De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

19
2 Normalización lingúística historia e socioloxía da educación Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1 Introdución: o reino da Galiza existiu O percurso histórico da lingua galega non se pode disociar da propia his- toria da comunidade en que se xerou. E como a historia da Galiza foi obxecto de ocultamento e manipulación, chegando mesmo á súa negación como rei- no politicamente relevante na Idade Media para desa forma poder construír o mito dunha Castela xa dominante na altura, tamén o idioma galego se viu dal- gunha forma afectado por iso. Aínda que non se puido negar o feito evidente de ser a lingua das cantigas, porén so a denominación de ‘galego-portugués’ inténtase diluír a súa longa existencia como lingua da Gallaecia, anterior á propia aparición de Portugal como novo reino peninsular, e tamén se cos- tuma presentar como lingua sempre en situación conflitiva ou subordinada, primeiro ao latín e logo ao castelán, ignorando o feito de que durante todo o período medieval gozou da mesma ‘normalidade’ que tiveron o resto dos ro- mances e que foi a lingua cortesá por excelencia das Cortes cristiás durante séculos, embora a quixesen facer pasar só por lingua de escravos. Certo é que, de lingua de vasalos e señores noutrora, pasou a se converter nos últi- mos séculos en lingua ‘proletaria’, mais non por iso perdeu a súa dignidade como símbolo esencial da identidade galega. Ben sabemos —e sabiamos— que os reinos medievais non teñen corres- pondencia coas nacións actuais e que por tanto naquela altura non se lles atribuía ás linguas a capacidade simbólica de as representaren nin existía o concepto de ‘lingua oficial’. Porén, é evidente que os reinos existían, que A historia e a dignidade do galego [De lingua enxalzada a lingua mortificada] Xosé Ramón Freixeiro Mato

Transcript of De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

Page 1: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

2

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

Introdución: o reino da Galiza existiu

O percurso histórico da lingua galega non se pode disociar da propia his-toria da comunidade en que se xerou. E como a historia da Galiza foi obxecto de ocultamento e manipulación, chegando mesmo á súa negación como rei-no politicamente relevante na Idade Media para desa forma poder construír o mito dunha Castela xa dominante na altura, tamén o idioma galego se viu dal-gunha forma afectado por iso. Aínda que non se puido negar o feito evidente de ser a lingua das cantigas, porén so a denominación de ‘galego-portugués’ inténtase diluír a súa longa existencia como lingua da Gallaecia, anterior á propia aparición de Portugal como novo reino peninsular, e tamén se cos-tuma presentar como lingua sempre en situación conflitiva ou subordinada, primeiro ao latín e logo ao castelán, ignorando o feito de que durante todo o período medieval gozou da mesma ‘normalidade’ que tiveron o resto dos ro-mances e que foi a lingua cortesá por excelencia das Cortes cristiás durante séculos, embora a quixesen facer pasar só por lingua de escravos. Certo é que, de lingua de vasalos e señores noutrora, pasou a se converter nos últi-mos séculos en lingua ‘proletaria’, mais non por iso perdeu a súa dignidade como símbolo esencial da identidade galega.

Ben sabemos —e sabiamos— que os reinos medievais non teñen corres-pondencia coas nacións actuais e que por tanto naquela altura non se lles atribuía ás linguas a capacidade simbólica de as representaren nin existía o concepto de ‘lingua oficial’. Porén, é evidente que os reinos existían, que

A historia e a dignidade do galego[De lingua enxalzada a lingua mortificada]

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Page 2: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

3

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

tiñan un nome e que nos seus territorios respectivos se falaban unha ou va-rias linguas, coincidentes ou non coas que falaban os seus reis respectivos; e tamén resulta evidente que, sen existir esa declaración de oficialidade para as linguas, as funcións que hoxe entendemos como propias dunha lingua oficial —aquela en que se redixían os documentos de compravenda ou alu-guer, as actas de casamento, os oficios, ordenanzas e mandamentos dos concellos, os regulamentos de gremios e confrarías, as actas sinodais, as demandas e preitos, ou calquera outro documento de carácter privado ou público— se realizaban nunha lingua determinada e non noutra, e que iso algo quererá dicir. Nomeadamente cando no caso que nos ocupa se preten-deu ocultar a propia existencia do reino da Galiza —e por tanto tamén de reis e Cortes galegas— e se tentou presentar a lingua galega como unha lingua sempre envolta en problemas e sen capacidade para desempeñar funcións socialmente consideradas relevantes, como se dunha lingua ex initio eivada se tratase. Face á ocultación ou negación da Galiza medieval e da dignidade da súa lingua, construíuse un ideal castelanista con base precisamente, en-tre outros factores, na apropiación ou usurpación daquilo que levaba o selo galego (Nogueira 2001).

Mais resulta paradoxal que cando hoxe se pretende restituír a verdade dos feitos históricos e se proclama que o reino medieval da Galiza existiu, e mesmo que foi relevante, e que a lingua galega foi unha lingua ‘normal’ du-rante séculos, deseguida se lanzan acusacións de anacronismos históricos e de visións reducionistas e excluíntes, naturalmente propias de nacionalistas empeñados en fabricaren unha historia á súa medida. Como se os grandes estados tiveren dereito a moldearen a historia a seu favor, mesmo a falseá-rena, en canto ás comunidades políticas e lingüísticas que os integran lles é negado o dereito a proclamaren a súa existencia e o seu papel na historia. Cando se nega a existencia do reino da Galiza en determinada altura, non é para dicir que nese territorio non había unha autoridade rexia. Dise que se trata do reino de Asturias, de León ou de Castela, aínda que para iso haxa que falsificar a documentación histórica; e cando se afirma que o galego per-deu o carácter de lingua de cultura xa no século XIII co reinado de Afonso X é para acrecentar que foi a lingua castelá a que se converteu na variante romance de prestixio en territorio galego. A conclusión é clara: se antes non se escribía en romance, pois o latín era a lingua da escrita no Occidente eu-ropeo, e se nese século o castelán xa pasa a ser a lingua A da Galiza, entón o galego foi sempre unha lingua B, primeiro subordinada ao latín e logo ao castelán. Por tanto, o galego nunca foi unha lingua culta, nin de prestixio, nin tivo funcionalidade social relevante.

Face a esa visión distorsionadora da historia da Galiza e da súa lingua, vaiamos aos feitos documentados. A Gallaecia foi durante séculos o reino cristián alternativo da Hispania musulmá, así recoñecido polos árabes e polo papado, e con grande presenza en Europa. A pesar de na historiografía ofi-cial española o reino da Galiza practicamente non existir ou simplemente figurar como subsidiario dos reinos de Asturias, León ou Castela, na docu-mentación medieval aparece constantemente citado, outorgándoselle gran-de relevancia. Reparemos nalgún feito que nos sinala Miguel-Anxo Murado (2008: 57-61): os musulmáns referíanse á parte cristiá da península invaria-belmente como ‘Djalikiyah’ ou ‘al-Yalalika’, topónimo que “a pesar de ser bas-tante transparente, sempre ha resultado extrañamente difícil de traducir para algunos historiadores”, pois por exemplo Moyrata na súa Historia general de España convérteo milagreiramente en ‘Cantabria’, Gayangos traduce “ardhu al-Jalalkah” —‘a terra dos galegos’— por ‘Galicia y Asturias’, e para o his-toriador do século XIX Modesto Lafuente ‘Jalikiya’ é equivalente a ‘Reino de León’; todos os documentos árabes falan de Galiza e de galegos en troca do mítico ‘reino de Asturias’; inclusive o “famoso don Pelayo” figura na crónica de al-Maqqari como ‘galego’ e o Cid Campeador aparece noutro texto ára-be do século XII cualificado como ‘can galego’; Claudio Sánchez Albornoz, discípulo de Menéndez Pidal, ao escribir sobre unha carta en que o Papa se

Page 3: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

4

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

dirixe a Afonso III como “Adefonsus Regi Gallaeciarum”, titulou o seu traballo “Sobre una epístola del papa Juan IX a Alfonso III de Asturias”; tamén nos informa Murado de que á altura do século X, cando Ordoño II decidiu deslocar para León a capital do seu reino, para os contemporáneos esta era simple-mente unha cidade da Galiza, “Civitate vocatur Legionis, in Gallaecia” e que os reis que se asentan nela se empeñan en continuar a se denominaren a si propios ‘reis da Galiza; e aínda varios séculos despois Lope de Vega sitúa a acción dunha das súas obras teatrais “en León, en un pueblo de Galicia y sus cercanías” (Murado 2008: 61). Unha cousa é recoñecermos, como tamén fai Murado, que na Idade Media non existían as nacións e os estados tal como hoxe os entendemos, e mesmo que nin aquelas Galiza, Asturias ou León eran as mesmas de hoxe, e outra cousa moito distinta é falsearmos a docu-mentación histórica.

