DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA PROXECTO DIDÁCTICO CURSO … · 5 10. ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO...

280
1 I.E.S. ARCEBISPO XELMÍREZ I DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA PROXECTO DIDÁCTICO CURSO ACADÉMICO 2016-2017

Transcript of DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA PROXECTO DIDÁCTICO CURSO … · 5 10. ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO...

1

I.E.S. ARCEBISPO XELMÍREZ I

DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

PROXECTO DIDÁCTICO CURSO ACADÉMICO 2016-2017

2

Profesores

Berta Mata Hermida

Juan Jesús Mayer

Montserrat Fuentes Nora

Antón Baamonde García

3

INDICE

Páxinas

1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTO 8

2. MARCO LEGAL 9

3. O DEPARTAMENTO E AS SÚAS MATERIAS 11

4. OBXECTIVOS XERAIS DA FILOSOFÍA 12

5. ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS 17

6. FILOSOFÍA 4ºESO 19

1. Introdución e contextualización: Obxectivos e contribución ao desenvolvemento das

competencias clave.19

2. Concrecións para cada estándar de aprendizaxe avaliable.22

2.1 Táboas Xerais.

2.2 Organización por unidades temáticas.

2.3Temporalización.

2.4 Mínimos esixibles para unha avaliación positiva.

2.5 Procedementos e instrumentos de avaliación.

3. Concrecións metodolóxicas.50

4. Materiais e recursos didácticos.52

5. Criterios de avaliación, cualificación e promoción.53

5.1 Criterios de avaliación

5.2 Períodos de avaliación.

5.3 Instrumentos de Cualificación e Ponderación.Criterios de promoción.

6. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e da práctica docente.57

7. Deseño da avaliación incial e medidas a doptar como consecuencia dos resultados.58

8. Medidas de atención á diversidade: alumnado con características especiais.59

8.1 Alumnado con altas capacidades intelectuais

8.2 Alumnado con TDAH.

9. Concreción dos elementos transversais.60

10. Actividades complementarias e extraescolares programadas.61

11. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación.61

7. FILOSOFÍA 1º BACHARELATO 62

1. Obxectivos xerais do Bacharelato. 62

2. Obxectivos xerais para a materia de Filosofía.63

3. Táboas xerais. Estándares de aprendizaje.67

4. Secuenciación de contidos.97

4.1. Consideracións xerais.

4

4.2. Secuenciacións de contidos.

4.3. Secuencia por unidades. Obxectivos mínimos esixibles.

4.4. Temporalización.

5. Como contribúe a materia á consecución das competencias.100

6. Metodoloxía.102

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade.106

8. Recursos didácticos.108

9. Procedementos e instrumentos de avaliación. 108

9.1 Criterios sobre avaliación, cualificación e promoción.

9.2 Recuperación durante o curso.

8. HISTORIA DA FILOSOFÍA LOE 2º BACHARELATO 111

1. Presentación.111

2. Obxectivos xerais.113

3. Contidos.116

4. Temporización.121

5. Metodoloxía.121

6. Materiais e recursos didácticos.122

7. Actividades do alumnado.122

8. Avaliación.122

9. Obxectivos Mínimos esixibles.126

10. Bibliografía recomendada: proxecto lector.127

11. Temas transversais.128

12. Medidas de atención á diversidade.128

13. Alumnado con materias pendentes.128

9. HISTORIA DA FILOSOFÍA LOMCE 2º BACHARELATO 130

1. Obxectivos xerais do Bacharelato.130

2. Obxectivos xerais para a materia de Historia da Filosofía.131

3. Secuenciación de contidos. 132

3.1 Consideracións xerais.

3.2 Secuenciación por unidades.

3.3 Mínimos esixibles.

3.4 Temporización.

4. Como contribúe a materia á consecución das competencias.137

5. Metodoloxía.139

6. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade.142

7. Recursos didácticos.144

8. Instrumentos para a avaliación.145

5

10. ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO 2º BACHARELATO 148

1. Obxectivos.148

2. Contidos e Secuencia.149

3. Obxectivos mínimos esixibles.152

4. Criterios de cualificación.153

5. Criterios de promoción.153

6. Metodoloxía Didáctica.153

7. Procedementos de Avaliación e Cualificación.156

8. Materiais e recursos didácticos.158

9. Programación correspondente aos temas transversais.159

10. Actividades complementarias e extraescolares.159

11. Medidas de atención á diversidade.159

12. Alumnado con materias pendentes.159

11. VALORES ÉTICOS 1º ESO 160

1. Obxectivos xerais de Educación Secundaria.160

2. Obxectivos da área de Valores Éticos.161

3. Competencias clave, indicadores e descritores.163

4. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias clave.169

5. Organización e secuencia de contidos.Temporización.Obxectivos mínimos.173

6. Criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe.176

7. Criterios metodolóxicos e estratexias didácticas xerais para utilizar na aula.184

8. Actividades complementarias.185

9. Criterios e instrumentos de cualificación e promoción.185

10. Recursos didácticos.186

11. Medidas de atención á diversidade e inclusión.186

12. Avaliación da programación didáctica.187

12. VALORES ÉTICOS 2º ESO. 189

1. Obxectivos xerais de Educación Secundaria.189

2. Obxectivos da área de Valores Éticos.190

3. Competencias clave, indicadores e descritores.192

4. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias clave.199

5. Organización e secuenciación de contidos e estándares de aprendizaxe

6

avaliables. Temporización.Obxectivos mínimos.203

6. Criterios metodolóxicos e estratexias didácticas xerais para utilizar na área.211

7. Actividades complementarias.212

8. Criterios de cualificación e promoción.213

9. Recursos didácticos.214

10. Medidas de atención á diversidade e inclusión.214

11. Avaliación da programación didáctica.215

13. VALORES ÉTICOS 3º ESO 216

1. Obxectivos xerais de Educación Secundaria.216

2. Obxectivos da área de Valores Éticos.217

3. Competencias clave, indicadores e descritores.219

4. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias clave.226

5. Organización e secuenciación de contidos e estándares de aprendizaxe

avaliables.Temporización.Obxectivos mínimos.230

6. Criterios metodolóxicos e estratexias didácticas xerais para utilizar na área.239

7. Criterios e procedementos de cualificación e promoción.240

8. Recursos didácticos.242

9. Medidas de atención á diversidade e inclusión.243

10. Avaliación da programación didáctica.244

14. VALORES ÉTICOS 4º ESO. 245

1. Obxectivos xerais de Educación Secundaria.245

2. Obxectivos da área de Valores Éticos.246

3. Competencias clave, indicadores e descritores.248

4. Organización e secuenciación de contidos e estándares de aprendizaxe

avaliables. Temporización.Obxectivos mínimos.259

5. Criterios metodolóxicos e estratexias didácticas xerais para utilizar na área.267

6. Actividades complementarias.268

7. Criterios e procedementos de cualificación e promoción.269

8. Recursos didácticos.271

9. Medidas de atención á diversidade e inclusión.271

10. Avaliación da programación didáctica.272

15. CONSIDERACIÓNS XERAIS. 273

1. Temas transversais comúns.274

2. Avaliación inicial.Atención á diversidade.275

7

3. Proxecto lector xeral.276

4. Actividades extraescolares e complementarias xerais.277

5. Actividades extraescolares e complementarias específicas.278

6. Integración das TICs.278

7. Achega ao proxecto lingüístico.279

8. Anexo aos criterios xerais de avaliación.279

16. PROCESO DE REVISIÓN E AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. 280

8

1. INTRODUCCIÓN E CONTEXTO

O Instituto de Educación Secundaria Arcebispo Xelmírez I é o segundo centro de

ensino secundario máis antigo do país. Creouse en 1845 e tivo a súa primeira

localización no Pazo de San Xerome, onde actualmente se atopa a Reitoría da

Universidade de Santiago de Compostela. Despois mudouse para a praza de Mazarelos

–que moita xente aínda coñece como praza do Instituto–, para o edificio que hoxe

ocupa o Departamento de Filosofía da USC. En 1965 trasladouse para o edificio que

desde 1984 alberga os servizos centrais da Administración da Xunta de Galicia, en San

Caetano. A sede actual do instituto atópase na Avenida das Burgas, no Campus Vida da

USC, e consta de dous edificios: aquel no que se atopan a aula magna, as aulas, os

laboratorios, as bibliotecas (a xeral e mais a antiga, que posúe un fondo duns 5.000

volumes do antigo Instituto de Santiago), os departamentos, os despachos do equipo

directivo, a oficina administrativa, o cuarto dos bedeis, o laboratorio-museo (unha

mostra do material científico de segunda ensinanza do século XIX, que contén máis de

450 pezas ou pequenas coleccións que formaron parte do laboratorio de Química e dos

gabinetes de Física e de Historia Natural do Instituto de Santiago), o arquivo histórico e

mais a cafetaría; e o edificio no que se atopan o salón de actos e o pavillón de deportes.

No instituto cursan os seus estudos ao redor de 550 alumnos, distribuídos en tres

grupos por curso na educación secundaria obrigatoria e en catro grupos no bacharelato.

Nos PCPi (programas de capacitación profesional iniciais), nas ensinanzas básicas

iniciais, na educación secundaria para persoas adultas e no bacharelato para persoas

adultas prevense ao redor de 400 alumnos matriculados. No bacharelato ofrécense dúas

modalidades: a de ciencias e mais a de humanidades e ciencias sociais (cos dous

itinerarios de humanidades e ciencias sociais).

O claustro está composto por uns 80 profesores, que forman parte dos 20

departamentos do centro. O equipo directivo está formado polo director, o vicedirector,

a secretaria, o xefe de estudos e mais o xefe de estudos nocturnos. O cadro do persoal de

administración e servizos está composto por 11 persoas, e existe tamén unha asociación

de pais e nais do alumnado. O consello escolar está composto polo director, a secretaria,

os xefes de estudos, sete representantes do profesorado, tres representantes dos pais dos

alumnos, catro representantes do alumnado, un representante do persoal administrativo

e de servizos e un representante do Concello de Santiago de Compostela.

9

Para potenciar o uso da lingua galega, o instituto conta cun equipo de dinamización

lingüística integrado por tres profesores, tres alumnos e un membro do persoal de

administración e servizos.

En canto ás actividades extraescolares, o centro organiza obradoiros voluntarios,

que teñen lugar polas tardes. A Asociación de Nais e Pais de Alumnos adoita ofrecer

actividades.

2. MARCO LEGAL

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa,

coñecida como LOMCE, modificou a LOE, Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de

educación, en distintos aspectos coa finalidade de desenvolver medidas que permitan

seguir avanzando cara un sistema educativo de calidade, inclusivo, que garanta a

igualdade de oportunidades e faga efectiva a posibilidade de que cada alumno e alumna

desenvolva ao máximo as súas potencialidades.

Coa finalidade de establecer as condicións propicias para afondar nos cambios

metodolóxicos necesarios para acadar os obxectivos propostos, a regulación educativa

aborda unha nova configuración do currículo de Educación Secundaria Obrigatoria e

Bacharelato.

A Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, lle deu unha nova redacción ao artigo

6 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para definir o currículo como a

regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada

unha das ensinanzas. O currículo estará integrado polos obxectivos de cada ensino e

etapa educativa; as competencias, ou capacidades para activar e aplicar de forma

integrada os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, para lograr a

realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos; os

contidos, ou conxuntos de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que

contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa e á adquisición

de competencias; a metodoloxía didáctica, que comprende tanto a descrición das

prácticas docentes como a organización do traballo dos docentes; os estándares e

resultados de aprendizaxe avaliables; e os criterios de avaliación do grao de adquisición

das competencias e do logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa. Os

contidos ordénanse en disciplinas, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas e

módulos en función das ensinanzas, as etapas educativas ou os programas nos que

participe o alumnado.

O novo artigo 6 bis da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, define a distribución de

competencias entre as distintas administracións educativas e, mesmo, con respecto aos

centros. Nesta distribución competencial correspóndelle ao Goberno do Estado, entre

outras funcións, o deseño do currículo básico. En exercicio desta competencia, ditouse o

10

Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da

Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato, no que desenvolve os aspectos do

mesmo en atención á nova configuración do currículo.

Asemade, a Comunidade Autónoma de Galicia elaborou o Decreto do 29/7/2015

polo que se establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato

conforme ás súas competencias.

Conforme a este marco regulador, no presente curso completarase no

Departamento de Filosofía o despregue da Lomce aínda que quedaran de modo residual

alumnos cun deseño curricular con orixe na LOE.

11

3. O DEPARTAMENTO E AS SÚAS MATERIAS

Deste xeito, o Departamento de Filosofía do I.E.S. Arcebispo Xelmírez I

impartirá ao longo deste curso académico as seguintes materias:

1º ESO:

Valores Éticos

Profesor: Antón Baamonde

2º ESO:

Valores Éticos:

Profesor: Antón Baamonde

3º ESO:

Valores Éticos

Profesor: Montserrat Fuentes Nora

4º ESO:

Valores Éticos:

Profesor:Montserrat Fuentes Nora

Filosofía:

Profesor: Berta Mata

1° BAC:

Filosofía:

Profesores: Montserrat Fuentes; Juan Jesús Mayer

2º BAC:

Historia da Filosofía:

Profesores: Antón Baamonde, Juan Jesús Mayer

Ética e Filosofía do Dereito

Profesor: Montserrat Fuentes

12

4. OBXECTIVOS XERAIS DA FILOSOFÍA E COMPETENCIAS

CLAVE

A través da UNESCO, a ONU alenta aos seus estados membros a traballar na

promoción, fortalecemento e extensión da Filosofía en todos os niveis do ensino porque

a sociedade democrática, formada por unha pluralidade diversa de persoas e

comunidades, proxectos e intereses, demanda un pensamento racional que axude a

comprender o mundo complexo que nos rodea e forneza de instrumentos para edificar

unha sociedade libre, igual e xusta. A UNESCO considera que a materia de Filosofía, o

saber mais antigo de Europa, e a ferramenta adecuada que debe servir a este fin. A

filosofía forma unha cidadanía reflexiva, lucida, participativa, amante das institucións

democráticas e con habilidades practicas na resolución dos problemas específicos das

sociedades democráticas avanzadas.

A materia de Filosofía capacita ao alumnado para o exercicio do pensamento

critico e independente co que acadar unha mellor comprensión do mundo globalizado e

de si mesmo.

Grazas a Filosofía adquire a aptitude de entretecer unha defensa racional e

razoable da súa autonomía, dignidade e dereitos, nun contexto (mundial, nacional) en

transo de globalización.

O pensamento filosófico aporta os coñecementos teóricos e destrezas practicas

para entender, analizar e propoñer solucións aos desafíos intelectuais e morais do século

XXI. Asemade, a materia da Filosofía ofrece os fundamentos conceptuais dos principios

e valores da paz e seguridade mundiais: democracia, imperio da lei, dereitos humanos,

tolerancia, xustiza, igualdade, liberdade (a UNESCO nomea a Filosofía como ―Escola

de liberdade‖ na súa estratexia internacional e no informe de 2007). Os métodos

filosóficos proporcionan enfoques plurais e contrastados que permiten albiscar saídas

aos problemas que afectan a convivencia humana. A aprendizaxe do tratamento racional

e dialogado destes asuntos disipa o recurso a violencia, a guerra, fomenta a paz, a

seguridade global e local. En terceiro lugar, a materia de Filosofia impulsa no alumnado

o valor da indagación e a reflexión argumentada para descubrir prexuízos, xerar

claridade a respecto dos obxectivos e sentido da vida, valorar a calidade dos

argumentos, detectar sofismas e falacias, resistir a presión arbitraria dos superiores e dos

pares, atopar puntos de encontro entre posicións diferentes, humanizar a aqueles cos que

estamos obrigados a convivir.

13

A materia de Filosofía axuda a desmontar os argumentos das condutas baseadas

nos valores da dominación e a vontade de poder que provocan crises ecolóxicas,

económicas, humanas. A meditación filosófica esperta no alumnado o interese polos

demais, estimula a empatía para imaxinar os problemas que lles afectan, crea a

capacidade para emocionalos moralmente.

Grazas ao autocoñecemento que promove a filosofía, o alumnado pode chegar a

recoñecer que a fraxilidade, debilidade e mortalidade non son aspectos negativos e

odiosos da existencia humana, senón ocasións para a axuda mutua, cooperación e

reciprocidade. En cuarto lugar, grazas aos varios modelos de pensamento filosófico, a

materia de Filosofía estimula a deliberación sosegada sobre as decisións que rexen a

vida cotiá individual e colectiva, e impulsa a tomar iniciativas razoables. Nunha

sociedade democrática avanzada o alumnado debe formarse para aplicar o pensamento

critico a análise de principios económicos e políticos, sopesar distintas teorías sobre a

liberdade e a xustiza social, recoñecer a interacción dos fenómenos naturais e sociais,

avaliar o impacto ético e social da tecnociencia, gozar con autonomía dos produtos

artísticos. A materia de Filosofía proporciona a vision e comprensión totalizadora

necesaria para realizar estas tarefas. O alumnado educado filosoficamente é así activo,

curioso, argumentador, creativo, comprometido, innovador.

Como vemos, a Filosofía como materia potencia o desenvolvemento das

competencias sociais e cívicas, por estar estreitamente vinculadas coa finalidade ultima

de todo o seu proxecto.

Pero nesa consecución precisa de acudir a Competencia en Comunicación

Lingüística, que permite ao alumno tanto a exposición dun pensamento rigoroso e claro

coma o dialogo frutífero cos outros. A Competencia de Aprender a Aprender

manifestase na obriga intrínseca do facer filosófico de xerar marcos de sentido cada vez

mais complexos, globais e enriquecedores que nos permitan tratar cunha realidade

plástica, multifacética e omniabarcante, realidade que provoca en nos a moi humana

sensación de admiración. E nesa sensación a Filosofía non esta soa, a Matemática e a

Ciencia nútrense da mesma fonte, e a competencia neses saberes cobra mais luz cando

os examinamos dende o saber que na orixe foi un con eles. Pero non chega a

admiración. Con ela aparece a curiosidade que so se sacia cando polo Sentido de

Iniciativa e o Espírito Emprendedor animámonos a acción, a creación, a innovación. O

mesmo saber require de atrevemento, de ousadía, de iniciativa, como nos recorda Kant.

A Competencia Dixital capacita aos alumnos para o uso das novas tecnoloxías

que serven para traballar coa materia mesma da razón: o sentido, que se presenta baixo

as duas facetas da información e a comunicación. O percorrido da Filosofía, polos seus

temas e pola súa historia, brinda acceso, ao cabo, a un panorama de teorías, pensadores,

correntes, ideas, argumentos, criticas e preguntas que conforman a trama onde se

viñeron tecendo as Expresións Culturais que nos fan ser o que somos.

14

Tamén son abordados no currículo de Filosofía varios dos elementos transversais

de etapa, os que atinxen basicamente ao espírito emprendedor e ao estudo dos proxectos

empresariais e a influenza que poden ter neles as achegas das distintas ramas da

Filosofía. Na materia de Filosofía todas estas esixencias agrúpanse en varios bloques

temáticos: a especificidade do saber filosófico, o coñecemento humano, a pregunta pola

realidade, a condición humana, a racionalidade practica. A través deles o alumnado

coñecera os interrogantes, conceptos, formulacións e respostas da Filosofía aos grandes

problemas do saber, o coñecemento, a ciencia, a realidade, a natureza, o ser humano, a

acción, a arte, o discurso, a innovación. Os contidos relacionados coa epistemoloxía,

filosofía da ciencia e da natureza, metafísica, permiten afondar no coñecemento que o

alumnado ten do seu entorno e da súa relación con el. O alumnado desenvolve a

competencia para interpretar sucesos, avaliar o seu impacto, localizar as súas causas,

anticipar e prever as consecuencias, analizar os factores capaces de transformar a

realidade. Así mesmo, invitan ao alumnado a exercer o pensamento metódico (na

ciencia, ontoloxía e metafísica) con rigor e precisión. Os contidos de antropoloxía, ética

e filosofía política deitan luz sobre a realidade individual, social, cultural. Estimulan a

autocomprensión e autocoñecemento, espertan a capacidade de argumentación moral e

política, desenvolven a conciencia normativa e a empatía moral, fomentan o respecto

polos dereitos humanos, invitan a participación activa na vida democrática. Os contidos

de filosofía da linguaxe, lóxica, retórica e argumentación serven para educar a

interpretación, expresión, formulación e exposición do propio pensamento e do alleo en

contextos comunicativos variados (deliberación, negociación, investigación, dialogo,

controversia, discusión critica, conversa informal), empregando con eficacia o

razoamento lóxico e respectando as máximas que rexen a conduta racional

comunicativa. Os contidos de estética proxectan ao alumnado a comprender, apreciar e

valorar con espírito critico reflexivo, actitude aberta e respectuosa, as diferentes

manifestacións culturais e artísticas. A finalidade e apropiarse criticamente dun

conxunto de criterios estéticos para estimar o valor da produción cultural e artística e,

chegado o caso, producir obras artísticas innovadoras con contido filosófico.

Tanto estes contidos curriculares coma o tratamento das competencias clave e dos

elementos transversais invitan ao profesorado da materia a emprender unha renovación

metodolóxica na que os alumnos sexan quen de ocupar o papel activo fundamental que

lles corresponde nos procesos de ensino-aprendizaxe. O de persoas autónomas e

criticas, sociais e racionais, creativas e prudentes, donas de si e respectuosas cos outros,

sabias e felices. O tipo de persoa que a mellor Filosofía nos presenta, dende sempre,

como ideal humano.

A Historia da Filosofía ademais de ser unha materia que da sentido e continuidade

dende unha perspectiva histórica as ideas que se presentaron nas materias de Filosofía

de 4º ESO e Filosofía de 1o de Bacharelato, contribúe ao desenvolvemento integral do

alumno de bacharelato posto que permite tomar conciencia do seu ser como ser

pensante e autónomo, e reflexionar sobre as súas propias crenzas, ideas e conviccións e

15

as do mundo que o rodea, de xeito critico e razoado, rexeitándoas e/ou modificándoas

ou asumíndoas como parte de si.

Polo seu lado, a Historia da Filosofía non se presenta como un percorrido

cronolóxico polas ideas do pensamento occidental sen mais, tampouco debería ser un

mero compendio de autores, senón un intento de achegamento ao esforzo do ser humano

por comprender a realidade e ao propio ser humano en todas as súas dimensións.

Tratase dunha investigación que nos fará mais libres, permitiranos comprender o

pasado, o presente e proxectar solucións sobre os problemas que se nos formulen no

futuro. E no pensar de "outros" (e con "outros") que se foi configurando ao longo da

Historia das ideas, como lograremos estimular o noso propio pensamento, ese "sapere

aude" kantiano, que nos leve a xerar as nosas propias ideas tendo en conta de onde

proceden e respectando aos que non pensan como nos. Ese pensar a través do dialogo de

distintos autores e épocas que foron creando aproximacións ou tendencias cara a

verdade respecto aos problemas e grandes preguntas que se formulou o ser humano ao

longo da súa existencia constitúe a Historia da Filosofía.

Esta materia contribúe ao desenvolvemento das competencias clave do

bacharelato pola súa propia natureza e pola forma que esta articulada, permitindo o

desenvolvemento persoal e social como cidadán, así como o seu desenvolvemento

profesional no futuro, xa que, como materia terminal do Bacharelato adquire tamén a

dimensión de propedéutica para un amplo abano de estudos e profesións posteriores. A

Historia da Filosofía permite aos alumnos e alumnas de bacharelato contribuír a

consecución das seguintes competencias:a) a Competencia en Comunicación

Lingüística a través de disertacións, argumentacións, análises de textos relevantes,

definicións de termos, diálogos, exposicións orais e escritas, ensaios filosóficos, etc.; b)

as Competencias Sociais e Cívicas preséntanse están asociadas a numerosos estándares

de aprendizaxe da materia que poñen ao alumnado en relación co proceso de formación

e transformación da sociedade humana dende as súas orixes, así como permiten coñecer

os seus problemas e as respostas que se deron ao longo da Historia...; c) a Competencia

de Aprender a Aprender contribúe a que o alumnado sexa capaz de aprender por si

mesmo ao consolidar esta faceta noutros ámbitos, así como de cara ao futuro; así se pide

reflexionar, aprender en equipo, comprender e explicar, etc. d) desenvolvese a

Competencia Dixital realizando traballos colectivos a través da TIC, utilizando

ferramentas informáticas para realizar presentacións, buscas en internet, ... e) fomenta

tamén a consecución entre outras competencias a da Conciencia e Expresións Culturais,

xa que se recorre constantemente ao dialogo entre épocas e autores anteriores facendo

unha revisión das achegas destes ao ámbito das expresións culturais a nivel histórico..

Polo tanto, a Filosofía non seus diferentes niveis ha de buscar como obxectivos ao

menos os seguintes:

1. A Filosofía axudará ao/á alumno/a a acadar unha ponderada actitude crítica, para

non aceptar realidades nin ideoloxías, sen sometelas a revisión. Con isto se

16

tentará evitar que se deixe alienar ou deshumanizar polo contexto social, cultural

ou político.

2. Á Filosofía correspóndelle unha función integradora e de fundamento dos

diversos saberes nos que a/o estudante está sendo formada/o e educada/o.

3. A Filosofía será a que lle amose ao alumnado o camiño para: ler obxectivamente

as manifestacións culturais, penetrar alén das aparencias, buscando a

significación profunda, e comprometelo nunha tarefa humanizadora da

sociedade.

4. Á Filosofía correspóndelle dinamizar o desenvolvemento da formación hu-

manística, mergullándose no coñecemento do ser humano e abríndose ás

cuestións últimas.

5. A Filosofía axudará ao/á alumno/a: á formación de hábitos de pensar e ó rigor

do pensamento abstracto, á progresiva adquisición dun vocabulario de orixe

filosófica, ó uso dun vocabulario preciso e técnico, a coñecer ás/aos grandes

autoras/es e as correntes filosóficas que forman parte da nosa cultura.

Estes obxectivos xerais haberán de ser concretados nas programacións específicas

de cada un dos conxuntos temáticos e unidades de traballo, como metas que cómpre

acadar. En moitas ocasións convirá matizalos e adaptalos ó grupo a que se dirixen. En

todo caso, cómpre presentar os obxectivos como fins a conseguir e avaliar, para que

entren na esfera das posibilidades e motivacións do alumnado.

17

5. ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS XERAIS DA FILOSOFÍA

A consecución dos obxectivos e estas competencias clave por parte do alumnado

non se levara a cabo sen un cambio a nivel metodolóxico no proceso de ensino-

aprendizaxe que vai supoñer un reto para os profesionais da educación nesta etapa. Este

cambio ha de concretarse na practica de traballo na aula e na metodoloxía que ha de

permitir o desempeño ao noso alumnado dun alto grao de dominio das competencias

apoiándose na aprendizaxe cooperativa, a resolución conxunta de casos ou problemas...,

que lles permitan xeneralizar estratexias e aplicalas en situacións similares e reais

aprendendo dos demais. Pódense utilizar procedementos de avaliación variados como

por exemplo rubricas, escalas, probas orais e escritas, portafolios, traballos de clase

entre outros e posibilitando a participación do alumnado no seu proceso de avaliación.

Outro aspecto que destacamos é o tratamento dos elementos transversais que

corresponden ao bacharelato especialmente destacando a Comprensión oral e escrita e a

Expresión oral e escrita en todos os bloques da materia, ou o uso das TIC como

elemento transversal no propio currículo da materia, entre outros.

1. Atenderase á capacidade, ós intereses e á experiencia dos/as

alumnos/as, para posibilitar a aprendizaxe e a actividade intelectual. A

toda costa evitarase incorrer na trivialidade que reste valor á auténtica

reflexión filosófica.

2. Partirase sempre dunha experiencia vital ou cultural significativa para

a/o estu-dante, dende a que poida sentirse implicada/o. Este principio

esixe un tipo de educador/a que manteña unha relación educativa

personalizada coas/cos súas/seus alumnas/os.

3. Tomarase como punto de partida o vocabulario da/o alumna/o para

a súa de-puración ulterior, ata darlle gradualmente o dominio do

vocabulario técnico da materia.

4. Ensinarase a pensar antes que impoñer solucións. Incitarase á reflexión

antes que dar receitas que paralicen o pensamento e a vida. A través das

experiencias persoais ou culturais, procurarase que a/o alumna/o

descubra por si mesma/o as distintas respostas dadas ós diferentes

problemas en contextos diversos. Faráselle ver que en moitos casos hai

cuestións que permanecen abertas no plano racional, sen que isto sirva

de pretexto para un relativismo estéril e superficial, senón de estímulo

para un desexo meirande de verdade, de compromiso na súa busca e

respecto ás opinións discrepantes.

18

5. Trataranse con rigor as cuestións, sen sobrecargar a clase con discursos

inin-telixibles, alleos ou distantes da vida e das preocupacións dos/as

alumnos/as. É preferible renunciar a certas profundidades nos temas se

son desaxeitadas coa capacidade do/a alumno/a. É máis formativo tratar

poucas e seleccionadas cuestións importantes, que moitas desprovistas

de interese.

6. Procurarase un saber por comprensión antes que por memorización. É

prioritario reter máis ideas que palabras desprovistas de sentido para o/a

alumno/a. Recolleranse en síntese os tratamentos analíticos previos.

7. Introducirase ao/á alumno/a no coñecemento de significativos textos

filosóficos, de xeito que a través da letra capte de modo directo o zume

dos/as pensadores/as.

8. Combinaranse as tarefas individuais cos traballos en equipo.

19

6. FILOSOFÍA 4º ESO

1. Introdución e contextualización: Obxectivos e contribución ao

desenvolvemento das competencias clave.19

2. Concrecións para cada estándar de aprendizaxe avaliable.22

2.1 Táboas Xerais.

2.2 Organización por unidades temáticas.

2.3Temporalización.

2.4 Mínimos esixibles para unha avaliación positiva.

2.5 Procedementos e instrumentos de avaliación.

3. Concrecións metodolóxicas.50

4. Materiais e recursos didácticos.52

5. Criterios de avaliación, cualificación e promoción.53 5.1 Criterios de avaliación

5.2 Períodos de avaliación.

5.3 Instrumentos de Cualificación e Ponderación.Criterios de

promoción.

6. Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e da práctica

docente.57

7. Deseño da avaliación incial e medidas a doptar como consecuencia dos

resultados.58

8. Medidas de atención á diversidade: alumnado con características

especiais.59

8.1 Alumnado con altas capacidades intelectuais

8.2 Alumnado con TDAH.

9. Concreción dos elementos transversais.60

10. Actividades complementarias e extraescolares programadas.61

11. Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da

programación.61

1. Introducción e contextualización: Obxectivos e contribución ao desenvolvementeo

das competencias clave.

En base ao Decreto 86/2015 do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da

ESO para a Comunidade Autónoma de Galicia, e no contexto que marcan as Leis

Orgánicas 8/2013 do 9 de decembro e 2/2006 do 3 de maio, márcanse os seguintes

obxectivos xerais da etapa para ser o fundamento da materia de Filosofía da ESO:

20

Tratarase de desenvolver no alumnado as capacidades que lles permitan:

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade

entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos

e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores

comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía

democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en

equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da

aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades

entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e

mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas

súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de

calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para

adquirir os novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación

básica no campo das tecnoloxías, especialmente as TIC.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en

materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en

diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o

sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,

planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e

na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na

lectura e no estudo da literatura.

i) Comprende e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e

das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e

homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras

culturas do mundo.

k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar

as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a

educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e

social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa

diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o

21

consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa

conservación e á súa mellora.

l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas,

utilizando diversos medios de expresión e representación.

m) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural e histórico

e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a

diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas,

desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

n) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento

fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación

interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a

comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade

lusófona.

A partir destes obxectivos xerais se inscribe a materia de Filosofía en 4º de ESO

cunha finalidade fundamental: contribuír a dotar ao alumnado dunha capacidade básica

de comprensión. Dita capacidade, que debe xurdir da propia experiencia humana, das

vivencias e das inquedanzas e interrogantes que dela nacen, debe catapultar ao

alumnado ao limiar dunha capacidade crítica, de argumentación e síntese que, alén da

súa exemplificación filosófica, poida servirlle para desenvolverse como persoa e como

cidadán, entendendo a radicalidade do saber filosófico como ferramenta de

transformación e cambio.

A comprensión dun mesmo e do mundo no que vive, sen esquecer, tamén, a súa

vertente histórica, responde á dimensión teórica da filosofía como preguntar radical

mediante a procura e tratamento dos grandes interrogantes filosóficos. Xunto a iso, a

materia debe proxectar unha dimensión práctica, incidindo basicamente no fomento

dunha actitude reflexiva e crítica que non acepte nada preconcibido e dunha capacidade

de pensar que, a través da mediación dialóxica, sexa capaz de argumentar de forma

coherente e lóxica. O alumnado, desta forma, deberá integrar coherentemente as súas

ideas e crenzas, someténdoas á crítica e á visión doutras persoas para ser capaz de

acadar un pensamento autónomo que integre os seus coñecementos e valores,

comprendendo a particularidade da filosofía como saber radical e global.

Con este tratamento, que permite integrar nunha visión de conxunto a gran

diversidade de saberes, capacidades e valores, a Filosofía eríxese nunha ferramenta moi

interesante para contribuír ao logro das máis importantes expectativas descritas nas

competencias clave. É patente que as competencias clave deben estar perfectamente

integradas nas propostas curriculares das áreas e materias, para desenvolver,de forma

coherente e precisa, os resultados da aprendizaxe que o alumnado debe conseguir. Neste

sentido, a Filosofía en 4º de ESO, dentro da implicación das competencias clave no

sistema educativo español, pode contribuír a desenvolver especificamente as seguintes

competencias: comunicación lingüística (CCL), aprender a aprender (CAA),

competencias sociais e cívicas (CSC), conciencia e expresións culturais (CCEC). Ha

de valorarse que, dunha forma especialmente relevante, a materia no seu conxunto debe

motivar ao alumnado a aprender a aprender, competencia basal para a adquisición do

22

amor ao saber, constituíndo un eixe paradigmático para afrontar a vida e o mundo que

rodea ao alumnado, dotándoo de valiosos apeiros para, desde a iniciativa persoal,

formalo como persoa.

Por outra banda, os estándares de aprendizaxe que se detallarán no apartado

seguinte estarán articulados en torno a catro eixos básicos: comprensión (traballo con

conceptos: definición, explicación, comparación e elaboración de glosarios), análise e

síntese (argumentación, traballo con textos: lectura, análise e comentario, disertación e

pequenos ensaios), actitude crítica (investigación e interrelación de contidos), e

autonomía persoal e solidariedade (fomento da tolerancia: traballo individuais e

grupais).

Unha metodoloxía centrada e fundamentada nas competencias clave debe supoñer

novos retos e, especialmente, importantes cambios na forma de entender a concepción

do proceso de ensino-aprendizaxe, así como cambios na propia cultura escolar en xeral.

Non só se fai necesaria unha estreita vinculación do profesorado no desenvolvemento

curricular senón tamén transcendentes cambios nas prácticas de traballo e nos métodos

de ensino. A avaliación das competencias require do concurso de estratexias e

instrumentos para avaliar ao alumnado de acordo cos seus desempeños nas resolución

de problemas que simulen contextos reais, mobilizando os seus coñecementos,

destrezas, valores e actitudes. Sen esquecer, desde logo, a flexibilidade e a variabilidade

nos procedementos de avaliación como parte inherente ao entendemento da avaliación

como parte integral do proceso de ensino e aprendizaxe e, ao cabo, como un útil clave

para mellorar a calidade da educación. Neste sentido, estratexias como a autoavaliación,

a avaliación entre iguais e a coavaliación favorecen a aprendizaxe desde a reflexión

activa e desde a posta en práctica das dificultades e fortalezas do alumnado, tendo en

conta o horizonte de participación dos compañeiros e das compañeiras e dende a

colaboración do profesorado na regulación do proceso de ensino-aprendizaxe.

A materia estrutúrase en seis bloques temáticos: a filosofía, identidade persoal,

socialización, pensamento, realidade e metafísica, transformación. Pode entenderse, dun

xeito escolar, que estes bloques representan globalmente un equilibrio, xa que tres deles

responden a unha dimensión marcadamente teórica, mentres os outros tres acentúan

máis a vertente práctica da reflexión filosófica (identidade persoal, socialización,

transformación). Co desenvolvemento destes bloques o alumnado debe ser finalmente, a

través da internalizacióm, asimilación e consecución das competencias clave, capaz de

adquirir unhas destrezas teórico-prácticas basais para o avance e mellora no eido persoal

e na interacción social, adquirindo, ao tempo, unha visión filosófica e cultural en xeral.

Por todo isto, cómpre engadir que a Filosofía de 4º de ESO, cunha carga lectiva

de tres horas semanais, serve de introdución fundamental á materia obrigatoria e común

de Filosofía e á materia optativa de Antropoloxía en 1º de Bacharelato, e ás optativas de

2º de BACH Psicoloxía, Historia da Filosofía, Ética e Filosofía do Dereito e Filosofía da

Ciencia e da Tecnoloxía.

2. Concrecións para cada estándar de aprendizaxe avaliable.

2.1 Táboas Xerais

23

Entendendo por contidos o conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e

actitudes que contribúen ao logro de cada obxectivo proposto, por criterios de

avaliación todo o referente á avaliación da aprendizaxe do alumnado (o que se quere

valorar e o que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos como en competencias)

e por estándares de aprendizaxe avaliables as especificacións dos criterios de

avaliación que permiten definir os resultados de aprendizaxe e que concretan o que o

alumnado debe saber, comprender e facer nesta disciplina (resultados que deben se

observables, medibles e avaliables en base á gradación do rendemento e do logro

acadado), e considerando os obxectivos e as competencias clave anteriormente

mencionados, a Filosofía de 4º de ESO concrétase deste xeito:

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

Bloque 1. A filosofía

b

e

f

h

B1.1. Conceptos do

bloque "A

filosofía":

filosofía, mito,

logos, saber,

opinión,

abstracto,

concreto, razón,

sentidos, arché,

causa, monismo,

dualismo,

pluralismo,

substancia,

prexuízo, etc.

B1.2. Modos de

pensar: coñecer,

opinar,

argumentar,

interpretar,

razoar, analizar,

criticar, descubrir,

crear.

B1.1. Comprender

o que é a

reflexión

filosófica,

diferenciándoa

doutros tipos de

saberes que

estudan aspectos

concretos da

realidade e do

individuo.

FIB1.1.1. Define e

utiliza conceptos

como filosofía,

mito, logos, saber,

opinión,

abstracto,

concreto, razón,

sentidos, arché,

causa, monismo,

dualismo,

pluralismo,

substancia ou

prexuízo, e

elabora un

glosario con eles.

CAA

FIB1.1.2. Distingue

entre, coñecer,

opinar,

argumentar,

interpretar,

razoar, analizar,

criticar, descubrir

e crear.

CCL

b

e

h

l

B1.3. Explicación

racional (logos) e

mitolóxica (mito).

B1.4. Comparativa

B1.2. Coñecer a

orixe da filosofía

occidental (onde,

cando e por que

xorde),

FIB1.2.1. Explica

as diferenzas

entre a

explicación

racional e a

CCEC

24

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

de textos míticos

e racionais ao

respecto da

cosmoxénese e a

antropoxénese.

distinguíndoa dos

saberes

prerracionais, o

mito e a maxia, en

tanto que saber

práctico, e

comparándoa con

algunhas

características

xerais das

filosofías

orientais.

mitolóxica, en

comparación

tamén con

algunhas

características

xerais das

filosofías

orientais.

FIB1.2.2. Le textos

interpretativos e

descritivos da

formación do

Cosmos e o ser

humano,

pertencentes ao

campo mitolóxico

e ao campo

racional, e extrae

semellanzas e

diferenzas nas

formulacións.

CCL

h

l

B1.5. A pregunta

polo arché nos

presocráticos:

solucións de

Heráclito,

Parménides e

Demócrito.

B1.3. Identificar o

primeiro

interrogante

filosófico da

filosofía grega, a

pregunta pola

orixe, e coñecer

as primeiras

respostas dadas

polos primeiros

pensadores

gregos.

FIB1.3.1. Describe

as primeiras

respostas

presocráticas á

pregunta polo

arché, coñece os

seus autores e

reflexiona por

escrito sobre as

solucións de

interpretación da

realidade expostas

por Heráclito,

Parménides e

Demócrito.

CCEC

CCL

a

h

l

B1.6. O individuo e

a polis en

Sócrates e en

Protágoras.

B1.4. Coñecer o

xiro

antropolóxico da

filosofía no

século V a.C.,

FIB1.4.1. Compara

a interpretación

do ser humano e a

sociedade

defendida por

CSC

25

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

explicando

algunhas das

ideas centrais de

Sócrates e de

Protágoras, e

reflexionando

sobre a aplicación

práctica da

filosofía respecto

ao individuo e a

sociedade en que

vive.

Sócrates coa

exposta por

Protágoras, e

argumenta a súa

propia postura.

g

h

B1.7. A necesidade

de dar sentido

como

consubstancial ao

ser humano.

B1.5. Reflexionar e

argumentar, de

xeito escrita e

oral, sobre o

interese,

especificamente

humano, por

entenderse a si

mesmo e o que o

rodea.

FIB1.5.1. Realiza

pequenos ensaios,

argumentando as

súas opinións de

xeito razoado, no

que pretenda dar

sentido a algún

conxunto de

experiencias.

CAA

CCL

h

l

B1.8. Funcións da

filosofía nas súas

vertentes teórica e

práctica.

B1.6. Recoñecer as

funcións da

filosofía en tanto

que saber crítico

que aspira a

fundamentar,

analizar e

argumentar sobre

os problemas

últimos da

realidade, desde

unha vertente

tanto teórica

como práctica.

FIB1.6.1. Diserta

sobre as

posibilidades da

filosofía segundo

as súas

funcionalidades.

CCL

Bloque 2. Identidade persoal

b

d

B2.1.Conceptos do

bloque

"Identidade

B2.1. Comprender

a profundidade da

pregunta "quen

FIB2.1.1. Define e

utiliza conceptos

como

CCL

26

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

h persoal":

personalidade,

temperamento,

carácter,

conciencia,

inconsciencia,

condutismo,

cognitivismo,

psicoloxía

humanística,

psicanálise, etc.

son?", coñecendo

algunhas

respostas dadas

desde a psicoloxía

e a filosofía,

reflexionar e

valorar a

importancia de

coñecerse a si

mesmo/a, e

expresalo por

escrito.

personalidade,

temperamento,

carácter,

conciencia,

inconsciencia,

condutismo,

cognitivismo,

psicoloxía

humanística,

psicanálise, e

elabora un

glosario con eses

termos.

h B2.2. A

personalidade.

B2.2. Definir o que

é a personalidade,

así como os

principais

conceptos

relacionados con

ela.

FIB2.2.1. Define e

caracteriza o que

é a personalidade.

CCL

h B2.3. Teorías sobre

a personalidade

B2.3. Coñecer e

explicar as teses

centrais dalgun-

has teorías sobre a

personalidade.

FIB2.3.1. Coñece

as teses

fundamentais

sobre a

personalidade e

argumenta sobre

iso.

CCL

a

b

d

g

h

B2.4. Etapas do

desenvolvemento

da identidade

persoal. Tipos de

personalidade.

B2.4. Recoñecer as

etapas do

desenvolvemento

da identidade

persoal,

reflexionando

sobre os factores

que determinan o

éxito e o fracaso,

e achega a propia

opinión razoada

sobre estes dous

conceptos.

FIB2.4.1. Le textos

literarios nos que

se analiza a

personalidade dos

personaxes,

identifica os

trazos e os tipos

de personalidade,

e reflexiona por

escrito sobre a

temática.

CAA

CCL

27

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

l B2.5. O

inconsciente na

psicanálise.

B2.5. Analizar que

se entende por

inconsciente no

marco do

pensamento da

psicanálise.

FIB2.5.1. Analiza

que se entende

por inconsciente.

CCEC

a

b

e

h

n

B2.6. O innato e o

adquirido na

formación da

personalidade.

B2.6. Reflexionar

por escrito e

dialogar en grupo

sobre a posible

incidencia que a

herdanza xenética

e o adquirido

teñen na

formación da

personalidade.

FIB2.6.1. Le e

analiza textos

filosóficos,

literarios ou

científicos cuxo

punto de reflexión

sexa a herdanza

adquirida na

formación da

personalidade,

incidindo no

autocoñecemento.

CAA

CCL

CMCCT

b

e

g

B2.7. A filosofía da

mente e a

neurociencia.

B2.7. Investigar en

internet en que

consiste a

filosofía da mente

e a neurociencia,

e seleccionar a

información máis

significativa.

FIB2.7.1. Investiga

e selecciona

información

significativa sobre

conceptos

fundamentais de

filosofía da

mente.

CCL

CD

d

h

B2.8. A motivación

e os conceptos

asociados:

emoción,

sentimento,

necesidades

primarias e

secundarias,

autorrealización,

vida afectiva e

frustración.

B2.8. Identificar a

función e a

importancia da

motivación como

factor enerxético

e direccional da

vida humana nas

súas múltiples

dimensións.

FIB2.8.1. Define e

utiliza con rigor

conceptos como

motivación,

emoción,

sentimento,

necesidades

primarias e

secundarias,

autorrealización,

vida afectiva e

frustración.

CCL

d B2.9. A motivación

desde a teoría

cognitiva:

B2.9. Recoñecer,

no marco da

teoría cognitiva, o

FIB2.9.1. Explica

as teses máis

importantes da

CAA

28

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

coñecemento e

motivación.

valor do

coñecemento

como elemento

motivador da

conduta humana,

reflexionando

sobre a

consideración do

ser humano como

animal racional.

teoría cognitiva

acerca do

coñecemento e a

motivación.

d

h

B2.10. Teoría

humanística sobre

a motivación.

Diferenzas coa

teoría

cognitivista.

B2.10. Explicar as

ideas centrais da

teoría humanística

sobre a

motivación,

reflexionando

sobre o carácter

da motivación

como elemento

distintivo do ser

humano fronte ao

simplemente

animal.

FIB2.10.1. Explica

as ideas centrais

da teoría

humanística sobre

a motivación e

expresa a súa

opinión razoada

ao respecto.

CAA

CCL

FIB2.10.2. Explica

e compara a

visión sobre a

motivación da

teoría cognitivista

e a da teoría

humanística sobre

a motivación.

CAA

d

h

B2.11. Condición

afectiva humana

B2.12. Impulsos,

emocións e

sentimentos.

B2.13. Papel do

corpo na

afectividade

B2.11. Coñecer a

condición afectiva

do ser humano,

distinguindo entre

impulsos,

emocións e

sentimentos, e

recoñecendo o

papel do corpo na

posibilidade de

manifestación do

afectivo.

FIB2.11.1. Analiza

e argumenta sobre

textos breves e

significativos de

autores

salientables sobre

as emocións, e

argumenta por

escrito as propias

opinións.

CCL

d

h

B2.14. Incidencia

na conduta das

emocións:

B2.12. Valorar a

importancia da

relación entre a

FIB2.12.1. Analiza

textos e diserta

sobre a incidencia

CCL

CSC

29

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

m frustración,

desexo e amor.

motivación e o

afectivo para

dirixir a conduta

humana en

diferentes

direccións e con

distinta

intensidade.

das emocións,

como a

frustración, o

desexo ou o amor,

entre outras, na

conduta humana.

b

d

g

h

B2.15. Incidencia

na conduta das

emocións: A

curiosidade e o

pracer de

aprender, o

desexo de lograr

obxectivos, a

satisfacción pola

resolución de

problemas, o

agrado polo

recoñecemento de

éxito e a

compracencia

polo estímulo de

iniciativas

B2.13. Reflexionar

e argumentar

sobre a

importancia da

motivación e das

emocións, como a

curiosidade e o

pracer de

aprender, o

desexo de lograr

obxectivos, a

satisfacción pola

resolución de

problemas, o

agrado polo

recoñecemento de

éxito, a

compracencia

polo estímulo de

iniciativas, etc.

FIB2.13.1.

Argumenta sobre

o papel das

emocións para

estimular a

aprendizaxe, o

rendemento, o

logro de

obxectivos e a

resolución de

problemas, entre

outros procesos.

CAA

CCL

d

g

h

B2.16. As

emocións como

estímulo da

iniciativa, a

autonomía e o

emprendemento.

B2.14. Reflexionar

sobre o papel das

emocións como

ferramenta para

ser

emprendedor/a e

creativo/A.

FIB2.14.1. Analiza

textos en que se

describe o papel

das emocións

como estímulo da

iniciativa, a

autonomía e o

emprendemento.

CCL

CSIEE

b

d

g

h

B2.17. O ser

humano como

centro das

múltiples

perspectivas que

B2.15. Coñecer,

desde a historia

da filosofía,

algunhas das

reflexións sobre

FIB2.15.1.

Desenvolve de

forma

colaborativa un

glosario para

CD

CSC

30

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

se integran no

saber orixinario

que é a filosofía.

aspectos que

caracterizan o ser

humano en canto

tal, valorando a

función da

filosofía como

saber orixinario e

integrador de

múltiples

perspectivas cuxo

centro común é a

persoa.

publicar en

internet, coa

terminoloxía

filosófica da

unidade.

h

l

B2.18. Teorías

sobre a alma de

Platón e de

Aristóteles, e

relación nelas

entre alma, corpo

e afectos.

B2.16. Explicar as

teorías da alma de

Platón e de

Aristótoles,

reflexionando

sobre a

consideración e a

relación entre a

alma, o corpo e os

afectos, que se

analizan nesas

teorías.

FIB2.16.1. Explica

a teoría da alma

de Platón.

CCEC

FIB2.16.2. Explica

a teoría da alma

de Aristóteles.

CCEC

FIB2.16.3.

Argumenta a súa

opinión sobre a

relación entre o

corpo e a mente

ou alma.

CAA

g

h

l

B2.19. A

introspección en

Agostiño de

Hipona.

B2.17. Coñecer a

importancia da

introspección

sinalada por

Agostiño de

Hipona, como

método de

autocoñecemento

e de formación da

propia identidade.

FIB2.17.1. Explica

o que é a

introspección

segundo Agostiño

de Hipona,

utilizando este

tipo de

pensamento en

primeira persoa

para describirse a

si mesmo/a.

CAA

h

l

B2.20. O cogito de

Descartes

B2.21. O home-

máquina dos

materialistas

B2.18. Describir e

comparar a

concepción

cartesiana do

papel do

FIB2.18.1. Expón o

significado da

tese de Descartes

"Penso, logo

existo".

CCEC

31

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

franceses do

século XVIII.

pensamento como

aspecto que

define o

individuo, fronte

ás concepcións

materialistas e

mecanicistas do

home-máquina no

materialismo

francés do século

XVIII.

FIB2.18.2. Expón

as súas reflexións

sobre as

implicacións do

materialismo na

súa descrición do

ser humano.

CCEC

CSC

h B2.22. A vontade

como elemento

definitorio do

humano.

B2.19. Coñecer a

importancia da

facultade da

vontade como

elemento

definitorio do

humano.

FIB2.19.1. Explica

o que é a vontade. CCL

d

h

B2.23. Reflexión

filosófica sobre a

afectividade.

B2.20. Expresar

algunha das

consideracións

filosóficas sobre o

afectivo.

FIB2.20.1.

Argumenta, desde

o plano filosófico,

sobre o papel das

emocións na

consideración do

ser humano en

canto tal.

CCL

g

h

B2.24. O ser

humano como

proxecto.

B2.21. Recoñecer

as implicacións

filosóficas da idea

do home como

proxecto.

FIB2.21.1. Expresa

e desenvolve a

idea de home

como proxecto.

CCL

CSIEE

Bloque 3. Socialización

a

b

g

h

l

B3.1. Conceptos do

bloque

"Socialización":

individualidade,

alteridade,

socialización,

estado de

B3.1. Identificar o

"outro" tal como

é na súa

individualidade e,

ao mesmo tempo,

identificalo como

un "alter ego" que

FIB3.1.1. Define e

utiliza conceptos

como

individualidade,

alteridade,

socialización,

estado de

CCL

CSC

32

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

natureza, dereitos

naturais, contrato

social, respecto,

propiedade,

Estado,

lexitimación,

institucionalizació

n, rol, status,

conflito e cambio

social,

globalización, etc.

comparte un

espazo e unhas

circunstancias

comúns, dando

lugar á

intersubxectivida

de.

natureza, dereitos

naturais, contrato

social, respecto,

propiedade,

Estado,

lexitimación,

institucionalizació

n, rol, status,

conflito e cambio

social, e

globalización.

a

h

l

B3.2. Cultura e

sociedade.

Compoñentes

socioculturais do

ser humano.

B3.2. Recoñecer a

dimensión social

e cultural do ser

humano,

identificando e

distinguindo os

conceptos de

cultura e de

sociedade.

FIB3.2.1. Define e

explica o

significado dos

conceptos de

cultura e de

sociedade,

facendo

referencia aos

compoñentes

socioculturais que

hai no ser

humano.

CCEC

CCL

a

l

ñ

o

B3.3. Contidos

culturais:

institucións,

ideas, crenzas,

valores, obxectos

materiais, etc.

B3.4. Niveis

biolóxico,

afectivo e

cognitivo na

internalización da

cultura.

B3.3. Identificar o

proceso de

construción, os

elementos e a

lexitimación

dunha cultura,

valorando esta

non só como

ferramenta de

adaptación ao

medio, senón

como ferramenta

para a

transformación e

a autosuperación.

FIB3.3.1. Expresa

algúns dos

principais

contidos culturais,

como son as

institucións, as

ideas, as crenzas,

os valores, os

obxectos

materiais, etc.

CCEC

FIB3.3.2. Coñece

os niveis aos que

se realiza a

internalización

dos contidos

culturais dunha

sociedade; é dicir,

a nivel biolóxico,

CAA

CCEC

33

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

afectivo e

cognitivo.

d

h

B3.5. Elementos do

proceso de

socialización:

socialización

primaria e

secundaria.

B3.4. Coñecer os

elementos do

proceso de

socialización e

relacionalos coa

propia

personalidade.

FIB3.4.1. Describe

a socialización

primaria e

secundaria.

CSC

a

h

B3.6. Teses

fundamentais

sobre a orixe da

sociedade e o

Estado.

B3.5. Coñecer as

teorías sobre a

orixe da

sociedade e

reflexionar de

forma escrita

sobre elas,

argumentando as

propias opinións

ao respecto.

FIB3.5.1. Explica

as teses

fundamentais

sobre a orixe da

sociedade e o

Estado.

CSC

a

b

d

l

B3.7. A

civilización.

Diferenza entre

civilización e

cultura. Oriente e

Occidente.

B3.6. Comprender

o sentido do

concepto de

civilización,

relacionando as

súas semellanzas

e diferenzas co

concepto de

cultura.

FIB3.6.1. Explica o

que é unha

civilización e pon

exemplos

fundamentados, e

investiga e

reflexiona sobre

as semellanzas e

as diferenzas

entre oriente e

occidente.

CAA

CCEC

CSC

e

g

h

B3.8.

Comunicación.

Comunicación

non verbal.

B3.9. A

comunicación na

época das

tecnoloxías da

información e da

comunicación.

B3.7. Definir o que

é a comunicación,

analizando as

formas de

comunicación non

verbal, e a

incidencia das

novas tecnoloxías

da información e

da comunicación.

FIB3.7.1. Explica o

que é a

comunicación e

reflexiona sobre

as vantaxes e os

inconvenientes

cando a

ferramenta para

ela son as novas

tecnoloxías.

CD

34

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

a

g

l

B3.10. O individuo

como capaz de

innovar e crear

cambios culturais.

B3.8. Reflexionar

sobre o posible

papel activo

dun/dunha

mesmo/a na

construción da

cultura e, en canto

tal, identificarse

como ser creativo

e innovador,

capaz de xerar

elementos

culturais.

FIB3.8.1.

Reflexiona por

escrito sobre o

papel activo

dun/dunha

mesmo/a no seu

contexto

sociocultural,

como ser capaz de

innovar e xerar

cambios culturais.

CCL

CSIEE

a

b

e

h

l

ñ

o

B3.11. Diferenzas

culturais.

Relativismo

cultural e

etnocentrismo.

B3.9. Reflexionar e

indagar sobre o

relativismo

cultural e o

etnocentrismo.

FIB3.9.1. Coñece o

relativismo

cultural e o

etnocentrismo, e

reflexiona sobre

eles, expresando

conclusións

propias e

achegando

exemplos con

feitos

investigados e

contrastados en

internet.

CAA

CCEC

CD

Bloque 4. Pensamento

b

h

B4.1. Conceptos do

bloque

"Pensamento":

razón, sentidos,

experiencia,

abstracción,

universalidade,

sistematicidade,

racionalismo,

dogmatismo,

empirismo, límite,

intelixencia,

B4.1. Comprender

a facultade

racional como

específica do ser

humano e as súas

implicacións,

analizando en que

consiste a

racionalidade e

cales son as súas

características.

FIB4.1.1. Define e

utiliza conceptos

como razón,

sentidos,

experiencia,

abstracción,

universalidade,

sistematicidade,

racionalismo,

dogmatismo,

empirismo, límite,

intelixencia,

CCL

35

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

intelixencia

emocional,

certeza e erro.

B4.2.

Características da

racionalidade

humana.

intelixencia

emocional,

certeza e erro.

FIB4.1.2. Explica o

que é a

racionalidade e

describe algunhas

das súas

características.

CCL

h

l

B4.3. Posibilidades

e límites da razón.

B4.2. Explicar as

teses básicas

dalgunhas

concepcións

filosóficas sobre

as posibilidades e

os límites da

razón.

FIB4.2.1. Explica a

concepción sobre

as posibilidades

da razón.

CCL

f B4.4.

Racionalidade

teórica e

racionalidade

práctica. Teoría e

experiencia.

B4.3. Distinguir a

racionalidade

teórica da

racionalidade

práctica, así como

teoría e

experiencia.

FIB4.3.1. Identifica

as dúas

posibilidades de

aplicación da

racionalidade:

teórica e práctica.

CAA

CCEC

d

h

l

B4.5. Concepcións

contemporáneas

sobre a

intelixencia.

B4.6. Teoría da

intelixencia

emocional.

B4.4. Coñecer a

concepción

contemporánea

sobre a

intelixencia,

incidindo na

teoría da

intelixencia

emocional de

Daniel Goleman.

FIB4.4.1. Explica

as teses centrais

da teoría da

intelixencia

emocional.

CSC

FIB4.4.2.

Argumenta sobre

a relación entre a

razón e as

emocións.

CCL

CSC

b

g

h

B4.7. A verdade e

os seus tipos: a

verdade como

correspondencia;

a verdade

B4.5. Comprender

algúns dos

principais tipos de

verdade (a

verdade como

FIB4.5.1. Define

algúns tipos de

verdade, como

son a verdade

como

CCL

36

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

segundo o

pragmatismo

americano; a

verdade desde o

perspectivismo e

o consenso.

B4.8. Papel do erro

na procura da

verdade. O erro

como

oportunidade.

correspondencia;

a verdade

segundo o

pragmatismo

americano; a

verdade desde o

perspectivismo e

o consenso) e

reflexionar sobre

a posibilidade de

alcanzar a

verdade absoluta.

correspondencia,

a verdade

segundo o

pragmatismo

americano e a

verdade desde o

perspectivismo.

FIB4.5.2.

Reflexiona sobre

a parte positiva de

equivocarse e a

importancia do

erro como

posibilidade de

procura de novas

estratexias e

solucións.

CAA

CSIEE

Bloque 5. Realidade e metafísica

h

l

B5.1. Conceptos do

bloque

"Realidade e

metafísica":

metafísica,

realidade,

pregunta radical,

esencia, natureza,

cosmos, caos,

creación,

finalismo,

continxente,

mecanicismo e

determinismo.

B5.2. Metafísica: o

seu obxecto e o

seu método.

B5.1. Coñecer o

significado do

termo

"metafísica",

comprendendo

que é a principal

disciplina das que

compoñen a

filosofía,

identificando o

seu obxectivo

fundamental,

consistente en

realizar preguntas

radicais sobre a

realidade, e

entendendo en

que consiste o

"preguntar

radical".

FIB5.1.1. Define e

utiliza conceptos

como metafísica,

realidade,

pregunta radical,

esencia, natureza,

cosmos, caos,

creación,

finalismo,

continxente,

mecanicismo e

determinismo.

CCL

FIB5.1.2. Define o

que é a

metafísica, o seu

obxecto de

coñecemento e o

seu modo

característico de

preguntar sobre a

realidade.

CCEC

37

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

b

f

h

l

n

B5.3. A natureza

como esencia e

como totalidade:

o Universo.

B5.4. Orixe do

Universo.

Eternidade ou

creación.

B5.5. Respostas á

pregunta pola

finalidade do

Universo.

B5.6. Respostas á

pregunta sobre o

posto do ser

humano no

Universo.

B5.2. Comprender

unha das

principais

respostas á

pregunta acerca

do que é a

natureza e

identificar esta

non só como a

esencia de cada

ser, senón

ademais como o

conxunto de todas

as cousas que hai,

e coñecer

algunhas das

grandes preguntas

metafísicas acerca

da natureza: a

orixe e a

finalidade do

Universo, a orde

que rexe a

natureza, se é que

a hai, e o posto do

ser humano no

Cosmos,

reflexionando

sobre as

implicacións

filosóficas de

cada unha destas

cuestións.

FIB5.2.1. Expresa

as dúas posibles

respostas á

pregunta pola

orixe do Universo

(é eterno ou foi

creado), e expón

as súas reflexións

sobre as

implicacións

relixiosas e

filosóficas de

ambas as dúas.

CAA

CCEC

CMCCT

FIB5.2.2. Expón as

dúas posturas

sobre a cuestión

acerca de se o

Universo ten unha

finalidade, unha

dirección, ou se

non a ten, e

argumenta

filosoficamente a

súa opinión ao

respecto.

CAA

CMCCT

FIB5.2.3. Analiza

textos cuxo punto

de reflexión é a

realidade física

que nos rodea e

os interrogantes

filosóficos que

suscita.

CCL

f

h

B5.7.

Determinismo e

Indeterminismo.

Teoría do caos.

B5.3. Coñecer as

implicacións

filosóficas da

teoría do caos,

comprendendo a

importancia de

sinalar se a

natureza se rexe

FIB5.3.1. Define o

que é o

determinismo e o

indeterminismo,

no marco da

reflexión sobre se

existe unha orde

no Universo

CMCCT

38

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

por leis

deterministas ou

se rexe polo azar

cuántico, e

argumentar a

propia opinión

sobre como afecta

esta resposta de

cara á

comprensión da

conduta humana.

rexida por leis.

f

h

l

n

B5.8. Sentido da

existencia. Vida e

morte.

B5.9. Sentido da

historia.

B5.10. Lugar do ser

humano no

mundo.

B5.4. Reflexionar

sobre a

interrogación polo

sentido da

existencia,

explicando as

teses centrais dal-

gunhas teorías

filosóficas da

vida, e disertar

razoadamente

sobre a vida ou a

morte, ou o devir

histórico, ou o

lugar do

individuo na

realidade, entre

outras cuestións

metafísicas.

FIB5.4.1. Coñece

as teses centrais

do vitalismo de

filósofos/as que

reflexionan sobre

a vida.

CCEC

FIB5.4.2. Analiza

textos literarios,

filosóficos e

científicos que

versan sobre

temas metafísicos

como a

existencia, a

morte, o devir

histórico ou o

lugar do

individuo na

realidade, e expón

as súas propias

reflexións ao

respecto.

CCL

Bloque 6. Transformación

a

b

g

h

B6.1. Conceptos do

bloque

"Transformación-

ética": vontade,

liberdade

negativa,

B6.1. Coñecer os

dous significados

do concepto de

liberdade de

acción (liberdade

negativa e

FIB6.1.1. Define e

utiliza conceptos

como vontade,

liberdade

negativa,

liberdade

CSC

39

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

liberdade

positiva,

autodeterminació

n, libre albedrío,

determinismo,

indeterminismo e

condicionamento.

liberdade

positiva), e

aplicalos tanto no

ámbito da

sociedade política

como no terreo da

vida privada ou a

liberdade interior.

positiva,

autodeterminació

n, libre albedrío,

determinismo,

indeterminismo e

condicionamento.

