Discurso da CUT-Compostela no 1º de Maio de 2013

3
DISCURSO DE PECHE 1º DE MAIO COMPOSTELA “Aforcádeos, desta maneira salvaredes á nosa sociedade”. Así imploraba o fiscal, que esixía do tribunal a condena a morte dos oito obreiros encausados en Chicago como responsábeis da convocatoria dunha das máis importantes folgas da historia. O Capital, a través dos seus maxistrados non dubidou: todos os obreiros procesados foron asasinados. Por iso estamos aquí, nun primeiro de maio, gardando a memoria dos “mártires de Chicago”. Defendendo a vixencia da loita de oito obreiros cuxo principal “delito” foi mobilizar á clase traballadora estadounidense en defensa dunha xornada de oito horas. Mais non só por iso. Estamos aquí porque as nosas necesidades non teñen espazo neste sistema. Porque estamos fartas e fartos dun sistema económico e social construído contra nós. Porque non aceptamos os seus embustes, os seus recortes, as súas mentiras, a súa ansia de lucro constante. Porque non asumimos que nós, traballadoras e traballadores, a única fonte real de riqueza deste País, teñamos que seguir a soportar os piares dunha sociedade corrupta, machista, racista, clasista e podre. Porque non imos quedarnos parasitando no sofá mentres nos rouban a sanidade universal, mentres destrúen o noso ensino público, mentres derruban todo o edificio de servizos sociais que con loita conquistamos. Pero ese estarmos fartas, ese noxo que sentimos por este presente ao que nos condenan, esa ira de non chegar a fin de mes, de ver emigrar ás nosas fillas e fillos. Ese desencanto todo ten que cristalizar nunha mobilización colectiva e permanente para ser útil. Faremos o que teñamos que facer, estaremos á altura dos tempos, non vos

description

Discurso de peche da CUT na mobilización do sindicalismo alternativo o 1 de Maio de 2013 en Compostela.

Transcript of Discurso da CUT-Compostela no 1º de Maio de 2013

Page 1: Discurso da CUT-Compostela no 1º de Maio de 2013

DISCURSO DE PECHE

1º DE MAIO

COMPOSTELA

“Aforcádeos, desta maneira salvaredes á nosa sociedade”. Así

imploraba o fiscal, que esixía do tribunal a condena a morte dos oito

obreiros encausados en Chicago como responsábeis da convocatoria

dunha das máis importantes folgas da historia. O Capital, a través dos

seus maxistrados non dubidou: todos os obreiros procesados foron

asasinados. Por iso estamos aquí, nun primeiro de maio, gardando a

memoria dos “mártires de Chicago”. Defendendo a vixencia da loita

de oito obreiros cuxo principal “delito” foi mobilizar á clase

traballadora estadounidense en defensa dunha xornada de oito

horas. Mais non só por iso.

Estamos aquí porque as nosas necesidades non teñen espazo neste

sistema. Porque estamos fartas e fartos dun sistema económico e

social construído contra nós. Porque non aceptamos os seus

embustes, os seus recortes, as súas mentiras, a súa ansia de lucro

constante. Porque non asumimos que nós, traballadoras e

traballadores, a única fonte real de riqueza deste País, teñamos que

seguir a soportar os piares dunha sociedade corrupta, machista,

racista, clasista e podre. Porque non imos quedarnos parasitando no

sofá mentres nos rouban a sanidade universal, mentres destrúen o

noso ensino público, mentres derruban todo o edificio de servizos

sociais que con loita conquistamos.

Pero ese estarmos fartas, ese noxo que sentimos por este presente

ao que nos condenan, esa ira de non chegar a fin de mes, de ver

emigrar ás nosas fillas e fillos. Ese desencanto todo ten que cristalizar

nunha mobilización colectiva e permanente para ser útil. Faremos o

que teñamos que facer, estaremos á altura dos tempos, non vos

Page 2: Discurso da CUT-Compostela no 1º de Maio de 2013

preocupedes. Non lles temos medo. Son eles os que teñen que

empezar a preocuparse. Fronte ao seu soño, ao soño do Capital, de

someternos aínda que morramos esgazados nas fábricas como en

Bangladesh, está o noso soño de liberdade.

Temos que prepararnos. Pensar a clase obreira como unha realidade

ampla, en movemento. Poñérmonos na pel de cada oprimida, de

cada explotado. Ir sumando, unindo, xuntando esforzos. Aquí, nas

nosas marchas da dignidade, teñen que estar as empregadas do

fogar, os inmigrantes sometidos a acoso e violencia pola policía, as

obreiras que día a día fan o almorzo, e poñen a roupa a lavar, e fan o

xantar e mil outras tarefas non remuneradas, sometidas ao encerro

do seu fogar, invisibilizadas. Cómpre un primeiro de maio en cada

casa, compañeiras!

Aquí teñen que estar as milleiros de desempregadas, e todos eses

mozos que toman a maleta nunha sangría traumática chamada

emigración. Aquí teñen que estar as obreiras da limpeza dos hospitais

e os obreiros da cultura. As traballadoras do téxtil e os traballadores

da hostalería. Os obreiros discriminados por falar galego. As obreiras

que ven minguadas as súas posibilidades de vida por ter nacido nun

pobo colonizado.

Aquí as xubiladas, os mozos que fan medias xornadas e as que fan

xornadas de 16 horas. Iso é a verdadeira unidade da clase obreira, e

non darnos bicos e abrazos con sindicatos vendidos, amarelos,

entregados ao patrón, que van pacto tras pacto ata a nosa derrota

final. A nosa maneira de facer sindicalismo é outra. Somos

irreverentes, somos insubmisos, porque este sistema non nos serve.

Estamos aquí porque non imos aceptar as súas normas de xogo. Non

imos xogar máis tempo nun taboleiro trucado, no que o

empresariado, a banca e todo o grande Capital sempre gañan. Imos

comezar a poñer as nosas propias normas. Estamos aprendendo a

facer un novo sindicalismo ao servizo das nosas vidas. Das vidas de

toda a clase traballadora. Unha nova práctica sindical que arrample

nas cunetas da historia o sectarismo, a prepotencia, a chulería, a

entrega e a traizón, que se fundamente na solidariedade e o apoio

mutuo da nosa clase. Un novo sindicalismo ao servizo das nosas

Page 3: Discurso da CUT-Compostela no 1º de Maio de 2013

ideas, ao servizo da nosa liberdade. Ao servizo dun futuro digno,

igualitario e xusto para toda a clase traballadora.

Estamos aquí facendo a tarefa máis necesaria: reforzando o

sindicalismo de base. Creando poder popular, dende abaixo,

asembleariamente, de maneira combativa, sen entregarnos. Con

paciencia e persistencia. Na defensa das nosas vidas, seguimos na

loita. Porque a loita é o único camiño.

Viva o primeiro de maio! Viva a clase obreira galega! Viva Galiza ceibe

e socialista!