Por se a selección de datos que nos trae Miguel-Anxo Murado puider ser cualificada de moi ‘nacionalista’ pola súa condición de galego, confrontémola con outra de procedencia foránea. O hispanista británico Colin Smith (1996) infórmanos de que en 1088 o papa Urbano II se dirixe por escrito a Afonso VI, que pasa por ser rei de León e Castela, como “Regi Ildefonso Gallitie”; na Historia Turpini, libro IV do Codex Calixtinus, recompilado arredor de 1140, o reino da Galiza inclúe Lamego, Viseu e Coimbra, e nela aparecen expresións como “Yspaniam e Galleciam”, “tellurem Yspanicam et Gallecianam”, “Hys-pani scilicet et Galleciani, totam terram Hispanicam e Gallecianam”, dando a sensación de que, face á parte da península en poder dos mouros, só existe a Galiza cristiá. Tamén nos lembra Smith que no libro V, Guía de peregrinos, volta a aparecer a expresión “in Yspania et Gallecia”; que nas chansons de geste francesas a Galiza ten máis de cincuenta referencias en trinta e cinco textos, en canto León, como nome de reino ou imperio, case non aparece; que para o cronista inglés Mateo Paris, que escribe a meados do século XIII, á altura de 1184 Fernando II é rei da Galiza e non de León; que para os escritores de Al-Andalus era normal distinguir só entre ‘francos’ (cataláns) e ‘galegos’ (habitantes dos demais reinos cristiáns do norte) etc.

Con esta visión dos feitos históricos coincide a prestixiosa erudita dona Carolina Michaëlis de Vasconcelos cando afirma: “Houve uma era en que Gallaecia era nome generico da Hespanha christã, ao passo que Hispania designava a Mouraria”. E acrecenta que da “fama das terras gallizianas” hai probas “na poesía epica dos germanos, nas sagas escandinavas, nos historiadores flamengos, nos cantares de gesta da França, na poesia popular inglesa, nas obras dos trovadores, nos poetas de Italia, nos auctores árabes” (Michaëlis 1904: 791-3).

Póñanse todos os matices que se quixeren á diferenza entre a époa me-dieval e a actual, mais o certo é que a Galiza existiu como reino no pasado e felizmente continúa a existir no presente como unha das vellas realidades nacionais europeas.

O galego, lingua dos reis da Galiza, de

Portugal e de Castela

Durante os séculos VIII e IX, cando a lingua galega se conforma como romance diferenciado do latín, todos os reis se titularon reis da Gallaecia des-de capitais diferentes (Oviedo, Santiago ou León), se ben que moitos deles desde Afonso II asentaron a súa capital en Santiago ou na parte occidental da Gallaecia, fortalecendo e estendendo o seu reino, e mesmo chegando no occidente até Coimbra. No século XI a emperatriz da dinastía galega dona Sancha divide os territorios entre os seus fillos Afonso VI (León), García (Gali-za) e Sancho (Castela). A filla primoxénita de Afonso VI, dona Urraca, e o seu marido, Raimundo de Borgoña, gobernaron a Galiza desde 1093 e arredor de 1096 Afonso VI encárgalle o goberno de Portucale (do condado portucalense) e de Coimbra á outra filla, dona Teresa, casada con Henrique de Borgoña. O

Page 4: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

5

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

seu fillo Afonso Henriques, denominado como ‘o pérfido galego” nas crónicas árabes (Murado 2007: 64), tomou en 1139 o título de rei e en 1143 recoñéce-se mediante tratado a independencia do novo Estado portugués, confirmada por Roma en 1179. Portugal surxiu, pois, como unha división da Gallaecia, segundo tamén recoñece Carolina Michaëlis (1904: 779): “Nessa verdadeira Galliza medieval (quer comprehenda apenas a orla marítima da península até ao Porto, quer se estenda até ao Vouga, ou mesmo até Coimbra) entra sempre o núcleo fundamental de Portugal: o condado portucalense”. Portugal nace por tanto no século XII dentro do reino da Galiza, que tiña como idioma o galego, e por conseguinte este tamén pasa a ser a súa lingua, que só pos-teriormente recibirá a denominación de portugués.

Xa o Padre Feijoo (1984: 92) indicara que o reino da Galiza comprendía na época medieval unha boa parte de Portugal e que o idioma común non se formou “promiscuamente” a un tempo nos dous territorios, mais que da Galiza pasou a Portugal, e non ao revés, porque durante a unión dos dous reinos no goberno suevo a Galiza era a nación dominante por teren nela o seu asento e Corte aqueles reis. Por iso tamén un dos lingüistas de máis prestixio do sé-culo XX, o romeno Eugenio Coseriu (1989: 800), após afirmar que continúa a ter plena vixencia a denominación de ‘galego-portugués’, acrecenta:

Claro que esto no significa que el gallego sea ‘portu-guès’; significa más bien al contrario: es el portugués el que es ‘gallego’ [...]. Se trata, por tanto, del caso, bastan-te raro en la historia de las lenguas, de una lengua que, precisamente en la forma que se difunde y se constituye en lengua común y gran lengua de cultura, se llama con

otro nombre: ya no gallego, sino portugués.

O galaico occidental ou galego foi a lingua cortesá do reino da Gallaecia por ser no occidente onde estivo o centro do imperio galaico. O historiador Pena Graña considera que con Ordoño I (914-924) “comeza o que será a tónica dominante na historia do reino de Galicia, ao darse o caso de o rei ga-lego herdar os outros reinos do NW peninsular”, feito que segundo el os his-toriadores casteláns e leoneses teñen interpretado intencionadamente como unha absorción do reino galego por León ou Castela; e acrecenta que a par-tir dese momento “a lingua dos monarcas será o galego. Os infantes serán criados polos titores das grandes familias galegas e a cultura e diplomática levarán selo galego” (Pena Graña 1995: 9-10).

Se a principios do século X o galego é a lingua cortesá empregada polos monarcas, dous séculos despois temos un testemuño documental que nolo ratifica. Nunha crónica de Frei Prudencio Sandoval, historiador nado en Valla-dolid a meados do século XVI, nárrase que o rei Afonso VI recibiu en Toledo a triste nova da morte do seu único fillo don Sancho, acaecida na batalla de Uclés arredor de 1109, “y en la lengua que se usaba dijo con dolor y lágri-mas que quebraba el corazón: «Ay meu fillo! ¡Ay meu fillo! ¡Alegría do meu corazón et lume dos meus ollos, solaz da miña vellez!...»” (Risco 1973: 8). A principios do século XII o galego, por tanto, era a lingua que se usaba na Corte de Afonso VI e que usaba o propio rei mesmo nas súas manifestacións máis íntimas e espontáneas.

Inclusive no século XIII o galego debía ser con seguranza a lingua familiar de Fernando III e do seu fillo Afonso X, como demostra o dominio que este último posuía dela na súa obra escrita persoal. A vinculación de ambos coa Galiza fica clara, pois inclusive dunha das cantigas de Santa María deduce Eugenio López-Aydillo (1923: 44-46) “que don Fernando se criaba también en el reino de Galicia, de donde, en el momento a que se refiere la cántiga, lo hizo venir D. Alfonso VIII”; os versos a que se refire son estes: Este menyn en Castela/ con rey Don Alffonso era/ seu avoó, que do reino/ de Galiza o fezera/ uijr, e que o amaua/ a gran marauila fera. Acrecenta o erudito que a estadía de D. Fernando na Galiza durante a súa infancia é un dato importante para explicar

Page 5: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

6

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

la difusión y explendor (sic) que durante su reinado alcanzó la poesía trovadoresca gallego-portuguesa fuera de Galicia y Portugal, y aun acaso también, en la crianza de D. Fernando en el primero de aquellos reinos, está la raíz de la iniciación galiciana de su primogénito D. Alfon-so, gran propulsor de la escuela gallego-portuguesa.

D. Fernando, criado en Galicia, repitió, como vere-mos, el caso con su hijo y éste, como su padre, es in-dudable que en la propia Galicia aprendió el gallego y sus rimas y cantos característicos, que luego habían de resurgir floridamente en el precioso Cancionero Marial (López-Aydillo 1923: 46).

Mais como se pode explicar que os príncipes de Castela fosen educados na Galiza e en galego sen este ser na altura unha lingua con prestixio político e cultural? Resulta evidente que o galego era aínda no século XIII a lingua das Cortes cristiás peninsulares e lingua de cultura por excelencia. Non se pode afirmar, pois, que nese século o castelán era xa a lingua romance de prestixio no Occidente peninsular, como hoxe alguén fai desde os posiciona-mentos lingüístico-ideolóxicos da dereita máis centralista, cando os propios reis castelás viñan a se educaren na Galiza e en galego e logo usaban esta lingua como propia nas súas creacións máis persoais. Parece ter razón o mesmo estudioso a que nos estamos a referir cando suxire que a “maestría con que el Rey Sabio maneja las formas populares de la poética gallega y la pureza del lenguage y de los ritmos musicales que emplea” só se poden explicar desde a súa condición de galegofalante adquirida na propia Galiza, como acontecera con seu pai Fernando III o Santo (López-Aydillo 1923: 60).