FIB6.1.2. Analiza

textos breves

sobre o tema da

liberdade, e

argumenta a

propia opinión.

CSC

h B6.2. Libre

albedrío e

vontade.

B6.2. Comprender

o que é o libre

albedrío ou a

liberdade interior,

en relación coa

posibilidade de

autodeterminació

n dun mesmo e

coa facultade da

vontade.

FIB6.2.1. Explica o

que é o libre

albedrío e a

facultade humana

da vontade.

CCL

a

f

g

h

B6.3. Libre

albedrío:

condicionamentos

sociais e políticos.

B6.4. Libre

albedrío: xenética

e neurociencia.

B6.3. Reflexionar e

argumentar sobre

a relación entre a

liberdade interior

e a liberdade

social e política.

FIB6.3.1. Expón as

súas reflexións

sobre a

posibilidade de

que exista ou non

o libre albedrío,

tendo en conta os

avances no

coñecemento da

xenética e a

neurociencia.

CMCCT

CSC

h B6.5. O libre

albedrío e o

determinismo na

natureza.

B6.4. Coñecer a

existencia de

determinismo na

natureza,

analizando a

posibilidade que

ten o ser humano

de ser libre, tendo

FIB6.4.1.

Argumenta sobre

as posibilidades

do ser humano de

actuar libremente,

tendo en conta

que é un ser

natural.

CCL

CSC

40

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

en conta que é un

ser natural e, en

canto tal,

sometido ás leis

da natureza.

h

l

B6.6. Posturas

filosóficas sobre o

libre albedrío: a

do estoicismo, a

de Kant e a

intermedia, que

avoga pola non

existencia da

liberdade

absoluta.

B6.5. Recoñecer as

tres posturas

sobre o problema

da liberdade

absoluta ou

condicionada: a

tese estoica, a

negación do

sometemento da

vontade ás leis

naturais de Kant e

a posición

intermedia, que

rexeita non a

liberdade, senón a

liberdade

absoluta.

FIB6.5.1. Expresa

diferentes

posturas de

filósofos en torno

ao tema da

liberdade.

CSC

b

d

h

B6.7. Conceptos do

bloque

"Transformación-

Estética":

estética,

creatividade,

sinapse neuronal,

imaxinación,

pensamento

diverxente,

pensamento

converxente e

serendipia.

B6.6. Coñecer a

estética como a

parte da filosofía

que estuda o

proceso creativo,

a experiencia

estética e a

beleza.

FIB6.6.1. Define e

utiliza conceptos

como estética,

creatividade,

sinapse neuronal,

imaxinación,

pensamento

diverxente,

pensamento

converxente e

serendipia.

CCL

CMCCT

g

h

B6.7. Imaxinación

humana:

características.

B6.8. Imaxinación:

funcionamento e

B6.7. Identificar o

que é a

imaxinación, en

tanto que

facultade

específica do ser

FIB6.7.1. Le e

comenta textos

breves e

significativos

sobre o

mecanismo de

CAA

CCL

41

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

mecanismos de

aparición de

novas ideas.

humano,

explicando como

funciona e cales

son as súas

características.

aparición de ideas

novas.

FIB6.7.2. Explica o

que é a

imaxinación e

exemplifícaa

mediante a

redacción de

relatos breves de

temática

filosófica.

CCL

CSIEE

b

e

g

h

n

B6.9. Creatividade

humana.

B6.8. Recoñecer a

capacidade

humana da

creatividade, en

tanto que

potencialidade

existente en todas

as persoas e que

se consegue

adestrando o

cerebro.

FIB6.8.1. Analiza

textos de

literatura

fantástica,

considerando os

elementos

especificamente

creativos e

reflexionando

sobre eles.

CCL

CSIEE

g

h

n

B6.10. Fases do

proceso creativo.

B6.9. Coñecer as

fases do proceso

creativo e

reflexionar sobre

a importancia de

que o pensamento

diverxente

imaxinativo e o

pensamento

lóxico e racional

traballen xuntos.

FIB6.9.1. Explica

as fases do

proceso creativo.

CSIEE

b

n

B6.11. Principais

técnicas de

desenvolvemento

da creatividade:

revisión de

supostos e

inversión.

B6.10. Coñecer e

aplicar algunhas

técnicas de

desenvolvemento

da creatividade.

FIB6.10.1. Utiliza a

técnica de

desenvolvemento

da creatividade

coñecida como de

revisión de

supostos e

inversión, e

CAA

42

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

aplícaa sobre

algunha teoría

filosófica ou

científica.

FIB6.10.2. Explica

as principais

técnicas de

desenvolvemento

da creatividade.

CSIEE

a

b

g

h

B6.12. Técnica do

brainstorming.

B6.11. Utilizar a

técnica do

brainstorming

para construír

unha historia

literaria con

temática

filosófica.

FIB6.11.1. Utiliza

de forma

colectiva a

técnica do

brainstorming

para reflexionar

sobre temas

filosóficos

tratados durante o

curso.

CAA

CSC

b

g

h

B6.13. Relación

entre liberdade e

creatividade.

B6.12. Valorar a

liberdade como

condición básica

para a

creatividade

innovadora, a

conexión entre si

das ideas

preexistentes e a

competitividade.

FIB6.12.1.

Argumenta sobre

o papel da

liberdade como

condición

fundamental para

a creación, e

razoa a súa

opinión.

CCL

CSC

g

h

n

B6.14. Elementos

que potencian a

creatividade:

motivación,

perseveranza,

orixinalidade e

medio.

B6.13. Coñecer as

características das

persoas

especialmente

creativas, como a

motivación, a

perseveranza, a

orixinalidade e o

medio, e

investigar sobre

como se poden

potenciar esas

FIB6.13.1. Explica

as características

das persoas

especialmente

creativas e

algunhas das

formas en que

pode potenciarse

esta condición.

CCEC

CSIEE

43

Filosofía. 4º de ESO

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competen

cias clave

calidades.

g B6.15. Innovación

e creación como

asunción de

riscos.

B6.14. Reflexionar

argumentadament

e sobre o sentido

do risco e a súa

relación para

alcanzar solucións

innovadoras e, xa

que logo, a

posibilidade de

evolucionar.

FIB6.14.1.

Argumenta sobre

a importancia de

asumir riscos e

saír da chamada

zona de confort

para alcanzar

metas e lograr

resultados

creativos e

innovadores.

CSIEE

2.2 Organización por unidades temáticas.

Bloque I: A Filosofía (que é?, para que serve?)

Conceptos de bloque: filosofía, mito, logos, saber, opinión, argumentación,

interpretación, razoamento, análise, crítica, descubrimento, creación, abstracto,

concreto, razón, sentidos, arché, natureza, polis, causa, monismo, dualismo, pluralismo,

substancia, prexuízo

TEMA 1: O saber filosófico (B1.1-FIB1.1.1/1.2; B1.5-FIB1.5.1; B1.6-FIB1.6.1)

1.1. A filosofía como saber teórico e como arte de vivir

1.2. A diferencia entre filosofía, ciencia e relixión

1.3. As funcións lóxica e práctica da filosofía

1.4. A filosofía como actitude crítica

TEMA 2: O nacemento da filosofía (B1.2-FIB1.2.1/2.2; B1.3-FIB1.3.1; B1.4-FIB1.4.1)

2.1. O comezo da filosofía en Grecia: do mito ao logos

2.2. A pregunta pola natureza: concepto, monismos e pluralismos

2.3. Os sofistas e Sócrates: a polis e a virtude.

2.4. Os grandes filósofos da Grecia Antiga: Platón e Aristóteles

44

Bloque II: Identidade persoal: introdución á Psicoloxía (quen son eu?, como me

comporto?, por que?, que significa o que soño?)

Conceptos de bloque: personalidade, temperamento, carácter, conciencia, inconsciente,

condutismo, cognitivismo, psicoloxía humanística, psicanálise, motivación, emoción,

sentimento, necesidades primarias e secundarias, autorrealización, vida afectiva,

frustración (B2.1-FIB2.1.1)

TEMA 3: A identidade persoal (B2.2-FIB2.2.1; B2.3-FIB2.3.1.; B2.4-FIB2.4.1; B2.5-

FIB2.5.1; B2.6-FIB2.6.1; B2.7-FIB2.7.1; B2.8-FIB2.8.1; B2.9-FIB2.9.1, B2.10-

FIB2.10.1/10.2; B2.11-FIB2.11.1; B2.12-FIB2.12.1; B2.13-FIB2.13.1; B2.14-

FIB2.14.1)

3.1. O temperamento e o carácter.

3.2. A vida afectiva: impulsos, emocións e sentimentos; o papel do corpo; o

desexo e o amor. A motivación: concepto e teorías. A curiosidade e o pracer

de aprender, o desexo de lograr obxectivos e a satisfacción pola resolución de

problemas. Autonomía e emprendemento. A frustración e os mecanismos de

defensa.

3.3. Teorías da personalidade: teoría dos rascos, teorías factorialistas. Teoría

psicanalítica: o consciente e o inconsciente. A interpretación dos soños.

TEMA 4: O ser humano desde a filosofía (B2.15-FIB2.15.1; B2.16-

FIB2.16.1/16.2/16.3; B2.17-FILB2.17.1; B2.18-FIB2.18.1/18.2; B2.19-FIB2.19.1;

B2.20-FIB2.20.1; B2.21-FIB2.21.1)

4.1. A reflexión sobre o ser humano na filosofía clásica: ilustración ateniense,

Platón e Aristóteles.

4.2. A concepción medieval e renacentista: Agostiño de Hipona, Tomé de

Aquino e Pico della Mirandola

4.3. A filosofía moderna e a súa concepción do ser humano: Descartes,

Hume, Kant e o materialismo francés (o home máquina)

4.4. A condición humana na filosofía contemporánea: Ortega y Gasset, Sartre

e a neurociencia.

Bloque III: Socialización (eu estou so no mundo ou estou con outros?)

Conceptos de bloque: individualidade, alteridade, socialización, estado de natureza,

dereitos naturais, contrato social, respecto, propiedade, Estado, lexitimación,

institucionalización, rol, estatus, conflito, cambio social, globalización. (B3.1-FIB3.1.1)

TEMA 5: Cultura e sociedade (B3.2-FIB3.2.1; B3.3.-FIB3.3.1/3.2; B3.4-FIB3.4.1;

B3.5-FIB3.5.1; B3.6-FIB3.6.1; B3.7-FIB3.7.1; B3.8-FIB3.8.1; B3.9-FIB3.9.1)

45

5.1. Cultura, sociedade e civilización: conceptos. Internalización da cultura.

Teorías sobre a orixe da sociedade. Oriente e Occidente.

5.2. Os elementos da cultura: institucións, obxectos materias, valores, ideas,

crenzas, modelos de conduta. Niveis biolóxico, afectivo e cognitivo.

5.3. O proceso de socialización: definición. Socialización primaria e

socialización secundaria.

5.4. As diferenzas culturais. Relativismo cultural e etnocentrismo.

5.5. A comunicación: concepto. Comunicación e tecnoloxía da. A co-

municación non verbal.

Bloque IV: Pensamento (por que se di que son un animal racional?)

Conceptos de bloque: razón, sentidos, experiencia, abstracción, universalidade,

sistematicidade, racionalismo, dogmatismo, empirismo, límite, intelixencia, intelixencia

emocional, certeza, erro.

TEMA 6: Razón e Sentidos (B4.1-FIB4.1.1-1.2; B4.2-FIB4.2.1; B4.4-FIB4.4.1/4.2;

B4.5-FIB4.5.1/5.2)

6.1. Coñecemento e opinión: dualismo epistemolóxico. Métodos científicos.

6.2. Teorías clásicas do coñecemento: fundamentos e límites gnoseolóxicos.

6.3. A verdade: concepto e tipos. O erro como oportunidade

6.4. A racionalidade humana. A intelixencia: concepto e tipos; a intelixencia

emocional.

TEMA 7: Racionalidade teórica e práctica (B4.3-FIB4.3.1)

7.1. A racionalidade teórica: filosofía, ciencia e límites.

7.2. A racionalidade práctica: razón práctica e filosofía, moral e ética,

filosofía política.

7.3. Racionalidade e cultura: relativismo cultural e racionalismo, razón e

historia.

7.4. A crítica da racionalidade: os mestres da sospeita.

7.5. Éticas aplicadas: Bioética, Ética empresarial, Ecoloxía, Tecnoloxía

Bloque V: Realidade e metafísica (hai un mundo aí fóra?, que hai despois desta

vida?)

Conceptos de bloque: metafísica, realidade, pregunta radical, esencia, Natureza,

cosmos, caos, creación, finalismo, continxente, mecanicismo, determinismo.

46

TEMA 8: Que é a realidade? (B5.1.-FIB5.1.1/1.2; B5.2-FIB5.2.1/2.2/2.3; B5.3-

FIB5.3.1)

8.1. A Metafísica: obxecto e método. Metafísicas grega, moderna e con-

temporánea.

8.2. A Natureza: realidade como esencia. A filosofía da natureza na historia.

8.3. O Universo: realidade como totalidade. Determinismo e indeterminismo.

TEMA 9: O sentido da existencia (B5.4-FIB5.4.1/4.2)

9.1. A pregunta polo sentido da existencia: o ser humano na natureza, a

relixión. Filosofía contemporánea.

9.2. A vida: aproximación ao concepto. Teorías filosóficas. Existencia e vida.

9.3. A vida e a temporalidade: a morte.

Bloque VI: Transformación (eu son libre?, que podo aportar?)

Conceptos de bloque: vontade, liberdade negativa, liberdade positiva,

autodeterminación, libre albedrío, determinismo, indeterminismo, condicionamento,

estética, creatividade, beleza, sinapse neuronal, imaxinación, pensamento diverxente,

pensamento converxente, serendipia.

TEMA 10: Cuestións de ética: A liberdade (B6.1-FIB6.1.1/1.2; B6.2-FIB6.2.1; B6.3-

FIB6.3.1; B6.4-FIB6.4.1; B6.5-FIB6.5.1; B6.6-FIB6.6.1)

10.1. O significado da liberdade: definición. Tipos de liberdade, aspecto

moral e político.

10.2. Sentidos de liberdade: positiva e negativa.

10.3. O libre albedrío: definición e interpretacións modernas.

10.4. O determinismo: formas e visións contemporáneas.

TEMA 11: Cuestións de estética: A imaxinación humana (B6.7-FIB6.7.1/7.2; B6.8-

FIB6.8.1; B6.9-FIB6.91; B6.10-FIB6.10.1/10.2; B6.11-FIB6.11.1; B6.12-FIB6.12.1;

B6.13-FIB6.13.13.1; B6.14-FIB6.14.1)

11.1. O proceso creativo: concepto, etapas e desenvolvemento.

11.2. Fontes da creatividade: a imaxinación (concepto, características e

funcións), motivación, perseveranza, orixinalidade e medio. A importancia

dos riscos. A técnica do brainstorming.

47

11.3. A creación artística: a obra de arte. Estética e teorías da arte.

11.4. A beleza: concepto e posicionamentos filosóficos.

2.3. Temporalización.

Primeira Avaliación: Unidades didácticas 1, 2 e 11

Segunda Avaliación: Unidades didácticas 3, 4, 5 e 6

Tercera Avaliación: Unidades didácticas 7, 8, 9 e 10

Considerando que a materia ten 3 sesións semanais, o total de sesións no curso

estará en torno ás 118 sesións. En torno ao 5% das sesións perderíanse por diversos

motivos (excursións, actividades complementarias, …), quedándonos as posibles

sesións efectivas por avaliación:

Avaliación Número de sesións

Primeira avaliación 38

Segunda avaliación 37

Terceira avaliación (final) 36

A partir de todo isto, establécese a seguinte temporalización específica da

materia:

Tema 1: segunda quincena de setembro-primeira quincena de outubro

Tema 2: segunda quincena de outubro-primeira quincena de novembro

Tema 11: segunda quincena de novembro-primeira quincena de decembro

Tema 3: xaneiro

Tema 4: primeira quincena de febreiro

Tema 5: segunda quincena de febreiro-primeira semana de marzo

Tema 6: tres últimas semanas de marzo

Tema 7: primeira quincena de abril

Tema 8: segunda quincena de abril-primeira semana de maio

Tema 9: segunda e terceira semanas de maio

Tema 10: última semana de maio-primeira quincena de xuño

2.4. Mínimos esixibles para unha avaliación positiva.

48

Tomando como referencia os estándares de aprendizaxe, considérase o grao

mínimo de consecución para superar a materia distribuído por unidades didácticas o que

a continuación se detalla:

Tema 1: O saber filosófico. Comprender o que é e diferenza a reflexión

filosófica doutros tipos de saber, e cales son as principais funcións da filosofía.

FIB1.1.1/1.2; FIB1.6.1

Tema 2: O nacemento da filosofía. Comparativa entre o mito e o logos. Comprender e ser capaz de disertar sobre as respostas presocráticas e as figuras

de Sócrates e Platón. FIB1.2.1/2.2; FIB1.3.1; FIB1.4.1

Tema 3: A identidade persoal. Definir, explicar e comprender os eixos que determinan a personalidade humana (vida afectiva, motivación, frustración).

Amosar coñecementos básicos das principais teorías sobre a personalidade, e

dominar os aspectos básicos da psicanálise. FIB2.1.1, FIB2.2.1, FIB2.3.1,

FIB2.5.1, FIB2.8.1, FIB2.12.1

Tema 4: O ser humano desde a filosofía. Coñecer desde a historia da filosofía algunhas das reflexións sobre aspectos que caracterizan ao ser humano,

valorando a función do saber filosófico como saber orixinario e integrador de

múltiples perspectivas ao respecto. Manexo de teses básicas dos seguintes

autores de referencia: Platón e Aristóteles, Agostiño de Hipona, Descartes,

Sartre e Ortega y Gasset. FIB2.15.1, FIB2.16.1/16.2/16.3, FIB2.17.1, FIB2.18.2,

FIB2.21.1

Tema 5: Cultura e sociedade. Definir e explicar conceptos clave do bloque

correspondente. Manexo básico dos elementos da cultura e comprensión do

proceso de socialización. Comprensión e reflexión sobre relativismo cultural e

etnocentrismo. FIB3.1.1, FIB3.2.1, FIB3.3.1, FIB3.4.1, FIB3.9.1

Tema 6: Razón e sentidos. Definir e explicar conceptos clave do tema. Diferenciar coñecemento e opinión. Límites e posibilidades da razón. A

intelixencia: concepto e tipos. FIB4.1.1, FIB4.2.1, FIB4.4.1, FIB4.4.2

Tema 7: Racionalidade teórica e práctica. Distinguir a racionalidade teórica da racionalidade práctica, diferenciar teoría e experiencia. FIB4.3.1

Tema 8: Que é a realidade? Definir e explicar conceptos clave do bloque

correspondente. Concepto de metafísica e o seu papel como prantexamento

radical sobre a realidade. Acepcións de Natureza. Comprender o Universo desde

posturas deterministas e indeterministas, creacionistas o u non creacionistas.

FIB5. 1.1, FIB5.1.2, FIB5.2.1., FIB5.3.1

Tema 9: O sentido da existencia. Reflexionar sobre o sentido da existencia

desde posicións vitalistas. FIB5.4.1

Tema 10: Cuestións de ética: a liberdade. Definir e explicar conceptos clave do tema correspondente. Distinguir os sentidos da liberdade e conceptualizar o

libre albedrío. FIB6.1.1, FIB6.2.1.

49

Tema 11: Cuestións de estética: a imaxinación humana. Identificar o que é a

imaxinación e comprender o seu funcionamento. Coñecer as fases do proceso

creativo e aplicar algunhas técnicas de desenvolvemento da creatividade.

FIB6.6.1, FIB6.7.1, FIB6.9.1, FIB6.10.2

2.5. Procedementos e instrumentos de avaliación.

A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que

constitúen o currículo, centrándonos sobre todo nos estándares de aprendixaxe, que son

os que permiten definir os resultados de aprendizaxe e que concretan o que alumnado debe saber, comprender e facer na nosa materia. Para avaliala utilizaranse os seguintes

instrumentos:

a) Traballo diario de aula, que recollerá:

Resposta a preguntas breves que incidan en ideas previas que o alumnado posúe

no seu acervo ordinario de coñecemento, e que serán prantexadas como

introdución a cada tema. (Remuíño de ideas)

Resolución de cuestionarios de preguntas guía que orienten o estudo e a

comprensión dos conceptos e das interrelacións máis relevantes.

Elaboración de esquemas das unidades didácticas por parte do alumnado para

unha mellor asimilación da estruturación dos contidos.

Redacción de disertacións co fin de desenvolver a capacidade de síntese.

Confección de glosarios que recollan os conceptos de bloque correspondentes

Traballos con textos breves en aula, que ilustren os temas. Analizaranse os

textos a partir de localización de termos relevantes, tema e tese dos mesmos.

b) Traballos de investigación, individuais e colectivos, cos que se incidirá na

aprendizaxe de composición de temas a partir de elementos varios e no manexo de

bibliografía e de material web. Posibilidade de exposición ao gran grupo.

c) Preparación de debates e postas en común, exposicións e intervencións varias.

Permitirán desenvolver técnicas de expresión oral e educar en tolerancia.

d) Análise e valoración de casos prácticos e reais, que exemplifiquen a parte teórica.

Traballo con prensa, material audiovisual e biografía do alumnado.

50

e) Breve control dos temas na aula segundo a seguinte estrutura: análise de texto,

definición de conceptos, composición de tema ou cuestións breves. Posibilidade de

introducir baterías de preguntas co formato tipo test.

f) Controis de lectura sobre capítulos relevantes de ensaios significativos, con

material.

g) Anotacións procedimentais derivadas da observación directa: integración no grupo,

capacidade organizativa, presentación dos traballos, nivel de curiosidade e de interese

pola materia, creatividade, comportamento e respecto polos valores que animan o

espírito educativo nunha sociedade democrática e tolerante.

3. Concrecións metodolóxicas

A aprendizaxe mecánica é aquela que se acada pola memorización repetitiva dos

materiais que se presentan. Esta aprendizaxe pasará á memoria a longo prazo sen ser

comprendida e, máis tarde, só poderá ser lembrada de xeito intencional. A aprendizaxe

significativa é unha aprendizaxe baseada na comprensión interrelacionada dos contidos,

que serán susceptibles de seren ampliados e implementados en estruturas máis

complexas e elaboradas. Nin que dicir ten que a materia de Filosofía enmárcase nunha

dimensión significativa que se fundamentará en:

Actividades de presentación-motivación: Para introducir ao alumnado no tema que se aborda e espertar a súa interese sobre os contidos da unidade, poderá

establecerse un pequeno debate a partir dalgún artigo de prensa, noticia de

actualidade, etc .., relacionado co tema a tratar, realizar un remuíño de ideas con

preguntas abertas ou analizar e comentar un vídeo relacionado co tema. (Pto 2.5,

apartado a)

Actividades de avaliación de coñecementos previos: Para obter información acerca de que saben e que procedementos, destrezas e habilidades teñen

desenvolvidas os/as alumnos/as sobre un tema concreto, pode realizarse unha

tormenta de ideas sobre os principais conceptos da unidade, ou un ―test de

coñecementos previos‖ co que o/a profesor/a pode facerse unha idea de cada

alumno/a e da clase en xeral. Non se trata de poñer nota ao alumnado, senón de

proporcionar ao/á profesor/a a información que necesita para favorecer

aprendizaxes significativas e funcionais, así como chamar á atención do discente

sobre os contidos que en breve se presentarán. (Pto 2.5, apartado a)

Actividades de desenvolvemento dos distintos contidos: Coa finalidade de que

o alumnado adquira novos coñecementos, empregaranse varios métodos:

fomentar a interacción na aula, proporcionar situacións de aprendizaxe que

51

esixan unha actividade mental do alumno ou da alumna que lles leve a

reflexionar e xustifica-las súas actuacións.

Para iso debemos promover e elaborar na aula unhas estratexias metodolóxicas

eficaces que combinen motivación, diversidade, capacidade indutiva e

expositiva, interdisciplinariedade e asunción positiva da posible frustración.

A presentación maxistral tradicional dos esquemas e materiais de cada unidade e

punto temático terá que ser combinada con elaboracións propias do alumnado

segundo exercicios pautados de antemano, e xa mencionados no punto 2.5.

Actividades de consolidación: Para que os/as alumnos/as contrasten as novas

ideas coas previas e apliquen as novas aprendizaxes, realizarán actividades nas que se traballarán tanto os contidos conceptuais, como os procedimentais e

actitudinais. (Punto 2.5, apartados b, c e d)

Actividades de síntese-resumo: Para que o alumnado estableza a relación entre

os distintos contidos aprendidos, así como contrastalos cos que xa tiñan, poden

elaborar mapas conceptuais sobre os contidos da unidade ou elaborar un resume.

(Punto 2.5, apartado a)

Actividades de reforzo: Para aqueles/as alumnos/as que non alcancen os obxectivos ou que teñen un ritmo de aprendizaxe máis lento deseñaranse

actividades destinadas a desenrolar os contidos de reforzo. (Punto 2.5, apartado

a)

Actividades de ampliación: Para o alumnado que teña un ritmo máis rápido de aprendizaxe realizaranse actividades como a busca de información en outras

fontes das proporcionadas de xeito ordinario na aula sobre algún dos contidos do

tema. Serán sempre actividades asumidas de xeito voluntario e presentadas

posteriormente ao grupo-clase. (Punto 2.5, apartado b, c e d)

Actividades de avaliación: Son as actividades dirixidas á avaliación formativa

e sumativa que non se cubriron polas actividades de aprendizaxe dos tipos

anteriores. (Véxanse tipos de controis recollidos no punto 2.5, apartados e e f)

Por todo o anteriormente exposto a metodoloxía de aula, que será sempre

revisable en función dos ritmos e das características do grupo, se concretaría en:

Torbellino de ideas, que sirva como introdución á temática: o alumnado buceará no seu acervo de coñecemento prantexando preguntas e ofrecendo respostas que

xa tén incorporadas.

Presentación e desenvolvemento por parte do/da profesor/a das liñas mestras

dos temas para facilitar o traballo do alumnado sobre os contidos

correspondentes.

Elaboración de esquemas das unidades didácticas por parte do alumnado para unha mellor asimilación da estruturación dos contidos.

52

Cuestionarios de preguntas guía que orienten o estudo e a comprensión dos

conceptos e das interrelacións máis relevantes.

Confección de glosarios que recollan os conceptos de bloque correspondentes

Traballos con textos breves en aula, que ilustren os temas.

Casos prácticos e reais, que exemplifiquen a parte teórica. Traballo con prensa, material audiovisual e biografía do alumnado.

Postas en común e debates, e breves traballos de investigación (individuais e

grupais): base bibliográfica e material web. Posibilidade de exposición ao gran

grupo.

Proxección de documentais, curtametraxes e longametraxes: bases para a discusión.

Apoio de manifestacións artísticas: literatura, pintura, escultura, arquitectura....

4. Materiais e recursos didácticos.

Base: Libro de texto: Filosofía de 4º ESO, de D. Sánchez Meca e J.D. Mateu

Alonso Editorial Anaya, ISBN 978-84-698-2491-7 (Edición en galego)

Bibiliografía complementaria: As preguntas da Vida, de Fernando Savater

Editorial Ariel (Material fundamental para os controis de lectura)

Outros materiais: obras filosóficas e literarias, textos de obras escollidas,

material multimedia, obras artísticas, documentais, longametraxes,

curtametraxes, bibliografía web, prensa escrita e dixital...

Todo este material se irá propoñendo ad hoc segundo a marcha do curso e se irá

indicando correspondentemente nas actas de reunión do Departamento de

Filosofía.

Soporte técnico: pizarras dixitais, ordenador e proxector, memoria USB, e

encerados tradicionais. Libreta de aula.

53

5. Criterios de avaliación, cualificación e promoción do alumnado.

Perséguese valorar o traballo continuado e a evolución progresiva, e fuxir de

esixencias baseadas na mera actividade memorística e acrítica.

5.1. Criterios de Avaliación

Tomando como base os estándares de aprendizaxe e as competencias clave e a

partir da normativa en vigor, serán:

a) Comprensión: (Competencias Lingüística, Dixital e Aprender a Aprender)

O alumnado deberá ser capaz de definir, explicar e interrelacionar os

conceptos clave de cada bloque temático así como os derivados dos

contidos de cada unidade didáctica.

Deberanse confeccionar glosarios nos que se amosen habilidades de

selección e tratamento dos conceptos relevantes.

Teranse que asimilar con madurez os contidos propostos e ser capaz de

completalos, interpretalos e interrelacionalos.

O alumnado deberá poder aplicar os contidos e incorporalos

significativamente as circunstancias reais que proceda.

Deberanse amosar habilidades na comprensión de textos longos,

capítulos de obras, manifestacións artísticas, materiais multimedia....

b) Análise: (Competencias Lingüística, Aprender a Aprender)

O alumnado deberá ser capaz de traballar con textos, diferenciando as

ideas e a súa xerarquía, termos relevantes e ideas complementarias que

non aparecen.

Deberanse poder facer esquemas e mapas conceptuais dos distintos

temas e contidos nos que se amosen as conexións lóxicas entre as ideas e

as distintas categorías dos conceptos implicados.

54

c) Síntese: (Competencias Lingüística, Expresións Culturais, Sentido de iniciativa

e espírito emprendedor, Aprender a Aprender)

O alumnado deberá poder integrar distintos contidos en unidades máis

complexas, puidendo facer composicións ou disertacións de temas

amplos a partir de elementos simples.

Teranse que adquirir destrezas de argumentación e defensa de teses ante

posibles contraposicións, sempre desde a racionalidade e a coherencia.

d) Actitude crítica: (Competencia Social e Cívica, Sentido de iniciativa e espírito

emprendedor, Aprender a aprender, Conciencia e Expresión culturais)

O alumnado deberá ser capaz de ir alén as apariencias e desentrañar o

que se agocha nelas.

Teranse que despregar habilidades na comprensión e tratamento dos

símbolos da propia identidade cultural.

Deberanse facer aportacións ao gran grupo o en pequenos grupos de

traballo nas que se amosen capacidade creativa e orixinalidade.

e) Autonomía persoal e solidariedade: (Competencia Social e Cívica, Sentido de

iniciativa e espírito emprendedor, Aprender a aprender, Conciencia e Expresión

culturais)

O alumnado terá que se capaz de reflexionar e expresar as súas opinións

e ideas, ao tempo que respectará as opinións e reflexións alleas.

Teranse que amosar aptitudes empáticas e de tolerancia con situacións e

problemáticas dos semellantes.

Deberanse desenvolver capacidades para traballar en grupo nun contexto

de respecto e boa convivencia.

5.2. Períodos de Avaliación

Avaliación Ordinaria: ao longo do curso realizaranse tres avaliacións, unha por

cada trimestre (Ver temporalización dos contidos: Punto 2.3) e que recollerá as

55

ponderacións correspondentes aos instrumentos de avaliación previstos. A

última destas avaliacións solaparase coa avaliación final ordinaria do mes de

xuño.

Avaliación Extraordinaria: exame de setembro para o alumnado que non

acadara cualificación positiva na convocatoria de xuño e que se axustará aos

graos mínimos de consecución para superar a materia e á estrutura habitual neste

tipo de probas feitas ao longo do curso. A data deste exame escrito

extraordinario será fixada desde Xefatura de Estudos, sendo necesario obter

unha nota mínima de 5 para superalo. O alumnado que nesta convocatoria siga

sen acadar cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia

pendente.

5.3. Instrumentos de Cualificación e Ponderación. Criterios de Promoción

O sistema de cualificación ou ponderación para os instrumentos de avaliación

será o seguinte:

Instrumentos de avaliación Ponderación

Controis de temas. A realizar na aula segundo a seguinte

estrutura: análise de texto, definición de conceptos e

composición de tema ou cuestións breves. Todas as preguntas

irán numeradas e indicarase a valoración de cada unha na propia

folla de exame. O alumnado será informado previamente do

tempo do que dispón para facer a proba.

70%

Exame/s Parcial/is

Teórico/s

Traballo diario de aula: rastreo de ideas previas sobre os

temas, resolución de cuestionarios, elaboración de

esquemas das unidades temáticas, redacción de

disertacións (composicións de tema), confección de

glosarios, traballos con textos (análises ou similares),

resolución de casos prácticos. Recollido na libreta de aula.

20%

Traballos de investigación: individuais ou colectivos,

integradores de elementos varios nunha composición.

Posibilidade de exposición ao gran grupo. 10%

Preparación de debates, exposicións e intervencións:

manexo personalizado ou grupal de distintos materiais e

soportes de cara ao desenvolvemento de técnicas de

expresión oral e de educación en valores. Posibilidade de

Ata +1 punto sobre a

media total da

cualificación parcial de

56

análise de casos prácticos que exemplifiquen os contidos

teóricos.

cada avaliación

Aportacións voluntarias: resposta individualizada a

propostas de actividades de todo tipo dentro do formato

habitual da materia.

Anotacións procedimentais derivadas da observación

directa, segundo apartado g do punto 2.5.

Ata +1 punto sobre a

media total da

cualificación parcial de

cada avaliación

Controis de lectura: probas escritas sobre capítulos

relevantes de ensaios ou obras significativas, previo

traballo feito sobre cuestionarios ou esquemas guía.

Indícanse as tres posibles ponderacións sobre a media

total da cualificación parcial de cada avaliación.

Apto: 0

Apto +: +0’5

Non Apto: -0’5

A nota da avaliación obterase mediante a seguinte fórmula:

X=X1+X2

X1= 0’7*E+0’2*A+0’1*T/100

X2=P+V+C

E: Nota media dos exames de tema

A: Nota media do traballo diario de aula

T: Nota media dos traballos de

investigación.

P: Nota media das intervencións orais

V: Nota media do traballo voluntario

C: Aptitude ou non dos controis de lectura

Considérase que o alumnado supera unha avaliación cando a nota final, unha vez

aplicada a ponderación a cada instrumento de avaliación, é X=X1+X2=5.

A cualificación final por avaliación parcial obterase da suma de todas as

valoracións correspondentes ás porcentaxes anteriores segundo os cadros presentados.

Do mesmo xeito a cualificación final da materia será a media arroxada das

cualificacións parciais por avaliación.

Promoción: Superarase a materia cando a media aritmética final das

cualificacións obtidas en cada avaliación sexa como mínimo un 5. Poderase realizar

unha proba final de recuperación que recolla os contidos das avaliacións parciais non

superadas ou unha proba final global de todo o curso, segundo cada caso individual,

debendo obterse nesta proba como mínimo un 5 para aprobar a materia.

57

6. Indicadores de logro para avalizar o proceso deo ensino e a práctica docente.

A reflexión sobre a propia práctica docente é a mellor vía posible de formación

permanente, especialmente, cando se fai con rigor e coa axuda de instrumentos válidos.

Neste sentido, no departamento de Filosofía utilizaranse os seguintes indicadores para

avaliar o proceso do ensino e da práctica do profesorado da materia.

a) Preparación do ensino da materia

Domina os contidos da materia e o marco curricular.

Coñece as características, coñecementos e experiencias do alumnado.

Domina a didáctica da materia.

Organiza os contidos e os estándares de aprendizaxe de maneira coherente co marco curricular e as particularidades do alumnado.

As estratexias de avaliación son coherentes cos estándares de

aprendizaxe, e permiten demostrar a todo o alumnado o aprendido.

b) Creación dun ambiente propicio para a aprendizaxe

Establece un clima de relacións de aceptación, equidade, confianza,

solidariedade e respecto.

Manifesta altas expectativas sobre as posibilidades de aprendizaxe e

desenvolvemento de todos os seus alumnos.

Establece e mantén formas consistentes de convivencia na aula.

Establece un ambiente organizado de traballo e dispón os espazos e

recursos en función das aprendizaxes.

c) Ensino para a aprendizaxe de todo o alumnado

Comunica de forma clara e precisa os obxectivos e contidos da materia

As estratexias de ensino son coherentes, motivadoras e significativas

para o alumnado

O contido da clase é tratado con rigorosidade conceptual e é

comprensible para o alumnado.

Utiliza metodoloxías baseadas nas TIC.

Optimiza o tempo dispoñible para o ensino.

Promove o desenvolvemento do pensamento.

Avalía e recolle o proceso de comprensión e ampliación dos contidos por

parte do alumnado.

58

d) Responsabilidades profesionais como profesor

O profesor reflexiona sistematicamente sobre a súa práctica.

Constrúe relacións profesionais e de equipo cos seus compañeiros.

Asume responsabilidades na orientación do seu alumnado.

Propicia relacións de colaboración e respecto cos pais.

Manexa información actualizada sobre a súa profesión, o sistema

educativo e normativa vixente.

Participa e comprométese con Proxecto Educativo do centro.

Organiza e participa nas actividades colectivas do centro.

Os instrumentos para avaliar os anteriores indicadores poderían ser algúns

dos seguintes, segundo o caso:

- Autorreflexión continuada do profesorado sobre a súa práctica docente.

- Análise do cumprimento dos diversos aspectos da programación (obxectivos,

contidos, metodoloxía,...), tendo en conta de que se deberá axustar a mesma cando a

casuística o demande.

- Análise dos resultados académicos: non é mellor o profesor con alumnado que

fracasa na súa materia.

- Reunións entre o profesorado, de cara a mellorar e a resolver dificultades que

xurdan.

- Enquisas persoais ou anónimas ao alumnado sobre diferentes aspectos da propia

práctica docente e toma de conciencia a partir dos resultados arroxados.

7. Deseño da avalizaicón inicial e medidas a adoptar segundo resultados.

Nos primeiros días do curso escolar, en setembro, poderase realizar unha proba

específica sinxela para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se

consideran imprescindibles para construír sobre eles as novas aprendizaxes propias da

materia. Esta proba non terá repercusión na cualificación da materia, pero será de

utilidade de cara á sesión de avaliación inicial do grupo de referencia.

Cómpre, antes de dita sesión e mediante observación directa nas clases, recoller

información das peculiaridades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades,

estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) así como

información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos

compañeiros e compañeiras e co profesorado). Estes datos si serán fundamentais tamén

para o deseño das primeiras semanas de clase, posto que indicarán os aspectos nos que

hai que incidir para solventar as carencias detectadas.

59

Atenderase especialmente ao alumnado repetidor que obtivera unha avaliación

negativa nesta materia, coa finalidade de ir subsanando desde o comezo do curso as

dificultades que presente. De todos os xeitos, non se considera conveniente facer

distincións salientables alén do recollido nas medidas de atención á diversidades,

expostas no punto seguinte.

8. Medidas de atención á diversidade.

En xeral, cada alumno e cada alumna é distinto dos demais. Os seus

coñecementos, ideas e crenzas previas son distintos; tamén o son as súas capacidades,

os seus ritmos de desenvolvemento e de traballo e o seu estilo de aprendizaxe. Atender á

diversidade do alumnado é a única alternativa á aprendizaxe non comprensiva de moitos

alumnos e alumnas. Se queremos que todos aprendan non podemos pensar que todos

saben o mesmo, teñen as mesmas capacidades nin os mesmos intereses ou a mesma

maneira de aprender.

Segundo estes principios básicos, procuraremos que a materia de Filosofía

permita desenvolver o máximo as capacidades específicas de cada alumno ou alumna, e

na mesma liña faremos un seguimento o máis personalizado posible dos resultados

acadados. Casos salientables e que merecen un tratamento máis pormenorizado son os

de alumnos/as que requiran unha atención especial referente ao seu proceso de

aprendizaxe ou comportamental. Por iso, incorporaranse actividades específicas que

permitan a adquisición de aprendizaxes a distinto nivel, informando tamén desta

situación ao titor ou á titora correspondente.

8.1. Alumnado con altas capacidades intelectuais

Seguindo protocolo de actuación sobre alumnado con altas capacidades na

infancia e na adolescencia nos ámbitos educativos e sanitarios proposto pola Xunta de

Galicia, adoptaranse as estratexias pedagóxicas seguintes:

Ensinanza adaptada, cun enfoque multidisciplinar nun contexto educativo enriquecido e dinámico, estimulante para o seu desenvolvemento.

Acceso a recursos e materiais adicionais, que deben ser planificados

especificamente.

Proporcionarlle a oportunidade de poder poñer en práctica as súas habilidades.

Potenciación do desenvolvemento da súa creatividade e orixinalidade.

Orientación no manexo das relacións interpersoais e sociais.

8.2. Alumnado con TDAH

60

Seguindo protocolo de actuación sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos

ámbitos educativos e sanitarios proposto pola Xunta de Galicia, adoptaranse as

estratexias pedagóxicas seguintes:

Estratexias expositivas: asegurarse de que mantén a atención, utilizar frases

curtas e claras, manter o contacto visual e permanecer cerca, focalizar a atención

nos conceptos clave, utilizar estímulos visuais e modificar o ritmo da

exposición, presentar a idea principal explicitamente ao principio da explicación,

utilizar estratexias de categorización e imaxes mentais de conceptos, buscar a

súa implicación con recursos varios, proporcionarlles un sistema de titoría dun

compañeiro ou compañeira, comprobar que fan seguimento dos temas

presentados.

Exames ou probas escritas especiais: utilización de instrumentos específicos

de avaliación, abreviar e clarificar as cuestións nos exames escritos e presentalas

con vocabulario sinxelo, complementar as probas escritas de forma oral se

estivesen incompletas, alternar a forma de presentación das cuestións (oral,

escrita ou por ordenador), buscar a maneira máis idónea para a realización dos

exames, darlles máis tempo para a realización das diferentes probas ou exames,

simplificar o formato dos exames, posibilitar a recuperación das probas

suspensas no período de cada avaliación parcial, incitarlles á revisión dos

traballos antes de entregalos.

Outras medidas: vixiar que anota e trae as tarefas encomendadas, procurar que

ocupe lugares dianteiros na aula, manter contacto regular con titor/a e

orientador/a, e se fose preciso coas familias.

9. Concreción de elementos transversais

Educación en Valores. Tal como se recolle nos obxectivos xerais do proxecto educativo do noso centro, o obxectivo fundamental é o exercicio da educación

entendida como un proceso de maduración humana, que estimule o interese polo

estudio e o espírito de superación, e que fomente a integración social e a realización

individual, tanto intelectualmente como laboral do alumnado. Así, desde esta

materia tamén se quere transmitir unha serie de valores ao noso alumnado para que

os apliquen á súa vida cotiá. Entre outros valores traballaranse os seguintes:

aprender a ser responsable (cun mesmo ou mesma, coas tarefas a desenvolver, no

consumo e coa sociedade), aprender a ser respectuoso/a, aprender a ser

empático/a (solidario, cooperativo, amistoso e cívico), aprender a autocoñecerse e a

autocontrolarse.

Tratamento do fomento da convivencia no centro. Tendo en conta o plan de

convivencia do centro intentarase: contribuír ao labor de concienciación sobre a

61

importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor relación

ensinanza-aprendizaxe, detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas

aulas para resolvelos de maneira pacífica, establecer normas de funcionamento e

organización das clases da materia, motivar ao alumnado para que comece a

interiorización da cultura do diálogo e a mediación, fomentar o respecto entre todos

os membros da comunidade e a integración de todos os alumnos/as no centro, así

como potenciar a realización de actividades que desenvolvan o respecto á

diversidade.

10. Actividades complementarias e extraescolares.

Realizaranse aquelas que vaian acordando os membros do Departamento de

Filosofía ao longo do presente curso académico. Pódese adiantar que no primeiro

trimestre está programado un taller de creación literaria que ilustraría practicamente o

Tema 11 do currículo adicado á Estética e ao proceso creativo.

11. Mecanistmos de revisión, avaliación e modificación da programacón.

Ao longo do curso, nas reunións ordinarias e extraordinarias do Departamento de

Filosofía, tal e como quedará recollido nas preceptivas actas das xuntanzas, cotexaráse

puntualmente a marcha da programación, e segundo o que vai xurdindo vaise

modificando o que resulta preciso: incidencia nalgún tema en especial, actividades de

reforzo, reaxuste da temporalización....

Ao finalizar o curso en xuño, o departamento elaborará unha memoria final onde

se recollerán os seguintes puntos en relación a esta materia: porcentaxe do cumprimento

da programación, xustificacións da parte da programación non impartida, modificacións

introducidas durante o curso en relación coa programación didáctica e a súa motivación,

propostas de melloras para a programación didáctica do próximo curso, análise dos

resultados das avaliacións do alumnado en relación cos cursos anteriores.

62

63

7. FILOSOFÍA DE 1º DE BACHARELATO

1. Obxectivos xerais do Bacharelato. 62

2. Obxectivos xerais para a materia de Filosofía.63

3. Táboas xerais. Estándares de aprendizaje.67

4. Secuenciación de contidos.97

4.1. Consideracións xerais.

4.2. Secuenciacións de contidos.

4.3. Secuencia por unidades. Obxectivos mínimos esixibles.

4.4. Temporalización.

5. Como contribúe a materia á consecución das competencias.100

6. Metodoloxía.102

7. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade.106

8. Recursos didácticos.108

9. Procedementos e instrumentos de avaliación. 108

9.1 Criterios sobre avaliación, cualificación e promoción.

9.2 Recuperación durante o curso.

1. Obxectivos xerais do Bacharelato.

No marco da LOMCE, o Bacharelato ten como finalidade proporcionarlle ao

alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que

lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con

responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á

educación superior.

O Bacharelato contribuirá a desenvolver nos alumnos e nas alumnas as

capacidades que lles permitan:

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha

conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española así

como polos dereitos humanos, que fomente a responsabilidade de todos na

construción dunha sociedade xusta e equitativa.

b) Consolidar unha madureza persoal e social que lles permita actuar de forma

responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Prever e resolver

pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres,

analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade

real e a non discriminación das persoas con discapacidade.

64

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para

o eficaz aproveitamento da aprendizaxe, e como medio de desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como escrita, a lingua castelá e, no seu caso, a

lingua cooficial da súa comunidade autónoma.

f ) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a

comunicación.

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus

antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma

solidaria no desenvolvemento e a mellora do seu medio social.

i ) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as

habilidades básicas propias da modalidade elixida.

j ) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos

métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e a

tecnoloxía no cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o

respecto cara ao medio.

k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade,

iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

l ) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como

fontes de formación e enriquecemento cultural.

n) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e

social.

n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

2. Obxectivos xerais para a materia de Filosofía.

A materia de Filosofía ten como meta que o alumnado sexa capaz de pensar e

comprender, abstraéndose racionalmente do campo concreto estudado en cada unha

das outras materias, para centrarse naquilo que caracteriza especificamente a

filosofía, isto é, reflexionar, razoar, criticar e argumentar, utilizando o modo de

preguntar radical e último que lle é propio, sobre os problemas referidos á totalidade

65

da vivencia humana, e iso sen deixar de lado a súa capacidade de transformación e

cambio tanto do individuo coma da sociedade.

A filosofía é un modo especial de preguntar e de saber, un xeito de entender e de

enfrontarse á realidade que nos rodea, ás circunstancias nas que vivimos e que, en

boa medida, nos fan ser e comprender como somos. Por iso, a materia de Filosofía

persegue como obxectivo principal a comprensión por parte do alumnado de si

mesmo e do seu mundo, dotándoo para iso de ferramentas cognitivas tanto teóricas

coma prácticas.

No plano teórico, o alumnado coñecerá os grandes interrogantes, os conceptos

especializados e as teorías que intentan dar resposta ás grandes cuestións. Na súa

dimensión práctica, a materia dota de ferramentas como a actitude crítica e reflexiva

que lles ensina aos alumnos e alumnas a non admitir ideas que non foron

rigorosamente analizadas e evidenciadas, o saber pensar, razoar e argumentar con

fundamento, coherencia e de forma autónoma, a habilidade discursiva para dialogar

e convencer evitando o pensamento único e dogmático, a capacidade para discernir

entre o evidente e o arbitrario, o substancial e o accidental, a xestión creativa das

súas capacidades estéticas ou o razoamento moral e político autónomo, coherente e

cimentado e, en definitiva, a valorar a capacidade da filosofía como instrumento de

innovación e transformación desde hai máis de 2500 anos; todo iso resúmese na súa

vocación orixinaria, o amor ao saber, e iso filosofando, idea clave que se lle debe

transmitir ao alumnado desde esta materia e que constitúe o punto de partida.

No ámbito práctico, o estudo da ética e da filosofía política desenvolve a

comprensión da realidade individual, cultural e social da man da capacidade

normativa e transformadora da filosofía, permitindo realizar razoamentos críticos e

fomentando o diálogo e o respecto polos valores universais ademais da participación

activa na vida democrática. Dende os estudos de estética alcánzanse competencias

culturais, como o respecto á liberdade de expresión e á diversidade cultural.

Finalmente, a materia debe motivar o alumnado para aprender a aprender,

competencia que está na base do amor ao saber, por saber, finalidade que se encarna

na Filosofía como en ningunha outra materia e que constitúe o punto de apoio para

experimentar e xerar iniciativas persoais, enfrontándose á vida e, en definitiva,

crecendo como persoas.

A través da UNESCO, a ONU alenta os seus estados membros a traballar na

promoción, no fortalecemento e na extensión da filosofía en todos os niveis do ensino,

porque a sociedade democrática, formada por unha pluralidade diversa de persoas e

comunidades, proxectos e intereses, demanda un pensamento racional que axude a

comprender o mundo complexo que nos rodea e proporcione instrumentos para edificar

unha sociedade libre, igual e xusta. A UNESCO considera que a materia de Filosofía, o

saber máis antigo de Europa, é a ferramenta adecuada que debe servir a este fin. A

filosofía forma unha cidadanía reflexiva, lúcida, participativa, amante das institucións

66

democráticas e con habilidades prácticas na resolución dos problemas específicos das

sociedades democráticas avanzadas.

A materia de Filosofía capacita o alumnado para o exercicio do pensamento

crítico e independente, co que alcanzar unha mellor comprensión do mundo globalizado

e de si mesmo/a. Grazas a esta materia, os alumnos e as alumas adquiren a aptitude de

entretecer unha defensa racional e razoable da súa autonomía, da súa dignidade e dos

seus dereitos nun contexto en vías de globalización. O pensamento filosófico achega os

coñecementos teóricos e as destrezas prácticas para entender, analizar e propor

solucións aos desafíos intelectuais e morais do século XXI. Asemade, a materia de

Filosofía ofrece os fundamentos conceptuais dos principios e dos valores da paz e da

seguridade mundiais: democracia, imperio da lei, dereitos humanos, tolerancia, xustiza,

igualdade e liberdade (a UNESCO nomea a Filosofía como "Escola de liberdade" na súa

estratexia internacional e no informe de 2007). Os métodos filosóficos achegan

enfoques plurais e contrastados que permiten albiscar saídas aos problemas que afectan

a convivencia humana. A aprendizaxe do tratamento racional e dialogado destes asuntos

disipa o recurso á violencia e á guerra, e fomenta a paz e a seguridade global e local.

En segundo lugar, a materia de Filosofía impulsa no alumnado o valor da

indagación e a reflexión argumentada para descubrir prexuízos, xerar claridade respecto

aos obxectivos e ao sentido da vida, valorar a calidade dos argumentos, detectar

sofismas e falacias, resistir a presión arbitraria dos/das superiores e dos/das pares, atopar

puntos de encontro entre posicións diferentes, humanizar as persoas con quen estamos

obrigados/as a convivir. É por iso que o tratamento na aula desta materia ten que facer

reflexionar ao alumnado sobre as razóns da presenza maioritariamente masculina na

produción filosófica desde as súas orixes, ao tempo que debe dar visibilidade ao

pensamento filosófico na muller.

A materia de Filosofía axuda a desmontar os argumentos das condutas baseadas

nos valores da dominación e a vontade de poder que provocan crises ecolóxicas,

económicas e humanas. A meditación filosófica esperta no alumnado o interese polas

demais persoas, estimula a empatía para imaxinar os problemas que lles afectan e crea a

capacidade para se emocionar moralmente. Mercé ao autocoñecemento que promove a

filosofía, o alumnado pode chegar a recoñecer que a fraxilidade, a debilidade e a

mortalidade non son aspectos negativos e odiosos da existencia humana, senón ocasións

para a axuda mutua, a cooperación e a reciprocidade.

En cuarto lugar, grazas aos modelos diversos de pensamento filosófico, a materia

de Filosofía estimula a deliberación sosegada sobre as decisións que rexen a vida cotiá

individual e colectiva, e impulsa a tomar iniciativas razoables. Nunha sociedade

democrática avanzada, o alumnado debe formarse para aplicar o pensamento crítico á

análise de principios económicos e políticos, sopesar teorías sobre a liberdade e a

xustiza social, recoñecer a interacción dos fenómenos naturais e sociais, avaliar o

impacto ético e social da tecnociencia e gozar con autonomía dos produtos artísticos. A

materia de Filosofía proporciona a visión e a comprensión holística necesaria para

67

realizar estas tarefas. O alumnado educado filosoficamente é, daquela, activo, curioso,

argumentativo, creativo, comprometido e innovador.

Como se ve, a Filosofía como materia potencia o desenvolvemento das

competencias sociais e cívicas, por estar estreitamente vinculadas coa finalidade última

de todo o seu proxecto. Pero nesa consecución precisa acudir á competencia en

comunicación lingüística, que lle permite ao alumnado tanto a exposición dun

pensamento rigoroso e claro como o diálogo frutífero coas demais persoas. A

competencia de aprender a aprender maniféstase na obriga intrínseca do facer filosófico

de xerar marcos de sentido cada vez máis complexos, globais e enriquecedores que nos

permitan tratar cunha realidade plástica, multifacética e omniabarcante, realidade que

provoca en nós a moi humana sensación de admiración. E nesa sensación, a Filosofía

non está soa, xa que a matemática e a ciencia se nutren da mesma fonte, e a

competencia neses saberes cobra máis luz cando se examinan desde o saber que na orixe

foi un con eles. Pero non chega a admiración. Con ela aparece a curiosidade que só se

satisfai cando polo sentido de iniciativa e o espírito emprendedor nos animamos á

acción, á creación e á innovación. O mesmo saber require atrevemento, ousadía,

iniciativa, como nos lembra Kant. A competencia dixital capacita os alumnos e as

alumnas para o uso das novas tecnoloxías que serven para traballar coa materia mesma

da razón, o sentido, que se presenta baixo as dúas facetas da información e a

comunicación. O percorrido da filosofía polos seus temas e pola súa historia brinda

acceso, ao cabo, a un panorama de teorías, pensadores/as, correntes, ideas, argumentos,

críticas e preguntas que conforman a trama onde se viñeron tecendo as expresións

culturais que nos fan ser o que somos.

Tamén se abordan no currículo de Filosofía varios dos elementos transversais de

etapa, os que atinxen basicamente ao espírito emprendedor e ao estudo dos proxectos

empresariais, e á influencia que poden ter neles as achegas das ramas da filosofía.

Na materia de Filosofía, todas estas esixencias están aglutinadas en varios

bloques temáticos: a especificidade do saber filosófico, o coñecemento humano, a

pregunta pola realidade, a condición humana e a racionalidade práctica. A través destes

bloques o alumnado coñecerá os interrogantes, os conceptos, as formulacións e as

respostas da filosofía aos grandes problemas do saber, o coñecemento, a ciencia, a

realidade, a natureza, o ser humano, a acción, a arte, o discurso e a innovación. Os

contidos relacionados coa epistemoloxía, a filosofía da ciencia e da natureza, e a

metafísica permiten afondar no coñecemento que o alumnado ten do seu contorno e da

súa relación con el. O alumnado desenvolve a competencia para interpretar sucesos,

avaliar o seu impacto, localizar as súas causas, anticipar e prever as consecuencias,

analizar os factores capaces de transformar a realidade. Así mesmo, invitan o alumnado

a exercer o pensamento metódico (na ciencia, na ontoloxía e na metafísica) con rigor e

precisión. Os contidos de antropoloxía, ética e filosofía política dan luz sobre a

realidade individual, social e cultural; estimulan a autocomprensión e o

autocoñecemento, espertan a capacidade de argumentación moral e política,

desenvolven a conciencia normativa e a empatía moral, fomentan o respecto polos

dereitos humanos, invitan á participación activa na vida democrática. Os contidos de

68

filosofía da linguaxe, lóxica, retórica e argumentación serven para educar a

interpretación, a expresión, a formulación e a exposición do propio pensamento e do

alleo en contextos comunicativos variados (deliberación, negociación, investigación,

diálogo, controversia, discusión crítica e conversa informal), empregando con eficacia o

razoamento lóxico e respectando as máximas que rexen a conduta racional

comunicativa. Os contidos de estética proxectan o alumnado a comprender, apreciar e

valorar con espírito crítico reflexivo, actitude aberta e respectuosa, as diferentes

manifestacións culturais e artísticas. A finalidade é apropiarse criticamente dun

conxunto de criterios estéticos para estimar o valor da produción cultural e artística e,

chegado o caso, producir obras artísticas innovadoras con contido filosófico.

Tanto estes contidos curriculares coma o tratamento das competencias clave e dos

elementos transversais invitan o profesorado da materia a emprender unha renovación

metodolóxica na que os alumnos e as alumnas sexan quen de ocupar o papel activo

fundamental que lles corresponde nos procesos de ensino e aprendizaxe: o de persoas

autónomas e críticas, sociais e racionais, creativas e prudentes, donas de si e

respectuosas coas demais persoas, sabias e felices. O tipo de persoa que a mellor

filosofía nos presenta, desde sempre, como ideal humano.

3. Táboas xerais. Estándares de aprendizaxe.

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

Bloque 1. Contidos transversais

b

d

e

h

m

B1.1. Textos

filosóficos e

pertencentes a

outras ramas do

saber

relacionados

coas temáticas

filosóficas

estudadas.

B1.1. Ler

comprensivamen

te e analizar de

forma crítica

textos

significativos e

breves,

pertencentes a

pensadores/as

destacados/as.

FIB1.1.1. Analiza de

xeito crítico textos

pertencentes a

pensadores/as

destacados/as,

identifica a

problemática e as

solucións expostas

(distinguindo as

teses principais e a

orde da

CAA

69

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

argumentación) e

relaciona os

problemas

propostos nos

textos co estudado

na unidade, e/ou co

achegado por

outros/as

filósofos/as ou

correntes, e/ou con

saberes distintos da

filosofía.

b

d

e

B1.2.

Composición

escrita de

argumentos de

reflexión

filosófica e de

discursos orais,

manexando as

regras básicas

da retórica e a

argumentación.

B1.2. Argumentar

e razoar os

propios puntos

de vista sobre as

temáticas

estudadas na

unidade, de

forma oral e

escrita, con

claridade e

coherencia.

FIB1.2.1. Argumenta

e razoa as súas

opinións de forma

oral e escrita, con

claridade e

coherencia, e

demostrando un

esforzo creativo e

educativo na

valoración persoal

dos problemas

filosóficos

analizados.

CCL

CSC

b

d

e

g

B1.3. Uso dos

procedementos

de traballo

intelectual

(incluíndo os

das tecnoloxías

da información

e da

comunicación)

adecuados á

filosofía, en

especial a

asimilación e o

uso rigoroso do

léxico

relacionado cos

temas

filosóficos

estudados.

B1.3. Seleccionar

e sistematizar

información

obtida de

distintas fontes.

FIB1.3.1. Selecciona

e sistematiza

información obtida

tanto de libros

específicos como de

internet, usando as

posibilidades das

novas tecnoloxías

para consolidar e

ampliar a

información.

CD

CSC

FIB1.3.2. Elabora

listas de

vocabulario de

conceptos e

comprende o seu

significado,

aplícaos con rigor e

CAA

70

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

organízaos en

esquemas ou mapas

conceptuais, táboas

cronolóxicas e

outros

procedementos

útiles para a

comprensión da

filosofía.

d

e

g

B1.3. Uso dos

procedementos

de traballo

intelectual

(incluíndo os

das tecnoloxías

da información

e da

comunicación)

adecuados á

filosofía, en

especial a

asimilación e o

uso rigoroso do

léxico

relacionado cos

temas

filosóficos

estudados.

B1.4. Analizar e

argumentar

sobre

formulacións

filosóficas,

elaborando de

xeito

colaborativo

esquemas,

mapas

conceptuais,

táboas

cronolóxicas e

outros

procedementos

útiles, mediante

o uso de medios

e plataformas

dixitais.

FIB1.4.1. Elabora

con rigor esquemas,

mapas conceptuais,

táboas

cronolóxicas, etc.,

amosando a

comprensión dos

eixes conceptuais

estudados.

CAA

Bloque 2. O saber filosófico

b

d

e

h

B2.1. Filosofía:

sentido,

necesidade e

historia.

B2.2. Saber

racional.

Explicación

prerracional:

mito e maxia.

Explicación

racional: razón

e sentidos.

B2.3. Funcións e

B2.1. Coñecer e

comprender a

especificidade e

a importancia do

saber racional en

xeral e do

filosófico en

particular, en

tanto que saber

de comprensión

e interpretación

da realidade,

valorando que a

FIB2.1.1. Recoñece

as preguntas e os

problemas que

veñen

caracterizando a

filosofía desde a

súa orixe,

comparando coa

formulación

doutros saberes,

como o científico

ou o teolóxico.

CAA

FIB2.1.2. Explica a CCEC

71

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

vixencia da

filosofía.

filosofía é, á

vez, un saber e

unha actitude

que estimula a

crítica, a

autonomía, a

creatividade e a

innovación.

orixe do saber

filosófico

diferenciándoo dos

saberes

prerracionais, como

o mito ou a maxia.

CSC

d

e

B2.4. Disciplinas

teórico-

prácticas do

saber filosófico.

B2.5.

Racionalidade

teórica e

práctica.

B2.2. Identificar

as dimensións

teórica e práctica

da filosofía, os

seus obxectivos,

as

características,

as disciplinas, os

métodos e as

funcións,

relacionándoa

paralelamente

con outros

saberes de

comprensión da

realidade.

FIB2.2.1. Identifica,

relaciona e

distingue as

vertentes práctica e

teórica do labor

filosófico, así como

as disciplinas que

conforman a

filosofía.

CAA

CSC

b

d

e

h

B2.6. O saber

filosófico a

través da súa

historia.

Características

da filosofía.

B2.3.

Contextualizar

histórica e

culturalmente as

problemáticas

analizadas e

expresar por

escrito as

achegas máis

importantes do

pensamento

filosófico desde

a súa orixe,

identificando os

principais

problemas

formulados e as

solucións

achegadas, e

argumentando as

FIB2.3.1. Recoñece

as principais

problemáticas

filosóficas

características de

cada etapa cultural

europea.

CCEC

FIB2.3.2. Expresa

por escrito as teses

fundamentais

dalgunhas das

correntes filosóficas

máis importantes

do pensamento

occidental.

CCL

72

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

propias opinións

ao respecto.

b

e

g

B1.3. Uso dos

procedementos

de traballo

intelectual

(incluíndo os

das tecnoloxías

da información

e da

comunicación)

adecuados á

filosofía, en

especial a

asimilación e o

uso rigoroso do

léxico

relacionado cos

temas

filosóficos

estudados.

B2.4. Comprender

e utilizar con

precisión o

vocabulario

filosófico

fundamental,

realizando un

glosario de

termos de xeito

colaborativo

mediante as

posibilidades

que ofrecen as

novas

tecnoloxías.

FIB2.4.1. Comprende

e usa con rigor

conceptos

filosóficos como

razón, sentidos,

mito, logos, arché,

necesidade,

continxencia, causa,

existencia,

metafísica, lóxica,

gnoseoloxía,

obxectividade,

dogmatismo,

criticismo, etc.

CCL

b

e

l

B1.1. Textos

filosóficos e

textos

pertencentes a

outras ramas do

saber

relacionados

coa temática

filosófica

estudada.

