instalacións

COMISIÓN DE FESTAS DOSAN ROQUE 2014

- Carlos Taboada, presidenteEmpresario xubilado

- Ana Soto, vicepresidentaFerrallas Vulcano (Empresa)

- Rubén Rodríguez, secretarioCousas Novas (Comercio)

- Jesús Vidal, tesoureiroSeguros Mapfre (Servizos)

- Manuel Rúa, vogalParrillada Rúa (Hostalería)

- José Taboada, vogalConstr. Horacio Taboada (construción)

Page 12: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

12 Melide Cerne 94. Novembro 2013

pedras no camiñoFoto-DenuncIa

Detrás deste outro, despoisoutro, outro máis e a conti-nuación unha poza. Non sontan grandes como aparenta,pero hai máis dos que parece.Aí está a rúa San Antonio paravelos quen quixer. Nestes díasnos que se fala tanto das cues-tións de imaxe ao fío da folgado lixo en Madrid, temos aquía nivel local un exemplo seme-llante que ben nos podería fa-

cer pensar. Cantos peregrinosnon pasarán por enriba destaspedras! E que levarán no pen-samento? Tamén para os veci-ños que as sofren día a día éunha amoladura. E xa postos afalar de arranxos e reformasnecesarias, non viría mal bara-llar en serio a posibilidade depeonalizar certas rúas. O oasisda Praza do Convento merecemedrar un chisco.

O goberno local aproboudestinar 209.784 euros pro-cedentes do remanente detesourería positivo de 2012á amortización da débedabancaria. Esta cantidadesúmase aos 395.000 eurosxa contemplados para esteexercicio e contribuirá adeixar o total de débedabancaria do Concello deMelide a finais de 2013en 1.185.000 euros, fronteaos 2,4 millóns “que habíacando empezamos a gober-nar”, explicou a alcaldesa,Ánxeles Vázquez”.

O PSOE de Melide consi-dera que “o PP prefire que odiñeiro o teñan os bancos envez de destinalo aos veciñosmáis necesitados” e solici-tou que se aprace o uso deseremanente para amortizardébeda “ante a posibilidadede que se autorice aos con-cellos a utilizalo para inves-timentos” como “situaciónsde emerxencia social ou unplan de emprego local”.

outros 209.784euros de débedaamortizados

O PSOE de Melide quereque o Concello se sume aogoteo lento pero imparablede municipios galegos quese posicionaron en contra ocopagamento dos medica-mentos que se subministrana enfermos crónicos noscentros sanitarios. Así o so-licitará no próximo plenoordinario ao tempo que pe-dirá que o Concello “se fagacargo dos custos daquelesveciños que se atopen en si-tuación de necesidade”.

Por outra banda, os so-cialistas propoñerán que secree o Consello de ServizosSociais para “promover ecanalizar a participación ac-tiva das persoas e das orga-nizacións sociais, corres-ponsabilizando á cidadaníanos asuntos do municipio”.

Solicitarán queo concello serebele contra o copagamento de fármacos

un turista inesperado na feira grande de Melide

Cento de persoas acoden aMelide todos os domingos peronon sempre a feira granderecibe visitas tan especiaiscomo a dun becerro de 500quilos que quixo escapar ao seudestino e correu durante algomáis de dúas horas polo centroda vila embestindo canto ato-paba ao seu paso e causando aun tempo a sorpresa e o pánicodos viandantes.

Aconteceu o domingo 27 deoutubro, pouco despois das7:30 horas, cando os gandei-ros comezaban a descarga nafeira dos animais e un becerroescapou mentres o estabanbaixando do camión. Na ma-nobra rompeulle o brazo aoseu propietario e emprendeuunha fuxida en dirección aocentro da vila. “Colleu cara aoCastelo e logo fixo unha visitaturística polo casco histórico”,relata Juan Curros, xefe docorpo de Protección Civil, quexunto coa Policía local, oGrupo de Emerxencias Supra-municipal (GES) e a GardaCivil participou nun amplo

dispositivo para tratar decapturar ao animal. “Foi boasorte que escapara tan cedo”,comenta Juan Curros, “se che-gase a facelo unhas horas máistarde, coa feira chea de xente,sería peor e incluso poderíater causado danos persoais”.

Con todo, no seu percorridopor Melide adiante o xato em-bestiu varios tenderetes que xaestaban montados, derruboualgún deles e puxo en serios

apuros a varias persoas quexa transitaban pola zona aesa hora da mañá.

“parecía o San Fermín”Entre as afectadas estivo unhaveciña de Melide que prefiremanterse no anonimato e queconta aínda con certa incredu-lidade o mal trago que pasouese domingo de feira: “eracedo, pero como tiña algo detempo antes de ir para traba-

O becerro escapou ao descargalo do camión

llar, fun dar un paseo polomercado. Estaba mirando unszapatos na Rúa do Convento esentín caer uns ferros. Candovirei a cabeza para ver o quepasara, xa tiña o becerro caseenriba de min”, relata. “Aquiloparecía San Fermín”, comentaesta veciña da vila, “eu tirei obolso no chan, peguei un saltoe metinme dentro do posto dezapatos”. Xa dende un lugaralgo máis seguro, continuoucontemplando o espectáculo:“o becerro ía coma tolo”, con-clúe, “foi para cara á tenda deEl Dándolo e comezou a turrarcontra o escaparate”.

Non obstante, o percorridonon rematou aí. O cuxo prose-guiu coa súa ruta turística endirección a Furelos ata queos axentes despregados conse-guiron encamiñalo e levalode novo cara á zona da feirado gando. O animal foi final-mente capturado sobre as 9.30horas nunha finca próxima aoPazo de Congresos. SegundoProtección Civil, non foi nece-sario abatelo nin sedalo.

Acurralan un becerro de 500 kg tras correr dúas horas desbocado polas rúas da vila

Melidenses condecoradospolo seu traballo en angrois

Protección Civil de Melide foi distinguida, xunto con outras 48entidades e organismos, cunha placa de honor ao Mérito Civilpola súa colaboración nas tarefas de rescate tralo accidente doAlvia en Compostela, no que faleceron este verán 79 persoas.No acto participou a Ministra de Fomento, Ana Pastor, e en re-presentación do colectivo melidense acudiu o seu coordinador,Juan Curros, quen aínda recorda a dureza daquela fatídica noitedo 24 de xullo: “levo moitos anos traballando nisto e vin moitascousas, pero nada comparable ao daquel día”, asegura, “pensoque eses recordos non se me van borrar nunca na vida”. Protec-ción Civil de Melide foi mobilizada sobre as 4 da madrugada do25 de xullo e traballou ata que rematou o dispositivo de rescate.

