Empresarios de Galicia 219 -...

25
EMPRESARIOS DE GALICIA VOLUME 2

Transcript of Empresarios de Galicia 219 -...

Page 1: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

EMPRESARIOSDE GALICIA VOLUME 2

Page 2: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

1897-1985

JESÚS CANABAL FUENTES

Page 3: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

1 Losa Rocha (2007: 11).

Jesús Canabal,Montevideo, 1977

O GRANDE EMPRESARIO DO SECTOR PAPELEIRO URUGUAIO

Pilar Cagiao VilaProfesora titular da Universidade de Santiago de Compostela

Jesús Canabal Fuentes (O Pino, 1897-Montevideo, 1985), sen dúbidaunha das figuras máis importantes da colectividade galega de Montevideono século xx, foi un home sumamente versátil que destacou en numerososaspectos durante a súa longa experiencia desenvolvida na emigración. Dasúa ampla traxectoria vital, que se traduciu nun elevado nivel de compro-miso tanto no público coma no privado, queremos destacar aquí sobre todoo que atinxe á súa actividade empresarial relativa a dúas iniciativas. A pri-meira delas, de tipo particular, plasmouse na creación da Industria Pape-lera Uruguaya S. A. (IPUSA), mentres que a segunda tivo un carácter máiscolectivo e cristalizou na creación do Banco de Galicia de Montevideo.

En 1910, Jesús Canabal partiu de Vigo para Bos Aires cando tiña soa -mente trece anos. Que un adolescente como el tomase o camiño de Amé-rica —como subliñou o seu biógrafo Manuel Losa1— non tiña entón, enplena efervescencia dunha emigración que adoptara tan masivo compor-tamento no país galego, moito de extraordinario. De feito, o seu pai xafixera ese camiño sen que por certo o éxito o acompañase. E tampoucoera extraordinario que tomase esa decisión a unha idade tan temperá por-

Page 4: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

que, ao dicir do seu amigo e compañeiro na iniciativa do Banco de Galiciade Montevideo, o empresario miñorano Marcelino Pérez Alonso, que ta-mén emigrou de neno, «a esa edad ya eramos hombres...2».

Á súa chegada á capital arxentina, Jesús Canabal foi recibido por unparente do seu pai que o acolleu durante un tempo na súa casa de Ave-llaneda e que lle conseguiu un primeiro emprego como repartidor dotípico almacén de comestibles porteño. Foi tamén ese parente o que lleproporcionou o contacto co empresario de ascendencia vasca, José Itu-rrat, propietario de varias casas de comercio e dunha acreditada fábricade sobres, á vez que importador de material de papelaría e embalaxe dediverso tipo e representante dalgunhas das fábricas de papel que daquelaexistían en Arxentina como La Andino e La Industrial. Así pois, en CasaIturrat, Canabal deu os primeiros pasos dun longo camiño percorrido noramo da industria papeleira dentro do cal remataría fundando a súa pro-pia empresa.

Comezou modestamente, desde abaixo, primeiro como mozo dosrecados do seu patrón e titor que o foi iniciando no coñecemento dunnegocio do que tivo que aprender absolutamente todo. Pero a boa sinto-nía establecida desde o principio entre ambos, e indubidablemente osdotes do mozo Jesús para gañarse rapidamente a confianza de Iturrat, per-mitíronlle unha rápida aprendizaxe non só nos labores de reparticiónsenón tamén na súa adaptación á vida urbana de Bos Aires. Tanto foi así,que o empresario decidiu destinalo á sucursal que Casa Iturrat abrira narúa General Urquiza 1273 de Rosario de Santa Fe. Naquela praza á beirado Paraná, aos poucos meses da súa chegada a Arxentina, aprenderíaCanabal moitos dos segredos do negocio como persoa de confianza doxerente da sucursal. Para iso puxo non só o mellor do seu empeño per-soal, senón que comezou a combinar a súa actividade laboral comorepartidor e axudante de comercio co inicio dos seus estudos de contabi-lidade e práctica mercantil no Colegio Comercial Íbero Argentinodaquela cidade, o que lle supoñía aboar do seu soldo dez pesos mensuais.