B2.5. Analizar de

maneira crítica

fragmentos de

textos

significativos e

breves sobre a

orixe, a

caracterización e

a vixencia da

filosofía,

identificando as

problemáticas e

solucións

expostas,

distinguindo as

teses principais e

a orde de

argumentación,

relacionando os

problemas

formulados nos

textos co

estudado na

FIB2.5.1. Le e

analiza de xeito

crítico fragmentos

de textos breves e

significativos sobre

a orixe da

explicación racional

e acerca das

funcións e as

características do

pensamento

filosófico,

pertencentes a

pensadores/as, que

identifiquen as

problemáticas

filosóficas

formuladas.

CCL

73

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

unidade e coa

presentación

doutros intentos

de comprensión

da realidade,

como o

científico e o

teolóxico, ou

outros tipos de

filosofía, como a

oriental.

Bloque 3. O coñecemento

d

e

h

B3.1. Teoría do

coñecemento.

B3.2. Graos e

ferramentas do

coñecer: razón,

entendemento e

sensibilidade.

B3.3.

Abstracción.

B3.4. Problemas

implicados no coñecer:

posibilidades,

límites e

intereses; o

irracional.

B3.1. Coñecer de

modo claro e

ordenado as

problemáticas

implicadas no

proceso do

coñecemento

humano,

analizadas desde

o campo

filosófico, os seus graos, as

ferramentas e as

fontes, e expor

por escrito os

modelos

explicativos do

coñecemento

máis

significativos.

FIB3.1.1. Identifica e

expresa de xeito

claro e razoado os

elementos e as

problemáticas que

implica o proceso

do coñecemento da

realidade, como é o

dos seus graos, as

súas posibilidades e

os seus límites.

CCL

d

e

h

g

B3.5. Problema

filosófico do

coñecemento.

B3.6. A verdade

como

propiedade das

cousas. A

verdade como

propiedade do

B3.2. Explicar e

reflexionar sobre

o problema do

acceso á

verdade,

identificando as

problemáticas e

as posturas

filosóficas que

xurdiron en

FIB3.2.1. Coñece e

explica teorías

acerca do

coñecemento e a

verdade, como son

o idealismo, o

realismo, o

racionalismo, o

empirismo, o

perspectivismo, o

CCEC

74

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

entendemento:

coherencia e

adecuación.

B3.7. Algúns

modelos

filosóficos de

explicación do

coñecemento e

o acceso á

verdade.

torno ao seu

estudo.

consenso ou o

escepticismo, e

contrasta

semellanzas e

diferenzas entre os

conceptos clave que

manexan.

FIB3.2.2. Explica e

contrasta criterios e

teorías sobre a

verdade, tanto no

plano metafísico

como no

gnoseolóxico,

usando con rigor

termos como

gnoseoloxía, razón,

sentidos,

abstracción,

obxectividade,

certeza, dúbida,

evidencia,

escepticismo,

autoridade,

probabilidade,

prexuízo,

coherencia,

adecuación,

consenso, incerteza,

interese, irracional,

etc., e construír un

glosario de

conceptos de xeito

colaborativo,

usando internet.

CD

CSC

b

d

e

B1.1. Textos

filosóficos e

textos

pertencentes a

outras ramas do

saber

relacionadas

coas temáticas

filosóficas

B3.3. Analizar de

forma crítica

fragmentos de

textos

significativos

sobre a análise

filosófica do

coñecemento

humano, os seus

FIB3.3.1. Analizar

fragmentos de

textos breves de

Descartes, Hume,

Kant, Nietzsche,

Ortega y Gasset,

Habermas, Popper,

Kuhn ou Michel

Serres, entre outros.

CCL

75

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

estudadas. elementos, as

súas

posibilidades e

os seus límites,

valorando os

esforzos por

alcanzar unha

aproximación á

verdade

arredándose do

dogmatismo, da

arbitrariedade e

dos prexuízos.

d

e

h

i

l

B3.8. Filosofía,

ciencia e

tecnoloxía.

Filosofía da

ciencia.

B3.9. Obxectivos

e instrumentos

da ciencia.

B3.10. Método

hipotético-

dedutivo.

B3.11.

Investigación

científica na

modernidade e

na época

contemporánea:

das

matemáticas e a

técnica como

ferramentas de

coñecemento e

interpretación

fundamentais á

reformulación

dos conceptos

clásicos.

B3.4. Coñecer e

explicar a

función da

ciencia, os seus

modelos de

explicación, as

súas

características,

os seus métodos

e a tipoloxía do

saber científico,

expondo as

diferenzas e as

coincidencias do

ideal e a

investigación

científica co

saber filosófico,

como pode ser a

problemática da

obxectividade

ou a adecuación

teoría-realidade,

argumentando as

propias opinións

de xeito razoado

e coherente.

FIB3.4.1. Explica os

obxectivos, as

funcións e os

principais

elementos da

ciencia, manexando

termos como feito,

hipótese, lei, teoría

ou modelo.

CMCCT

FIB3.4.2. Constrúe

unha hipótese

científica, identifica

os seus elementos e

razoa a orde lóxica

do proceso de

coñecemento.

CMCCT

FIB3.4.3. Usa con

rigor termos

epistemolóxicos

como indución,

hipotético-dedutivo,

método,

verificación,

predición, realismo,

causalidade,

obxectividade,

relatividade, caos e

indeterminismo,

entre outros.

CMCCT

76

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

d

e

h

i

l

B3.12. Técnica e

tecnoloxía:

saber e praxe.

B3.5. Relacionar e

identificar as

implicacións da

tecnoloxía, en

tanto que saber

práctico

transformador

da natureza e da

realidade

humana,

reflexionando,

desde a filosofía

da tecnoloxía,

sobre as

relacións coa

ciencia e cos

seres humanos.

FIB3.5.1. Extrae

conclusións

razoadas sobre a

inquedanza humana

por transformar e

dominar a natureza,

póndoa ao servizo

do ser humano, así

como das

consecuencias desta

actuación, e

participa de debates

acerca das

implicacións da

tecnoloxía na

realidade social.

CMCCT

CSC

b

d

l

B3.13. Reflexións

filosóficas

sobre o

desenvolvement

o científico e

tecnolóxico: o

problema da

indución

B3.14. Visión

aristotélica do

quefacer

científico.

B3.6. Analizar de

xeito crítico

fragmentos de

textos

filosóficos sobre

a reflexión

filosófica acerca

da ciencia, a

técnica e a

filosofía,

identificando as

problemáticas e

as solucións

propostas,

distinguindo as

teses principais e

a orde da

argumentación,

relacionar os

problemas

formulados nos

textos co

estudado na

unidade e razoar

a postura propia.

FIB3.6.1. Analiza

fragmentos de

textos breves e

significativos de

pensadores como

Aristóteles, Popper,

Kuhn, B. Russell,

A. F. Chalmers ou

J. C. Borrón, entre

outros.

CMCCT

d B3.15. Relación

entre filosofía e

B3.7. Entender e

valorar a

FIB3.7.1. Identifica e

reflexiona de forma

CMCCT

77

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

e

h

i

g

l

ciencia. relación entre a

filosofía e a

ciencia.

argumentada acerca

de problemas

comúns aos campos

filosófico e

científico, como

son o problema dos

límites e as

posibilidades do

coñecemento, a

cuestión da

obxectividade e a

verdade, a

racionalidade

tecnolóxica, etc.

FIB3.7.2. Investiga e

selecciona

información en

internet, procedente

de fontes solventes,

sobre as

problemáticas

citadas, e realiza un

proxecto de grupo

sobre algunha

temática que afonde

na interrelación

entre a filosofía e a

ciencia.

CD

CSC

Bloque 4. A realidade

d

e

h

B4.1. A

metafísica

como

explicación

teórica da

realidade.

B4.1. Recoñecer e

valorar a

metafísica,

disciplina que

estuda a

realidade en

tanto que

totalidade,

distinguíndoa

das ciencias, que

versan sobre

aspectos

particulares

FIB4.1.1. Coñece o

que é a metafísica e

usa a abstracción

para comprender os

seus contidos e a

súa actividade,

razoando sobre

eles.

CAA

78

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

desta.

d

e

h

B4.2. Pregunta

polo ser como

punto de partida

da Filosofía.

Platón fronte a

Aristóteles.

B4.3.

Interrogación

metafísica sobre

a verdadeira

realidade:

problema da

aparencia e a

realidade.

B4.4. Pregunta

pola orixe e a

estrutura do

real.

B4.5.

Caracterización

da realidade:

cambio ou

permanencia,

substancialismo

estático fronte

ao devir.

Esencialismo e

existencialismo.

B4.6. Necesidade

de categorizar

racionalmente o

real.

B4.2. Coñecer e

explicar, desde

un enfoque

metafísico, os

principais

problemas que

presenta a

realidade.

FIB4.2.1. Describe as

principais

interpretacións

metafísicas e os

problemas que

suscita o

coñecemento

metafísico da

realidade.

CCEC

FIB4.2.2. Comprende

e utiliza con rigor

conceptos

metafísicos como

ser, sistema

metafísico,

realidade,

aparencia, materia e

espírito, unidade,

dualidade,

multiplicidade,

devir, necesidade,

continxencia,

transcendencia,

categoría e

abstracción,

materialismo,

espiritualismo,

existencialismo ou

esencialismo, entre

outros.

CCL

FIB4.2.3. Realiza

unha análise crítica

ante teorías

metafísicas

diverxentes de

interpretación da

realidade.

CAA

FIB4.2.4. Analiza e

comprende

fragmentos de

textos breves e

CAA

79

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

significativos sobre

as problemáticas

metafísicas que

presenta a

realidade, de

pensadores como

Platón, Aristóteles,

Tomé de Aquino,

Descartes, Marx,

Nietzsche, etc.,

comparando e

establecendo

semellanzas e

diferenzas entre os

enfoques, e

disertando

coherentemente

sobre as posturas

históricas.

d

e

h

i

g

l

B4.7.

Cosmovisións

científicas sobre

o universo. A

filosofía da

natureza como

admiración

filosófica pola

natureza.

B4.8. Paradigma

cualitativo

organicista:

universo

aristotélico.

B4.9. Universo

máquina: visión

mecanicista na

Modernidade.

Supostos

epistemolóxicos

do modelo

heliocéntrico:

procura das leis

universais dun

universo

B4.3. Coñecer e

comparar as

explicacións

dadas desde as

grandes

cosmovisións

sobre o

universo.

FIB4.3.1. Explica e

compara dúas das

grandes

cosmovisións do

Universo: o

paradigma

organicista

aristotélico e o

modelo mecanicista

newtoniano.

CMCCT

FIB4.3.2. Describe os

caracteres esenciais

das interpretacións

relativista e

cuántica

contemporáneas da

realidade,

explicando as

implicacións

filosóficas

asociadas a eses

caracteres.

CMCCT

FIB4.3.3. Usa con

rigor termos

CMCCT

80

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

infinito.

Determinismo,

regularidade,

conservación,

economía e

continuidade.

B4.10. Visión

contemporánea

do Universo.

B4.11.

Reencontro da

filosofía e a

física na teoría

do caos.

epistemolóxicos e

científicos como

cosmovisión,

paradigma,

Universo, natureza,

finalismo,

organicismo,

determinismo, orde,

causalidade,

conservación,

principio,

mecanicismo,

materia,

relatividade,

cuántica, espazo,

tempo, azar,

determinismo,

indeterminismo,

probabilidade, gaia

e caos, entre outros.

d

e

g

h

i

B1.3. Uso dos

procedementos

de traballo

intelectual

(incluíndo os

das tecnoloxías

da información

e da

comunicación)

adecuados á

filosofía, en

especial a

asimilación e o

uso rigoroso do

léxico

relacionado

coas temáticas

filosóficas

estudadas.

B4.4. Elaborar

táboas e/ou

mapas

conceptuais

comparando os

caracteres

adxudicados

historicamente

ao Universo,

entendido como

totalidade do

real,

contextualizando

historicamente e

culturalmente

cada

cosmovisión e

ampliando

información

mediante

internet e/ou

fontes

bibliográficas.

FIB4.4.1. Elabora

esquemas, táboas

e/ou mapas

conceptuais que

comparen os

caracteres

adxudicados

historicamente ao

Universo,

entendido como

totalidade do real,

contextualizando

historicamente e

culturalmente cada

cosmovisión e

ampliando

información

mediante internet

e/ou fontes

bibliográficas.

CD

d B1.1. Textos B4.5. Ler e FIB4.5.1. Analiza CMCCT

81

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

e

h

i

m

filosóficos e

textos

pertencentes a

outras ramas do

saber

relacionados

coas temáticas

filosóficas

estudadas.

analizar de xeito

crítico textos

filosóficos,

epistemolóxicos

e científicos

sobre a

comprensión da

realidade, tanto

desde o plano

metafísico como

desde o físico,

usando con

precisión os

termos técnicos

estudados,

relacionar os

problemas

presentados nos

textos co

estudado nas

unidades e

razoar a postura

propia.

textos filosóficos e

científicos, clásicos

e contemporáneos,

que aborden as

mesmas

problemáticas, e

investigar a

vixencia das ideas

expostas.

FIB4.5.2. Reflexiona

sobre as

implicacións

filosóficas que

afectan a visión do

ser humano en cada

cosmovisión

filosófico-científica

estudada, e

argumenta as súas

propias ideas de

xeito razoado e

creativo.

CAA

Bloque 5. O ser humano desde a filosofía

b

c

d

e

B5.1. A reflexión

filosófica sobre

o ser humano e

o sentido da

existencia:

antropoloxía

filosófica.

B5.1. Recoñecer

en que consiste a

antropoloxía

filosófica.

FIB5.1.1. Utilizar con

rigor vocabulario

específico da

temática, como

evolución,

dialéctica, proceso,

progreso,

emerxencia, azar,

selección natural,

apto, reducionismo,

creacionismo,

evolución cultural,

vitalismo,

determinismo

xenético, natureza e

cultura.

CCL

d B5.2.

Implicacións

B5.2. Coñecer e

explicar as

FIB5.2.1. Coñece e

explica as

CMCCT

82

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

e

h

i

filosóficas da

evolución.

Filosofía e

bioloxía.

implicacións

filosóficas da

evolución, en

relación cos

contidos

metafísicos e

cos/coas

pensadores/as xa

estudados/as.

consideracións

filosóficas

implicadas na teoría

da evolución, como

a consideración

dinámica e

dialéctica da vida

ou o

indeterminismo,

entre outras.

FIB5.2.2. Analiza

fragmentos breves e

significativos de E.

Morin, K. Popper,

R. Dawkins, J.

Mosterín, A.

Gehlen, M. Harris

ou M. Ponty, entre

outros.

CCEC

d

e

g

h

i

l

B5.3. A dialéctica

natureza-cultura

no proceso de

antropoxénese e

de construción

da identidade

propia humana.

B5.3. Recoñecer e

reflexionar, de

maneira

argumentada,

sobre a

interacción

dialéctica entre o

compoñente

natural e o

cultural que

caracterizan o

ser humano

como tal, sendo

o culturalmente

adquirido

condición para a

innovación e a

creatividade que

caracterizan a

especie.

FIB5.3.1. Identifica e

expón en que

consiste o

compoñente natural

innato do ser

humano, e a súa

relación cos

elementos culturais

que xorden nos

procesos de

antropoxénese e

humanización,

dando lugar á

identidade propia

do ser humano.

CCEC

CSC

FIB5.3.2. Diserta

sobre o ser humano

en tanto que

resultado da

dialéctica evolutiva

entre o

xeneticamente

innato e o

culturalmente

CSIEE

CCEC

83

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

adquirido,

condición para a

innovación e a

capacidade creativa

que caracterizan a

nosa especie.

FIB5.3.3. Localiza

información en

internet acerca das

investigacións

actuais sobre a

evolución humana,

e reflicte a

información

seleccionada e

sistematizada de

xeito colaborativo.

CD

CSC

a

b

c

e

h

B1.2.

Composición

escrita de

argumentos de

reflexión

filosófica e de

discursos orais,

manexando as

regras básicas

da retórica e a

argumentación.

B5.4. Valorar os

coñecementos

adquiridos nesta

unidade,

rexeitando os

prexuízos tanto

etnocéntricos

como por

motivos físicos,

e tamén as

actitudes de

intolerancia,

inxustiza e

exclusión.

FIB5.4.1. Argumenta

con coherencia,

baseándose nos

datos obxectivos

aprendidos, sobre

as implicacións de

adoptar prexuízos

etnocéntricos para

xulgar os seres

humanos e as

culturas.

CSC

b

c

d

e

h

B5.4. Visión

grega. Heroe

homérico:

concepto

socrático.

Dualismo

platónico.

Animal racional

e político

aristotélico.

Materialismo e

B5.5. Coñecer e

reflexionar sobre

as concepcións

filosóficas sobre

o ser humano

como tal que se

viñeron dando

ao longo da

filosofía

occidental,

comparando

FIB5.5.1. Contrasta e

relaciona as

principais

concepcións

filosóficas que se

viñeron dando

historicamente

sobre o ser humano.

CCEC

FIB5.5.2. Analiza de

xeito crítico textos

significativos e

CCL

84

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

individualismo

helenista.

B5.5. Pensamento

medieval:

creación á

imaxe divina;

nova

concepción do

corpo e a alma,

da morte e da

liberdade.

B5.6.

Renacemento:

antropocentrism

o e humanismo.

B5.7.

Modernidade e

século XIX:

razón, emocións

e liberdade.

B5.8. O ser

humano na

filosofía

contemporánea.

semellanzas e

diferenzas entre

as sucesivas

formulacións,

analizando

criticamente a

influencia do

contexto

sociocultural na

concepción

filosófica, e

valorando

algunhas

formulacións

diverxentes que

abriron camiño

cara á

consideración

actual da persoa.

breves dos grandes

pensadores.

FIB5.5.3. Usa con

rigor termos como

dualismo e

monismo

antropolóxico,

areté, mente, corpo,

espírito,

creacionismo,

antropocentrismo,

teocentrismo, alma,

humanismo, persoa,

dignidade, sentido,

estado de natureza,

estado de

civilización,

existencia,

liberdade, emoción,

paixón,

determinismo,

alienación,

nihilismo,

existencia,

inconsciente, morte,

historia ou

transcendencia,

entre outros.

CCL

b

e

h

B5.9. Visións

filosóficas

orientais:

budismo,

taoísmo e

hinduísmo.

B5.6. Comparar a

visión filosófica

occidental do ser

humano coa

visión filosófica

oriental, o

budismo, o

taoísmo e o

hinduísmo, e

argumentar as

opinións propias

sobre

semellanzas e

diferenzas.

FIB5.6.1. Contrasta e

relaciona as

principais

concepcións

filosóficas que se

viñeron dando

historicamente no

contexto da

filosofía occidental

sobre o ser humano,

coa visión

filosófica oriental, o

budismo, o taoísmo

e o hinduísmo.

CCEC

b B5.10. Algunhas B5.7. Disertar, de FIB5.7.1. Diserta, de CCL

85

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

d

e

h

claves sobre o

sentido da

existencia

humana.

B5.11. Cuestión

do sentido, a

esencia e a

existencia, o eu,

a liberdade, a

morte, o

destino, o azar,

a historia e a

necesidade de

transcendencia.

forma oral e

escrita, sobre as

temáticas

intrinsecamente

filosóficas no

ámbito do

sentido da

existencia, como

poden ser a

cuestión do

sentido, a

esencia e a

existencia, o eu,

a liberdade, a

morte, o destino,

o azar, a historia

ou a necesidade

de

transcendencia,

entre outras.

xeito oral e escrito,

sobre as grandes

cuestións

metafísicas que lle

dan sentido á

existencia humana.

FIB5.7.2. Argumenta

e razoa, de xeito

oral e escrito,

acerca dos puntos

de vista propios

sobre o ser humano,

desde a filosofía e

sobre diferentes

temáticas

filosóficas

relacionadas co

sentido da

existencia humana.

CCL

b

c

d

e

h

B5.12. Reflexión

filosófica sobre

o corpo.

B5.13. Teorías

filosóficas

sobre a relación

entre mente e

corpo.

B5.8. Coñecer

algunhas teorías

filosóficas

occidentais

sobre o corpo

humano, e

reflexionar de

xeito

colaborativo e

argumentar

acerca dos

puntos de vista

propios.

FIB5.8.1. Coñece as

teorías filosóficas

da relación entre

mente e corpo

(monismo,

dualismo e

emerxentismo), e

argumenta sobre

esas teorías

comparando

semellanzas e

diferenzas, de

forma colaborativa.

CMCCT

Bloque 6. A racionalidade práctica

a

b

c

d

e

h

B2.5.

Racionalidade

teórica e

práctica.

B6.1. Orixe da

ética occidental:

Sócrates fronte

B6.1. Identificar a

especificidade

da razón na súa

dimensión

práctica, en

tanto que

orientadora da

FIB6.1.1. Recoñece a

función da

racionalidade

práctica para dirixir

a acción humana,

aínda recoñecendo

os seus vínculos

ineludibles coa

CSC

86

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

aos sofistas. acción humana. razón teórica e a

intelixencia

emocional.

FIB6.1.2. Explica a

orixe da ética

occidental no

pensamento grego,

contrastando, de

forma razoada, a

concepción

socrática coa dos

sofistas.

CCEC

a

b

c

d

e

B6.2. A ética

como reflexión

sobre a acción

moral: carácter,

conciencia e

madureza

moral.

B6.2. Recoñecer o

obxecto e

función da ética.

FIB6.2.1. Explica e

razoa acerca do

obxecto e a función

da ética.

CSC

a

b

c

d

e

h

B6.3. Principais

teorías sobre a

moral humana.

B6.4. Procura da

felicidade.

B6.5. A boa

vontade: Kant.

B6.6. A xustiza

como virtude

ético-política.

B6.7. Relativismo

e universalismo

moral.

B6.3. Coñecer e

explicar as

principais

teorías éticas

sobre a xustiza e

a felicidade, e

sobre o

desenvolvement

o moral.

FIB6.3.1. Expresa de

xeito crítico as

argumentacións das

principais teorías

éticas sobre a

felicidade e a

virtude, razoando as

súas propias ideas,

e achega exemplos

do seu

cumprimento e do

seu incumprimento.

CSIEE

CSC

FIB6.3.2. Expresa de

maneira crítica as

argumentacións das

principais teorías

éticas sobre a

xustiza, razoando as

súas propias ideas,

e achega exemplos

do seu

cumprimento e do

seu incumprimento.

CSIEE

87

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

FIB6.3.3. Analiza

textos breves

dalgúns dos

filósofos

representantes das

principais

teorizacións éticas e

sobre o

desenvolvemento

psicolóxico moral

do individuo.

CSC

FIB6.3.4. Usa con

rigor termos como

ética, moral, acción

moral, autonomía,

responsabilidade,

convención moral,

madureza moral,

virtude moral,

subxectivismo,

relativismo e

universalismo

moral, utilitarismo,

deber moral, ética

de máximos, ética

de mínimos,

consenso, xustiza,

eudemonismo,

hedonismo,

emotivismo e

utilitarismo.

CCL

a

b

c

d

e

h

B6.8.

Fundamentos

filosóficos do

Estado.

B6.9. Principais

interrogantes da

filosofía

política.

B6.4. Explicar a

función, as

características e

os principais

interrogantes da

filosofía política,

como a orixe e a

lexitimidade do

Estado, as

relacións entre o

individuo e o

Estado ou a

natureza das

FIB6.4.1. Identifica a

función, as

características e os

principais

interrogantes da

filosofía política.

CSC

FIB6.4.2. Utiliza con

rigor conceptos

como democracia,

Estado, xustiza,

dereito, dereitos

naturais, Estado

CCL

88

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

leis. democrático e de

dereito, legalidade,

lexitimidade,

convención,

contractualismo,

alienación,

ideoloxía, utopía,

entre outros

conceptos clave da

filosofía política.

a

b

c

d

e

h

B6.10. A xustiza

segundo Platón.

B6.11. O

convencionalis

mo nos sofistas.

B6.12. Realismo

político:

Maquiavelo.

B6.13.

Contractualism

o: Hobbes,

Locke,

Rousseau e

Montesquieu.

B6.14. A paz

perpetua de

Kant.

B6.15.

Fundamentos

filosóficos do

capitalismo no

século XIX.

John Stuart

Mill.

Alienación e

ideoloxía

segundo Marx.

B6.16. Disputa

política entre

Popper e a

escola de

Frankfurt.

B6.5. Coñecer as

teorías e os

conceptos

filosóficos

principais que

estiveron na

base da

construción da

idea de Estado e

das súas

funcións,

apreciando o

papel da

filosofía como

reflexión crítica.

FIB6.5.1. Explica de

xeito coherente as

formulacións

filosófico-políticas

de Platón, os

sofistas,

Maquiavelo, Locke,

Montesquieu,

Rousseau, Hobbes,

Kant, John Stuart

Mill, Popper ou

Habermas, entre

outros.

CCEC

CSC

FIB6.5.2. Analiza e

reflexiona sobre a

relación entre

individuo e Estado,

sobre a base do

pensamento dos

sofistas, Marx e a

escola de Frankfurt.

CSC

FIB6.5.3. Analiza de

xeito crítico textos

significativos e

breves dalgúns dos

autores estudados,

nos que se

argumente sobre o

concepto de Estado,

os seus elementos e

as súas

características.

CSC

89

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

FIB6.5.4. Valora e

utiliza a capacidade

argumentativa, de

forma oral e escrita,

contra a

arbitrariedade, o

autoritarismo e a

violencia.

CSC

a

b

c

d

e

h

B6.17. Función

do pensamento

utópico.

B6.6. Disertar de

xeito oral e

escrito sobre a

utilidade do

pensamento

utópico,

analizando e

valorando a súa

función, para

propor

posibilidades

alternativas,

proxectar ideas

innovadoras e

avaliar o xa

experimentado.

FIB6.6.1. Reflexiona

por escrito sobre as

posibilidades do

pensamento

utópico, e

argumenta as súas

propias ideas.

CSC

a

b

c

d

e

h

B6.18.

Legalidade e

lexitimidade.

B6.7. Distinguir

os conceptos de

legalidade e

lexitimidade.

FIB6.7.1. Describe e

compara os

conceptos de

legalidade e

lexitimidade.

CCL

CSC

b

d

e

h

p

B6.19.

Capacidade

simbólica. E.

Cassirer.

B6.20.

Creatividade.

H. Poincaré.

B6.8. Recoñecer a

capacidade

simbólica como

elemento

distintivo da

especie humana.

FIB6.8.1. Explica as

teses fundamentais

de E. Cassirer sobre

a capacidade

simbólica humana,

e as de H. Poincaré

sobre o proceso

creativo.

CCEC

b

d

B6.21. Estética

filosófica:

función e

B6.9. Coñecer o

campo da

estética,

FIB6.9.1. Comprende

e usa conceptos

como estética,

CCL

CCEC

90

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

e

h

n

p

características.

B6.22. A arte

como

instrumento de

comprensión e

expresión

simbólica da

realidade.

B6.23. A estética

filosófica e a

capacidade

simbólica do ser

humano. A

realidade desde

a arte, a

literatura e a

música.

reflexionando

sobre as

contribucións

filosóficas

realizadas por

tres das

construcións

simbólicas

culturais

fundamentais.

creatividade,

creación, símbolo,

signo, arte,

experiencia estética,

mímese, beleza,

gusto,

subxectividade,

xuízo estético e

vangarda.

FIB6.9.2. Contrasta e

relaciona algunhas

construcións

simbólicas

fundamentais no

contexto da cultura

occidental, e

analiza, de xeito

colaborativo, textos

literarios, audicións

musicais e

visualizacións de

obras de arte para

explicar os contidos

da unidade.

CAA

CCEC

a

b

d

e

h

n

p

B6.24. Relación

da arte coa

ética, co

coñecemento e

coa técnica.

B6.10. Relacionar

a creación

artística con

outros campos

como o da ética,

o coñecemento e

a técnica.

FIB6.10.1. Diserta

sobre a relación e a

posibilidade

transformadora da

realidade humana, a

creación artística, a

ciencia e a ética.

CSC

CCEC

b

d

e

h

n

p

B6.25.

Sentimento,

experiencia e

xuízo estético.

Beleza.

Creación

artística e

sociedade.

Abstracción

artística e

pensamento

B6.11. Analizar

textos en que se

comprenda o

valor da arte, a

literatura e a

música como

vehículos de

transmisión do

pensamento

filosófico,

utilizando con

FIB6.11.1. Coñece e

describe algúns dos

elementos

fundamentais da

reflexión estética

sobre a arte,

analizando textos

significativos de

filósofos como

Platón, Schelling,

Hume, Kant,

CCEC

91

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

metafísico. A

arte como

xustificación ou

como crítica da

realidade.

B6.26. Filosofía e

arte. Filosofía e

literatura.

Filosofía e

música.

precisión o

vocabulario

específico

propio da

estética

filosófica.

Nietzsche, Walter

Benjamin,

Gadamer, Marcuse

ou Adorno, entre

outros, e aplica esas

ideas ao estudo de

diversas obras de

arte.

FIB6.11.2. Entende o

valor filosófico da

literatura,

analizando textos

breves de

pensadores e

literatos como

Platón, Santo

Agostiño, Calderón

de la Barca, Pío

Baroja, A.

Machado, Voltaire,

Goethe, Sartre,

Unamuno, Borges

ou Camus, entre

outros.

CCEC

FIB6.11.3. Coñece a

visión filosófica da

música a través da

análise de textos

filosóficos sobre as

visións dos

pitagóricos, de

Platón,

Schopenhauer,

Nietzsche ou

Adorno, entre

outros, así como

mediante audicións

significativas.

CCEC

d

g

h

n

B1.2.

Composición

escrita de

argumentos de

reflexión

B6.12.

Reflexionar por

escrito sobre

algunha das

temáticas

FIB6.12.1. Diserta de

xeito claro e

coherente sobre o

valor das artes para

transmitir ideas

CD

CSC

92

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

filosófica e de

discursos orais,

manexando as

regras básicas

da retórica e a

argumentación.

significativas

estudadas,

argumentando as

propias

posicións, e

ampliar en

internet a

información

aprendida.

filosóficas, e

procura e

selecciona

información en

internet que amplíe

o xa aprendido.

b

d

e

B6.27. Retórica,

argumentación

e lóxica: a

comunicación

desde a

filosofía.

B6.28.

Importancia da

comunicación e

a súa relación

coa linguaxe, a

verdade e a

realidade.

B6.13. Entender a

importancia da

comunicación

para o

desenvolvement

o do ser humano

e as sociedades.

FIB6.13.1. Coñece e

manexa con rigor

conceptos como

símbolo,

comunicación,

linguaxe formal,

lóxica, xuízo

lóxico, razoamento,

demostración,

discurso,

elocuencia, orador,

retórica, exordio,

inventio, dispositio,

argumentación,

elocutio,

compositio, actio,

falacia, debate,

negociación,

persuasión e

concepto universal,

entre outros.

CCL

b

d

e

B6.29. Lóxica

proposicional.

B6.14. Coñecer en

que consiste a

lóxica

proposicional e

apreciar o seu

valor para

amosar o

razoamento

correcto e a

expresión do

pensamento

como condición

fundamental

para as relacións

FIB6.14.1. Utiliza os

elementos e as

regras do

razoamento da

lóxica de

enunciados.

CAA

93

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

humanas.

b

d

e

B6.30. Retórica e

composición do

discurso.

B6.15. Coñecer as

dimensións que

forman parte da

composición do

discurso

retórico, e

aplicalas na

composición de

discursos.

FIB6.15.1.

Comprende e

explica a estrutura e

o estilo da retórica e

da argumentación.

CCL

FIB6.15.2. Coñece a

estrutura e a orde

do discurso, e

escribe breves

discursos retóricos

establecendo

coherentemente a

exposición e a

argumentación.

CCL

b

d

e

B6.31.

Argumentación:

regras e

ferramentas do

diálogo e a

demostración

de argumentos.

B6.32. Filosofía

da linguaxe: o

problema

filosófico dos

conceptos

universais e o

erro

argumentativo

da

xeneralización

apresurada.

B6.16. Coñecer e

utilizar as regras

e as ferramentas

básicas do

discurso baseado

na

argumentación

demostrativa.

FIB6.16.1. Constrúe

un diálogo

argumentativo no

que demostra as

súas propias teses

mediante as regras

e as ferramentas da

argumentación.

CSIEE

CSC

FIB6.16.2. Distingue

un argumento veraz

dunha falacia.

CAA

FIB6.16.3. Analiza e

comenta textos

breves e

significativos sobre

a arte da retórica e a

argumentación de

Platón, Aristóteles,

Cicerón,

Quintiliano, Tácito

e autores/as

contemporáneos/as.

CCEC

b

d

e

B6.33. A filosofía

e a empresa

como proxecto

racional.

B6.17. Coñecer as

posibilidades da

filosofía na

creación dun

FIB6.17.1. Utiliza

conceptos con

sentido filosófico e

aplícaos ao

CSIEE

94

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

m

p

proxecto, en

xeral, e no

ámbito

empresarial en

particular, e

valorar o seu

papel

potenciador da

análise, a

reflexión e o

diálogo.

contexto

empresarial:

principios, saber,

orde lóxica,

finalidade,

demostración,

razoamento,

indución, dedución,

argumentación,

sentido, significado,

creatividade,

diálogo,

obxectivo/subxectiv

o, emocións,

globalidade e valor,

entre outros.

b

e

m

p

B6.34. O modo

metafísico de

preguntar para

deseñar un

proxecto vital e

de empresa.

B6.35. Os

procesos de

cuestionamento

e a importancia

da definición de

obxectivos.

B6.18.

Comprender a

importancia do

modo de

"preguntar

radical" da

metafísica para

proxectar unha

idea ou un

proxecto vital ou

empresarial,

facilitando os

procesos de

cuestionamento

e definición das

preguntas

radicais e as

respostas a estas.

FIB6.18.1. Formula

correctamente os

interrogantes

filosóficos radicais

que deben estar na

base da creación

dun proxecto, tanto

vital como laboral,

como "que son?",

"que fago?", "por

que?", "para que?",

"cal é o meu

obxectivo?", "cal é

o seu sentido, a súa

razón de ser?", etc.,

e saber argumentar

a defensa das

respostas.

CSIEE

CSC

b

m

p

B6.36. Proceso de

análise racional

do conxunto

dun sistema,

dos elementos

que o integran e

da orde racional

que subxace á

estrutura lóxica

dun proxecto,

B6.19.

Comprender o

valor da teoría

do coñecemento,

a razón crítica e

a lóxica para

introducir

racionalidade na

orixe e no

desenvolvement

FIB6.19.1. Deseña un

proxecto vital ou

empresarial, sobre a

base da filosofía,

valorando a íntima

relación entre os

pensamentos e as

accións, entre a

razón e as

emocións, a través

CSIEE

95

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

vital e

empresarial.

o dun proxecto. do diálogo, da

argumentación e a

linguaxe filosófica.

b

e

m

B6.37.

Importancia do

diálogo e da

defensa

argumentativa

de proxectos,

fins e medios.

B6.20. Valorar as

técnicas do

diálogo

filosófico, a

argumentación e

a retórica para

organizar a

comunicación

entre as partes e

a resolución de

negociacións e

de conflitos,

para xerar

diálogo baseado

na capacidade de

argumentar

correctamente,

para definir e

comunicar

correctamente o

obxectivo dun

proxecto.

FIB6.20.1. Coñece e

utiliza as

ferramentas da

argumentación e o

diálogo na

resolución de

dilemas e conflitos

dentro dun grupo

humano.

CSC

a

m

n

B6.38. Deseño

dun proxecto

vital e laboral.

Papel da

Estética no

desenvolvement

o do

pensamento

creativo e

innovador.

B6.21. Valorar a

capacidade da

estética

filosófica para

favorecer o

pensamento

creativo e

innovador que

permite

adaptarse e

anticiparse aos

cambios,

xerando

innovación e

evitando o

estancamento,

valorando así a

función e a

importancia das

FIB6.21.1. Valora a

posibilidade de

crear tarefas

innovadoras,

valorando a función

e a importancia das

persoas

emprendedoras e

innovadoras para a

construción e o

avance dunha

cultura, e a

transformación da

realidade.

CSIEE

96

Filosofía. 1º de bacharelato

Obxectivos Contidos Criterios de

avaliación

Estándares de

aprendizaxe

Competenc

ias clave

persoas

emprendedoras e

innovadoras

para a

construción e o

avance dunha

cultura, e a

transformación

da realidade.

a

b

c

f

m

p

B6.39.

Importancia da

ética para

establecer o

sistema de

valores no

traballo.

B6.22.

Comprender e

apreciar a

función

axiolóxica da

ética para

establecer un

sistema de

valores que

permita mellorar

o clima laboral,

comprendendo

que os valores

éticos son clave

para lograr o

equilibrio entre

innovación,

sustentabilidade

e

competitividade.

FIB6.22.1. Realiza un

decálogo de valores

éticos que deben

rexer no mundo

laboral e de cara á

sociedade e á

natureza.

CSC

FIB6.22.2. Valora e

diserta sobre a

importancia do

traballo para

desenvolvernos

como seres

humanos, para o

avance dunha

cultura e para

transformar a

realidade.

CSC

b

m

p

B6.40. Razón

crítica en tanto

que reguladora

da acción

humana.

B6.23. Coñecer e

valorar a

importancia da

razón crítica

para o avance

dun proxecto

persoal e

colectivo.

FIB6.23.1.

Comprende e valora

a importancia da

razón crítica para o

avance dun

proxecto persoal e

colectivo.

CSC

4. Secuenciación de contidos

97

4.1. Consideracións xerais

A Filosofía de 1.º de Bacharelato ten como referente o marco legal establecido

polas administracións educativas. Os contidos tratan de presentar a materia co obxectivo

de formar o alumnado e desenvolver unha serie de capacidades como a reflexión crítica

e a argumentación, ademais de transmitir uns contidos que permitan fomentar a cultura

xeral dos estudantes. Tales contidos axustáronse á duración do curso académico e ao

currículo publicado polas autoridades competentes.

Por outra parte, a Filosofía de 1.º de Bacharelato ten como obxectivo introducir os

estudantes nunha disciplina central na cultura occidental e que permite establecer

conexións entre outras materias estudadas polos alumnos e alumnas (desde a literatura

ata a matemática, pasando pola historia ou a bioloxía).

A distribución dos contidos realizouse mediante seis bloques xerais que

responden ao marco legal. Ademais, hai un conxunto de contidos transversais que se

tiveron en conta para a preparación de todos os materiais, como o uso de textos, o

fomento da composición/redacción e o uso de novas tecnoloxías educativas.

Bloque 1. O saber filosófico: consiste nunha presentación da materia, das súas ramas

principais, da súa historia, da súa vixencia e da xustificación da súa necesidade na

actualidade.

Bloque 2. O coñecemento: bloque no que se presenta a reflexión filosófica sobre a

linguaxe, as súas funcións, etc., ademais dunha análise do coñecemento científico e

unha introdución á lóxica formal e informal.

Bloque 3. A realidade: contén unha introdución aos temas clásicos da metafísica

occidental, como a orixe do universo, a concepción da vida e a divindade. Nunha

segunda unidade, introdúcese o tema da natureza e a evolución humanas.

98

Bloque 4. O ser humano desde a filosofía: continúa coa unidade do bloque anterior e

presenta unha reflexión a partir da corporalidade, a diversidade de dimensións que

conforman os seres humanos e unha introdución ao problema da liberdade.

Bloque 5. A racionalidade práctica: ética e filosofía política: bloque que entronca co

tema da liberdade, desenvolve a cuestión da acción moral e presenta algúns temas de

filosofía política.

Bloque 6. Cultura e sociedade: bloque final no que se formulan cuestións como a

relación entre cultura, civilización e historia, a orixe da sociedade, a filosofía da

técnica, a relación entre arte e estética, ou un reflexión sobre a relación entre filosofía

e mundo empresarial.

4.2. Secuenciación por unidades. Obxectivos mínimos exixibles.

BLOQUE 1: O SABER FILOSÓFICO

Unidade 1: Que é a filosofía

A que lle chamamos filosofía

A filosofía e outras formas de saber

Evolución histórica da filosofía

Unidade 2: Para que serve a filosofía

A filosofía serve para saber pensar ben

A filosofía, nós e o noso mundo

A filosofía e o noso proxecto de vida

BLOQUE 2: O COÑECEMENTO

Unidade 3: A linguaxe: as palabras e as cousas

Que se entende por linguaxe?

O estudo científico da linguaxe

Linguaxe e realidade

Unidade 4: O coñecemento científico

O proceso de coñecemento

Que entendemos por ciencia?

Métodos, leis e teorías científicos

Filosofía contemporánea da ciencia

Unidade 5: Razoamento lóxico, falacias e paradoxos

Formas de razoamento e siloxismos

Lóxica de enunciados

Lóxica informal: falacias e paradoxos

99

BLOQUE 3: A REALIDADE

Unidade 6: O mundo, a vida, Deus

O mundo

A vida

Deus

Unidade 7: Natureza e evolución humana

O home provén do home

Ser humano, animal e medio

Evolucionismo e ciencias humanas

BLOQUE 4: O SER HUMANO DESDE A FILOSOFÍA

Unidade 8: O corpo como base natural

O cerebro

Os impulsos e o inconsciente

A sexualidade: varón e muller

Unidade 9: As dimensións do ser humano

A identidade persoal

A relación cos outros

A existencia e o tempo

Unidade 10: A liberdade

É libre o ser humano?

As condicións da liberdade

Os límites da liberdade

BLOQUE 5: A RACIONALIDADE PRÁCTICA: ÉTICA E FILOSOFÍA

POLÍTICA

Unidade 11: A acción moral

A busca da felicidade

A realización do ben

Problemas actuais de ética aplicada

Unidade 12: Orde política, xustiza e dereito

Fundamentos da xustiza e o dereito

A orde política e as súas formas

As ideoloxías políticas

Unidade 13: Poder e Estado: lexitimidade e goberno

O Estado: a súa orixe e as súas formas

100

O poder

Lexitimidade e legalidade

BLOQUE 6: CULTURA E SOCIEDADE

Unidade 14: Cultura, civilización, historia

A cultura forma a personalidade

Cultura e civilización

A historia

Unidade 15: Orixe e natureza da sociedade

A socialización e os seus tipos

Teorías sobre a orixe da sociedade

O cambio social

Unidade 16: A arte e a técnica

Creación artística e experiencia estética

O traballo e a técnica

Filosofías da técnica

Unidade 17: Filosofía e empresa

A empresa como proxecto racional

Os negocios e a ética

Actividade empresarial e desenvolvemento sostible

4.3 Temporalización

Primeira Avaliación: Outubro-Decembro, bloques 1-2

Segunda Avaliación: Xaneiro-Febreiro-Marzo, bloques 3 e 4

Terceira Avaliación: Abril-Maio, bloques 5 e 6

5. Como contribúe a materia á consecución das competencias.

Tal e como se describe na LOMCE, todas as áreas ou materias do currículo deben

participar no desenvolvemento das distintas competencias do alumnado. Estas, de

acordo coas especificacións da lei, son:

101

a. Comunicación lingüística.

b. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

c. Competencia dixital.

d. Aprender a aprender.

e. Competencias sociais e cívicas.

f. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.

g. Conciencia e expresións culturais.

No proxecto de Filosofía para 1.º de Bacharelato potenciouse o desenvolvemento

das competencias de comunicación lingüística, conciencia e expresións culturais e as

competencias sociais e cívicas. Evidentemente, o resto das competencias tamén foron

consideradas nestes materiais, particularmente o fomento da aprendizaxe autónoma

(aprender a aprender). Para alcanzar unha adquisición eficaz das competencias e a súa

integración efectiva no currículo, incluíronse actividades de aprendizaxe integradas que

lle permitirán ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha

competencia ao mesmo tempo.

Ademais, cabe recordar que serán os estándares de aprendizaxe avaliables, como

elementos de maior concreción, observables e medibles, os que, ao poñerse en relación

coas competencias clave, permitan graduar o rendemento ou o desempeño alcanzado en

cada unha delas.

a. Comunicación lingüística

Na medida que a filosofía é unha disciplina fundamentalmente racional,

discursiva e conceptual, os estudantes deberán practicar a comprensión textual, a

definición de termos específicos da materia, a expresión escrita, a adecuación a certos

contextos de comunicación e a comunicación oral en debates e argumentacións na clase.

b. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

Na medida que a filosofía foi historicamente a nai de diferentes disciplinas

científicas, e que tamén abordou cuestións como a estrutura do coñecemento científico e

das consecuencias da tecnoloxía para a vida humana, esta competencia é crucial neste

proxecto. Ademais, a lóxica, como disciplina que vincula filosofía e matemática, recibiu

un coidadoso tratamento nunha unidade específica.

c. Competencia dixital

A competencia dixital trabállase fundamentalmente mediante a análise de

produtos audiovisuais, películas en especial, que tratan temas que podemos vincular

coas cuestións desenvolvidas en cada unidade. Por outra parte, tamén se intentou

fomentar o uso de novas tecnoloxías na exposición didáctica e para iso preparáronse

presentacións en formato PPT de cada unidade.

102

d. Aprender a aprender

Foméntase a autonomía dos estudantes e o seu desenvolvemento como aprendices

capaces de xerar novo coñecemento a partir dos contidos impartidos na clase. Así

mesmo, na clase pódense traballar actividades orientadas a crear hábitos de

esquematización, resumo e definición, que son básicos para posibilitar a autonomía no

estudo.

e. Competencias sociais e cívicas

A función social da filosofía e a súa vinculación coa teoría da sociedade implican

que a reflexión sobre os valores sociais e morais, os hábitos, etc., sexan parte ineludible

do labor filosófico. Por unha parte, intentamos presentar nocións e teorías básicas

relativas á natureza social do ser humano. Por outra, ademais, pretendeuse cultivar a

capacidade de diálogo e entendemento a través de actividades participativas, como o

debate.

f. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Valores como o liderado, a creatividade, a iniciativa persoal ou a autonomía non

son alleos á educación filosófica. Capacidades como a argumentación, o razoamento ou

a exposición pública están ligadas ao fomento da iniciativa individual. Máis alá destes

valores transversais, presentes en todas as unidades, o mundo da empresa e a economía

recibe un tratamento específico nestes materiais.

g. Conciencia e expresións culturais

A importancia da cultura, a arte, a historia, etc., e a necesaria conciencia do seu

valor tamén xogan un rol crucial neste proxecto de Filosofía de 1.º de Bacharelato.

Mediante a análise de diferentes obras de arte, pretendemos incentivar a conciencia e o

gusto estético. Polo demais, a conexión entre a Filosofía e o ámbito da cultura en xeral é

evidente, e, por conseguinte, é necesario fomentar unha actitude de respecto, tolerancia

e coñecemento do amplo patrimonio cultural que constitúe a nosa forma de vida.

6. Metodoloxía

A metodoloxía didáctica no Bacharelato debe favorecer a capacidade do

alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en equipo e para aplicar os

métodos apropiados de comentario e análise de texto, definición conceptual e, ademais,

tamén debe subliñar a relación dos aspectos teóricos das materias tanto coa vida cotiá

como con outras materias.

103

En Bacharelato, a relativa especialización das materias determina que a

metodoloxía didáctica estea fortemente condicionada polo compoñente epistemolóxico

de cada materia e polas esixencias do tipo de coñecemento propio de cada unha.

Ademais, a finalidade propedéutica e orientadora da etapa esixe o traballo con

metodoloxías específicas e que estas comporten un importante grao de rigor científico e

de desenvolvemento de capacidades intelectuais de certo nivel (analíticas, explicativas e

interpretativas).

6.1 Criterio metodolóxicos

En relación co exposto anteriormente, a proposta didáctica de Filosofía

elaborouse de acordo cos criterios metodolóxicos seguintes:

- Adaptación ás características do alumnado de Bacharelato, ofrecendo actividades

diversificadas de acordo coas capacidades intelectuais propias da etapa.

- Autonomía: facilitar a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo.

- Actividade: fomentar a participación do alumnado na dinámica xeral da aula,

combinando estratexias que propicien a individualización con outras que fomenten

a socialización.

- Motivación: procurar espertar o interese do alumnado pola aprendizaxe que se lle

propón.

- Integración e interdisciplinariedade: presentar os contidos cunha estrutura clara,

mostrando as relacións entre os contidos de Filosofía e os doutras disciplinas

doutras áreas.

- Rigor e desenvolvemento de capacidades intelectuais de certo nivel (analíticas,

explicativas e interpretativas).

- Variedade na metodoloxía, dado que o alumnado aprende a partir de fórmulas moi

diversas.

Máis concretamente, estes criterios deben ter en conta os criterios de

avaliación transversais a todo o temario de Filosofía de 1.º de Bacharelato, que son

os seguintes:

1. Ler comprensivamente e analizar, de forma crítica, textos significativos e breves,

pertencentes a pensadores destacados.

2. Argumentar e razoar os propios puntos de vista sobre as temáticas estudadas na

unidade, de forma oral e escrita, con claridade e coherencia.

3. Seleccionar e sistematizar información obtida de diversas fontes.

4. Analizar e argumentar sobre propostas filosóficas, elaborando de forma

colaboradora esquemas, mapas conceptuais, táboas cronolóxicas e outros

procedementos útiles, mediante o uso de medios e plataformas dixitais.

104

6.2. Estratexias didácticas

A forma de conseguir estes obxectivos queda, en cada caso, a xuízo do

profesorado, consonte co propio carácter, a concepción do ensino e as características

do seu alumnado.

Non obstante, resulta conveniente utilizar estratexias didácticas variadas, que

combinen, do xeito en que cada un considere máis apropiado, as estratexias

expositivas, acompañadas de actividades de aplicación e as estratexias de indagación.

As estratexias expositivas

Preséntanlle ao alumnado, oralmente ou mediante textos, un coñecemento xa

elaborado que debe asimilar. Resultan adecuadas para as propostas introdutorias e

panorámicas e para ensinar feitos e conceptos; especialmente aqueles máis abstractos

e teóricos, que dificilmente o alumnado pode alcanzar só con axudas indirectas.

Non obstante, resulta moi conveniente que esta estratexia se acompañe da realización

polo alumnado de actividades, que posibiliten enlazar os novos coñecementos cos

que xa posúe.

As estratexias de comentario e análise textual

Preséntanlle ao alumnado unha serie de materiais en bruto que debe elaborar,

seguindo unhas pautas de actuación. Trátase de enfrontalo a textos, argumentacións e

debates problemáticos nos que debe poñer en práctica e utilizar reflexivamente

conceptos, procedementos e actitudes para así adquirilos de forma consistente.

O emprego destas estratexias está máis relacionado coa aprendizaxe de

procedementos, aínda que estes levan consigo, á súa vez, a adquisición de conceptos,

dado que tratan de poñer o alumnado en situacións que fomenten a súa reflexión e

poñan en xogo as súas ideas e conceptos. Tamén son moi útiles para a aprendizaxe e

o desenvolvemento de hábitos, actitudes e valores.

As técnicas didácticas en que poden traducirse estas estratexias son moi

diversas. Entre elas destacamos polo seu interese as tres seguintes:

- As tarefas sen unha solución clara e pechada, nas que as distintas opcións son

igualmente posibles e válidas, para facer reflexionar o alumnado sobre a

complexidade dos problemas humanos e sociais, sobre o carácter relativo e

imperfecto das solucións achegadas para eles e sobre a natureza provisional do

coñecemento humano.

- O estudo de casos ou feitos e situacións concretas como instrumento para motivar e

facer máis significativo o estudo dos fenómenos xerais e para abordar os

procedementos de causalidade múltiple.

- Os proxectos de investigación, estudos ou traballos de redacción habitúan o

alumnado a afrontar e a resolver problemas con certa autonomía, a formular

preguntas e a adquirir experiencia na busca e a consulta autónoma. Ademais,

facilítanlle unha experiencia valiosa sobre o traballo dos especialistas na materia.

105

6.3. As actividades didácticas

En calquera das estratexias didácticas adoptadas é esencial a realización de

actividades por parte do alumnado, posto que cumpren os obxectivos seguintes:

- Afianzan a comprensión dos conceptos e permítenlle ao profesorado comprobalo.

- Son a base para o traballo cos textos e para fomentar as capacidades de

comprensión, análise e razoamento.

- Permiten darlles unha dimensión múltiple aos conceptos, percibindo as súas

conexións con outras nocións e a súa aplicación a diferentes ámbitos do

coñecemento.

- Fomentan actitudes que axudan á formación humana do alumnado.

Criterios para a selección das actividades

Tanto no libro de texto coma a través doutros recursos, propóñense

actividades de diverso tipo para cuxa selección se seguiron estes criterios:

- Que desenvolvan a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo,

utilizando diversas estratexias.

- Que proporcionen situacións de aprendizaxe que esixan unha intensa actividade

mental e leven a reflexionar e a xustificar as afirmacións ou as actuacións.

- Que estean perfectamente relacionadas cos contidos teóricos.

- Que teñan unha formulación clara, para que o alumnado entenda sen dificultade

o que debe facer.

- Que sexan variadas e permitan afianzar os conceptos, traballar os

procedementos (textos, imaxes, películas e outros documentos), desenvolver

actitudes que colaboren na formación humana e atender á diversidade na aula

(teñen distinto grao de dificultade).

- Que lles dean unha proxección práctica aos contidos, aplicando os

coñecementos á realidade.

- Que sexan motivadoras e conecten cos intereses do alumnado, por referirse a

temas actuais ou relacionados co seu medio.

Tipos de actividades

Sobre a base destes criterios, as actividades programadas responden a unha

tipoloxía variada que se encadra dentro das categorías seguintes:

Actividades de ensino-aprendizaxe. A esta tipoloxía responde unha parte

importante das actividades propostas no libro de texto. Encóntranse nos apartados

seguintes:

- En cada un dos grandes apartados en que se estruturan as unidades didácticas

propóñense actividades ao fío dos contidos estudados. Son, xeralmente, de

106

localización, afianzamento, análise e interpretación de textos e ampliación de

conceptos.

- Ao final de cada unidade didáctica propóñense actividades de comentario de

textos clásicos, análise de documentos audiovisuais (películas ou documentais)

e de obras de arte.

Actividades de aplicación dos contidos teóricos á realidade e ao medio do

alumnado. Este tipo de actividades, nuns casos, refírense a un apartado concreto

do tema e, polo tanto, inclúense entre as actividades propostas ao fío da

exposición teórica; noutros casos, preséntanse como traballos de investigación ou

reflexión persoal argumentada sobre algúns temas.

Actividades encamiñadas a fomentar a concienciación, o debate, o xuízo

crítico, a tolerancia, a solidariedade... Este tipo de actividades adoita aparecer ao

final dalgunhas unidades do libro de texto.

Por outra parte, as actividades programadas presentan diversos niveis de

dificultade. Desta forma permiten dar resposta á diversidade do alumnado, posto

que poden seleccionarse aquelas máis acordes co seu estilo de aprendizaxe e cos

seus intereses.

A corrección das actividades fomenta a participación do alumnado na clase,

aclara dúbidas e permítelle ao profesorado coñecer, de forma case inmediata, o

grao de asimilación dos conceptos teóricos, o nivel co que se manexan os

procedementos e os hábitos de traballo.

7. Medidas para a inclusión e atención á diversidade.

Un dos principios básicos que ha ter en conta a intervención educativa é o da

individualización, consistente en que o sistema educativo ofreza a cada alumno e

alumna a axuda pedagóxica que necesite en función das súas motivacións, intereses e

capacidades de aprendizaxe. Xorde diso a necesidade de atender esta diversidade.

No Bacharelato, etapa na que as diferenzas persoais en capacidades específicas,

motivación e intereses adoitan estar bastante definidas, a organización do ensino

permite que os propios alumnos e alumnas resolvan esta diversidade mediante a

elección de modalidades e optativas. Non obstante, é conveniente dar resposta, xa desde

as mesmas materias, a un feito constatable: a diversidade de intereses, motivacións,

capacidades e estilos de aprendizaxe que os alumnos e alumnas manifestan.

107

É preciso, daquela, ter en conta os estilos diferentes de aprendizaxe dos alumnos e

alumnas e adoptar as medidas oportunas para afrontar esta diversidade. Hai estudantes

reflexivos (detéñense na análise dun problema) e estudantes impulsivos (responden moi

rapidamente); estudantes analíticos (pasan lentamente das partes ao todo) e estudantes

sintéticos (abordan o tema desde a globalidade); uns traballan durante períodos longos e

outros necesitan descansos; algúns necesitan ser reforzados continuamente e outros non;

hainos que prefiren traballar sós e hainos que prefiren traballar en pequeno ou gran

grupo.

Dar resposta a esta diversidade non é tarefa doada, pero si necesaria, pois a

intención última de todo proceso educativo é lograr que os alumnos e alumnas alcancen

os obxectivos propostos.

Como actividades de detección de coñecementos previos suxerimos:

- Debate e actividade pregunta-resposta sobre o tema introducido polo profesorado, co

fin de facilitar unha idea precisa sobre de onde se parte.

- Repaso das nocións xa vistas con anterioridade e consideradas necesarias para a

comprensión da unidade, tomando nota das lagoas ou dificultades detectadas.

- Introdución de cada aspecto teórico aténdose ao seu contexto e á súa importancia para

temas actuais e cotiáns, sempre que iso sexa posible.

Como actividades de consolidación suxerimos:

- Realización de exercicios apropiados e todo o abundantes e variados que sexa preciso,

co fin de afianzar os contidos teóricos, culturais e léxicos traballados na unidade.

- Traballo cos textos complementarios de cada unidade para asentar e consolidar os

coñecementos adquiridos.

Esta variedade de exercicios cumpre, así mesmo, a finalidade que perseguimos.

Coas actividades de recuperación-ampliación, atendemos non só os alumnos e alumnas

que presentan problemas no proceso de aprendizaxe, senón tamén aqueles que

alcanzaron no tempo previsto os obxectivos propostos.

As distintas formas de agrupamento do alumnado e a súa distribución na aula

inflúen, sen dúbida, en todo o proceso. Entendendo o proceso educativo como un

desenvolvemento comunicativo, é de grande importancia ter en conta o traballo en

grupo, recurso que se aplicará en función das actividades que se vaian realizar

concretamente, por exemplo, nos procesos de análise e comentario de textos, pois

consideramos que a posta en común de conceptos e ideas individuais xera unha

dinámica creativa e de interese nos alumnos e alumnas.

Concederáselle, non obstante, grande importancia noutras actividades ao traballo

persoal e individual; en concreto, aplicarase nas actividades de síntese/resumo e nas de

consolidación, así como nas de recuperación e ampliación.

108

Teremos que acometer, pois, o tratamento da diversidade no Bacharelato desde

dúas vías:

1. A atención á diversidade na programación dos contidos, presentándoos en dúas fases:

a información xeral e a información básica, que se tratará mediante esquemas,

resumos, paradigmas, etc.

2. A atención á diversidade na programación das actividades. As actividades constitúen

un excelente instrumento de atención ás diferenzas individuais dos alumnos e

alumnas. A variedade e a abundancia de actividades con distinto nivel de dificultade

permiten a adaptación, como dixemos, ás diversas capacidades, intereses e

motivacións.

8. Recursos didácticos

Suxerimos a utilización dos materiais seguintes:

1. Libro de texto da Ed. Anaya. Material didáctico central para 1.º de Filosofía de

Bacharelato.

2. Artigos de prensa, revistas, etcétera e videos e material tomado da wikipedia e outros

recursos da rede.

9. Procedementos e instrumentos de avaliación.

A) Procedementos de observación sistemática da actividade cotiá dos/as

alumnos/as.

- Rexistro sobre a convivencia na aula. As actitudes de carácter comportamental

serán valorados a través dun rexistro-rúbrica

B) Análise das producións dos/as alumnos/as (a nivel individual ou en grupo):

- Pautas guiadas sobre vídeos, audios ou lecturas.

- Traballos individuais ou colectivos, relatos. O alumno presentará un ou dous

traballo por trimestre.

Os relatos presentaranse seguindo a estrutura de tese, argumento e conclusión e

incluíndo os campos das pautas .

Os traballos poderán ser escritos ou orais, individuais ou por grupo.

109

9.1 Criterios de cualificación

PROCEDEMENTOS/

INSTRUMENTOS CUALIFICARASE %

Rexistro de convivencia

- Ítems respecto ao comportamento e a actitude cara a

materia: asistencia, traer o material, respectar as

quendas de palabra, escoitar activamente, participar

con respecto...

10%

Pautas guiadas sobre

o libro de texto, vídeos e

textos ou fragmentos de

libros

- Cumprimentar pertinentemente os campos

formulados na pauta e entrega no prazo establecido. 30%

Probas Escritas

- Correcta presentación

- Corrección sintáctica e ortográfica, e claridade, rigor

e coherencia .

- Seguir unha estrutura de: Tese, Argumento, Con-

clusión incluíndo os campos da pauta (título, tema ,

preguntas, premisas, argumentos, obxeccións,

exemplos e reflexións persoais)

60%

9.2 Criterios sobre avaliación, cualificación e promoción.

Na cualificación de xuño terase en conta:

- O rexistro de clase. Valorarase a organización, a realización de todas as pautas

sinaladas (título, tema, preguntas, premisas, argumentos, obxeccións, exemplos e

reflexións persoais) na aula , a boa presentación e a coherencia argumentativa e

reflexiva. Terase que entregar dentro da data sinalada. As actividades entregadas fóra de

prazo serán penalizadas coa redución de 25 décimas por cada día de atraso. En ningún

caso se valorará unha actividade copiada por outro/a compañeiro/a.

- Os relatos e probas escritas de cada unidade de acordo cos contidos especificados. O

feito de descubrir a un/unha alumno/a copiando implicará unha cualificación de 0.

-A media das notas obtidas nos apartados citados representará un 90% da nota. En

ningún caso se fará a media cunha nota inferior ao 30% nalgún dos apartados

anteriores.

110

- A actitude na aula, a asistencia, a participación, o interese amosado e a iniciativa

persoal, e o respecto ás normas de convivencia pode representar un 10% da nota de cada

avaliación.

- A nota final será a media da primeira, segunda e terceira avaliación. En ningún caso

se fará media cunha avaliación con nota inferior a 3.

9.3 Recuperación durante o curso.

Se o seguimento do curso e a realización e participación nas actividades foi

minimamente adecuado, o alumno/a pode optar a recuperar parte ou a totalidade da

materia con vistas a conseguilo 5, número non negociable de nota media. Haberá un

exame de recuperación da Primeira avaliación, outro da Segunda e outro da Terceira;

eses exames serán nas datas menos cargadas para o alumnado. Cada exame substitúe a

nota de cada avaliación completa e, polo tanto, puntúa sobre 10.

Farase unha recuperación final para casos excepcionais a final de curso coa

condición, para poder realizar este exame, de ter entregado como mínimo a metade das

actividades requiridas.

Consistirá na recollida de pautas de fragmentos e posterior relato dos libros de

Os dados do reloxeiro de Xurxo Mariño, ¿Quién soy yo...y cuantos? De David Precht y

Lo que Sócrates diría a Woody Allen de Juan A. Rivera. Esta proba servirá para acadar

o aprobado cun máximo de 5 puntos.

Na cualificación de setembro farase unha proba a partir dunha das pautas

traballadas durante o curso que consistirá en crear un relato que coordine os campos en

que se divide a pauta e recollerase a lectura, con pauta guiada, dos tres libros xa citados

con anterioridade.

111

8. HISTORIA DA FILOSOFÍA LOE 2º DE BACHARELATO

1. Presentación.111

2. Obxectivos xerais.113

3. Contidos.116

4. Temporización.121

5. Metodoloxía.121

6. Materiais e recursos didácticos.122

7. Actividades do alumnado.122

8. Avaliación.122

9. Obxectivos Mínimos esixibles.126

10. Bibliografía recomendada: proxecto lector.127

11. Temas transversais.128

12. Medidas de atención á diversidade.128

13. Alumnado con materias pendentes.128

1. Presentación

O deseño desta programación enmárcase nun modelo educativo de tipo

construtivista, que entende a educación como un proceso que é capaz de poñer ás/aos

alumnas/os en condicións de revisar, modificar e reconstruír as súas categorías e

estruturas mentais para reinterpretar significativamente a realidade. Se este modelo é

válido para calquera materia ou área de aprendizaxe, parece que no caso da Filosofía

esta interpretación do modelo constructivista pode definir a esencia do que debe ser esta

materia como actividade formativa de seres humanos en proceso de madurez. Nesta liña

de interpretación do modelo aceptado, e considerando que a capacidade crítico-persoal

das/os alumnas/os, fronte ás interpretacións da acción educativa de tipo máis

tecnolóxico (de corte positivo-conductista), no que pode existir un exceso de

planificación opresora da propia acción pedagóxica, inclinémonos por unha

interpretación de tipo máis ligada á experiencia e aberta, procurando unha formación

das/os alumnas/os ―por desenvolvemento‖ das súas capacidades, en función do encontro

con ―experiencias‖ e ―actividades‖ deseñadas para conseguir tal desenvolvemento.