Juan Curros, segundo pola esquerda, recolleu a distinción

Page 13: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Comarca 13Cerne 94. Novembro 2013

Dende xaneiro ata SemanaSanta. O Museo da Terra deMelide comezará 2014 coasportas pechadas ao público.

A clausura temporal docomplexo museístico explícasepola diminución nas axudasdas administracións, segundoindica o director do centro,Xosé Manuel Broz Rey : “oscartos non chegan para todo;a Deputación estaba contribu-índo con 30.000 euros peroeste ano rebaixou a 20.000 equédanos un oco que non da-mos cuberto”. A isto súmaseque o Concello de Melide nonrealizou ningunha achegadende que entrou o gobernodo PP e que Xacobeo “ninsequera se puxo en contactopara interesarse polo nosolabor a pesar de que somoso único museo que hai noCamiño de Santiago”.

limitado polos recursos,Broz Rey optou polo pechetemporal para evitar desequi-librios nas contas do centro: “omuseo non está para xerarbeneficios, pero tampouco écuestión de empeñarse, esa

non é a miña forma de xestio-nar”, sinala. A subvención daDeputación é a principal fontede ingresos do museo, á quese engade a suma das cotasanuais de 30 euros que paganarredor de 300 socios. Contodo, os cartos non alcanzan

o museo de Melide vese na obriga depechar tres meses por falta de axudas

Cerneo xornal da terra de Melide

Faite colaborador/a do Xornal cerne

apoia o periódico da túa comarca

nome:

apelidos:

enderezo:

teléfono:

contribúe con 12 € / ano

(recollida nun punto 

de distribución)

contribúe con 20 € / ano

(envío postal ao domicilio)Completa este cupón e entrégao en Asetem

En cumprimento do establecido na Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de

Datos de Carácter Personal, comunicámoslle que os datos que vostede nos facilite quedarán

incorporados e serán tratados nos ficheiros titularidade de Asetem coa fin de poder prestarlle os

nosos servizos.Asetem comprométese a tratar de forma confidencial os datos de carácter persoal

facilitados e a non comunicar ou ceder dita información a terceiros. Poderá exercer en calquera

momento os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dos seus datos de carácter persoal.

R/ Lino Sexto, nº2    -    981 50 61 88

Jose penas trae para Santisoo campionato ibérico de raid

Jose Penas, veciño deSantiso, proclamousevencedor do Campio-nato Ibérico de Raidde Aventura 2013 dis-putado na localida-de portuguesa de Oli-veira de Azeméis osdías 2 e 3 de novem-bro. Como membrodo equipo Team SportHG e xunto cos seuscompañeiros JotaSancosmed e BorjaVarela, completou unesixente circuíto en 18

Jose Penas, Jota Sancosmed e Borja Varela

horas 7 minutos e 41 segundospara sumar 67 puntos sobre90, catro máis que o seu rivaldirecto, o tamén equipo galegoGallaecia.

A proba desenvolveuse endous días: no primeiro reali-zaron en diferentes etapas(dúas delas pola noite) 54,5km de trekking e 80 de Moun-tain Bike. O domingo comple-taron 25 km de kaiak polaría de Aveiro e outros 41 enbicicleta.

O raid de aventura é unhacompetición multidisciplinar

destinada a probar a capa-cidade de resistencia e desuperviviencia dos equipos.Os participantes deben com-pletar un extenso percorridode orientación, no menortempo posible, superando asdificultades naturais que ato-pen ao seu paso e utilizandotan só as súas propias forzas,sen recibir axuda externa ninvalerse de medios motoriza-dos. O percorrido é descoñe-cido e organízase en etapas eprobas especiais con puntosde control intermedios.

para sufragar os gastos de luz,mantemento e seguros do edi-ficio nin tampouco os salariosdas dúas persoas contratadaspola sociedade que o xestiona.

Volta aos iniciosBroz Rey amósase convencidode que o peche do museodurante tres ou catro mesesao ano “vai ser a tónica de aquíen adiante a non ser quese produza un milagre” e la-menta ter que tomar unha de-

A Deputación daCoruña reduciu a

súa achega en10.000 euros

cisión coma esa no momento“álxido” dun centro “que tenlocal propio, as contas sanea-das e que foi remodelado entodas as súas salas”. Nese sen-tido, o director do museo con-sidera que se está a dar unpaso atrás e define como “unfracaso” o feito de ter que pe-char as portas temporalmente:“non estou contento, porquecomezamos con este proxectoen 1978 e dende 1985 levamosabrindo todos os días”.

Non obstante, Broz Reyanuncia que de xaneiro a abrilse encargará persoalmente deabrir o museo todos os domin-gos, “como se facía nos ini-cios”, e confirma que a entradaseguirá sendo gratuíta e quese continuarán publicando osboletíns anuais. O próximomes decembro sairá á rúa onúmero 26. Por outra banda, odirector do centro asegura conrotundidade que o museo “se-guirá funcionando aínda quenon haxa subvencións” e en-gade que “de aquí en adianteese será o gran reto ao que nosteñamos que enfrontar”.

Page 14: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

14 Publirreportaxe Cerne 94. Novembro 2013

CENTRO ECUESTRE MARCO DAS PÍAS

O proxecto ecuestre do Marcodas Pías ten a súa orixe, comonon podía ser doutro xeito, napaixón polos cabalos e nunhavida vivida sempre ao seu ca-rón. Así foi a de Javier Gonzá-lez, xerente do complexo, quedende que comezou a montarcon sete anos estivo semprevinculado aos cabalos e aomundo da competición, espe-cialmente no salto de obstácu-los. Foi sempre un soño seupoder desenvolver unha acti-vidade relacionada con isoque tanto lle gustaba e conse-guiu canalizalo converténdoseen veterinario. Aí comezou axermolar a idea do complexoecuestre, que nos seus iniciosxurdiu como un centro veteri-nario “pensado para xente connecesidades relacionadas coareprodución equina”.

É un campo moi específicopero non por iso menos coñe-cido; ata a o Marco das Píaschegan persoas procedentesde toda España cos seus se-mentais para conxelar seme,realizar transferencias de em-brións, ou inseminar eguas.A cría de cabalos de competi-ción é a día de hoxe unha dassinais de identidade destecentro en cuxos prados pacensementais cun valor econó-mico superior aos 300.000euros. Conviven con outrosanimais que poden presumirde ter gañado campionatos deEspaña ou de quedar entre os20 primeiros en diferentes pro-bas dos mundiais. A algúns orecoñecemento non lles véndo seu palmarés, senón das fi-liacións familiares, como lleacontece ao cabalo irmán docorcel co que competía ata haipouco Marta Ortega, herdeirado imperio Inditex.

