ELISA E MARCELA TOMAN AS RÚAS - A Coruña · cambio da nosa memoria afectiva e do pracer. Cun...

4
27 28 29 NOV TORTIGRAFÍAS MULLERADAS RESERVA PRAZA Pr limitad TROTADAS FUNCIÓN TEATRAL ELISA E MARCELA TOMAN AS RÚAS Tres xornadas con actividades, talleres e unha función teatral que celebran as pioneiras Elisa e Marcela, primeiro matrimonio entre mulleres, acontecido no 1901. www.coruna.gal/cmix

Transcript of ELISA E MARCELA TOMAN AS RÚAS - A Coruña · cambio da nosa memoria afectiva e do pracer. Cun...

Page 1: ELISA E MARCELA TOMAN AS RÚAS - A Coruña · cambio da nosa memoria afectiva e do pracer. Cun enfoque feminista e de xénero, falaremos con naturalidade da sexualidade e diversidade

272829NOV

TORTIGRAFÍAS

MULLERADAS RESERVAPRAZA

Prazas limitadasTROTADAS

FUNCIÓN TEATRAL

ELISA E MARCELATOMAN AS RÚAS

Tres xornadas con actividades, talleres e unha función teatral que celebran as pioneiras Elisa e Marcela, primeiro matrimonio entre mulleres, acontecido no 1901.

www.coruna.gal/cmix

Page 2: ELISA E MARCELA TOMAN AS RÚAS - A Coruña · cambio da nosa memoria afectiva e do pracer. Cun enfoque feminista e de xénero, falaremos con naturalidade da sexualidade e diversidade

27 nov

Cunha cunca de chocolate quente entre as mans e nun espazo íntimo e seguro, desenvolveremos unha xuntanza de autocoñecemento e inter-cambio da nosa memoria afectiva e do pracer. Cun enfoque feminista e de xénero, falaremos con naturalidade da sexualidade e diversidade nas mulleres a partir dos 50 e da importancia que ten para a nosa saúde e benestar.Esta actividade comezará cun breve paseo polas rúas da cidade que percorreron Elisa e Marcela antes e despois do seu casamento.

A quen vai dirixido? Mulleres a partir dos 0 anos

Cando? Martes 27 de novembro

Horario? de 17.00h a 19.30h

Onde? soportais do teatro rosalía de castror/ rego de auga, 37

MulleradasUn faladoiro de pracer

Prazas limitadas! Reserva a túa en:www.coruna.gal/cmix / 981 184 294 / Tlf. Información municipal 010

Page 3: ELISA E MARCELA TOMAN AS RÚAS - A Coruña · cambio da nosa memoria afectiva e do pracer. Cun enfoque feminista e de xénero, falaremos con naturalidade da sexualidade e diversidade

28 nov

Seguindo as revolucionarias pegadas de Elisa e Marcela, nas Tortigrafías poremos en práctica unha experiencia de mapeo colectivo da cidade da Coruña. Neste taller, que mestura crítica, arte e xeografía, elaboraremos un mapa colaborativo poñendo atención á visibilidade e seguridade do colectivo LGTBIQ+ nas rúas da cidade para xerar dinámicas de reflexión sobre a habitabilidade do territorio. Tortigrafías é unha ferramenta lúdica que inclúe traballo grupal con mapas, iconas adhesivas e rotuladores e tamén unha acción de transformación nas rúas.

A quen vai dirixido? Mozas, mozos e moces a partir de 16 anos.

Cando? Mércores 28 de novembro

Horario? De 17.00h a 19.30h

Onde? sala de usos múltiplesdo Centro Cívico Cidade Vella. R/Vedoría, 2.

TortigrafíasUn mapeo Queer da cidade

Prazas limitadas! Reserva a túa en:www.coruna.gal/cmix / 981 184 294 / Tlf. Información municipal 010

Page 4: ELISA E MARCELA TOMAN AS RÚAS - A Coruña · cambio da nosa memoria afectiva e do pracer. Cun enfoque feminista e de xénero, falaremos con naturalidade da sexualidade e diversidade

29 nov

Entradas en puntos de venda habituais e :

Un roteiro teatralizado que percorrerá os recunchos da Coruña que marcaron a historia de Elisa e Marcela. Nesta Trotada polas rúas, crea-remos un mapa sensorial de sabores, olores e sons vencellados ao seu paso pola cidade.

O espectáculo contará con intérprete de Lingua de Signos.

A quen vai dirixido? Persoas interesadas en coñecer a relación entre Elisa e Marcela e A Coruña.

Cando? Xoves 29 de novembro

Horario? ás 18.30h

Onde? soportais do teatro rosalía de castror/ rego de auga, 37

Horario? ás 20.30h

Cando? Xoves 29 de novembro

Onde? teatro colónAv. mariña, 7

Función TeatralElisa e Marcela da compañía A Panadaría

TrotadasUn roteiro sensorial

Prazas limitadas! Reserva a túa en:www.coruna.gal/cmix / 981 184 294 / Tlf. Información municipal 010

Entrada función: 5€