A xustificación de tal proposta reside en que consideramos a Filosofía como un

campo de saber que esixe para ser ensinado (¿?), fundamentalmente, dos elementos:

fontes e diálogo. Fontes directas, obras concretas dos autores en cuestión, e indirectas,

monografías, ensaios e análises sobre as obras e as/os súas/seus autoras/es; con todo isto

a/o alumna/o deberá enfrontarse para extraer de isto as ideas básicas que se quixeron

transmitir e, deste xeito, poder entender e comprender os principios esenciais do

pensamento e da súa historia. Diálogo que inclúa ante todo preguntas que a propia

experiencia denuncia e os problemas filosóficos que se prantexan, e respostas que serán

tan só un modo de achegamento á solución que sempre será, na súa totalidade,

inaccesible. Todo isto será coordinado a partir das explicacións do profesorado, porque

112

non pode haber lectura fértil nin diálogo interesante sen uns datos previos e conclusións

finais que os doten de coherencia. Material de lectura (labor e esforzo da/o propia/a

alumna/o), fomento da dialéctica (debates, intervencións, postas en común) e clase

maxistral (complemento doutros materiais) serán combinados para introducir ao

alumnado na filosofía e espertar nel ese ―amor á sabedoría‖ que, polo demais, é parte da

súa propia natureza humana.

Pois ben, en base a estes tres eixos prográmase esta materia de Historia da

Filosofía de 2º de Bacharelato, coa finalidade de que este curso sexa o máis proveitoso

posible para as/os alumnas/os cara a súas dúas funcións máis relevantes, a saber, a

síntese e a asimilación de todos os coñecementos dos que o alumnado fose capaz

durante a súa formación; asemade, interesa orientar e formar con vistas ao seu propio

futuro universitario, se fose o caso.

Durante o presente curso, e a través da familiarización con os conceptos, os textos

e os/as grandes autores/as deberá o/a alumno/a comprender a trama e os problemas

fundamentais nos que se cimenta a civilización occidental. Comprender o por que das

diversas especulacións filosóficas inclúe, ademais, do proceso que lles deu orixe,

penetrar no contexto socio-cultural no que xurdiron e a situación e novas formas de

intuición dos seus protagonistas. Se a/o alumna/o acada este coñecemento entenderá

tamén con el o proceso de civilización occidental e con isto a evolución humana e o

valor que ten a capacidade racional do ser humano.

Por todo isto, cremos que o curso de 2º de Bacharelato debe ser xa un curso de

inmersión directa nos problemas filosóficos, dun xeito histórico e conceptual. A

dificultade estriba principalmente na extensión das distintas materias e no interese

totalizador que sempre hai. De tódolos xeitos, é indicado o apoio en todo momento

daqueles materiais que, sendo extra-filosóficos, poden axudar ó discente a situarse na

época histórica na que en cada caso se trate.

Este curso debe ser tamén unha continuación do proceso que tivo comezo no

curso anterior e debe, polo tanto, continuar afondando nos problemas filosóficos e

supoñer un programa dirixido cara ó desenvolvemento da destreza do pensamento. Isto

supón axudar ás/aos alumnas/os a serrar as súas propias ideas, así como tamén fomentar

a súa actitude crítica, que agora poderá xustificarse coa asimilación de novos contidos e

organizarse en base a destrezas formais máis depuradas. Queremos propoñer a Filosofía,

e as súas materias afíns, como unha busca e unha problematización do coñecemento,

como o reduto onde se catalizan os diversos saberes dando como resultado unha visión

do mundo que vai sufrindo cambios segundo as etapas históricas, os problemas que

xorden e as necesidades que aparecen. Explicar os diversos sistemas filosóficos neste

contexto significa ensarillalos na realidade cotiá na que viviron os/as pensadores/as,

pero tamén demandarlles actualidade e amosar a súa utilidade para a realización do

presente e a planificación do futuro.

113

No percorrido que se propoñerá neste curso o fundamental é presentar que no

estudo da historia está a orixe das ideas novas e non esquecer que nas raíces está o único

método que garante o verdadeiro progreso.

2. Obxectivos xerais.

Á hora de formular os obxectivos tivemos en conta que a/o alumna/o se síntese

inclinada/o a aprender aquilo que lle resulta necesario para manexarse no medio no que

vive, o que encaixa no seu acervo de coñecemento e o enriquece. Non se trata de

formular obxectivos terminais-operativos, iso en Filosofía é practicamente imposible,

senón máis ben de formular metas orientadoras da actividade educativa.

Consideramos que tanto os obxectivos como os contidos non só deben incluír

coñecementos, senón tamén capacidades, procedementos, valores e actitudes. Tales

obxectivos están elixidos en función de expectativas cognoscitivas, de procedemento e

axiolóxicas. Porque, ante todo, interesa achegar aos/ás alumnos/as á Filosofía, aos seus

conceptos e teorías, aos seus patróns de interpretación da realidade e aos seus

problemas, é dicir, proporcionar ao alumnado coñecementos útiles que potencien as

súas capacidades intelectivas e configuren personalidades ricas, coherentes, críticas,

reflexivas e responsables. Non se trata de ofrecer aos/ás alumnos/as material que quede

restrinxido ao seu uso no aula e á disciplina filosófica en particular, senón que lles

axude a observar criticamente a vida e a afrontar intelixente e decididamente as súas

dificultades.

Así as cousas, os puntos principais en torno ós que vertebramos os obxectivos

son: contextualización da materia e do tema, significado da Filosofía a nivel xeral e

particular, potenciación das facultades humanas intelectivas por excelencia (intuición,

análise, síntese, crítica, dialéctica, expresión, reflexión…).

Resumindo, cando postulamos os obxectivos non pensamos nuns esquemas

baleiros dos que o/a alumno/a se sinta desligado/a, senón modelos que teñan en conta e

se axusten aos coñecementos previos dos que xa eles/as dispoñen, e sirvan de ponte cara

ese acervo novo que se vai ir configurando, sempre no marco da súa realidade propia e

coñecida.

A) Obxectivos teóricos ou cognoscitivos

1. Atender ás coordenadas socio-político-ideolóxico-culturais nas que se enmarcan

as/os distintas/os filósofas/os e as correntes filosóficas, que van condicionar as

súas respostas aos problemas a tratar.

2. Amosar a coherencia interna do desenvolvemento do pensamento, tanto dentro

do sistema da cada autor/a como da historia en xeral; por isto cómpre recalcar

no modo en que cada problema filosófico se volve a interpretar ao longo da

114

historia. Deste xeito, a/o alumna/o será capaz de descubrir e entender o proceso

filosófico como un movemento dialéctico de distintos/as pensadores/as e

sistemas (concepción da Filosofía como un organismo vivo) que posúen unha

coherencia interna. Deberá ser capaz de relacionar temas e períodos históricos.

3. Captar a Historia da Filosofía a través do estudo analítico-sintético das/os

distintas/os autoras/es e sistemas filosóficos de pensamento. Deberían evitarse

en calquera caso os estereotipos é hora de explicar cada sistema filosófico, a fin

de evitar que a/o alumna/o reteña unicamente de cada pensador/a certas

expresións carentes de sentido.

4. Aprender a asimilar os xiros claves da historia do pensamento. A/o alumna/o

deberá afondar e dar conta das distintas personalidades filosóficas, das súas

obras máis relevantes e dos seus conceptos máis significativos. Dedicarase

especial atención a aqueles/as autores/as que foron na súa época de especial

relevancia por sintetizar no seu sistema o desenvolvemento do proceso

filosófico xeral. Tales pensadores/as serán os que marquen as lecturas

recomendadas.

5. Concienciar ao alumnado da relevancia que ten a Filosofía como perspectiva

fundamental para entender a realidade e como dimensión inherente ao problema

global do ser humano. Preténdese que a/o alumna/o aprehenda

comprensivamente os datos, e sexa capaz de elaborar os conceptos e esquemas

de cada filósofo/a.

6. Proporcionar ao/á alumno/a a posibilidade dun ―instrumental‖ mínimo para

abordar con éxito calquera cuestión filosófica que se lle presente ou lle interese.

7. Fomentar o interese pola investigación histórica dos logros da nosa cultura. Só

na súa produción histórica poderemos decatarnos de canto teñen de logros

racionais e canto de intuicións creadoras, de en que medida o ser humano é

capaz de transformar e crear o seu propio mundo e de cómo nesa transformación

non só se gañan novas metas, senón que se perden e abortan moitas outras. Tal

descubrimento deberá facer recapacitar e razoar sobre as propias decisións e a

importancia dun criterio racional para optar entre as opcións que se ofrecen.

B) Obxectivos prácticos: capacidades e procedementos

1) Desenvolvemento das capacidades crítica, abstractiva e reflexiva do/a alumno/a

ante a observación da realidade socio-cultural, política e ideolóxica que a/o

rodea.

2) Exercicio e desenvolvemento das capacidades de síntese e análise.

3) Potenciación da axilidade dialéctica, discursivo-relacional.

4) Proporcionar ao/á alumno/a claves formais de comprensión xeral.

115

5) Participación activa da/o alumna/o no desenvolvemento das clases e nas

actividades propostas.

6) Lectura das fontes dos/as principais autores/as da historia, sobre todo daquelas

que polo seu grado de complexidade poden ser facilmente comprendidas polo

alumnado desta etapa.

7) Comprensión lectora fundamental, tanto filosófica como de lectura en sentido

lato, que sempre é previa a aquela se se quere que a/o alumna/o non se limite a

repetir os contidos acríticamente. Tal comprensión lectora deberá ser

fragmentada en dous procesos:

Prelectura ou comprensión global do texto, onde o/a alumno/a deberá

considerar o texto como un todo articulado e non como a adición das

proposicións que o compoñen, isto é, obviar as precisións semánticas para atopar

o sentido xeral do discurso.

Lectura comprensiva. Aquí esixirase da/o alumna/o que analice os

conceptos e as proposicións baixo o seu sentido estritamente filosófico dentro do

sistema da/o autor/a; deberá tamén de ser capaz de estruturar do punto de vista

léxico o fragmento e elaborar unha postura persoal e crítica respecto a el, así

como actualizalo buscando as súas interrelacións con posturas anteriores e

posteriores. A este fin, a lectura pode ser animada con preguntas feitas pola/o

propia/o alumna/o ou, no seu defecto, polo docente.

a) Expresión escrita do texto. Ao finalizar o curso o/a alumno/a deberá estar o

suficientemente exercitado na técnica de comentario de texto ou composición

de tema. A expresión escrita responderá a estas catro prerrogativas: claridade

na exposición das ideas fundamentais, orde sistemática na súa presentación,

estruturación exhaustiva do fragmento, e redacción traballada.

C) Valores e actitudes

1) Toma de conciencia por parte do discente da relevancia que ten a Filosofía para

entender ao ser humano, a súa realidade e os seus problemas.

2) Captación do estatus da Filosofía fronte (xunto) a outras disciplinas de saber (teorías,

ciencias…). Con isto a/o alumna/o aprenderá a ter en conta outros valores que non

sexan só os científico-técnicos.

3) Aplicación das reflexións filosóficas aos problemas sociais, morais, políticos e

ideolóxicos da vida cotiá.

4) Desenvolvemento do seu propio exercicio reflexivo e introdución propia e persoal en

cada tema.

5) Participación activa da/o alumna/o na marcha do curso e das clases.

116

6) Creación dun ambiente familiar e distendido de traballo que permitirá ao alumnado

fomentar as relacións entre compañeiros/as e recoñecer a importancia do traballo en

conxunto.

7) Capacitación da/o alumna/o respecto á “valoración obxectiva” de puntos de vista

contraditorios. Iso contribuirá a unha apertura da/o alumna/o a mundos distintos do

seu propio.

8) Mentalización e concienciación do/a alumno/a respecto á eficacia do diálogo, as

“boas razóns” e a crítica construtiva, nunha sociedade na que aínda se tende a actuar

pola forza e a imposición, en algúns casos.

3. Contidos.

A formulación dos contidos axústase, loxicamente, ao Decreto do Bacharelato

LOE (DOGA do 23 de xuño do 2008), e organízase e estrutúrase de xeito coherente,

nunha secuencia lóxica que facilitara a aprendizaxe significativa por parte da/o

alumna/o.

A orde temática intenta responder ós obxectivos mencionados, e segue unha liña

na exposición dos temas, xa que se pretenden presentar seguindo un desenvolvemento

histórico. Por conseguinte, antes da explicación de cada bloque temático farase unha

breve introdución histórica que amose a trama cultural das distintas facetas do

pensamento na época e que sitúe ao/á alumno/a nas coordenadas axeitadas incitándoo/a

a rememorar os seus coñecementos históricos básicos. En tal senso, o grao de

complexidade no desenvolvemento dos temas irá aumentando no transcurso do

cumprimento do programa, progresando en abstracción, e cegando ao seu termo a unha

revisión xeral de todo o devir histórico da cultura occidental.

Especificamente, a materia preséntase en catro bloques históricos. O primeiro é a

Filosofía antiga e pretende ofrecer unha comprensión global da orixe do pensamento

filosófico, así como a súa evolución na antiga Grecia. Prestaráselle unha atención

especial a Platón e a Aristóteles, xa que achegaron gran cantidade de conceptos e

formularon moitos dos problemas que serán retomados no pensamento posterior. O

segundo bloque, Filosofía medieval e renacentista, detense no estudo do encontro

entre a herdanza da filosofía grega e a nova doutrina achegada polo cristianismo, así

como dos problemas derivados da necesidade de harmonizalas. Séguese coas achegas

do período renacentista, que serven de transición á filosofía moderna: o xurdimento da

ciencia tal como é entendida hoxe e a reflexión política centrada no Estado como

realidade emerxente. O terceiro bloque, Filosofía moderna, toma como tema central

deste período o novo concepto de racionalidade que xorde nos sécalos XVI e XVII,

enfocado na figura do suxeito de coñecemento e de acción autónoma. As correntes

filosóficas do racionalismo e do empirismo son tratadas en contraposición, analizando

117

as súas propostas epistemolóxicas e de fundamento da moral e da convivencia.

Finalmente, a figura de Kant como síntese e cumio da filosofía moderna nas súas

pretensións teóricas e prácticas. Como cuarto bloque, Filosofía contemporánea,

trátanse nun principio as propostas dos dous grandes pensadores do século XIX, Marx e

Nietzsche, que fan unha crítica, desde perspectivas diferentes, das achegas do

pensamento moderno, para seguidamente achegar unha visión panorámica das correntes

do século XX e das súas propostas e intentos de solución para os problemas do presente.

Finalmente, realízase unha mención á filosofía feita en España neste período.

3.1. Organización temática

FILOSOFÍA ANTIGA

O obxectivo a acadar é, en xeral, a comprensión da orixe do pensamento filosófico.

O tema debe incidir nas particulares condicións que fixeron xurdir en Grecia as

especulacións filosóficas e nos principais problemas que preocuparon ás/aos filósofas/os

deste período: o ser, o ser humano, a cidade, a natureza…

Entre os obxectivos específicos destacan: facer notar ao alumnado e, no posible,

facerlles vivir o xurdimento da filosofía en Grecia, a orixinalidade do logos respecto de

calquera outra forma mítica, poética de pensamento, e avanzar cara a Platón e

Aristóteles como cara as cumes do pensamento filosófico da Antigüidade; explicar a

aparición do tema explícito do ser humano, suxeito da sociedade, destacándose do resto

da natureza, como unha segunda singradura da filosofía; culminación e amplitude da

temática ética e política da filosofía con Platón e Aristóteles; tratarase, asemade, de

amosar as liñas fundamentais da filosofía e ciencia incipiente da Helenística.

Contidos conceptuais

1º. O dualismo idealista de Platón:

-Marco histórico-conceptual: as orixes da filosofía. O paso do mito ao logos. A

formación da polis grega. Antecedentes presocráticos: Heráclito, Parménides e

Anaxágoras. A ilustración ateniense: Os sofistas e Sócrates.

-A teoría platónica das ideas: realidade (mundo sensible e mundo inteligible) e

coñecemento (graos cognoscitivos).

-A concepción política de Platón: antropoloxía platónica, ética e política

(vinculación do alma á cidade).

2º. O realismo de Aristóteles:

-Marco histórico-conceptual: crítica da doutrina platónica, o proceso de abstracción

fronte ao acceso dialéctico ás ideas de corte platónico, o tránsito cara ao mundo

helenístico. Filosofía e Ciencia Helenísticas.

-Física e Metafísica: a teoría hylemórfica no seo da physis. A kínesis ou cambio e

os seus principios. A teoría causal. Xerarquía de seres e modos de ser. O motor inmóvil.

-Ética e Política: a idea de cidadán en Aristóteles. A ética aristotélica: ethos e

praxe, o concepto de areté. A idea de polis e a condición de cidadán.

118

FILOSOFÍA MEDIEVAL E RENACENTISTA

O obxectivo deste bloque temático é profundizar no problema da asimilación da

cultura grega polo Imperio Romano e no novo enfoque que dará a Filosofía ao

continxentismo cristián. A partir de eiquí tratarase de conectar a idea xurdida a través do

prantexamento agustiniano coa nova formulación tomista da Filosofía a través da

asimilación de Aristóteles.

Entre os obxectivos específicos destacan: capacitar ao/á alumno/a para comprender

a relixión e a Filosofía non en relación de oposición, senón de harmonía e axuda mutua,

do cal é paradigma e modelo Agostiño de Hipona; facerlle notar a inexactitude da idea

tan estendida sobre a Idade Media como época tenebrosa e falta de pensamento

filosófico, do que é expoñente o pensar vigoroso e sintetizador a mente clara de Tomé

de Aquino.

Asemade, cómpre analizar as bases do Humanismo renacentista, representado por

Maquiavelo, en tanto é fundamento da modernidade.

Contidos conceptuais

3º. O contacto entre Filosofía e Cristianismo:

-Marco histórico-conceptual:

A Patrística: Agostiño de Hipona. Helenismo: filosofía e cristianismo. As novas

ideas fronte ao mundo grego.

A Escolástica: Tomé de Aquino. A noción de Escolástica e o nacemento da

Universidade. A recepción de Aristóteles. Averroes e o averroísmo latino.

-O problema entre razón e fe en Agostiño e en Aquino. A demostración da existencia

de Deus.

-Lei divina, lei natural e lei positiva en Tomé de Aquino.

[O tránsito á modernidade: Renacemento e Humanismo:

-N. Maquiavelo: o realismo político e a xénese do Estado moderno]

FILOSOFÍA MODERNA

O obxectivo deste bloque é poñer de relevo o gran cambio sufrido polo pensamento

baixo a revolución científica e a crise da relixiosidade escolástica, o cal conducirá ao

xiro copernicano que sofre toda a cultura occidental. Especificamente, trátase de

introducir unha nova época histórica que ven presidida pola revolución que supón a

separación da ciencia respecto á filosofía, á que estivera ligada dende o seu nacemento.

A formulación e comprensión do novo método e as súas consecuencias posteriores

presidirán este tema, o interese do cal non radica tanto no pano de fondo filosófico

como no entronque da historia da filosofía dentro da historia e cultura xerais. Interesa,

ademais, observar as relacións entre ciencia e filosofía, de tal xeito que queden

explícitas as consecuencias que no novo método científico ten na síntese filosófica.

119

Examínase de cerca o modo de considerar á Natureza baixo un só dos seus aspectos, o

cuantitativo, con todas as súas vantaxes e todos os seus inconvenientes e limitacións.

Asemade, faise preciso recalcar o lugar que ocupa na Historia da Filosofía o novo tema

que despunta, a Gnoseoloxía e o tratamento que lle dan racionalistas e empiristas,

tomando como eixe a cuestionable primacía da Razón como instancia cognoscitiva

básica.

Ademais, a misión desta unidade temática é proporcionar o contexto necesario para

a presentación do filósofo máis grande do século XVIII: Kant. A análise do seu marco

histórico-ideolóxico, os presupostos do seu sistema, o desenvolvemento dos seus

contidos, e o significado do seu pensamento na filosofía posterior, apúntanse como

claves a desenvolver. A nivel específico, é relevante explicar os trazos xerais da

Ilustración, no que se refire aos seus aspectos culturais, de doada comprensión para

ás/aos alumnas/os, e en tanto significa o marco no que aparecerá a figura de Kant. A súa

filosofía trata de ser síntese e culminación dos dous grandes sistemas racionalista e

empirista, amén de estar na orixe de todos os idealismos e de todos os sistemas

filosóficos posteriores. Máis que nunca farán falta aquí moitas horas de estudo e

explicación , pero tamén se fará precisa moita claridade. Os valores teóricos e prácticos

do kantismo non permiten desaproveitar a ocasión de presentalo exhaustivamente e

calquer/a alumno/a de Filosofía.

Contidos conceptuais

4º. Empirismo e Racionalismo:

-Marco histórico-conceptual: Renacemento e Reforma, a vinculación do empirismo e

o racionalismo ca revolución científica.

-O Racionalismo moderno: Descartes. O problema do método: a evidencia do eu

como criterio de certeza, busca dun sistema dedutivo do saber (a Mathesis Universalis),

a idea de substancia en Descartes e o problema da veracidade divina.

-O Empirismo: a gnoseoloxía empirista fronte ao racionalismo: Locke e Hume

(fenomenismo e a crítica á causalidade). Locke e a teoría do contrato social: a idea de

―estado de natureza‖ como fundamento ideolóxico de novo estado burgués.

5º. A Ilustración; Kant e o Idealismo Trascendental:

-Marco histórico-conceptual: factores políticos, sociais e culturais que no século

XVIII conducen á Ilustración . As novas ideas: progreso, educación ou iluminación,

humanidade, civilización, natureza. Características da razón ilustrada.

-A idea kantiana de Ilustración.

-A crítica da razón como síntese entre racionalismo e empirismo en Kant.

-O formalismo moral e o imperativo categórico.

FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA

Trátase de incidir nas doutrinas fundamentais que se orixinan na exaltación da

Razón, e no seu rexeitamento, sen perder de vista o carácter de disciplina unitaria que

120

ten que ser a Filosofía e que lle proporciona a busca común que se orixina en Grecia e

que non deixa de ser fío condutor durante toda a Historia. O obxectivo fundamental será

a familiarización coas consecuencias do sistema kantiano e os desenvolvementos

posteriores.

En sentido específico, e aínda que non aparece explicitamente como tema no

programa, consideramos que é interesante facer unha breve e clara referencia á

dialéctica hegeliana, aínda que só sexa pola influencia que dela recibe Marx., autor que

debe ser estudado con maior detemento por ser referente inescusable de todos os

sectores intelectuais e sociais da vida contemporánea. Da mesma maneira, a análise

xenealóxica de Nietzsche e a súa deconstrución da cultura occidental cobra especial

protagonismo neste bloque temático, e abunda na cimentación do espíritu crítico que

desexamos para o noso alumnado.

Se o século XIX foi rico e variado en teses e posicionamentos filosóficos, outro

tanto ocorre coa filosofía do século XX, da que, non obstante cómpre sacrificar

formulacións relevantes (a saber, Escola de Frankfurt, que mestura marxismo e

freudismo), por esixencias de carga horaria. Así as cousas, o programa se centra, sobre

todo na filosofía de Ortega , como representante da filosofía española, e referencias

básicas á filosofía analítica, fenomenoloxía e existencialismo.

Contidos conceptuais

6º. Marx e a crítica do capitalismo:

-Marco histórico-conceptual: as influencias do socialismo utópico, da esquerda

hegeliana e da Economía política. Revolución Industrial e movemento obreiro. O

nacemento das Ciencias Sociais.

-Crítica marxiana ao idealismo e materialismo anteriores.

-O concepto de alienación e as súas formas.

-O Materialismo Histórico.

-A análise da mercancía e o concepto de plusvalía.

7º. O Vitalismo de Nietzsche: a crise da razón ilustrada:

-Marco histórico-conceptual: un novo marco científico (evolucionismo e

positivismo), a herdanza da ilustración.

-O método xenealóxico.

-Crítica dos valores da cultura occidental: o Nihilismo e a Morte de Deus.

-A vontade de poder e o Superhome.

8º. Correntes filosóficas do século XX:

-Filosofía Analítica, Fenomenoloxía e Existencialismo.

-A filosofía en España: Ortega y Gasset.]

121

4. Temporalización

Primeira Avaliación: Outubro-Decembro, unidades temáticas 1-3

Segunda Avaliación: Xaneiro-Febreiro-Marzo, unidades temáticas 4 e 5

Terceira Avaliación: Abril-Maio, unidades temáticas 6 e 7

Anexo á temporalización: respondendo a iniciativas novas, e dende a flexibilidade que

a Historia da Filosofía permite, cabe a posibilidade de alterar a secuencia dos

contidos desta materia, sempre garantindo o seu desenvolvemento ao longo do curso, de

xeito que os resultados globais ao final deste non se vexan alterados e se toquen todos e

cada un dos temas.

5. Metodoloxía

Manteranse dous criterios irrenunciables: que o/a alumno/a dirixa, segundo os seus

intereses, a dedicación e a amplitude dos temas, claro está dentro dos límites prefixados;

e que a realización de actividades, análises de texto, composicións de temas e outros

exercicios por parte do alumnado serán parte decisiva no traballo ao longo do curso,

posto que non hai mellor mestre que o propio esforzo nin máis adecuado método de

aprendizaxe.

Baixo estas dúas condicións se atopa a importancia da transmisión obxectiva da

información por parte do docente, que non adoutrinamento, por ser a base da formación

de individuos creadores e verdadeiros seres humanos.

Estas pautas previas plásmanse nas pautas que se expoñen de seguido.

Estratexias de ensinanza

-Maiéutica socrática: motivarase ao/á alumno/a con cuestións previas sinxelas,

antes da exposición de cada tema, de xeito que sexa el/ela, por descubrimento, que se

achegue progresivamente aos resortes fundamentais que motivaránno/a cara os

problemas e autores/as en cuestión.

-Exposición do tema (clase maxistral): desenvolver cada unidade temática a partir

dos conceptos claves de cada autor/a, seguindo esquemas e guións (en papel, material

web e encerado).

-Orientacións didácticas sobre a realización de análises de texto e composicións de

tema con textos como referencia.

-Organización de postas en común, debates e demais intervencións.

-Guía de resolución de dificultades que se vaian presentando, e resolución de

dúbidas.

-Proposición de problemas concretos aos que aplicar as teses exportas,

especialmente en temas gnoseolóxicos, éticos, sociolóxicos e políticos.

-Comunicación personalizada ca/o alumna/o trala corrección dos seus traballos e

exames, decisivos cara a súa avaliación.

122

-Proposta de información e bibliografía adicionais para a preparación dos distintos

temas.

6. Materiais e recursos didácticos.

-Libro de texto recomendado, para desenvolver, ampliar e matizar os distintos

contidos: Historia da Filosofía, de Editorial Rodeira.

-Orientacións didácticas para o traballo de composicións de temas con textos como

referencia. Así como exemplos resoltos e propostas para resolver.

-Esquemas e apuntes varios sobre cada tema que desenvolverán e complementarán

os puntos do temario.

-Contidos de contextualización histórico-filosófico.

-Glosarios de conceptos filosóficos relevantes.

-Guións e mapas conceptuais que permitirán un mellor seguemento das

explicacións do/a profesor/a (efecto back to Basic).

-Textos fotocopiados das fontes directas (só lendo aos/ás pensadores/as se pode

coñecer a súa filosofía).

-Bibliografía adicional e monografías axeitadas.

-Outros medios técnicos (proxeccións, diapositivas…) que poden resultar útiles

para a ilustración dalgúns temas.

7. Actividades do alumnado

-Reflexións previas antes de cada tema (pre conceptos).

-Comentarios e análises de texto, composicións de tema con textos como referencia,

cuestionarios de reforzo, exercicios e actividades similares. Non se esixirán

obrigatoriamente, pero se considera fundamental a súa realización co obxecto de que o

alumnado progrese na súa aprendizaxe.

-Toma de apuntes aclaratorios, realización de esquemas propios dos aspectos

temáticos, sínteses persoais, mapas conceptuais, subliñado da información básica …

-Intervencións na clase e diálogo fluído co/a profesor/a .

-Realización individual dos exames prescritos e obrigatorios para cada avaliación.

8. Avaliación

8.1. Criterios de avaliación.

-Criterio Analítico: avaliarase a capacidade de análise dos contidos presentados

(autores, obras, ciclos, desenvolvementos, bloques ideolóxicos, innovacións…), de

desentrañar as ideas básicas e a súa interrelación coherente. Se trata de analizar textos

filosóficos identificando a súa estrutura, teses e argumentos explicando os seus

conceptos no marco do pensamento correspondente. Para preparar isto propondránse

123

comentarios de texto e traballos sobre aspectos específicos dunha obra ou pensador/a

determinado/a.

Se trata de avaliar a capacidade de comprensión dos textos filosóficos mediante a

identificación do problema que abordan, facer explícitas as súas ideas, a explicación dos

conceptos e termos específicos utilizados e os argumentos que se empregan para

demostrar e xustificar as súas teses.

-Criterio Sintético: centrarase o interese na capacidade de síntese e reelaboración

dos contidos vistos, dende esquemas individuais e con aportacións propias. Valorarase,

ante todo, o esforzo do alumnado en ampliar os desenvolvementos, consultando libros,

ensaios e monografías. Para isto, se propoñerán exames nos que cómpre responder a

preguntas tema nas que cada quen enfoque a resposta de xeito persoal á luz do estudado,

co que haberá que expoñer por escrito os aspectos dunha teoría filosófica individual,

dunha escola ou período de forma completa, clara e coherente.

Este criterio pretende comprobar o grao de comprensión, de modo significativo, do

pensamento dun autor ou período da historia da filosofía, e a capacidade de articular os

seus conceptos de forma argumentada, unitaria e non fragmentaria.

Tamén sería doado elaborar pequenos traballos (recensións de lecturas, buscas de

información, exposicións orais ou composicións escritas …) sobre algún pensador/a ou

aspecto transversal a varios pensadores/as con pautas xa preestablecidas. Con isto

último poderíase medir a capacidade do esforzo do discente, así como o seu progreso na

autoorganización da aprendizaxe.

-Criterio Histórico e de Contexto: avaliarase a capacidade de ordenar e situar

cronoloxicamente os períodos, problemas, autoras e autores que se estudan,

identificando as súas características distintivas e establecendo as relacións

correspondentes. Asemade, se terá en conta a destreza en relacionar os problemas

filosóficos estudados coas principais condicións socioculturais en que aparecen e ás que

pretenderon dar resposta.

Con este criterio pretende avaliarse, por unha banda, a capacidade do alumnado

para situar historicamente os temas estudados, diferenciando de modo significativo cada

período e constatando a influencia duns noutros para ter unha visión sinóptica da

historia da filosofía e poder desenvolverse axilmente nas problemáticas que a percorren.

Asemade, se pretende comprobar a capacidade do alumnado para situar as cuestións

filosóficas estudadas no seu marco histórico distinguindo o saber filosófico doutras

manifestacións culturais que aparecen no mesmo contexto e analizando a relación

existente entre as formulacións filosóficas e os problemas e necesidades da sociedade do

seu tempo.

-Criterio Dialéctico: valorarase a capacidade dialéctica do alumnado, de fiar ideas

coherentemente e expoñelas con claridade e con precisión. Para isto, fomentaranse as

intervencións en clase, en debates ou mesas redondas; así como propoñeranse a

exposición oral de traballos, comentarios e temas elaborados, e a exposición razoada e

respectuosa de temas actuais relacionados con contidos da materia.

Con este criterio trátase de avaliar, ademais da soltura dialéctica, a capacidade do

alumnado para asimilar os contidos da materia, relacionalos co seu entorno cultural e

social e expoñer as súas propias conclusións.

124

-Criterio Expresivo: tomarase en conta positivamente a brillantez expresiva na

exposición, oral ou escrita, dos traballos, comentarios e demais exercicios, así como a

capacidade de redacción e coherencia expositivas. Adicionalmente, consideraranse

criterios sintácticos, ortográficos e semánticos (riqueza de vocabulario).

Por conseguinte, é fundamental que o alumnado sexa capaz de utilizar

comprensivamente un vocabulario técnico específico acorde coa materia. Con este

criterio búscase avaliar o grao de incorporación significativa do vocabulario filosófico

introducido en cada período, autores e autoras, e comprobar o nivel de pertinencia,

exactitude e rigor no seu uso, tanto oral coma escrito.

-Capacidade crítica e orixinalidade: avaliarase a disposición do/a alumno/a a

someter a crítica os temas e ideas presentados dende unha perspectiva construtiva e

orixinal. A capacidade crítica indica aprehensión e asimilacións dos contidos e toma de

posicións propias ao respecto. Estas posibilidades quedarán recollidas en traballos e

comentarios, onde, de xeito implícito ou explícito, aparecerán as valoracións persoais

dos/as alumnos/as, e nas intervencións, suxestións ou demais aportacións, feitas

individual ou colectivamente.

Isto é, que os comentarios ou composicións filosóficas deberán ser traballados

criticamente, identificando os seus supostos implícitos, a consistencia dos seus

argumentos e a vixencia das súas achegas na actualidade. Porque alén da comprensión

precisa dun texto, se trata tamén de valorar o desenvolvemento do espírito crítico do

alumnado, amosado na capacidade de desvelar os supostos e intereses subxacentes aos

textos, comparalos con outros argumentos posibles e manifestar de forma razoada o seu

acordo o desacordo coas opinións do autor, especialmente no referido a aquelas

conceptualizacións de carácter excluínte e discriminatorio, en especial ao

androcentrismo.

-Grao de sensibilidade: será desexable que o alumnado capte que a filosofía non é

só unha materia nos planes do Bacharelato, senón un modo de sentir, de pensar e de

vivir: un xeito de ser. Aínda máis: unha maneira moi especial de enfrontarse á realidade

e aos problemas que presenta a todos os niveis (teóricos e prácticos). Loxicamente, os

resultados neste ámbito teranse en conta a nivel afectivo e de satisfacción persoal no

docente que consegue espertalos, porque en embrión xa estaban. Todo isto quedaría,

indubidablemente, reflectido en todas as actividades académicas e sería facilmente

detectado (interese amosado, nivel de profundidade, grao de entusiasmo…).

8.2. Técnicas e instrumentos de avaliación (Como se avalía?)

Inclinámonos por unha avaliación continua entendida como avaliación final de

suma na que se valorará globalmente o proceso educativo a partir da labor realizada por

cada alumno/a, e que quedará reflectida nas actividades prescritas, sexan obrigatorias ou

non. Ao longo do curso, a medida que se vaian realizando exames, comentarios,

análises de textos, composicións temáticas, actividades e demais traballos, irase

reorientando a labor, ofrecendo solucións ás deficiencias observadas e pulindo detalles

que cómpre mellorar. Tratarase dunha avaliación progresiva, na que o saldo final virá

marcado polo desenvolvemento e progresos observados, e onde teranse moi en

consideración as posibilidades do/a alumno/a e os resultados obtidos en cada caso. Será

125

cuestión de considerar particularmente o rendemento segundo ditas capacidades e ditos

resultados.

Aínda que se trata dun proceso dialéctico no que todo se conserva para ser

superado, mellorado ou enriquecido, a necesidade de cualificar varias veces ao longo do

curso, esixe que en cada período de cualificación se valoren aquelas actividades que ata

ese momento houbéranse ultimado, aínda que o decisivo sexa sempre a avaliación

exhaustiva do curso íntegro.

Obxectividade e imparcialidade serán, en último termo, as obsesións que rexerán

todo o proceso de avaliación. Por isto, estaremos abertos a propostas, probas

comparativas, revisión de actividades e cualificacións. O recoñecemento de posibles

erros é prerrogativo.

A proba fundamental é, obviamente, o exame escrito que realizarase por bloques

temáticos. No entanto, os comentarios de texto realizados na clase, a lectura de libros e

outros traballos realizados na clase poderán contribuír á nota ata dous puntos na

avaliación final. Aínda que non sexan obrigatorios, todo o traballo que o alumnado

presente será valorado de cara á cualificación final. Esta proba escrita terá unha

estrutura tal que poida ser vía para que o discente amose que cubre os mínimos esixibles

para acadar a superación da materia. Asemade, dito exame axustarase ás pautas e aos

criterios de cualificación que, no seu caso, marque o Grupo de Traballo para a proba de

acceso á Universidade. De todos os xeitos, e coñecedores/as dos criterios que o DOGA

marca, podemos determinar que a estrutura escollida para aplicar os nosos exames é

apropiada. A saber:

Composición Filosófica: farase unha composición unitaria, sintáctica e

retoricamente ben estruturada, escrita con pulcritude, e usando o léxico adecuado que

poña en evidencia unha boa comprensión dos conceptos concernidos.

(Puntuación mínima esixida: 5 puntos)

1.1. Contextualización ou marco histórico-conceptual: (2’5 puntos)

a) Contextualización xeral da época.

b) Cuestión específica de contextualización.

1.2. Comprensión: coñecementos sobre o autor a partir da cuestión temática

formulada e o texto proposto. (6 puntos)

1.3. Coñecemento específico e relacional: Transversalidade. (1’5 puntos)

Trátase de situar a cuestión temática no horizonte global da historia da

filosofía, con posibilidade de facer un comentario persoal razoado.

8.3. Sistemas de recuperación

-Recuperacións por avaliacións suspensas: ao longo do curso se propoñerán

probas de recuperación dos distintos bloques temáticos non superados,

convocándose un exame final no mes de maio, no que se poderá volver a recuperar

parcialmente as materias non aprobadas.

-Materias pendentes: o alumnado que teña algunha materia suspensa deste

departamento correspondente a cursos anteriores deberán presentarse, nas datas

126

fixadas, aos exames de pendentes. Cómpre que teñan en conta que non é posible

que se lles avalíe das materias cuxas materias chave estean sen superar.

-Actividades de reforzo e seguimento: aínda que só mediante o aprobado dos

exames correspondentes é posible a superación da materia en cuestión, si é

fundamental que o alumnado con partes do temario suspensas ou coa materia

completa deficiente, a/as preparen con antelación. Para iso. Poderán en calquera

momento ao longo do curso traballar as avaliacións con problemas. O docente

revisaralles os traballos e exercicios que vaian facendo. É importante subliñar a

conveniencia de traballar sobre as probas escritas que no seu momento

suspenderon.

9. Obxectivos mínimos esixibles.

O Departamento de Filosofía do I.E.S. Arcebispo Xelmírez I, axustándose ao

disposto no currículo para Historia da Filosofía publicado no Decreto 126/2008 do 19

de xuño (D.O.G.A do 23 de xuño), e aos criterios de avaliación para esta materia,

selecciona os seguintes contidos mínimos imprescindibles para superar a materia:

-Aspectos comúns:

-Busca de información a partir de fontes diversas e integración desta seguindo

criterios temáticos e metodolóxicos.

-Análise e comentario de textos filosóficos, identificando as súas ideas e

relacionándoas coa teoría da persoa autora.

-Composicións de temas con diversos materiais de referencia.

-Contextualización axeitada das/os autores e coñecemento da súa interrelación.

-Exposicións orais e composicións escritas acerca do pensamento de distintas

autorías, utilizando con propiedade o vocabulario técnico adquirido e incorporando as

propias reflexións de xeito fundamentado.

-Manexo axeitado das destrezas formais esixidas nos criterios de avaliación.

-Exposición razoada do pensamento propio.

-Filosofía antiga.

-As orixes da filosofía: paso do mito ao logos, primeiras explicacións racionais dos

presocráticos.

-Sofistas e Sócrates.

-A filosofía de Platón: ontoloxía, gnoseoloxía, antropoloxía, ética e política.

-A filosofía de Aristóteles: física, metafísica, ética e política.

-Filosofía helenística.

-Filosofía medieval e renacentista.

-O contacto ente filosofía e relixión cristiá: Agostiño de Hipona e Tomé de Aquino.

-O Humanismo e o renacemento como tránsito á modernidade: a revolución

científica e a xénese do Estado moderno. A filosofía de Maquiavelo.

127

-Filosofía moderna.

-O Racionalismo: Descartes. O problema do método, o cogito e a Mathesis

Universalis.

-O Empirismo: a gnoseoloxía a través do fenomenismo e a crítica á metafísica de

Hume.

-O contractualismo moderno: Locke e a teoría do contrato social.

-A Ilustración: o idealismo trascendental de Kant. A crítica da razón como síntese de

racionalismo e empirismo; o formalismo moral e o imperativo categórico.

-Filosofía contemporánea.

-Marx e a crítica do capitalismo: o concepto de alienación e o Materialismo

Histórico.

-Nietzsche e a crise da razón ilustrada: a crítica dos valores da cultura occidental e o

Nihilismo, a vontade de poder e o Superhome.

10. Bibliografía recomendada: proxecto lector.

É inherente a esta materia a lectura pormenorizada das fontes principais dos autores

sinalados, así como a consulta de estudos, dicionarios e manuais de filosofía. En detalle:

Fontes:

-PRESOCRÁTICOS: Fragmentos relevantes

-PLATÓN: A República, Fedro, Fedón

-ARISTÓTELES: Física, Metafísica, Ética a Nicómaco, Política

-AGOSTIÑO DE HIPONA: Cidade de Deus

-TOMÉ DE AQUINO: Summa Teolóxica

-MAQUIAVELO: O Príncipe

-DESCARTES: Discurso do Método, Regras para a dirección do espíritu

-HUME: Investigación sobre o entendemento humano

-LOCKE: Segundo tratado sobre o goberno

-KANT: Crítica da razón pura, Fundamentación da metafísica dos costumes

-MARX: Teses sobre Feuerbach, Manuscritos de economía e filosofía, O Capital

-NIETZSCHE: A xenealoxía da moral, A gaia ciencia, O crepúsculo dos ídolos

-ORTEGA y GASSET: Que é filosofía?, Meditación sobre a técnica

Bibliografía xeral

-ABBAGNANO: Historia da Filosofía

-COPLESTON: Historia da Filosofía

-MARTINEZ MARZOA: Historia da Filosofía

-ZUBIRI: Cinco leccións de filosofía

-GAARDER: O mundo de Sofía

Dicionarios de Filosofía

Recoméndanse os de FERRATER MORA, tanto en edición orixinal como de

bolsillo.

Estudos

128

É preferible ir indicando ao alumnado as obras específicas pertinentes en función

das necesidades que vaian xurdindo e dos problemas que se lles podan presentar, tanto a

nivel particular como a nivel da dinámica da clase como colectivo.

11. Temas transversais.

Os contidos desta materia permiten incidir especialmente nos temas ―Educación

para a paz‖ e ―Educación moral e cívica‖, aínda que non se realizarán actividades

específicas por non dispoñer do tempo necesario. Colaborarase na medida do posible

con as actividades organizadas polo centro que podan estar relacionadas cos temas

citados (Na Semana cultural, publicacións do centro...)

12. Medidas de atención á diversidade.

Para o alumnado que mostre especiais dificultades coa materia farase unha

recomendación de lecturas complementarias e insistirase na práctica das composicións

filosóficas. Así mesmo procurarase que centren os seus esforzos nos contidos mínimos

establecidos nesta programación.

13. Alumnado con materias pendentes

No mes de outubro celebrarase unha reunión co alumnado que ten a materia

pendente para presentarlles un plan de traballo e as datas de entrega das composicións

filosóficas, exercicios de lóxica, comentarios de texto, lectura de libros.... Na mesma

reunión especificarase o reparto da materia para as dúas probas parciais nas datas

establecidas polo centro. No caso do alumnado que non acade a cualificación mínima de

5 terá dereito a presentarse a unha proba extraordinaria a final de curso na que terá que

demostrar o seu coñecemento dos criterios mínimos.

Actividades previstas para a recuperación das materias pendentes

O xefe do Departamento asume a función de seguimento e docencia (explicacións

de reforzo, actividade de recordo e complementarias, etc) que terán lugar no

Departamento de Filosofía ou na Aula Materia nos horarios de recreo consensuados

oportunamente entre os alumnos/as afectados e o docente. Incídese nos obxectivos e

contidos mínimos de maior referencia e validez curricular para o segundo curso de

filosofía.

129

Outras consideracións sobre ausencias ou copias

Non presentarse a un exame ou proba suporá un cero na nota dese exame agás que

se presente xustificante médico ou similar non sendo suficiente como xustificación unha

nota asinada por familiares. Dado que a avaliación é continua nos exames poderán

preguntarse contidos tratados con anterioridade durante o curso. Cómpre levar todo o

material necesario para a proba, non se permitirá pedilo aos compañeiros unha vez

comezado o exame. Copiar anulará o exame correspondéndolle a cualificación de 0.

Falar durante o exame restará ata dous puntos da nota obtida. Se o alumnado é collido

copiando na 3ª Avaliación irá directamente ao exame final de setembro.

130

9. HISTORIA DA FILOSOFÍA LOMCE 2º BACHARELATO

1. Obxectivos xerais do Bacharelato.130

2. Obxectivos xerais para a materia de Historia da Filosofía.131

3. Secuenciación de contidos. 132

3.1 Consideracións xerais.

3.2 Secuenciación por unidades.

3.3 Mínimos esixibles.

3.4 Temporización.

4. Como contribúe a materia á consecución das competencias.137

5. Metodoloxía.139

6. Medidas para a inclusión e a atención á diversidade.142

7. Recursos didácticos.144

8. Instrumentos para a avaliación.145

1. OBSECTIVOS XERAIS DO BACHARELATO

No marco da LOMCE, o Bacharelato ten como finalidade proporcionar ao

alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que

lles facultan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con

responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á

educación superior.

O Bacharelato contribuirá a desenvolver nos alumnos e as alumnas as

capacidades que lles permitan:

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha

conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española así

como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción

dunha sociedade xusta e equitativa.

b) Consolidar unha madureza persoal e social que lles permita actuar de forma

responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Prever e resolver

pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres,

analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade

real e a non discriminación das persoas con discapacidade.

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o

eficaz aproveitamento da aprendizaxe, e como medio de desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como escrita, a lingua castelá e a galega.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a

comunicación.

131

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus

antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma

solidaria no desenvolvemento e a mellora do seu ámbito social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as

habilidades básicas propias da modalidade elixida.

l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos

métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e a

tecnoloxía no cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o

respecto cara ao medio.

m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade,

iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como

fontes de formación e enriquecemento cultural.

ñ) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e

social.

o) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria.

2. OBXECTIVOS XERAIS PARA A MATERIA DE HISTORIA DA FILOSOFÍA

- A Historia da Filosofía é unha materia que pon o alumnado en contacto coa historia

das ideas do pensamento occidental, á vez que facilita os recursos necesarios para a

comprensión do seu desenvolvemento e as relacións que se dan entre elas. O

coñecemento da Historia da Filosofía contribúe á educación de persoas autónomas,

con capacidade de pensamento crítico e propio, dado que, como nos ensinou Kant, a

filosofía se fundamenta na autonomía da propia razón e no xuízo crítico das ideas,

tanto alleas coma propias.

- A Historia da Filosofía contribúe ao desenvolvemento persoal e á formación da propia

identidade, ao formularlle ao alumnado cuestións de significado profundo sobre a súa

propia existencia e o marco social no que se desenvolve, permitíndolle unha maior

capacidade de participación nos procesos sociais, culturais e económicos nos que está

inmerso e nos cambios da sociedade actual; pero, ademais, contribúe activamente ao

desenvolvemento da capacidade de aprendizaxe, que permitirá ao alumnado adquirir

as competencias e as habilidades necesarias para o desenvolvemento de actividades

complexas e da capacidade de aprender ao longo de toda a vida.

- Por todo iso, a Historia da Filosofía preséntase como unha materia que persegue

conseguir o logro da maior parte dos obxectivos e as competencias do Bacharelato:

tanto os relacionados co desenvolvemento persoal e social (autonomía, capacidade

crítica e de diálogo), o exercicio da cidadanía democrática e o desenvolvemento

dunha conciencia cívica ou o fomento da igualdade de dereitos entre homes e

132

mulleres, como os que permiten alcanzar os coñecementos, as capacidades do

pensamento abstracto e as habilidades da investigación e o traballo intelectual,

ademais dos referidos aos hábitos de estudo, aos recursos orais e de uso das

tecnoloxías da información e a comunicación e ao afianzamento de actitudes de

asertividade, iniciativa e traballo en equipo.

- Coa materia de Historia da Filosofía alcánzanse unha gran diversidade de habilidades

cognitivas (a través do desenvolvemento do pensamento abstracto), permítese o logro

das competencias transversais (como o pensamento crítico, a xestión da diversidade, a

creatividade ou a capacidade de comunicar) e transmítense actitudes (como a

confianza, o entusiasmo ou a constancia), ao valorar o esforzo da filosofía por

resolver os grandes problemas do ser humano e a súa sociedade en todas as épocas.

- A materia preséntase en continuidade coa Filosofía de 4.º da ESO e de 1.º de

Bacharelato, desenvolvendo desde a perspectiva histórica as problemáticas que se

viron en cursos anteriores, e presentando no pensamento de cada filósofo e filósofa

estudado as súas achegas con respecto aos núcleos temáticos que se trataron nestas

materias.

3. SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS.

3.1. XENERALIDADES

Este proxecto de Historia da Filosofía de 2.º de Bacharelato ten como referente o

marco legal establecido polas administracións educativas. Os contidos tratan de

presentar a materia co obxectivo de formar o alumnado e de desenvolver unha serie

de capacidades como a reflexión crítica e a argumentación, ademais de transmitir uns

contidos que permitan fomentar a cultura xeral dos estudantes. Tales contidos

axustáronse á duración do curso académico e ao currículo publicado polas

autoridades competentes.

Por outra parte, a Historia da Filosofía de 2.º de Bacharelato ten como obxectivo

presentarlles aos estudantes o desenvolvemento histórico dunha disciplina central na

cultura occidental e que permite establecer conexións entre outras materias estudadas

polos alumnos e as alumnas (desde a literatura ata a matemática, pasando pola

historia ou a bioloxía).

A materia organízase en tres bloques que tratan de ofrecer unha panorámica sobre os

autores máis relevantes das etapas nas que adoita dividirse a historia da filosofía:

Idade Antiga e Idade Media, Idade Moderna e Idade Contemporánea.

Non obstante, a historia da filosofía non pode entenderse como unha selección illada

de sistemas filosóficos, debido a que cada autor ou autora está sempre en diálogo

133

tanto coa súa propia época como coas propostas que xurdiron en anteriores etapas da

historia da filosofía. De aí que a materia se desenvolva tamén nun segundo nivel de

afondamento, a través da presentación dos principais filósofos e filósofas e das

correntes de pensamento que predominan no contexto no que xorden as ideas de cada

autor ou autora.

A situación no contexto filosófico debe ser suficiente para alcanzar un coñecemento

amplo da diversidade de ideas de cada época e debe presentarse en relación coa

filosofía do filósofo ou da filósofa estudado; polo tanto, é interesante destacar

aquelas cuestións e polémicas que poidan aclarar o seu pensamento, mostrando

tamén os principais problemas filosóficos que se dan na mesma época.

3.2. SECUENCIACIÓN POR UNIDADES

BLOQUE 1: IDADE ANTIGA E IDADE MEDIA

Unidade 1: Introdución á filosofía antiga e medieval

O nacemento da filosofía en Grecia

Os grandes sistemas da filosofía grega e romana

Cristianismo e filosofía

Unidade 2: Platón

A metafísica dualista

O coñecemento e a realidade

O ser humano: ética e educación

A política

Unidade 3: Aristóteles

A lóxica

Os principios do coñecer

A metafísica

Física e psicoloxía

Ética e política

Unidade 4: Agostiño de Hipona

Crer para comprender

O descubrimento da verdade

O mal, o ser humano e a historia

Unidade 5: Tomé de Aquino

Fe e razón

Metafísica e teoría do coñecemento

134

Psicoloxía, ética e política

Unidade 6: Guillerme de Ockham

O horizonte dun pensamento novo

Coñecemento e linguaxe

Psicoloxía, ética e política

BLOQUE 2: IDADE MODERNA

Unidade 7: Introdución á filosofía moderna

Renacemento e Modernidade

O racionalismo

O empirismo

A Ilustración

Unidade 8: Maquiavelo

O Renacemento: contexto histórico

A nova ciencia política

República e virtude: a política de Maquiavelo

Unidade 9: Descartes

O nacemento do racionalismo

A dúbida metódica e o cogito

O ser humano, a liberdade e a moral

Unidade 10: Locke e Hume

O empirismo de Locke

Fenomenismo e escepticismo en Hume

A moral e a política en Locke e en Hume

Unidade 11: Rousseau

Rousseau e a Ilustración francesa

A crítica de Rousseau á civilización

O proxecto social e político de Rousseau

Unidade 12: Kant

O xiro copernicano kantiano

A teoría do coñecemento: que podo saber?

Filosofía práctica: a ética formal de Kant

A filosofía da relixión e da historia

BLOQUE 3: IDADE CONTEMPORÁNEA

Unidade 13: Introdución á filosofía contemporánea

A filosofía no século XIX

135

A filosofía no século XX

Últimas tendencias

Unidade 14: Marx

A novidade filosófica do marxismo

A estrutura material da sociedade

A alienación e as súas clases

Historia e revolución

Unidade 15: Nietzsche

O nihilismo

A crítica á cultura occidental

A razón, o coñecemento e a verdade

O superhome e o eterno retorno

Unidade 16: Ortega e a filosofía española

Entre política e filosofía

Vida e cultura: o tema do noso tempo

«Eu son eu e a miña circunstancia»

O criticismo antirracionalista de Unamuno

María Zambrano: filosofía e poesía

Unidade 17: Habermas

A desconexión tradicional entre teoría e praxe

Os intereses do coñecemento

A sociedade ideal da comunicación

Unidade 18: A posmodernidade

O debate entre Modernidade e posmodernidade

Derrida: a deconstrucción da metafísica

Vattimo: un pensamento máis alá da metafísica

3.3. OBXECTIVOS MÍNIMOS ESIXIBLES

O Departamento de Filosofía do I.E.S. Arcebispo Xelmírez I, axustándose ao

disposto no currículo para Historia da Filosofía publicado no Decreto 126/2008 do 19

de xuño (D.O.G.A do 23 de xuño), e aos criterios de avaliación para esta materia,

selecciona os seguintes contidos mínimos imprescindibles para superar a materia:

-Aspectos comúns:

136

-Busca de información a partir de fontes diversas e integración desta seguindo

criterios temáticos e metodolóxicos.

-Análise e comentario de textos filosóficos, identificando as súas ideas e

relacionándoas coa teoría da persoa autora.

-Composicións de temas con diversos materiais de referencia.

-Contextualización axeitada das/os autores e coñecemento da súa interrelación.

-Exposicións orais e composicións escritas acerca do pensamento de distintas

autorías, utilizando con propiedade o vocabulario técnico adquirido e incorporando as

propias reflexións de xeito fundamentado.

-Manexo axeitado das destrezas formais esixidas nos criterios de avaliación.

-Exposición razoada do pensamento propio.

-Filosofía antiga.

-As orixes da filosofía: paso do mito ao logos, primeiras explicacións racionais dos

presocráticos.

-Sofistas e Sócrates.

-A filosofía de Platón: ontoloxía, gnoseoloxía, antropoloxía, ética e política.

-A filosofía de Aristóteles: física, metafísica, ética e política.

-Filosofía helenística.

-Filosofía medieval e renacentista.

-O contacto ente filosofía e relixión cristiá: Agostiño de Hipona e Tomé de Aquino.

-O Humanismo e o renacemento como tránsito á modernidade: a revolución

científica e a xénese do Estado moderno. A filosofía de Maquiavelo.

-Filosofía moderna.

-O Racionalismo: Descartes. O problema do método, o cogito e a Mathesis

Universalis.

-O Empirismo: a gnoseoloxía a través do fenomenismo e a crítica á metafísica de

Hume.

-O contractualismo moderno: Locke e a teoría do contrato social.

-A Ilustración: o idealismo trascendental de Kant. A crítica da razón como síntese de

racionalismo e empirismo; o formalismo moral e o imperativo categórico.

-Filosofía contemporánea.

-Marx e a crítica do capitalismo: o concepto de alienación e o Materialismo

Histórico.

-Nietzsche e a crise da razón ilustrada: a crítica dos valores da cultura occidental e o

Nihilismo, a vontade de poder e o Superhome.

-A Escola de Frankfurt . Adorno, Horkheimer, Habermas. Teoría da acción

comunicativa.

- A Posmodernidade. O debate entre modernos e posmodernos. Gianni Vattimo e o

Pensiero Debole. Gilles Deleuze, Jacques Derrida e as teorías da deconstrucción.

137

3.4 TEMPORIZACIÓN

Intentarase alcanzar o período da filosofía tomista e Ockham ao final do primeiro

trimestre –bloque I-. O segundo trimestre estaría dedicado á filosofía da era moderna –

bloque II- e o terceiro trimestre ocupariamonos do bloque que se ocupa da filosofía

contemporánea, en especial Marx, Nietzsche, a Escola de Frankfurt e Vattimo.

4. COMO CONTRIBÚE A MATERIA Á CONSECUCIÓN DAS

COMPETENCIAS?

Tal e como se describe na LOMCE, todas as áreas ou materias do currículo deben

participar no desenvolvemento das distintas competencias do alumnado. Estas, de

acordo coas especificacións da lei, son:

1.º Comunicación lingüística.

2.º Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

3.º Competencia dixital.

4.º Aprender a aprender.

5.º Competencias sociais e cívicas.

6.º Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.

7.º Conciencia e expresións culturais.

No proxecto de Historia da Filosofía para 2.º de Bacharelato potenciouse o

desenvolvemento das competencias de comunicación lingüística, conciencia e

expresións culturais e as competencias sociais e cívicas. Evidentemente, o resto das

competencias tamén foron consideradas nestes materiais, particularmente o fomento da

aprendizaxe autónoma (aprender a aprender). Para alcanzar unha adquisición eficaz das

competencias e a súa integración efectiva no currículo, incluíronse actividades de

aprendizaxe integradas que lle permitirán ao alumnado avanzar cara aos resultados de

aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo.

Ademais, cabe lembrar que serán os estándares de aprendizaxe avaliables, como

elementos de maior concreción, observables e medibles, os que, ao seren postos en

relación coas competencias clave, permitan graduar o rendemento ou o desempeño

alcanzado en cada unha delas.

Comunicación lingüística

138

Na medida ne que a Historia da Filosofía é unha disciplina fundamentalmente racional,

discursiva e conceptual, os estudantes deberán practicar a comprensión textual, a

definición de termos específicos da materia, a expresión escrita, a adecuación a certos

contextos de comunicación e a comunicación oral en debates e argumentacións en clase.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

Na medida en que a filosofía foi historicamente a nai de diferentes disciplinas

científicas, e que tamén abordou cuestións como a estrutura do coñecemento científico e

as consecuencias da tecnoloxía para a vida humana, esta competencia é crucial neste

proxecto. Diversos autores da historia da filosofía tamén tiveron un papel relevante no

desenvolvemento da ciencia moderna, como o caso de Descartes, por exemplo.

Competencia dixital

A competencia dixital trabállase fundamentalmente mediante tarefas de busca en

Internet e a preparación de traballos de exposición en clase. Por outra parte, tamén se

intentou fomentar o uso de novas tecnoloxías na exposición didáctica por parte do

profesorado mediante o libro dixital.

Aprender a aprender

Foméntase a autonomía dos estudantes e o seu desenvolvemento como aprendices

capaces de xerar novo coñecemento a partir dos contidos impartidos en clase. Así

mesmo, na clase pódense traballar actividades orientadas a crear hábitos de

esquematización, resumo e definición, que son básicos para posibilitar a autonomía no

estudo.

Competencias sociais e cívicas

A función social da filosofía e a súa vinculación coa teoría da sociedade implican que a

reflexión sobre os valores sociais e morais, os hábitos, etc., sexa parte ineludible do

labor filosófico. Por unha parte, a reflexión sobre a sociedade e a política é

consubstancial á historia da filosofía. Por outra, ademais, pretendeuse cultivar a

capacidade de diálogo e de entendemento a través de actividades participativas, como o

debate.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Valores como o liderado, a creatividade, a iniciativa persoal ou a autonomía non son

alleos á educación filosófica. Capacidades como a argumentación, o razoamento ou a

exposición pública están ligadas ao fomento da iniciativa individual. O diálogo coa

historia da filosofía permite desenvolver o pensamento propio e crítico ao enfrontarse a

diversas opcións teóricas.

Conciencia e expresións culturais

A importancia da cultura, a arte, a historia, etc., e a necesaria conciencia do seu valor,

tamén desempeñan un rol crucial neste proxecto de Historia da Filosofía de 2.º de

Bacharelato. Polo demais, a conexión entre a filosofía e o ámbito da cultura en xeral é

139

evidente, e, polo tanto, cómpre fomentar unha actitude de respecto, de tolerancia e de

coñecemento do amplo patrimonio cultural que constitúe a nosa forma de vida.

5. METODOLOXÍA

A metodoloxía didáctica no Bacharelato debe favorecer a capacidade do

alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en equipo e para aplicar os

métodos apropiados de comentario e de análise de texto, definición conceptual e,

ademais, tamén debe subliñar a relación dos aspectos teóricos das materias tanto coa

vida cotiá coma con outras materias.

En Bacharelato, a especialización das materias determina que a metodoloxía

didáctica estea fortemente condicionada polo compoñente epistemolóxico de cada

materia e polas esixencias do tipo de coñecemento propio de cada unha.

Ademais, a finalidade propedéutica e orientadora da etapa esixe o traballo con

metodoloxías específicas e que estas comporten un importante grao de rigor científico e

de desenvolvemento de capacidades intelectuais de certo nivel (analíticas, explicativas e

interpretativas).

A. CRITERIOS METODOLÓXICOS

En relación co exposto anteriormente, a proposta didáctica de Historia da Filosofía

elaborouse de acordo cos criterios metodolóxicos seguintes:

- Adaptación ás características do alumnado de Bacharelato, ofrecendo actividades

diversificadas de acordo coas capacidades intelectuais propias da etapa.

- Autonomía: facilitar a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo.

- Actividade: fomentar a participación do alumnado na dinámica xeral da aula,

combinando estratexias que propicien a individualización con outras que fomenten

a socialización.

- Motivación: procurar espertar o interese do alumnado pola aprendizaxe que se lle

propón.

- Integración e interdisciplinariedade: presentar os contidos cunha estrutura clara,

formulando as interrelacións entre os contidos de Historia da Filosofía e os doutras

disciplinas doutras áreas.

- Rigor e desenvolvemento de capacidades intelectuais de certo nivel (analíticas,

explicativas e interpretativas).

- Variedade na metodoloxía, dado que o alumnado aprende a partir de fórmulas moi

diversas.

140

Máis concretamente, estes criterios deben ter en conta os criterios de avaliación

transversais a todo o temario de Historia da Filosofía de 2.º de Bacharelato, que son

os seguintes:

1. Realizar a análise de fragmentos dos textos máis relevantes da Historia da

Filosofía e ser capaz de transferir os coñecementos a outros autores ou

problemas.

2. Argumentar con claridade e capacidade crítica, oralmente e por escrito, as súas

propias opinións sobre os problemas fundamentais da filosofía, dialogando de

xeito razoado con outras posicións diferentes.

3. Aplicar adecuadamente as ferramentas e os procedementos do traballo

intelectual á aprendizaxe da filosofía, realizando traballos de organización e

investigación dos contidos.

4. Utilizar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación na realización e

exposición dos traballos de investigación filosófica.

B. ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS

A forma de conseguir estes obxectivos queda, en cada caso, a xuízo do profesorado,

en consonancia co propio carácter, a concepción do ensino e as características do seu

alumnado.