462Empresarios de Galicia

2 Entrevista realizada pola autora a Marcelino Pérez Alonso (Gondomar, 1889-Monte-video, ?) en Montevideo, decembro de 1983. Fondo Historga, núm. 928. Unidade de Patri-monio Documental e Oral Contemporáneo. Departamento de Historia Contemporánea ede América (USC).

Page 5: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

463Jesús Canabal Fuentes

Jesús Canabal, nos seus primeiros anos en Rosariode Santa Fe (Arxentina)

(cortesía da familia Canabal)

Page 6: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

Empresarios de Galicia 464

Non pasaran tres anos, e Canabal aínda non cumprira os dezaseis,cando José Iturrat o reclamou de novo ao seu carón á casa central de BosAires, malia que durante ese ano de 1913 e o seguinte continuou viaxandoasiduamente a Rosario onde de feito continuaba afiliado á Sociedad deBeneficencia del Hospital Español. A partir de 1915, as súas tarefas labo-rais, cada vez con maiores cotas de responsabilidade, desenvolvéronseexclusivamente na capital arxentina. Daquela, o seu coñecemento donegocio xa aumentara considerablemente, sobre todo en todo o relativo ásvendas e á fabricación de sobres. Ademais da experiencia que ía acumu-lando, o mozo Canabal puido reunir os aforros suficientes para iniciar ospreparativos de levar ao seu carón os seus irmáns homes. José CanabalFuentes, con dezaseis anos, foi o primeiro. Chegou a Arxentina en setem-bro de 1914 e o seu irmán Jesús levouno a vivir con el á peza que alugabaentón na rúa Alsina pola que aboaba daquela doce pesos mensuais.

Neses anos, Canabal combinaba traballo —e por suposto aforro—con diversas actividades de formación persoal e anacos de lecer nos quefrecuentaba o prolífico asociacionismo galego e español que por entónexistía en Bos Aires. Pero cando xa estaba totalmente afeito á vida por-teña, José Iturrat propúxolle o seu traslado a Montevideo para ocupar axerencia da nova sucursal que a firma abría na capital uruguaia. Ogalego, que xa tiña certa experiencia na venda dos produtos de Iturratnesa praza, aceptou o reto sen imaxinar aínda por entón o determinanteque sería para o seu futuro persoal e profesional.

No ano 1918, pasados oito da súa chegada a Arxentina, Canabal ins-talouse en Montevideo á fronte da sucursal de Casa Iturrat aberta enpleno centro da cidade. No entanto, aos poucos meses e por causa dacrise producida tras a primeira guerra mundial, a firma viuse obrigada apechar as súas dependencias montevideanas e Canabal a tomar decisiónsde moita importancia. A súa visión empresarial permitiulle intuír quesuperada a crítica situación económica daquel momento, Uruguai ofre-cía moitas posibilidades para o desenvolvemento da industria papeleiracuxa produción nacional era daquela bastante precaria en cantidade ecalidade. De feito, só existía entón en Uruguai unha fábrica de papel deimportancia —a Fábrica Nacional de Papel— que fora fundada en 1898e estaba situada no Puerto del Sauce, departamento de Colonia, maliaque tiña a súa casa central en Montevideo.