No reinado de Sancho IV, fillo e sucesor de Afonso X como rei de Castela no período 1284-1295, un dos seus fieis partidarios, o abade valisoletano Don Gómez García, rubrica unha cantiga de amigo e outra de amor en ga-lego da súa autoría como “abbade de Valadolido” con algunha referencia ao propio rei (López Aydillo 1923: 119). E a un bisneto do Rei Sabio, o tamén rei de Castela Alfonso XI (1311-1350), aínda se lle atribúe unha cantiga de amor en galego e é autor doutra canción en castelán chea de galeguismos, o que vén a demostrar que ben avanzado o século XIV e mesmo durante o XV o galego, a pesar da decadencia da escola lírica galego-portuguesa, aínda continuaba a ser lingua lírica cortesá e lingua non estraña para os reis de Castela e para a nobreza peninsular; nesa altura o castelán só comezaba a despuntar na lírica:

El primer testimonio en castellano, aunque indeleble-mente impregnado de galleguismos como toda la lírica del Cancionero de Baena en esta lengua, lo debemos a Alfonso XI, cuya canción En un tiempo cogí flores pode-mos datar hacia 1330; pero en una fecha tan tardía como 1400-1410 aún podemos encontrar a un noble vasco, Pero Vélez de Guevara, de padre guipuzcoano y madre castellana, componiendo una magnífica cantiga de es-

carnho con un excelente conocimiento del gallego y de sus convenciones retóricas, genéricas y métricas (Bel-tran 2005: 334).

González López (1978: 185) sostén que o galego-portugués foi a lingua culta do reino de León nos primeiros séculos da Reconquista e que puido ter sido a lingua común de todo o occidente peninsular. Menéndez Pidal (1950: 447), empeñado en resaltar o papel preponderante de Castela e do seu idio-ma seguindo o ideal castelanista que profesaba, fala da loita entre o galego e o castelán pola hexemonía lingüística no reino de León, sen poder ocultar totalmente o importante papel que a Galiza tivo, pois segundo el nela adoi-taban educarse os príncipes. O mesmo Castelao (1961: 51) ten reparado en que o galego chegou a ser “língoa lírica e cortesán de Castela”.

Page 6: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

7

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

Debido á relevancia política da Galiza durante un longo período his-tórico, pódese deducir que o galego non apenas foi unha lingua moi valorada na lírica como tamén gozou de prestixio como lingua de comunicación oral por ser a lingua cortesá por excelencia. Paradoxalmente, algúns criticárona e aínda a critican por ser lingua vulgar ou pouco refinada, como afirma quen foi prestixioso xurista e presidente da Real Academia Galega:

Contemprando á luz dista perspeitiva histórica a esgrevieza e dinidade de que entón gozaba a lingua galega, fica un, máis que doido, abraiado de que a isa mesma lingua, pervivente ao longo dos séculos, pre-tenda negárselle hoxe, por algúns moito menos outos varóns, o pan e o sal, e poda ser tida por outros como ‘pouco fina’ (Sebastián Risco 1973: 9).

O contínuum lingüístico galego-portugués e

a súa proxección peninsular

A división política da Galiza en dous reinos, consolidada a meados do século XII, non rompe a unidade lingüística, continuando a lingua a ser a mesma a ambos os lados do Miño. Ora, a partir da segunda metade do sé-culo XII a política portuguesa deslócase definitivamente cara ao sur, até se estabelecer finalmente Lisboa como capital do reino; o galego de Portugal convértese así en lingua protexida polos reis e, cada vez máis, irase trans-formando nun poderoso instrumento cultural e mesmo político. O modelo lingüístico que se vai ir conformando na Corte lisboeta non será o do norte, mais o do sur, máis influído polas falas mozárabes, e, convertido en lingua oficial do Estado, acabará por se denominar portugués, perdendo o nome de galego, indicador da marca de orixe. Como consecuencia dos descubri-mentos, en que Portugal participou como grande potencia colonizadora, o (galego)portugués vaise estender por diferentes continentes, até chegar a ser tamén unha das linguas máis faladas no mundo.

En canto Portugal, “gallego-português nas suas origens”, “integrado com sangue mozarabico”, se vai converter lentamente nunha “nacionalidade nova, como genio seu e missão individual” (Michaëlis 1904: 780), a Galiza constitúe un reino que vai ir ficando sen rei exclusivo e sen unha Corte que potencie o idioma. Cando Compostela alcanza un grande esplendor, durante o século XII, a lingua escrita era aínda o latín, e cando no século XIII aparece unha brillante literatura en galego, a Galiza xa vai camiño de se someter politicamente ao reino de Castela, aínda que se mantén como reino independente até 1230, cando comeza a hexemonía de Castela na coroa centro-occidental, conservando “a súa identidade de reino, como nos lon-gos séculos da independencia, a pesar de os reis que a dominaban séreno tamén de Castela” (Nogueira 2001: 249). Mais debe ficar claro que o galego vai entrar en crise após o período medieval, por exemplo, en Pontevedra, mais non en Braga, onde, baixo a denominación de portugués, se continua-rá a cultivar oralmente e por escrito con total normalidade.

Transcorrido o período do galego medio ou séculos escuros (XVI-XVIII), ao intentar recuperar o uso escrito do noso idioma no século XIX, xa se terá perdido o vínculo coa primitiva lingua galega na súa forma escrita, reapa-recendo agora un galego literario graficamente, e tamén nalgúns aspectos léxicos e morfolóxicos, inserido no ámbito da cultura española. Este será o galego moderno, que se caracteriza polo polimorfismo, consecuencia direc-ta da carencia dunha entidade encargada de rexer ou regular o idioma. Se a cuestión da identidade entre galego e portugués na actualidade é polémica, a se daren argumentos nunha ou noutra dirección, parece evidente que durante toda a época medieval existe unha clara unidade lingüística galego-portuguesa, a pesar de certas preferencias a un lado ou a outro do Miño, que nunca nos deben impedir falarmos dunha única comunidade lingüística.

Page 7: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

8

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

Para Carolina Michaëlis (1904: 780-1), a esa esencial “uniformidade da lin-gua”, que ela estende “desde o extremo da Galliza até o extremo do Algarve”, uníase unha “grande semelhança nos modos de viver, sentir, pensar, poetar -uniformidade e semelhança que fallam eloqüentemente a favor da affinidade primitiva de lusitanos e gallaïcos”.

Nesa lingua común galega (e portuguesa) cultívase na Idade Media con grande brillantismo a poesía lírica; é a época de esplendor da escola trobado-resca, que dá lugar ás cantigas conservadas desde os inicios do século XIII. Na mesma altura documéntanse os primeiros textos en prosa tabeliónica, embora sexan un pouco posteriores aos líricos. Desde a segunda metade do século o galego comeza igualmente a ser utilizado na prosa literaria de carácter narrativo. Durante os séculos XIII e XIV podemos falar dunha prosa común galego-portuguesa, mais desde a batalla de Aljubarrota (1385) Por-tugal vai seguir unha vía de clara afirmación nacional reflectida na prosa, afastándose así da prosa galega.

A identidade lingüístico-cultural que reflicten as cantigas trobadorescas galegas e portuguesas (galego-portuguesas), posta de manifesto polos seus estudiosos, e pola cal non achamos máis diferenzas entre os textos dun tro-bador de Lisboa e outro de Compostela que as derivadas do propio estilo persoal do autor, hai que a pór en estreita relación con esa identidade política ‘galega’ dos dous reinos, resaltada tamén por Castelao (1961: 346):

Imos supor que houbo dúas Galizas -a que se foi e a que se quedou, a que se axuntou con Castela e a que enxendrou a Portugal-; pero é induvidable que ambas as dúas tiñan un mesmo mecanismo sonoro, un mesmo xei-to tonal e rítmico, unha mesma língoa, unha mesma arte e unha mesma cultura; en fin, unha mesma alma patria; e, polo tanto, a división de Galiza en dous Condados, que dispois se convertiron en Reinos diferentes, non autoriza a distinguir dúas modalidades creacionistas, según estas se produxesen nunha ou noutra beira do río Miño, pois a nación galega chegaba até o Douro, e todo canto se veu chamando ‘galaico-portugués’ é realmente e unica-mente ‘galego’. Don Dinis de Portugal non era, de certo, un rei de Galiza; pero como trovador foi tan galego como seu abó, o Rei Sabio de Castela, cando este compuxo as Cántigas.

Tal identidade evidénciase ao comprobarmos que moitos dos altos car-gos do goberno portugués mantidos por Afonso Henriques eran nobres con posesións e raíces familiares ao norte do Miño, o que leva o historiador por-tugués José Mattoso (1992: 180) a afirmar que “as relações familiares entre os nobres dos dois lados da fronteira, e as fáceis oscilações dos senhores entre os dois reinos, mostram uma perfeita ósmose entre as nobrezas galega e portuguesa, senão uma verdadeira identidade”. As fronteiras non estaban aínda consolidadas no século XII, a se produciren constantes invasións dos reis de Portugal ao norte do Miño e influíndo os reis galegos en Portugal, sen que esa rivalidade fronteiriza conxuntural impedise “as intesas trocas cultu-rais entre Portugal e a Galiza de que a poesia trovadoresca é expresão bem conhecida”, segundo tamén afirma Mattoso (1992: 187), quen subliña o im-portante papel da nobreza galega no dominio da cultura cortesá dos séculos XIII e XIV, acrecentando que a nobreza portuguesa “só para o fim do século XIII parece ir emergindo lentamente para uma consciência da sua diferença em relação com a galega” (Mattoso 1992: 194).

