dossier reducido seminario cómico galego

8
S S E E M M I I N N A A R R I I O O C C M M I I C C O O G G A A L L E E G G O O

description

dossier reducido seminario cómico galego

Transcript of dossier reducido seminario cómico galego

Page 1: dossier reducido seminario cómico galego

SSEEMMIINNAARRIIOO CCÓÓMMIICCOO GGAALLEEGGOO

Page 2: dossier reducido seminario cómico galego

O Seminario Cómico Galegocreouse no ano 2003 ao abeiro doFestival Internacional de Clown deGalicia co obxectivo de desenvolver, nonoso país, un centro permanente paraa formación teatral cómica, ao conside-rar a demanda crecente deste tipo deformación no mercado galego.

No momento da posta en mar-cha deste proxecto levabamos xa máisde dous anos desenvolvendo iniciati-vas no ámbito da pedagoxía teatral:cursos illados de diversas disciplinas(como actores de Rúa, Malabares,Iniciación ao Clown, Bufón...),Formaclown (Programa de formacióndo Festiclown 2001, 2002 e 2003), así

como o proxecto de formación para oCurso 2002 "Pontevedra o teu Escenario"no que se ofertaba unha proposta integralmonitorizada por algúns dos melloresmestres na materia a impartir (A voz enAcción por Vicente Fuentes; MáscaraNeutra por María del Mar Navarro, TeatroClásico Popular por Ángel Monteagudo eCurso de Comedia del Arte por AntonioFava).

Estas iniciativas previas configu-ran as bases da creación do SeminarioCómico Galego , que se puxo en marchacoa intención de ofrecer unha formacióncontinuada e especializada no eido doteatro humorístico profesional e afeccio-nado, tocando as diferentes vertentes e

disciplinas da arte cómica.Na súa primeira etapa, O

Seminario Cómico Galego impulsoutres programas de formación: un pro-grama Internacional de Formación paraprofesionais, un programa de forma-ción para afeccionados (ObradoiroPermanente de Clown) e un de dinami-zación social para asociacións e colec-tivos mediante o clown, que tiveroncomo escenario principal a cidade dePonte-vedra no ano 2003 e continuida-de na cidade de Santiago deCompostela no ano 2004, coa organi-zación da 2ª parte do Curso de Nabusca da Nosa Identidade Cómicaimpartido por Leo Bassi os días 3 e 4de abril.

A TRAXECTORIA DO SEMINARIOCÓMICO GALEGO DESDE A SÚA

CREACIÓN NO ANO 2003.

1.1.1- OS ANTECEDENTES

1.1.2.- PROGRAMA DE FORMACIÓN INTEGRAL "PONTEVEDRA O TEU ESCENARIO" CURSO 2002/03

Un programa completo de formación para poñer ao alcance dos actores e actrices as ferramentas básicaspara o traballo artístico, co obxectivo, naquel entón, de que a cidade de Pontevedra, como podía ser calqueraoutra cidade ou localidade galega, fórase consolidando como berce de artistas e de referencia para o sector.

A) La Voz en Acción, impartido por Vicente Fuentes (25 a 28 de abril de 2002)B) Commedia Dell'Arte, impartido por Antonio Fava (26 a 30 de xuño de 2002)C) Máscara Neutra, impartido por Mª del Mar Navarro (23 a 28 de xullo de 2002)D) Teatro Clásico Popular, impartido por Ángel Monteagudo (1 a 3 de novembro de 2002) E) Bufón, impartido por Eric De Bont (6, 7 e 8 de decembro de 2002)

A) OBRADOIROPERMANENTE DECLOWN

O Obradoiro perma-nente de Clown realizousena cidade de Pontevedraentre os meses de xaneiroe xuño de 2003, impartidospor membros da compañíaoficial do FestivalInternacional de Clown deGalicia "Os SeteMagníficos máis Un" e des-tinado a un público localinteresado en achegarseao clown e incluso montaros seus propios números.

Finalmente foronarredor de corenta e cinco aspersoas que solicitaron a súainscrición no obradoiro,cubrindo unha cota de partici-pación de entre 10 e 12 per-soas cada un dos vinte edous sábados nos que seimpartiu o programa formativodo obradoiro.

A valoración final dosparticipantes foi, en xeral, moipositiva, indicando taméncomo valoración xeral aimportancia e necesidade dedarlle continuidade no futuro aesta iniciativa.

