EDUCACIÓN INFANTIL

6

Click here to load reader

description

guía lectura nadal 2011

Transcript of EDUCACIÓN INFANTIL

Page 1: EDUCACIÓN INFANTIL
Page 2: EDUCACIÓN INFANTIL

Nun pequeno estanque nacen 999 cágados.

Pouco a pouco van medrando ata se converter en 999

pequenas ras. Así o estanque vai quedando pequeno.

Papá ra, mamá ra e as 999 pequenas irmás ras teñen

que poñerse en marcha na procura dunha charca

máis grande.

Autor: Ken Kimura

Editorial: Barbara Fiore Editora

Page 3: EDUCACIÓN INFANTIL

Pero… Unha vaca pode poner un ovo?

A vaca Macarena non sabe montar en bici,nin

facer equilibrios como as outras vacas. Pero un día...

pon un ovo! Todos na granxa están estrañados... e ela

tamén. Non sabe se a cría daquel ovo será súa...

Autor: Andy Cutbill

Editorial: Patas de Peixe

Page 4: EDUCACIÓN INFANTIL

Unha señora maior adopta como mascota unha serpe. Hai algo máis absurdo? O Seu fillo envíaa dende África e a muller non pode negarse.

Os lectores descobren divertidos que unha

boa constrictor pode ser dócil, cariñosa y moi útil.

Excelente e merecida reedición desta obra dos anos

60 moi premiada.

Autor: Tomi Ungerer

Editorial: Kalandraka

Page 5: EDUCACIÓN INFANTIL

Neste libro interactivo, un oso pardo, un pato amarelo, unha ra verde, unha ovella negra e moitos personaxes máis de todas as cores van xogando a facer a mesma pregunta: “que ves?

Autor: Eric Carle

Editorial: Kókinos

Page 6: EDUCACIÓN INFANTIL

Aprender a medir o tempo e a distinguir as formas sempre é divertido, e máis cando viaxamos por terra, mar e aire con tantos animais. Pero un deles non emprega palabras tan usuais como grazas e por favor..

Autor: Eric Carle

Editorial: Kókinos