Dereitos da muller

37
POLOS DEREITOS FUNDAMENTAIS DA MULLER POLA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES

Transcript of Dereitos da muller

Page 1: Dereitos da muller

POLOSDEREITOS

FUNDAMENTAIS DA MULLER

POLA IGUALDADEENTRE

HOMES E MULLERES

Page 2: Dereitos da muller

Veño desde o onte,desde o pasado escuro e esquecido,

coas mans atadas polo tempo, coa boca selada desde épocas remotas.

Page 3: Dereitos da muller

Veño cargada de dores antigas, recollidas por séculos, arrastrando

cadeas longas e indestrutibles.

Page 4: Dereitos da muller

Veño desde a escuridade, do pozo do

esquecemento co silencio ao

lombo, co medo

ancestral que corroeu a

miña alma desde o principio

dos tempos.

Page 5: Dereitos da muller

Veño de ser escrava por milenios, escrava de maneiras diferentes:

sometida ao desexo do meu raptor en Persia, escravizada en Grecia baixo o poder romano,

convertida en vestal nas terras de Exipto,ofrecida aos deuses en ritos milenarios

vendida no deserto ou trocada como una mercadoría.

Page 6: Dereitos da muller

Veño de ser apedrada por adúltera nas rúas de Xerusalén

por una turba de hipócritas, pecadores de todas as especies

que clamaban ao ceo o meu castigo.

Page 7: Dereitos da muller

Fun mutilada en moitos pobos para privar o meu corpo de

pracerese convertida en

animal de carga, traballadora e paridora da

especie.

Page 8: Dereitos da muller

Violáronme sen límite

en todos os recantos do

planeta sen que conte a

miña idade madura ou tenra, ou importe a miña

cor ou a miña estatura.

Page 9: Dereitos da muller

´Tiven que servir onte aos

señores, prestarme aos seus desexos,

entregarme, doarme,

destruírme, esquecerme de ser unha entre

miles.

Page 10: Dereitos da muller

Fun barragana dun señor en Castela, esposa dun marqués

e concubina dun comerciante grego, prostituta en Bombai e en Filipinas

e sempre foi igual o meu tratamento.

Page 11: Dereitos da muller

Duns e doutros sempre escrava, duns e doutros dependente,

menor de idade en todos os asuntos, invisible na historia

máis afastadae esquecida na historia máis

recente.

Page 12: Dereitos da muller

Eu non tiven a luz do alfabeto.Durante longos séculos

abonei coas miñas bágoas a terra que debín cultivar

desde a miña infancia.

Page 13: Dereitos da muller

Recorrín o mundo en millares de vidas

que me foron entregadas unha a unha.

Page 14: Dereitos da muller

E coñecín a todos os homes do planeta.

Os grandes e pequenos,

os bravos e covardes, os viles, os honestos, os bos, os terribles.

Page 15: Dereitos da muller

Mais case todos levan a marca dos tempos.Uns manexan vidas

como amos e señores, asfixian, apreixan e aniquilan.

Page 16: Dereitos da muller

Outros deixan almas comercian con ideas, asustan o seducen,

manipulan e oprimen.

Page 17: Dereitos da muller

Eu coñézoos a todos, estiven a carón duns e doutros,

servindo cada día, recollendo migallas,

baixando a cerviz a cada paso, cumprindo coa miña karma.

Page 18: Dereitos da muller

Recorrín todos os camiños rabuñei paredes e ensaiei silencios

tratando de cumprir co mandato de ser como eles queren

mais non o conseguín.

Page 19: Dereitos da muller

Xamais se permitiu que eu escollese o rumbo da miña vida.

Camiñei sempre nunha disxuntiva: ser santa ou prostituta.

Page 20: Dereitos da muller

Coñecín o odio dos

inquisidores que en nome da santa Nai

Igrexa condenaron o meu corpo

ao seu servizo

e ás infames chamas da fogueira.

Page 21: Dereitos da muller

Chamáronme de múltiples

maneiras: bruxa, tola,

adiviña, pervertida,

aliada de Satán, escrava da

carne, sedutora,

ninfómana, culpable dos

males da terra.