Escola de equitaciónNunca mellor dito, non se llepoden poñer cancelas ao

campo, e por iso o CentroEcuestre Marco das Pías nondeixa de medrar. Os seus pro-pietarios acaban de inaugurarhai pouco máis dun mes o queestá chamado a ser o novobuque insignia do complexo;unha escola de equitación conponis e cabalos adaptados“para que a xente poidaaprender en diferentes niveis”,explica Javier González.

A intención é “democrati-zar e popularizar” unha prác-tica que sempre se asociou áelite. Por iso, o rango de alum-nos potenciais vai dendeaquelas persoas que nuncamontaron e parten de cero ataesoutras que acoden co seucabalo privado para prepararcampionatos nacionais e inter-nacionais. Igual de amplo é oabano de idades: danse cla-ses de iniciación e de perfec-cionamento para maiores enenos a partir de catro anosnunhas instalacións perfecta-mente equipadas con 4.200metros cadrados de pistasexteriores e outra cuberta de70x30 metros para os díasde choiva.

A escola de equitaciónfunciona os venres pola tarde,sábados e domingos. Os

alumnos poden escoller o ho-rario que mellor lles conveña enormalmente reciben unhaclase semanal de 50 minutosmáis outros 30 de interacciónco cabalo ou de leccións teó-ricas. “Ao final o alumno re-mata pasando un par de horasou máis cos cabalos, vendocousas”, explica Javier Gon-zález, “ os rapaces pásanomoi ben na finca, onde nonhai ningún perigo para eles”.

Múltiples actividades de ocioA tranquilidade é tamén abso-luta para os pais, que podenagardar no club social co queconta as instalacións, dotadode cafetería, salón e unhas ex-celentes vistas panorámicas.Este espazo forma parte daque está sendo a outra granaposta do Centro EcuestreMarco das Pías: o ocio. Sonnumerosas as actividades quese están a programar dendea xerencia, como as rutas acabalo pola zona ou a celebra-ción de aniversarios, comu-ñóns ou calquera outro tipo deeventos. No verán organí-zanse xornadas hípicas eninglés e campamentos conmestres nativos. Tamén estána valorar, de cara a este in-

O galope imparable dun proxecto pioneiro en Galicia

Os cabalos dispoñen dunha extensión de 20.000 metros cadrados

verno, a posibilidade de orga-nizar actividades escolaresen colaboración coas ANPAse os colexios da comarca.

Non é unha posibilidade,senón unha realidade, a ligade concursos “para xente dacomarca e de toda Galicia”que comezará o próximo 14de decembro. Será a primeiradoutras cinco competicións

hípicas que se desenvolverános días 11 de xaneiro, 8 defebreiro, 8 de marzo, 5 de abrile 10 de maio.

Unha morea de oportu-nidades ao alcance da man.No Marco das Pías, rodeadode paisaxes idílicas ondeconviven humanos e animais,hai un lugar que sen dúbidamerece a pena coñecer.

Definilo como un lugar de paisaxes idílicas onde conviven en harmonía humanos

e animais podería levarnos a pensar en quimeras ou escenas de ficción. Pero é

unha realidade tanxible e próxima. Cos seus máis de 20.000 metros cadrados de

pradería dispoñibles enteiramente para os cabalos, o Centro Ecuestre Marco das Pías,

localizado no lugar do mesmo nome dentro dos lindes do Concello de Sobrado,

convértese en todo un paraíso para os amantes da hípica e dos animais en xeral. Clínica

veterinaria de cría e reprodución, escola ecuestre e enclave para o ocio, este centro

único no interior de Galicia fai da Terra de Melide un referente a nivel nacional.

Á escola ecuestre poden acudir nenos/as a partir dos catro anos

O centro ofrece múltiples actividades de ocio con cabalos e ponis

Cabalos campións de España adestran no Marco das Pías

Page 15: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Publicidade 15Cerne 94. Novembro 2013

INMOBILIARIA TOPOGRAFÍA

Pisos Catastro Mediciones

Rda da Coruña, 68 Bajo Izq. - Melide (A Coruña) - Tlf. 981.93.51.08

[email protected] - www.melidemediciones.com

Parcelaria Particiones

Informes Valoraciones

Concesión de Aguas

Terrenos

Casas

Alquileres garantizados

Analíticas alimenticias Laboratorio

Legionela Control de plagas

Manipulación alimentos Formación

[email protected] / 986 118 714 / 698 163 399

Page 16: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

16 Entrevista Cerne 94. Novembro 2013

CESÁREO IGlESIAS, PRESIDENTE DO ATlÉTICO MElIDE

“Faremos un desembolso importantepara incorporar fichaxes de calidade”Borrón e conta nova. O Atlético Melide colle un rumbo diferente para

deixar atrás as épocas de dificultades e afrontar o futuro “coa vontade

de medrar e de facerlle un ben ao pobo”. Cunha directiva renovada que

conseguiu en tempo récord sanear as contas e multiplicar o número de

socios, o club inicia a tempada co ascenso na mente e o obxectivo inme-

diato de fichar novos xogadores. Cesáreo Iglesias, presidente; Fernando

Torreiro, adestrador do primeiro equipo e Julio Mouriño, adestrador do

equipo feminino, falan para Cerne sobre a nova época do Atlético Melide

-leva cinco meses comopresidente do club. Que olevou a asumir un reto tanimportante e complexo?-cesáreo Iglesias (c.I.):un dos motivos polos que en-trei na directiva foi a insisten-cia de Julio e Fernando, dúaspersoas coñecidas, que valoro,e que sei que son xente defútbol con conceptos válidos.O segundo motivo foi meufillo, que xoga no Atlético eestá moi contento nel, e oterceiro e máis importante,

sen querer ofender ao pobo deMelide, é intentar subir o niveldo seu fútbol. Esta vila vai pordiante doutras en moitas cou-sas; está a anos luz, pero nocaso do fútbol temos que po-ñer todos o noso gran de areapara que isto se levante moitomáis. Niso andamos.

-en pouco tempo fixounha reestruturación con-siderable. Que pasos sederon ata agora?-c.I.: No mes de marzo fixe-

mos unha folla de ruta paraos próximos cinco anos e isoé o que nos está marcando ocamiño. Ás veces hai discre-pancias, pero hai que seguila.Eu embarquei nisto por Julio eFernando e seguiremos os tresxuntos no barco. O primeiroque se fixo foi sanear o equipoe limpalo de débedas, porquesó o feito de ver as contas xabotaba para atrás. Estaba todoque non había por onde collelo:non había nin camisetas, ninbalóns, nin nada… a día de

hoxe xa non hai débedas con-traídas e temos as contas aodía. Por outra banda, o club sótiña 7 socios cando chegamose agora ten 400. Aspiramos afacer 100 máis como mínimo.Penso que estamos avanzandopolo bo camiño.