Non obstante, resulta conveniente utilizar estratexias didácticas variadas, que

combinen, do xeito en que cada un considere máis apropiada, as estratexias

expositivas, acompañadas de actividades de aplicación, e as estratexias de

indagación.

As estratexias expositivas

Presentan o alumnado, oralmente ou mediante textos, un coñecemento xa elaborado

que debe asimilar. Resultan adecuadas para as formulacións introdutorias e

panorámicas e para ensinar feitos e conceptos, especialmente aqueles máis abstractos

e teóricos, que dificilmente o alumnado pode alcanzar só con axudas indirectas.

Non obstante, resulta moi conveniente que esta estratexia se acompañe da realización

polo alumnado de actividades, que posibiliten o engarzamento dos novos

coñecementos cos que xa posúe.

As estratexias de comentario e de análise textual

Presentan ao alumnado unha serie de materiais en bruto que debe elaborar, seguindo

unhas pautas de actuación. Trátase de enfrontalo a textos, argumentacións e debates

problemáticos nos que debe poñer en práctica e utilizar reflexivamente conceptos,

procedementos e actitudes para así adquirilos de forma consistente.

141

O emprego destas estratexias está máis relacionado coa aprendizaxe de

procedementos, aínda que estes levan consigo, á súa vez, a adquisición de conceptos,

dado que tratan de poñer o alumnado en situacións que fomenten a súa reflexión e

poñan en xogo as súas ideas e conceptos. Tamén son moi útiles para a aprendizaxe e

o desenvolvemento de hábitos, actitudes e valores.

As técnicas didácticas en que poden traducirse estas estratexias son moi diversas.

Entre elas destacamos polo seu interese as tres seguintes:

- As tarefas sen unha solución clara e pechada, nas que as distintas opcións son

igualmente posibles e válidas, para facer reflexionar o alumnado sobre a

complexidade dos problemas humanos e sociais, sobre o carácter relativo e

imperfecto das solucións achegadas para eles e sobre a natureza provisional do

coñecemento humano.

- O estudo de casos ou feitos e situacións concretos como instrumento para motivar

e facer máis significativo o estudo dos fenómenos xerais e para abordar os

procedementos de causalidade múltiple.

- As actividades de interpretación e de conexión das teorías que aparecen nos textos

co marco xeral da filosofía do autor estudado.

C. AS ACTIVIDADES DIDÁCTICAS

En calquera das estratexias didácticas adoptadas é esencial a realización de

actividades por parte do alumnado, posto que cumpren os obxectivos seguintes:

- Afianzan a comprensión dos conceptos e permiten ao profesorado comprobalo.

- Son a base para o traballo cos textos e para fomentar as capacidades de

comprensión, análise e razoamento.

- Permiten dar unha dimensión múltiple aos conceptos, percibindo as súas conexións

con outras nocións e a súa aplicación a diferentes ámbitos do coñecemento.

- Fomentan actitudes que axudan á formación humana do alumnado.

Criterios para a selección das actividades

Propóñense actividades como debates, comentario de artigos de prensa, de textos

filosóaficos, etcétera, seleccionadas seguindo estes criterios:

- Que desenvolvan a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo,

utilizando diversas estratexias.

- Que proporcionen situacións de aprendizaxe que esixan unha intensa actividade

mental e que leven a reflexionar e a xustificar as afirmacións ou as actuacións.

- Que estean perfectamente interrelacionadas cos contidos teóricos.

142

- Que teñan unha formulación clara, para que o alumnado entenda sen dificultade o

que debe facer.

- Que sexan variadas e que permitan afianzar os conceptos, traballar os

procedementos (textos, imaxes, películas e outros documentos), desenvolver

actitudes que colaboren na formación humana e atender á diversidade na aula

(teñen distinto grao de dificultade).

- Que dean unha proxección práctica aos contidos, aplicando os coñecementos á

realidade.

- Que sexan motivadoras e conecten cos intereses do alumnado, por referirse a temas

actuais ou relacionados co seu ámbito.

Tipos de actividades

Sobre a base destes criterios, as actividades programadas responden a unha tipoloxía

variada que se encadra dentro das categorías seguintes:

Actividades de ensinanza-aprendizaxe. A esta tipoloxía responde unha parte

importante das actividades formuladas no libro de texto. Encóntranse nos apartados

seguintes:

Actividades de aplicación dos contidos teóricos á realidade e ao contorno do

alumnado. Este tipo de actividades, nuns casos, refírese a un apartado concreto do

tema e, polo tanto, inclúense entre as actividades formuladas ao fío da exposición

teórica; noutros casos, preséntanse como traballos de investigación ou reflexión

persoal argumentada sobre algúns temas.

Actividades encamiñadas a fomentar a concienciación, o debate, o xuízo crítico, a

tolerancia, a solidariedade...

Por outra parte, as actividades programadas presentan diversos niveis de dificultade.

Desta forma permiten dar resposta á diversidade do alumnado, posto que poden

seleccionarse aquelas máis acordes co seu estilo de aprendizaxe e cos seus intereses.

A corrección das actividades fomenta a participación do alumnado en clase, aclara

dúbidas e permite ao profesorado coñecer, de forma case inmediata, o grao de

asimilación dos conceptos teóricos, o nivel co que se manexan os procedementos e

os hábitos de traballo.

6. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Neste nivel, e no presente curso, en principio non nos atopamos con alumnado

que requira unha intervención específica. No entanto, un dos principios básicos que

143

debe ter en conta a intervención educativa, dentro do posible, é o da individualización,

consistente en que o sistema educativo ofreza a cada alumno e cada alumna a axuda

pedagóxica que necesite en función das súas motivacións, intereses e capacidades de

aprendizaxe. Xorde diso a necesidade de atender esta diversidade.

No Bacharelato, etapa na que as diferenzas persoais en capacidades específicas,

motivación e intereses adoitan estar bastante definidas, a organización do ensino

permite que os propios alumnos e alumnas resolvan esta diversidade mediante a

elección de modalidades e optativas. Non obstante, é conveniente dar resposta, xa desde

as mesmas materias, a un feito constatable: a diversidade de intereses, motivacións,

capacidades e estilos de aprendizaxe que os alumnos e as alumnas manifestan.

É preciso, entón, ter en conta os estilos diferentes de aprendizaxe dos alumnos e

as alumnas e adoptar as medidas oportunas para afrontar esta diversidade. Hai

estudantes reflexivos (detéñense na análise dun problema) e estudantes impulsivos

(responden moi rapidamente); estudantes analíticos (pasan lentamente das partes ao

todo) e estudantes sintéticos (abordan o tema desde a globalidade); uns traballan durante

períodos longos, mentres que outros necesitan descansos; algúns necesitan ser

reforzados continuamente e outros non; hai os que prefiren traballar sós e os hai que

prefiren traballar en pequeno ou en gran grupo.

Dar resposta a esta diversidade non é tarefa doada, pero si necesaria, pois a

intención última de todo proceso educativo é lograr que os alumnos e as alumnas

alcancen os obxectivos propostos.

Como actividades de detección de coñecementos previos suxerimos:

- Debate e actividade pregunta-resposta sobre o tema introducido polo profesorado, co

fin de facilitar unha idea precisa sobre de onde se parte.

- Repaso das nocións xa vistas con anterioridade e consideradas necesarias para a

comprensión da unidade, tomando nota das lagoas ou das dificultades detectadas.

- Introdución de cada aspecto teórico aténdose ao seu contexto e á súa importancia para

temas actuais e cotiáns, sempre que iso sexa posible.

Como actividades de consolidación suxerimos:

- Realización de exercicios apropiados e todo o abundantes e variados que sexa preciso,

co fin de afianzar os contidos teóricos, culturais e léxicos traballados na unidade.

- Traballo cos textos complementarios de cada unidade para asentar e consolidar os

coñecementos adquiridos.

Esta variedade de exercicios cumpre, así mesmo, a finalidade que perseguimos. Coas

actividades de recuperación-ampliación, atendemos non só os alumnos e as alumnas que

presentan problemas no proceso de aprendizaxe, senón tamén aqueles que acadaron no

tempo previsto os obxectivos propostos.

As distintas formas de agrupamento do alumnado e a súa distribución na aula inflúen,

sen dúbida, en todo o proceso. Entendendo o proceso educativo como un

desenvolvemento comunicativo, é de grande importancia ter en conta o traballo en

144

grupo, recurso que se aplicará en función das actividades que se vaian realizar

consideramos que a posta en común de conceptos e ideas individuais xera unha

dinámica creativa e de interese nos alumnos e as alumnas.

Concederase, non obstante, grande importancia noutras actividades ao traballo persoal e

individual; en concreto, aplicarase nas actividades de síntese/resumo e nas de

consolidación, así como nas de recuperación e ampliación.

Debemos acometer, polo tanto, o tratamento da diversidade no Bacharelato desde dúas

vías:

1. A atención á diversidade na programación dos contidos, presentándoos en dúas

fases: a información xeral e a información básica, que se tratará mediante

esquemas, resumos, paradigmas, etc.

2. A atención á diversidade na programación das actividades. As actividades

constitúen un excelente instrumento de atención ás diferenzas individuais dos

alumnos e as alumnas. A variedade e a abundancia de actividades con distinto nivel

de dificultade permiten a adaptación, como dixemos, ás diversas capacidades,

intereses e motivacións.

7. RECURSOS DIDÁCTICOS

Suxerimos a utilización dos materiais seguintes:

1. Apuntamentos ofrecidos polo profesor da materia, lectura de libros dos clásicos da

filosofía, antigos e contemporáneos, consulta de diferentes libros de texto que

poden atoparse na aula-materia e que especificamente se lle ofrecen ao alumnado,

modelos de comentarios de texto tamén consultables na aula, e outras vías de

acceso aos diferentes autores, correntes e épocas da historia da filosofía.

2. Recursos dixitais. O alumno deberá poder investigar coa axuda da webdianoia.

Filosofía.net, e-torredebabel e outras páxinas e recursos que poden facilmente

atoparse na rede. Dende a wikipedia ás páxinas dedicadas aos diferentes autores

que tanto abundan nese moderno bable que é internet, o alumno debe intentar,

contando coa guía e o consello do profesor, ter certa inicitiva no seu proceso de

formación.

145

8. INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN

Na programación, debe fixarse como se vai avaliar o alumnado; é dicir, o tipo de

instrumentos de avaliación que se van utilizar. Os sistemas de avaliación son múltiples,

pero, en calquera caso, nos instrumentos que se deseñen deberán estar presentes as

actividades seguintes:

- Actividades conceptuais. Nelas, os alumnos e as alumnas irán substituíndo de forma

progresiva as súas ideas previas polas desenvolvidas na clase. Deben ser capaces de

manexar un vocabulario específico e definir con precisión e con claridade os

conceptos centrais de cada unidade.

- Actividades de comentario de texto. Fundamentalmente, o alumnado debe ser capaz

de analizar un texto, identificando o seu tema, a súa tese e as súas ideas secundarias.

Para iso, debe poder expoñer os argumentos ou estruturas de razoamento do texto.

- Actividades de síntese. Este tipo de actividades está orientado á comprensión dos

contidos temáticos das diferentes unidades e á reelaboración dos devanditos contidos.

O alumnado debería poder entender e expoñer os principais puntos do tema e razoar a

partir deles.

- Actividades de razoamento e argumentación. Supoñen unha maior autonomía por

parte do alumnado, posto que debe elaborar unha idea fundamentada e apoiada nunha

serie de argumentos. Esta actividade pode realizarse de forma escrita, como unha

redacción, unha toma de postura ante unha tese, etc., ou oralmente, nunha exposición

pública ou nun debate.

En canto ao «formato» das actividades, pódense utilizar os seguintes:

- Actividades de composición, como redaccións, disertacións, debates, comentario de

texto, etc.

- Actividades de libro aberto.

- Actividades orais.

- Traballos complementarios.

- Probas obxectivas escritas: cuestións nas que hai que xustificar as respostas e de

resolución de exercicios e problemas.

Inclinámonos por unha avaliación continua entendida como avaliación final de

suma na que se valorará globalmente o proceso educativo a partir da labor realizada por

cada alumno/a, e que quedará reflectida nas actividades prescritas, sexan obrigatorias ou

non. Ao longo do curso, a medida que se vaian realizando exames, comentarios,

análises de textos, composicións temáticas, actividades e demais traballos, irase

reorientando a labor, ofrecendo solucións ás deficiencias observadas e pulindo detalles

146

que cómpre mellorar. Tratarase dunha avaliación progresiva, na que o saldo final virá

marcado polo desenvolvemento e progresos observados, e onde teranse moi en

consideración as posibilidades do/a alumno/a e os resultados obtidos en cada caso. Será

cuestión de considerar particularmente o rendemento segundo ditas capacidades e ditos

resultados.

Aínda que se trata dun proceso dialéctico no que todo se conserva para ser

superado, mellorado ou enriquecido, a necesidade de cualificar varias veces ao longo do

curso, esixe que en cada período de cualificación se valoren aquelas actividades que ata

ese momento houbéranse ultimado, aínda que o decisivo sexa sempre a avaliación

exhaustiva do curso íntegro.

Obxectividade e imparcialidade serán, en último termo, as obsesións que rexerán

todo o proceso de avaliación. Por isto, estaremos abertos a propostas, probas

comparativas, revisión de actividades e cualificacións. O recoñecemento de posibles

erros é prerrogativo.

A proba fundamental é, obviamente, o exame escrito que realizarase por bloques

temáticos. No entanto, os comentarios de texto realizados na clase, a lectura de libros e

outros traballos realizados na clase poderán contribuír á nota ata dous puntos na

avaliación final. Aínda que non sexan obrigatorios, todo o traballo que o alumnado

presente será valorado de cara á cualificación final. Volvendo ao exame, esta proba

escrita terá unha estrutura tal que poida ser vía para que o discente amose que cubre os

mínimos esixibles para acadar a superación da materia. Asemade, dito exame axustarase

ás pautas e aos criterios de cualificación que marca o Grupo de Traballo para a proba de

acceso á Universidade. De todos os xeitos, e coñecedores/as dos criterios que o DOGA

marca, podemos determinar que a estrutura escollida para aplicar os nosos exames é

apropiada. A saber:

Composición Filosófica: farase unha composición unitaria, sintáctica e

retoricamente ben estruturada, escrita con pulcritude, e usando o léxico adecuado que

poña en evidencia unha boa comprensión dos conceptos concernidos.

(Puntuación mínima esixida: 5 puntos)

1.4. Contextualización ou marco histórico-conceptual: (2’5 puntos)

c) Contextualización xeral da época.

d) Cuestión específica de contextualización.

1.5. Comprensión: coñecementos sobre o autor a partir da cuestión temática

formulada e o texto proposto. (6 puntos)

1.6. Coñecemento específico e relacional: Transversalidade. (1’5 puntos)

Trátase de situar a cuestión temática no horizonte global da historia da

filosofía, con posibilidade de facer un comentario persoal razoado.

Sistemas de recuperación

-Recuperacións por avaliacións suspensas: ao final do curso se propoñerán

probas de recuperación dos distintos bloques temáticos non superados,

convocándose un exame final no mes de maio, no que se poderá volver a recuperar

parcialmente as materias non aprobadas.

147

-Materias pendentes: o alumnado que teña algunha materia suspensa deste

departamento correspondente a cursos anteriores deberán presentarse, nas datas

fixadas, aos exames de pendentes. Cómpre que teñan en conta que non é posible

que se lles avalíe das materias cuxas materias chave estean sen superar.

-Actividades de reforzo e seguimento: aínda que só mediante o aprobado dos

exames correspondentes é posible a superación da materia en cuestión, si é

fundamental que o alumnado con partes do temario suspensas ou coa materia

completa deficiente, a/as preparen con antelación. Para iso. Poderán en calquera

momento ao longo do curso traballar as avaliacións con problemas. O docente

revisaralles os traballos e exercicios que vaian facendo. É importante subliñar a

conveniencia de traballar sobre as probas escritas que no seu momento

suspenderon.

148

10. ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO 2º BACHARELATO

1. Obxectivos.148

2. Contidos e Secuencia.149

3. Obxectivos mínimos esixibles.152

4. Criterios de cualificación.153

5. Criterios de promoción.153

6. Metodoloxía Didáctica.153

7. Procedementos de Avaliación e Cualificación.156

8. Materiais e recursos didácticos.158

9. Programación correspondente aos temas transversais.159

10. Actividades complementarias e extraescolares.159

11. Medidas de atención á diversidade.159

12. Alumnado con materias pendentes.159

1. OBXECTIVOS.

As capacidades que o alumnado debe adquirir ao longo do curso son:

-Analizar, contrastar e interpretar informacións diversas sobre os diferentes aspectos das

condutas e códigos morais e a súa teorización ética, realizando actividades de

documentación e investigación sobre correntes teóricas e vocabulario específico.

-Comprender a estrutura moral do ser humano e a súa relación coa vida social,

analizando criticamente as diferentes formas de lexitimación e reprodución cultural.

-Caracterizar e avaliar os diferentes tipos e niveis de conciencia moral valorando

especialmente aquelas formas de conciencia que comportan o desenvolvemento dunha

racionalidade crítica e autónoma.

-Analizar a función dos códigos morais e legais e a súas pretensións etnocéntricas.

-Desenvolver formas de racionalidade dialóxicas adoptando as actitudes de empatía,

respecto e tolerancia que as fan posibles.

-Coñecer as diferentes teorías éticas e apreciar as súas achegas para o desenvolvemento

moral, tanto persoal como social.

-Analizar e comprender as relacións entre moral e dereito dende a perspectiva da xustiza

e valorar as posturas de desobediencia civil lexítima (fronte a outros tipos de

desobediencia) como manifestacións e esixencias de actitudes morais críticas e

orientadas a promover unha orde legal máis xusta.

149

-Comprender e valorar o alcance da formulación e proclamación moderna dos dereitos

humanos e os problemas da súa implantación na práctica.

-Comprender que a dignidade humana ten a súa base na liberdade e autonomía moral do

individuo, asumindo, en consecuencia, a primacía da función práctica ou moral da razón

como guía última de todo esforzo de emancipación, tanto individual como colectivo.

2. CONTIDOS. SECUENCIACIÓN.

A materia desenvolverase en tres bloques. Decidimos vertebrar os temas tomando

como referencia a división tripartita do curso académico, de xeito que se traballe en

cada avaliación un tema central. A proposta seguinte non debe ser asumida de xeito

imperativo, os bloques temáticos poden ser considerados independentes e poderían

perfectamente intercambiar a súa orde, sen que por iso resultase lesionado o contido

global do curso. Esta é unha das decisións que queda en mans do profesor.

Estes tres bloques figuran no DCB que as institucións con competencias educativas

teñen deseñado para a materia. Os dous temas restantes: A xénese da moralidade e O

Ben moral, trataranse de xeito transversal nos tres bloques, pois os seus contidos son

fundamentais para o desenvolvemento dos temas que se traballarán. Non consideramos

necesario incluílos como temas independentes, pois foron obxecto do currículo da

materia de Ética obrigatoria no curso anterior, traballándose entón dun xeito temático.

1ª AVALIACIÓN.

Bloque 1: A lexitimidade.

Aquí se desenvolverá fundamentalmente o tema da orixe dos códigos, os seus tipos e

formas de lexitimación, con especial referencia ao modo democrático de lexitimación.

Contidos:

- Moral e dereito: o problema da lexitimidade e a obrigatoriedade moral das leis.

- Do Estado democrático de dereito á interiorización dos dereitos humanos.

- Xustiza como imparcialidade: os fundamentos éticos do Estado democrático de

dereito.

150

2ª AVALIACIÓN.

Bloque 2: Moral e dereito.

Neste bloque se afondará nas formas máis adecuadas de razoamento, as formas básicas

de resolver conflitos e as distintas teorías éticas.

Contidos :

- Xénese e desenvolvemento da conciencia moral.

- Liberdade e racionalidade: a autonomía moral.

- Dimensión intersubxectiva da racionalidade moral.

- Etnocentrismo e relativismo histórico e cultural das normas e valores morais .

- Funcionalidade dos códigos morais (perspectiva emic e etic).

3ª AVALIACIÓN.

Bloque 3: a Xustiza.

Este bloque está dirixido a estudar os códigos morais e legais dende unha perspectiva

histórica, que poña de manifesto as súas interrelacións e que permita ao alumnado

mellorar a súa visión histórica e relacionar o desenvolvemento dos códigos co

desenvolvemento social en xeral. Ademais pretende unha comprensión dos mecanismos

de actuación da xustiza nas nosas sociedades e a elaboración conceptual da

complexidade do propio concepto de xustiza.

Contidos:

- O proceso xudicial. As súas normas, funcións e validez.

- As garantías do proceso xudicial como seguro de aplicación da xustiza.

- Desenvolvemento histórico e variantes na aplicación da xustiza.

- A definición do concepto de xustiza ao longo da historia.

- O debate sobre a xustiza social na sociedade contemporánea.

151

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

Para medir a capacidade de razoamento e a autonomía moral do alumno terase en conta:

- A capacidade de razoamentos que se movan no nivel tres da táboa de Kholberg, e que

permitan mostrar que o alumno esta nunha etapa post-convencional do seu

desenvolvemento moral.

Con este criterio preténdese analizar se o alumno evolucionou no seu nivel de

razoamento e na súa formación moral e autonomía.

- A participación en debates e discusións especificamente morais (preferentemente

centrados en problemáticas do mundo actual).

Verificaríase así a capacidade dos alumnos e das alumnas para adoptar perspectivas

empáticas, e de respecto e tolerancia fronte a outros puntos de vista ou ideoloxías

diferentes, así como a capacidade para argumentar racional e ordenadamente.

- A análise de casos reais e hipotéticos de dilemas e conflitos entre moralidade e

legalidade subliñando e caracterizando os supostos teóricos a que remiten as diversas

argumentacións.

Este criterio trata de avaliala capacidade dos alumnos e das alumnas para comprender e

caracterizar con precisión a noción de dereito e a súa conexión cos principios básicos da

moralidade así como o carácter específico da lexitimidade democrática fronte a outras

modalidades de lexitimación.

O criterio deberá verificar paralelamente o progreso no desenvolvemento dunha

conciencia moral crítica e autónoma.

Para medir a capacidade do alumno de comprender e relacionar os contidos conceptuais

dos temas terase en conta:

- O manexo e a análise de información, procedente fundamentalmente da Socioloxía e

da Antropoloxía cultural, referida ás producións morais humanas (normas e valores),

poñendo de relevo aqueles aspectos que teñen relación cos contextos históricos e

culturais nos que xorden e operan.

Preténdese, deste xeito, comprobala capacidade dos alumnos e das alumnas para

descubrir e recoñece– lo carácter histórico–cultural dos códigos morais, para

reconstruílos procesos de reprodución e transmisión dos mesmos así como para

diferenciar e analizalos seus diversos planos: graos de consciencia respecto á súa

funcionalidade, variantes de lexitimación e proxeccións etnocéntricas.

152

- A capacidade para analizar textos filosóficos pertencentes ás principais teorías éticas,

así como calquera outros que presenten un claro contido moral (literarios,

cinematográficos, etc.) caracterizando as súas diferentes interpretacións do ben moral,

así como os postulados filosóficos e as circunstancias históricas que laten debaixo dos

mesmos.

Trátase, mediante este criterio, de comprobala capacidade dos alumnos e das alumnas

para identificar, e expresar con precisión conceptual e terminolóxica, non só os trazos

básicos das diferentes teorías éticas filosóficas e a súa dependencia das circunstancias

históricas nas que se elaboraron, senón tamén para descubrir e comprendelas diversas

interpretacións que do ben moral existen no seo da sociedade actual, reflectidas na

literatura, no cine, etc.

- A capacidade de seleccionar e integrar información procedente de diversas fontes en

relación coa problemática dos dereitos humanos.

A través deste criterio verificarase a capacidade do alumnado para seleccionar e integrar

fontes de información diferentes, así como para transferir conceptos desenvolvidos ó

longo do proceso de aprendizaxe a situacións e acontecementos relevantes da

actualidade (discriminación, tortura, terrorismo, ausencia de liberdades, etc.). O criterio

deberá verificar así mesmo o grao de sensibilidade do alumnado en relación cos citados

problemas.

- Analizar datos e problemáticas orixinadas polo uso en exclusiva dun modelo de

racionalidade puramente tecnolóxica e instrumental (desastres ecolóxicos, derivación

bélica da tecnoloxía, etc.).

Con este criterio preténdese verificala capacidade do alumno para valorar criticamente

as diversas funcións e usos da razón así como a capacidade para transferilos conceptos e

principios éticos desenvoltos ó longo do proceso de aprendizaxe a situacións concretas

reais.

3. MÍNIMOS ESIXÍBLES.

Dada a metodoloxía eminentemente práctica que se empregará na materia considerarase

indispensable a realización de todas as actividades propostas en clase e que deben

quedar rexistradas nos cadernos individuais. O caderno debe estar a disposición do

profesorado sempre que sexa requirido.

Así mesmo considerase indispensable a superación das probas tipo test que se realizaran

cada trimestre e que o alumnado pode practicar no apartado de autoavaliación do curso

web en liña.

153

4. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.

Cualificación de cada avaliación: Ó remate do período avaliado faranse as medias

aritméticas:

1º. Avaliación e cualificación do traballo do alumnado na aula anotadas durante o

período trimestral, representará o 10% da cualificación.

2º. Avaliación e cualificación da capacidade de análise crítica e argumentada sobre un

dilema ou feito actual de estreita implicación para a ética e a filosofía do dereito,

representará o 10% da cualificación.

3º. Avaliación e cualificación das probas escritas (unha por avaliación), representará o

80 % da cualificación.

4º. Realización dun traballo (sobre libro, película, recolleita de novas, investigación,

etc.) ao longo do curso relacionado coa temática dos Dereitos Humanos, será

cualificado na proporción de 0 - 1 puntos e a nota aumentada á nota global do alumno/a

en xuño.

5. CRITERIOS DE PROMOCIÓN.

A cualificación de final do curso será a media aritmética das cualificacións obtidas nas

tres avaliacións parciais do curso.

6. METODOLOXÍA DIDÁCTICA.

Na media do posible o alumnado utilizará o curso en liña dispoñible na web do centro.

Cando no se poda utilizar a sala de Informática o alumnado recibirá material

fotocopiado para complementar as actividades.

As actividades que proporán ao alumnado serán variadas pero cun denominador común:

se pretende que o proceso da súa resolución sexa activo e motivador para o alumnado.

En xeral poderemos distinguir:

a) Actividades de investigación:

Trala lectura das páxinas propostas o alumno deberá reelaborar a información nun

documento persoal.

154

Son as actividades centrais do proceso educativo. En xeral, este tipo de actividades irán

encamiñadas a que o alumnado realice tarefas de investigación en diversos materiais,

usando para iso a Rede como si dunha inmensa biblioteca se tratara.

O alumno ou alumna poderá acceder á dirección electrónica como un vínculo máis de a

World Wide Web o ben (si non ten a conexión dispoñible) acceder a a mesma páxina en

a memoria do seu ordenador a través dos botóns que apareceran ao lado de cada

dirección.

b) Os dilemas morais

A solución de dilemas é un tipo de actividade moi importante cara á aplicación dos

coñecementos, porque ten dúas funcións non tema. Por unha parte incidir nos conflitos

cognitivos que se presentan e os modos de resolvelos. Pero máis fundamental, si cabe, é

que o alumno se de conta de que importa máis o razoamento utilizado que a solución

do conflito. Este exercicio debe levarse a cabo sen presa.

O alumnado poderá rectificar o seu razoamento tantas veces como sexa necesario ata

que de verdade teña usado "razóns" relevantes na súa argumentación. Debe plantexarse

este exercicio como un método de crecemento persoal, deixando claro que, aínda que

hai razoamentos mellores e peores, todos debemos pasar polas etapas de crecemento

moral previstas pola sicología e que ese crecemento é froito do noso empeño persoal e

tamén dun proceso de maduración temporal.

c) O traballo con textos:

Non contexto da realización das actividades para a aprendizaxe dos contidos e

destrezas, acorde co modelo que aquí estamos propugnando, os textos ocuparán un lugar

fundamental, aínda que non serán o único recurso posible.

Por unha parte, dada a natureza das materias de filosofía, o seu é inevitable e necesario,

posto que a información filosófica consiste esencialmente na obra escrita dos grandes

pensadores históricos. Así que aínda que se ofreza ao alumnado información a través de

medios como a imaxe, o arte ou a música, a explicación e uso dos principais conceptos

filosóficos só se atopa nos textos dos grandes filósofos.

O traballo con textos pretende apartar ao alumnado do memorismo pasivo e armonizar

a aprendizaxe por recepción coa aprendizaxe por descubrimento motivando ao

alumnado a realizar unha actividade reconstrutora do aprendido.

Ao longo de cada lección, algúns destes textos ofertaranse unicamente como lectura e

outros en cambio irán acompañados de cuestións que inciten á reflexión sobre os

mesmos e obrigen ao alumno ou alumna a centrar a atención naqueles conceptos e tesis

que o tema sobre o que se está a traballar requira.

155

Estrutura xeral das leccións.

Cada bloque propón un tema, e cada tema desenvolvese a través de catro leccións, que

se caracterizan por presentarán un único contido conceptual.

Cuestións previas: Como o seu nome indica, son previas a calquera desenvolvemento

temático, sexa este por medio de informacións textuais ou explicacións do profesor.

Consisten en propor cuestións acerca da experiencia previa de alumnos e alumnas, tanto

cotidiá como filosófica, segundo o momento da aprendizaxe no que se sitúe. A súa

misión é facer explícitos os preconceptos do alumno respecto do tema e reforzar os

coñecementos necesarios para comezar a ampliar o tema. A discusión sobre o que o

alumnado sinte como algo obvio e a pluralidade de respostas que xorden ao respecto,

provocan que se fagan explícitos os preconceptos (acertados o non) e se comece a

reflexión sobre o problema.

Representan o instrumento do que nos serviremos en cada unidade para lograr a

conexión entre o que o alumno ou alumna xa sabe e a nova información que queremos

que asimile e integre. Deste xeito converteranse nun elemento de organización do

material a traballar. Das respostas e debates suscitados polas cuestións previas debe

extraerse o guión para o desenvolvemento do tema.

Entre as actividades máis utilizadas están a lectura de textos motivadores, a visión de

películas ou vídeos, etc.

Cuestións de comprensión (aparecen en 2 apartados: comprensión 1 e 2).

A aprendizaxe de contidos ten que basearse na relación do alumnado co tema a tratar,

para que a asimilación de novos contidos sexa significativa e poidan ser usados polos

alumnos e alumnas en novas e diversas situacións que se lles presenten na súa

experiencia. Para conseguir iso, é necesario que os alumnos teñan unha actitude activa

ante o proceso de aprendizaxe, realizando (a través das actividades) unha investigación

que lles proporcione certa autonomía de discurso ante un problema ou tema.

As actividades de investigación en distintos medios de información son centrais na nosa

proposta porque non se podería conseguir esta autonomía sen elas. Estas actividades

deberán axudar ao alumno a reconstruír os contidos do tema a través dun traballo

persoal e para iso son necesarios dous factores:

- Que o tema se faga problemático para os estudantes.

- Que se lles de a oportunidade de elaborar unha resposta persoal ao problema.

Por iso todas as actividades de desenvolvemento levan ao alumno (a través de enlaces)

156

ás diversas fontes de información que presenten o problema e axuden a resolvelo:

páxinas web, textos, vídeos, películas....

De acordo co proposto pola actual Lei educativa, os contidos non son só conceptuais,

senón tamén actitudinais (tolerancia, respecto, participación.....) e procedimentais

(discusión, debate, argumentación...) Entendemos que estes contidos non poden

aparecer fragmentados no deseño do material de ensino, senón que deben estar

integrados en cada unha das actividades que se propón.

Explicación.

Este apartado se presenta como un recurso mais, en parte para que o alumnado teña un

resumo final do tema que lle guíe de novo por todas as actividades que realizou, pero en

parte tamén como un posible documento a ampliar, a través das suxestións dos alumnos

e alumnas nos seus propios documentos de traballo. En calquera caso non se presenta

como unha resposta definitiva e non debe, en ningún caso, utilizarse como a única fonte

de información para o tema.

A explicación do tema debe ser unha axuda complementaria á actividade do alumnado e

lle consultará ao final de cada lección. Ao mesmo tempo ten a función de recapitular

partes dun problema ou un tema, polo que a información que atoparemos alí non será

distinta de a que o alumno o alumna xerara pola súa conta.

De calquera xeito esa explicación non debe constituír o eixo da clase, nin o estudo do

tema se ten que organizar ao redor dela. Al contrario, o alumno ou alumna deberá

executar o traballo de redactar un discurso explicativo do tema, reconstruíndo as

informacións subministradas nunha redacción coherente, estruturada e de carácter

persoal. A intervención de a explicación do tema deberá perseguir orientar os debates e

investigacións, fixando os conceptos correctos e esixindo do alumnado o uso de

argumentos organizados e razoados.

7. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN.

A) Procedementos de observación sistemática da actividade cotiá dos/as

alumnos/as.

Rexistro sobre a convivencia na aula. As actitudes de carácter comportamental

serán valorados a través dun rexistro-rúbrica

B) Análise das producións dos/as alumnos/as (a nivel individual ou en grupo):

- Pautas guiadas sobre vídeos, audios ou lecturas.

157

- Traballos individuais ou colectivos, relatos. O alumno presentará un ou dous

traballo por trimestre.

Os relatos presentaranse seguindo a estrutura de tese, argumento e conclusión e

incluíndo os campos das pautas .

Os traballos poderán ser escritos ou orais, individuais ou por grupo.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

PROCEDEMENTOS/

INSTRUMENTOS CUALIFICARASE %

Rexistro de convivencia

- Ítems respecto ao comportamento e a actitude cara a

materia: asistencia, traer o material, respectar as quendas

de palabra, escoitar activamente, participar con respecto...

10%

Pautas guiadas sobre o

libro de texto, vídeos e

textos ou fragmentos de

libros

- Cumprimentar pertinentemente os campos formulados

na pauta e entrega no prazo establecido. 30%

Probas Escritas

- Correcta presentación

- Corrección sintáctica e ortográfica, e claridade, rigor e

coherencia .

- Seguir unha estrutura de: Tese, Argumento,Conclusión

incluíndo os campos da pauta (título, tema , preguntas,

premisas, argumentos, obxeccións, exemplos e reflexións

persoais)

60%

CRITERIOS SOBRE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

Na cualificación de xuño terase en conta:

- O rexistro de clase. Valorarase a organización, a realización de todas as pautas

sinaladas (título, tema, preguntas, premisas, argumentos, obxeccións, exemplos e

reflexións persoais) na aula , a boa presentación e a coherencia argumentativa e

reflexiva. Terase que entregar dentro da data sinalada. As actividades entregadas fóra de

158

prazo serán penalizadas coa redución de 25 décimas por cada día de atraso. En ningún

caso se valorará unha actividade copiada por outro/a compañeiro/a.

- Os relatos e probas escritas de cada unidade de acordo cos contidos especificados. O

feito de descubrir a un/unha alumno/a copiando implicará unha cualificación de 0.

-A media das notas obtidas nos apartados citados representará un 90% da nota. En

ningún caso se fará a media cunha nota inferior ao 30% nalgún dos apartados

anteriores.

- A actitude na aula, a asistencia, a participación, o interese amosado e a iniciativa

persoal, e o respecto ás normas de convivencia pode representar un 10% da nota de cada

avaliación.

- A nota final será a media da primeira, segunda e terceira avaliación. En ningún caso

se fará media cunha avaliación con nota inferior a 3.

RECUPERACIÓN DURANTE O CURSO.

Se o seguimento do curso e a realización e participación nas actividades foi

minimamente adecuado, o alumno/a pode optar a recuperar parte ou a totalidade da

materia con vistas a conseguilo 5, número non negociable de nota media. Haberá un

exame de recuperación da Primeira avaliación, outro da Segunda e outro da Terceira;

eses exames serán nas datas menos cargadas para o alumnado. Cada exame substitúe a

nota de cada avaliación completa e, polo tanto, puntúa sobre 10.

Farase unha recuperación final para casos excepcionais a final de curso coa

condición, para poder realizar este exame, de ter entregado como mínimo a metade das

actividades requiridas.

Consistirá na recollida de pautas e posterior relato do libro de Justicia de Michael

Sandel

Esta proba servirá para acadar o aprobado cun máximo de 5 puntos.

Na cualificación de setembro farase unha proba a partir dunha das pautas

traballadas durante o curso que consistirá en crear un relato que coordine os campos en

que se divide a pauta e recollerase a lectura, con pauta guiada, dos tres libros xa citados

con anterioridade.

8. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. LIBROS DE TEXTO.

Como libro de consulta utilizarase: ―Ética e Filosofía do Dereito‖ de Pedro Pérez,

Editorial Xerais.

Material audiovisual: películas e documentais relacionados coa temática estudada.

159

Prensa escrita periódica e especializada.

Apuntamentos complementarios sobre os diferentes contidos que considere o/a

profesor/a.

Selección de comentarios de texto para cada unidade.

9. PROGRAMACIÓN CORRESPONDENTE AOS TEMAS TRANSVERSAIS.

A educación moral e cívica non pode considerarse un tema transversal neste caso, xa

que forma parte dos contidos da materia. A educación para a paz e para a igualdade

entre os sexos está presente en moitas das actividades prácticas (dilemas morais,

comentarios de texto). O resto dos temas, educación para a saúde e a calidade de vida, a

educación ambiental, a educación sexual, a educación do consumidor, a educación para

o lecer e a educación vial, serán propostos como obxecto de análise cando se traballe

con prensa escrita.

10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Ofrecerase ao alumnado a posibilidade de participar en concursos escolares así como a

visita a exposicións de especial interese para os contidos de Ética e filosofía do dereito

que se vaian programando ao longo do curso.

11. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

Como medidas de reforzo e recuperación propoñerase a posibilidade de realizar un

traballo persoal sobre os aspectos nos que o alumno non mostrou a suficiente

comprensión.

12. ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES.

Non hai alumnado nesta situación.

11. VALORES ÉTICOS 1º ESO

1. Obxectivos xerais de Educación Secundaria.160

160

2. Obxectivos da área de Valores Éticos.161

3. Competencias clave, indicadores e descritores.163

4. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias clave.169

5. Organización e secuencia de contidos.Temporización.Obxectivos mínimos.173

6. Criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe.176

7. Criterios metodolóxicos e estratexias didácticas xerais para utilizar na aula.184

8. Actividades complementarias.185

9. Criterios e instrumentos de cualificación e promoción.185

10. Recursos didácticos.186

11. Medidas de atención á diversidade e inclusión.186

12. Avaliación da programación didáctica.187

1. OBXECTIVOS XERAIS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA

A Educación Secundaria Obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e nas

alumnas as capacidades que lles permitan:

a) Asumir responsablemente os seus deberes; coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto aos demais; practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as

persoas e grupos; exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos e a

igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns

dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en

equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da

aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades

entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera

outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que

supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de

violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas

súas relacións cos demais e resolver pacificamente os conflitos, así como rexeitar a

violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con

sentido crítico, incorporar novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no

campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f ) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en

distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os

problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza nun mesmo, a participación, o

sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,

planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

161

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e,

se a houbese, na lingua cooficial da comunidade autónoma, textos e mensaxes

complexas, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura.

i ) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.

j ) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e dos

demais, así como o patrimonio artístico e cultural.

k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as

diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación

física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade.

Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado

dos seres vivos e o ambiente, e contribuír así á súa conservación e mellora.

l ) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións

artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

2. OBXECTIVOS DA ÁREA DE VALORES ÉTICOS

1. Valorar a dignidade humana para entender o que significa ser persoa e poder

valorarse a si mesmo e aos que o rodean.

2. Descubrir a importancia dos valores éticos na formación da personalidade e a

autoestima.

3. Comprender o concepto de virtude en Aristóteles para establecer relacións entre os

actos, os hábitos e o carácter no desenvolvemento da personalidade.

4. Coñecer o concepto e as causas da crise de identidade que xorde na adolescencia.

5. Tomar conciencia da importancia que ten o desenvolvemento da autonomía e o

control persoais no crecemento persoal e nas crises de identidade adolescentes, para

poder identificar as súas causas e detectar as influencias que exercen os grupos

sociais na personalidade.

6. Identificar os trazos máis característicos dos grupos de adolescentes reflexionando

sobre a influencia que exercen sobre o individuo.

7. Recoñecer a diferenza entre autonomía e heteronomía desde a concepción kantiana.

8. Tomar conciencia da importancia que teñen o desenvolvemento da autonomía e o

control da conduta no crecemento moral da persoa cara á vida adulta.

9. Identificar as aptitudes que posúe o ser humano para construír un autoconcepto

positivo e potenciar a súa autoestima.

10. Reflexionar sobre as propias emocións para recoñecelas en situacións cotiás e poder

mellorar as habilidades emocionais.

11. Comprender o concepto de intelixencia emocional e valorar a súa importancia na

personalidade e no carácter moral do ser humano para mellorar as súas habilidades

emocionais.

162

12. Recoñecer a relación do ser humano co contorno e os axentes sociais que o

conforman, entendendo a súa influencia no desenvolvemento moral da persoa e

valorando a vida en sociedade desde valores éticos recoñecidos.

13. Desenvolver certas habilidades sociais e técnicas de comunicación para dominar

formas e xestos habituais que favorezan tanto as relacións interpersoais como o

respecto á dignidade e aos dereitos das persoas.

14. Entender a influencia das virtudes e dos valores éticos no establecemento

respectuoso e comprensivo de relacións interpersoais, así como no exercicio da

liberdade individual e social.

15. Sinalar os límites entre a liberdade persoal e a social, marcados pola ética e os

dereitos humanos.

16. Valorar a importancia das habilidades emocionais, sociais e asertivas, co fin de

moldear a personalidade a través de valores e virtudes éticos que favorezan as

relacións interpersoais positivas e respectuosas, asegurando así unha vida en

sociedade máis xusta e enriquecedora.

17. Recoñecer a vida privada e pública das persoas para trazar os límites da liberdade

individual e social.

18. Apreciar o efecto que producen os valores na conduta individual e social,

identificar os problemas derivados da súa ausencia e promovelos en beneficio das

persoas e da sociedade.

19. Describir as semellanzas e as diferenzas que existen entre a moral e a ética,

valorando a importancia desta última para actuar de forma racional.

20. Identificar a liberdade como base que sostén a moral da persoa e a intelixencia, a

vontade e as normas éticas como medios que rexen a súa conduta.

21. Explicar a función dos valores éticos na vida persoal e social do ser humano,

destacando a importancia de ser respectados.

22. Coñecer como se creou a ONU e o momento histórico que impulsou a elaboración

da DUDH, destacando o seu valor como fundamento ético universal da

lexitimidade do dereito e dos Estados.

23. Entender e valorar o contido da DUDH, facendo especial fincapé no respecto á

dignidade humana como base de todos os dereitos humanos.

24. Coñecer o panorama actual respecto ao exercicio dos dereitos da muller e da

infancia en gran parte do mundo, coñecendo as causas da situación e tomando

conciencia delas, co fin de promover a súa solución.

3. COMPETENCIAS CLAVE, INDICADORES E DESCRITORES3. DESCRIT

COMPETENCIAS INDICADORES DESCRITORES

163

CLAVE

Competencia matemática

e competencias básicas en

ciencia e tecnoloxía

Coidado do contorno

ambiental e dos seres

vivos

- Interactuar co contorno

natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso

responsable dos recursos

naturais para promover un

desenvolvemento sostible.

- Respectar e preservar a vida

dos seres vivos do seu

contorno.

- Tomar conciencia dos

cambios producidos polo ser

humano no contorno natural

e as repercusións para a vida

futura.

Vida saudable

- Desenvolver e promover

hábitos de vida saudable en

canto á alimentación e ao

exercicio físico.

- Xerar criterios persoais sobre

a visión social da estética do

corpo humano fronte ao seu

coidado saudable.

A ciencia no día a día

- Recoñecer a importancia da

ciencia na nosa vida cotiá.

- Aplicar métodos científicos

rigorosos para mellorar a

comprensión da realidade

circundante en distintos

ámbitos (biolóxico,

xeolóxico, físico, químico,

tecnolóxico, xeográfico...).

- Manexar os coñecementos

sobre ciencia e tecnoloxía

para solucionar problemas,

comprender o que acontece

arredor nosa e responder

preguntas.

Manexo de elementos

matemáticos

- Coñecer e utilizar os

elementos matemáticos

básicos: operacións,

164

magnitudes, porcentaxes,

proporcións, formas

xeométricas, criterios de

medición e codificación

numérica, etc.

- Comprender e interpretar a

información presentada en

formato gráfico.

- Expresarse con propiedade

na linguaxe matemática.

Razoamento lóxico e

resolución de problemas

- Organizar a información

utilizando procedementos

matemáticos.

- Resolver problemas

seleccionando os datos e as

estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de

resolución de problemas a

situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Comprensión oral e

escrita

- Comprender o sentido dos

textos escritos e orais.

- Manter unha actitude

favorable cara á lectura.

Expresión oral e escrita

- Expresarse oralmente con

corrección, adecuación e

coherencia.

- Utilizar o vocabulario

adecuado, as estruturas

lingüísticas e as normas

ortográficas e gramaticais

para elaborar textos escritos

e orais.

- Compoñer distintos tipos de

textos creativamente con

sentido literario.

Normas de comunicación

- Respectar as normas de

comunicación en calquera

contexto: quenda de palabra,

escoita atenta ao

interlocutor...

- Manexar elementos de

comunicación non verbal, ou

165

en diferentes rexistros, nas

diversas situacións

comunicativas.

Comunicación noutras

linguas

- Entender o contexto

sociocultural da lingua, así

como a súa historia para usar

mellor a devandita lingua.

- Manter conversas noutras

linguas sobre temas cotiáns

en distintos contextos.

- Utilizar os coñecementos

sobre a lingua para buscar

información e ler textos en

calquera situación.

- Producir textos escritos de

diversa complexidade para o

seu uso en situacións cotiás

ou en materias diversas.

Competencia dixital

Tecnoloxías da

información

- Empregar distintas fontes

para a busca de información.

- Seleccionar o uso das

distintas fontes segundo a

súa fiabilidade.

- Elaborar e publicitar

información propia derivada

de información obtida a

través de medios

tecnolóxicos.

Comunicación

audiovisual

- Utilizar as distintas canles de

comunicación audiovisual

para transmitir informacións

diversas.

- Comprender as mensaxes

que veñen dos medios de

comunicación.

Utilización de

ferramentas dixitais

- Manexar ferramentas dixitais

para a construción de

coñecemento.

- Actualizar o uso das novas

tecnoloxías para mellorar o

166

traballo e facilitar a vida

diaria.

- Aplicar criterios éticos no

uso das tecnoloxías.

Conciencia e expresións

culturais

Respecto polas

manifestacións culturais

propias e alleas

- Mostrar respecto cara ao

patrimonio cultural mundial

nas súas distintas vertentes

(artístico-literaria,

etnográfica, científico-

técnica...) e cara ás persoas

que contribuíron ao seu

desenvolvemento.

- Valorar a interculturalidade

como unha fonte de riqueza

persoal e cultural.

- Apreciar os valores culturais

do patrimonio natural e da

evolución do pensamento

científico.

Expresión cultural e

artística

- Expresar sentimentos e

emocións mediante códigos

artísticos.

- Apreciar a beleza das

expresións artísticas e das

manifestacións de

creatividade e fomentar o

gusto pola estética no ámbito

cotián.

- Elaborar traballos e

presentacións con sentido

estético.

Competencias sociais e

cívicas

Educación cívica e

constitucional

- Coñecer as actividades

humanas, adquirir unha idea

da realidade histórica a partir

de distintas fontes e

identificar as implicacións

que ten vivir nun Estado

social e democrático de

dereito referendado por unha

constitución.

- Aplicar dereitos e deberes da

167

convivencia cidadá no

contexto da escola.

Relación cos demais

- Desenvolver capacidade de

diálogo cos demais en

situacións de convivencia e

traballo e para a resolución

de conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para

a participación activa en

ámbitos de participación

establecidos.

- Recoñecer riqueza na

diversidade de opinións e

ideas.

Compromiso social

- Aprender a comportarse

desde o coñecemento dos

distintos valores.

- Concibir unha escala de

valores propia e actuar

conforme a ela.

- Evidenciar preocupación

polos máis desfavorecidos e

respecto aos distintos ritmos

e potencialidades.

- Involucrarse ou promover

accións cun fin social.

168

Sentido de iniciativa e

espírito emprendedor

Autonomía persoal

- Optimizar recursos persoais

apoiándose nas fortalezas

propias.

- Asumir as responsabilidades

encomendadas e dar conta

delas.

- Ser constante no traballo,

superando as dificultades.

- Dirimir a necesidade de

axuda en función da

dificultade da tarefa.

Liderado

- Xestionar o traballo do grupo

coordinando tarefas e

tempos.

- Contaxiar entusiasmo pola

tarefa e ter confianza nas

posibilidades de alcanzar

obxectivos.

- Priorizar a consecución de

obxectivos grupais sobre os

intereses persoais.

Creatividade

- Xerar novas e diverxentes

posibilidades desde

coñecementos previos dun

tema.

- Configurar unha visión de

futuro realista e ambiciosa.

- Atopar posibilidades no

contorno que outros non

aprecian.

Emprendemento

- Optimizar o uso de recursos

materiais e persoais para a

consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal

para iniciar ou promover

accións novas.

- Asumir riscos no

desenvolvemento das tarefas

ou os proxectos.

- Actuar con responsabilidade

social e sentido ético no

traballo.

169

Aprender a aprender

Perfil de aprendiz

- Identificar potencialidades

persoais como aprendiz:

estilos de aprendizaxe,

intelixencias múltiples,

funcións executivas...

- Xestionar os recursos e as

motivacións persoais en

favor da aprendizaxe.

- Xerar estratexias para

aprender en distintos

contextos de aprendizaxe.

Ferramentas para

estimular o pensamento

- Aplicar estratexias para a

mellora do pensamento

creativo, crítico, emocional,

interdependente...

- Desenvolver estratexias que

favorezan a comprensión

rigorosa dos contidos.

Planificación e avaliación

da aprendizaxe

- Planificar os recursos

necesarios e os pasos que se

deben realizar no proceso de

aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos

e tomar decisións sobre os

pasos seguintes en función

dos resultados intermedios.

- Avaliar a consecución de

obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos

procesos de aprendizaxe.

4. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE VALORES ÉTICOS ÁS COMPETENCIAS

CLAVE

Na área de Valores Éticos incidiremos no adestramento de todas as competencias de

xeito sistemático, facendo fincapé nos descritores máis afíns á área.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

170

O desenvolvemento desta competencia nesta área permítenos afondar no eixe sobre o

que xira todo o currículo básico e o carácter específico do saber ético, xa que todo

problema ou situación implica unha demostración racional. Así mesmo, esta

competencia ofrece a oportunidade de realizar argumentacións, considerar e realizar

xuízos morais e aplicar estratexias de resolución de problemas.

Os descritores que podemos traballar son:

- Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un

desenvolvemento sostible.

- Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no contorno natural e as

súas repercusións na vida futura.

- Xerar criterios persoais sobre a visión social da estética do corpo humano fronte ao

coidado saudable.

- Aplicar métodos científicos rigorosos para mellorar a comprensión da realidade

circundante en distintos ámbitos (biolóxico, xeolóxico, físico, químico, tecnolóxico,

xeográfico...).

- Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas,

comprender o que acontece arredor nosa e responder preguntas.

- Coñecer e utilizar os elementos matemáticos básicos: operacións, magnitudes,

porcentaxes, proporcións, formas xeométricas, criterios de medición e codificación

numérica, etc.

- Organizar a información utilizando procedementos matemáticos.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Para o bo desenvolvemento desta competencia, será decisivo o fomento da lectura, a

análise e a reflexión sobre libros e textos relacionados cos contidos curriculares. Deste

xeito, desenvolveranse a comprensión lectora e a expresión oral e escrita, á vez que se

adquiren coñecementos sobre os valores éticos e os dereitos humanos.

Por outro lado, contribuirase conxuntamente á comunicación lingüística e á transmisión

de valores a través da exposición e da resolución de dilemas morais, pois estes esixen

poñer en práctica habilidades como a escoita activa, a empatía e a expresión de ideas e

de sentimentos, utilizando a linguaxe verbal e a non verbal.

Os descritores que podemos utilizar serán:

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia.

- Utilizar o vocabulario adecuado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e

gramaticais correctas para elaborar textos escritos e orais.

- Manexar elementos de comunicación non verbal en diferentes rexistros e nas diversas

situacións comunicativas.

171

- Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra,

escoita atenta ao interlocutor...

- Compoñer distintos tipos de textos de forma creativa con sentido literario.

- Producir textos escritos de diversa complexidade para o seu uso en situacións cotiás

ou en materias diversas.

Competencia dixital

Desenvolver a competencia dixital desde esta área axudaranos a manexar ferramentas

que posibiliten o acceso ao coñecemento de feitos sociais, de documentos históricos e

de tratados internacionais que poñan de relevo a contribución dos valores éticos á

sociedade. Á súa vez, proporcionará ao alumnado a oportunidade de entender a relación

que existe entre a tecnoloxía e os valores éticos, para que aprenda a facer un bo uso dela

no seu tempo libre.

Podemos adestrar os seguintes descritores:

- Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Seleccionar o uso das distintas fontes segundo a súa fiabilidade.

- Elaborar información propia derivada de información obtida a través de medios

tecnolóxicos.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Comprender as mensaxes elaboradas en códigos diversos.

- Actualizar o uso das novas tecnoloxías para mellorar o traballo e facilitar a vida

diaria.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

Conciencia e expresións culturais

Esta área contribúe á competencia de conciencia e expresións culturais na medida que

posibilita a adquisición de pautas persoais, interpersoais e interculturais que permiten

participar de forma eficaz e construtiva en calquera sociedade democrática, respectando

os valores e os dereitos socialmente recoñecidos.

Os descritores que adestraremos nesta competencia son:

- Valorar a interculturalidade como unha fonte de riqueza persoal e cultural.

- Expresar sentimentos e emocións desde códigos artísticos.

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e as manifestacións de creatividade e

fomentar o gusto pola estética no ámbito cotián.

- Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.

Competencias sociais e cívicas

A área de Valores Éticos é, sen dúbida, a materia desde onde se traballan de forma máis

directa as competencias sociais e cívicas do alumnado. As habilidades sociais e de

colaboración increméntanse cando se reflexiona sobre o fundamento ético da sociedade

e se toma conciencia da importancia dos seus valores éticos e morais. Á súa vez, ofrece

172

a posibilidade de resolver conflitos interpersoais de forma construtiva, polo que o

alumnado non só fortalece a súa identidade persoal, senón que desenvolve actitudes

como a tolerancia, a asertividade, a solidariedade e o respecto á pluralidade cultural,

política, relixiosa ou de calquera outra natureza.

Os indicadores desta competencia poden facilitar o adestramento de cada un dos

descritores que enunciamos a continuación:

- Coñecer as actividades humanas, adquirir unha idea da realidade histórica a partir de

distintas fontes e identificar as implicacións que ten vivir nun Estado social e

democrático de dereito referendado por unha constitución.

- Aplicar dereitos e deberes da convivencia cidadá no contexto da escola.

- Desenvolver a capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e de

traballo, e para a resolución de conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para a participación activa en ámbitos de participación

establecidos.

- Recoñecer a riqueza da diversidade de opinións e de ideas.

- Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Evidenciar preocupación polos máis desfavorecidos e respecto aos distintos ritmos e

potencialidades.

- Involucrarse ou promover accións cun fin social.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Para exercer dun modo consciente, crítico e reflexivo o exercicio da liberdade e

emprender accións que beneficien a sociedade, resulta necesario que os alumnos e as

alumnas desenvolvan aspectos como a autonomía, o liderado, a creatividade ou a

iniciativa persoal.

Desde esta área considéranse tarefas e situacións reais e hipotéticas que permiten o

adestramento das devanditas habilidades. Isto vai posibilitar que o alumnado expoña as

súas ideas, inicie accións novas, asuma responsabilidades ou xestione os recursos

materiais e persoais que ten ao seu alcance.

Neste caso, os descritores que cumpriría adestrar serían:

- Optimizar recursos persoais apoiándose nas fortalezas.

- Asumir as responsabilidades encomendadas e dar conta delas.

- Ser constante no traballo superando as dificultades.

- Dirimir a necesidade de axuda en función da dificultade da tarefa.

- Xestionar o traballo do grupo coordinando tarefas e tempos.

- Asumir riscos no desenvolvemento das tarefas ou dos proxectos.

- Actuar con responsabilidade social e sentido ético no traballo.

- Mostrar iniciativa persoal para iniciar ou promover accións novas.

- Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución dos obxectivos.

- Atopar posibilidades no contorno que outros non aprecian.

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos dun tema.

173

Aprender a aprender

A competencia de aprender a aprender implica ser consciente das necesidades e dos

procesos de aprendizaxe, o recoñecemento de oportunidades e a habilidade de superar

dificultades para poder aprender con éxito. Esta promóvese na área de Valores Éticos

mediante o exercicio de procesos cognitivos como analizar, sintetizar, relacionar,

comparar ou argumentar, así como favorecendo o interese por descubrir a verdade e os

valores que impregnan as experiencias da súa vida cotiá.

Os descritores que poderiamos utilizar para adestrar esta competencia serían:

- Identificar potencialidades persoais como aprendiz: estilos de aprendizaxe,

intelixencias múltiples, funcións executivas...

- Xestionar os recursos e as motivacións persoais en favor da aprendizaxe.

- Xerar estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe.

- Aplicar estratexias para a mellora do pensamento creativo, crítico, emocional,

interdependente...

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Planificar os recursos necesarios e os pasos que se deben realizar no proceso de

aprendizaxe.

- Avaliar a consecución dos obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos procesos de aprendizaxe.

5. ORGANIZACIÓN E SECUENCIA DE CONTIDOS.TEMPORALIZACIÓN.

OBXECTIVOS MÍNIMOS,

Bloque 1. A dignidade da persoa

1. A persoa e a súa dignidade ética.

- O concepto de persoa e as súas características.

- A autonomía moral.

2. A intelixencia emocional e a súa importancia na vida moral.

- A intelixencia emocional e as súas características.

- Emocións, sentimentos e valores éticos.

- A vida intrapersoal e as virtudes éticas.

- As habilidades emocionais, segundo Goleman, e o desenvolvemento moral.

- A introspección.

174

3. A adolescencia, a crise da identidade persoal e os valores éticos.

- A adolescencia: as súas características e a crise da identidade persoal.

- O proxecto persoal de vida e a función dos valores éticos.

- Os grupos de adolescentes e os valores éticos.

4. A personalidade e os valores éticos.

- A personalidade e o seu proceso de construción.

- A autodeterminación e a adquisición das virtudes e dos valores éticos persoais.

- Actos, hábitos e carácter.

- A importancia da virtude en Aristóteles.

5. A autodeterminación e os valores éticos.

- O papel da liberdade e os valores éticos na construción da propia identidade e

a súa autoestima.

Bloque 2. A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais

1. O desenvolvemento social no ser humano, as relacións interpersoais e a vida

moral.

- A socialización e a interiorización das normas morais.

- A crítica racional como medio de superación social e cultural.

- A dignidade da persoa e as relacións interpersoais.

- Os valores éticos nas relacións entre o individuo e a sociedade.

- As virtudes éticas nas relacións interpersoais.

- A importancia das virtudes e dos valores éticos nas relacións interpersoais.

- O respecto aos valores éticos a través das habilidades sociais e a asertividade.

- As relacións entre a sociedade e o individuo, o ámbito público e o privado, a

liberdade individual e a social.

Bloque 3. A reflexión ética

1. As relacións entre ética e moral.

- A ética e a súa relación coa moral.

- A reflexión ética e o desenvolvemento humano.

- Os valores, características e xerarquía.

- Os valores éticos e a súa relación coa plena realización humana.

Bloque 4. Os valores éticos, o dereito, a DUDH e outros tratados internacionais

sobre dereitos humanos

1. Os dereitos humanos e a DUDH.

- Características dos dereitos humanos.

- As tres xeracións de dereitos humanos, orixe histórica e documental.

- Os dereitos da muller e da infancia no século XXI, a súa problemática

específica e a necesidade da súa difusión e respecto.

175

Temporalización

Bloque 1. 1ª Avaliación.

Bloque 2 e 3. 2ª Avaliación.

Bloque 4. 3ª Avaliación.

Obxectivos mínimos 1º ESO

Bloque 1. A dignidade da persoa

1. O concepto problemático de persoa. Significado etimolóxico.

2. Dignidade da persoa: a persoa como ser moral.

3. dolescencia: crise de identidade, formación de grupos e influencia do grupo no/na

adolescente.

4. Desenvolvemento da autonomía persoal na adolescencia. Control da conduta e

escolla de valores éticos.

5. A intelixencia emocional e o seu papel no desenvolvemento moral da persoa.

6. Introspección: autocoñecemento, autocontrol e autonomía.

interpersoais

1. A natureza social do ser humano.

2. Proceso de socialización: interiorización de valores e normas morais.

3. Diferenza entre a vida privada (regulada pola ética) e a vida pública (regulada polo

dereito). ímites da liberdade nos dous ámbitos.

4. sertividade e respecto á dignidade das outras persoas.

1. Diferenzas entre ética e moral. Importancia da reflexión ética.

2. Liberdade e concepto de persoa.

3. Valores. O seu papel na vida individual e colectiva.

4. alores e normas éticas, e os seus efectos beneficiosos para a persoa e para a

comunidade.

1. elación entre os conceptos de Ética, Política e xustiza no pensamento de ristóteles.

2. Participación activa do cidadánna vida política.

3. alores éticos e conceptos preliminares da Constitución Española de 1978.

Humanos (DUDH) e outros tratados internacionais sobre dereitos humanos

1. Preámbulo da DUDH: a dignidade das persoas como fundamento dos seus dereitos

universais, inalienables e innatos.

176

2. Dereitos da muller: patróns económicos e socioculturais que fomentaron a violencia e

desigualdade de xénero.

1. Dimensión moral da ciencia e da tecnoloxía polo seu impacto en todos os ámbitos da vida

humana.

2. Problemas da tecnodependencia.

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

Bloque 1. A dignidade da persoa

1. Construír un concepto de persoa, consciente de que esta é indefinible, valorando

a dignidade que posúe polo feito de ser libre.

1.1. Sinala as dificultades para definir o concepto de persoa, analizando o seu

significado etimolóxico e algunhas definicións achegadas por filósofos.

1.2. Describe as características principais da persoa: substancia independente,

racional e libre.

1.3. Explica e valora a dignidade da persoa que, como ente autónomo, se

converte nun «ser moral».

2. Apreciar a capacidade do ser humano para influír de xeito consciente e

voluntario na construción da propia identidade conforme os valores éticos, e así

mellorar a súa autoestima.

2.1. Toma conciencia e aprecia a capacidade que posúe para modelar a súa

propia identidade e facer de si mesmo unha persoa xusta, sincera,

tolerante, amable, xenerosa, respectuosa, solidaria, honesta, libre, etc.;

nunha palabra, unha persoa digna de ser apreciada por ela mesma.

2.2. Deseña un proxecto de vida persoal conforme o modelo de persoa que

quere ser e os valores éticos que desexa adquirir, facendo que a súa propia

vida teña un sentido.

3. Comprender a crise da identidade persoal que xorde na adolescencia e as súas

causas, describindo as características dos grupos que forman os mozos e a

influencia que exercen sobre os seus membros, co fin de tomar conciencia da

necesidade que teñen, para seguir crecendo moralmente e pasar á vida adulta,

do desenvolvemento da súa autonomía persoal e do control da súa conduta.

3.1. Coñece información, de fontes diversas, acerca dos grupos de

adolescentes, as súas características e a influencia que exercen sobre os

seus membros na determinación da súa conduta, realizando un resumo coa

información obtida.

3.2. Elabora conclusións acerca da importancia que ten para o adolescente

177

desenvolver a autonomía persoal e ter o control da súa propia conduta

conforme os valores éticos libremente elixidos.