Page 22: Dereitos da muller

Pero seguín vivindo, arando, colleitando, cosendo,

construíndo, cociñando, tecendo, curando, protexendo, parindo, criando, aleitando, coidando

e sobre todo amando.

Page 23: Dereitos da muller

Poboei a terra de amos e de

escravos, de ricos e

esmoleiros, de xenios e de

idiotas, pero todos

tiveron a calor das miñas entrañas,

o meu sangue e o seu

alimento, e levaron un

pouco da miña vida.

Page 24: Dereitos da muller

Logrei sobrevivir á conquistabrutal e despiadada de Castela

nas terras de América, pero perdín os meus deuses e a miña terra

e o meu ventre pariu xente mestiza despois que o amo

me tomou pola forza.

Page 25: Dereitos da muller

E neste continente mancillado proseguín a miña existencia cargada de dores cotiáns,

negra e escrava, no medio da facenda, vinme obrigada a recibir o amo

cantas veces quixer sen poder expresar ningunha queixa.

Page 26: Dereitos da muller

Despois fun costureira,

campesiña, serventa, labradora,

nai de moitos fillos miserables,

vendedora ambulante, curandeira,

coidadora de nenos ou de anciáns,

artesá de mans prodixiosas,

tecedora, bordadora,

obreira, mestra,

secretaria,enfermeira.

Page 27: Dereitos da muller

Sempre servindo a todos,convertida en abella ou sementeira,cumprindo as tarefas máis ingratas,

moldeada como cántaro polas mans alleas.

Page 28: Dereitos da muller

E un día doínme das miñas angustias, un día canseime dos meus traballos,

abandonei o deserto e o océano, baixei da montaña,

atravesei as selvas e confíns e convertín a miña voz doce e tranquila,

en bucina do vento,en grito universal e enlouquecido.

Page 29: Dereitos da muller

E convoquei á viúva, á casada, á muller da aldea, á solteira,

á nai angustiada, á fea, á recén parida, á violada,

á triste, á calada, á fermosa, á pobre, á aflixida, á ignorante, á fiel, á enganada, á prostituída.

Page 30: Dereitos da muller

Viñeron miles de mulleres xuntas escoitar as miñas arengas,

falouse das dores milenarias, das longas cadeas

que os séculos nos cargaron ao lombo.

Page 31: Dereitos da muller

E formamos con todas as

nosas queixas un caudaloso

río que empezou a

recorrer o universo,

afogando a inxustiza e o

esquecemento.

Page 32: Dereitos da muller

O mundo quedou paralizado,os homes e mulleres non camiñaron,

pararon as máquinas, os tornos, os grandes edificios e as fábricas,

ministerios e hoteis, talleres e oficinas, hospitais e tendas, fogares e cociñas.

Page 33: Dereitos da muller

As mulleres, por fin, descubrímolo.Somos tan poderosas coma eles

e somos moitas máis sobre a terra!Máis que o silencio e máis que o sufrimento!

Máis que a infamia e máis que a miseria!

Page 34: Dereitos da muller

Que este canto resoe nas arredadas terras de

Indochina nas areas cálidas de

África, en Alaska e

América Latina, chamando á igualdade

entre os xéneros, a construír un mundo

solidario –distinto, horizontal, sen

poderíos- a conxugar tenrura,

paz e vida, a beber da ciencia sen

distingos.

Page 35: Dereitos da muller

A derrotar o odio e os prexuízos, o poder duns poucos,

as mesquiñas fronteiras, a amasar coas mans de ambos sexos

o pan da existencia.

Page 36: Dereitos da muller

A Axencia de Noticias Coránicas de Irán destacaba nunha entrevista co teólogo islamista Musa Gunes, quen afirmaba que "Occidente trata de desviar ás mulleres do seu papel principal e real na sociedade, presionándoas con lemas

vans sobre liberdade e igualdade". Tamén engadiu que unha das tácticas que utilizan

é apartar as mulleresdas súas familias, atraéndoas ao mercado laboral.

QUE ESTE TIPO DE COMENTARIOSNUNCAS MÁIS SE VOLVAN ESCOITAR.

Page 37: Dereitos da muller

XahOlg