-como conseguiron todoiso? -c.I.: Temos un sponsor, In-termax, que nos deu 10.000euros en metálico para estatempada e se o equipo ascende

daranos máis diñeiro. Para opróximo ano haberá outrosponsor a nivel de todaEspaña que achegará moitoscartos. Na vindeira tempadapresentaremos un orzamentode 70.000 ou 80.000 euros,con 50.000 en publicidade.

-como están as cousas noque se refire a xogadorese fichaxes? -c.I.: A nivel de xogadores es-tamos a un 5% do que necesi-tamos. Nese aspecto imos

[email protected] - www.bodegasmejuto.com

VIÑOS E LICORES

Page 17: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Entrevista 17Cerne 94. Novembro 2013

facer un cambio bestial, ro-tundo, o que vexamos co ades-trador pero xa. En decembro,aproveitando o descanso in-vernal, ímonos mollar. Se haique facer un desembolso,importante faise, pero paraincorporar xente de calidade enon para fichar por fichar. Osxogadores que xa están teñenque arrimar o ombreiro e de-mostrar que valen. O equipofisicamente está ben pero faltao traballo táctico e un par depuntais de primeira categoría.En decembro terémolos.

-cal é a súa ilusión neste1º ano como presidente? -c.I.: O que máis digo éque temos moita vontade demedrar e de facerlle un ben aopobo. Estámolo demostrandocon obras e o máis difícil xao superamos. Este ano hai queascender si ou si. Penso que,

-Julio, con respecto aoequipo feminino, houbomoitas incorporacións.están encaixando ben asnovas xogadoras? -Julio Mouriño (J.M).:Houbo moitas xogadoras quemarcharon por cuestións deestudos ou motivos familiarese quedamos un pouco coxos.Incorporáronse unha serie derapazas que están poñendomoitas ganas e están facendoas cousas ben. Aspiramos aque o equipo volva ser o quefoi; comezamos hai oito anose chegamos a estar en terceiradivisión. De aquí saíron algun-has rapazas que foron fichadaspor equipos de segunda e quexogan coa selección galega.

-ten tirón o fútbol femi-nino entre a afección dacomarca? -J.M.: En Melide non. Vas

por ninguén de aquí ata agora.Alégrome moito, non só pormin, senón por calquerafuturo adestrador desta vila.Non hai necesidade de ter queir buscar a outros lugares, contodo o respecto para grandesamigos como Popas, Francisou O Argentino. Melide ten su-ficiente poboación e mozospreparados como para quealguén de aquí poida afrontaro reto de levar un equipo local.Por iso estou tan contento deque me deran a oportunidade.Vou loitar por este equipo.

-o ano pasado non tiñanequipo sénior. Foi doadoformalo? -F.t.: O ano pasado eu collíno equipo de xuvenís porque sedesfixera esa categoría e pedí-ronnos que lles botaramosunha man. Aí foi cando xurdiu

Son boas as sensacións? -F.t.: De momento estamosempezando e todo o mérito oteñen os rapaces; son moitraballadores. O máis bonitode todo é que son 18, a maioríadeles non se coñecían, e enmoi pouco tempo consegui-mos formar unha piña; non sóentre eles, senón tamén coadirectiva. Temos algunhas ca-rencias, porque empezamosalgo tarde, pero aí estamos.

-tedes posibilidades deascender. Sería esa a súamáxima aspiración? -F.t.: Todos queremos ascen-der. Nesta liga sobe un directoe outros catro promocionan.A promoción para min é unreto e creo que imos estar aí;para min sería unha ilusiónmoi grande. Despois se cae oascenso, mellor que mellor.

Neste tema temos que partirda vontade de medrar. A nivelde directiva e de adestradoreshai fluidez e téñense produ-cido conversas e achegamen-tos. Non obstante, na últimareunión que mantivemos, es-tando tamén presente a alcal-desa, deuse un paso atrás moigrande. Eu fixen unha pro-posta sobre sponsors e finan-ciamento (estariamos falandode 400.000 euros en 8 anos)pero non convenceu. As postu-ras distanciáronse.

-chama a atención quesempre obsequien aoadversario con melindres. -c.F.: Estamos entregando unbo produto que hai en Melide.Queremos seguilos dando eesperamos que co paso dotempo poidamos chegar coneles a grandes vilas e cidades.

“Este ano haique ascender siou si; a non ser

que teñamos moimala sorte, ímolo

conseguir”

a necesidade de ter unha pro-xección para eses rapaces epensamos en facer o equiposénior, porque viamos unfuturo prometedor. Consegui-mos formalo a base de moito

traballo. Había 4 ou 5 xogado-res do ano pasado. A partir deaí, temos xente moi sociableque foi buscando.....

-ata o momento levadesxogados tres partidos.

ou temos moimala sorte, aíndaque estamos xo-gando algo malde momento, oupodémolo con-seguir.

-Vostede, Fer-nando, cum-priu o seusoño comoa d e s t r a d o r :estar á frontedun equipo dasúa vila. -Fernando to-rreiro (F.t).:Certo, semprequixen adestrarun equipo deMelide, pero Me-lide non apostou

a outros sitios,como por exem-plo ao Barco deValdeorras, eatopas preto de200 espectado-res. En Melidenon pasa iso,pero xa non sóco equipo femi-nino. Ata quenon haxa algúnequipo que des-punte, a xentenon lle dá aofútbol a impor-tancia que ten.

-Ven posibleunha fusiónentre o cire eo atlético? - c . F u e n t e s :

O Atlético sempre lle regala melindres ao equipo rival

CERVEXERÍA

Rúa Folicheiro, 20 - MELIDERúa Folicheiro, 20 - MELIDE

Tlf: 900 866 972Tlf: 900 866 972 (gratuíto)

[email protected]@redintermax.com

Continente

C/ Luis Seoane, 8

15800 MELIDE (A Coruña)

HOSPEDAJE - BARRESTAURANTE

Telf: 981 50 61 82 - 699 61 37 59

Novo

FACEVA ARZÚA, S.L.

Pol. A Madanela 23

Telf.: 981 50 13 57Fax.: 981 50 13 59

Móvil.: 646 42 59 99

15800 Melide (A CORUÑA)

[email protected]

Page 18: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

18 Publicidade Cerne 94. Novembro 2013

FESTA hALLOWEEN NOS PUBS DE MELIDE

Page 19: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Cultura e lecer 19Cerne 94. Novembro 2013

A Semana da Músicaestará dedicada este anoa Emilio Otero Val, mú-sico e compositor nacidoen Antas de ulla, cunhaprolífica vida desen-volta en Santander, peromelidense de corazón,de adopción e de sen-timento.