A lingua das cantigas medievais chegou a se converter en lingua lírica de todos os reinos cristiáns da península, coa excepción de Cataluña. Xa é ben coñecida a afirmación do Marqués de Santillana de que todos os trobadores, ben fosen casteláns, andaluces ou da Estremadura, compuñan as súas can-tigas en lingua galega ou portuguesa. A explicación haberá que a procurar no poder que anteriormente alcanzara a Gallaecia e no prestixio da súa lingua,

Page 8: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

9

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

que faría que a cultura, nesa altura posta de manifesto a través da lírica, se expresase no idioma cortesán por excelencia. Téñase en conta tamén que Salamanca foi unha universidade instituída polo rei galego Afonso IX (1188-1230) e administrada durante séculos por Compostela, sendo tamén os seus profesores case todos galegos. Mais, aínda a nos circunscribirmos aos lími-tes territoriais da Galiza actual, ao norte do Miño, é de resaltar a importancia do elemento galego na escola lírica trobadoresca, como puxo de manifesto o profesor Rodrigues Lapa:

Quando dizemos ‘o nosso lirismo’, pretendemos sig-nificar o lirismo galego-português. E, se repararmos bem, fora de toda a preocupação nacionalística, as primeiras manifestações da arte trovadoresca e até os maiores tro-vadores, tirante D. Dinis, acusam o predomínio evidente do elemento galego sobre o elemento português, o que pode fazer supor que o foco irradiador da nova poesia esteja sobretudo na região de Além-Minho. Pelo menos, a procedência averiguada da maior parte dos trovadores assim o indica (Lapa 1977: 110).

Ora, falarmos da importancia da compoñente galega no lirismo trobado-resco en nada altera a substancial unidade cultural e a homoxeneidade lin-güística, estilística, retórica, métrica ou musical que confiren a este corpus lírico conservado a denominación de lírica trobadoresca galego-portuguesa, reflexo cabal da unidade política e cultural do antigo reino da Gallaecia a que esta lírica serve e de que deriva. No entanto, cara a meados do século XIV a escola lírica galego-portuguesa entra en decadencia, a que tamén non pode ser totalmente allea a evolución da situación política na antiga Gallaecia. A partir do reinado de Fernando III (1230-1252) o reino da Galiza, a conservar sempre o seu propio carácter, viuse integrado na coroa de Castela-Toledo-León, iniciando moi lentamente o camiño da decadencia política e económi-ca, que finalmente tamén acabará por se converter en decadencia cultural. A unión de Castela e León, coa crecente influencia de Toledo como centro da cultura a substituír en parte Santiago de Compostela, vai ir pouco a pouco di-solvendo a realidade política galega na coroa de Castela, aínda que isto non se logrou até o século XVI (Pena Graña 1995: 15).

O galego foi a lingua normal entre os habitantes do país tamén durante a Baixa Idade Media, pois era falado por todos os estamentos sociais e tamén empregado por escrito en todo o tipo de documentos, tanto privados como oficiais, segundo xa nos deixou dito Ferro Couselo (1958: 251). A posterior perda da normalidade afecta o galego(portugués) da Galiza, mais non o (ga-lego)portugués de Portugal. Será a partir de finais do período medieval cando as naturais diferenzas lingüísticas de aquén e alén Miño se vaian agrandando e, en canto a literatura na lingua propia practicamente desaparece en terri-torio galego, brilla con forza en Portugal. Tanto nese país como en Castela, unha Galiza isolada, dominada e abandonada á súa sorte será obxecto de burlas e menosprezo, e con ela o seu idioma propio.

A (re)negación do galego en Portugal

De lingua cortesá e lingua lírica peninsular, a partir da ‘doma e castración’ da Galiza no reinado dos Reis Católicos —e por tanto a partir da súa total submisión a Castela— o galego vaise ir convertendo progresivamente nunha lingua esquecida ou mesmo desprezada polos seus veciños, tanto no reino ir-mán de Portugal como no invasor castelán. En moitos dos primeiros traballos de natureza lingüística desenvolvidos en Portugal, e posteriormente tamén no Brasil, é habitual a referencia á orixe da lingua portuguesa e mesmo de Portugal, mais nin sempre se fai alusión ao galego e á Galiza para a explicar. Na realidade, tanto nos traballos quiñentistas de Fernão de Oliveira como de João de Barros e de Gândavo tratan os binomios latín/portugués e portugués/

Page 9: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

10

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

castelán (Buescu 1984: 128-35), mais ignoran en liñas xerais o galego e a Ga-liza, a que se referirá Duarte Nunes de Leão posteriormente na súa Origem da lingoa portuguesa, de 1606, mais de forma pexorativa (Leão 1983: 219-20), provocando a contundente réplica de Sarmiento no século XVIII. O que acontece é que os gramáticos e historiadores portugueses quiñentistas pro-curan unha orixe prestixiosa para a lingua do seu país, que queren presentar como a primeira lingua peninsular en competencia co castelán (Buescu 1984: 201-207) e nesa altura tanto a Galiza como o galego, subordinados a Castela e á súa lingua, perderan o prestixio da época medieval e eran mesmo obxec-to de burla nos dous reinos peninsulares veciños: “Com mais força, se isto é possível, do que em Castela também em Portugal se espalha na literatura e entre o povo a imagem vil do galego” (Vázquez Corredoira 1998: 88).

Aínda que o galego no século XVIII continuaba sumido nese longo silencio literario que supuxeron os séculos escuros, apareceron voces importantes que saíron na súa defensa e tentaron a súa dignificación como idioma. Nese proceso de reivindicación da lingua galega inevitabelmente tiña de xurdir o tema do portugués e a súa relación co galego. O Padre Feixoo ocupouse desta cuestión no tomo primeiro do seu Theatro crítico ao tratar do “Paralelo de las Lenguas Castellana y Francesa”. Na sección sexta do discurso XV (reproducido facsimilarmente en Verdelho 2000: 773-89) Feixoo afirma que a “Lengua Lusitana, ò Gallega” é un dialecto da latina e non subdialecto ou corrupción da castelá; é, por tanto, unha lingua neolatina en igualdade de condicións coas demais. Estabelecido este principio, dedica o frade bieito un “Corolario” a tratar das relacións entre galego e portugués, onde comeza por reafirmar “que el Idioma Lusitano, y el Gallego son uno mismo”, e logo acre-centa que o reino da Galiza comprendía naqueles tempos “buena porcion de Portugal, pues se incluia en èl la Ciudad de Braga”; e termina o seu corolario afirmando que ese idioma pasou da Galiza a Portugal

porque durante la union de los dos Reinos en el go-vierno Suevo, Galicia era la Nacion dominante, respec-to de tener en ella su assiento, y Corte aquellos Reyes. Por lo qual, assi los Escritores Españoles, como los Es-trangeros, llaman à los Suevos absolutamente Reyes de

Galicia, atribuyendo la denominacion à la Corona, por la Provincia dominante [...]. Siendo, pues, durante aquella union, el Reino de Galicia assiento de la Corona, es claro que no pudo tomar el Idioma de Portugal, porque nunca la Provincia dominante le toma de la dominada, sino al contrario (en Verdelho 788-9).

Esa referencia de Feixoo, que secundarizaba o portugués con ánimo de promocionar o galego, non tardou en provocar a correspondente resposta onde se afirma a superioridade do portugués a respecto do castelán e do ga-lego. Ao ano seguinte —en 1727— apareceu publicado en Madrid o Discur-so Philologico Critico sobre el Corolario del Discurso XV del Theatro Critico Universal... (véxase reprodución facsimilar en Verdelho 2000: 791-806), da autoría de Martinho de Mendoça, que se encontraba en Madrid formando par-te dunha embaixada real de Portugal. No seu discurso unhas veces fala de portugués ou galego e outras de portugués e galego, proclama o superior es-tatuto do portugués a respecto do castelán e terminar cunha descualificación contundente do galego; tamén descualifica Feixoo por escribir en castelán e centra a súa crítica ao galego por non posuír uso escrito na época e, indi-rectamente, por carecer de apoio político como lingua oficial, ignorando os condicionamentos sociolingüísticos que conduciron a esa situación. O Padre Sarmiento responde de forma indirecta a estes argumentos na súa Demons-tración crítico-apologética de 1732, onde rexeita a confusión entre lingua fala-da e lingua literaria e argumenta que uns séculos atrás tampouco había nada escrito en castelán e que en América non se escribía cousa ningunha cando a descubriron os europeos, sen que por iso se poida negar a existencia das linguas. Non hai dúbida, de todas as formas, de que a práctica desaparición

Page 10: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

11

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

do galego escrito durante os séculos escuros foi un argumento utilizado na súa contra.