Page 7: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

Jesús Canabal Fuentes 465

Inicialmente, e co fin de evitar a desaparición da representación deIturrat en Uruguai, antes do seu peche, Jesús Canabal xa lle propuxeraao seu patrón a posibilidade de asociarse. E aínda que aquel proxecto nonchegou a callar, a amizade entre o empresario e o seu empregado non seviu afectada por iso. Así, cando Canabal decidiu independizarse e quedaren Montevideo, José Iturrat regaloulle a máquina de facer sobres, entóna única que existía no país, para que o galego puidera iniciarse só nomesmo negocio no que se formara xunto a el. Jesús Canabal non perdeuo tempo. Chamou o seu irmán José para que desde Bos Aires se trasladasea Montevideo e xuntos alugaron un local na rúa Yaguarón onde coamodesta máquina a pedal de Iturrat comezaron a fabricar sobres e outrosartigos de papelaría. As vendas marchaban ben polo aumento da deman -da producida ao compás da repunta da crise económica e xuntos come-zaron a fraguar a idea de reclamar de España o terceiro dos irmáns homes—Andrés Canabal Fuentes— que estaba a piques de ser chamado a filasen plena guerra de Marrocos.

A mediados de 1919, Jesús Canabal inscribiu formalmente a súa pri-meira empresa situada na montevideana rúa de Piedra Alta; deste xeito,aparecía no rexistro mercantil como único propietario. No entanto, xa en1921, ano no que chegou Andrés a Montevideo, os seus irmáns menoresfiguraban nela como socios habilitados na empresa que xiraba baixo arazón social Jesús Canabal y Hnos. Fábrica de Sobres e cuxa mercancíasaía á venda baixo a marca Suevia, en clara referencia á orixe galega dosseus donos. Os tres irmáns dividiron as tarefas: Jesús, pola súa maior expe-riencia encargábase principalmente da administración, da adquisiciónde materiais e das vendas; José, do traballo no obradoiro no que incorpo-raran unha nova máquina de elaboración automática de sobres que lleadquiriran ao antigo patrón de Jesús en Bos Aires, José Iturrat, ademaisdunha máquina de raiar papel; e o irmán menor, Andrés, ocupábase delevar a cabo as reparticións. Porén, calquera dos tres podía asumir as fun-cións do outro se era necesario pero axiña, o ritmo de traballo impostopolo aumento dos encargos requiriu a contratación dos primeiros empre-gados con soldo.

En 1922, Jesús Canabal invita o seu pai, Don José Canabal Alonso aviaxar a Montevideo. Esa decisión incluía ademais o proxecto de acom-pañalo na viaxe de regreso, coa esperanza de animar posteriormente a

Page 8: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

toda a familia a trasladarse ao Prata. Contaba para iso con suficientesrecursos económicos reportados polos escasos catro anos de intenso tra-ballo en Uruguai. Durante os meses de estancia do seu pai en Montevi-deo, Canabal comeza a preparar a súa propia viaxe: acode ao Consuladode España para obter a cédula de nacionalidade e o pasaporte, así comapara asegurarse de que se atopa libre das obrigas militares que ata entónlle impedían viaxar a España; solicita os permisos policiais de saída eregreso e merca dúas pasaxes para partir en abril de 1923.

Os actos de despedida que os seus coterráneos lle brindan en Mon-tevideo, acreditados pola aparición de diferentes noticias na prensa autóc-tona dese mes, dan fe do prestixio que xa por entón gozaba na colectividadegalega da capital oriental. Casa de Galicia, a primeira sociedade galegaá que Canabal se afiliara cando acababa de chegar a Montevideo apenasun ano máis tarde da súa fundación —e onde coñeceu á que logo seríaa súa esposa—, organizou parte destes actos xa que, a esas alturas, Jesúsera na institución algo máis ca un simple asociado. De feito, nese momento

466Empresarios de Galicia

Jesús, Andrés e José Canabal en Montevideo(s/d) (cortesía da familia Canabal)

Page 9: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

xa exercía como prosecretario da mutualista á que estaría estreitamentevinculado durante toda a súa vida e nela exercería diferentes cargos deimportancia.