“Compuxo moitas pe-zas dedicadas á comarcae á nosa vila pero aíndaque non fose así, comogalegos e amantes damúsica que somos, me-recía unha homenaxedesta categoría”, declaraÁnxela lópez, presi-denta da Coral Poli-fónica de Melide, a enti-dade que leva 24 anosorganizando unha dascitas musicais máis im-portantes da comarcae a única que conseguereunir á práctica totali-dade das agrupaciónsexistentes na Terra deMelide.

un tributo singularao son das gaitas

“A mellor homenaxe écantar e tocar”, di conconvencemento Ánxelalópez. Iso será o que fa-

a Semana da Música homenaxea o sentimento galego de otero Val

gan os 19 grupos que pasaránpola igrexa parroquial duranteos días 15,16,17 e 22,23,24de novembro, unha cifra departicipación récord que dáidea da madurez e da consoli-dación da Semana da Música.

A cita adiantouse este anounha semana para que osfillos de Emilio Otero Val poi-dan participar na homenaxe.Viaxarán de Santander a Me-lide para escoitar e sentir naterra que as inspirou, as pezasque compuxo seu pai ao longodos anos. Soarán nos instru-mentos e nas voces de cadaunha das agrupacións que ac-túen nesta Semana da Músicae serán tamén a banda sonoraque acompañe á exposiciónfotográfica sobre a vida docompositor, unha mostra conabondoso material procedentedo arquivo de Mingos Fuciñosque se poderá contemplar napropia igrexa parroquial.

A homenaxe a Emilio OteroVal quere ser, por enriba de

todo, compendio do que foi atraxectoria musical do autor,na que a tradición, a raizamegalega e as gaitas foron unhaconstante. “Marchou para San-tander e dedicou toda a súavida á música pero nunca dei-xou de pensar en Galicia e engalego; na música tradicional”,explica a presidenta da Coral,“incorporou as gaitas á bandamilitar, ao coro que creou alá,a todo o que puido... por isoqueremos que o son das gaitasteña un lugar especial notributo que se lle vai render”.

Así é que a Coral Polifónicainterpretará dúas pezas deOtero Val acompañada porvarios gaiteiros, toda unha ex-cepcionalidade polas contadasocasións nas que as voces daformación se fusionaron coasnotas das gaitas. A última vezfoi precisamente nunha home-naxe “sinxela pero cariñosa”que se rendeu a Otero Val noSan Roque de 1983, tres anosantes do seu pasamento.

O evento celebrarase os días 15,16,17 e 22,23,24 de novembro

Emilio Otero Val foi director da Banda de Melide. Imaxe de 1935

uN AMANTE DE MElIDE E DA MúSICA TRADICIONAl

Con tan só 9 anos EmilioOtero Val ingresou naBanda Municipal de An-tas de ulla, a localidadena que naceu en 1908,para tocar a trompeta e obombardino. Dendeaquel día a súa vida que-daría ligada para sempreá música e axiña se habíaligar tamén a Melide, vilana que ten familia e lugarno que aterrou en 1931para dirixir a Banda Mu-nicipal. Non foi por moitotempo (ata 1937), pois aGuerra Civil truncou ta-mén este proxecto. Mili-

Emilio Otero Val

Otero Val (no centro) nunha cea do coro Aires de Melide. Anos 50

Despedida a un escenario “con moito encanto”

A XXIV Semana da Músicaserá tamén especial por supora despedida dun escenario xaemblemático, a igrexa parro-quial, que viu nacer e medrareste evento. Coas obras daCasa da Cultura a piques derematar, a edición de 2014 ce-lebrarase xa no novo edificio.A amplitude do centro e todasas posibilidades que ofreceserán ben recibidas, máisiso non quita o gusto amargoque produce deixar atrás unespazo “con moito encanto,boa acústica, acolledor e noque todo o mundo se sente agusto, sexa relixioso ou non”.

O tempo de despedidasé tamén tempo de agradece-mentos para a igrexa parro-quial e para os curas “que nosabriron sempre as portas dotemplo para o que quixera-mos”, recorda Ánxela lópez.Nova etapa, novos espazos e omesmo público fiel de sempre.

tar de profesión, foi destinado a Santander a alí desenvolveua súa vida profesional, familiar e musical.

Ata o seu falecemento en 1986, Emilio Otero Val com-puxo máis de 150 obras nas que tratou a maioría dos xénerosmusicais. Para moitas delas usou os recordos e os escenariosda súa nenez, cando tocaba polas vilas do cerne de Galicia.Froito do apego pola terra que o viu medrar, xurdiron pezascomo a Foliada de Melide, a Muiñeira de Antas de ulla, a Fo-liada de Palas de Rei, a de Rodeiro, Viva Camba ou a Mui-ñeira de Priorada, dedicada a Os Garceiras. Todos os veránsOtero Val chegaba a Melide con ideas e iniciativas. Persoaquerida e apreciada na vila, a súa dedicación valeulle o reco-ñecemento do coro Aires de Melide, que o nomeou directorhonorífico no ano 1954.

A distancia nunca minguou o apego de Otero Val a Galiciae ás súas marcas de identidade, que foron unha constante nasúa carreira. Encabezou a banda da Policía Armada de San-tander, á que lle incorporou unha sección de gaitas, e omesmo fixo coa coral Airiños da Terra, á que lle engadiu uncorpo de baile e outro de gaitas formado a metade por mulle-res.Foi ademais presidente do Centro Gallego de Santander.

Cartel elaborado en 1934 por Emilio Otero Val, sendodirector da Banda de Melide. (Arquivo de Mingos Fuciños)

Page 20: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

20 Cultura e lecer Cerne 94. Novembro 2013

Foi presentada oficialmentena Foliada de 2012, coa pedrado Praza do Convento comoescenario e as goteiras dun díagris como auga simbólica dobautismo, pero a Banda deGaitas da Terra de Melide, unproxecto ambicioso e de longoprazo, comeza a coller formaun ano e medio despois paraconsolidarse definitivamentecomo unha agrupación repre-sentativa da tradición e dosentir musical da comarca.

A posta de largo será esteNadal cun concerto que contoda probabilidade se celebrarána nova Casa da Cultura e noque o público poderá ver “o quevai ser a Banda de Gaitas a par-tir de agora”, explican MiguelVarela e Suso Ascariz, dous dosimpulsores da formación. Seráunha banda tradicional polorepertorio e polos instrumen-tos (gaitas, tambores, bombose pandeiretas) pero nova noconcepto e afastada da rixideze da marcialidade que semprese asociou a este tipo de agru-pacións: “aquí segue habendotendencia a imitar as bandas

escocesas, que son formaciónsmilitares e que mesmo desfilanmarcando o paso”, sinala SusoAscariz, “nós non queremos sernada diso”.