B) PROGRAMA DEFORMACIÓN PARAENTIDADES SOCIAIS

Estes cursos de for-mación ofertáronse desde oinicio a colectivos sociais dediversa índole da cidade ecomarca de Pontevedra, inclu-so a departamentos munici-pais, tanto como disciplina tea-tral como ferramenta comuni-cacional. Un total de catroasociacións acolléronse a esteprograma de formación(Asociación contra o Cancro,Aula Municipal de Teatro dePonte-vedra, AsociaciónCultual Ru@ctiva e Asocia-

ción Cultural os Carballiños.Foron tamén os

Membros da Compañíagalega de Clown "Os SeteMagníficos" os encargadosde impartir estes cursostotalmente abertos e debalde para as entidadesparticipates.

No desenvolve-mento desta programaciónforon moitos os membrosdestas entidades que seincorporaron a título indivi-dual aos outros programasde formación ofertados poloSeminario Cómico Galego:O Obradoiro permanente deClown e o ProgramaInternacional de formación.

1.

1.1.2- OS CURSOS DO SEMINARIO CÓMICO GALEGO ANO 2003 E 2004

ANO 2003

02

Page 3: dossier reducido seminario cómico galego

C) PROGRAMA INTERNACIONAL DE FORMACIÓNPrograma Cursos destinados a afondar na formación do actor, e que está dirixido especialmente ao mundo profesionaldo teatro galego. CURSOS IMPARTIDOS:

>>O Mestre: Leo Bassi é recoñecido polas súas actuaciónsen solitario e polos seus extravagantes showsteatrais. O comediante intérprete circense LeoBassi descende dunha longa liña de comedian-tes excéntricos italianos, franceses e ingleses.Destaca na provocación autocrítica, tomándolleo pulso ao público para que este lle responda,e retroalimentar así as obras.

>>Contidos:

A teoría mesturouse con orixinais xogos psico-lóxicos, inducindo aos participantes a descubrirmáis deles mesmos segundo se ían intensifi-cando estes exercicios. Un dos aspectos máisimportantes é que Leo Bassi estimula constan-temente aos alumnos/as a tomar parte alterna-tivamente nun papel activo é á vez observadorcrítico. Isto alenta discusións francas en cadapaso que se vai dando, obrigándoos a darseconta de como as súas accións son percibidaspor outros e que significan para eles mesmos.

CURSO NA BUSCA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA/ 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo de 2003PONTEVEDRA Impartido por LEO BASSI (EEUU-Italia)

>>O Mestre: Candido Pazó é Autor, director de escena, narrador.Membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traba-lla en todos os seus espectáculos ata a disolución desta en1.983. Despois dunha etapa de actor en diversas compañí-as e no C.D.G. e de axudante de dirección, debuta comoautor e director de escena. A partir de entón escribe, dirixeou fai adaptacións para varias compañías, traballo enTelevisión, etc, e está presente, con relatorios e traballos,nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre ofeito teatral galego.

>>Contidos: Exposición en bruto do material sobre o que se traballou,selección e exposición dese material a través da compara-ción das súas dimensións: a) a anécdota contada a un audi-torio máis ou menos particular (e os seus efectos e resulta-dos) e b) a mesma anécdota contada a un auditorio máispúblico (e os seus efectos e resultados).Ademais realizouse un estudo e experimentación da anéc-dota para coñecer como redimensionar o traballo sobre osmecanismos da memoria.

CURSO O HUMOR NA NARRACIÓN ORAL / 18, 19 e 20 de abril de 2004/ 20 Horas / PONTEVEDRAImpartido por CÁNDIDO PAZÓ (Galicia)

CURSO DE BUFÓN/ 23, 24 e 25 de maio de 2003/ 20 horas Impartido por ERIC DE BONT (Holanda)

>> O Mestre: Eric de Bont é o director da prestixiosa Bont'sschool de Ibiza, que conta no seu haber cunhaexperiencia de máis de dezasete anos comoformador de clown e de bufón e cunha exten-sa, exitosa e recoñecida traxectoria profesionaldentro do mundo do teatro. Achegará ás perso-as á figura e o quefacer particular do bufón.