Nesa primeira viaxe, logo de trece anos en América, Canabal perma-nece en Galicia, na súa aldea do Amenal, ata finais de novembro de 1923e cando regresa a Montevideo faino acompañado doutros catro irmáns,tres mulleres —Pilar, Virtudes e María— e o home máis novo, Manuel.Agás a pequena Virtudes, que aínda non fixera os dez anos, todos os irmánsarrimaron o ombreiro na tarefa de sacar adiante a empresa e os froitosdese esforzo, ademais do creto do que xa gozaba no mundo comercialmontevideano, foron axiña visibles. Canabal y Hnos. foi medrando rapi-damente en volume de actividade e de empregados, sobre todo despoisda adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech, dotada de equipos pro-pios. En 1925 a empresa contabilizaba a cifra de corenta traballadoresentre os cales, e en consonancia coa política de fomento de emprego fe-minino que entón imperaba en Uruguai grazas ao avanzado da súa lexis-lación social, destacaba un grupo numeroso de obreiras especializadasnos labores de engomado, corte e empaquetado.

Nese ano, El Libro del Centenario Uruguayo —unha publicaciónpropagandística dedicada á conmemoración da independencia do país—dedicaba unha das súas páxinas á Fábrica de sobres, taller de rayados yartículos de papelería de Jesús Canabal y Hnos. en cuxo texto, acompa-ñado de varias fotografías onde se reproducían algunhas das actividadeslaborais máis importantes así coma a maquinaria utilizada, glosábase aactividade empresarial do galego. Estaba entón a fábrica situada nun edi-ficio de dúas plantas da céntrica rúa Uruguay 1213-1215 de Montevideo.A primeira planta contiña a maquinaria pesada, mentres que na segundase situaban os despachos ao público e as seccións destinadas á fabricacióndaqueles artigos de papelaría para os que non se requirían elementosmecánicos. Das dez máquinas coas que entón contaba a empresa, cincoestaban dedicadas exclusivamente á fabricación de sobres de diferentesclases, desde os máis correntes para uso comercial, ata os máis sofistica-dos con forro interior elaborado en papel seda.

Por outro lado, unha das máquinas máis modernas era a destinada áfabricación de papel raiado para a elaboración de follas de facturación ecadernos de contabilidade, dotada dunha guillotina xigante que se accio-

467Jesús Canabal Fuentes

Page 10: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

naba polo sistema de balancín. O resto da maquinaria estaba destinada áelaboración do máis variado elenco de modelos de tarxetaría, ademais daque permitía a fabricación de sobres de fantasía, unha das máis innova-doras do seu tipo naquel momento en toda Sudamérica.

O volume de fabricación de sobres, cando se traballaba a pleno ren-demento, podía acadar entón as corenta mil unidades por hora de activi-dade, malia que a media de produción diaria tras unha xornada de oitohoras era de cento cincuenta mil sobres e case sesenta mil produtos depapelaría doutros tipos. A empresa presumía entón de que «si las exigen-cias del consumo así lo requirieran, puede llegarse a una producción deun cuarto de millón de sobres diarios».3

O buque insignia da empresa continuaba sendo a marca Suevia encuxo anagrama gráfico figuraba a catedral compostelá debuxada sobre asilueta da cruz de Santiago. Era esta imaxe propagandística a que come-zaba a aparecer por entón nos avisadores comerciais da prensa da colec-tividade galega. Centro Gallego, a revista da sociedade decana dos galegosde Uruguai de nome homónimo fundada en 1879, foi unha das primeirasás que acudiu Canabal. O seu anuncio apareceu no número extraordina-rio publicado pola institución en xullo de 19254 co gallo da inauguraciónda súa suntuosa sede social na céntrica rúa San José 870 da capital uru-guaia na que aínda continúa funcionando na actualidade. Dous anosmáis tarde, o mozo empresario ingresaría como socio de número destaentidade —daquela en pleno apoxeo e cuxa presidencia ostentaba ne -se momento o seu amigo Constantino Sánchez Mosquera—, na que, pos-teriormente, tería un notable protagonismo por diversas razóns. Nesemesmo ano, Canabal era ademais secretario da xunta directiva da mutua-lista Casa Galicia.