Sarmiento, no seu intento por coñecer o galego, comeza a acudir aos estudos e vocabularios de autores portugueses e vai adquirindo consciencia de que estes descoñecen totalmente o galego e a Galiza, de modo que os seus comentarios se torrnan cada vez máis acedos. A ignorancia do galego por parte do Pa-dre Bluteau irrita Sarmiento, que mesmo chegou a escribir: “Lo que más fuerza me hace es que en los 10 volúmenes del P. Blu-teau, no se hallan 6 etimologías que sean pasaderas” (Sarmiento 1998a: 145). Mais a súa animadversión contra Portugal vai ultra-pasar o ámbito da razón lingüística nas obras escritas após a súa viaxe de 1754 á Galiza e nisto debeu ter moita importancia o co-ñecemento da obra de Duarte Nunes de Leão, ao descubrir que este non só ignora o galego, mais que ofende os galegos coas seguintes palabras da Origem da lingua portuguesa, de 1606: “Da qual língua galega a portuguesa se avantajou tanto, quanto na cópia como na elegância dela vemos. O que se causou por em Portugal haver reis e corte que é a oficina onde os vocábulos se forjam e pulem e donde manam para os outros homens, o que nunca houve em Galiza” (Leão 1983: 219-220). Aquí pode estar a orixe da actitude tan dura de Sarmiento a respecto de Portugal, pois non é apenas que Nunes de Leão considere inferior a lingua galega á portuguesa, mais tamén nega a existencia mesma do reino da Galiza. Nas obras de Sar-miento achamos cumpridas mostras da contundencia con que descualificou o autor portugués e por extensión os portugueses en xeral. Na carta ao Padre Terreros faille unha crítica mesurada:

Así, la lengua portuguesa pura no es otra que la ex-tensión de la gallega, y que después se cargó de voces forasteras, moriscas, africanas, orientales, brasileñas, etc., como se puede ver en Bluteau. Y si a este origen del puro portugués hubiese atendido Duarte Núñez no nos dijera que tales y tales voces eran antiquísimas y pecu-liares de Portugal. Las voces saudades, magoa y mixiri-

queiro, que creo pone por ejemplo, son latinas y siempre han sido gallegas (Sarmiento 1974: 30).

Mais en Elementos etimológicos según el método de Euclides a crítica a Duarte Nunes convértese en despiadada, sen aforrar cualificativos do máis groso calibre: “Pero el portugués Duarte Nuñez de Leon, en su librejo Origem da Lingua Portuguesa, apuró todos los modos que se podrán soñar de ser ri-dículo, falso, ingrato, impostor, y como hoy diría un portugués, fanforriñeyro”. Pregúntase se será críbel que “ese Duarte escriba en el citado librejo, que la lengua portuguesa tiene muy poco de la castellana y nada de la gallega?” E a seguir acrecenta que Duarte Nunes “escribía para brasileños, guineos, mandingos, y monicongos, no para los castellanos y gallegos racionales que tienen dos dedos de frente” (Samiento 1998a: 144). Admite que, após as conquistas africanas, os portugueses incorporaron moitas voces exóticas que nunca foron galegas nin portuguesas, mais, a se centrar xa nas etimoloxías, volta a descualificar Nunes de Leão por dar por só portuguesas e de orixe descoñecida voces plenamente galegas e de orixe claramente latina:

Y es para reír leer en Duarte, que cuenta 800 voces

privativas portuguesas, que no se les sabe su origen. En-tre ellas pone mixiriqueyro, màgoa y saudade. En esto se palpa cuan alcanzado andaba el dicho Duarte Nuñez de la lengua latina, y que como era de Evora, jamás había oído hablar a los gallegos las tres voces, que el creyó eran ephesias, para hacerlas privativas de Portugal, son purísimas gallegas, y que hoy se hablan en lo más reti-

Page 11: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

12

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

rado de Galicia hacia el norte; y también son de purísima latinidad, de la cual se derivaron al gallego. Y si estuvie-se despacio, haría ver lo mismo de las más de las 800

voces.Desengáñense los portugueses que mientras no se

dediquen a saber la lengua gallega pura, ya la vulgar que se habla, ya la que consta de los escritos antiguos, con más que mediana inteligencia del latín primitivo, y del latín de la Media Edad, en los instrumentos góticos, no darán jamás palotada en el origen de su lengua; prescin-diendo de sus voces de conquistas (Sarmiento 1998a: 144-145).

Na realidade, o que exaspera Sarmiento é que os portugueses queiran ignorar a Galiza e o galego, ou que reneguen dela: “Los portugueses quieren ser aborígenes y autóctonos, esto es, hijos de la tierra y que nada tienen de otras naciones. Pero para probar esto han llegado al desatino de excluir a los gallegos. Ni lengua, ni nobleza, ni pobladores, ni conquistadores, nada, nada, se les comunicó de Galicia. Y para hacer más ridículo todo cuanto embarran de papel sobre esto, dicen que todo aquello lo tomaron los gallegos de Por-tugal” (Sarmiento 1998b: 155-156). Tamén lembra Sarmiento a importancia das familias nobres galegas na historia de Portugal e reivindica como galegas as terras entre o Douro e o Miño: “Las familias del Nobiliario del Conde Don Pedro, todas son, o de Galicia, como está hoy reducida, o de Entre Duero y Miño, que ha sido, es y será siempre parte de Galicia, sin tocar en la Lusita-nia, como consta de todos los geógrafos antiguos” (Sarmiento 1998b: 181).

A imposición do castelán na Galiza e o

desprezo desta en Castela

Hai uns cantos anos, en plena etapa de efervescencia do espírito recen-tralizador do goberno estatal con Aznar como presidente, desde as máis altas instancias oficiais españolas intentouse, con escasa fortuna, asentar a idea de que o castelán nunca fora un idioma de imposición, mais de encontro e libre aceptación. Evidentemente, tal fasidade histórica foi de inmediato posta en relevo desde diferentes instancias periféricas, nomeadamente desde a Galiza, Euscadi e Cataluña, obrigando aqueles que nun principio adheriran a tal aserto a matizaren, dunha forma ou doutra e non sen indisimulada in-comodidade nalgún caso, o seu contido, até, cando menos implicitamente, recoñeceren a existencia dunha evidente imposición lingüística da, durante séculos, única lingua oficial do Estado, feito que para todas aquelas persoas con algún coñecemento da historia resulta obvio.

O galego viviu un longo período −arredor de setecentos anos− de norma-lidade lingüística durante a época medieval. Baixo o reinado dos Reis Cató-licos vaise consumar a imposición definitiva do castelán, sen necesidade de promulgación de leis expresas de prohibición do galego. A partir de 1480 os escribáns públicos galegos han de ser examinados polo Real Consejo en Toledo, a mudaren desa forma os seus formularios galegos polos casteláns, feito que Ferro Couselo (1958) considera determinante para a desaparición do galego da escrita e que tacitamente vén a supor a supresión do carácter 'oficial' —entre aspas— de que até entón na práctica gozaba o galego. Como afirma Francisco Rodríguez (1991: 63) o galego "queda excluído da categoría de língua 'nacional', isto é, de língua de Estado, precisamente porque este se articula sobre a base de domínio dunhas oligarquias, con valores culturais específicos, sobre povos heteroxéneos”.

Esta medida vai acompañada doutras moitas de carácter sociopolítico, que van contribuír para a imposición do castelán sobre o idioma propio do país. Por exemplo, a nobreza galega máis poderosa é atraída á Corte ou cas-tigada duramente se se nega a abandonar o país; e concédeselles bula papal aos bispos de Ávila, Segovia, Córdoba e León con dereito de visita sobre os

Page 12: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

13

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

mosteiros galegos, moitos dos cales son suprimidos, terminando os restantes por pasaren en pouco tempo a depender de mosteiros casteláns e mesmo chegando a limitar neles a presenza de frades galegos, que van marchar para Castela. Desta forma debilítase, até a definitiva anulación, o poder ga-leguizador da nobreza e da igrexa galegas, substituídas por xentes foráneas que dan as costas á lingua dos seus súbditos. Porén, o pobo galego no seu conxunto continuará a desenvolver a súa vida en galego nunha situación de monolingüismo case absoluto até comezos do século XVI, en que a coloni-zación política a que o país estaba sometido por parte de Castela comeza a dar os primeiros froitos significativos tamén no que respecta á escrita do idio-ma, terminando así un longo período de normalidade lingüística e iniciándose outro de conflitividade que abre un lento proceso de substitución do galego polo castelán. Conflito lingüístico e diglosia van unidos e ambos poden consi-derarse xa activados na Galiza no inicio mesmo do século XVI.

Non hai nesta altura unha norma que impoña o castelán ou que prohíba o galego, mais si unha imposición do castelán pola vía dos feitos, consecuencia dunha clara vontade de sometemento político dun territorio con lingua e cul-tura de seu. A clase dominante foránea que se instala na Galiza no reinado dos Reis Católicos nin sabe o galego nin ten intención de o aprender, máis ben todo o contrario: trae consigo unha consigna de imposición do castelán, como corresponde a un proceso de dominio e colonización política sustenta-do nunha concepción imperialista do poder; o afán expansionista de Castela procura a asimilación lingüístico-cultural como fórmula de consolidación do seu dominio sobre os territorios peninsulares sometidos aos seus designios. Véxanse só dous testemuños a modo de exemplo. O primeiro achéganolo Pensado (1982: 86-7):

Casi cerrándose el s. XV el aprovechado y agorero Micer Gonzalo de Santa María, que ya olisqueó antes que Nebrija el contubernio de lengua e imperio, sabía poner-se al día en el prólogo de su obra Las Vidas de los Santos Religiosos (incunable burgalés de entre 1486 y 91), como muestran estas palabras: «E porque el real imperio que hoy tenemos es castellano, e los muy excellentes rey e reyna nuestros senyores han escogido, como por assien-to e silla de todos sus reynos el reyno de Castilla, deliberé de poner la obra presente en lengua castellana, porque

la fabla comunmente, mas que todas las otras cosas, si-

gue al imperio... Hay allende esso en la misma Castilla, como son diversos reinos en uno ayuntados, algunas tan

groseras y ásperas lenguas como es Galizia, Vizcaya, Asturias e Tierra de Campos, que ni aquellas, ni lo muy andaluz es hovido por lenguaje esmerado».