Aire fresco, pois, para unhabanda que integran preto de40 persoas e que se nutre nasúa práctica totalidade de tresgrupos da comarca: HerbaGrileira (Melide), O Bingo Bi-rón (Toques) e A Maristela(Sobrado). Son os tres gruposque Miguel e Suso levan en-

saiando dende hai anos e nosque tocan alumnos e alumnas“cun nivel alto” que garanten acalidade e a solvencia requiri-das por toda boa banda quese prece. “Hai moito traballofeito e pensamos que seríaunha boa idea aproveitalo”,aseguran convencidos de queos ensaios e as dinámicas nonserán moi diferentes das querealizan semana tras semana:“estamos preparando un re-pertorio e facendo os arran-

Actuación da Banda de Gaitas na Foliada de 2012

xos. Dous ensaios conxuntosao mes abondan; o resto doproceso é semellante ao quexa facemos”. Con todo, nonestarán eles sós. Acompá-ñanos nesta nova andainaMiguel Anxo lópez, NoeliaVarela e Michel Rivadulla,que se encargarán respecti-vamente da percusión, daspandeiretas e dos arranxos.

agrupación históricaA Banda de Gaitas nace fa-cendo historia pois, con todaa tradición gaiteira que ten acomarca ás súas costas, nuncaantes se logrou formar unhaagrupación destas característi-cas. A idea xurdiu “para xun-tar á xente e para facer grupo”.Axudouse das circunstanciasfavorables (“Suso máis euactuamos de nexo entre osgrupos e iso facilita crearun proxecto común”, apuntaMiguel). E apoiouse nun mo-mento doce para a músicatradicional: “a Foliada axudoua unir, creou unha culturae unha referencia”. No hori-zonte perfílase xa un novoreferente, outro bastión, aBanda de Gaitas da Terra deMelide: “para nós a base desteproxecto, e do traballo diario,é que a cultura quede”.

Bota a andar como garante da culturaa Banda de Gaitas da terra de Melide

O xornal de pesca deportivaTrueiro elixiu a vila de Me-lide para celebrar a 4ª edi-ción dos premios que levano seu nome e que recoñeceno traballo de persoas, clubs,entidades e sociedades endefensa da pesca.

A gala, á que só se poderáasistir con invitación, cele-brarase o día 16 ás 20:00horas no edificio multiusose estará presentada poloxornalista da TVG Terio Ca-rrera. No transcurso do actofarase entrega de cinco ga-lardóns. Ademais proxecta-rase a nova produción dafactoría da División Audio-visual de Trueiro, o docu-mental “Pascal Cognard enGalicia”, producido du-rante a visita que o tricam-pión mundial de pescadeportiva realizou este anoa terras galegas para parti-cipar no Campionato Mas-ter de Waldemar, no Eume.

trueiro elixeMelide paraa entrega dosseus premios

lópez e ayude proclámanse en Italiacampioas do mundo de Kick BoxingA progresión impecable facíapensar que xa conseguirantodos os éxitos posibles, perono deporte nunca hai teitos ePatricia lópez máis CoraAyude volvérono demostrarunha vez máis ao proclamarsecampioas do mundo de KickBoxing por partida dobre. Asdeportistas melidenses suma-ron catro outros tras facersecoa vitoria dentro das súas res-pectivas categorías tanto namodalidade semi contact comona light contact. O éxito com-pletouse co meritorio bronceconseguido por Arón Ayude.

Esta nova fazaña deportivados alumnos da Escuela Ayudede Melide tivo como escenarioa cidade italiana de Marinade Carrara, onde se celebrouentre o 30 de outubro e o 3de novembro o campionatodo mundo de Kick Boxing.Na cita participaron máis de5.000 deportistas procedentesde 93 países diferentes. A se-lección española volveu para a

casa cun total de 11 metais, dosque 5 foron conseguidos polostres competidores melidenses.

O camiño cara ás medallasnon foi doado: Patricia lópezconseguiu unha vitoria moiaxustada na modalidade semicontact contra a súa adver-saria italiana, que contabaco apoio do público, e CoraAyude precisou dun extra

Arón, Cora e Patricia no podio con outros membros da selección

round para impoñerse na finalde light contact. Con todo, foiArón Ayude o que máis sufriupara colgar a medalla: despoisde ir ganando o combate desemifinais contra o adversarioescocés, dúas saídas do tapizrestáronlle puntos e priváronoda final. Na loita polo broncevenceu sen complicacións aorival surafricano.

Non é preciso viaxar a Ale-maña para asistir a unha festada cervexa en condicións. Me-lide terá a partir de agora a súapropia e ademais con selo ga-lego e de calidade: o Cantón deSan Roque (Pazo de Congresosen caso de que chova) acolleráos días 23 e 24 a primeira edi-ción da Melidefest, a festa dacervexa artesá galega.

Celebrarase en horario in-interrompido de 12 do medio-día a 12 da noite, un tempo noque se presentarán e se degus-tarán diferentes variedadesproducidas por 6 fabricantes:Ancora, Dama Alaricana, Sa-maragal, Keltius, Menduíña,De lago e Peregrina. A cita in-corpora ademais outros atrac-tivos: no eido gastronómicofarase unha maridaxe de cer-vexa cos doces artesáns deMelide e poderase degustarsalteado de setas (por un prezode 2,5 €) e hamburguesa detenreira cachena con queixode Arzúa-ulloa (4 €).

Haberá tamén actuaciónsmusicais de man do grupo OsTumbaloureiros, que estarán odía 23 animando a festa co seu“folk de taberna”. Ademais, aartista Inia Vilar traerá unhamostra das súas obras pic-tó-ricas, feitas cunha técnicasingular baseada no uso dediferentes cervexas e de esen-cias naturais.

Melidefest, a primeira festadas cervexas artesás galegas

Page 21: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Publicidade 21Cerne 94. Novembro 2013

Un novo pub chegou a Melide para ofrecerche unha

a lternativa de ocio diferente. Somos Fox Melide!!!

Se perdiches a nosa fa ntástica i na ugu ra ción,,

convidámoste a qu e goces o 16 de novembro

coa FESTA PEPSI.. Ven a coñecernos!!!

Page 22: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

22 Colaboracións Cerne 94. Novembro 2013

10 maneiras de colaborar co software libre

Rafael Rodríguez Gaioso, enxeñeiro informático

Adoita ser frecuente que nosatopemos con persoas que es-tán interesadas en colaborarcun proxecto libre, pero aonon ser programadores pen-san que non poden colaborarno mesmo.