>> Os contidos:Como en todo ser humano está agochado unclown, así atópase un bufón en cada un de

nós. O público rise do clown porque é inxenuo,bonachón e torpe. En troques, o bufón rise dopúblico porque é cínico e irónico, búrlase daxente normal. Os bufóns, chamados tamén far-santes, proveñen directamente das profundida-des nebulosas do tempo. O seu pasatempofavorito é imitar a vida da xente. O bufón pér-dese completamente na extravagancia esaxe-rada; a súa forza radica nun terreo entre o ceoe a terra, nun cruce dun pasado eterno e unfuturo visto pola lupa da crueldade e a traxedia.

D) CURSO DE CLOWN IMPARTIDO NA COMUNIDADE INDÍXENA DE CHIAPAS DE ROBERTO BARRIOS EN COLABORACIÓN CON COPER@CTIVA CULTURAL.

No ano 2003 Coper@ctiva Cultural organizou unhaXira solidaria e de encontro cultural cos MunicipiosAutónomos de Chiapas, contando co apoio da Compañía osSete Magníficos máis Un.

Entre os días 17 de setembro e 5 de outubro de2003 os cinco membros desta misión pertencentes ao grupo

humano de Coper@ctiva e á Compañía Os Sete MagníficosMáis Un, entre outras moitas actividades, realizaron variosobradoiros de teatro e clown para os promotores locais daeducación co obxectivo de incrementar as súas habilidadeseducacionais e comunicativas dentro da enorme precarieda-de na que desenvolven os seus traballos.

2ª PARTE DO CURSO NA BUSCA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA/ 3 e 4 de abril de 2004/ SANTIAGO DECOMPOSTELAImpartido por LEO BASSI (Ver información no anterior apartado).

03

1.ANO 2004

Page 4: dossier reducido seminario cómico galego

A.- CURSO INICIACIÓN AO CLOWN impartido por OS SETE MAGNÍFICOS + UN (Galicia)

>> OS CONTIDOS DO CURSO:

O pallaso que libera:UN: Poder ser calquera personaxe do mundo,poder facer calquera cousa no mundo, serdigno/a en calquera situación é o poder libera-dor que o pallaso ten para mudar omundo.Todas as persoas nacemos con esepoder, e en todas agóchase ese segredo, abusca do noso pallaso é un camiño de liberda-de persoal e social.DOUS: Buscando na nosa natureza atopare-mos o estilo persoal de gozar sendoridículos/as.TRES: A xestión do noso ridículo, e do ridículodos demais é unha das ferramentas teatraismáis poderosas que existen A través dos dife-rentes xogos de concentración e exercicios dehabilidades estúpidas de cada un@ (xestosesaxerados, ruídos estraños, movementos

especiais, etc.) e sempre buscando o pracer,como os/as nenos/as cando xogan, iremos des-cubrindo onde está o noso pracer e o nosoclown.

Xogos de complicidade e sensibilidade: saber eintuír cando temos o foco e cando o recolle onoso compañeiro ou a nosa compañeira.

O pracer de ser ridículos/as: O/a clown debedescubrir ese ridículo e aprender a recorrer a elconscientemente divertíndose e sobre tododivertindo o público.

>>OS MESTES:IVÁN PRADO (Lugo)/ DIRECTOR ARTÍSTICODA COMPAÑÍA OS 7 Magníficos +1FRANCISCO REI (Lugo)/ ACTOR DACOMPAÑÍA OS 7 Magníficos +1

B.- DINÁMICA DA RISA impartido por ÁNGEL SÁNCHEZ (Catalunya)

>> OS CONTIDOS: Este curso abordará a cura desde a

arte, sesións de ioga e expresión creativa, bus-cando sempre a conexión co ser creativoempregando a risa como terapia, como formasaudable para superar os problemas.

A risa incide en diferentes aspectos donoso comportamento e en diversos órganos efuncionamentos orgánicos. A práctica da diná-mica da risa, individualmente ou en grupomellora o noso funcionamento interno, potenciao noso sistema inmunolóxico, a nosa capacida-de de ser felices e encarar a vida cunha actitu-de positiva, amorosa e de intrese por nós mes-mos e nós mesmas.

Contidos específicos: Exercicios e técnicas de crecemento persoalpara contactar e darnos conta dos diferenteselementos que nos rodean e nos afectan, tantoa nivel físico como psíquico ou emocional. Exercicios de Terapias preventivas a nivel indi-vidual e colectivo para desestresarnos, equili-brar, harmonizar e conectar coas nosas capaci-dades creativas.