Respecto desta cuestión, convén apuntar que máis alá do espíritovoluntarioso e solidario que caracterizou a Jesús Canabal, patente nou-tros moitos compromisos adquiridos ao longo de toda a súa vida, no aso-ciacionismo étnico desenvolvido polos galegos en América, como no dos

468Empresarios de Galicia

3 El Libro del centenario uruguayo (1925: 845).4 Centro Gallego. Órgano de la colectividad Gallega en Uruguay, núm. extraordinario,

ano VII, 103, Montevideo, (1925: 136).

Page 11: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

469Jesús Canabal Fuentes

Fachada da fábrica de sobres SUEVIA, rúa

Uruguay, 1213, Montevideo(s/d) (cortesía da familia

Canabal)

inmigrantes doutras procedencias, foi máis que frecuente que os mem-bros das elites económicas ou os que tiñan visos de incorporarse a elas,accedesen a cargos importantes nas xuntas directivas das devanditas aso-ciacións. Con iso, os membros destas elites atopaban vías para acadarmaior prestixio social no seo da colectividade e en contrapartida, as aso-ciacións víanse favorecidas polo feito de contar nas súas directivas conpersoas ben consideradas noutros ámbitos alleos a elas.

Seguramente por iso non se trata dunha casualidade que entre os in-tegrantes da directiva de 1927 da Casa de Galicia de Montevideo, fundadaapenas dez anos antes, estivese non só o novo e puxante empresario JesúsCanabal, senón tamén o bergantiñán José Añón Canedo, presidente desde

Page 12: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

o ano anterior do Centro de Propietarios de Ómnibus —antecedentedirecto do que sería a máis importante empresa de transporte municipalCUTCSA creada en 1937—, que estaba dando moito que falar non sóentre a colectividade galega senón tamén entre a sociedade montevideanaen xeral pola loita aberta que viña mantendo en contra da Sociedad Co-mercial de Montevideo, de capital e directorio británico, ata entón mo-nopolista do transporte urbano.5

En 1928, ano no que Jesús Canabal contrae matrimonio con Mara-villa Pérez Pampín, unha moza nacida na Habana filla de galegos quedesde Cuba reemigraron a Uruguai, os asuntos empresariais marchabanvento en popa. Na Exposición Industrial que tivo lugar en Montevideonese ano, os produtos fabricados por Canabal y Hnos., obtiñan varios pre-mios importantes en recoñecemento da súa calidade. Pero ademais dasostensibles melloras logradas nunha produción cada vez máis diversifi-cada, boa parte do éxito da política empresarial seguida por Canabal deri-vou da sucesiva adquisición de negocios vinculados ao ramo da industriapapeleira co fin de ampliar locais e capital permanentemente.

Así, a comezos da década dos trinta, a sociedade Canabal y Hnos.,despois de fusionarse coa firma Ferro y Romaní, contaba xa con catrolocais en distintos lugares de Montevideo. Tras a compra doutra firmadenominada Lettiere y Bengoa, a empresa transformouse en Canabal yHnos. y Carluccio. Ante o incremento constante do negocio, e malia queas distintas adquisicións seguisen funcionando un tanto independente-mente, naceu a necesidade dunha formulación industrial nova que seconcretou na instalación dunha fábrica de papel común a todas elas concapacidade suficiente para subministralas. Adquirirase ademais a antigaPapelería Oriental da firma Cuesta y Cía., que fora fundada en 1914 eque se dedicaba á importación a grande escala de artigos de papelaríapara oficina e á fabricación de cadernos.