É certo que calquera pro-gramador informático sempreé benvido nun proxecto decódigo aberto, pero hai outroscamiños para facer unhaachega. Cando queres entrarnunha comunidade é impor-tante saber que funciona comounha meritocracia. Debescomunicar a túa intención deaxudar e darte a coñecer aoresto de membros.

1. Para colaborar co pro-xecto podes ofrecer informessobre o que che gusta e o que

non: a opinión dos usuariosten moito valor para os desen-volvedores.

2. Envía peticións de novasfuncionalidades que expliqueno motivo da túa solicitude.

3. Proba o código que estáa ser desenvolvido, xa queas condicións do teu equiposeguro que son diferentes aoresto de usuarios e axudanmoito a detectar novos erros.

4. Se che gusta escribir oufacer manuais, podes escribirdocumentación que lle poidaservir a outros usuarios menosavanzados.

5. Se o software non estáno teu idioma, podes comezara colaborar na tradución da in-terface ou da documentación.

6. Case tódolos proxectos

contan cunha zona de pregun-tas e respostas, ou foros, ondepodes responder ás preguntasdoutros usuarios.

7. Se che gusta o deseño,podes colaborar coa ediciónde novos elementos gráficos,como pode ser un conxuntode iconas.

8. Fai promoción do pro-xecto entre os teus achegados.

9. Non todo é software, etamén se precisa de hardware,polo que podes ceder algúndos teus servidores.

10. E por último, se nonencaixas en ningún do perfísanteriores, quedarache sem-pre a posibilidade de agra-decer á comunidade o seutraballo.

[www.webmelisa.es]

Tenda: 981 505 723 - Queixería: 981 510 702Balada - Visantoña (SANTISO)

[email protected]

Marcus Fernández, webmaster de Codigocero.com

unha vez que os salmónsalcanzan a madurez sexual(entre os 2-3 anos de vida nomar no caso dos machos e os3-4 no das femias), regresanaos ríos para reproducirse.Está comprobado que a maio-ría desovan no mesmo ríoonde naceron.Entre xaneiroe agosto entran con grandessaltos nas zonas profundas dosríos, onde permanecen algúntempo para adaptar o seucorpo ás augas doces. Noinverno entran exemplaresde ata máis dun metro e con20-25 quilos de peso. Na pri-mavera miden entre 50-60centímetros e pesan de 7 a 10quilos. No verán entran os demenor tamaño: 40 centíme-tros e 2-5 quilos de peso.

Na súa viaxe río arribavencen todo tipo de obstácu-los, saltando ata 4-5 metrosde altura. Ás veces apoian acola nas rochas para conseguirmaior impulso; noutras oca-sións teñen que agardar a queaumente o caudal do río paraque o ascenso lles sexa máisdoado. Nesta actividade teñenmoito desgaste pero aínda asínon comen e nútrense dasreservas adquiridas no mar,vivindo da graxa acumuladae dos seus propios tecidos.

Cada femia tarda sobre3-4 días en realizar o desove

poñendo unha media de 1.500a 1.800 ovos por quilo de peso.Estes ovos miden uns 6 mm dediámetro, son rosados, moitransparentes, de maior densi-dade cá auga e están recuber-tos dunha substancia viscosa.Os novos alevíns tardan entre2-3 meses en nacer. Despoisda posta, os adultos, delgadose esgotados, baixan pola co-rrente do río. Moitos morrennesta viaxe de retorno ao mar.

Para facilitar a marcha dossalmóns polo río arriba e quepoidan salvar obstáculos comoas presas eléctricas, fanseas chamadas escalas (na maio-ría dos ríos salmoneiros deGalicia non existen ou sondefectuosas). Para o desove,os salmóns recorren entre 50-100 km de distancia dende adesembocadura (antes chega-ban ata o Furelos polo ulla eata lugo polo Miño). Os máisvellos do lugar lembrarán queantigamente había moitos,pero a construción de diques,presas eléctricas, canali-zacións, polución de augas,furtivismo... fixeron case des-aparecer esta fermosura natu-ral. Se os poderes públicos eprivados, se os pescadores eribeiráns non facemos nadapor remedialo, dificilmentepoderán os salmóns remontaros nosos ríos.

Internet como ferramenta de busca local Salmón (salmo salar):

o gran viaxeiro (3)

Xavier Pazo, Asoc. Troiteiros “Río Furelos”

Agora tamén café, chocolate

e infusións

se emprega a ferramenta comoun servizo de atención aocliente (o público ten menosreparo en enviar unha mensaxeao Facebook que en chamarpor teléfono ou achegarse enpersoa simplemente para pre-guntar se quedan existenciasdun produto ou para facercalquera consulta breve). Perotodo isto cubre só un dos ángu-los de ataque máis habituais,sendo moi importante atendertamén a demanda que existedende certos ámbitos máis tra-dicionais, que veñen a herdaro papel das Páxinas Amarelas.

Ninguén dubida hoxe queos volumes en papel a xeito deguías de negocios están obso-letos, e para localizar negociosfaise uso de ferramentas comoTripadvisor ou Foursquare,

pero se algunha destaca parao público xeral é claramenteGoogle, que entre o buscadorxeral e o servizo de mapas éonde hai que coidar aparecer.Por iso, gustaríame insistir nanecesidade de que todo nego-cio debería darse de alta noservizo Google Places, quefacilita a creación de baldedunha ficha do noso estable-cemento, facilitando que osclientes (actuais ou potenciais)nos localicen con facilidade(incluso cando nos buscandende o seu navegador GPSbaseado en Android) e inclusopoidan facer percorridos vir-tuais polos locais se contrata-mos o servizo dun fotógrafode confianza de Google (porfortuna, temos un en Melide,Rodrigo A. Vázquez).

Nos últimos anos enchémonosa escoitar que se non estás naInternet, non existes, peropoucas veces reflexionamossobre o que significa tal con-cepto, que non implica só queos profesionais e os negociosteñan que ter unha presenzana Rede xestionada por elesmesmos, senón que taménpodemos estar na Internet através dos comentarios de ter-ceiros. Precisamente por isocómpre fuxir da pasividadee actuar en primeira persoaneste ámbito, aínda que nonteñamos un retorno directo doinvestimento neste ámbito, xaque non se trata só de mellorara nosa situación aproveitandoas novas ferramentas, senónde manterse e poder respon-der a crises de reputación, asícomo escoitar ao público.