No ha pasado mucho tiempo para que se cambie de perspectiva en la valoración del gallego, para que se rom-pa el encanto de la ficción de lengua poética y aparezca la realidad de una lengua grosera y áspera. Gonzalo Gar-cía de Santa María lo proclama desde Burgos, corazón de Castilla, y el malagueño Bartolomé Sagrario Molina desde Mondoñedo, y en la propia Galicia.

O segundo testemuño é o xa tantas veces citado de Nebrija no prólogo da súa Gramática de la Lengua Castellana, que en 1492 dedica a Isabel a Católica e que comeza así: “Cuando bien comigo pienso, mui esclarecida Reina, i pongo delante los ojos el antigüedad de todas las cosas que para nuestra recordación e memoria quedaron escriptas, una cosa hállo e sáco por conclusión mui cierta: que siempre la lengua fue compañera del imperio; e de tal manera lo siguió, que junta mente començaron, crecieron e florecieron, e después junta fue la caida de entrambos” (Nebrija 1980: 97).

Os dous testemuños veñen a deixar en evidencia que a imposición da lingua castelá acompañaba, como máis un medio de dominio dos pobos con-

Page 13: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

14

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

quistados, a política imperialista de Castela. E a Galiza non foi nisto unha excepción, máis ben un dos primeiros campos de experimentación do impe-rialismo político e lingüístico castelán, que practicou aquí unha política asimi-lacionista que só douscentos anos despois poderá levar a cabo en Cataluña, feito que explica en boa parte as diferenzas actuais entre galego e catalán canto ao seu status social. Como xa se dixo, non existe unha disposición ta-xativa que prohíba o uso do galego e impoña o castelán no tránsito da época medieval á moderna, para alén da obriga de os escribáns se teren de exa-minar en Castela. As leis e decretos na procura da uniformización lingüística vanse promulgar máis tarde, no século XVIII. Ora ben, tal dispositivo legal vai ser a consagración oficial dun longo proceso anterior de asimilación e de represión levado a cabo durante os séculos XVI e XVII, partindo do reinado dos Reis Católicos, cuxa política a respecto da Galiza fica elocuentemente definida na xa tan citada “doma e castración” a que tamén ten aludido Cas-telao (1961: 371). Semella evidente que feitos como a decapitación ou exilio forzoso da nobreza galega rebelde ao poder castelán, a utilización de recur-sos económicos do país como despensa estatal, o roubo do voto en Cortes ou a imposición de cargos públicos alleos “configuran un rosário de accións políticas que terán como correlato inevitábel a imposición do español, mesmo que esta non apareza escrita en nengun papel legal até moito máis tarde” (Garcia Negro 1991: 208).

Galiza afronta o final da Idade Media e o paso do reinado dos Reis Católi-cos ao dos Austrias convertida nunha provincia case tan remota como as ul-tramarinas, segundo expresión de Vázquez Cuesta, e representada perante o poder central pola provincia de Zamora, unha vez privada do dereito ao voto en Cortes, que logo terá de recuperar pagando unha forte cantidade de diñei-ro; economicamente a Galiza vai ser saqueada polo fisco, tendo que soster as cada vez maiores necesidades dunha nobreza estabelecida na Corte e duns bispos maioritariamente foráneos e absentistas. En canto boa parte da nobreza galega ten de loitar ao servizo dos reis de Castela tanto na península como fóra dela, a Galiza é gobernada por xente forasteira, sendo vítima peri-ódica da fame e das pestes, coa súa populación castigada ademais pola leva de soldados, a emigración e os saqueos dos piratas nas súas costas; durante o reinado dos Austrias a Galiza vai andar ao ritmo que lle marquen intereses alleos, encerrada en si mesma e sen poder desenvolver a súa propria perso-nalidade política nin cultural (Vázquez Cuesta 1980: 706).

No plano lingüístico vaise identificando o galego cunha maneira ‘natural’ de falar, sen relación ningunha coa cultura, e vaise abrindo paso a crenza de que é unha forma corrupta do castelán, chegando a se explicar tal suposta corrupción como se dunha eiva ou tara mental se tratase. E todo isto derivado dunha situación socioeconómica que levaba os nosos paisanos a teren de se deslocar á Corte castelá para realizaren aqueles traballos máis desprestixia-dos, cal habitantes dunha colonia que van á metrópole para desempeñaren os oficios máis ruíns. De aquí non resulta difícil deducirmos as conseguin-tes burlas e escarnios xeneralizados contra as persoas galegas, que mes-mo acabaron por se reflectir na literatura española dos chamados séculos de ouro: Lope de Vega, Tirso de Molina, Quevedo, Calderón, Góngora etc. A este último corresponden os seguintes versos: Oh, montañas de Galicia,/ cuya, por decir verdad,/ espesura es suciedad,/ cuya maleza es malicia,/ tal, que ninguno codicia/ besar estrellas pudiendo,/ antes os quedais haciendo/ desiguales horizontes;/ al fin, gallegos y montes,/ nadie dirá que os ofendo. A unha composición anónima da mesma época pertencen estoutros referidos tamén a Galiza: Reino infeliz, país desventurado,/ de España muladar, rincón del mundo,/ entre tinieblas siempre sepultado,/ áspero, duro clima, templo airado,/ infeliz, bárbaro trato, signo inmundo.

Pegerto Saavedra (1992: 26), a comentar uns versos de Quiñones de Be-navente (No salen tantas flores en diez mayos/ como en Galicia mozas y lacayos), explica tal concepto pexorativo do galego “debido principalmente a que os nosos paisanos que habitaban na corte ocupábanse dos traballos máis

Page 14: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

15

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

viles”, e acrecenta: “Os criados galegos son notados de aforradores (camiñan descalzos para non gasta-los zapatos), pouco constantes, borrachos, sucios e interesados; e as criadas, de ladroas, feas, cos pés disformes, maliciosas e borrachas”. Como se ve, as mulleres galegas non se libraron, de certo, das burlas e do desprezo, como sinala Murado (2008: 71-72) con exemplos ben ilustrativos: “La mujeres de Galicia llevan vestidos extravagantes, y son de na-tural feas y con poca vergüenza” (J. B. Confalonieri, 1594); Ay, gallega, rolliza como un nabo,/ Entre puerca y mujer, que baja al río (Lope de Vega); Bien es que seas gallega/ Como sardina arencada.../ Y tienes tan grande gala/ En el mal, que no se iguala/ Ninguna en tus malas tretas (Jaime Orts, 1594); “No le faltará una moza gallega que le quite los zapatos, que aunque tiene las tetas grandes, es ya cerrada de años, y como vuesa merced no cierre la bolsa, no haya miedo que cierre los brazos” (Quijote de Avellaneda); etc.

Outra composición de Bartolomé de Villalba, de 1577, di así: Erízame el cabello el pensamiento/ de nombrar al gallego riguroso;/ lobo le apodo que es, y fraudulento,/ y que continuo es cruel y sanguinoso./ En holgar y robar tiene contento;/ holgazán, fementido y muy glorioso,/ haragán, como el lobo carnicero,/ y lo que de él más siento no refiero... E xa circulaban refráns como “antes puto que gallego”, “no fíes en perro que cojea ni en amor de gallega” ou “ni perro negro, ni mozo gallego”; lembremos que aínda en edicións do di-cionario da Real Academia Española dos anos cincuenta do século XX figura-ba “mozo de cuerda” entre as acepcións do vocábulo “gallego”. Por iso Cas-telao (1961: 239) afirma que os escritores casteláns da altura se dedicaron “a luxar o nome e o creto dos galegos, creando un ambente emponzoñado contra Galiza e negándonos, inclusive, a calidade de hespañoes”, pois para eles a Galiza era “un país de salvaxes colonizados”, sen que ningún escritor castelán fose “capaz de sair â nosa defensa, cando incluso se defendía aos indios que non se deixaban asimilar”.