>> O MESTRE:ÁNGEL SÁNCHEZ, director da Fira

Mágica de Pineda de Mar, conta cunha extensaexperiencia como educador e é especialista naaplicación e formación sobre a Terapia da Risa.

PROPOSTA PARA O CURSO 2004/053.1.- CURSOS PERMANENTES DE CLOWN3.

04

O Seminario Cómico galego nacía co obxectivo de crear un espazo de formación permanente para cubrir as eivasexistentes en Galicia e promover o teatro e o humor como ferramenta para a construción dunha sociedade mellor.

A.- Consolidar a creación dun espazo pedagóxico dereferencia, empregando aquelas disciplinas e áreas decoñecemento necesarias para a evolución continua doteatro cómico e do humor en Galicia.

B.- Dar cobertura ao movemento teatral xerado nosúltimos anos en Galicia, promovido fundamentalmentepola consolidación de iniciativas como o Festiclown,Festival Internacional de Clown de Galicia.

OBXECTIVOS 2.

Page 5: dossier reducido seminario cómico galego

>> OS CONTIDOS: O curso que empregará as técnicas doIoga e aprendizaxe de clown emprega-das como fórmulas para unha mellorsuperación dos problemas. O Cursodividirase en dúas partes: a: Práctica do

Ioga. b: Práctica do Clown.A través do Ioga búscase

depurar e manter a forma do corpo e através do clown xogar a ser sincerodetrás dun nariz vermello e así poderconverterse en calquera personaxe, en

calquera cousa de forma libre e digna,descubrindo o clown que todos/aslevan dentro.

>>OS MESTRES - IVÁN PRADO EÁNGEL SÁNCHEZ

G.- CURSO DE IOGACLOWN impartido por ÁNGEL SÁNCHEZ E IVÁN PRADO

>>OS CONTIDOS: Afondar na Busca da Identidade Clown:

Como partimos dun curso de iniciación, chegaa hora de que cada un vaia atopando caracte-rísticas máis específicas do seu clown. Cadaalumn@ irá definindo a súa personalidadeclown, fixando as súas "Armas", buscándolleun nome ao seu clown, un personaxe, oficioque se lle aproxime, etc.

>> O MESTRE- JÖNS PAPPILA

Breve currículo artístico· Formado na arte do clown e do bufón noTeaterstudion e no Nyckelviksskolan Arte eEscenografía de Estocolmo, na Ecóle JacquesLecoq de París e na Ecóle InternationalPhilippe Gaulier de Londres.· Membro fundador da compañía internacionalde clown Good Idea Company coa que partici-pou en teatros e festivais de Suecia, Italia,Escocia, Inglaterra e España cos seus espectá-culos Are you talking to me?, Olé Pelé e LaCapa que Escapa.

F.- 2º NIVEL DE CLOWN impartido por JÖNS PAPPILA (Suecia)

>> OS CONTIDOS: O curso de malabares céntrase na formación edinamización de actores de rúa, no que se tra-ballarán as técnicas básicas de malabares nassúas diferentes modalidades (mazas, bolas,paos chinos), así como a a presenza escénicado malabarista.

>> O MESTRE- ROI "O CAGABOLAS" (Ferrol) O malabarista Roi é un artista mozo ferrolán querepresenta a nova escola popular de malabaris-

tas e artistas de rúa e de novo circo que se véndesenvolvendo en Galicia nos últimos anos.Habitual de festivais, festas populares e eventoslúdicos de todo tipo, Roi domina á perfeccióndiversas técnicas: bolas, mazas, diábolo, lume,etc..., o que converten os seus espectáculos endivertidas mostras do bo facer na arte dos mala-barismos, sen caer na pesadez do virtuosismo,combinado con outras técnicas artísticas, talescomo o clown ou o teatro de rúa.

>>OS CONTIDOS: Dirixido a persoas expertas ou interesadas notraballo ao aire libre en contacto directo copúblico. Atención especial a actores, acróbatas,malabaristas e músicos.

Construción de zancos: Os alumnos construirános seus propios zancos de 75 cms. de alturaaproximadamente. Deste xeito coñecerán xa asbases dos zancos, que son, como son, e comose poden axeitar ás necesidades de cada quen.Desta forma tamén cada persoa é responsable

dos seus propios zancos.