3.3. Busca información acerca das causas que provocan a crise de identidade

persoal nos adolescentes e aprecia a importancia de superar o

egocentrismo moral, intelectual e emocional propio deste momento, para

pasar á etapa de autonomía moral.

4. Identificar os conceptos de heteronomía e de autonomía mediante a concepción

kantiana da persoa, co fin de valorar a súa importancia e aplicala na

realización da vida moral.

4.1. Explica a concepción kantiana do concepto de persoa como suxeito

autónomo capaz de ditar as súas propias normas morais.

4.2. Comenta e valora a idea de Kant ao concibir a persoa como un fin en si

mesma, rexeitando a posibilidade de ser tratada por outros como

instrumento para alcanzar fins alleos a ela.

5. Describir en que consiste a personalidade e valorar a importancia de

enriquecela con valores e virtudes éticas mediante o esforzo e a vontade

persoal.

5.1. Identifica en que consiste a personalidade, os factores xenéticos, sociais,

culturais e ambientais que inflúen na súa construción, e aprecia a

capacidade de autodeterminación do ser humano.

6. Xustificar a importancia que ten o uso da razón e da liberdade no ser humano

para determinar «como quere ser», elixindo os valores éticos que desexa

incorporar a súa personalidade.

6.1. Describe e estima o papel relevante da razón e da liberdade para

configurar, cos seus propios actos, a estrutura da súa personalidade.

6.2. Realiza unha lista daqueles valores éticos que estima como desexables

para integralos na súa personalidade, explicando as razóns da súa

elección.

7. Entender a relación que existe entre os actos, os hábitos e o desenvolvemento do

carácter mediante a comprensión do concepto de virtude en Aristóteles e, en

especial, o relativo ás virtudes éticas pola importancia que teñen no

desenvolvemento da personalidade.

7.1. Indaga en diversas fontes acerca do concepto de virtude e as súas

características en Aristóteles, sinalando a relación que ten cos actos, cos

hábitos e co carácter, elaborando conclusións de forma razoada acerca do

tema.

7.2. Enumera algúns dos beneficios que, segundo Aristóteles, achegan as

virtudes éticas ao ser humano, identificando algunhas destas e

ordenándoas de acordo cun criterio racional.

8. Analizar en que consiste a intelixencia emocional e valorar a súa importancia

no desenvolvemento moral do ser humano.

8.1. Define a intelixencia emocional e as súas características, valorando a súa

importancia na construción moral do ser humano.

8.2. Explica en que consisten as emocións e os sentimentos e como se

178

relacionan coa vida moral.

8.3. Atopa a relación que existe, disertando en grupo, entre algunhas virtudes e

valores éticos e o desenvolvemento das capacidades de autocontrol

emocional e de automotivación, como a sinceridade, o respecto, a

prudencia, a temperanza, a xustiza e a perseveranza, entre outras.

9. Estimar a importancia do desenvolvemento da intelixencia emocional, o seu

carácter moral e a súa influencia na construción da personalidade, sendo capaz

de utilizar a introspección para recoñecer emocións e sentimentos, co fin de

mellorar as súas habilidades emocionais.

9.1. Comprende en que consisten as habilidades emocionais que, segundo

Goleman, debe desenvolver o ser humano e elabora, en colaboración

grupal, un esquema explicativo acerca do tema.

9.2. Relaciona o desenvolvemento das habilidades emocionais coa adquisición

das virtudes éticas, tales como a perseveranza, a prudencia, a autonomía

persoal, a temperanza, a fortaleza da vontade, a honestidade consigo

mesmo, o respecto á xustiza e a fidelidade aos seus propios principios

éticos, entre outras.

9.3. Utiliza a introspección como medio para recoñecer as súas propias

emocións, sentimentos e estados de ánimo, co fin de ter un maior

autocontrol deles e ser capaz de automotivarse, converténdose no dono da

súa propia conduta.

10. Comprender e apreciar a capacidade do ser humano para influír de xeito

consciente e voluntario na construción da súa propia identidade conforme os

valores éticos, e así mellorar a súa autoestima.

10.1. Toma conciencia e aprecia a capacidade que posúe para modelar a súa

propia identidade e facer de si mesmo unha persoa xusta, sincera,

tolerante, amable, xenerosa, respectuosa, solidaria, honesta, libre, etc.;

nunha palabra, digna de ser apreciada por si mesma.

10.2. Deseña un proxecto de vida persoal conforme o modelo de persoa que

quere ser e os valores éticos que desexa adquirir, facendo que a súa propia

vida teña un sentido.

Bloque 2. A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais

1. Coñecer os fundamentos da natureza social do ser humano e a relación

dialéctica que se establece entre este e a sociedade, estimando a importancia

dunha vida social dirixida polos valores éticos.

1.1. Explica por que o ser humano é social por natureza e valora as

consecuencias que ten este feito na súa vida persoal e moral.

1.2. Discirne e expresa, en pequenos grupos, acerca da influencia mutua que se

establece entre o individuo e a sociedade.

1.3. Achega razóns que fundamentan a necesidade de establecer uns valores

éticos que guíen as relacións interpersoais e utiliza a súa iniciativa persoal

para elaborar, mediante soportes informáticos, unha presentación gráfica

179

das súas conclusións acerca deste tema.

2. Describir e valorar a importancia da influencia do contorno social e cultural no

desenvolvemento moral da persoa mediante a análise do papel que desempeñan

os axentes sociais.

2.1. Describe o proceso de socialización e valora a súa importancia na

interiorización individual dos valores e das normas morais que rexen a

conduta da sociedade na que vive e se desenvolve o ser humano.

2.2. Exemplifica, en colaboración grupal, a influencia que teñen na

configuración da personalidade humana os valores morais inculcados

polos axentes sociais, entre eles a familia, a escola, os amigos e os medios

de comunicación masiva, elaborando un esquema e extraendo algunhas

conclusións.

2.3. Xustifica e aprecia a necesidade da crítica racional como medio

indispensable para adecuar os costumes, as normas, os valores, etc., do

seu contorno aos valores éticos universais establecidos na DUDH,

rexeitando todo aquilo que atente contra a dignidade humana e os seus

dereitos fundamentais.

3. Distinguir, na persoa, os ámbitos da vida privada e da vida pública, a primeira

regulada pola ética e a segunda polo dereito, co fin de identificar os límites da

liberdade persoal e social.

3.1. Define os ámbitos da vida privada e da pública, así como o límite da

liberdade humana, en ambos os dous casos.

3.2. Distingue entre os ámbitos de acción que corresponden á ética e ao

dereito, expoñendo as súas conclusións mediante unha presentación

elaborada con medios informáticos.

3.3. Elabora unha lista con algúns valores éticos que deben estar presentes nas

relacións entre o individuo e a sociedade, como a responsabilidade, o

compromiso, a tolerancia, o pacifismo, a lealdade, a solidariedade, a

prudencia, o respecto mutuo e a xustiza, entre outros.

3.4. Xustifica o deber moral e cívico que toda persoa ten de prestar auxilio e

socorro a todo aquel cuxa vida, liberdade e seguridade estea en perigo de

forma inminente, colaborando, na medida das súas posibilidades, na

prestación de primeiros auxilios en casos de emerxencia.

3.5. Reflexiona acerca do problema da relación entre estes dous campos, o

privado e o público, e a posibilidade de que exista un conflito de valores

éticos entrambos os dous, así como a forma de atopar unha solución

baseada nos valores éticos, exemplificando de xeito concreto tales casos e

expoñendo as súas posibles solucións fundamentadas eticamente.

4. Relacionar e valorar a importancia das habilidades da intelixencia emocional,

sinaladas por Goleman, en relación coa vida interpersoal e establecer o seu

vínculo con aqueles valores éticos que enriquecen as relacións humanas.

4.1. Comprende a importancia que, para Goleman, teñen a capacidade de

recoñecer as emocións alleas e a de controlar as relacións interpersoais,

elaborando un resumo esquemático acerca do tema.

180

5. Utilizar a conduta asertiva e as habilidades sociais co fin de incorporar á súa

personalidade algúns valores e virtudes éticas necesarios no desenvolvemento

dunha vida social máis xusta e enriquecedora.

5.1. Explica en que consiste a conduta asertiva, facendo unha comparación co

comportamento agresivo ou inhibido, e adopta como principio moral

fundamental, nas relacións interpersoais, o respecto á dignidade das

persoas.

5.2. Mostra, nas relacións interpersoais, unha actitude de respecto cara aos

dereitos que todo ser humano ten a sentir, a pensar e a actuar de forma

diferente, a equivocarse, a gozar do tempo de descanso, a ter unha vida

privada, a tomar as súas propias decisións, etc., e, especificamente, a ser

valorado de forma especial polo simple feito de ser persoa, sen

discriminar nin menosprezar a ninguén, etc.

5.3. Emprega, en diálogos curtos reais ou inventados, habilidades sociais como

a empatía, a escoita activa, a interrogación asertiva, entre outras, co fin de

que aprenda a utilizalas de forma natural na súa relación cos demais.

5.4. Exercita algunhas técnicas de comunicación interpersoal, mediante a

realización de diálogos orais, como a forma adecuada de dicir non, o disco

raiado, o banco de néboa, etc., co obxecto de dominalas e poder utilizalas

no momento adecuado.

6. Utilizar de xeito habitual formas e xestos que favorecen o respecto á dignidade e

aos dereitos das persoas nas relacións interpersoais, mediante o exercicio e o

desenvolvemento dalgunhas habilidades sociais e técnicas de comunicación.

6.1. Explica en que consiste a conduta asertiva, facendo unha comparación co

comportamento agresivo ou inhibido, e adopta como principio moral

fundamental nas relacións interpersoais o respecto á dignidade das

persoas.

6.2. Emprega e exercita, en diálogos curtos reais ou inventados, as súas

habilidades sociais, como a empatía, a escoita activa, a interrogación

asertiva, entre outras, co fin de que aprenda a utilizalas de forma natural

na súa relación cos demais.

6.3. Práctica algunhas técnicas de comunicación interpersoal mediante a

realización de diálogos orais, como a forma axeitada de dicir non, o disco

raiado, o banco de néboa, etc., co obxectivo de dominalas e utilizalas no

momento adecuado.

6.4. Nas relacións interpersoais, mostra unha actitude de respecto cara aos

dereitos de todo ser humano a sentir, a pensar e a actuar de forma

diferente, a equivocarse, a gozar do tempo de descanso, a ter unha vida

privada, a tomar as súas propias decisións, etc., e, especialmente, a ser

valorados polo simple feito de ser persoas, sen discriminar nin

menosprezar a ninguén, etc.

7. Xustificar a importancia que teñen os valores e as virtudes éticas para conseguir

unhas relacións interpersoais xustas, respectuosas e satisfactorias.

7.1. Identifica a adquisición das virtudes éticas como unha condición necesaria

181

para lograr unhas boas relacións interpersoais, entre elas a prudencia, a

lealdade, a sinceridade, a xenerosidade, etc.

7.2. Elabora unha lista con algúns valores éticos que deben estar presentes nas

relacións entre o individuo e a sociedade, como a responsabilidade, o

compromiso, a tolerancia, o pacifismo, a lealdade, a solidariedade, a

prudencia, o respecto mutuo e a xustiza, entre outros.

7.3. Destaca o deber moral e cívico que toda persoa ten de prestar auxilio e

socorro a todo aquel cuxa vida, liberdade e seguridade estean en perigo de

forma inminente, colaborando, na medida das súas posibilidades, en

prestar primeiros auxilios en casos de urxencia.

Bloque 3. A reflexión ética

1. Distinguir entre ética e moral, sinalando as semellanzas e as diferenzas entre

elas e estimando a importancia da reflexión ética como un saber práctico

necesario para guiar de forma racional a conduta do ser humano cara á súa

plena realización.

1.1. Recoñece as diferenzas entre a ética e a moral en canto á súa orixe e á súa

finalidade.

1.2. Achega razóns que xustifican a importancia da reflexión ética como unha

guía racional de conduta necesaria na vida do ser humano, expresando de

forma apropiada os argumentos nos que se fundamenta.

2. Destacar o significado e a importancia da natureza moral do ser humano,

analizando as súas etapas de desenvolvemento e tomando conciencia da

necesidade que ten de normas éticas, libres e racionalmente asumidas, como

guía do seu comportamento.

2.1. Distingue entre a conduta instintiva do animal e o comportamento racional

e libre do ser humano, destacando a magnitude das súas diferenzas e

apreciando as consecuencias que estas teñen na vida das persoas.

2.2. Sinala en que consiste a estrutura moral da persoa como ser racional e

libre, razón pola cal esta é responsable da súa conduta e das consecuencias

que esta teña.

3. Recoñecer que a liberdade constitúe a raíz da estrutura moral da persoa e

apreciar o papel que a intelixencia e a vontade teñen como factores que

incrementan a capacidade de autodeterminación.

3.1. Describe a relación entre a liberdade e os conceptos de persoa e de

estrutura moral.

3.2. Analiza e valora a influencia que teñen na liberdade persoal a intelixencia,

que nos permite coñecer posibles opcións para elixir, e a vontade, que nos

dá a fortaleza suficiente para facer o que decidimos facer.

4. Xustificar e apreciar o papel dos valores na vida persoal e social, resaltando as

súas características, clasificación e xerarquía, co fin de comprender a súa

natureza e a súa importancia.

4.1. Explica que son os valores, as súas principais características e aprecia a

182

súa importancia na vida individual e colectiva das persoas.

4.2. Busca e selecciona información acerca da existencia de diferentes clases

de valores, como os relixiosos, os afectivos, os intelectuais, os vitais, etc.

4.3. Realiza, en traballo de grupo, unha xerarquía de valores, explicando a súa

fundamentación racional, mediante unha exposición co uso de medios

informáticos ou audiovisuais.

5. Resaltar a importancia dos valores éticos, as súas especificacións e a súa

influencia na vida persoal e social do ser humano, destacando a necesidade de

que sexan recoñecidos e respectados por todos.

5.1. Describe as características distintivas dos valores éticos utilizando

exemplos concretos e apreciando a súa relación esencial coa dignidade

humana e na conformación dunha personalidade xusta e satisfactoria.

5.2. Utiliza o seu espírito emprendedor para realizar, en grupo, unha campaña

destinada a difundir a importancia de respectar os valores éticos tanto na

vida persoal como social.

6. Tomar conciencia da importancia dos valores e das normas éticas como guía da

conduta individual e social, asumindo a responsabilidade de difundilos e de

promovelos polos beneficios que achegan á persoa e á comunidade.

6.1. Destaca algunhas das consecuencias negativas que, no nivel individual e

comunitario, ten a ausencia de valores e de normas éticos, como o

egoísmo, a corrupción, a mentira, o abuso de poder, a intolerancia, a

insolidariedade, a violación dos dereitos humanos, etc.

6.2. Emprende, utilizando a súa iniciativa persoal e a colaboración en grupo, a

organización e o desenvolvemento dunha campaña no seu contorno co fin

de promover o recoñecemento dos valores éticos como elementos

fundamentais do pleno desenvolvemento persoal e social.

Bloque 4. Os valores éticos, o dereito, a DUDH e outros tratados internacionais

sobre dereitos humanos

1. Analizar o momento histórico e político que impulsou a elaboración da DUDH e

a creación da ONU, co fin de entendela como unha necesidade do seu tempo

cuxo valor continúa vixente como fundamento ético universal da lexitimidade do

dereito e dos Estados.

1.1. Explica a función da DUDH como un «código ético» recoñecido polos

países integrantes da ONU co fin promover a xustiza, a igualdade e a paz

en todo o mundo.

1.2. Contrasta información dos acontecementos históricos e políticos que

deron orixe á DUDH, entre eles, as ideoloxías nacionalistas e racistas que

defendían a superioridade duns seres humanos sobre outros, chegando ao

extremo do Holocausto xudeu, así como á discriminación e ao exterminio

de todos aqueles que non pertencesen a unha determinada etnia, modelo

físico, relixión, ideas políticas, etcétera.

1.3. Sinala os obxectivos que tivo a creación da ONU e a data na que se asinou

183

a DUDH, valorando a importancia deste feito para a historia da

humanidade.

2. Identificar, no preámbulo da DUDH, o respecto á dignidade das persoas e os

seus atributos esenciais como o fundamento do que derivan todos os dereitos

humanos.

2.1. Explica e aprecia en que consiste a dignidade que esta Declaración

recoñece ao ser humano como persoa posuidora duns dereitos universais,

inalienables e innatos, mediante a lectura do seu Preámbulo.

3. Interpretar e apreciar o contido e a estrutura interna da DUDH co fin de

coñecela e propiciar o aprecio e o respecto cara a ela.

3.1. Constrúe un esquema acerca da estrutura da DUDH, a cal se compón dun

preámbulo e 30 artigos, que poden clasificarse do seguinte xeito:

- Os artigos 1 e 2 refírense aos dereitos inherentes a toda persoa: a

liberdade, a igualdade, a fraternidade e a non discriminación.

- Os artigos 3 ao 11 refírense aos dereitos individuais.

- Os artigos 12 ao 17 establecen os dereitos do individuo en relación coa

comunidade.

- Os artigos 18 ao 21 sinalan os dereitos e as liberdades políticos.

- Os artigos 22 ao 27 céntranse nos dereitos económicos, sociais e

culturais.

- Finalmente, os artigos 28 ao 30 refírense á interpretación de todos eles,

ás condicións necesarias para o seu exercicio e aos seus límites.

3.2. Elabora unha campaña, en colaboración grupal, co fin de difundir a

DUDH como fundamento do dereito e da democracia no seu ámbito

escolar, familiar e social.

4. Comprender o desenvolvemento histórico dos dereitos humanos como unha

conquista da humanidade e estimar a importancia do problema que presenta na

actualidade o exercicio dos dereitos da muller e da infancia en gran parte do

mundo, tomando conciencia dela co fin de promover a solución deses

problemas.

4.1. Describe os feitos máis influentes no desenvolvemento histórico dos

dereitos humanos, partindo da primeira xeración: os dereitos civís e

políticos, seguindo cos da segunda xeración: económicos, sociais e

culturais, e estudando os da terceira: dereitos dos pobos á solidariedade,

ao desenvolvemento e á paz.

4.2. Dá razóns acerca da orixe histórica do problema dos dereitos da muller,

recoñecendo os patróns económicos e socioculturais que fomentaron a

violencia e a desigualdade de xénero.

4.3. Xustifica a necesidade de actuar en defensa dos dereitos da infancia,

loitando contra a violencia e o abuso do que nenos e nenas son vítimas no

século XXI, como o abuso sexual, o traballo infantil, a súa utilización

como soldados, etc.

4.4. Emprende, en traballo colaborador, a elaboración dunha campaña contra a

discriminación da muller e a violencia de xénero no seu contorno familiar,

184

escolar e social, avaliando os resultados obtidos.

5. Avaliar, utilizando o xuízo crítico, a magnitude dos problemas aos que se

enfronta a aplicación da DUDH na actualidade, apreciando o labor que

realizan institucións e ONG que traballan na defensa dos dereitos humanos

auxiliando aqueles que non teñen a oportunidade de exercelos.

5.1. Investiga, a partir de información obtida en distintas fontes, sobre os

problemas e os retos que ten a aplicación da DUDH en canto ao exercicio

dos dereitos civís —destacando os problemas relativos á intolerancia, á

exclusión social, á discriminación da muller, á violencia de xénero e á

existencia de actitudes como a homofobia, o racismo, a xenofobia, o acoso

laboral e escolar, etc. — e dos dereitos políticos —guerras, terrorismo,

ditaduras, xenocidio, refuxiados políticos, etcétera.

5.2. Indaga, en colaboración grupal, acerca do labor de institucións e

voluntarios que, en todo o mundo, traballan polo cumprimento dos

dereitos humanos, como Amnistía Internacional, Manos Unidas, Médicos

sen Fronteiras ou Cáritas, entre outros, elaborando e expresando as súas

conclusións.

7. CRITERIOS METODOLÓXICOS

Os alumnos e as alumnas deben desenvolver nesta etapa un pensamento e unha actitude

críticos que se sustenten en valores morais e éticos recoñecidos. Por iso, farase fincapé

na necesidade de analizar, formular e dar solucións a problemas cun fondo ético.

Desde esta perspectiva, a liña metodolóxica que rexerá as accións docentes nesta área

desenvolverase a través de métodos activos, indutivos e mixtos; é dicir, métodos

eminentemente participativos onde se alterna o traballo individual co traballo en grupo.

A aplicación dos devanditos métodos leva implícita a utilización de estilos de ensino

socializadores, cognitivos e creativos para conseguir que os seus xuízos e eleccións

dirixan a súa conduta e as súas relacións sociais cara ao benestar común.

Neste contexto metodolóxico, o estudante convértese en protagonista da súa propia

aprendizaxe, mentres que o docente vai cedendo terreo para que o alumnado logre maior

autonomía nas súas aprendizaxes e cree estruturas cognitivas que lle permitan un

pensamento e un proxecto de vida propios, asumindo de modo consciente, crítico e

reflexivo o exercicio da liberdade e o control acerca da súa propia existencia.

Á súa vez, a transmisión do coñecemento das características que conforman a imaxe

persoal farase a partir de aprendizaxes baseadas na experiencia, onde o alumnado

percibe a información a través das súas propias experiencia e respectando sempre o

185

desenvolvemento dos seus diversos estilos de aprendizaxe. Tamén se combinarán

técnicas como a ensinanza recíproca, a discusión guiada con técnicas de visualización,

de role play.

Este abano de accións docentes permitirá ao alumnado comprender e interiorizar os

valores éticos de forma holística, comprensiva e significativa.

8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Con respecto ás actividades complementarias, convén reflexionar sobre estas catro

cuestións:

• Conseguíronse os obxectivos propostos a partir das actividades realizadas?

• Como resultaron as actividades?

• Cales gustaron máis?

• Que propostas de mellora podemos sinalar?

9. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN.

Para evidenciar a aprendizaxe na aula ao longo das distintas unidades didácticas iremos

planificando a realización e recollida de produtos que mostre o nivel de consecución do

estándar e a súa evolución ao longo do curso. A nota de cada trimestre dependerá dos

logros de cada alumno no terreo do traballo que realice en clase.

As evidencias que podemos recoller na área de Valores Éticos poden ser:

• Actividades do libro do alumnado ou da proposta didáctica que traballen

explicitamente sobre os estándares definidos na unidade.

• Mapas mentais ou conceptuais elaborados polos estudantes.

• Produtos de aprendizaxe deseñados en tarefas de aplicación nun contexto real.

• Probas escritas que recollan os estándares de aprendizaxe.

• Problemas de aplicación de contidos nos que é necesario o desenvolvemento do

razoamento lóxico.

• Ferramentas de autoavaliación e coavaliación do traballo na aula.

Pero tamén a atención, interese, boa actitude cara a materia, respecto ao profesor e aos

compañeiros son elementos a ter en conta na determinación da nota.

INSTRUMENTOS E PROCEDEMENTOS DE CUALIFICACIÓN

186

A cualificación establécese en torno a tres instrumentos:

1. A participación na clase e o traballo de continuidade e de aula, así como os

debates e análise de cada contido, merecerán unha cualificación do 40% da nota.

2. O exame de avaliación que constará de análise básico de texto, diversas

cuestións sobre os contidos correspondentes, a proposición de problemas para a

reflexión persoal, serán cualificados cun máximo do 20% da nota.

3. A actitude, comportamento e interese pola materia merecerá a cualificación

dun 40% da nota.

10. RECURSOS DIDÁCTICOS

RECURSOS DIDÁCTiCOS

Suxerimos o uso dos materiais seguintes:

• O libro do alumnado para a área de Valores Éticos de 1.º ESO da Editorial Santillana.

. Textos tomados de diversos libros, así coma noticias xornalísticas, materiais de video,

etcétera.

11. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

Descrición do grupo despois da avaliación inicial

Á hora de formular as medidas de atención á diversidade e inclusión debemos solicitar,

en primeiro lugar, diversa información sobre cada grupo de alumnos e alumnas; como

mínimo debe coñecerse a relativa a:

• O número de alumnos e alumnas.

• O funcionamento do grupo (clima da aula, nivel de disciplina, atención...).

• As fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de contidos

curriculares.

• As necesidades que se puidesen identificar; convén pensar nesta fase en como se

poden abordar (planificación de estratexias metodolóxicas, xestión da aula,

estratexias de seguimento da eficacia de medidas, etc.).

• As fortalezas que se identifican no grupo en canto aos aspectos competenciais.

187

• Os desempeños competenciais prioritarios que hai que practicar no grupo nesta

materia.

• Os aspectos que se deben ter en conta ao agrupar os alumnos e as alumnas para os

traballos cooperativos.

• Os tipos de recursos que se necesitan adaptar no nivel xeral para obter un logro

óptimo do grupo.

Necesidades individuais

A avaliación inicial facilítanos non só coñecemento acerca do grupo como conxunto,

senón que tamén nos proporciona información acerca de diversos aspectos individuais

dos nosos estudantes; a partir dela poderemos:

• Identificar os alumnos ou as alumnas que necesitan un maior seguimento ou

personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en conta

aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con necesidades

non diagnosticadas, pero que requira atención específica por estaren en risco, pola súa

historia familiar, etc.).

• Saber as medidas organizativas que cómpre adoptar. (Planificación de reforzos,

situación de espazos, xestión de tempos grupais para favorecer a intervención

individual).

• Establecer conclusións sobre as medidas curriculares que cómpre adoptar, así como

sobre os recursos que se van empregar.

• Analizar o modelo de seguimento que se vai utilizar con cada un deles.

• Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van avaliar os progresos destes

estudantes.

• Fixar o modo en que se vai compartir a información sobre cada alumno ou alumna co

resto de docentes que interveñen no seu itinerario de aprendizaxe; especialmente, co

titor.

Dado que en primeiro de ESO podénse detectar diversos alumnos con necesidades especiais,

en especial o alumno con parálise cerebral, e tamén o alumno con discapacidade cognitiva,

axeitarase a programación ás súas características. Faránse probas especiais para esas situacións

de dificultades de comunicación, con exames claros, dispoñibilidade de tempo, etcétera. Os

dous dispoñen de adaptacións curriculares individualizadas (ACI) e contan con profesorado de

apoio para colaborar e levar a cabo esta tarefa. A alumnos diagnosticados de TDAH faránselles

tamén, no posible, exames curtos e con preguntas breves, claras e con vocabulario sinxelo,

sendo flexibles no tempo de duración.

12. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

188

Propoñemos promover a reflexión docente e a autoavaliación da realización e do

desenvolvemento de programacións didácticas. Para iso, ao finalizar cada unidade

didáctica proponse unha secuencia de preguntas que permitan ao docente avaliar o

funcionamento do programado na aula e establecer estratexias de mellora para a propia

unidade.

189

12. VALORES ÉTICOS 2º ESO

1. Obxectivos xerais de Educación Secundaria.189

2..Obxectivos da área de Valores Éticos.190

3. Competencias clave, indicadores e descritores.192

4. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias clave.199

5.Organización e secuenciación de contidos e estándares de aprendizaxe

avaliables.Temporización. Obxectivos mínimos. Criterios de avaliación. 203

6. Criterios metodolóxicos e estratexias didácticas xerais para utilizar na área.211

7. Actividades complementarias.212

8. Criterios de cualificación e promoción.213

9. Recursos didácticos.214

10.Medidas de atención á diversidade e inclusión.214

11.Avaliación da programación didáctica.215

1. OBXECTIVOS XERAIS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

A Educación Secundaria Obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e as

alumnas as capacidades que lles permitan:

a) Asumir responsablemente os seus deberes; coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto aos demais; practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as

persoas e grupos; exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos e a

igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns

dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en

equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da

aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades

entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera

outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que

supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de

violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas

súas relacións cos demais e resolver pacificamente os conflitos, así como rexeitar a

violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con

190

sentido crítico, incorporar novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no

campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en

distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os

problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza nun mesmo, a participación, o

sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,

planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e na

galega, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no

estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.

l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e dos

demais, así como o patrimonio artístico e cultural.

m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as

diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación

física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade.

Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado

dos seres vivos e o medio, e contribuír así á súa conservación e mellora.

n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións

artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

2. OBXECTIVOS DA ÁREA DE VALORES ÉTICOS 2.º ESO

1. Expresar o significado da personalidade, describindo as virtudes e os valores éticos

que fortalecen o carácter e axudan a actuar sobre a base da razón e da liberdade.

2. Tomar conciencia da importancia que teñen o desenvolvemento da autonomía e o

control da conduta no crecemento moral da persoa cara á vida adulta.

3. Desenvolver certas habilidades sociais e técnicas de comunicación para dominar

formas e xestos habituais que favorezan tanto as relacións interpersoais como o

respecto á dignidade e aos dereitos das persoas.

4. Identificar as aptitudes que posúe o ser humano para construír un autoconcepto

positivo e potenciar a súa autoestima.

5. Valorar a importancia das habilidades emocionais, sociais e asertivas, co fin de

moldear a personalidade a través de valores e virtudes éticos que favorezan as

relacións interpersoais positivas e respectuosas, asegurando así unha vida en

sociedade máis xusta e enriquecedora.

191

6. Entender a influencia das virtudes e dos valores éticos no establecemento

respectuoso e comprensivo de relacións interpersoais, así como no exercicio da

liberdade individual e social.

7. Identificar a liberdade como base que sostén a moral da persoa e a intelixencia, a

vontade e as normas éticas como medios que rexen a súa conduta.

8. Sinalar os límites entre a liberdade persoal e a social, marcados pola ética e os

dereitos humanos.

9. Recoñecer a vida privada e pública das persoas para trazar os límites da liberdade

individual e social.

10. Asumir que a liberdade e a xustiza conforman a base moral do ser humano,

valorando a vontade e a razón como elementos que incrementan a súa

independencia e autonomía na sociedade.

11. Coñecer diversas teorías éticas, así como os elementos comúns e diferenciadores

que as compoñen.

12. Comprender os elementos máis significativos de teorías éticas, como o hedonismo

de Epicuro, o eudemonismo aristotélico e a ética utilitarista.

13. Aproximarse aos aspectos básicos do eudemonismo aristotélico, apreciando a súa

validez na actualidade.

14. Coñecer as semellanzas e as diferenzas entre a ética, o dereito e a xustiza.

15. Coñecer o panorama actual respecto ao exercicio dos dereitos da muller e da

infancia en gran parte do mundo, coñecendo as causas da situación e tomando

conciencia delas, co fin de promover a súa solución.

16. Tomar conciencia da falta de neutralidade de certas investigacións científicas

actuais, cuxos obxectivos non respectan un código ético fundamentado na

Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en prol dun falso progreso e

prexudicando as persoas ou o ambiente.

17. Coñecer que é a tecnociencia e avaliar o seu impacto negativo no ambiente.

18. Aplicar os valores éticos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos como

criterio para establecer límites éticos e xurídicos á actividade científica e

tecnolóxica, evitando así unha aplicación indebida e facilitando a resolución dos

dilemas morais que adoitan presentarse nos campos da medicina e da biotecnoloxía.

19. Entender os problemas que a dependencia da tecnoloxía provoca ao ser humano.

20. Identificar pautas e investigacións científicas que non respectan o código ético

fundamentado na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

192

3. COMPETENCIAS CLAVE, INDICADORES E DESCRITORES

COMPETENCIAS

CLAVE INDICADORES DESCRITORES

Competencia matemática

e competencias básicas

en ciencia e tecnoloxía

Coidado do contorno

ambiental e dos seres

vivos

- Interactuar co contorno

natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso

responsable dos recursos

naturais para promover un

desenvolvemento sostible.

- Respectar e preservar a vida

dos seres vivos do seu

contorno.

- Tomar conciencia dos

cambios producidos polo ser

humano no contorno natural e

as repercusións para a vida

futura.

Vida saudable

- Desenvolver e promover

hábitos de vida saudable en

canto á alimentación e ao

exercicio físico.

- Xerar criterios persoais sobre

a visión social da estética do

corpo humano fronte ao seu

coidado saudable.

A ciencia no día a día

- Recoñecer a importancia da

ciencia na nosa vida cotiá.

- Aplicar métodos científicos

rigorosos para mellorar a

comprensión da realidade

circundante en distintos

ámbitos (biolóxico,

xeolóxico, físico, químico,

tecnolóxico, xeográfico...).

- Manexar os coñecementos

sobre ciencia e tecnoloxía

para solucionar problemas,

comprender o que acontece

arredor e responder

preguntas.

193

Manexo de elementos

matemáticos

- Coñecer e utilizar os

elementos matemáticos

básicos: operacións,

magnitudes, porcentaxes,

proporcións, formas

xeométricas, criterios de

medición e codificación

numérica, etc.

- Comprender e interpretar a

información presentada en

formato gráfico.

- Expresarse con propiedade na

linguaxe matemática.

Razoamento lóxico e

resolución de problemas

- Organizar a información

utilizando procedementos

matemáticos.

- Resolver problemas

seleccionando os datos e as

estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de

resolución de problemas a

situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Comprensión: oral e

escrita

- Comprender o sentido dos

textos escritos e orais.

- Manter unha actitude

favorable cara á lectura.

Expresión: oral e escrita

- Expresarse oralmente con

corrección, adecuación e

coherencia.

- Utilizar o vocabulario

adecuado, as estruturas

lingüísticas e as normas

ortográficas e gramaticais

para elaborar textos escritos e

orais.

- Compoñer distintos tipos de

textos creativamente con

sentido literario.

194

Normas de comunicación

- Respectar as normas de

comunicación en calquera

contexto: quenda de palabra,

escoita atenta ao

interlocutor...

- Manexar elementos de

comunicación non verbal, ou

en diferentes rexistros, nas

diversas situacións

comunicativas.

Comunicación noutras

linguas

- Entender o contexto

sociocultural da lingua, así

como a súa historia para un

mellor uso desta.

- Manter conversas noutras

linguas sobre temas cotiáns

en distintos contextos.

- Utilizar os coñecementos

sobre a lingua para buscar

información e ler textos en

calquera situación.

- Producir textos escritos de

diversa complexidade para o

seu uso en situacións cotiás

ou en materias diversas.

Competencia dixital

Tecnoloxías da

información

- Empregar distintas fontes

para a busca de información.

- Seleccionar o uso das

distintas fontes segundo a súa

fiabilidade.

- Elaborar e publicitar

información propia derivada

de información obtida a

través de medios

tecnolóxicos.

Comunicación

audiovisual

- Utilizar as distintas canles de

comunicación audiovisual

para transmitir informacións

diversas.

- Comprender as mensaxes que

veñen dos medios de

comunicación.

195

Utilización de

ferramentas dixitais

- Manexar ferramentas dixitais

para a construción de

coñecemento.

- Actualizar o uso das novas

tecnoloxías para mellorar o

traballo e facilitar a vida

diaria.

- Aplicar criterios éticos no uso

das tecnoloxías.

Conciencia e expresións

culturais

Respecto polas

manifestacións culturais

propias e alleas

- Mostrar respecto cara ao

patrimonio cultural mundial

nas súas distintas vertentes

(artístico-literaria,

etnográfica, científico-

técnica...), e cara ás persoas

que contribuíron ao seu

desenvolvemento.

- Valorar a interculturalidade

como unha fonte de riqueza

persoal e cultural.

- Apreciar os valores culturais

do patrimonio natural e da

evolución do pensamento

científico.

Expresión cultural e

artística

- Expresar sentimentos e

emocións mediante códigos

artísticos.

- Apreciar a beleza das

expresións artísticas e as

manifestacións de

creatividade e gusto pola

estética no ámbito cotián.

- Elaborar traballos e

presentacións con sentido

estético.

196

Competencias sociais e

cívicas

Educación cívica e

constitucional

- Coñecer as actividades

humanas, adquirir unha idea

da realidade histórica a partir

de distintas fontes, e

identificar as implicacións

que ten vivir nun Estado

social e democrático de

dereito referendado por unha

constitución.

- Aplicar dereitos e deberes da

convivencia cidadá no

contexto da escola.

Relación cos demais

- Desenvolver capacidade de

diálogo cos demais en

situacións de convivencia e

traballo e para a resolución de

conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para

a participación activa en

ámbitos de participación

establecidos.

- Recoñecer riqueza na

diversidade de opinións e

ideas.

Compromiso social

- Aprender a comportarse

desde o coñecemento dos

distintos valores.

- Concibir unha escala de

valores propia e actuar

conforme a ela.

- Evidenciar preocupación

polos máis desfavorecidos e

respecto aos distintos ritmos e

potencialidades.

- Involucrarse ou promover

accións cun fin social.

197

Sentido de iniciativa e

espírito emprendedor

Autonomía persoal

- Optimizar recursos persoais

apoiándose nas fortalezas

propias.

- Asumir as responsabilidades

encomendadas e dar conta

delas.

- Ser constante no traballo,

superando as dificultades.

- Dirimir a necesidade de axuda

en función da dificultade da

tarefa.

Liderado

- Xestionar o traballo do grupo

coordinando tarefas e tempos.

- Contaxiar entusiasmo pola

tarefa e ter confianza nas

posibilidades de alcanzar

obxectivos.

- Priorizar a consecución de

obxectivos grupais sobre os

intereses persoais.

Creatividade

- Xerar novas e diverxentes

posibilidades desde

coñecementos previos dun

tema.

- Configurar unha visión de

futuro realista e ambiciosa.

- Atopar posibilidades no

contorno que outros non

aprecian.

Emprendemento

- Optimizar o uso de recursos

materiais e persoais para a

consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal

para iniciar ou promover

accións novas.

- Asumir riscos no

desenvolvemento das tarefas

ou os proxectos.

- Actuar con responsabilidade

social e sentido ético no

traballo.

198

Aprender a aprender

Perfil de aprendiz

- Identificar potencialidades

persoais como aprendiz:

estilos de aprendizaxe,

intelixencias múltiples,

funcións executivas...

- Xestionar os recursos e as

motivacións persoais en favor

da aprendizaxe.

- Xerar estratexias para

aprender en distintos

contextos de aprendizaxe.

Ferramentas para

estimular o pensamento

- Aplicar estratexias para a

mellora do pensamento

creativo, crítico, emocional,

interdependente...

- Desenvolver estratexias que

favorezan a comprensión

rigorosa dos contidos.

Planificación e

avaliación da

aprendizaxe

- Planificar os recursos

necesarios e os pasos que se

deben realizar no proceso de

aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos e

tomar decisións sobre os

pasos seguintes en función

dos resultados intermedios.

- Avaliar a consecución de

obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos

procesos de aprendizaxe.

199

4. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA AO DESENVOLVEMENTO DAS

COMPETENCIAS CLAVE

Descrición do modelo competencial

Na descrición do modelo competencial inclúese o marco de descritores competenciais,

no que aparecen os contidos reconfigurados desde un enfoque de aplicación que facilita

o adestramento das competencias; lembremos que estas non se estudan, nin se ensinan:

adéstranse. Para iso, é necesaria a xeración de tarefas de aprendizaxe que permitan ao

alumnado a aplicación do coñecemento mediante metodoloxías de aula activas.

Abordar cada competencia de xeito global en cada unidade didáctica é imposible;

debido a iso, cada unha destas divídese en indicadores de seguimento (entre dous e

cinco por competencia), grandes piares que permiten describila dun xeito máis preciso;

dado que o carácter destes é aínda moi xeral, o axuste do nivel de concreción esixe que

os devanditos indicadores se dividan, á súa vez, no que se denominan descritores da

competencia, que serán os que «describan» o grao competencial do alumnado. Por cada

indicador de seguimento atoparemos entre dous e catro descritores, cos verbos en

infinitivo.

En cada unidade didáctica cada un destes descritores concrétase en desempeños

competenciais, redactados en terceira persoa do singular do presente de indicativo. O

desempeño é o aspecto específico da competencia que se pode adestrar e avaliar de

xeito explícito; é, polo tanto, concreto e obxectivable. Para o seu desenvolvemento,

partimos dun marco de descritores competenciais definido para o proxecto e aplicable a

todas as materias e cursos da etapa.

Respectando o tratamento específico nalgunhas áreas, os elementos transversais, como

a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as

tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a educación cívica e

constitucional, traballaranse desde todas as áreas, posibilitando e fomentando que o

proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado sexa o máis completo posible.

Por outra parte, o desenvolvemento e a aprendizaxe dos valores, presentes en todas as

áreas, axudará a que os nosos alumnos e alumnas aprendan a desenvolverse nunha

sociedade ben consolidada na que todos poidamos vivir, e en cuxa construción

colaboren.

A diversidade dos nosos alumnos e alumnas, cos seus estilos de aprendizaxe diferentes,

debera conducirnos a traballar desde as diferentes potencialidades de cada un deles,

apoiándonos sempre nas súas fortalezas para poder dar resposta ás súas necesidades.

200

Na área de Valores Éticos

Na área de Valores Éticos incidiremos no adestramento de todas as competencias de

xeito sistemático facendo fincapé nos descritores máis afíns á área.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

O desenvolvemento desta competencia nesta área permítenos debullar o eixe no que xira

todo o currículo básico e o carácter específico do saber ético, xa que todo problema ou

situación implica unha demostración racional. Así mesmo, esta competencia ofrece a

oportunidade de realizar argumentacións propias ou baseadas en teorías éticas e

filosóficas. Ademais, permite considerar e realizar xuízos morais ou aplicar estratexias

de resolución de problemas e de conflitos.

Os descritores que podemos traballar son:

- Interactuar co contorno natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un

desenvolvemento sostible.

- Respectar e preservar a vida dos seres vivos do seu contorno.

- Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no contorno natural e das

súas repercusións para a vida futura.

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas,

comprender o que acontece arredor nosa e responder preguntas.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Para o bo desenvolvemento desta competencia, será decisivo o fomento da lectura, a

análise e a reflexión de libros e textos relacionados cos contidos curriculares. Deste

modo, desenvolveranse a comprensión lectora e a expresión oral e escrita, ao mesmo

tempo que se adquiren coñecementos sobre as teorías e os valores éticos, a moral, a

liberdade, a xustiza, os dereitos humanos e a vida en sociedade.

Por outro lado, contribuirase conxuntamente á comunicación lingüística e á transmisión

de valores a través da reflexión individual e grupal sobre situacións pasadas e actuais,

da busca de información, da elaboración e exposición de traballos en colaboración que

esixen poñer en práctica habilidades como a escoita activa, a empatía e a expresión de

ideas e sentimentos, utilizando as linguaxes verbal, corporal e artística.

Os descritores que podemos utilizar son:

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia.

201

- Utilizar o vocabulario adecuado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e

gramaticais correctas para elaborar textos escritos e orais.

- Compoñer distintos tipos de textos creativamente con sentido literario.

- Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra,

escoita atenta ao interlocutor...

- Manexar elementos de comunicación non verbal en diferentes rexistros e nas diversas

situacións comunicativas.

No caso de centros plurilingües que impartan a materia noutra lingua:

- Manter conversas noutras linguas sobre temas cotiáns en distintos contextos.

- Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en

calquera situación.

- Producir textos escritos de diversa complexidade para o seu uso en situacións cotiás

ou en materias diversas.

Competencia dixital

Desenvolver a competencia dixital desde esta área axudaranos a manexar ferramentas

que posibiliten o acceso ao coñecemento de feitos sociais, de documentos históricos, de

teorías éticas e científicas e de tratados internacionais que poñan de relevo a

contribución dos valores éticos á sociedade. Á súa vez, proporcionará ao alumnado a

oportunidade de entender a relación que existe entre a tecnoloxía, os valores éticos e a

sociedade, para que aprenda a facer un bo uso dela ao longo da súa vida.

Os descritores que podemos utilizar son:

- Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Elaborar e publicitar información propia derivada de información obtida a través de

medios tecnolóxicos.

- Utilizar as distintas canles de comunicación audiovisual para transmitir informacións

diversas.

- Comprender as mensaxes que veñen dos medios de comunicación.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Actualizar o uso das novas tecnoloxías para mellorar o traballo e facilitar a vida

diaria.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

Conciencia e expresións culturais

Esta área contribúe á competencia de conciencia e expresións culturais na medida en

que se reflexiona sobre o fundamento ético da sociedade e se toma conciencia da

importancia dos seus valores culturais. Á súa vez, posibilita a adquisición de pautas

persoais, interpersoais e interculturais que permiten participar de forma eficaz e

construtiva en calquera sociedade democrática, respectando os valores éticos e os

dereitos e os deberes socialmente recoñecidos.

Os descritores que adestraremos nesta competencia son:

202

- Valorar a interculturalidade como unha fonte de riqueza persoal e cultural.

- Apreciar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento

científico.

- Expresar sentimentos e emocións mediante códigos artísticos.

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e as manifestacións de creatividade, e

fomentar o gusto pola estética no ámbito cotián.

- Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.

Competencias sociais e cívicas

A área de Valores Éticos é, sen dúbida, a materia desde onde se traballan de forma máis

directa as competencias sociais e cívicas do alumnado. As habilidades sociais e de

colaboración increméntanse cando se reflexiona sobre o fundamento ético da sociedade

e se toma conciencia da importancia dos seus valores éticos e morais. Á súa vez, ofrece

a posibilidade de resolver conflitos interpersoais de forma construtiva, polo que o

alumnado non só fortalece a construción da súa personalidade, senón que desenvolve

actitudes como a tolerancia, a asertividade, a solidariedade ou o respecto á pluralidade

cultural, política e relixiosa, favorecendo a socialización e a adquisición de

comportamentos morais significativos.

Os descritores que adestraremos nesta competencia son:

- Coñecer as actividades humanas, adquirir unha idea da realidade histórica a partir de

distintas fontes e identificar as implicacións que ten vivir nun Estado social e

democrático de dereito referendado por unha constitución.

- Aplicar dereitos e deberes da convivencia cidadá no contexto da escola.

- Desenvolver capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e

traballo, e para a resolución de conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para a participación activa en ámbitos de participación

establecidos.

- Recoñecer riqueza na diversidade de opinións e de ideas.

- Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Evidenciar preocupación polos máis desfavorecidos e respecto aos distintos ritmos e

potencialidades.

- Involucrarse ou promover accións cun fin social.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Para exercer dun modo consciente, crítico e reflexivo o exercicio da liberdade e da

xustiza, e emprender accións que beneficien a sociedade, resulta necesario que os

alumnos e as alumnas desenvolvan aspectos como a autonomía, o liderado, a capacidade

de innovación, a creatividade ou a iniciativa persoal.

Desde esta área formúlanse tarefas e situacións reais e hipotéticas que permiten o

adestramento das devanditas habilidades. Isto vai posibilitar que o alumnado expoña as

súas ideas, inicie accións novas, investigue, asuma responsabilidades ou xestione os

recursos materiais, dixitais e persoais que ten ao seu alcance.

203

Neste caso, os descritores que cómpre traballar son:

- Xestionar o traballo do grupo coordinando tarefas e tempos.

- Priorizar a consecución de obxectivos grupais sobre os intereses persoais.

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos dun tema.

- Configurar unha visión de futuro realista e ambiciosa.

- Atopar posibilidades no contorno que outros non aprecian.

- Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal para iniciar ou promover accións novas.

- Asumir riscos no desenvolvemento das tarefas ou dos proxectos.

- Actuar con responsabilidade social e sentido ético no traballo.

Aprender a aprender

A competencia de aprender a aprender implica ser consciente das necesidades e dos

procesos de aprendizaxe, o recoñecemento de oportunidades e a habilidade de superar

dificultades para poder aprender con éxito. Esta promóvese na área de Valores Éticos

mediante o exercicio de procesos cognitivos como analizar, sintetizar, relacionar,

comparar ou argumentar, así como favorecendo o interese por descubrir a verdade dos

feitos históricos e os valores que impregnan as experiencias da súa vida cotiá.

Os descritores que se poden utilizar son:

- Identificar potencialidades persoais como aprendiz: estilos de aprendizaxe,

intelixencias múltiples, funcións executivas...

- Xerar estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe.

- Aplicar estratexias para a mellora do pensamento creativo, crítico, emocional,

interdependente...

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Planificar os recursos necesarios e os pasos que se deben realizar no proceso de

aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos e tomar decisións sobre os pasos seguintes en función

dos resultados intermedios.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos procesos de aprendizaxe.

5. ORGANIZACIÓN E SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS.TEMPORALIZACIÓN E

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES. OBXECTIVOS MÍNIMOS.

Os contidos da área de Valores Éticos agrúpanse en seis bloques e ligados a eles

propóñense os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe.

204

O alumnado deberá adquirir uns coñecementos e unhas destrezas básicas que lle

permitan mellorar a súa autonomía, priorizar os seus valores e prepararse para

converterse no principal axente do seu propio desenvolvemento.

CONTIDOS

Bloque 1. A dignidade da persoa

1. O desenvolvemento da personalidade e as virtudes éticas.

- O proxecto persoal de vida e a función dos valores éticos.

- Actos, hábitos e carácter.

- A importancia da virtude en Aristóteles.

Bloque 2. A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais

1. O desenvolvemento social no ser humano, as relacións interpersoais e os valores

éticos.

- A dignidade da persoa e as relacións interpersoais.

- A asertividade, as habilidades sociais e os valores éticos.

- A intelixencia emocional e a súa importancia na vida moral.

- O respecto aos valores éticos a través das habilidades sociais e a asertividade.

Bloque 3. A reflexión ética

1. As normas éticas como guía da liberdade.

- A liberdade persoal e os factores que interveñen no seu desenvolvemento.

- A educación como un dereito da persoa e un deber da sociedade.

- A necesidade dos valores e as normas éticos no individuo e na sociedade.

- Problemas derivados da ausencia de valores e de normas éticos.

2. As teorías éticas.

- Éticas materiais e éticas formais.

- O eudemonismo Aristotélico.

- O hedonismo epicúreo.

- O utilitarismo de John Stuart Mill.

Bloque 4. Xustiza e política

1. O concepto de xustiza.

- A variedade cultural e o carácter relativo da xustiza.

- O recoñecemento do que é xusto.

- A xustiza entendida como equilibrio.

- Distintas formas de concibir a xustiza.

Bloque 5. Os valores éticos, o dereito e a DUDH

205

1. A busca da liberdade e da igualdade.

- A escravitude e o sometemento dos seres humanos.

- A loita pola liberdade e a igualdade e o fin da escravitude.

- A historia da submisión da muller ao varón.

- O feminismo e a loita pola liberación da muller.

Bloque 6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

1. A relación entre ética, ciencia e tecnoloxía.

- A distinción entre a investigación e a aplicación científica e tecnolóxica, e os

valores que achegan á humanidade.

- A tecnociencia e a concepción tradicional da ciencia e da tecnoloxía.

- O mito da neutralidade científica e a falsa noción de progreso.

2. A necesidade da reflexión ética acerca da ciencia e da tecnoloxía: os dilemas

morais.

- Os límites éticos e xurídicos da investigación e da aplicación científica e

tecnolóxica.

- A tecnodependencia.

- A tecnociencia e o seu impacto negativo no medio ambiente.

Temporalización

Bloque 1 e 2 1ª Avaliación.

Bloque 3 e 4. 2ª Avaliación.

Bloque 5 e 6. 3ª Avaliación.

OBXECTIVOS MÍNIMOS

1. Expresar o significado da personalidade, describindo as virtudes e os valores éticos

que fortalecen o carácter e axudan a actuar sobre a base da razón e da liberdade.

2. Tomar conciencia da importancia que teñen o desenvolvemento da autonomía e o

control da conduta no crecemento moral da persoa cara á vida adulta.

3. Desenvolver certas habilidades sociais e técnicas de comunicación para dominar

formas e xestos habituais que favorezan tanto as relacións interpersoais como o

respecto á dignidade e aos dereitos das persoas.

4. Identificar as aptitudes que posúe o ser humano para construír un autoconcepto

positivo e potenciar a súa autoestima.

5. Valorar a importancia das habilidades emocionais, sociais e asertivas, co fin de

moldear a personalidade a través de valores e virtudes éticos que favorezan as

relacións interpersoais positivas e respectuosas, asegurando así unha vida en

sociedade máis xusta e enriquecedora.

206

6. Entender a influencia das virtudes e dos valores éticos no establecemento

respectuoso e comprensivo de relacións interpersoais, así como no exercicio da

liberdade individual e social.

7. Identificar a liberdade como base que sostén a moral da persoa e a intelixencia, a

vontade e as normas éticas como medios que rexen a súa conduta.

8. Sinalar os límites entre a liberdade persoal e a social, marcados pola ética e os

dereitos humanos.

9. Asumir que a liberdade e a xustiza conforman a base moral do ser humano,

valorando a vontade e a razón como elementos que incrementan a súa

independencia e autonomía na sociedade.

10. Coñecer as semellanzas e as diferenzas entre a ética, o dereito e a xustiza.

11. Coñecer o panorama actual respecto ao exercicio dos dereitos da muller e da

infancia en gran parte do mundo, coñecendo as causas da situación e tomando

conciencia delas, co fin de promover a súa solución.

12. Aplicar os valores éticos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos como

criterio para establecer límites éticos e xurídicos á actividade científica e

tecnolóxica, evitando así unha aplicación indebida e facilitando a resolución dos

dilemas morais que adoitan presentarse nos campos da medicina e da biotecnoloxía.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

Bloque 1. A dignidade da persoa

1. Entender a relación que existe entre os actos, os hábitos e o desenvolvemento do

carácter, mediante a comprensión do concepto de virtude en Aristóteles e, en

especial, o relativo ás virtudes éticas, pola importancia que teñen no

desenvolvemento da personalidade.

1.1. Indaga en diversas fontes acerca do concepto de virtude e as súas

características en Aristóteles, sinalando a relación que ten cos actos, os

hábitos e o carácter, elaborando conclusións de forma razoada acerca do

tema.

1.2. Explica os beneficios que, segundo Aristóteles, achegan as virtudes éticas ao

ser humano, identificando algunhas delas e ordenándoas, de acordo co seu

criterio, e explicando os argumentos nos que fundamenta a devandita orde.

2. Comprender e apreciar a capacidade do ser humano para influír de xeito

consciente e voluntario na construción da súa propia identidade conforme os

valores éticos, e así mellorar a súa autoestima.

2.1. Toma conciencia e aprecia a capacidade que posúe para modelar a súa propia

identidade e facer de si mesmo unha persoa xusta, sincera, tolerante, amable,

xenerosa, respectuosa, solidaria, honesta, libre, etc.; nunha palabra, digna de

ser apreciada por si mesma.

2.2. Deseña un proxecto de vida persoal conforme o modelo de persoa que quere

ser e os valores éticos que desexa adquirir, facendo que a súa propia vida teña

207

un sentido.

Bloque 2. A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais

1. Comprender e valorar a importancia que teñen os valores e as virtudes éticos para

conseguir unhas relacións interpersoais xustas, respectuosas e satisfactorias.

1.1. Identifica a adquisición das virtudes éticas como unha condición necesaria

para lograr unhas boas relacións interpersoais; entre elas, a prudencia, a

lealdade, a sinceridade, a xenerosidade, etc.

2. Utilizar de xeito habitual formas e xestos que favorecen o respecto á dignidade e

aos dereitos das persoas nas relacións interpersoais, mediante o exercicio e o

desenvolvemento dalgunhas habilidades sociais e técnicas de comunicación.

2.1. Mantén unha conduta asertiva, evitando o comportamento agresivo ou

inhibido, e adopta como principio moral fundamental nas relacións

interpersoais o respecto á dignidade das persoas.

2.2. Emprega e exercita, en diálogos curtos reais ou inventados, as súas

habilidades sociais, como a empatía, a escoita activa, a interrogación asertiva,

entre outras, co fin de que aprenda a utilizalos de forma natural na súa

relación cos demais.

2.3. Practica algunhas técnicas de comunicación interpersoal mediante a

realización de diálogos orais, como a forma adecuada de dicir non, o disco

raiado, o banco de néboa, etc., co obxectivo de dominalas e utilizalas no

momento adecuado.

2.4. Nas relacións interpersoais, mostra unha actitude de respecto cara aos

dereitos de todo ser humano a sentir, a pensar e a actuar de forma diferente, a

equivocarse, a gozar do tempo de descanso, a ter unha vida privada, a tomar

as súas propias decisións, etc., e, especialmente, a ser valorados polo simple

feito de ser persoas, sen discriminar nin menosprezar a ninguén, etc.

3. Relacionar e valorar a importancia das habilidades da intelixencia emocional en

relación coa vida interpersoal e establecer o seu vínculo con aqueles valores éticos

que enriquecen as relacións humanas.

3.1. Comprende a importancia que teñen a capacidade de recoñecer as emocións

alleas e a de controlar as relacións interpersoais.

Bloque 3. A reflexión ética

1. Destacar o significado e a importancia da natureza moral do ser humano,

analizando as súas etapas de desenvolvemento e tomando conciencia da necesidade

que ten de normas éticas, libre e racionalmente asumidas, como guía da súa

conduta.

1.1. Distingue entre a conduta instintiva do animal e o comportamento racional e

libre do ser humano, destacando a magnitude das súas diferenzas e

apreciando as consecuencias que estas teñen na vida das persoas.

208

1.2. Identifica en que consiste a estrutura moral da persoa e as súas características

como ser racional e libre, razón pola cal é responsable da súa conduta e das

consecuencias que esta teña.

2. Recoñecer que a liberdade constitúe a raíz da estrutura moral da persoa e apreciar

o papel que a intelixencia e a vontade teñen como factores que incrementan a

capacidade de autodeterminación.

2.1. Describe a relación entre a liberdade e os conceptos de persoa e de estrutura

moral.

2.2. Analiza e valora a influencia que teñen na liberdade persoal a intelixencia,

que nos permite coñecer posibles opcións para elixir, e a vontade, que nos dá

a fortaleza suficiente para facer o que decidimos facer.

2.3. Analiza algúns factores biolóxicos, psicolóxicos, sociais, culturais e

ambientais que inflúen no desenvolvemento da intelixencia e da vontade,

especialmente o papel da educación, expoñendo as súas conclusións de forma

clara mediante unha presentación en soporte informático e audiovisual.

3. Tomar conciencia da importancia dos valores e das normas éticos como guía da

conduta individual e social, asumindo a responsabilidade de difundilos e de

promovelos polos beneficios que achegan á persoa e á comunidade.

3.1. Destaca algunhas das consecuencias negativas que, a nivel individual e

comunitario, ten a ausencia de valores e de normas éticos, como o egoísmo, a

corrupción, a mentira, o abuso de poder, a intolerancia, a insolidariedade, a

violación dos dereitos humanos, etc.

3.2. Emprende, utilizando a súa iniciativa persoal e a colaboración en grupo, a

organización e o desenvolvemento dunha campaña no seu contorno co fin de

promover o recoñecemento dos valores éticos como elementos fundamentais

do pleno desenvolvemento persoal e social.

4. Explicar as características e os obxectivos das teorías éticas, así como a súa

clasificación en éticas de fins e procedementais, sinalando os principios máis

destacados do hedonismo de Epicuro.

4.1. Enuncia os elementos distintivos das teorías éticas, elaborando un esquema

coas súas características máis destacadas.

4.2. Enuncia os aspectos fundamentais da teoría hedonista de Epicuro e os valores

éticos que defende, destacando as características que a identifican como unha

ética de fins.

4.3. Elabora, en colaboración grupal, argumentos a favor e en contra do

epicureísmo, expoñendo as súas conclusións cos argumentos racionais

correspondentes.

5. Entender os principais aspectos do eudemonismo aristotélico, identificándoo como

unha ética de fins e valorando a súa importancia e a súa vixencia actual.

5.1. Explica o significado do termo «eudemonismo» e o que para Aristóteles

significa a felicidade como ben supremo, elaborando e expresando

conclusións.

5.2. Distingue os tres tipos de tendencias que hai no ser humano, segundo

Aristóteles e a súa relación co que el considera como ben supremo da persoa.

209

5.3. Achega razóns para clasificar o eudemonismo de Aristóteles dentro da

categoría das éticas de fins.

6. Comprender os elementos máis significativos da ética utilitarista e a súa relación

co hedonismo de Epicuro, clasificándoa como unha ética de fins e elaborando

argumentos que apoien a súa valoración persoal acerca deste plan ético.

6.1. Salienta as ideas fundamentais da ética utilitarista: o principio de utilidade, o

concepto de pracer, a compatibilidade do egoísmo individual co altruísmo

universal e a situación do valor moral nas consecuencias da acción, entre

outras.

6.2. Enumera as características que fan do utilitarismo e do epicureísmo éticas de

fins.

6.3. Argumenta racionalmente as súas opinións acerca da ética utilitarista.

Bloque 4. A xustiza e a política

1. Comprender e valorar a importancia da relación entre os conceptos de ética,

política e xustiza, mediante a análise e a definición destes termos, destacando o

vínculo entre eles no pensamento de Aristóteles.

1.1. Explica e aprecia as razóns que dá Aristóteles para establecer un vínculo entre

ética, política e xustiza.

1.2. Utiliza e selecciona información acerca dos valores éticos e cívicos,

identificando e apreciando as semellanzas e as diferenzas entre eles.

2. Coñecer e apreciar a política de Aristóteles e as súas características esenciais, así

como entender o seu concepto da xustiza e a súa relación co ben común e a

felicidade, elaborando un xuízo crítico acerca da perspectiva deste filósofo.

2.1. Elabora, recorrendo á súa iniciativa persoal, unha presentación con soporte

informático, acerca da política aristotélica como unha teoría organicista que

propón unha finalidade ética do Estado.

2.2. Selecciona e usa información, en colaboración grupal, para entender e

apreciar a importancia que Aristóteles dá á xustiza como o valor ético no que

se fundamenta a lexitimidade do Estado e a súa relación coa felicidade e o

ben común, expoñendo as súas conclusións persoais debidamente

fundamentadas.

Bloque 5. Os valores éticos, o dereito e a DUDH

1. Comprender o desenvolvemento histórico dos dereitos humanos como unha

conquista da humanidade e estimar a importancia do problema que formula na

actualidade o exercicio dos dereitos da muller e da infancia en gran parte do

mundo, tomando conciencia dela co fin de promover a solución deses problemas.

1.1. Describe os feitos máis influentes no desenvolvemento histórico dos dereitos

humanos.

1.2. Dá razóns acerca da orixe histórica do problema dos dereitos da muller,

recoñecendo os padróns económicos e socioculturais que fomentaron a

210

violencia e a desigualdade de xénero.

1.3. Emprende, en traballo colaborador, a elaboración dunha campaña contra a

discriminación da muller e a violencia de xénero no seu ámbito familiar,

escolar e social, avaliando os resultados obtidos.

Bloque 6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

1. Recoñecer a importancia que ten a dimensión moral da ciencia e da tecnoloxía, así

como a necesidade de establecer límites éticos e xurídicos co fin de orientar a súa

actividade conforme aos valores defendidos na DUDH.

1.1. Utiliza información de distintas fontes para analizar a dimensión moral da

ciencia e da tecnoloxía, avaliando os impactos positivo e negativo que estas

poden ter en todos os ámbitos da vida humana: social, económico, político,

ético e ecolóxico, entre outros.

1.2. Achega argumentos que fundamenten a necesidade de poñer límites éticos e

xurídicos á investigación e práctica tanto científica coma tecnolóxica,

tomando a dignidade humana e os valores éticos recoñecidos na DUDH

como criterio normativo.

1.3. Recorre á súa iniciativa persoal para expoñer as súas conclusións acerca do

tema tratado, utilizando medios informáticos e audiovisuais, de forma

argumentada e ordenada racionalmente.

2. Recoñecer que, na actualidade, existen casos nos que a investigación científica non

é neutral, senón que está determinada por intereses políticos, económicos, etc.,

mediante a análise da idea de progreso e a súa interpretación equivocada cando os

obxectivos que se pretenden non respectan un código ético fundamentado na

DUDH.

2.1. Obtén e selecciona información, en traballo colaborador, dalgúns casos nos

que a investigación científica e tecnolóxica non foi guiada nin é compatible

cos valores éticos expostos na DUDH, xerando impactos negativos no ámbito

humano e ambiental, sinalando as causas.

2.2. Diserta, en colaboración grupal, acerca da idea de progreso na ciencia e a súa

relación cos valores éticos, o respecto á dignidade humana e o seu contorno,

elaborando e expoñendo conclusións.

