Dispoñedes de toda a información en …ptico Recíclate... · 2019-10-22 · Sogama , onde...

2
Descubre como colaborar co medio ambiente no espazo web de Sogama www.sogama.gal No teu centro educativo contades cunha illa de reciclaxe na que deberás depositar os residuos xerados na escola. Así, tes á túa disposición un contedor amarelo, para latas, briks e envases de plástico; un contedor azul, para os envases de cartón e papel; e un contedor verde, para a fracción resto. A maiores, nas rúas atoparás o iglú verde para os envases de vidro. Se no teu centro hai servizo de comedor escolar, tedes a oportunidade de elaborar compost coa materia orgánica xerada (restos de alimentos e vexetais). O composteiro resultaravos de axuda nesta tarefa. Obteredes así un abono natural de alta calidade que servirá como fertilizante para o xardín e horta do recinto escolar. Dispoñedes de toda a información en www.compostaconsogama.gal Para complementar os teus coñecementos ambientais dunha forma lúdica, invitámoste a entrar na plataforma educativa de Sogama www.cadernoverde.gal, onde poderás descubrir un sinfín de materiais para ser un experto en medio ambiente. Ecocontos, unidades didácticas, fichas e xogos online son algunhas das divertidas actividades coas que aprenderás e gozarás. Ademais, moitos concellos contan cos denominados puntos limpos, recintos nos que se poden entregar aqueles refugallos que, polas súas características especiais (mobles, etc...) non poden ser introducidos nos contedores das vías públicas, garantindo así a súa correcta xestión. Benvido á Illa da Reciclaxe

Transcript of Dispoñedes de toda a información en …ptico Recíclate... · 2019-10-22 · Sogama , onde...

Page 1: Dispoñedes de toda a información en …ptico Recíclate... · 2019-10-22 · Sogama , onde poderás descubrir un sinfín de materiais para ser un experto en medio ambiente. Ecocontos,

Descubre como colaborar co medio ambiente no espazo web de Sogama www.sogama.gal

No teu centro educativo contades cunha illa de reciclaxe na que deberás depositar os residuos xerados na escola. Así, tes á túa disposición un contedor amarelo, para latas, briks e envases de plástico; un contedor azul, para os envases de cartón e papel; e un contedor verde, para a fracción resto.

A maiores, nas rúas atoparás o iglú verde para os envases de vidro. Se no teu centro hai servizo de comedor escolar, tedes a oportunidade de elaborar compost coa materia orgánica xerada (restos de alimentos e vexetais). O composteiro resultaravos de axuda nesta tarefa. Obteredes así un abono natural de alta calidade que servirá como fertilizante para o xardín e horta do recinto escolar.

Dispoñedes de toda a información en www.compostaconsogama.galPara complementar os teus coñecementos ambientais dunha forma lúdica, invitámoste a entrar na plataforma educativa de Sogama www.cadernoverde.gal, onde poderás descubrir un sinfín de materiais para ser un experto en medio ambiente. Ecocontos, unidades didácticas, fichas e xogos online son algunhas das divertidas actividades coas que aprenderás e gozarás. Ademais, moitos concellos contan cos denominados puntos limpos, recintos nos que se poden entregar aqueles refugallos que, polas súas características especiais (mobles, etc...) non poden ser introducidos nos contedores das vías públicas, garantindo así a súa correcta xestión.

Benvido áIlla da Reciclaxe

Page 2: Dispoñedes de toda a información en …ptico Recíclate... · 2019-10-22 · Sogama , onde poderás descubrir un sinfín de materiais para ser un experto en medio ambiente. Ecocontos,

Cada galego produce aproximadamente 1,1 quilos de lixo ao día? Pensa cantos sodes na clase ou no fogar e multiplica a cifra polos días do ano e a cantidade de refugallos que acabas de coñecer. Sorprendente, verdade? Pensa agora no dano que produce tal cantidade de lixo na nosa contorna. Preocúpache como evitalo?

SABÍAS QUE...A solución está nas túas mans e, cun pouco de colaboración, resulta doado. É tan sinxelo como seguir o principio dos tres erres:

Seguro que xa escoitaches falar deles pero, sabías que é unha responsabilidade de todos facer que o principio funcione?

Reduce, Reutiliza e separa para Reciclar

Supón evitar residuos innecesarios. Fíxate na cantidade de envases, envoltorios e elementos superfluos nos que se presentan moitos dos produtos que consuminos e que logo van ao lixo. Debes evitar os produtos de usar e tirar. A prevención debe ser o camiño.

ReducirÉ darlle novos usos a un produto antes de que chegue a convertirse nun residuo. Comprobarás facilmente que ao teu redor hai moitos materiais que poden volver a ser utilizados para moitas cousas. Usa o papel polas dúas caras, os tarros de vidro teñen moitas utilidades (para gardar cousas, como obxectos decorativos, …) e, con algo de imaxinación, poderedes elaborar na casa suculentos menús con sobras de comidas, evitando así que os desperdicios de alimentos acaben no cubo do lixo. No mundo tírase, nada máis e nada menos, que un terzo da comida que se produce.

ReutilizarAmarelo: latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios).

Azul: envases de cartón e papel (nunca papeis tratados -encerados, plastificados, de calco-, sucios ou con restos de graxa).

Punto limpo: residuos de carácter especial (mobles, colchóns, pinturas, vernices, aceites…).

Xenérico: fracción resto (panos de papel, cueiros, compresas, roupa deteriorada e fóra de uso…).

Composteiro: restos de comida -froitas e verduras, cascas de ovo, arroces, pasta cocida, pan-, restos de podas e de colleita da horta, pousos de café, … (nunca produtos lácteos, peixe ou carne, excrementos humáns ou de animais domésticos, pañais desbotables…).

Minicontedor de pilas

Iglú verde: botellas, frascos e tarros de vidro (sen os tapóns. Nunca vidros especiais como restos de cristalerías, parabrisas de coches, cristais de ventás, espellos…).

É posible se previamente hai unha boa separación dos materiais que conforman o lixo. Se utilizamos ben os contedores, contribuiremos a incrementar a reciclaxe na nosa comunidade e, xa que logo, os seus beneficios para o medio ambiente, a economía e o benestar social. As cores destes contedores serven para identificar onde vai cada cousa. Sinxelo, limpo e cómodo.

ReciclarAos tres erres, Sogama engádelle un cuarto erre, o da

Coa parte non reciclable do lixo xeramos, dunha forma limpa, enerxía eléctrica suficiente para abastecer ao 12% dos fogares galegos.

Recuperación

Enerxética

= 1,1 KG X DÍA

Desde Sogama estamos seguros de que contaremos coa túa participación neste programa, e que todos os días separarás correctamente os teus residuos, tanto na escola como no teu fogar e tempo de lecer, para que poidan ser reciclados.

Así mesmo, estamos convencidos de que ensinarás aos membros da túa familia co teu exemplo. Deste xeito poderemos disfrutar dun medio ambiente mellor e máis saudable, agora e no futuro.