>> O MESTRE- AVELINO GONZÁLEZAvelino González (Galicia), fundador deTranvía-Teatro en 1989 e de Ollomoltranvía en1993. Actor, autor e director participou, entreoutros, nos espectáculos: As Alegres Casadas(1989) (Centro Dramático Galego) e O MerloBranco (1989) (Compañía Tranvía-Teatro), eelaborou os textos orixinais e dramaturxia para"Bicos con Lingua" de Talía Teatro ( 2003).

D.-CONSTRUCIÓN E MANEXO DE ZANCOS impartido por AVELINO GONZÁLEZ (Galicia)

E.- CURSO DE MALABARES impartido por ROI SIXTO (Galicia)

05

C.- MAXIA CÓMICA impartido por PABLO MUÑOZ (Talavera de la Reina)>>OS CONTIDOS:

Introdución á Maxia e aprendizaxe dexogos e de rutinas máxicas: Na maxia é indis-pensable crear un ambiente especial antes edurante a realización dun xogo. Moitas veces émáis importante a presentación que o númeroque se realiza. Improvisaremos e realizaremosxogos máxicos (maxia de preto, de escena, dementalismo e cartomaxia) búscase a máximaorixinalidade.

Busca do noso Clown Mago: Todos e todassomos diferentes e, polo tanto, a nosa comicida-de debe ser persoal. Partindo do clown e com-

partindo elementos de pantomima, o absurdo ea parodia buscaremos onde sentirnos cómicoscreando situacións divertidas.

>>O MESTRE- PABLO MUÑOZ: Estudou na Escola Superior de Arte

Dramática de Madrid e recibiu unha Bolsa poloI.N.A.E.M para especializarse en Clown teatrale técnicas de humor na École Internacional dePhilippe Gaulier en Londres. Realizou diversoscursos de Maxia en Madrid con Pablo Germanye en Londres no Circus Space con RickZoltowsky.

Page 6: dossier reducido seminario cómico galego

>> OS CONTIDOS: A través dos anos desenvolveuse unsistema que, paso a paso, mestura ateoría con orixinais xogos psicolóxicos,que animan aos participantes a descu-brir máis deles mesmos segundo vanintensificando estes exercicios. Un dosaspectos máis importante destassesións é que todos os e as participan-tes son continuamente estimulados atomar alternativamente un papel activoe, á vez, observador e crítico. Isto alen-ta discusións francas en cada paso quese vai dando, obrigándolles a darseconta de cómo as súas accións sonpercibidas por outros e que significanpara eles mesmos.

>> O MESTRE- LEO BASSI: Recoñecido mundialmente

polas súas actuacións en solitario epolos seus extravagantes shows tea-trais, Leo Bassi descende dunha antigaliñaxe de comediantes excéntricosvidos de Francia, Italia e Inglaterra.

Da súa familia... ¡e quizais dosseus xenes! Leo Bassi herdou todos ostrucos da profesión e é extremada-mente hábil nas artes circenses, comoo malabarismo cos pés. (Foi citado naEnciclopedia Oxford das ArtesEscénicas), sen embargo máis quecontinuar unha tradición teatral, o seupropósito é manter vivo, na realidadede hoxe, o espírito tarambaina e provo-cador que foi o selo dos Bassi.

Leo Bassi e Iván prado durante unharolda de prensa do Festiclown 2002.

3.1.- PROGRAMA INTERNACIONAL DE CURSOS

06

>> OS CONTIDOS: O curso versará, sobre que técnicas e materiaisusar para deformar o corpo, facer ventresrecheos, "traseiros" enormes, membros reduci-dos ou alongados, que entre outros, seránalgúns dos contidos, que os alumnos e alum-nas poderán aprender nun curso que xiraráentorno ao ser do bufón, visto desde a actuali-dade.

O bufón é cínico, irónico, e pérdesena extravagancia esaxerada imitando a xente.Polos seus defectos físicos, o bufón sitúasefóra do mundo e convive nunha comunidade

diferente á nosa. Detrás da súa tolemia, di ver-dades que ninguén se atrevería a dicir, algo quesó se lles tolera aos farsantes. O público permí-telles rachar tabùs, utilizando a burla comomedio, porque non o toman en serio.

>> O MESTRE- ERIC DE BONT:Eric de Bont é o director da prestixio-

sa Bont's school de Ibiza, que conta no seuhaber cunha experiencia de máis de 17 anoscomo formador de clown e de bufón e cunhaextensa, exitosa e recoñecida traxectoria profe-sional dentro do mundo do teatro.