Cando un negocio quereestar presente na Internet, ha-bitualmente céntrase na web,montando unha páxina deseu que empregar para terun escaparate en liña ou, sim-plemente, un lugar onde osclientes poidan consultar oseu número de teléfono, a súalocalización ou o horario deapertura; o que en moitos ca-sos compleméntase cunha pá-xina de Facebook como canlede comunicación a través daque dar a coñecer actividades,ofertas e novidades, á vez que

Pizzería Xoldra

Page 23: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

Entrevista 23Cerne 94. Novembro 2013

JAVIER MOuRIñO lóPEz , INTERMAX

“presentaremos un sistema pioneiropara a detección de incendios forestais”Ten unha mentalidade empresarial ben definida e proclama a importancia

de “saber onde están as oportunidades ante calquera panorama que ato-

pes”. Por iso para Javier Mouriño, mentor da operadora de telecomunica-

cións Intermax, o rural nunca foi un hándicap, senón toda unha vantaxe.

Dende o cerne de Galicia impulsou unha compañía para universalizar o

acceso a internet de banda larga que en pouco máis de cinco anos conta

con 3.000 clientes, unha rede propia que chega a 180 concellos galegos e

novos servizos engadidos. A esfera internacional é o próximo obxectivo.

Javier Mouriño, director xeral de Intermax, creou a empresa con tan só 17 anos.

“Imos apostarforte por Áfricae América do surporque vemosque hai grandesoportunidades”

“Intermax seráo provedor da primeira lanParty de Galiciacon 10 Gigas de velocidade”

-Intermax comezou a súaandaina baixo o lema“chegamos a ti”. Seis anosdespois, seguen conser-vando a mesma filosofía?-Javier Mouriño (J.M.):Sen dúbida. Intermax naceupor unha necesidade, que eraa de levar internet de bandalarga a moitas zonas do ruralás que non chegaba. De aí véno lema de “chegamos a ti”,porque non había ninguén ex-cepto nós que se preocupasede darlle cobertura a esa xentee a esas empresas. Nestes anosconseguímonos consolidar eagora mesmo temos as mello-res redes e a mellor tecnolo-xía, o que nos permite ofrecerunhas prestacións superiores.Se antes “chegabamos a ti”co básico, o acceso a internet,agora facémolo tamén contelefonía móbil, 4G, televisiónHD e videovixilancia. Segui-mos “chegando a ti”, peromoito mellor.

-a cantos lugares e a cantaxente conseguiron chegar?-J.M.: Agora mesmo temoscobertura en 180 concellos,aproximadamente a metade deGalicia, e nalgunhas zonas dePortugal. Damos servizo a 30polígonos industriais e esta-mos case duplicando o númerode clientes cada ano. A inten-ción é seguir medrando perodende a nosa base, que éinternet, e á marxe dalgúnsproxectos innovadores nos queestamos inmersos. Queremosmedrar de forma gradual e cospés no chan, mellorando oservizo de telefonía móbil eincorporando outros como ode televisión HD, que xa estáen probas. Tamén imos parti-cipar en bastantes proxectosinternacionais. Estamos vendoque hai oportunidades moigrandes en latinoamérica e nal-gunhas zonas de África e imosapostar forte nese sentido.

-Xa puxeron o pé fóra dasfronteiras de Galicia? -J.M.: Si, xa estamos presen-tes en Marrocos, onde nos aca-ban de adxudicar un proxectona zona de Nador. É unha áreade especial interese porquenon había conectividade eprecisa un servizo de calidade,xa que está medrando moirápido. Tamén estamos estu-dando unha posibilidade denegocio coa telefonía móbilna República Dominicana. Te-mos a infraestrutura e esta-mos facendo probas alí. Haiunha serie de destinos nos quechamar ao resto do mundo émoitísimo máis caro; a todoseles queremos ofrecerllesunha tarifa low cost.

-Falou de proxectos inno-vadores. en que está atraballar agora Intermax? -J.M.: Basicamente son dous

proxectos que se enmarcan noterreo da videovixilancia. undeles chámase InPolígono econsiste na instalación de re-des de videovixilancia inteli-xente en parques industriais.Ten moitas funcionalidades:dende rexistro de matrículas,contador de peóns, integracióncon semáforos, cálculo de velo-cidade de vehículos... O outroé o Vixiante, un sistema pio-neiro pensado para a detecciónde incendios forestais. Fixemosalgunha probas con total éxitoe temos previsto presentalo decara ao verán que vén.

-Semella imposible vixiaro monte. como o vanconseguir? -J.M.: Imos utilizar cámarasde alta definición situadas enlugares estratéxicos da nosarede (nós estamos en puntosaltos). A principal novidade é

que imos utilizar globos atmos-féricos con cámaras en suspen-sión que estarán flotando noaire constantemente. De mo-mento estamos desenvolvendomáis o sistema, integrado porata oito compoñentes dife-rentes: sistemas de cámaras,de radioenlace, de posiciona-mento… todos eles deseñospatentados. Este ano xa conse-guimos captar algún incendiopero estamos aínda elaborandoa versión definitiva.

-a curto prazo presén-taselles outro proxectoimportante na súa traxec-toria: Intergalnet. -J.M.: Si, é un dos principaiseventos do ano para nós.Celébrase en lugo do 15 ao 17de novembro. Trátase dunhalan party que organizamos encolaboración coa Fundaciónde Feiras e Pazos de Congresos

de lugo e con Disco Azul,unha das maiores empresade España de xogos. Nós te-mos unha conectividade moigrande e a Fundación déixa-nos o espazo. Así é como naceIntergalnet, unha festa naque rapaces e non tan rapacesvan xogar cos ordenadores,competir a través de internet eintercambiar arquivos nunhaconvivencia de 72 horas. Porprimeira vez celebraranse enGalicia as finais dos campio-natos máis importantes deEspaña e por primeira vezhaberá aquí unha lan partyque vai ter 10 Gigas de veloci-dade, unha cifra de récord queproverá Intermax.

INTERMAX

Rúa Folicheiro , 20

Tlf: 902 908 737

Page 24: Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos ... · Día de portas abertas no comercio de Melide con descontos e premios comerciais diferentes. A cam - paña desenvolverase

CERNE Cerne 94. Novembro 2013

II CAMPIONATO DE TUTE

XOVES DÍA 5 DE DECEMBRO

CAFÉ-BAR

CANTÓNHORA DE COMEZO: 22:00 H.

PREZO: 20 € PERSOAPINCHOS PARA OS PARTICIPANTES

1º- 2 CESTAS DE NADAL2º- 2 CESTAS DE NADAL3º- 2 CESTAS DE NADAL4º- 2 XAMÓNS5º- 2 BICICLETAS6º- 2 FOLLAS DE BACALLAU7º- 2 CAIXAS DE VIÑO8º- 2 QUEIXOS

1º PREMIO

3º PREMIO2º PREMIO

4º 5º

6º7º 8º

Tlf: 981 50 55 69