2.3. Selecciona e contrasta información, en colaboración grupal, acerca dalgunhas

das ameazas que para o ambiente e para a vida ten a aplicación

indiscriminada da ciencia e da tecnoloxía, como a explotación descontrolada

dos recursos naturais, a destrución de hábitats, a contaminación química e

industrial, a chuvia ácida, o cambio climático, a desertización, etc.

3. Recoñecer a necesidade de establecer límites éticos e xurídicos á actividade

científica e tecnolóxica, utilizando como criterio de demarcación os valores éticos

da DUDH, co fin de evitar a súa aplicación inadecuada e de solucionar os dilemas

morais que ás veces se presentan, especialmente no terreo da medicina e da

biotecnoloxía.

211

3.1. Destaca o valor da investigación científica e técnica, pero, ademais, xustifica

a necesidade de poñer límites éticos e xurídicos no seu uso e aplicación, co

fin de garantir o respecto á dignidade humana e os dereitos fundamentais, así

como a protección do ambiente.

3.2. Analiza información, seleccionada de diversas fontes, co fin de coñecer en

que consisten algúns dos últimos avances en medicina e en biotecnoloxía que

formulan dilemas morais, tales como a utilización de células nai, a clonación,

a eutanasia e a euxenesia, entre outros, sinalando algúns perigos que estes

encerran se non se respectan os valores éticos, como pode ser, por exemplo, a

manipulación xenética con fins económicos, políticos, etc.

3.3. Asume unha actitude de tolerancia e de respecto ante as diferentes opinións

que se expresan, co fin de solucionar os dilemas éticos, sen esquecer a

necesidade de rigor na fundamentación racional e ética de todas as

alternativas formuladas.

4. Entender e valorar o problema da tecnodependencia e a alienación humana á que

esta conduce.

4.1. Destaca o problema e o perigo que representa para o ser humano a

tecnodependencia, sinalando os seus síntomas e as súas causas, e

considerando as súas consecuencias negativas, como unha adicción

incontrolada aos dispositivos electrónicos, aos videoxogos e ás redes sociais,

que conducen as persoas cara a unha progresiva deshumanización.

5. Identificar e valorar algúns impactos negativos que, para a especie humana e para

o seu ámbito natural, produciron o desenvolvemento científico e tecnolóxico

utilizado á marxe dos valores éticos.

5.1. Selecciona e contrasta información, en colaboración grupal, acerca dalgunhas

das ameazas que, para o ambiente e a vida, está tendo a aplicación

indiscriminada da ciencia e da tecnociencia, tales como a explotación

descontrolada dos recursos naturais, a destrución de hábitats, a

contaminación química e industrial, a chuvia ácida, o cambio climático, a

desertización, etc., elaborando e expoñendo conclusións.

5.2. Debate, en pequenos grupos, acerca dos intereses e dos obxectivos que están

detrás das aplicacións inapropiadas da tecnociencia, e a falsa idea de progreso

que está implícita nela, expresando as súas opinións fundamentadas nos

valores éticos.

6. CRITERIOS METODOLÓXICOS E ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS XERAIS

PARA UTILIZAR NA ÁREA

212

Traballar de xeito competencial na aula supón un cambio metodolóxico importante; o

docente pasa a ser un xestor de coñecemento do alumnado e o alumno ou alumna

adquire un maior grao de protagonismo.

En concreto, na área de Valores Éticos:

Os alumnos e as alumnas deben desenvolver nesta etapa un pensamento e unha actitude

críticos que se sustenten en valores morais e éticos recoñecidos. Por iso, farase fincapé

na necesidade de analizar, formular e dar solucións a problemas cun fondo ético.

Desde esta perspectiva, a liña metodolóxica que rexerá as accións docentes nesta área

desenvolverase a través de métodos activos, indutivos e mixtos; é dicir, métodos

eminentemente participativos onde se alterna o traballo individual co traballo en grupo.

A aplicación dos devanditos métodos leva implícita a utilización de estilos de ensino

socializadores, cognitivos e creativos para conseguir que os seus xuízos e eleccións

dirixan a súa conduta e as súas relacións sociais cara ao benestar común.

Neste contexto metodolóxico, o estudante convértese en protagonista da súa propia

aprendizaxe, mentres o docente vai cedendo terreo para que o alumnado logre maior

autonomía nas súas aprendizaxes e cre estruturas cognitivas que lle permitan un

pensamento e un proxecto de vida propios, asumindo de modo consciente, crítico e

reflexivo o exercicio da liberdade e o control acerca da súa propia existencia.

Á súa vez, a transmisión do coñecemento das características que conforman a imaxe

persoal farase a partir de aprendizaxes baseadas na experiencia, onde o alumnado

percibe a información a través das súas propias experiencias e respectando sempre o

desenvolvemento dos seus diversos estilos de aprendizaxe. Tamén se combinarán

técnicas como o ensino recíproco, a discusión guiada con técnicas de visualización, de

role play.

Este abano de accións docentes permitiralle ao alumnado comprender e interiorizar os

valores éticos de forma holística, comprensiva e significativa.

7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Con respecto ás actividades complementarias que se poden propoñer ao alumnado,

convén reflexionar sobre estas cuestións:

- Conseguíronse os obxectivos propostos a partir das actividades realizadas?

- Cal foi o resultado da realización das actividades?

213

- Cales delas gustaron máis?

- Que propostas de mellora podemos sinalar?

8. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

Para evidenciar a aprendizaxe na aula ao longo das distintas unidades didácticas iremos

planificando a realización e recollida de produtos que mostre o nivel de consecución do

estándar e a súa evolución ao longo do curso. A nota de cada trimestre dependerá dos

logros de cada alumno no terreo do traballo que realice en clase.

As evidencias que podemos recoller na área de Valores Éticos poden ser:

• Actividades do libro do alumnado ou da proposta didáctica que traballen

explicitamente sobre os estándares definidos na unidade.

• Mapas mentais ou conceptuais elaborados polos estudantes.

• Produtos de aprendizaxe deseñados en tarefas de aplicación nun contexto real.

• Probas escritas que recollan os estándares de aprendizaxe.

• Problemas de aplicación de contidos nos que é necesario o desenvolvemento do

razoamento lóxico.

• Ferramentas de autoavaliación e coavaliación do traballo na aula.

Pero tamén a atención, interese, boa actitude cara a materia, respecto ao profesor e aos

compañeiros son elementos a ter en conta na determinación da nota.

INSTRUMENTOS E PROCEDEMENTOS DE CUALIFICACIÓN

A cualificación establécese en torno a tres instrumentos:

1. A participación na clase e o traballo de continuidade e de aula, así como os

debates e análise de cada contido, merecerán unha cualificación do 40% da nota.

2. O exame de avaliación que constará de análise básico de texto, diversas

cuestións sobre os contidos correspondentes, a proposición de problemas para a

reflexión persoal, serán cualificados cun máximo do 20% da nota.

3. A actitude, comportamento e interese pola materia merecerá a cualificación

dun 40% da nota.

214

9. RECURSOS DIDÁCTICOS

Suxerimos o uso dos materiais seguintes:

- O libro do alumnado para a área de Valores Éticos de 2.º ESO da Editorial Anaya.

- Lectura de artigos de prensa. Visión de programas televisivos, videos, películas e

calquera tipo de material que sirva para crear debate, xenerar empatía e provocar a

reflexión ante os enormes dilemas morais da nosa época –guerras, crise dos

refuxiados, desafiuzamentos, racismo, xenofobia, etcétera-.

10. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

Descrición do grupo despois da avaliación inicial

Á hora de formular as medidas de atención á diversidade e inclusión debemos solicitar,

en primeiro lugar, diversa información sobre cada grupo de alumnos e alumnas; como

mínimo debe coñecerse a relativa a:

- O número de alumnos e alumnas.

- O funcionamento do grupo (clima da aula, nivel de disciplina, atención...).

- As fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de contidos

curriculares.

- As necesidades que se puidesen identificar; convén pensar nesta fase en como se

poden abordar (planificación de estratexias metodolóxicas, xestión da aula,

estratexias de seguimento da eficacia de medidas, etc.).

- As fortalezas que se identifican no grupo en canto aos aspectos competenciais.

- Os desempeños competenciais prioritarios que hai que practicar no grupo nesta

materia.

- Os aspectos que se deben ter en conta ao agrupar os alumnos e as alumnas para os

traballos cooperativos.

215

- Os tipos de recursos que se necesitan adaptar nivel xeral para obter un logro óptimo

do grupo.

Necesidades individuais

A avaliación inicial facilítanos non só coñecemento acerca do grupo como conxunto,

senón que tamén nos proporciona información acerca de diversos aspectos individuais

dos nosos estudantes; a partir dela poderemos:

- Identificar os alumnos ou as alumnas que necesitan un maior seguimento ou

personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en conta

aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con necesidades

non diagnosticadas, pero que requiran atención específica por estar en risco, pola súa

historia familiar, etc.).

- Saber as medidas organizativas que cómpre adoptar. (Planificación de reforzos,

situación de espazos, xestión de tempos grupais para favorecer a intervención

individual).

- Establecer conclusións sobre as medidas curriculares que se van adoptar, así como

sobre os recursos que se van empregar.

- Analizar o modelo de seguimento que se vai utilizar con cada un deles.

- Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van avaliar os progresos destes

estudantes.

- Fixar a maneira en que se vai compartir a información sobre cada alumno ou alumna

co resto de docentes que interveñen no seu itinerario de aprendizaxe; especialmente,

co titor.

-A alumnos diagnosticados de TDAH faránselles tamén, no posible, exames curtos e con

preguntas breves, claras e con vocabulario sinxelo, sendo flexibles no tempo de duración.

11. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Neste apartado pretendemos promover a reflexión docente e a autoavaliación da

realización e o desenvolvemento de programacións didácticas. Para iso, ao finalizar

cada unidade didáctica proponse unha secuencia de preguntas que permitan ao docente

avaliar o funcionamento do programado na aula e establecer estratexias de mellora para

a propia unidade.

216

13. VALORES ÉTICOS 3º ESO

1. Obxectivos xerais de Educación Secundaria.216

2. Obxectivos da área de Valores Éticos.217

3. Competencias clave, indicadores e descritores.219

4. Contribución da área ao desenvolvemento das competencias clave.226

5. Organización e secuenciación de contidos e estándares de aprendizaxe

avaliables.Temporización.Obxectivos mínimos.230

6. Criterios metodolóxicos e estratexias didácticas xerais para utilizar na área.239

7. Criterios e procedementos de cualificación e promoción.240

8. Recursos didácticos.242

9. Medidas de atención á diversidade e inclusión.243

10. Avaliación da programación didáctica.244

1. OBXECTIVOS XERAIS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA

A Educación Secundaria Obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e alumnas

as capacidades que lles permitan:

a) Asumir responsablemente os seus deberes; coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto aos demais; practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as

persoas e grupos; exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos e a

igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns

dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en

equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da

aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades

entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera

outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que

supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de

violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas

súas relacións cos demais e resolver pacificamente os conflitos, así como rexeitar a

violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con

sentido crítico, incorporar novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no

campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en

217

distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os

problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza nun mesmo, a participación, o

sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,

planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e,

se a houbese, na lingua cooficial da comunidade autónoma, textos e mensaxes

complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

i ) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.

j ) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e dos

demais, así como o patrimonio artístico e cultural.

k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as

diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación

física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade.

Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado

dos seres vivos e o ambiente, e contribuír así á súa conservación e mellora.

l ) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións

artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

2. OBXECTIVOS DA AREA DE VALORES ETICOS

1. Argumentar os valores e os principios éticos da DUDH como base das democracias

dos séculos XX e XXI.

2. Sinalar a importancia da participación cidadá nos aspectos políticos do Estado para

asegurar unha democracia que defenda os dereitos humanos.

3. Resaltar o deber ético e cívico dos cidadáns para asumir a democracia como unha

forma de vida, sendo conscientes dos riscos aos que está sometida para poder tomar

as medidas oportunas.

4. Apreciar o valor do «Estado de dereito» e da «división de poderes» como eixes

vertebradores do Estado democrático.

5. Recoñecer e respectar os fundamentos da Constitución española de 1978, resaltando

os valores nos que se asenta e os deberes e os dereitos que ten o individuo para

asumir os principios de convivencia recoñecidos polo Estado español.

6. Realizar unha lectura comprensiva dalgúns artigos da Constitución española

relativos aos dereitos e aos deberes cidadáns e aos seus principios reitores.

7. Valorar a adecuación dos dereitos e dos deberes da Constitución española á

Declaración Universal dos Dereitos Humanos para asumir de forma consciente e

responsable os principios de convivencia que deben rexer no Estado español.

8. Identificar os principios fundamentais da política social e económica do Estado

español, e a súa fundamentación ética.

218

9. Comprender os aspectos principais da UE para valorar a súa utilidade e as cousas

que se están a conseguir.

10. Describir as consecuencias derivadas da xustificación das normas xurídicas, a

través da reflexión sobre diversas teorías, para poder opinar de forma razoada sobre

a base éticas das leis.

11. Estudar as teorías do dereito natural ou iusnaturalismo e o convencionalismo,

sinalando a súa interpretación no pensamento xurídico dalgúns filósofos.

12. Adquirir unha opinión coherente sobre a fundamentación ética das leis a través da

comprensión da teoría positivista do dereito de Kelsen, así como da súa

comparación co convencionalismo e o iusnaturalismo.

13. Coñecer como se creou a ONU e o momento histórico que impulsou a elaboración

da DUDH, destacando o seu valor como fundamento ético universal da

lexitimidade do dereito e dos Estados.

14. Entender o contexto histórico e político no que se elaborou a DUDH e recoñecer

tanto a súa estrutura e o seu contido como os retos actuais que supoñen a súa

aplicación.

15. Entender e valorar o contido da DUDH, facendo especial fincapé no respecto á

dignidade humana como base de todos os dereitos humanos.

16. Valorar as características dos «dereitos humanos», considerando o seu

desenvolvemento histórico como unha conquista da humanidade.

17. Analizar os problemas aos que se enfronta a aplicación da DUDH na actualidade,

resaltando as iniciativas que realizan institucións e ONG para defender os dereitos

humanos dos que non teñen a oportunidade de exercelos.

18. Coñecer o panorama actual respecto ao exercicio dos dereitos da muller e da

infancia en gran parte do mundo, coñecendo as causas da situación e tomando

conciencia delas, co fin de promover a súa solución.

17. Utilizar os valores éticos da DUDH como criterio para establecer límites éticos e

xurídicos á actividade científica e tecnolóxica, evitando así unha aplicación

indebida e facilitando a resolución dos dilemas morais que adoitan presentarse nos

campos da medicina e da biotecnoloxía.

18. Tomar conciencia da falta de neutralidade de certas investigacións científicas

actuais, cuxos obxectivos non respectan un código ético fundamentado na DUDH,

en prol dun falso progreso e prexudicando as persoas ou o ambiente.

19. Identificar pautas e investigacións científicas que non respectan o código ético

fundamentado na DUDH.

20. Coñecer que é a tecnociencia e avaliar o seu impacto negativo no ambiente.

21. Entender os problemas que a dependencia da tecnoloxía lle provoca ao ser humano.

219

3. COMPETENCIAS CLAVE, INDICADORES E DESCRITORES

COMPETENCIAS

CLAVE INDICADORES DESCRITORES

Competencia matemática

e competencias básicas en

ciencia e tecnoloxía

Coidado do contorno

ambiental e dos seres

vivos

- Interactuar co contorno

natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso

responsable dos recursos

naturais para promover un

desenvolvemento sostible.

- Respectar e preservar a vida

dos seres vivos do seu

contorno.

- Tomar conciencia dos

cambios producidos polo ser

humano no contorno natural

e as repercusións para a vida

futura.

Vida saudable

- Desenvolver e promover

hábitos de vida saudable en

canto á alimentación e ao

exercicio físico.

- Xerar criterios persoais

sobre a visión social da

estética do corpo humano

fronte ao seu coidado

saudable.

A ciencia no día a día

- Recoñecer a importancia da

ciencia na nosa vida cotiá.

- Aplicar métodos científicos

rigorosos para mellorar a

comprensión da realidade

circundante en distintos

ámbitos (biolóxico,

xeolóxico, físico, químico,

tecnolóxico, xeográfico...).

- Manexar os coñecementos

sobre ciencia e tecnoloxía

para solucionar problemas,

comprender o que acontece

arredor nosa e responder

220

preguntas.

Manexo de elementos

matemáticos

- Coñecer e utilizar os

elementos matemáticos

básicos: operacións,

magnitudes, porcentaxes,

proporcións, formas

xeométricas, criterios de

medición e codificación

numérica, etc.

- Comprender e interpretar a

información presentada en

formato gráfico.

- Expresarse con propiedade

na linguaxe matemática.

Razoamento lóxico e

resolución de problemas

- Organizar a información

utilizando procedementos

matemáticos.

- Resolver problemas

seleccionando os datos e as

estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de

resolución de problemas a

situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Comprensión: oral e

escrita

- Comprender o sentido dos

textos escritos e orais.

- Manter unha actitude

favorable cara á lectura.

Expresión: oral e escrita

- Expresarse oralmente con

corrección, adecuación e

coherencia.

- Utilizar o vocabulario

adecuado, as estruturas

lingüísticas e as normas

ortográficas e gramaticais

para elaborar textos escritos

221

e orais.

- Compoñer distintos tipos de

textos creativamente con

sentido literario.

Normas de comunicación

- Respectar as normas de

comunicación en calquera

contexto: quenda de palabra,

escoita atenta ao

interlocutor...

- Manexar elementos de

comunicación non verbal,

ou en diferentes rexistros,

nas diversas situacións

comunicativas.

Comunicación noutras

linguas

- Entender o contexto

sociocultural da lingua, así

como a súa historia para un

mellor uso desta.

- Manter conversas noutras

linguas sobre temas cotiáns

en distintos contextos.

- Utilizar os coñecementos

sobre a lingua para buscar

información e ler textos en

calquera situación.

- Producir textos escritos de

diversa complexidade para o

seu uso en situacións cotiás

ou en materias diversas.

Competencia dixital Tecnoloxías da

información

- Empregar distintas fontes

para a busca de información.

- Seleccionar o uso das

distintas fontes segundo a

súa fiabilidade.

- Elaborar e publicitar

información propia derivada

de información obtida a

través de medios

tecnolóxicos.

222

Comunicación

audiovisual

- Utilizar as distintas canles

de comunicación

audiovisual para transmitir

informacións diversas.

- Comprender as mensaxes

que veñen dos medios de

comunicación.

Utilización de

ferramentas dixitais

- Manexar ferramentas

dixitais para a construción

de coñecemento.

- Actualizar o uso das novas

tecnoloxías para mellorar o

traballo e facilitar a vida

diaria.

- Aplicar criterios éticos no

uso das tecnoloxías.

Conciencia e expresións

culturais

Respecto polas

manifestacións culturais

propias e alleas

- Mostrar respecto cara ao

patrimonio cultural mundial

nas súas distintas vertentes

(artístico-literaria,

etnográfica, científico-

técnica...), e cara ás persoas

que contribuíron ao seu

desenvolvemento.

- Valorar a interculturalidade

como unha fonte de riqueza

persoal e cultural.

- Apreciar os valores culturais

do patrimonio natural e da

evolución do pensamento

científico.

Expresión cultural e

artística

- Expresar sentimentos e

emocións mediante códigos

artísticos.

- Apreciar a beleza das

expresións artísticas e as

manifestacións de

creatividade e gusto pola

estética no ámbito cotián.

- Elaborar traballos e

presentacións con sentido

estético.

223

Competencias sociais e

cívicas

Educación cívica e

constitucional

- Coñecer as actividades

humanas, adquirir unha idea

da realidade histórica a

partir de distintas fontes e

identificar as implicacións

que ten vivir nun Estado

social e democrático de

dereito referendado por

unha constitución.

- Aplicar dereitos e deberes

da convivencia cidadá no

contexto da escola.

Relación cos demais

- Desenvolver capacidade de

diálogo cos demais en

situacións de convivencia e

traballo e para a resolución

de conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para

a participación activa en

ámbitos de participación

establecidos.

- Recoñecer riqueza na

diversidade de opinións e

ideas.

Compromiso social

- Aprender a comportarse

desde o coñecemento dos

distintos valores.

- Concibir unha escala de

valores propia e actuar

conforme a ela.

- Evidenciar preocupación

polos máis desfavorecidos e

respecto aos distintos ritmos

e potencialidades.

- Involucrarse ou promover

accións cun fin social.

Sentido de iniciativa e

espírito emprendedor Autonomía persoal

- Optimizar recursos persoais

apoiándose nas fortalezas

propias.

- Asumir as responsabilidades

encomendadas e dar conta

delas.

- Ser constante no traballo,

224

superando as dificultades.

- Dirimir a necesidade de

axuda en función da

dificultade da tarefa.

Liderado

- Xestionar o traballo do

grupo coordinando tarefas e

tempos.

- Contaxiar entusiasmo pola

tarefa e ter confianza nas

posibilidades de alcanzar

obxectivos.

- Priorizar a consecución de

obxectivos grupais sobre os

intereses persoais.

Creatividade

- Xerar novas e diverxentes

posibilidades desde

coñecementos previos dun

tema.

- Configurar unha visión de

futuro realista e ambiciosa.

- Atopar posibilidades no

contorno que outros non

aprecian.

Emprendemento

- Optimizar o uso de recursos

materiais e persoais para a

consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal

para iniciar ou promover

accións novas.

- Asumir riscos no

desenvolvemento das tarefas

ou os proxectos.

- Actuar con responsabilidade

social e sentido ético no

traballo.

Aprender a aprender Perfil de aprendiz

- Identificar potencialidades

persoais como aprendiz:

estilos de aprendizaxe,

intelixencias múltiples,

funcións executivas...

- Xestionar os recursos e as

motivacións persoais en

225

favor da aprendizaxe.

- Xerar estratexias para

aprender en distintos

contextos de aprendizaxe.

Ferramentas para

estimular o pensamento

- Aplicar estratexias para a

mellora do pensamento

creativo, crítico, emocional,

interdependente...

- Desenvolver estratexias que

favorezan a comprensión

rigorosa dos contidos.

Planificación e

avaliación da

aprendizaxe

- Planificar os recursos

necesarios e os pasos que se

deberán realizar no proceso

de aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos

e tomar decisións sobre os

pasos seguintes en función

dos resultados intermedios.

- Avaliar a consecución de

obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos

procesos de aprendizaxe.

226

4. CONTRIBUCION DA ÁREA AO DESENVOLVEMENTO DAS

COMPETENCIAS CLAVE

Descrición do modelo competencial

Na descrición do modelo competencial inclúese o marco de descritores competenciais,

no que aparecen os contidos reconfigurados desde un enfoque de aplicación que facilita

o adestramento das competencias; lembremos que estas non se estudan, nin se ensinan:

adéstranse. Para iso, é necesaria a xeración de tarefas de aprendizaxe que lle permitan

ao alumnado a aplicación do coñecemento mediante metodoloxías de aula activas.

Abordar cada competencia de xeito global en cada unidade didáctica é imposible;

debido a iso, cada unha destas divídese en indicadores de seguimento (entre dous e

cinco por competencia), grandes piares que permiten describila dun xeito máis preciso;

dado que o carácter destes é aínda moi xeral, o axuste do nivel de concreción esixe que

os devanditos indicadores se dividan, á súa vez, no que se denominan descritores da

competencia, que serán os que «describan» o grao competencial do alumnado. Por cada

indicador de seguimento atoparemos entre dous e catro descritores, cos verbos en

infinitivo.

En cada unidade didáctica cada un destes descritores concrétase en desempeños

competenciais, redactados en terceira persoa do singular do presente de indicativo. O

desempeño é o aspecto específico da competencia que se pode adestrar e avaliar de

xeito explícito; é, polo tanto, concreto e obxectivable. Para o seu desenvolvemento,

partimos dun marco de descritores competenciais definido para o proxecto e aplicable a

todas as materias e cursos da etapa.

Respectando o tratamento específico nalgunhas áreas, os elementos transversais, como

a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as

tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a educación cívica e

constitucional, traballaranse desde todas as áreas, posibilitando e fomentando que o

proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado sexa o máis completo posible.

Por outra parte, o desenvolvemento e a aprendizaxe dos valores, presentes en todas as

áreas, axudarán a que os nosos alumnos e alumnas aprendan a desenvolverse nunha

sociedade ben consolidada na que todos poidamos vivir, e en cuxa construción

colaboren.

A diversidade dos nosos alumnos e alumnas, cos seus estilos de aprendizaxe diferentes,

hanos de conducir a traballar desde as diferentes potencialidades de cada un deles,

apoiándonos sempre nas súas fortalezas para poder dar resposta ás súas necesidades.

227

Na área de Valores Éticos.

Na área de Valores Éticos incidiremos no adestramento de todas as competencias de

xeito sistemático, facendo fincapé nos descritores máis afíns á área.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

O desenvolvemento desta competencia nesta área permítenos debullar o eixe no que xira

todo o currículo básico e o carácter específico do saber ético, xa que todo problema ou

situación implica unha demostración racional. Así mesmo, esta competencia ofrece a

oportunidade de realizar argumentacións propias ou baseadas en teorías éticas e

filosóficas. Ademais, permite considerar e realizar xuízos morais ou aplicar estratexias

de resolución de problemas.

Os descritores que podemos traballar son:

- Interactuar co contorno natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un

desenvolvemento sostible.

- Respectar e preservar a vida dos seres vivos do seu contorno-

- Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no contorno natural e as

repercusións para a vida futura.

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas,

comprender o que acontece arredor nosa e responder preguntas.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Para o bo desenvolvemento desta competencia, será decisivo o fomento da lectura e a

análise e a reflexión sobre libros e textos relacionados cos contidos curriculares- Deste

xeito, desenvolverase a comprensión lectora e a expresión oral e escrita, á vez que se

adquiren coñecementos sobre os valores e as teorías éticos, a moral, a xustiza, os

dereitos humanos e a vida en sociedade.

Así mesmo, contribuirase, xunto á comunicación lingüística, á transmisión de valores a

través de, por un lado, a reflexión individual e grupal sobre situacións pasadas e actuais,

e por outro, da busca de información, a elaboración e a exposición de traballos en

colaboración, que esixen poñer en práctica habilidades como a escoita activa, a empatía

e a expresión de ideas e sentimentos, utilizando a linguaxe verbal e a non verbal.

Os descritores que podemos utilizar son:

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia.

- Utilizar o vocabulario adecuado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e

gramaticais para elaborar textos escritos e orais.

228

- Compoñer distintos tipos de textos creativamente con sentido literario.

- Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra,

escoita atenta ao interlocutor...

- Manexar elementos de comunicación non verbal en diferentes rexistros e nas diversas

situacións comunicativas.

En caso de centros bilingües ou plurilingües que impartan a materia noutra lingua:

- Manter conversas noutras linguas sobre temas cotiáns en distintos contextos.

- Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en

calquera situación.

- Producir textos escritos de diversa complexidade para o seu uso en situacións cotiás

ou en materias diversas.

Competencia dixital

Desenvolver a competencia dixital desde esta área axudaranos a manexar ferramentas

que posibiliten o acceso ao coñecemento de feitos sociais, de documentos históricos, de

teorías éticas e científicas, e de tratados internacionais, que poñan de relevo a

contribución dos valores éticos á sociedade. Á súa vez, proporcionará ao alumnado a

oportunidade de entender a relación que existe entre a tecnoloxía, os valores éticos e a

sociedade, para que aprenda a facer un bo uso da tecnoloxía ao longo da súa vida.

Os descritores que podemos utilizar son:

- Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Elaborar información propia derivada de información obtida a través de medios

tecnolóxicos.

- Utilizar as distintas canles de comunicación audiovisual para transmitir informacións

diversas.

- Comprender as mensaxes que veñen dos medios de comunicación.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Actualizar o uso das novas tecnoloxías para mellorar o traballo e facilitar a vida

diaria.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

Conciencia e expresións culturais

Esta área contribúe á competencia de conciencia e expresións culturais na medida que

posibilita a adquisición de pautas persoais, interpersoais e interculturais que permiten

participar de forma eficaz e construtiva en calquera sociedade democrática, respectando

os valores e os dereitos socialmente recoñecidos.

Os descritores que adestraremos nesta competencia son:

- Valorar a interculturalidade como unha fonte de riqueza persoal e cultural.

- Apreciar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento

científico.

- Expresar sentimentos e emocións mediante códigos artísticos.

229

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e as manifestacións de creatividade, e

mostrar gusto pola estética no contorno cotián.

- Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.

Competencias sociais e cívicas

A área de Valores Éticos é, sen dúbida, a materia desde onde se traballan de forma máis

directa as competencias sociais e cívicas do alumnado. As habilidades sociais e de

colaboración increméntanse cando se reflexiona sobre o fundamento ético da sociedade

e se toma conciencia da importancia dos seus valores éticos e morais. Á súa vez, ofrece

a posibilidade de resolver conflitos interpersoais de forma construtiva, polo que o

alumnado non só fortalece a súa identidade persoal, senón que desenvolve actitudes

como a tolerancia, a asertividade, a solidariedade e o respecto á pluralidade cultural,

política, relixiosa ou de calquera outra natureza, favorecendo a socialización e a

adquisición de comportamentos morais significativos.

Os descritores que adestraremos nesta competencia son:

- Coñecer as actividades humanas, adquirir unha idea da realidade histórica a partir de

distintas fontes e identificar as implicacións que ten vivir nun Estado social e

democrático de dereito, referendado por unha constitución.

- Aplicar dereitos e deberes da convivencia cidadá no contexto da escola.

- Desenvolver a capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e de

traballo, e para a resolución de conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para a participación activa en ámbitos de participación

establecidos.

- Recoñecer a riqueza da diversidade de opinións e de ideas.

- Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Evidenciar preocupación polos máis desfavorecidos e respecto aos distintos ritmos e

potencialidades.

- Involucrarse ou promover accións cun fin social.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Para exercer dun modo consciente, crítico e reflexivo o exercicio da liberdade e a

xustiza, e emprender accións que beneficien a sociedade, resulta necesario que os

alumnos e as alumnas desenvolvan aspectos como a autonomía, o liderado, a capacidade

de innovación, a creatividade ou a iniciativa persoal.

Desde esta área consideran tarefas e situacións reais e hipotéticas que permiten o

adestramento das devanditas habilidades. Isto vai posibilitar que o alumnado expoña as

súas ideas, inicie accións novas, investigue, asuma responsabilidades ou xestione os

recursos materiais, dixitais e persoais que ten ao seu alcance.

Neste caso, os descritores que cumpriría adestrar serían:

- Xestionar o traballo do grupo coordinando tarefas e tempos.

- Priorizar a consecución de obxectivos grupais sobre os intereses persoais.

230

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos dun tema.

- Configurar unha visión de futuro realista e ambiciosa.

- Atopar posibilidades no contorno que outros non aprecian.

- Optimizar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal para iniciar ou promover accións novas.

- Asumir riscos no desenvolvemento das tarefas ou os proxectos.

- Actuar con responsabilidade social e sentido ético no traballo.

Aprender a aprender

A competencia de aprender a aprender implica a conciencia das necesidades e dos

procesos de aprendizaxe, o recoñecemento de oportunidades e a habilidade de superar

dificultades para poder aprender con éxito. Esta promóvese na área de Valores Éticos

mediante o exercicio de procesos cognitivos como analizar, sintetizar, relacionar,

comparar ou argumentar, así como favorecendo o interese por descubrir a verdade e os

valores que impregnan as experiencias da súa vida cotiá.

Os descritores que se poden utilizar son:

- Identificar potencialidades persoais como aprendiz: estilos de aprendizaxe,

intelixencias múltiples, funcións executivas...

- Xerar estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe.

- Aplicar estratexias para a mellora do pensamento creativo, crítico, emocional,

interdependente...

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Planificar os recursos necesarios e os pasos que se deben realizar no proceso de

aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos e tomar decisións sobre os pasos seguintes en función

dos resultados intermedios.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos procesos de aprendizaxe.

5. ORGANIZACIÓN E SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS E ESTÁNDARES

DE APRENDIZAXE AVALIABLES. TEMPORIZACIÓN.OBXECTIVOS

MÍNIMOS.

Os contidos da área de Valores Éticos agrúpanse en dous bloques e ligados a eles

propóñense os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe.

O alumnado deberá adquirir uns coñecementos e unhas destrezas básicas que lle

permitan mellorar a súa autonomía, priorizar os seus valores e prepararse para

converterse no principal axente do seu propio desenvolvemento.

CONTIDOS

Bloque 1. A xustiza e a política

231

1. A democracia actual e a xustiza.

- A xustiza como valor ético e político en Aristóteles.

- A DUDH como fundamento ético e universal da democracia dos séculos XX e

XXI.

- O Estado de dereito como garantía da xustiza.

2. Estrutura e fundamento ético da democracia actual.

- O Estado de dereito e a defensa da xustiza como valor ético e cívico supremo da

democracia.

- A DUDH como criterio universal de xustiza para avaliar os sistemas de goberno e

a lexitimidade dun Estado.

- Montesquieu e a división de poderes como garantía do dereito e da xustiza.

- A democracia como forma de vida.

- Os riscos e os problemas das democracias actuais.

3. O modelo español e os valores éticos.

- A Constitución española de 1978: «Os dereitos e deberes fundamentais da

persoa» e «Os dereitos e liberdades públicas da persoa».

- O Preámbulo e o fundamento da súa lexitimidade e a súa finalidade.

- O deber e o respecto dos cidadáns á Constitución española.

- A adecuación da Constitución española aos principios establecidos na DUDH.

- Os principios reitores da política social e económica do Estado español e a súa

xustificación ética.

- As obrigas fiscais dos cidadáns españois, a súa relación cos orzamentos xerais do

Estado e a súa fundamentación ética.

4. O modelo da Unión Europea.

- A Unión Europea: definición, desenvolvemento histórico, obxectivos e estrutura.

- A Unión Europea e o respecto á DUDH.

- Beneficios logrados na UE polos Estados membros e os seus cidadáns.

Bloque 2. Os valores éticos, o dereito, a DUDH e outros tratados internacionais

sobre dereitos humanos

1. O problema da xustificación e a orixe das normas xurídicas.

- O positivismo xurídico de Hans Kelsen.

- Tres modelos de xustificación do dereito: o iusnaturalismo, o convencionalismo e

o positivismo xurídico.

2. Os fundamentos éticos do dereito e a DUDH.

- O vínculo entre a ética e o dereito.

- Legalidade e lexitimidade.

- A DUDH como código ético universal que fundamenta o dereito.

- A dignidade da persoa como fundamento dos dereitos humanos.

3 A DUDH como xustificación ética das normas xurídicas:

- Características dos dereitos humanos.

- Contexto histórico e político da súa elaboración e o seu recoñecemento.

232

- O contido e a estrutura da DUDH.

4. Evolución e desafíos actuais dos dereitos humanos.

- As tres xeracións de dereitos humanos, orixe histórica e documental.

- Os dereitos da muller e da infancia no século XXI, a súa problemática específica e

a necesidade da súa difusión e respecto.

- Retos actuais na aplicación da DUDH.

Bloque 3. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

1. A necesidade da reflexión ética acerca da ciencia e da tecnoloxía.

- A tecnociencia e a concepción tradicional da ciencia e da tecnoloxía.

- O mito da neutralidade científica e a falsa noción de progreso.

- A distinción entre a investigación e a aplicación científica e tecnolóxica, e os

valores que achegan á humanidade.

- Os límites éticos e xurídicos da investigación e da aplicación científica e

tecnolóxica.

- A tecnociencia e o seu impacto negativo no ambiente.

- A tecnodependencia.

- Os dilemas morais actuais no ámbito da medicina e da bioética.

Temporización

Bloque 1 1ª Avaliación.

Bloque 2 2ª Avaliación.

Bloque 3 3ª Avaliación.

OBXECTIVOS MÍNIMOS

1. Formarse unha imaxe axustada de si mesmo, das súas características e posibilidades en relación co seu ámbito familiar, social e cultural e académico,

por medio do desenvolvemento de actividades que favorezan o autocoñecemento

respecto das súas capacidades, os seus intereses e motivacións. 2. ecoñecer a pluralidade de sociedades e culturas, entendendo e avaliando

formas de diversidade e o seu papel respecto do enriquecemento da convivencia.

3. Manifestar, nos ámbitos de relación e traballo en que se desenvolven,

comportamentos que reflictan o recoñecemento e a aceptación do principio de

igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

4. Defender activamente a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as

persoas, rexeitando as situacións de inxustiza e discriminación.

5. preciar os valores e principios éticos que fundamentan os sistemas democráticos e o funcionamento institucional da Unión Europea, de España e da

Comunidade utónoma de Galicia e, tomando conciencia do patrimonio común

e da diversidade social e cultural.

6. nalizar a diversidade de factores que xeran situacións de pobreza e subdesenvolvemento, desigualdade e violación dos dereitos humanos.

233

7. Valorar os dereitos e obrigas que se derivan da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e da Constitución Española, identificando os principios que

os fundamentan.

8. Progresar, grazas á busca e tratamento de información relacionada coa materia, en especial daqueles trazos que caracterizan o patrimonio común democrático e

institucional de todos os galegos e españois, na adquisición de destrezas

relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación co fin de

mellorar no desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe. 9. ransmitir a información obtida de forma clara e precisa, mostrando o

coñecemento da linguaxe propia da materia, mantendo sempre actitudes de

tolerancia e respecto cara ás opinións dos demais.

10. ostrar unha posición crítica ante diferentes tipos de discriminación (sexo, clase, raza....) que poidan manifestarse nos ámbitos social ou académico,

implicándose activamente en accións que favorezan a igualdade de

oportunidades.

11. Participar en actividades de grupo (diálogos, coloquios, debates, etc.) mantendo

sempre unha actitude construtiva, crítica e respectuosa cara aos demais.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

Bloque 1. A xustiza e a política

1. Comprender e valorar a importancia da relación entre os conceptos de ética,

política e xustiza, mediante a análise e a definición destes termos, destacando o

vínculo entre eles no pensamento de Aristóteles.

1.1. Explica e aprecia as razóns que dá Aristóteles para establecer un vínculo

entre ética, política e xustiza.

1.2. Utiliza e selecciona información acerca dos valores éticos e cívicos,

identificando e apreciando as semellanzas e as diferenzas entre eles.

2. Coñecer e apreciar a política de Aristóteles e as súas características esenciais,

así como entender o seu concepto da xustiza e a súa relación co ben común e a

felicidade, elaborando un xuízo crítico acerca da perspectiva deste filósofo.

2.1. Elabora, recorrendo á súa iniciativa persoal, unha presentación con soporte

informático, acerca da política aristotélica como unha teoría organicista

que propón unha finalidade ética do Estado.

2.2. Selecciona e usa información, en colaboración grupal, para entender e

apreciar a importancia que Aristóteles dá á xustiza como o valor ético no

que se fundamenta a lexitimidade do Estado e a súa relación coa

felicidade e o ben común, expoñendo as súas conclusións persoais

debidamente fundamentadas.

3. Identificar nos valores éticos o fundamento que, na actualidade, fai da

democracia a forma de goberno máis valorada fronte a outras alternativas

autoritarias ou totalitarias.

234

3.1. Xustifica eticamente a elección da democracia como un sistema que está

por riba doutras formas de goberno, polo feito de incorporar nos seus

principios os valores éticos recollidos na DUDH.

4. Comprender que, neste momento, non é suficiente que un Estado sexa

democrático para recoñecer a súa lexitimidade; esíxese que, ademais, sexa un

Estado xusto, tomando como criterio de xustiza o respecto aos dereitos

humanos.

4.1. Elabora, en colaboración grupal, unha lista dos valores éticos contidos na

DUDH nos que se debe fundamentar un Estado democrático para que sexa

xusto.

5. Xustificar racionalmente a necesidade dos valores e dos principios éticos

contidos na DUDH como fundamento universal das democracias durante os

séculos XX e XXI, destacando as súas características e a súa relación cos

conceptos de Estado de dereito e de división de poderes.

5.1. Fundamenta racional e eticamente a elección da democracia como un

sistema que está por riba doutras formas de goberno polo feito de

incorporar nos seus principios os valores éticos sinalados na DUDH.

5.2. Define o concepto de Estado de dereito e establece a súa relación coa

defensa dos valores éticos e cívicos na sociedade democrática.

5.3. Describe o significado e a relación entre os seguintes conceptos:

democracia, cidadán, soberanía, autonomía persoal, igualdade, xustiza,

representatividade, etc.

5.4. Explica a división de poderes proposta por Montesquieu e a función que

desempeñan os poderes lexislativo, executivo e xudicial no Estado

democrático, así como a necesidade da división de poderes como

instrumento para evitar o monopolio do poder político e como medio que

permite aos cidadáns o control do Estado.

6. Recoñecer a necesidade da participación activa dos cidadáns na vida política

do Estado co fin de evitar o risco de que nunha democracia se violen os dereitos

humanos.

6.1. Asume e explica o deber moral e civil dos cidadáns de participar

activamente no exercicio da democracia co fin de que se respecten os

valores éticos e cívicos no seo do Estado.

6.2. Define a magnitude dalgúns dos riscos que ameazan os gobernos

democráticos cando non se respectan os valores éticos da DUDH, como a

súa dexeneración en demagoxia, a ditadura das maiorías e a escasa

participación cidadá, entre outros, formulando posibles medidas para

evitalos.

7. Coñecer e valorar os fundamentos da Constitución española de 1978,

identificando os valores éticos dos que parte e os conceptos preliminares que

establece.

7.1. Identifica e aprecia os valores éticos máis destacados nos que se

fundamenta a Constitución española, sinalando a orixe da súa lexitimidade

235

e a finalidade que persegue mediante a lectura comprensiva e comentada

do seu Preámbulo.

7.2. Describe os conceptos preliminares delimitados na Constitución española

e a súa dimensión ética, como a nación española, a pluralidade ideolóxica,

o papel e as funcións atribuídas ás forzas armadas, etc., a través da lectura

comprensiva e comentada dos artigos 1 ao 9.

8. Mostrar respecto pola Constitución española identificando nela, mediante unha

lectura explicativa e comentada, os dereitos e os deberes que ten o individuo

como persoa e como cidadán, apreciando a súa adecuación á DUDH, co fin de

asumir de forma consciente e responsable os principios de convivencia que

deben rexer no Estado español.

8.1. Sinala e comenta a importancia dos dereitos e das liberdades públicas

fundamentais da persoa establecidos na Constitución, como a liberdade

ideolóxica, relixiosa e de culto, o carácter aconfesional do Estado español,

o dereito á libre expresión de ideas, o dereito á reunión pública e á libre

asociación e os seus límites, etc.

9. Sinalar e apreciar a adecuación da Constitución española aos principios éticos

defendidos pola DUDH, mediante a lectura comentada e reflexiva dos dereitos e

os deberes dos cidadáns (artigos 30 ao 38) e os principios reitores da política

social e económica (artigos 39 ao 52).

9.1. Coñece e aprecia a adecuación da Constitución española á DUDH,

sinalando os valores éticos nos que se fundamentan os dereitos e os

deberes dos cidadáns, así como os principios reitores da política social e

económica.

9.2. Explica e asume os deberes cidadáns que establece a Constitución e

ordénaos segundo a súa importancia, expresando a xustificación da orde

elixida.

9.3. Achega razóns para xustificar a importancia que ten para o bo

funcionamento da democracia o feito de que os cidadáns sexan

conscientes non só dos seus dereitos, senón tamén das súas obrigas como

un deber cívico, xurídico e ético.

9.4. Recoñece a responsabilidade fiscal dos cidadáns e a súa relación cos

orzamentos xerais do Estado como un deber ético que contribúe ao

desenvolvemento do ben común.

10. Coñecer os aspectos esenciais da UE, analizando os beneficios recibidos e as

responsabilidades adquiridas polos Estados membros e os seus cidadáns, co fin

de recoñecer a súa utilidade e os logros que esta alcanzou.

10.1. Describe, acerca da UE, a súa integración económica e política, o seu

desenvolvemento histórico desde 1951, os seus obxectivos e os valores

éticos nos que se fundamenta de acordo coa DUDH.

10.2. Identifica e aprecia a importancia dos logros alcanzados pola UE e o

beneficio que estes achegaron para a vida dos cidadáns, tales como a

anulación de fronteiras e de restricións aduaneiras, a libre circulación de

persoas e de capitais, etc., así como as obrigas adquiridas nos diferentes

236

ámbitos: económico, político, de seguridade e paz, etc.

Bloque 2. Os valores éticos, o dereito, a DUDH e outros tratados internacionais

sobre dereitos humanos

1. Sinalar a vinculación entre a ética, o dereito e a xustiza a través do

coñecemento das súas semellanzas, diferenzas e relacións, analizando o

significado dos termos de «legalidade» e de «lexitimidade».

1.1. Busca e selecciona información en páxinas web para identificar as

diferenzas e as semellanzas entre a ética e o dereito, e entre a legalidade e

a lexitimidade, elaborando e presentando conclusións fundamentadas.

2. Explicar o problema da xustificación das normas xurídicas mediante a análise

das teorías do dereito natural, ou iusnaturalismo, o convencionalismo a teoría

positivista do dereito elaborada por Kelsen, identificando a súa aplicación no

pensamento xurídico dalgúns filósofos, co fin de ir conformando unha opinión

argumentada acerca da fundamentación ética das leis.

2.1. Elabora, en grupo, unha presentación con soporte dixital acerca da teoría

iusnaturalista do dereito, os seus obxectivos e características,

identificando na teoría de Locke un exemplo desta en canto á orixe das

normas xurídicas, a súa validez e as funcións que lle atribúe ao Estado.

2.2. Destaca e valora, no pensamento dos sofistas, a distinción entre physis e

nomos, describindo a súa achega ao convencionalismo xurídico e

elaborando conclusións argumentadas acerca deste tema.

2.3. Analiza información acerca do positivismo xurídico de Kelsen,

principalmente o relativo á validez das normas xurídicas e dos criterios

que utiliza, especialmente o de eficacia, e a relación que establece entre a

ética e o dereito.

2.4. Recorre ao seu espírito emprendedor e iniciativa persoal para elaborar

unha presentación con medios informáticos, en colaboración grupal,

comparando estas teorías sobre o dereito e explicando as súas conclusións.

3. Analizar o momento histórico e político que impulsou a elaboración da DUDH e

a creación da ONU, co fin de entendela como unha necesidade do seu tempo

cuxo valor continúa vixente como fundamento ético universal da lexitimidade do

dereito e dos Estados.

3.1. Explica a función da DUDH como un «código ético» recoñecido polos

países integrantes da ONU co fin promover a xustiza, a igualdade e a paz

en todo o mundo.

3.2. Selecciona e contrasta información dos acontecementos históricos e

políticos que deron orixe á DUDH; entre eles, as ideoloxías nacionalistas

e racistas que defendían a superioridade duns seres humanos sobre outros,

chegando ao extremo do Holocausto xudeu, a discriminación e o

exterminio de todos aqueles que non pertencían a unha determinada etnia,

a un modelo físico ou non compartían as ideas políticas, etc.

237

3.3. Sinala os obxectivos que tivo a creación da ONU e a data na que se asinou

a DUDH, valorando a importancia deste feito para a historia da

humanidade.

4. Comprender o desenvolvemento histórico dos dereitos humanos como unha

conquista da humanidade e estimar a importancia do problema que formula na

actualidade o exercicio dos dereitos da muller e da infancia en gran parte do

mundo, tomando conciencia dela co fin de promover a solución deses

problemas.

4.1. Coñece e valora os trazos distintivos dos dereitos humanos: innatos,

universais e irrenunciables.

4.2. Describe os feitos máis influentes no desenvolvemento histórico dos

dereitos humanos, partindo da primeira xeración: os dereitos civís e

políticos, seguindo cos da segunda xeración: económicos, sociais e

culturais, e estudando os da terceira: dereitos dos pobos á solidariedade, o

desenvolvemento e a paz.

4.3. Dá razóns acerca da orixe histórica do problema dos dereitos da muller,

recoñecendo os patróns económicos e socioculturais que fomentaron a

violencia e a desigualdade de xénero.

4.4. Xustifica a necesidade de actuar na defensa dos dereitos da infancia,

loitando contra a violencia e o abuso do que nenos e nenas son vítimas no

século XXI, como o abuso sexual, o traballo infantil, a súa utilización

como soldados, etc.

4.5. Emprende, en traballo colaborador, a elaboración dunha campaña contra a

discriminación da muller e a violencia de xénero no seu contorno familiar,

escolar e social, avaliando os resultados obtidos.

5. Identificar, no preámbulo da DUDH, o respecto á dignidade das persoas e os

seus atributos esenciais como o fundamento do que derivan todos os dereitos

humanos.

5.1. Explica e aprecia en que consiste a dignidade que esta Declaración lle

recoñece ao ser humano como persoa posuidora duns dereitos universais,

inalienables e innatos, mediante a lectura do seu Preámbulo.

6. Interpretar e apreciar o contido e a estrutura interna da DUDH co fin de

coñecela e propiciar o aprecio e o respecto cara a ela.

6.1. Constrúe un esquema acerca da estrutura da DUDH, a cal se compón dun

preámbulo e 30 artigos, que poden clasificarse do seguinte xeito:

- Os artigos 1 e 2 refírense aos dereitos inherentes a toda persoa: a

liberdade, a igualdade, a fraternidade e a non discriminación.

- Os artigos 3 ao 11 refírense aos dereitos individuais.

- Os artigos 12 ao 17 establecen os dereitos do individuo en relación coa

comunidade.

- Os artigos 18 ao 21 sinalan os dereitos e as liberdades políticos.

- Os artigos 22 ao 27 céntranse nos dereitos económicos, sociais e

culturais.

238

- Finalmente, os artigos 28 ao 30 refírense á interpretación de todos eles,

ás condicións necesarias para o seu exercicio e aos seus límites.

6.2. Elabora unha campaña, en colaboración grupal, co fin de difundir a

DUDH como fundamento do dereito e da democracia no seu contorno

escolar, familiar e social.

7. Avaliar, utilizando o xuízo crítico, a magnitude dos problemas aos que se

enfronta a aplicación da DUDH na actualidade, apreciando o labor que

realizan institucións e ONG que traballan na defensa dos dereitos humanos

auxiliando aqueles que non teñen a oportunidade de exercelos.

7.1. Investiga, a partir de información obtida en distintas fontes, sobre os

problemas e os retos que ten a aplicación da DUDH en canto ao exercicio

dos dereitos civís —destacando os problemas relativos á intolerancia, a

exclusión social, a discriminación da muller, a violencia de xénero e a

existencia de actitudes como a homofobia, o racismo, a xenofobia, o acoso

laboral e escolar, etc. — e dos dereitos políticos —guerras, terrorismo,

ditaduras, xenocidio, refuxiados políticos, etcétera.

7.2. Indaga, en colaboración grupal, acerca do labor de institucións e

voluntarios que, en todo o mundo, traballan polo cumprimento dos

dereitos humanos, como Amnistía Internacional, Manos Unidas, Médicos

sen Fronteiras ou Cáritas, entre outros, elaborando e expresando as súas

conclusións.

Bloque 3. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

1. Recoñecer que, na actualidade, existen casos nos que a investigación científica

non é neutral, senón que está determinada por intereses políticos, económicos,

etc., mediante a análise da idea de progreso e a súa interpretación equivocada

cando os obxectivos que se pretenden non respectan un código ético

fundamentado na DUDH.

1.1. Obtén e selecciona información, en traballo colaborador, dalgúns casos

nos que a investigación científica e tecnolóxica non foi guiada nin é

compatible cos valores éticos expostos na DUDH, xerando impactos

negativos no contorno humano e ambiental, sinalando as causas.

1.2. Diserta, en colaboración grupal, acerca da idea de progreso na ciencia e a

súa relación cos valores éticos, o respecto á dignidade humana e o seu

contorno, elaborando e expoñendo conclusións.

2. Recoñecer a importancia que ten a dimensión moral da ciencia e da tecnoloxía,

así como a necesidade de establecer límites éticos e xurídicos co fin de orientar

a súa actividade conforme os valores defendidos na DUDH.

2.1. Utiliza información de distintas fontes para analizar a dimensión moral da

ciencia e da tecnoloxía, avaliando os impactos positivo e negativo que

estas poden ter en todos os contornos da vida humana: social, económico,

político, ético e ecolóxico, entre outros.

2.2. Achega argumentos que fundamenten a necesidade de poñer límites éticos

239

e xurídicos á investigación e práctica tanto científica como tecnolóxica,

tomando a dignidade humana e os valores éticos recoñecidos na DUDH

como criterio normativo.

2.3. Recorre á súa iniciativa persoal para expoñer as súas conclusións acerca

do tema tratado, utilizando medios informáticos e audiovisuais, de forma

argumentada e ordenada racionalmente.

3. Entender e valorar o problema da tecnodependencia e a alienación humana á

que esta conduce.

3.1. Destaca o problema e o perigo que representa para o ser humano a

tecnodependencia, sinalando os seus síntomas e as súas causas, e

considerando as súas consecuencias negativas como unha adicción

incontrolada aos dispositivos electrónicos, aos videoxogos e ás redes

sociais, que conducen as persoas cara a unha progresiva deshumanización.

4. Aplicar os valores éticos contidos na DUDH nos campos científico e tecnolóxico

co fin de evitar o seu emprego inadecuado e solucionar os dilemas morais que

ás veces se presentan, especialmente no terreo da medicina e da biotecnoloxía.

4.1. Analiza información, seleccionada de diversas fontes, co fin de coñecer

algúns dos avances en medicina e en biotecnoloxía que presentan dilemas

morais, como a utilización de células nai, a clonación e a euxénese, entre

outros, sinalando algúns perigos que agochan se se prescinde do respecto

á dignidade humana e aos seus valores fundamentais.

4.2. Asume unha actitude de tolerancia e de respecto ante as diferentes

opinións que se expresan na confrontación de ideas co fin de solucionar os

dilemas éticos sen esquecer a necesidade de utilizar o rigor na

fundamentación racional e ética de todas as alternativas de solución

formuladas.

6. CRITERIOS METODOLÓXICOS E ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS

Traballar de xeito competencial na aula supón un cambio metodolóxico importante. O

docente pasa a ser un xestor de coñecemento do alumnado e este adquire un maior grao

de protagonismo.

En concreto, na área de Valores Éticos:

Os alumnos e as alumnas deberán desenvolver nesta etapa un pensamento e unha

actitude críticos que se sustenten en valores morais e éticos recoñecidos. Por iso farase

fincapé na necesidade de analizar, formular e dar solucións a problemas cun fondo

ético.

240

Desde esta perspectiva, a liña metodolóxica que rexerá as accións docentes nesta área

desenvolverase a través de métodos activos, indutivos e mixtos; é dicir, métodos

eminentemente participativos onde se alterna o traballo individual co traballo en grupo.

A aplicación dos devanditos métodos leva implícita a utilización de estilos de ensino

socializadores, cognitivos e creativos, para conseguir que os seus xuízos e eleccións

dirixan a súa conduta e as súas relacións sociais cara ao benestar común.

Neste contexto metodolóxico, o estudante convértese en protagonista da súa propia

aprendizaxe, mentres que o docente vai cedendo terreo para que o alumnado logre maior

autonomía nas súas aprendizaxes e cree estruturas cognitivas que lle permitan un

pensamento e un proxecto de vida propios, asumindo de modo consciente, crítico e

reflexivo o exercicio da liberdade e o control acerca da súa propia existencia.

Á súa vez, a transmisión do coñecemento das características que conforman a imaxe

persoal farase a partir de aprendizaxes baseadas na experiencia, onde o alumnado

percibe a información a través das súas propias experiencias e respectando sempre o

desenvolvemento dos diversos estilos de aprendizaxe. Tamén se combinarán técnicas

como o ensino recíproco e a discusión guiada con técnicas de visualización, de role

play.

Este abano de accións docentes permitirá ao alumnado comprender e interiorizar os

valores éticos de forma holística, comprensiva e significativa.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Con respecto ás actividades complementarias que se poden propoñer ao alumnado,

convén reflexionar sobre estas cuestións:

- Conseguíronse os obxectivos propostos a partir das actividades realizadas?

- Cal foi o resultado da realización das actividades?

- Cales delas gustaron máis?

- Que propostas de mellora podemos sinalar?

7. PROCEDEMENTOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

241

A) Procedementos de observación sistemática da actividade cotiá dos/as

alumnos/as.

Rexistro sobre a convivencia na aula. As actitudes de carácter comportamental

serán valorados a través dun rexistro-rúbrica

B) Análise das producións dos/as alumnos/as (a nivel individual ou en grupo):

- Pautas guiadas sobre vídeos, audios ou lecturas.

- Traballos individuais ou colectivos, relatos. O alumno presentará un ou dous

traballo por trimestre.

Os relatos presentaranse seguindo a estrutura de tese, argumento e conclusión e

incluíndo os campos das pautas .

Os traballos poderán ser escritos ou orais, individuais ou por grupo.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

PROCEDEMENTOS/

INSTRUMENTOS CUALIFICARASE %

Rexistro de convivencia

Ítems respecto ao comportamento e a actitude cara a materia: asistencia, traer o material, respectar as quendas

de palabra, escoitar activamente, participar con respecto...

10%

Pautas guiadas

sobre o libro de texto,

vídeos e textos ou

fragmentos de libros

Cumprimentar pertinentemente os campos formulados

na pauta e entrega no prazo establecido. 30%

Probas Escritas

Correcta presentación

Corrección sintáctica e ortográfica, e claridade,

rigor e coherencia .

Seguir unha estrutura de:

Tese, Argumento,Conclusión

incluíndo os campos da pauta (título, tema , preguntas,

premisas, argumentos, obxeccións, exemplos e reflexións

persoais)

60%

CRITERIOS SOBRE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

242

Na cualificación de xuño terase en conta:

- O rexistro de clase. Valorarase a organización, a realización de todas as pautas

sinaladas (título, tema, preguntas, premisas, argumentos, obxeccións, exemplos e

reflexións persoais) na aula , a boa presentación e a coherencia argumentativa e

reflexiva. Terase que entregar dentro da data sinalada. As actividades entregadas fóra de

prazo serán penalizadas coa redución de 25 décimas por cada día de atraso. En ningún

caso se valorará unha actividade copiada por outro/a compañeiro/a.

- Os relatos e probas escritas de cada unidade de acordo cos contidos especificados. O

feito de descubrir a un/unha alumno/a copiando implicará unha cualificación de 0.

-A media das notas obtidas nos apartados citados representará un 90% da nota. En

ningún caso se fará a media cunha nota inferior ao 30% nalgún dos apartados

anteriores.

- A actitude na aula, a asistencia, a participación, o interese amosado e a iniciativa

persoal, e o respecto ás normas de convivencia pode representar un 10% da nota de cada

avaliación.

- A nota final será a media da primeira, segunda e terceira avaliación. En ningún caso

se fará media cunha avaliación con nota inferior a 3.

RECUPERACIÓN DURANTE O CURSO.

Se o seguimento do curso e a realización e participación nas actividades foi

minimamente adecuado, o alumno/a pode optar a recuperar parte ou a totalidade da

materia con vistas a conseguilo 5, número non negociable de nota media. Haberá un

exame de recuperación da Primeira avaliación, outro da Segunda e outro da Terceira;

eses exames serán nas datas menos cargadas para o alumnado. Cada exame substitúe a

nota de cada avaliación completa e, polo tanto, puntúa sobre 10.

Farase unha recuperación final para casos excepcionais a final de curso coa

condición, para poder realizar este exame, de ter entregado como mínimo a metade das

actividades requiridas.

Consistirá na recollida de pautas de fragmentos e posterior relato do libro de

¿Por qué hay todo y no nada? de David Precht

Esta proba servirá para acadar o aprobado cun máximo de 5 puntos.

Na cualificación de setembro farase unha proba a partir dunha das pautas

traballadas durante o curso que consistirá en crear un relato que coordine os campos en

que se divide a pauta e recollerase a lectura, con pauta guiada, dos tres libros xa citados

con anterioridade.

8. RECURSOS DIDÁCTICOS

Suxerimos o uso dos materiais seguintes:

243

• O libro do alumnado para a área de Valores Éticos de 3º.º ESO da Editorial

Santillana.

. Textos tomados de diversos libros, así coma noticias xornalísticas, materiais de video,

etcétera.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

Descrición do grupo despois da avaliación inicial

Á hora de formular as medidas de atención á diversidade e inclusión debemos solicitar,

en primeiro lugar, diversa información sobre cada grupo de alumnos e alumnas; como

mínimo, debe coñecerse a relativa a:

- O número de alumnos e alumnas.

- O funcionamento do grupo (clima da aula, nivel de disciplina, atención...).

- As fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de contidos

curriculares.

- As necesidades que se puidesen identificar; convén pensar nesta fase en como se

poden abordar (planificación de estratexias metodolóxicas, xestión da aula,

estratexias de seguimento da eficacia de medidas, etc.).

- As fortalezas que se identifican no grupo en canto aos aspectos competenciais.

- Os desempeños competenciais prioritarios que hai que practicar no grupo nesta

materia.

- Os aspectos que se deben ter en conta ao agrupar os alumnos e as alumnas para os

traballos cooperativos.

- Os tipos de recursos que se necesitan adaptar no nivel xeral para obter un logro

óptimo do grupo.

Necesidades individuais

A avaliación inicial facilítanos non só coñecemento acerca do grupo como conxunto,

senón que tamén nos proporciona información acerca de diversos aspectos individuais

dos nosos estudantes; a partir dela poderemos:

- Identificar os alumnos ou as alumnas que necesitan un maior seguimento ou

personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en conta

aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con necesidades

non diagnosticadas, pero que requiran atención específica por estaren en risco, pola

súa historia familiar, etc.).

244

- Saber as medidas organizativas que cómpre adoptar. (Planificación de reforzos,

situación de espazos, xestión de tempos grupais para favorecer a intervención

individual).

- Establecer conclusións sobre as medidas curriculares que cómpre adoptar, así como

sobre os recursos que se van empregar.

- Analizar o modelo de seguimento que se vai utilizar con cada un deles.

- Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van avaliar os progresos destes

estudantes.

- Fixar o modo en que se vai compartir a información sobre cada alumno ou alumna co

resto de docentes que interveñen no seu itinerario de aprendizaxe; especialmente, co

titor.

-A alumnos diagnosticados de TDAH faránselles tamén, no posible, exames curtos e con

preguntas breves, claras e con vocabulario sinxelo, sendo flexibles no tempo de duración.

10. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Propoñemos promover a reflexión docente e a autoavaliación da realización e o

desenvolvemento de programacións didácticas.

245

14. VALORES ÉTICOS 4º ESO

1. Obxectivos xerais de Educación Secundaria.245

2. Obxectivos da área de Valores Éticos.246

3. Competencias clave, indicadores e descritores.248

4. Organización e secuenciación de contidos e estándares de aprendizaxe

avaliables. Temporización.Obxectivos mínimos.259

5. Criterios metodolóxicos e estratexias didácticas xerais para utilizar na área.267

6. Actividades complementarias.268

7. Criterios e procedementos de cualificación e promoción.269

8. Recursos didácticos.271

9. Medidas de atención á diversidade e inclusión.271

10. Avaliación da programación didáctica.272

1. OBXECTIVOS XERAIS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

A Educación Secundaria Obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alumnos e as

alumnas as capacidades que lles permitan:

a) Asumir responsablemente os seus deberes; coñecer e exercer os seus dereitos no

respecto aos demais; practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as

persoas e grupos; exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos e a

igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns

dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en

equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da

aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades

entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera

outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que

supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de

violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas

súas relacións cos demais e resolver pacificamente os conflitos, así como rexeitar a

violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con

sentido crítico, incorporar novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no

campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f ) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en

distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os

246

problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza nun mesmo, a participación, o

sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender,

planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e na

galega, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no

estudo da literatura.

i ) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.

l ) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e dos

demais, así como o patrimonio artístico e cultural.

m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as

diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación

física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade.

Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado

dos seres vivos e o medio, e contribuír así á súa conservación e mellora.

n ) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións

artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

2. OBXECTIVOS DA ÁREA DE VALORES ÉTICOS

1. Adquirir os instrumentos de racionalidade e obxectividade necesarios para poder

formular xuízos valorativos con rigor, coherencia e fundamentación racional, e

realizar eleccións dignas de guiar a súa conduta, a súa vida persoal e as súas

relacións sociais.

2. Lograr o desenvolvemento da personalidade no respecto aos principios

democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais, segundo o

establecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e nos acordos

internacionais ratificados por España.

3. Adquirir autonomía e prepararse para converterse no principal axente do propio

desenvolvemento, aprendendo a construír, mediante unha elección libre e

racionalmente fundamentada en valores éticos e o investimento do seu propio

esforzo, un pensamento e un proxecto de vida propios, asumindo de modo

consciente, crítico e reflexivo o exercicio da liberdade e o control acerca da súa

propia existencia.

4. Contribuír á construción dunha sociedade libre, igualitaria, próspera e xusta,

mediante a participación activa de cidadáns conscientes e respectuosos dos valores

éticos nos que debe fundamentarse a convivencia e a participación democrática,

247

recoñecendo os dereitos humanos como referencia universal para superar os

conflitos, defender a igualdade, o pluralismo político e a xustiza social.

5. Desenvolver as competencias relativas ao pensamento crítico e a resolución de

problemas mediante a análise, formulación, argumentación e busca de solucións

aos problemas éticos.

6. Reflexionar sobre o fundamento ético da sociedade e tomar conciencia da

importancia dos seus valores culturais para incrementar a competencia social e

cívica, a de conciencia e expresión cultural, así como o traballo colaborador.

7. Buscar solucións aos conflitos interpersoais de forma non violenta, desenvolvendo

actitudes de tolerancia, solidariedade, compromiso e respecto á pluralidade cultural,

política, relixiosa ou de calquera outra natureza.

8. Exercitar procesos cognitivos que favorezan o descubrimento da verdade, como

analizar, sintetizar, relacionar, comparar, aplicar, avaliar, argumentar, etc., e gozar

do gusto e da satisfacción que iso produce.

9. Enfrontarse a dilemas éticos e debater posibles solucións facendo uso das súas

competencias comunicativas, exercitándose na escoita, a exposición de ideas e a

comunicación de sentimentos, e utilizando tanto a linguaxe oral como outros

sistemas de representación.

10. Asumir a importancia da dignidade da persoa como fundamento dos valores éticos

e a capacidade que esta posúe para elixir as súas accións e modelar a súa propia

personalidade, asumindo a responsabilidade de ser libre.

11. Entender as relacións interpersoais a partir do respecto e a igualdade.

12. Comprender a natureza social do ser humano, así como a necesidade de

desenvolver a capacidade de relación coa comunidade.

13. Tomar conciencia da importancia das influencias sociais no individuo e os límites

que supoñen para a práctica da súa liberdade.

14. Reflexionar acerca dos valores éticos e a súa relación coa autorrealización humana

e o seu desenvolvemento moral.

15. Analizar algunhas teorías éticas realizadas por pensadores especialmente

significativos.

16. Considerar a relación entre a xustiza e a política no mundo actual, o papel da

democracia, a súa vinculación co estado de dereito e a división de poderes, facendo

posibles unha sociedade que garanta o exercicio dos dereitos humanos para toda a

cidadanía.

17. Reflexionar sobre os valores éticos que sinala a Constitución española e as

relacións que esta establece entre o Estado e o cidadán, así como co feito histórico

da súa integración na Unión Europea.

18. Establecer a relación entre o dereito e a ética.

19. Comprender o papel da Declaración Universal dos Dereitos Humanos como criterio

internacional para unha xustificación ética do Dereito, como instrumento que

regule e garanta o seu cumprimento, establecéndose como ideais irrenunciables

para a humanidade.

20. Reflexionar acerca da función da ética no relativo á ciencia e a tecnoloxía, a

elaboración de códigos deontolóxicos profesionais e empresariais, para asegurar

248

que os avances nestes campos e a súa aplicación non violen o respecto á dignidade

e os dereitos humanos, nin á protección e conservación do ambiente.

3. COMPETENCIAS CLAVE, INDICADORES E DESCRITORES

COMPETENCIAS

CLAVE INDICADORES DESCRITORES

Competencia matemática

e competencias básicas en

ciencia e tecnoloxía

Coidado do contorno

ambiental e dos seres

vivos

- Interactuar co contorno

natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso

responsable dos recursos

naturais para promover un

desenvolvemento sostible.

- Respectar e preservar a vida

dos seres vivos do seu

contorno.

- Tomar conciencia dos

cambios producidos polo ser

humano no contorno natural

e as repercusións para a vida

futura.

Vida saudable

- Desenvolver e promover

hábitos de vida saudable en

canto á alimentación e ao

exercicio físico.

- Xerar criterios persoais

sobre a visión social da

estética do corpo humano

fronte ao seu coidado

saudable.

A ciencia no día a día

- Recoñecer a importancia da

ciencia na nosa vida cotiá.

- Aplicar métodos científicos

rigorosos para mellorar a

comprensión da realidade

circundante en distintos

ámbitos (biolóxico,

xeolóxico, físico, químico,

tecnolóxico, xeográfico...).

- Manexar os coñecementos

Sec. I. P

áx. 6

14

01

249

sobre ciencia e tecnoloxía

para solucionar problemas,

comprender o que acontece

arredor nosa e responder

preguntas.

Manexo de elementos

matemáticos

- Coñecer e utilizar os

elementos matemáticos

básicos: operacións,

magnitudes, porcentaxes,

proporcións, formas

xeométricas, criterios de

medición e codificación

numérica, etc.

- Comprender e interpretar a

información presentada en

formato gráfico.

- Expresarse con propiedade

na linguaxe matemática.

Razoamento lóxico e

resolución de problemas

- Organizar a información

utilizando procedementos

matemáticos.

- Resolver problemas

seleccionando os datos e as

estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de

resolución de problemas a

situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Comprensión: oral e

escrita

- Comprender o sentido dos

textos escritos e orais.

- Manter unha actitude

favorable cara á lectura.

Expresión: oral e escrita

- Expresarse oralmente con

corrección, adecuación e

coherencia.

- Utilizar o vocabulario

adecuado, as estruturas

lingüísticas e as normas

ortográficas e gramaticais

para elaborar textos escritos

250

e orais.

- Compoñer distintos tipos de

textos creativamente con

sentido literario.

Normas de comunicación

- Respectar as normas de

comunicación en calquera

contexto: quenda de palabra,

escoita atenta ao

interlocutor...

- Manexar elementos de

comunicación non verbal,

ou en diferentes rexistros,

nas diversas situacións

comunicativas.

Comunicación noutras

linguas

- Entender o contexto

sociocultural da lingua, así

como a súa historia para un

mellor uso desta.

- Manter conversas noutras

linguas sobre temas cotiáns

en distintos contextos.

- Utilizar os coñecementos

sobre a lingua para buscar

información e ler textos en

calquera situación.

- Producir textos escritos de

diversa complexidade para o

seu uso en situacións cotiás

ou en materias diversas.

Competencia dixital Tecnoloxías da

información

- Empregar distintas fontes

para a busca de información.

- Seleccionar o uso das

distintas fontes segundo a

súa fiabilidade.

- Elaborar e publicitar

información propia derivada

da obtida a través de medios

tecnolóxicos.

251

Comunicación

audiovisual

- Utilizar as distintas canles

de comunicación

audiovisual para transmitir

informacións diversas.

- Comprender as mensaxes

que veñen dos medios de

comunicación.

Utilización de

ferramentas dixitais

- Manexar ferramentas

dixitais para a construción

de coñecemento.

- Actualizar o uso das novas

tecnoloxías para mellorar o

traballo e facilitar a vida

diaria.

- Aplicar criterios éticos no

uso das tecnoloxías.

Conciencia e expresións

culturais

Respecto polas

manifestacións culturais

propias e alleas

- Mostrar respecto cara ao

patrimonio cultural mundial

nas súas distintas vertentes

(artístico-literaria,

etnográfica, científico-

técnica...), e cara ás persoas

que contribuíron ao seu

desenvolvemento.

- Valorar a interculturalidade

como unha fonte de riqueza

persoal e cultural.

- Apreciar os valores culturais

do patrimonio natural e da

evolución do pensamento

científico.

Expresión cultural e

artística

- Expresar sentimentos e

emocións mediante códigos

artísticos.

- Apreciar a beleza das

expresións artísticas e as

manifestacións de

creatividade e gusto pola

estética no ámbito cotián.

- Elaborar traballos e

presentacións con sentido

estético.

252

Competencias sociais e

cívicas

Educación cívica e

constitucional

- Coñecer as actividades

humanas, adquirir unha idea

da realidade histórica a

partir de distintas fontes e

identificar as implicacións

que ten vivir nun Estado

social e democrático de

dereito referendado por

unha Constitución.

- Aplicar dereitos e deberes

da convivencia cidadá no

contexto da escola.

Relación cos demais

- Desenvolver capacidade de

diálogo cos demais en

situacións de convivencia e

traballo e para a resolución

de conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para

a participación activa en

ámbitos de colaboración

establecidos.

- Recoñecer riqueza na

diversidade de opinións e

ideas.

Compromiso social

- Aprender a comportarse

desde o coñecemento dos

distintos valores.

- Concibir unha escala de

valores propia e actuar

conforme a ela.

- Evidenciar preocupación

polos máis desfavorecidos e

respecto aos distintos ritmos

e potencialidades.

- Involucrarse ou promover

accións cun fin social.

Sentido de iniciativa e

espírito emprendedor Autonomía persoal

- Optimizar recursos persoais

apoiándose nas fortalezas

propias.

- Asumir as responsabilidades

encomendadas e dar conta

delas.

- Ser constante no traballo,

253

superando as dificultades.

- Dirimir a necesidade de

axuda en función da

dificultade da tarefa.

Liderado

- Xestionar o traballo do

grupo coordinando tarefas e

tempos.

- Contaxiar entusiasmo pola

tarefa e ter confianza nas

posibilidades de alcanzar

obxectivos.

- Priorizar a consecución de

obxectivos grupais sobre os

intereses persoais.

Creatividade

- Xerar novas e diverxentes

posibilidades desde

coñecementos previos dun

tema.

- Configurar unha visión de

futuro realista e ambiciosa.

- Encontrar posibilidades no

contorno que outros non

aprecian.

Emprendemento

- Optimizar o uso de recursos

materiais e persoais para a

consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal

para comezar ou promover

accións novas.

- Asumir riscos no

desenvolvemento das tarefas

ou os proxectos.

- Actuar con responsabilidade

social e sentido ético no

traballo.

Aprender a aprender Perfil de aprendiz

- Identificar potencialidades

persoais como aprendiz:

estilos de aprendizaxe,

intelixencias múltiples,

funcións executivas...

- Xestionar os recursos e as

motivacións persoais en

254

favor da aprendizaxe.

- Xerar estratexias para

aprender en distintos

contextos de aprendizaxe.

Ferramentas para

estimular o pensamento

- Aplicar estratexias para a

mellora do pensamento

creativo, crítico, emocional,

interdependente...

- Desenvolver estratexias que

favorezan a comprensión

rigorosa dos contidos.

Planificación e

avaliación da

aprendizaxe

- Planificar os recursos

necesarios e os pasos que se

deben realizar no proceso de

aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos

e tomar decisións sobre os

seguintes en función dos

resultados intermedios.

- Avaliar a consecución de

obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos

procesos de aprendizaxe.

Descrición do modelo competencial

Na descrición do modelo competencial inclúese o marco de descritores competenciais,

no que aparecen os contidos reconfigurados desde un enfoque de aplicación que facilita

o adestramento das competencias; lembremos que estas non se estudan, nin se ensinan:

adéstranse. Para iso, é necesaria a xeración de tarefas de aprendizaxe que permitan ao

alumnado a aplicación do coñecemento mediante metodoloxías de aula activas.

Abordar cada competencia de xeito global en cada unidade didáctica é imposible;

debido a iso, cada unha destas divídese en indicadores de seguimento (entre dous e

cinco por competencia), grandes piares que permiten describila dun xeito máis preciso;

dado que o carácter destes é aínda moi xeral, o axuste do nivel de concreción esixe que

os devanditos indicadores se dividan, á súa vez, no que se denominan descritores da

competencia, que serán os que «describan» o grao competencial do alumnado. Por cada

255

indicador de seguimento atoparemos entre dous e catro descritores, cos verbos en

infinitivo.

En cada unidade didáctica cada un destes descritores concrétase en desempeños

competenciais, redactados en terceira persoa do singular do presente de indicativo. O

desempeño é o aspecto específico da competencia que se pode adestrar e avaliar de

xeito explícito; é, polo tanto, concreto e obxectivable. Para o seu desenvolvemento,

partimos dun marco de descritores competenciais definido para o proxecto e aplicable a

todas as materias e cursos da etapa.

Respectando o tratamento específico nalgunhas áreas, os elementos transversais, como

a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as

tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a educación cívica e

constitucional, traballaranse desde todas as áreas, posibilitando e fomentando que o

proceso de ensinanza-aprendizaxe do alumnado sexa o máis completo posible.

Por outra parte, o desenvolvemento e a aprendizaxe dos valores, presentes en todas as

áreas, axudará a que os nosos alumnos e alumnas aprendan a desenvolverse nunha

sociedade ben consolidada na que todos poidamos vivir, e en cuxa construción

colaboren.

A diversidade dos nosos alumnos e alumnas, cos seus estilos de aprendizaxe diferentes,

debera conducirnos a traballar desde as diferentes potencialidades de cada un deles,

apoiándonos sempre nas súas fortalezas para poder dar resposta ás súas necesidades.

Na área de Valores Éticos

Na área de Valores Éticos incidiremos no adestramento de todas as competencias de

xeito sistemático, facendo fincapé nos descritores máis afíns á área.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

O desenvolvemento desta competencia nesta área permítenos debullar o eixe no que xira

todo o currículo básico e o carácter específico do saber ético, xa que todo problema ou

situación implica unha demostración racional. Así mesmo, esta competencia ofrece a

oportunidade de realizar argumentacións propias ou baseadas en teorías éticas e

filosóficas. Ademais, permite considerar e realizar xuízos morais ou aplicar estratexias

de resolución de problemas.

Os descritores que podemos traballar son:

- Interactuar co contorno natural de xeito respectuoso.

- Comprometerse co uso responsable dos recursos naturais para promover un

desenvolvemento sostible.

- Respectar e preservar a vida dos seres vivos do seu contorno.

256

- Tomar conciencia dos cambios producidos polo ser humano no contorno natural e as

repercusións para a vida futura.

- Recoñecer a importancia da ciencia na nosa vida cotiá.

- Manexar os coñecementos sobre ciencia e tecnoloxía para solucionar problemas,

comprender o que acontece arredor nosa e responder a preguntas.

- Resolver problemas seleccionando os datos e as estratexias apropiadas.

- Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá.

Comunicación lingüística

Para o bo desenvolvemento desta competencia, será decisivo o fomento da lectura

e a análise e a reflexión sobre libros e textos relacionados cos contidos

curriculares. Deste modo, desenvolverase a comprensión lectora e a expresión oral

e escrita, á vez que se adquiren coñecementos sobre os valores e as teorías éticos, a

moral, a xustiza, os dereitos humanos e a vida en sociedade.

Así mesmo, contribuirase, xunto á comunicación lingüística, á transmisión de valores a

través de, por un lado, a reflexión individual e grupal sobre situacións pasadas e actuais,

e por outro, da busca de información, a elaboración e a exposición de traballos en

colaboración, que esixen poñer en práctica habilidades como a escoita activa, a empatía

e a expresión de ideas e sentimentos, utilizando a linguaxe verbal e o non verbal.

Os descritores que podemos utilizar son:

- Comprender o sentido dos textos escritos e orais.

- Manter unha actitude favorable cara á lectura.

- Expresarse oralmente con corrección, adecuación e coherencia.

- Utilizar o vocabulario adecuado, as estruturas lingüísticas e as normas ortográficas e

gramaticais para elaborar textos escritos e orais.

- Compoñer distintos tipos de textos creativamente con sentido literario.

- Respectar as normas de comunicación en calquera contexto: quenda de palabra,

escoita atenta ao interlocutor...

- Manexar elementos de comunicación non verbal en diferentes rexistros e nas diversas

situacións comunicativas.

No caso de centros plurilingües que impartan a materia noutra lingua:

- Manter conversas noutras linguas sobre temas cotiáns en distintos contextos.

- Utilizar os coñecementos sobre a lingua para buscar información e ler textos en

calquera situación.

- Producir textos escritos de diversa complexidade para o seu uso en situacións cotiás

ou en materias diversas.

Competencia dixital

Desenvolver a competencia dixital desde esta área axudaranos a manexar ferramentas

que posibiliten o acceso ao coñecemento de feitos sociais, de documentos históricos, de

teorías éticas e científicas, e de tratados internacionais, que poñan de relevo a

contribución dos valores éticos á sociedade. Á súa vez, proporcionará ao alumnado a

257

oportunidade de entender a relación que existe entre a tecnoloxía, os valores éticos e a

sociedade, para que aprenda a facer un bo uso da tecnoloxía ao longo da súa vida.

Os descritores que podemos utilizar son:

- Empregar distintas fontes para a busca de información.

- Elaborar información propia derivada da obtida a través de medios tecnolóxicos.

- Utilizar as distintas canles de comunicación audiovisual para transmitir informacións

diversas.

- Comprender as mensaxes que veñen dos medios de comunicación.

- Manexar ferramentas dixitais para a construción de coñecemento.

- Actualizar o uso das novas tecnoloxías para mellorar o traballo e facilitar a vida

diaria.

- Aplicar criterios éticos no uso das tecnoloxías.

Conciencia e expresións culturais

Esta área contribúe á competencia de conciencia e expresións culturais na medida en

que posibilita a adquisición de pautas persoais, interpersoais e interculturais que

permiten participar de forma eficaz e construtiva en calquera sociedade democrática,

respectando os valores e os dereitos socialmente recoñecidos.

Os descritores que adestraremos nesta competencia son:

- Valorar a interculturalidade como unha fonte de riqueza persoal e cultural.

- Apreciar os valores culturais do patrimonio natural e da evolución do pensamento

científico.

- Expresar sentimentos e emocións mediante códigos artísticos.

- Apreciar a beleza das expresións artísticas e as manifestacións de creatividade, e

mostrar gusto pola estética no ámbito cotián.

- Elaborar traballos e presentacións con sentido estético.

Competencias sociais e cívicas

A área de Valores Éticos é, sen dúbida, a materia desde onde se traballan de forma máis

directa as competencias sociais e cívicas do alumnado. As habilidades sociais e de

colaboración increméntanse cando se reflexiona sobre o fundamento ético da sociedade

e se toma conciencia da importancia dos seus valores éticos e morais. Á súa vez, ofrece

a posibilidade de resolver conflitos interpersoais de forma construtiva, polo que o

alumnado non só fortalece a súa identidade persoal, senón que desenvolve actitudes

como a tolerancia, a asertividade, a solidariedade e o respecto á pluralidade cultural,

política, relixiosa ou de calquera outra natureza, favorecendo a socialización e a

adquisición de comportamentos morais significativos.

Os descritores que adestraremos nesta competencia son:

- Coñecer as actividades humanas, adquirir unha idea da realidade histórica a partir de

distintas fontes e identificar as implicacións que ten vivir nun Estado social e

democrático de dereito, referendado por unha Constitución.

258

- Aplicar dereitos e deberes da convivencia cidadá no contexto da escola.

- Desenvolver a capacidade de diálogo cos demais en situacións de convivencia e de

traballo, e para a resolución de conflitos.

- Mostrar dispoñibilidade para a participación activa en ámbitos de colaboración

establecidos.

- Recoñecer a riqueza da diversidade de opinións e de ideas.

- Aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.

- Concibir unha escala de valores propia e actuar conforme a ela.

- Evidenciar preocupación polos máis desfavorecidos e respecto aos distintos ritmos e

potencialidades.

- Involucrarse ou promover accións cun fin social.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Para exercer dun modo consciente, crítico e reflexivo o exercicio da liberdade e a

xustiza, e emprender accións que beneficien a sociedade, resulta necesario que os

alumnos e as alumnas desenvolvan aspectos como a autonomía, o liderado, a capacidade

de innovación, a creatividade ou a iniciativa persoal.

Desde esta área formúlanse tarefas e situacións reais e hipotéticas que permiten o

adestramento das devanditas habilidades. Isto vai posibilitar que o alumnado expoña as

súas ideas, inicie accións novas, investigue, asuma responsabilidades ou xestione os

recursos materiais, dixitais e persoais que ten ao seu alcance.

Neste caso, os descritores que cómpre traballar son:

- Xestionar o traballo do grupo coordinando tarefas e tempos.

- Priorizar a consecución de obxectivos grupais sobre os intereses persoais.

- Xerar novas e diverxentes posibilidades desde coñecementos previos dun tema.

- Configurar unha visión de futuro realista e ambiciosa.

- Encontrar posibilidades no contorno que outros non aprecian.

- Atopar o uso de recursos materiais e persoais para a consecución de obxectivos.

- Mostrar iniciativa persoal para comezar ou promover accións novas.

- Asumir riscos no desenvolvemento das tarefas ou os proxectos.

- Actuar con responsabilidade social e sentido ético no traballo.

Aprender a aprender

A competencia de aprender a aprender implica a conciencia das necesidades e dos

procesos de aprendizaxe, o recoñecemento de oportunidades e a habilidade de

superar dificultades para poder aprender con éxito. Esta promóvese na área de

Valores Éticos mediante o exercicio de procesos cognitivos como analizar,

sintetizar, relacionar, comparar ou argumentar, así como favorecendo o interese por

descubrir a verdade e os valores que impregnan as experiencias da súa vida cotiá.

Os descritores que se poden utilizar son:

- Identificar potencialidades persoais como aprendiz: estilos de aprendizaxe,

intelixencias múltiples, funcións executivas...

259

- Xerar estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe.

- Aplicar estratexias para a mellora do pensamento creativo, crítico, emocional,

interdependente...

- Desenvolver estratexias que favorezan a comprensión rigorosa dos contidos.

- Planificar os recursos necesarios e os pasos que se han de realizar no proceso de

aprendizaxe.

- Seguir os pasos establecidos e tomar decisións sobre os pasos seguintes en función

dos resultados intermedios.

- Avaliar a consecución de obxectivos de aprendizaxe.

- Tomar conciencia dos procesos de aprendizaxe.

4. ORGANIZACIÓN E SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS E ESTÁNDARES DE

APRENDIZAXE AVALIABLES.OBXECTIVOS MÍNIMOS.

Os contidos da área de Valores Éticos agrúpanse en seis bloques. Os contidos, criterios

de avaliación e estándares de aprendizaxe formúlanse para o segundo ciclo de

Educación Secundaria Obrigatoria, aínda que soamente van aparecer os referentes a 4.º

de ESO.

O alumnado deberá adquirir uns coñecementos e unhas destrezas básicas que lle

permitan mellorar a súa autonomía, priorizar os seus valores e prepararse para

converterse no principal axente do seu propio desenvolvemento.

CONTIDOS

Bloque 1. A dignidade da persoa

1. O ser humano na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

- O concepto de persoa, os seus atributos e a súa relación cos valores éticos.

Bloque 2. A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais

1. Os dereitos da persoa e os límites do Estado na Declaración Universal dos Dereitos

Humanos.

- O papel da ética e do Estado.

- A socialización e os medios de comunicación de masas.

Bloque 3. A reflexión ética

260

1. A ética e os retos do século XXI.

2. As teorías éticas e as súas características.

- As éticas formais.

Bloque 4. A xustiza e a política

1. A democracia e a súa institución esencial: a cidadanía.

2. A necesidade da ética e a política ante os desafíos da globalización.

Bloque 5. Os valores éticos, o dereito, a Declaración Universal dos Dereitos

Humanos e outros tratados internacionais sobre dereitos humanos

1. A necesidade do dereito positivo como garantía dos dereitos humanos.

- A obediencia á lei, a desobediencia civil e a obxección de conciencia.

- A teoría da xustiza de Rawls.

2. A paz e a seguridade como dereito, como principio ético e como deber cívico.

- Os tratados internacionais e o papel das forzas armadas.

Bloque 6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

1. A ciencia e a tecnoloxía desde a ética.

- A deontoloxía como ética profesional.

Temporización

Bloque 1 e 2 1ª Avaliación.

Bloque 3 e 4. 2ª Avaliación.

Bloque 5 e 6. 3ª Avaliación.

OBXECTIVOS MÍNIMOS

1. Adquirir os instrumentos de racionalidade e obxectividade necesarios para poder

formular xuízos valorativos con rigor, coherencia e fundamentación racional, e

realizar eleccións dignas de guiar a súa conduta, a súa vida persoal e as súas

relacións sociais.

2. Lograr o desenvolvemento da personalidade no respecto aos principios

democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais, segundo o

establecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e nos acordos

internacionais ratificados por España.

3. Adquirir autonomía e prepararse para converterse no principal axente do propio

desenvolvemento, aprendendo a construír, mediante unha elección libre e

racionalmente fundamentada en valores éticos e o investimento do seu propio

esforzo, un pensamento e un proxecto de vida propios, asumindo de modo

consciente, crítico e reflexivo o exercicio da liberdade e o control acerca da súa

propia existencia.

261

4. Contribuír á construción dunha sociedade libre, igualitaria, próspera e xusta,

mediante a participación activa de cidadáns conscientes e respectuosos dos valores

éticos nos que debe fundamentarse a convivencia e a participación democrática,

recoñecendo os dereitos humanos como referencia universal para superar os

conflitos, defender a igualdade, o pluralismo político e a xustiza social.

5. Desenvolver as competencias relativas ao pensamento crítico e a resolución de

problemas mediante a análise, formulación, argumentación e busca de solucións

aos problemas éticos.

6. Reflexionar sobre o fundamento ético da sociedade e tomar conciencia da

importancia dos seus valores culturais para incrementar a competencia social e

cívica, a de conciencia e expresión cultural, así como o traballo colaborador.

7. Buscar solucións aos conflitos interpersoais de forma non violenta, desenvolvendo

actitudes de tolerancia, solidariedade, compromiso e respecto á pluralidade cultural,

política, relixiosa ou de calquera outra natureza.

8. Exercitar procesos cognitivos que favorezan o descubrimento da verdade, como

analizar, sintetizar, relacionar, comparar, aplicar, avaliar, argumentar, etc., e gozar

do gusto e da satisfacción que iso produce.

9. Enfrontarse a dilemas éticos e debater posibles solucións facendo uso das súas

competencias comunicativas, exercitándose na escoita, a exposición de ideas e a

comunicación de sentimentos, e utilizando tanto a linguaxe oral como outros

sistemas de representación.

10. Asumir a importancia da dignidade da persoa como fundamento dos valores éticos

e a capacidade que esta posúe para elixir as súas accións e modelar a súa propia

personalidade, asumindo a responsabilidade de ser libre.

11. Entender as relacións interpersoais a partir do respecto e a igualdade.

12. Comprender a natureza social do ser humano, así como a necesidade de

desenvolver a capacidade de relación coa comunidade.

13. Tomar conciencia da importancia das influencias sociais no individuo e os límites

que supoñen para a práctica da súa liberdade.

14. Reflexionar acerca dos valores éticos e a súa relación coa autorrealización humana

e o seu desenvolvemento moral.

15. Considerar a relación entre a xustiza e a política no mundo actual, o papel da

democracia, a súa vinculación co estado de dereito e a división de poderes, facendo

posibles unha sociedade que garanta o exercicio dos dereitos humanos para toda a

cidadanía.

16. Reflexionar sobre os valores éticos que sinala a Constitución española e as

relacións que esta establece entre o Estado e o cidadán, así como co feito histórico

da súa integración na Unión Europea.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

Bloque 1. A dignidade da persoa

Sec. I. P

áx. 6

14

01

262

1. Interpretar e valorar a importancia da dignidade da persoa como o valor do que

parte e no que se fundamenta a Declaración Universal de Dereitos Humanos,

subliñando os atributos inherentes á natureza humana e os dereitos inalienables e

universais que derivan dela, como o punto de partida sobre o que deben xirar os

valores éticos nas relacións humanas a nivel persoal, social, estatal e universal.

1.1. Identifica na dignidade do ser humano, en tanto que persoa, e os atributos

inherentes á súa natureza, a orixe dos dereitos inalienables e universais que

establece a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

1.2. Identifica, na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, como atributos

esenciais do ser humano: a razón, a conciencia e a liberdade.

1.3. Relaciona de forma adecuada os seguintes termos e expresións, utilizados na

Declaración Universal dos Dereitos Humanos: dignidade da persoa,

fraternidade, liberdade humana, trato digno, xuízo xusto, trato inhumano ou

degradante, arbitrariamente detido, presunción de inocencia, discriminación e

violación de dereitos, etc.

Bloque 2. A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais

1. Explicar, baseándose na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, os principios

que deben rexer as relacións entre os cidadáns e o Estado, co fin de favorecer o seu

cumprimento na sociedade na que viven.

1.1. Comenta, segundo o establecido pola Declaración Universal dos Dereitos

Humanos nos artigos 12 ao 17, os dereitos do individuo que o Estado debe

respectar e fomentar, nas relacións existentes entre ambos os dous.

1.2. Explica os límites do Estado que establece a Declaración Universal dos

Dereitos Humanos nos artigos 18 ao 21, ao determinar as liberdades dos

cidadáns que este debe protexer e respectar.

1.3. Elabora unha presentación con soporte informático e audiovisual, ilustrando

os contidos máis sobresaíntes tratados no tema e expoñendo as súas

conclusións de forma argumentada.

2. Explicar en que consiste a socialización global e a súa relación cos medios de

comunicación masiva, valorando os seus efectos na vida e no desenvolvemento

moral das persoas e da sociedade, reflexionando acerca do papel que deben ter a

ética e o Estado en relación con este tema.

2.1. Describe e avalía o proceso de socialización global mediante o cal se produce

a interiorización de valores, normas, costumes, etc.

2.2. Sinala os perigos que este fenómeno encerra se se desenvolve á marxe dos

valores éticos universais, debatendo acerca da necesidade de establecer

límites éticos e xurídicos neste tema.

263

2.3. Diserta acerca do impacto que teñen os medios de comunicación masiva na

vida moral das persoas e da sociedade, expresando as súas opinións con rigor

intelectual.

2.4. Valora a necesidade dunha regulación ética e xurídica en relación co uso de

medios de comunicación masiva, respectando o dereito á información e á

liberdade de expresión que posúen os cidadáns.

Bloque 3. A reflexión ética

1. Recoñecer que, no mundo actual de grandes e rápidos cambios, a necesidade dunha

regulación ética é fundamental, debido á magnitude dos perigos aos que se enfronta

o ser humano, resultando necesaria a súa actualización e ampliación aos novos

campos de acción da persoa, co fin de garantir o cumprimento dos dereitos

humanos.

1.1. Xustifica racionalmente e estima a importancia da reflexión ética no século

XXI, como instrumento de protección dos dereitos humanos ante as ameazas

de grandes intereses políticos e económicos, e de grupos violentos que

dispoñen de avances científicos e tecnolóxicos, capaces de poñer en gran

risco os dereitos fundamentais da persoa.

1.2. Sinala algúns dos novos campos aos que se aplica a ética, como o profesional,

a bioética, o ambiente, a economía, a empresa, a ciencia e a tecnoloxía, entre

outros.

2. Comprender e apreciar a importancia que teñen para o ser humano do século XXI as

circunstancias que o rodean, destacando os límites que lle impoñen e as

oportunidades que lle ofrecen para a elaboración do seu proxecto de vida, conforme

os valores éticos que libremente elixe e que dan sentido á súa existencia.

2.1. Describe e avalía as circunstancias que no momento actual o rodean,

identificando as limitacións e oportunidades que se lle consideran, desde as

perspectivas sociais, laborais, educativas, económicas, familiares, afectivas,

etc., co obxecto de deseñar, a partir delas, o seu proxecto de vida persoal,

determinando libremente os valores éticos que han de guialo.

3. Distinguir os principais valores éticos nos que se fundamentan as éticas formais,

establecendo a súa relación coa ética kantiana e sinalando a importancia que este

filósofo lle atribúe á autonomía da persoa como valor ético fundamental.

3.1. Define os elementos distintivos das éticas formais e compáraos cos relativos

ás éticas materiais.

3.2. Explica as características da ética kantiana: formal, universal e racional, así

como a importancia da súa achega á ética universal.

3.3. Aprecia, na ética kantiana, o seu fundamento na autonomía da persoa como

valor ético esencial e a súa manifestación no imperativo categórico e as súas

formulacións.

264

4. Identificar a ética do discurso como unha ética formal, que destaca o valor do

diálogo e o consenso na comunidade, como procedemento para encontrar normas

éticas xustas.

4.1. Xustifica por que a ética do discurso é unha ética formal e en que consiste o

imperativo categórico que formula, identificando as similitudes e diferenzas

co imperativo da ética de Kant.

4.2. Utiliza a súa iniciativa persoal e emprendedora para elaborar unha

presentación con soporte informático acerca das éticas formais, expresando e

elaborando conclusións fundamentadas.

Bloque 4. A xustiza e a política

1. Concibir a democracia non só como unha forma de goberno, senón como un estilo de

vida cidadá, consciente do seu deber como elemento activo da vida política,

colaborando na defensa e difusión dos dereitos humanos, tanto na súa vida persoal

como social.

1.1. Comprende a importancia que ten para a democracia e a xustiza que os

cidadáns coñezan e cumpran cos seus deberes, entre eles, a defensa dos

valores éticos e cívicos, o coidado e conservación de todos os bens e servizos

públicos, a participación na elección dos representantes públicos, o respecto e

a tolerancia á pluralidade de ideas e de crenzas, o acatamento das leis e das

sentenzas dos tribunais de xustiza, así como o pagamento dos impostos

establecidos, entre outros.

2. Reflexionar acerca do deber que teñen os cidadáns e os Estados de promover a

ensinanza e a difusión dos valores éticos como instrumentos indispensables para a

defensa da dignidade e os dereitos humanos, ante o perigo que o fenómeno da

globalización pode representar para a destrución do planeta e a deshumanización

da persoa.

2.1. Diserta e elabora conclusións, en grupo, acerca das terribles consecuencias

que pode ter para o ser humano o fenómeno da globalización se non se

establece unha regulación ética e política, como: o egoísmo, a desigualdade, a

interdependencia, a internacionalización dos conflitos armados, a imposición

de modelos culturais determinados por intereses económicos que promoven o

consumismo e a perda de liberdade humana, entre outros.

2.2. Comenta o deber ético e político que teñen todos os Estados, ante os riscos da

globalización, de tomar medidas de protección dos dereitos humanos,

especialmente a obriga de fomentar o ensino dos valores éticos, a súa

vixencia e a necesidade de respectalos en todo o mundo, como o deber de

contribuír na construción dunha sociedade xusta e solidaria, fomentando a

tolerancia, o respecto aos dereitos dos demais, a honestidade, a lealdade, o

265

pacifismo, a prudencia e a mutua comprensión mediante o diálogo, a defensa

e protección da natureza, entre outros.

Bloque 5. Os valores éticos, o dereito, a Declaración Universal dos Dereitos

Humanos e outros tratados internacionais sobre dereitos humanos

1. Apreciar a necesidade das leis xurídicas no Estado para garantir o respecto aos

dereitos humanos e reflexionar acerca dalgúns dilemas morais nos que existe un

conflito entre os deberes éticos, relativos á conciencia da persoa e os deberes cívicos

que lle impoñen as leis xurídicas.

1.1. Explica a finalidade e características das leis xurídicas dentro do Estado e a

súa xustificación ética como fundamento da súa lexitimidade e da súa

obediencia.

1.2. Debate acerca da solución de problemas nos que hai un conflito entre os

principios éticos do individuo e os da orde civil, formulando solucións

razoadas acerca dos dilemas que consideran os casos de desobediencia civil e

obxección de conciencia, xa que estes implican o desacato ás leis do Estado.

2. Disertar acerca da teoría de Rawls baseada na xustiza como equidade e como

fundamento ético do dereito, emitindo un xuízo crítico acerca dela.

2.1. Busca información en Internet co fin de definir os principais conceptos

utilizados na teoría de Rawls e establece unha relación entre eles, como: a

posición orixinal e o veo de ignorancia, o criterio de imparcialidade e a

función dos dous principios de xustiza que propón.

2.2. Realiza un xuízo crítico acerca da teoría de Rawls e explica a súa conclusión

argumentada acerca dela.

3. Valorar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos como conxunto de ideais

irrenunciables, tendo presentes os problemas e deficiencias que existen na súa

aplicación, especialmente no relativo ao ámbito económico e social, indicando a

importancia das institucións e os voluntarios e voluntarias que traballan pola

defensa dos dereitos humanos.

3.1. Xustifica racionalmente a importancia dos dereitos humanos como ideais que

alcanzar polas sociedades e os Estados, e recoñece os retos que aínda teñen

que superar.

3.2. Sinala algunhas das deficiencias existentes no exercicio dos dereitos

económicos e sociais tales como a pobreza, a falta de acceso á educación, á

saúde, ao emprego, á vivenda, etc.

3.3. Emprende a elaboración dunha presentación, con soporte informático e

audiovisual, acerca dalgunhas das institucións e voluntarios que, en todo o

mundo, traballan pola defensa e respecto dos dereitos humanos, como a ONU

e os seus organismos, FAO, OIEA (Organismo Internacional de Enerxía

Atómica), OMS (Organización Mundial da Saúde), UNESCO (Organización

266

das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), entre outros e

ONG como Greenpeace, UNICEF, a Cruz Vermella, a Media Lúa Vermella,

etc., así como o Tribunal Internacional de Xustiza e o Tribunal de Xustiza da

Unión Europea, entre outros.

4. Entender a seguridade e a paz como un dereito recoñecido na Declaración Universal

dos Dereitos Humanos (art.º 3) e como un compromiso da cidadanía española nos

ámbitos nacional e internacional (Constitución española, preámbulo), identificando

e avaliando o perigo das ameazas que, contra elas, xurdiron nos últimos tempos.

4.1. Diserta, en pequenos grupos, acerca da seguridade e a paz como un dereito

fundamental das persoas e aprecia a súa importancia para o exercicio do

dereito á vida e á liberdade, elaborando e expresando as súas conclusións

(art.º 3 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos).

4.2. Toma conciencia do compromiso da cidadanía española coa paz como unha

aspiración colectiva e internacional recoñecida na Constitución española e

rexeita a violación dos dereitos humanos, mostrando solidariedade coas

vítimas da violencia.

4.3. Emprende a elaboración dunha presentación, con medios informáticos e

audiovisuais, sobre algunhas das novas ameazas para a paz e a seguridade no

mundo actual, como: o terrorismo, os desastres ambientais, as catástrofes

naturais, as mafias internacionais, as pandemias, os ataques cibernéticos, o

tráfico de armas de destrución masiva, de persoas e de órganos, entre outros.

5. Coñecer a misión atribuída na Constitución española ás forzas armadas e a súa

relación cos compromisos que o Estado español asume cos organismos

internacionais a favor da seguridade e a paz, reflexionando acerca da importancia

do dereito internacional para regular e limitar o uso e aplicación da forza e o poder.

5.1. Coñece, analiza e asume como cidadán os compromisos internacionais

realizados polo Estado español na defensa da paz e a protección dos dereitos

humanos, como membro de organismos internacionais: ONU, OTAN, UE,

etc.

5.2. Identifica a importancia da misión das forzas armadas, (no art.º 15 da lei de

Defensa Nacional) en materia de defensa e seguridade nacional, de dereitos

humanos, de promoción da paz e a súa contribución en situacións de urxencia

e axuda humanitaria, tanto nacionais como internacionais.

5.3. Identifica as consecuencias dos conflitos armados no ámbito internacional,

apreciando a importancia das organizacións internacionais que promoven e

vixían o cumprimento dun dereito internacional, fundamentado na

Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Bloque 6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía

267

1. Identificar criterios que permitan avaliar, de forma crítica e reflexiva, os proxectos

científicos e tecnolóxicos, co fin de valorar a súa idoneidade en relación co respecto

aos dereitos humanos e valores éticos.

1.1. Utiliza información de forma selectiva para atopar algúns criterios que

cómpre ter en conta para estimar a viabilidade de proxectos científicos e

tecnolóxicos, considerando a idoneidade ética dos obxectivos que pretenden e

a avaliación dos riscos e consecuencias persoais, sociais e ambientais que a

súa aplicación poida ter.

2. Estimar a necesidade de facer cumprir unha ética deontolóxica os científicos, os

tecnólogos e outros profesionais.

2.1. Comprende e explica a necesidade de apoiar a creación e uso de métodos de

control, así como a aplicación dunha ética deontolóxica para os científicos e

tecnólogos e, en xeral, para todas as profesións, fomentando a aplicación dos

valores éticos no mundo laboral, financeiro e empresarial.

5. CRITERIOS METODOLÓXICOS E ESTRATEXIAS DIDÁCTICAS XERAIS

PARA UTILIZAR NA ÁREA

Traballar de xeito competencial na aula supón un cambio metodolóxico importante. O

docente pasa a ser un xestor de coñecemento do alumnado e este adquire un maior grao

de protagonismo.

En concreto, na área de Valores Éticos:

Os alumnos e as alumnas deberán desenvolver nesta etapa un pensamento e unha

actitude críticos que se sustenten en valores morais e éticos recoñecidos. Por iso se fará

fincapé na necesidade de analizar, formular e dar solucións a problemas cun fondo

ético.

Desde esta perspectiva, a liña metodolóxica que rexerá as accións docentes nesta área

desenvolverase a través de métodos activos, indutivos e mixtos; é dicir, métodos

eminentemente participativos onde se alterna o traballo individual co traballo en grupo.

A aplicación dos devanditos métodos leva implícita a utilización de estilos de ensino

socializadores, cognitivos e creativos, para conseguir que os seus xuízos e eleccións

dirixan a súa conduta e as súas relacións sociais cara ao benestar común.

268

Neste contexto metodolóxico, o estudante convértese en protagonista da súa propia

aprendizaxe, mentres que o docente vai cedendo terreo para que o alumnado logre maior

autonomía nas súas aprendizaxes e cree estruturas cognitivas que lle permitan un

pensamento e un proxecto de vida propios, asumindo de modo consciente, crítico e

reflexivo o exercicio da liberdade e o control acerca da súa propia existencia.

Á súa vez, a transmisión do coñecemento das características que conforman a imaxe

persoal farase a partir de aprendizaxes baseadas na experiencia, onde o alumnado

percibe a información a través das súas propias experiencias e respectando sempre o

desenvolvemento dos diversos estilos de aprendizaxe. Tamén se combinarán técnicas

como o ensino recíproco e a discusión guiada con técnicas de visualización, de role

play.

Este abano de accións docentes permitiralle ao alumnado comprender e interiorizar os

valores éticos de forma holística, comprensiva e significativa.

6. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Con respecto ás actividades complementarias que se lle poden propoñer ao alumnado,

convén reflexionar sobre estas cuestións:

- Conseguíronse os obxectivos propostos a partir das actividades realizadas?

- Cal foi o resultado da realización das actividades?

- Cales delas gustaron máis?

- Que propostas de mellora podemos sinalar?

ACTIVIDADES POSIBLES A REALIZAR

- Actividades do libro do alumnado ou da guía que traballen explicitamente os

estándares definidos na unidade.

- Mapas mentais ou conceptuais elaborados polos alumnos e as alumnas.

- Produtos de aprendizaxe deseñados para poder aplicalos en tarefas realizadas nun

contexto real.

- Probas escritas que evidencien o traballo cos estándares de aprendizaxe.

- Problemas de aplicación de contidos nos que é necesario o desenvolvemento do

razoamento lóxico.

- Ferramentas de autoavaliación e coavaliación do traballo na aula.

269

7. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

A) Procedementos de observación sistemática da actividade cotiá dos/as

alumnos/as.

Rexistro sobre a convivencia na aula. As actitudes de carácter comportamental

serán valorados a través dun rexistro-rúbrica

B) Análise das producións dos/as alumnos/as (a nivel individual ou en grupo):

- Pautas guiadas sobre vídeos, audios ou lecturas.

- Traballos individuais ou colectivos, relatos. O alumno presentará un ou dous

traballo por trimestre.

Os relatos presentaranse seguindo a estrutura de tese, argumento e conclusión e

incluíndo os campos das pautas .

Os traballos poderán ser escritos ou orais, individuais ou por grupo.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

PROCEDEMENTOS/

INSTRUMENTOS CUALIFICARASE %

Rexistro de convivencia

Ítems respecto ao comportamento e a actitude cara a materia: asistencia, traer o material, respectar as quendas

de palabra, escoitar activamente, participar con respecto...

10%

Pautas guiadas

sobre o libro de texto,

vídeos e textos ou

fragmentos de libros

Cumprimentar pertinentemente os campos formulados na pauta e entrega no prazo establecido. 30%

270

Probas Escritas

Correcta presentación

Corrección sintáctica e ortográfica, e claridade, rigor e coherencia .

Seguir unha estrutura de:

Tese, Argumento,Conclusión

incluíndo os campos da pauta (título, tema , preguntas,

premisas, argumentos, obxeccións, exemplos e reflexións

persoais)

60%

CRITERIOS SOBRE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

Na cualificación de xuño terase en conta:

- O rexistro de clase. Valorarase a organización, a realización de todas as pautas

sinaladas (título, tema, preguntas, premisas, argumentos, obxeccións, exemplos e

reflexións persoais) na aula , a boa presentación e a coherencia argumentativa e

reflexiva. Terase que entregar dentro da data sinalada. As actividades entregadas fóra de

prazo serán penalizadas coa redución de 25 décimas por cada día de atraso. En ningún

caso se valorará unha actividade copiada por outro/a compañeiro/a.

- Os relatos e probas escritas de cada unidade de acordo cos contidos especificados. O

feito de descubrir a un/unha alumno/a copiando implicará unha cualificación de 0.

-A media das notas obtidas nos apartados citados representará un 90% da nota. En

ningún caso se fará a media cunha nota inferior ao 30% nalgún dos apartados

anteriores.

- A actitude na aula, a asistencia, a participación, o interese amosado e a iniciativa

persoal, e o respecto ás normas de convivencia pode representar un 10% da nota de cada

avaliación.

- A nota final será a media da primeira, segunda e terceira avaliación. En ningún caso

se fará media cunha avaliación con nota inferior a 3.

RECUPERACIÓN DURANTE O CURSO

Se o seguimento do curso e a realización e participación nas actividades foi

minimamente adecuado, o alumno/a pode optar a recuperar parte ou a totalidade da

materia con vistas a conseguilo 5, número non negociable de nota media. Haberá un

exame de recuperación da Primeira avaliación, outro da Segunda e outro da Terceira;

eses exames serán nas datas menos cargadas para o alumnado. Cada exame substitúe a

nota de cada avaliación completa e, polo tanto, puntúa sobre 10.

Farase unha recuperación final para casos excepcionais a final de curso coa

condición, para poder realizar este exame, de ter entregado como mínimo a metade das

actividades requiridas.

Consistirá na recollida de pautas de fragmentos e posterior relato do libro de

Ëtica para Amador de Fernando Savater

271

Esta proba servirá para acadar o aprobado cun máximo de 5 puntos.

Na cualificación de setembro farase unha proba a partir dunha das pautas

traballadas durante o curso que consistirá en crear un relato que coordine os campos en

que se divide a pauta e recollerase a lectura, con pauta guiada, dos tres libros xa citados

con anterioridade.

8. RECURSOS DIDÁCTICOS

Suxerimos o uso dos materiais seguintes:

- O libro do alumnado para a área de Valores Éticos de 4.º ESO da Editorial Anaya

. Textos tomados de diversos libros, así coma noticias xornalísticas, artigos de prensa,

materiais de video, películas, cancións, etcétera.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

Descrición do grupo despois da avaliación inicial

Á hora de formular as medidas de atención á diversidade e inclusión debemos solicitar,

en primeiro lugar, diversa información sobre cada grupo de alumnos e alumnas; como

mínimo debe coñecerse a relativa a:

- O número de alumnos e alumnas.

- O funcionamento do grupo (clima da aula, nivel de disciplina, atención...).

- As fortalezas que se identifican no grupo en canto ao desenvolvemento de contidos

curriculares.

- As necesidades que se puidesen identificar; convén pensar nesta fase en como se

poden abordar (planificación de estratexias metodolóxicas, xestión da aula,

estratexias de seguimento da eficacia de medidas, etc.).

- As fortalezas que se identifican no grupo en canto aos aspectos competenciais.

- Os desempeños competenciais prioritarios que hai que practicar no grupo nesta

materia.

- Os aspectos que se deben ter en conta ao agrupar os alumnos e as alumnas para os

traballos cooperativos.

272

- Os tipos de recursos que se necesitan adaptar no nivel xeral para obter un logro

óptimo do grupo.

Necesidades individuais

A avaliación inicial facilítanos non só coñecemento acerca do grupo como conxunto,

senón que tamén nos proporciona información acerca de diversos aspectos individuais

dos nosos estudantes; a partir dela poderemos:

- Identificar os alumnos ou as alumnas que necesitan un maior seguimento ou

personalización de estratexias no seu proceso de aprendizaxe. (Débese ter en conta

aquel alumnado con necesidades educativas, con altas capacidades e con necesidades

non diagnosticadas, pero que requiran atención específica por estar en risco, pola súa

historia familiar, etc.).

- Saber as medidas organizativas que cómpre adoptar. (Planificación de reforzos,

situación de espazos, xestión de tempos grupais para favorecer a intervención

individual).

- Establecer conclusións sobre as medidas curriculares a adoptar, así como sobre os

recursos que se van empregar.

- Analizar o modelo de seguimento que se vai utilizar con cada un deles.

- Acoutar o intervalo de tempo e o modo en que se van avaliar os progresos destes

estudantes.

- Fixar o modo en que se vai compartir a información sobre cada alumno ou alumna co

resto de docentes que interveñen no seu itinerario de aprendizaxe; especialmente, co

titor.

10. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Neste apartado pretendemos promover a reflexión docente e a autoavaliación da

realización e o desenvolvemento de programacións didácticas. Para iso, ao finalizar

cada unidade didáctica proponse unha secuencia de preguntas que permitan ao docente

avaliar o funcionamento do programado na aula e establecer estratexias de mellora para

a propia unidade.

De igual modo, propoñemos o uso dunha ferramenta para a avaliación da programación

didáctica no seu conxunto; esta pódese realizar ao final de cada trimestre, para así poder

recoller as melloras no seguinte. A devandita ferramenta descríbese a continuación:

273

ASPECTOS PARA

AVALIAR

PARA

DESTACAR...

PARA

MELLORAR...

PROPOSTAS

DE MELLORA

PERSOAL

Temporalización das

unidades didácticas

Desenvolvemento dos

obxectivos didácticos

Manexo dos contidos da

unidade

Descritores

e desempeños

competenciais

Realización de tarefas

Estratexias

metodolóxicas

seleccionadas

Recursos

Claridade nos criterios

de avaliación

Uso de diversas

ferramentas de

avaliación

Portfolio de evidencias

dos estándares de

aprendizaxe

Atención á diversidade

Interdisciplinariedade

274

15. CONSIDERACIÓNS XERAIS

1. Temas transversais comúns.274

2.Avaliación inicial.Atención á diversidade.275

3.Proxecto lector xeral.276

4 Actividades extraescolares e complementarias xerais.277

5.Actividades extraescolares e complementarias específicas.278

6.Integración das TICs.278

7.Achega ao proxecto lingüístico.279

8. Anexo aos criterios xerais de avaliación279

1. TEMAS TRANSVERSAIS COMÚNS

Debido á especificidade do currículo do Departamento (Filosofía e cidadanía,

Antropoloxía, Historia da Filosofía, Educación para a cidadanía, Educación ético-

cívica) resultaranos moi doada e obrigada a abordaxe dos diversos temas transversais.

Este ano o tema elixido polo instituto podería ser a biodiversidade, asunto moi

ligado á reflexión filosófica, ética, social, política, e cidadá, mesmo relixiosa, e polo

tanto, sería destacado nalgúns temas da programación nos que o vínculo sexa posible.

Case desde as mesmas orixes, o pensamento filosófico suscitou cuestións

relativas á igualdade e desigualdade entre os humanos, relación entre técnica e natureza,

a busca da paz como ideal... Trátase, pois, de analizar esas ideas desde unha perspectiva

crítica, aínda sendo conscientes das influencias sociais e históricas que condicionaron

algúns conceptos. Haberá que levar a cabo unha hermenéutica das ideas, mais non desde

unha pretendida chamada neutralidade científica senón facendo salientar as falacias que

275

tratan de xustificar discursos xenófobos, androcéntricos, etnocéntricos,

fundamentalistas, violentos, etc. O obxectivo final ao que aspira é o de facer ver o

carácter liberador do pensamento crítico en canto a prexuízos e ideas preconcibidas.

Deste xeito, os temas transversais quedan inseridos en toda a evolución das ideas

filosóficas, éticas, xurídicas, mesmo relixiosas, que nos son dadas estudar.

Tamén estaremos atentos ás distintas conmemoracións celebradas durante o

curso e que poidan ser vinculadas á transversalidade, por exemplo:

1 de decembro: Dia mundial da SIDA

10 de decembro: Proclamación dos Dereitos Humanos (cuarto da ESO, Filosofía

e Cidadanía, Educación para a cidadanía)

30 de xaneiro: Día da Paz (4º ESO, Educación para a cidadanía, FdCT)

8 de marzal: Día internacional da muller traballadora (4º ESO, FeC, ).

5 de xuño: Día mundial do medioambente: (4º ESO, FeC, FdCT). Etc...

2. AVALIACIÓN INICIAL. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: RECUPERACIÓN

E REFORZO

Nos cursos da ESO será conveniente proceder a unha avaliación inicial realizando

probas específicas ou ben observando as probas usuais do inicio de curso para

determinar o nivel de dominio da materia.

Será interesante contar con información de datos persoais ou familiares relevantes;

datos académicos anteriores; clima de convivencia e traballo no grupo. Todo iso debe

redundar nunha comprensión das circunstancias dos alumnos que será beneficiosa para

o traballo na clase.

En función tanto do dominio da materia como doutros datos relevantes o profesor se

axustará ao nivel da clase adaptando a programación, a metodoloxía, o nivel de

contidos, etcétera, a ese nivel.

Na mesma lóxica de adaptación ao nivel de cada individuo coa fin de atender no

posible ás peculiaridades do alumnado dentro do seu proceso de aprendizaxe, ao longo

do curso adoptaranse medidas tendentes a subministrar reforzos pedagóxicos ao

alumnado que os precise, así como a programar exercicios complementarios para o

alumnado que supere o nivel medio do curso en canto a coñecementos da materia.

Como medidas de apoio, propóñense as seguintes:

Programar comentarios de texto, actividades, exercicios máis sinxelos para o

alumnado con dificultades de aprendizaxe, sobre todo nos primeiros meses do

curso escolar.

Proporcionarlles axuda directa naquelas actividades que se realicen na aula, coa

fin de ir encarreirando de xeito persoal o seu proceso de desenvolvemento

intelectual.

Incluír dentro do plan de traballo actividades sinxelas e adicionais que lles

permitan cubrir as lagoas conceptuais.

Darlle especial atención á lectura de textos breves tentando que o alumnado con

maior dificultade poida desenvolver unha lectura significativa.

276

Todo o anterior será deseñado para cada alumn@ que o precise, sen que iso

afecte aos elementos prescritibles do currículo: obxectivos e contidos.

Nas materias da ESO estaremos especialmente atentos ás valoracións feitas polo

profesorado na avaliación inicial.

Para todo o alumnado da ESO que presente dificultades ou repita curso, e

precise programas de recuperación específicos e personalizados, o

Departamento comprométese a atender a circular 8/2009 da Dirección Xeral de

Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan

medidas de atención á diversidade para o alumnado da ESO.

3. PROXECTO LECTOR XERAL

Ademais de estar vinculados ao proxecto de reforma da biblioteca do centro, o

Departamento de Filosofía e materias afíns, obviamente, está comprometido co novo

proxecto lector, dado que pensamos que é absolutamente necesario e imprescindible o

achegamento do alumnado á lectura e comprensión de textos filosóficos, relixiosos,

éticos, científicos, xurídicos, antropolóxicos. Polo cal, fomentarase a lectura tanto na

aula e como traballo de casa, ademais de ser un compoñente importante tanto nos

criterios de avaliación como nos de cualificación. Este criterio de animación á lectura

está presente en cada unha das materias incluídas nesta programación.

En concreto, e orientado cara ao alumnado de 2ª ESO, neste curso 2013-14

estarase a continuar o proxecto lector específico iniciado o curso anterior. As súas bases

son: lectura no período hora lectiva ao mes de unha obra (novela corta, relatos breves,

noticias, textos....) na aula, para o posterior traballo con ela a partir da ficha de lectura,

de actividades relacionadas (visión de documentais, películas ou curtametraxes,

tratamento de páxinas web) e reflexión persoal e posta e común das conclusións.

Na aula materia dispoñerase un espazo para arquivar as fichas de lectura

elaboradas polo alumnado, coa finalidade de que sirvan como exemplo para cotexar con

outras xa feitas en cursos pasados. O obxectivo é confeccionar un arquivo que recolla as

impresións do alumnado sobre a actividade lectora en xeral.

4. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS XERAIS

277

Iranse programando e desenvolvendo ao longo do curso segundo se vaian

ofrecendo oportunidades, e dependendo tamén das posibilidades económicas e

horario do Departamento e do propio Centro Escolar. Entre outras, poderían ser as

seguintes:

Asistencia a conferencias e debates.

Asistencia a obras de teatro de textura filosófica.

Proxección de películas como punto de partida para reflexións ético-

filosófico-técnico-científico-relixioso-xurídico-antropolóxicas.

Visita a museos, facultades, concello, parlamento, xulgados, que teñan e

teñen que ver cos negocios que se tratan nas diversas materias que imparte o

seminario de Filosofía.

Colaboración coa revista do centro, na produción de artigos de análise de

problemas derivados do desenvolvemento da ciencia (quecemento global,

xenética...). Ademais, apoiar aos alumnos no desenvolvemento de outros

proxectos para a revista.

Participación en programas dirixidos polo xornal El País e La Voz de

Galicia.

Visita, en coordinación do departamento de Bioloxía, á central térmica de As

Pontes, e a un parque eólico.

Visita a algún enclave de interese antropolóxico (Atapuerca, Lugo, Boiro...);

museo do pobo galego en Santiago...

Aproveitamento das posibilidades da cidade de Santiago –e da comunidade

autónoma- no referente a historia e cultura das relixións (museos,

arquitectura, exposicións

Aproveitando as posibilidades culturais que ofrece a cidade de Compostela,

e na medida en que as saídas do instituto non poden ser continuas,

recomendaremos ao alumnado aquelas visitas que nos parezan convenientes

para enriquecer o traballo na aula.

Configuración da xornada cultural en torno á figura do día das letras galegas.

Participación en cursos de formación do profesorado.

Exposición ―Cine e filosofía‖ na entrada do instituto.

Invitación a especialistas en distintos aspectos curriculares.

O profesorado, sempre dependendo da dinámica do curso, comprométese a

aproveitar todo tipo de actividades extraescolares vinculadas ás materias do

departamento..

278

5. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

ESPECÍFICAS

A) III CERTAME DE ENSAIO SUBVERSIVO “GUILLERMO DOMÍNGUEZ”

Dando continuidade ás dúas edicións do Certame de Ensaio Subversivo ―Guillermo

Domínguez‖, este departamento poñerá en marcha a súa terceira edición, programada en

principio para que o premio sexa fallado no segundo trimestre, en colaboración co

Colectivo Cultural Xelmírez e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As bases serán publicadas na web do centro e remitidas por correo electrónico a

todos os centros da nosa comunidade, barallándose a posibilidade de enviar unha

notificación á prensa escrita da convocatoria. O obxectivo segue a ser incentivar o

pensamento crítico e a reflexión nos nosos xoves, tal e como recolle o espírito do

premio, que se convoca para alumnado de Bacharelato.

Asemade, publicarase nunha revista todos os premios das distintas edicións.

B) BLOG “XOVES PENSADORES/AS SUBVERSIVOS/AS”

Ao carón do Certame de Ensaio Subversivo ―Guillermo Domínguez‖, o Departamento

de Filosofía, en colaboración co profesorado de Informática e das TIC, quere poñer en

marcha neste curso un espazo virtual, no contexto da páxina web do centro, que dea

cabida a un blog a disposición de todos aqueles alumnos e de todas aquelas alumnas da

nosa comunidade galega como vehículo de debate e diálogo.

Este blog, que ben puidera chamarse ―Xoves Pensadores Subversivos‖, pretendería

ser un ágora virtual no que a confrontación en liberdade e tolerancia de opinións

diversas fomentase a cimentación das liñas dunha sociedade plural e multicultural, na

que a crítica respectuosa sexa a base dunha diversidade seria e responsable.

6. INTEGRACIÓN DAS TICs

En xeral, consideramos fundamental utilizar a tecnoloxía da información, non só

coa pretensión de achegarse aos modos do estudante de secundaria, senón tamén

polas posibilidades que ofrece á hora de impartir clase. Así, na medida do

posible, utilizaremos a aula de informática e a de audiovisuais como

complemento da aprendizaxe.

Quizais sexa interesante saber e aprender a discernir entre a información masiva

dos mass media, aquilo que sexa de veras importante e o que sexa de tipo span.

Utilización cotiá do xornal –e dos periódicos en rede- na aula.

279

Implicación na elaboración dun xornal dixital no El País de los estudantes, onde

o alumnado pode exercer de periodista (redactor, deseñador, publicista, etc.), ao

tempo que desenvolven competencias dixital e tratamento da información.

Elaboración de blogs para algunhas materias.

Colaboración coa web do instituto.

7. APORTACIÓN AO PROXECTO LINGÜÍSTICO

Todo o material que se manexa nas nosas materias e os textos ós que anteriormente

se fan referencia están en galego.O fomento do uso da lingua galega debe estar

garantido.

8. ANEXO AOS CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN

Os membros deste Departamento de Filosofía deciden complementar os criterios de

avaliación de tódalas súas materias coas puntualizacións que seguen:

1ª. Nos casos nos que se detecten irregularidades comprobadas na realización dos

exames correspondentes a calquera das avaliacións por parte do alumnado, a saber,

utilización de materiais ou instrumental técnico non autorizado expresamente polo

profesor, anomalías constatables de reprodución total o parcial dos contidos en exames

de distintos/as alumnos/as, contactos expresos e anormais entre eles/as durante a

celebración dos exercicios, etc…. a penalización será inmediata na cualificación dos

exames implicados, e traducirase nunha sanción severa nas mesmas.

2ª. Ademais, segundo a gravidade do caso, procederase á suspensión do proceso

de avaliación continua dos/as implicados/as.

280

16. PROCESO DE REVISIÓN E AVALIACIÓN DA

PROGRAMACIÓN.

O proceso de revisión e avaliación da presente programación presenta tres fases:

1. Última semana de novembro: previsión de posibles modificacións nas dinámicas

de clase que poidan supoñer a incorporación ou modificación de novos

elementos ou recursos metodolóxicos, didácticos, etc. e a súa incidencia sobre os

criterios de cualificación. Tales propostas, lembremos, deben ser recollidas

igualmente nas actas das reunións do departamento.

2. Finais de febreiro: seguimento especial do cumprimento da temporalización e

secuenciación, grao de cumprimento, análise de dificultades, proposta de

melloras, competencias acadadas, informe do aproveitamento e avaliación sobre

adecuación ós mínimos esixibles.

3. Finais de xuño: coincidindo co proceso de elaboración da memoria do

departamento. Análise final de cada un dos apartados da programación e proposta

de modificacións, previsións e contidos para recoller no informe final.

En Santiago de Compostela, a 20 de Outubro de 2017

Asdo, Antón Baamonde

Asdo, Berta Mata

Asdo, Juan Jesús Mayer

Asdo. Montserrat Fernández