>>OS CONTIDOS: Empregaranse desde técnicas como Aikido ouTai Chi ata movementos simples como o domono como adestramento de relaxación e dis-ciplina do corpo, na procura dunha maior axili-dade para o actor. Realizaranse diversosxogos e exercicios teatrais, como a construciónde carácteres a partir de formas corporais eemocionais.

>> O MESTRE-JOHNNY MELVILLE:Johnie Melville é de orixe escocesa.

Actor cómico, mimo, cantante, "entertainer",escritor e realizador... a súa mensaxe chéganosdesde o bufón, fainos rir contando pequenashistorias, abrir os ollos ao público para facerlledescubrir novos camiños, transmitir enerxía coobxectivo de crear un mundo mellor, provocarfantasía, vida.

A.- NA BUSCA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA impartido por LEO BASSI (EEUU-Italia)

B.- CURSO DE INICIACIÓN AO BUFÓN impartido por ERIC DE BONT (Holanda)

C.- A CORPO EN MOVEMENTO CÓMICO impartido por JOHNNY MELVILLE (Escocia)

>>CONTIDOS: No curso traballarase fundamental-

mente o humor baseado en ofrecer un puntode vista sobre o cotiá, empregando como fontede inspiración un mesmo, os amigos, osmedios de comunicación, para contar historiasbaseadas na vida real que fan que os espectá-culos deste xénero sexan máis próximos, poloque é importante que o público se identifiquecoas situacións que se contan.

>> O MESTRE- ALEXIS VALDÉS:É un actor cubano afincado en

Barcelona, polifacético e brillante showmanque vence e convence en cada interpretación,actuación, intervención que realiza, un auténti-co especialista en empatar co público, un gran-de comunicador de temas de interese tratadosdesde a ironía.

Máis coñecido polas súas apariciónsen televisión: El club de la comedia, Humor seescribe con H, Casi Todo A Cien, La Vuelta AlMando… ou en teatro: Cinco Hombres.Com,Me Sale De Mi Cabecita, La Tempestad… ohistorial de Alexis Valdés está repleto de pre-mios, tanto en cuba como en España.

D.- STAND UP COMEDY impartido por ALEXIS VALDÉS (Cuba)

Page 7: dossier reducido seminario cómico galego

>>OS CONTIDOS: Nas súas propias palabras, "nin no texto que

dei aos actores, nin na mímica, nin nas situa-cións hai improvisación. Máis ben o contrario, acomedia vive de tradicións que constitúen unrepertorio de situacións, de xogos de palabras,de posturas menos acrobáticas. É neste reper-torio que o actor escolle non o azar da inspira-ción, senón tendo en conta o público e os seuscamaradas de xogo .Digamos simplemente que o actor, no amplofondo tradicional a súa disposición, pode "inven-tar" un día tal ou cal método: destes métodos,uns revélanse ineficaces e son abandonados eoutros son conservados como un novo elemen-

to da tradición.

O Festival Internacional de Clown de Galicia(Festiclown), dirixido por Iván prado, e CarloColombaioni. Estes atopáronse por primeira vezno ano 2000, na segunda edición do Festival.Dende entón, reféns da maxia do mestre italia-no, o Festiclown propuxo por a súa compañía"Os sete magníficos máis un" ás ordes da crea-tividade e talento de Carlo. Finalmente foi na pri-mavera do ano 2002, cando este soño se fixorealidade co espectáculo "Manicomio só paraClowns" converténdose na primeira producióngalega dirixida por Carlo Colombaioni.

07

E.- CURSO DE CLOWN E COMMEDIA DEL'ARTE por CARLO COLOMBAIONI (Italia)

F.- TÉCNICAS DE CIRCO impartido por NANI COGORNO (Arxentina)>> OS CONTIDOSNeste curso, Nani Cogorno abordará oTratado Zoolóxico, botánico e numismáticosobre o pallaso, tratándoo como unha perso-naxe urbana capaz de transformar cada situa-ción no seu propio universo. Algúns dos contidos serán o círculo da impro-visación, xestualidade de cara completa, ollos,mirada, proxección, concentración...