Aínda na primeira parte do século XIX o liberal e europeísta Mariano José de Larra mantén que o galego “es un animal muy parecido al hombre, in-ventado para alivio del asno”, e Mesonero Romanos describe nun dos seus relatos un mozo galego emigrante en Castela como “casi humano”, segundo recolle García Negro (2001: 32), quen, após nos lembrar un aserto de Edu-ardo Blanco-Amor —”Botei cuarenta anos da miña vida demostrando que os galegos éramos seres bípedos”—, afirma que o “castigo inflixido á Galiza, após deixar de ser reino hexemónico e competitivo no cuadro político da Pe-nínsula Ibérica, é o próprio do trato que se dá ao vencido que foi en extremo rebelde e independente” e que a monarquía castelá “ensaia cos galegos, antes do que cos habitantes de América, os métodos de domesticación e redución próprios de toda política colonizadora”, que “se desvelan en toda a sua crueza racista e punitiva”. Esta literatura antigalega e xenófoba continua-ría até o século XX e ten un bo expoente na xeración do 98, se ben que agora pasamos, en expresión de Garcia Negro, dun “racismo directo” a un “paterna-lismo comprensivo”, por exemplo en textos de Ortega y Gasset, Unamuno ou Azorín. E aínda a Real Academia Española esperará a 2013 para retirar do seu dicionario, por obsoletas, as acepcións quinta —“tonto”— e sexta —“tar-tamudo”— da voz “gallego”, que só en sétimo lugar recibe a definición de “lengua de los gallegos”; disto pode deducirse que se os galegos deixarmos de ser parvos e tatexos é posíbel que a nosa lingua ascenda á quinta posición na clasificación académica, sempre e cando para 2013 non quixeren declarar obsoleta a propia lingua galega á vista dos últimos datos estatístcos e da po-lítica lingüística emprendida polo actual goberno do PP na Xunta.

Racismo, imperialismo e xenocidio

lingüísticos

Os exemplos anteriores son unha boa mostra do imperialismo lingüísti-co e tamén en concreto do racismo lingüístico, isto é, o racismo aplicado

Page 15: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

16

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

ás linguas. O dominio dunha lingua a expensas doutras como consecuencia da conquista militar, política ou económica foi cualificado por Calvet (1993) como ‘colonialismo lingüístico’ e ‘glotofaxia’, a se basear na experiencia do imperialismo racista de Occidente. Para Moreno Cabrera (2008: 144-145) a ideoloxía nacionalista colonial ten como desenvolvemento lóxico a ‘ideoloxía nacionalista imperialista’, que no plano lingüístico acabou por dexenerar “de modo casi inevitable en una especie de megalomanía, de delirium tremens, que abarca en sus ensoñaciones imperiales” a totalidade da humanidade, como aconteceu coa “construcción del mito del español como idioma univer-sal”. Phillipson (1992: 47) fala directamente do imperialismo lingüístico do inglés (English linguistic imperialism) e considérao un subtipo do ‘lingüicidio’ (linguicism).

No entanto, con ser hoxe o dominante, o imperialismo do inglés non é o único. De facto, a idea de que a imposición do idioma é consubstancial co do-minio político vén de lonxe, como demostra a gramática de Nebrija antes alu-dida, tanto coa manida equiparación de lingua e imperio como ao considerar bárbaras as persoas que non falan a súa lingua, nun exemplo de racismo lin-güístico, como o cualifica Freitas Jovino (2008: 76); e como demostran tamén os procesos de colonización de América, África e Asia. Outra mostra máis próxima da actualidade é que os países colonizadores e imperialistas crea-ron institucións para estenderen o seu dominio lingüístico polo mundo, como The British Council, Alliance Française, Goethe Institute, Instituto Camões ou Instituto Cervantes, que neste caso, como nos dous anteriores, non está de-dicado precisamente ao estudo da vida e da obra do grande escritor (Moreno Cabrera 2008: 146), mais si a estender o dominio do español no mundo como representante institucional “de una ideología nacionalista castellanocéntrica dirigida desde Madrid y asumida en parte en el mundo hispánico, claramente evidente también en la RAE [Real Academia Española]” (Moreno Cabrera 2008: 158).

Desa ideoloxía castelanocéntrica —mellor diriamos imperialista que na-cionalista para non confundirmos— é un bo exemplo a seguinte cita con que termina a narración da historia dunha emigrante que chega aos Estados Uni-dos e é recluída durante case medio século nun psiquiátrico:

Y pasan 48 años; en 1969 una enfermera de origen lituano entra a prestar servicio en aquel hospital. Y un día oye musitar algo a la enferma y descubre, sorpren-dentemente, que lo que está hablando es lituano. Casi recién llegada, como inmigrante, a los Estados Unidos, sin saber una palabra de inglés ni de ninguna otra len-gua, aquel ya lejano día de 1921 había perdido a su hijo de pocos años y de ahí su desaparición. La historia es sobrecogedora y siniestra. Y siniestros son todos esos movimientos y esfuerzos, ahora frecuentes, por recluír a las gentes en las lenguas minoritarias, por alentar de un modo u otro el espíritu de campanario, por querer trans-mutar la babelización de maldición bíblica en bendición cultural. […] Dijimos que los 300 millones del programa televisivo podrían ser my bien, hoy por hoy 275. Los su-ficientes para que ninguno de nosotros pueda correr el peligro de vivir la aterradora historia de la joven lituana, esos 48 años de irremediable soledad lingüística. A cual-quiera de nosotros, antes de las 48 horas, nos la hubiera remediado, con toda seguridad, alguna enfermera puer-torriqueña (Salvador 1987: 66).

Mais por que detérmonos no español e non falarmos xa directamente o in-glés? Así non dependeriamos da eventualidade da enfermeira portorriqueña. Aliás, en Porto Rico, perante o avanzo do inglés, que xa se convertera en lingua habitual de moitos dos seus habitantes, reforzouse o español como lingua oficial na procura da súa protección e preservación. Lonxe de protes-taren por tal ‘imposición’, as persoas que defenden esta lingua das pretensas

Page 16: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

17

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

ameazas do galego, do catalán ou do éuscaro, ben como os membros da RAE, aplaudiron a medida con entusiasmo.

Na realidade, como afirma Edwards (1994: 104), todos os países imperia-listas trataron de imporen o seu idioma por medio de diferentes estratexias; e España, que estendeu os seus dominios por outros continentes, non foi unha excepción. Mais cando esa expansión se iniciou, a finais da Idade Media, non estaban unificados os diferentes reinos peninsulares e Castela, cada vez máis hexemónica na altura, tivo de conquistar e colonizar o reino da Galiza, entre outros, para asegurar o seu dominio peninsular. Foron os tempos da ‘doma e castración’ de que fala Castelao (1961: 37) —“Galiza ficou sometida a un réxime de colonia conquistada e indina de exercer dereitos políticos. Os Reis Católicos domaron a nobreza e castraron ao povo”— ao se facer eco das palabras do propio historiador oficial dos Reis Católicos, o arago-nés Jerónimo Zurita, ou da conversión na práctica da Galiza nunha provincia case tan remota como os territorios coloniais de ultramar, segundo expresión de Vázquez Cuesta antes citada, como inicio dun proceso de asimilación e represión lingüística aínda vigorante no século XX (Freitas Jovino 2008) e que, por outras vías e con novas estratexias, continúa na actualidade como exixencia dun capitalismo económico que procura novos mercados no mundo a través do dominio cultural sen renunciar aos que xa posúe:

El dominio lingüístico colonial se muestra insuficiente ante las crecientes demandas de un mercado cada vez más internacionalizado, globalizado y en continua expan-sión capitalista. La relación entre el nacionalismo lingüís-tico moderno y el capitalismo lleva a que los desarrollos de éste en su etapa imperialista arrastren a aquél hacia posiciones de imperialismo lingüístico, que lo llevan ne-cesariamente a una desenfrenada carrera para alcanzar a otros imperialismos culturales más poderosos con los que necesariamente ha de chocar de una forma u otra. La frenética carrera hacia el dominio cultural del mundo o, al menos, de una parte importante de él, es consustan-cial a la lógica del imperialismo y conlleva una feroz con-currencia que tiene como marco el mercado capitalista de las multinacionales (Moreno Cabrera 2008: 171-172).

Como afirma Constenla (2003: 53), os estudos poscoloniais circunscrí-bense a nacións e comunidades non occidentais que no pasado foron vítimas do colonialismo e do imperialismo de Occidente, cuxa agresión supuxo un violento choque cultural “razoabelmente magnificado pola distancia”, e cos-tuman deixar fóra outros casos de dominación político-cultural, moitas veces tamén de carácter violento, que se produciron en espazos máis próximos dos estados coloniais ou mesmo dentro deles, embora na súa periferia, enmarca-dos no que Lafont ten denominado ‘colonialismo interior’ e que Constenla no caso concreto da Galiza e do galego cualifica de ‘colonialismo ou imperialis-mo político e lingüístico’:

Aplicando esta análise empírica á situación máis próxima e que máis directamente nos afecta, a de Ga-liza, deberiamos considerar a situación aínda colonial, do punto de vista político, que sofre o noso país e que, en termos culturais e lingüísticos, produce a situación de subordinación e substitución do noso idioma, o galego, por outro —cando menos— externo. Unha situación que, debemos reiterar, ten unha raíz de carácter político, ten como inicial unha dominación política, unha imposición política e, polo tanto, pódese encadrar nun contexto de colonialismo ou imperialismo político e lingüístico, ba-seado no principio de asimilación de carácter violento” (Constenla 2003: 54-55).

Page 17: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

18

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

O imperialismo lingüístico español vén actuando na Galiza desde fins do século XV e comezos do XVI, cos resultados negativos para o galego que hoxe saltan á vista e que se poden contrastar no Mapa sociolingüístico de Galicia 2004, elaborado polo Seminario de Sociolingüística da Real Acade-mia Galega. Mais, por veces con diferentes formas e estratexias, continúa a actuar na actualidade con discursos que desde a capital do reino procuran acabar coa diversidade lingüística e cultural do Estado; un recente “Manifies-to por la lengua común” é unha boa mostra, ben como algunhas outras cam-pañas de medios de comunicación madrileños, dalgunha fundación política da dereita máis centralista que pretende asañarse co galego ou inclusive de asociacións galegas encirradas e apoiadas desde Madrid.