>> O MESTRENani Cogorno é un pallaso arxentino

que se formou na Escola do circo de Brasil. Osseus espectáculos chegaron a festivais de

todo o mundo como Holanda, Noruega,Inglaterra, Kosobo, Arxentina, Colombia...

Estudou Teatro na Escola Municipalde Arte Dramática e Circo na Escola de CircoCriollo de Bos Aires e na Escola de Circo deSan Paulo de Brasil.

Este mestre da arte circense foi oimpulsor do Festival de Humor Carcajada daArxentina que xa conta coa súa terceira edi-ción e actualmente é un dos escaparates dosespectáculos de teatro, clown e comicidade anivel mundial.

ENTIDADE PROMOTORA4.COPER@CTIVA CULTURAL

Coper@ctiva Cultural é un proxectoprofesional especializado na xestión cultural e adinamización social, tanto no ámbito creativocoma formativo, que traballa para aportar solu-cións reais ás necesidades técnicas das entida-des e institucións galegas e que busca crearnovas iniciativas dentro da realidade culturalgalega.

Esta entidade naceu hai catro anos coobxectivo de potenciar un modelo de xestióncultural que colocase a persoa no centro detoda actividade, interpretando a cultura comounha ferramenta de desenvolvemento humano,social e económico.

Contamos cunha intensa traxectoriana xestión de eventos: Festival Internacional deClown de Galicia, Festival de Cine Olladas doPlaneta, Festival Musical Galeuzca e o FestivalEcoloxista Terr@ctiva. No eido de xestión dealternativas de ocio para a mocidade destaca onoso proxecto Fest@ctiva e os campamentos

de verán Camp@ctiva.

Así mesmo, no campo do teatroademais da experiencia que nos reporta aorganización dun dos Festivais de Clownmáis importantes do Estado, aválanos acreación da primeira escola en Galicia deformación permanente en teatro cómico "OSeminario Cómico Galego", así como osmáis de corenta cursos de clown e teatrode humor que organizamos ao longo des-tes catro anos en diversas partes deGalicia (Pontevedra, Oleiros, Lugo, AEstrada...) e a creación da primeira compa-ñía clown estable de Galicia: Os Sete mag-níficos máis un.

Organiza: Coper@ctiva Cultural e Festiclown

Datos para o contacto: Telf: 981 58 28 36E-mail: [email protected]: www.culturactiva.org

Page 8: dossier reducido seminario cómico galego

1. A TRAXECTORIA DO SEMINARIO CÓMICO GALEGO DESDE A SÚA CREACIÓNNO ANO 2003

1.1. OS ANTECEDENTES

1.1.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN INTEGRAL "PONTEVEDRA OTEU ESCENARIO"/ CURSO 2003-2004

1.2. OS CURSOS DO SEMINARIO CÓMICO GALEGO NO ANO 2003E 2004

ANO 2003:A) Obradoiro Permanente de ClownB) Programa de formación para entidades sociaisC) Programa Internacional de FormaciónD) Curso de Clown impartido en colaboración con Coper@ctivaCultural na Comunidade Indíxena de Roberto Barrios (Xira 15 desetembro ao 5 de outubro de 2003)

ANO 2004:A) 2ª Parte do Curso "Na Busca da nosa identidade Cómica"(Programa internacional de formación) impartido por Leo Bassi o 3 e 4de abril de 2004/ Santiago de Compostela.

2. OBXECTIVOS

3. PROPOSTA DE FORMACIÓN PARA O CURSO 2004/2005

3.1. PROGRAMA PERMANENTE DE FORMACIÓN

A) Curso de iniciación ao Clown impartido por Os Sete Magníficosmáis Un.B) Dinámica da Risa impartido por Ángel SánchezC) Curso de Maxia Cómica impartido por Pablo MuñozD) Construción e manexo de Zancos impartido por Avelino González.E) Curso de Malabares impartido por Roi " O Cagabolas"F) 2º Nivel de Clown impartido por Jöns Pappila

3.2. PROGRAMA INTERNACIONAL DE FORMACIÓN

A) Curso de Identidade Cómica impartido por Leo BassiB) Introdución ao Bufón impartido por Eric de BontC) O Corpo en Movemento cómico impartido por Johnny MelvilleD) Curso de Clown e Commedia Dell'arte impartido por CarloColombaioni.E) Stand Up Comedy impartido por Alexis ValdésF) Técnicas de Circo impartido por Nani Cogorno.

ÍNDICE