O racismo e o imperialismo lingüísticos provocaron historicamente a morte de moitas linguas e outras moitas están en vías de extinción neste momento pola súa culpa. A grande investigadora sobre os dereitos lingüísticos como parte fundamental dos dereitos humanos, Tove Skutnabb-Kangas, afirma que non hai nada natural na morte das linguas (there is nothing ‘natural’ in language death), pois ten causas que poden ser identificadas e analizadas. Segunda ela, o ‘lingüicidio’ (linguicide) ou ‘xenocidio lingüístico’ (linguistic genocide) practícase por todo o mundo por métodos directos (leis, cárcere, tortura, asasinatos ou ameazas) ou indirectos (por vía ideolóxica e medios estruturais como a educación). Centra o tema nomeadamente no ámbito edu-cativo e opina que moitos dos sistemas de educación do mundo cometen un xenocidio lingüístico e cultural ao obstaculizariren o uso da lingua minorizada na actividade diaria nas aulas. O proceso de redución da diversidade cultu-ral e lingüística do mundo revela unha ideoloxía baseada en diversos mitos, un dos cales é que a concesión de dereitos lingüísticos e culturais conduce inevitabelmente á desintegración dos estados actuais. O que ela denomina reducionismo monolingüista convértese, desta forma, nunha ideoloxía utiliza-da polos estados-nación para racionalizaren o xenocidio lingüístico, especial-mente na educación, prohibindo o exercicio dos dereitos humanos lingüísti-cos dunha minoría coa escusa de que primeiro reclaman a autodeterminación interna por vía cultural e a autonomía e despois queren a autodeterminación externa e por tanto a conversión nun estado independente; non podo deixar de reproducir as palabras textuais da autora:

By denying them linguistic rights and by bringing about homogeneization through linguistic and cultural genocide in education and elsewhere, states claim that they are seeking to eliminate the threat of groups that may even-tually demand self-determination. To deny minorities tho-se human rights that are most central to their reproducing themselves as distinctive groups —namely, linguistic and cultural human rights, and especially educational langua-ge rights— while observing (or appearing to observe) se-veral of the basic human rights for all its citizens, including minorities, is a covert way for a state to make languages disappear at the same time that it retains its legitimacy in the eyes of (most of) its citizens and the international community. Covert linguicide of this type appears to be extremely effective (Skutnabb-Kangas 2001: 402).

Por razóns similares ás aquí expostas, a sociedade galega foi obxecto dun xenocidio lingüístico no sentido que lle dá a esta expresión Skutnabb-Kan-gas, pois a súa lingua foi eliminada e prohibida no sistema educativo durante séculos, de maneira que até hai aproximadamente tres décadas as crianzas monolingües en galego recibían toda a educación en español e eran reprimi-das por usaren o galego, e na actualidade, cando se intenta restabelecer a presenza desta lingua no sistema educativo, desde aqueles mesmos poderes que antes prohibían o uso da lingua propia denúnciase tal intento como im-posición e invócanse os mesmos dereitos lingüísticos que negaron con an-terioridade. Eis a perversión dos discursos e a manipulación dos conceptos,

Page 18: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

19

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-Ensino Tema 1

de que xa nos advertiu o profesor Moreno Cabrera na súa exemplar obra La dignidad e igualdad de las lenguas. Perante unha situación de desigualdade, para este autor resulta evidente que se deben promover políticas que axuden de forma especial o máis débil e, de se tratar dunha situación de desequilibrio entre linguas, é obrigada a protección da minoritaria; mais, cando esta se der, de seguro que xurdirá o discurso da imposición e a invocación de dereitos. Estas son as súas palabras admonitorias:

Con todo, no hay que ser ingenuos: la ocupación de nuevos espacios y ámbitos por parte de las lenguas mi-noritarias supondrá necesariamente el cese del predomi-nio de la lengua dominante en esos espacios y los ha-blantes e instituciones que la promueven harán lo posible para no dejar esa posición predominante: nadie renuncia al dominio de buen grado. En estos casos hablarán de imposición y de violación de derechos (Moreno Cabrera 2000: 225).

Estas palabras describen perfectamente o que pasou e está a pasar na Galiza, primeiro cando hai case tres décadas se implantou a materia de lin-gua galega como obrigatoria no ensino primario e secundario, e a partir de 2007 cando o goberno bipartido entre socialistas e nacionalistas promulgou un decreto que obrigaba a impartir un mínimo do 50% das materias nesta lin-gua en desenvolvemento do plano xeral de normalización aprobado en 2004 por unanimidade no Parlamento galego. Neste ano 2009 acaba de gañar as eleccións o Partido Popular após unha campaña en parte baseada nese discurso de imposición lingüística, que xa levaba algúns anos en circulación, e na falta de liberdade de elección de lingua tanto dos pais e nais como das propias crianzas, a se inventaren así ese partido e algunha das súas asociacións afíns un dereito individual inexistente. Os planos dos lingüicidas avanzan, pois, segundo as previsións dos sociolingüistas, tamén na Galiza. E o galego, noutrora enxalzado como lingua da Corte e hoxe mortificado como lingua das cortes, agarda a súa vez no corredor da morte, a onde o racismo e o imperialismo lingüístico o conduciron, pendente tan só dun indulto que unicamente nesta altura o pobo galego no seu conxunto lle pode conceder. Por outros valedores xa non paga a pena esperar.

Conclusión

O galego é a lingua natural e propia da Galiza, como mesmo proclama a legalidade vixente, mais tamén como nos demostra a historia; igualmente, está estendido polo mundo co nome de ‘portugués’, embora moitos falantes non se recoñezan neste. Foi lingua normal no seu propio territorio durante setecentos anos e leva os últimos quiñentos loitando por sobrevivir á forte presión da lingua oficial do Estado, que tamén foi a única oficial na Galiza neste período. Esa oficialidade foille negada ao galego até hai non máis de trinta anos. Mais o recoñecemento de lingua oficial que agora se lle deu non é pleno nin igualitario a respecto do español, de modo que a súa é unha coofi-cialidade subalterna, como ben a cualficara o profesor Carvalho Calero, por as persoas galegas termos a obriga constitucional de coñecermos a lingua estatal mais non a nosa lingua propia. Esta cooficialidade vese agora inclusive máis rebaixada, ou mellor anulada na práctica, polas primeiras disposicións anunciadas polo novo goberno, que mesmo eximen as persoas aspirantes ao funcionariado de demostraren o dominio do galego. Que cooficialidade pode ter unha lingua que un servidor público non ten a obriga de coñecer?

Non deben ficar moitas dúbidas a respecto da imposición do castelán na Galiza, así como da represión e silenciamento do galego, que obedece a un proceso duns quiñentos anos de antigüidade. A precocidade con que a súa persecución se manifestou con relación ao catalán, por exemplo, ex-plica tamén a situación actual diferenciada canto a uso e valoración social

Page 19: De lingua enxalzada a lingua mortificada. Freixeiro Mato

20

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Aula Virtual da CIG-EnsinoTema 1

de ambas as linguas. É certo que a conciencia lingüística da Galiza é hoxe menor, mais tal situación non é casual nin responde a unha libre decisión da cidadanía galega; máis ben é consecuencia dun longo e traumático proceso histórico de colonización política, económica e cultural que deixou pegadas na mentalidade individual e colectiva aínda agora difíceis de borrarmos. Certo é igualmente que mudou o marco legal nos últimos tempos nunha dirección en principio favorábel para o galego. No entanto, tamén é ben certo que tal marco é insuficiente e, alén diso, nin tan sequera se respecta por parte de quen ten a obriga legal de o facer. Aínda hoxe son evidentes os atrancos para o uso consciente da lingua galega en todas as circunstancias dentro da Galiza e aínda hoxe se están a producir casos de imposición lingüística do español e de represión do galego.

Galego e castelán partillan espazo na Galiza, mais non conviven harmo-nicamente, como se nos pretende facer ver. O castelán foi usurpando his-toricamente os usos que posuía o galego. Este hoxe só poderá mellorar a súa presenza social en base a recuperar usos que aquel lle arrebatara. Mais cando o galego intenta recobrar usos perdidos, por exemplo en notarías e tribunais de xustiza, automaticamente xorde un problema. Na Galiza exis-te, por tanto, un conflito lingüístico que permanece oculto ou latente cando as persoas galegofalantes renuncian ao uso da súa lingua en determinados contextos ou cando fan deixación dos seus dereitos lingüísticos, mais que se activa en canto pretenden exercitalos.

En consecuencia, a normalización da lingua galega non é ningunha ‘anor-malidade’, ningún capricho nin ningún paradoxo. É pura e simplemente unha necesidade e unha obriga que temos con nós mesmos, coa nosa historia, coa nosa dignidade e cos nosos devanceiros, inclusive con toda a humanidade, ben como unha condición sine qua non para que a Galiza continúe a existir como pobo diferenciado e as persoas galegas como seres máis dignos, libres e prósperos.