Cando en 1934 tivo lugar en Montevideo a celebración da Exposi-ción Nacional de Industria, no Stand del Sobre, a empresa facía a súa pre-sentación nela co seguinte slogan: «Ayer esta industria tuvo un iniciador,Jesús Canabal, 1919; hoy está formada por Ferro, Romaní y Cía., 1933;

470Empresarios de Galicia

5 CAGIAO VILA e NúñEz SEIxAS, x. M. (2007: 188-194).

Page 13: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

mañana proyectamos constituirla en Sociedad Anónima Industria Pape-lera Uruguaya». Efectivamente, en 1937 fundábase en Montevideo aIndustria Papelera Uruguaya Sociedad Anónima (IPUSA) e á fronte doseu primeiro directorio situábase Jesús Canabal como presidente e prin-cipal accionista. Figuraban como socios, Alfonso Carluccio, de nacio -nalidade italiana, e o seu fillo Carlos Carluccio, o arxentino ErnestoRo mani e o uruguaio Bolívar Machado, ademais dos seus dous irmáns,José e Andrés.

Manuel Canabal, pola súa parte, o irmán máis novo que retornara aEspaña en 1927, ao seu regreso a Montevideo en 1935 constituíu a súa

471Jesús Canabal Fuentes

Persoal feminino deJesús Canabal y Hnos.,

Montevideo, 1934(cortesía da familia Canabal)

Page 14: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

propia sociedade denominada Canabal y Cía., situada no antigo local deCanabal y Hnos. da rúa Uruguay,6 que operaba como distribuidora pri-meiro desta e posteriormente de IPUSA. Pero o funcionamento indepen-dente do menor dos irmáns desde o punto de vista empresarial nonimpedía en absoluto a súa estreitísima relación con Jesús noutras facetas

472Empresarios de Galicia

6 Anuario de El Siglo, Montevideo, 1942.

Furgoneta de IPUSA,Montevideo, 1951(cortesía da familia Canabal)

Page 15: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

da vida pública de ambos. Coincidían, por exemplo, na intensa activi-dade política que por entón tiña lugar na colectividade galega de Mon-tevideo, tanto pola súa militancia galeguista coma pola súa filiaciónrepublicana.

Malia que a actuación de Jesús Canabal neste campo, que o levou ainvolucrarse en numerosas iniciativas antes, durante e despois da guerracivil española, excede o propósito destas páxinas, paga a pena salientarque a súa fidelidade á república tivo unha repercusión non desprezableen termos puramente empresariais que se traduciu en promover a crea-ción dunha Cámara Oficial de Comercio Española durante os anos doconflito bélico. Esta corporación opoñíase á tradicional Cámara Espa-ñola de Industria, Comercio y Navegación de Uruguay, existente desde1888, cuxa directiva adherira a Junta de Burgos.

Con esa iniciativa, Canabal pretendía orientar o comercio exterioruruguaio, sobre todo aquel que estaba integrado por empresas nas que exis-tían intereses de inmigrantes españois, a través dun intercambio que privi-lexiase as necesidades do goberno republicano. Semellante conduta, queimplicaba un compromiso máis alá da retórica —parafraseando a expre-sión empregada polo historiador uruguaio Carlos zubillaga Barrera ao glo-sar a súa figura—, denotou unha coherencia entre a súa posición políticae o seu proceder empresarial que non pasou inadvertida para a diplomaciafranquista empregada a fondo en exercer un control absoluto sobre todosos quefaceres da colectividade española asentada no país. De aí, os comen-tarios sarcásticos sobre Canabal expresados polo ministro de España enMontevideo ao poñer en coñecemento das autoridades de Madrid o feitode que o empresario presidía case desde a súa fundación en 1941 o CentroRepublicano Español.7

En idéntico sentido, uns anos máis tarde, o encargado de Negociosde España en Montevideo, ao informar o Ministerio de Asuntos Exterio-res acerca dos «dirigentes republicanos y socialistas» da colectividade,emitía este xuízo sobre Jesús Canabal: «Propietario de la Papelera lla-mada IPUSA. Es un republicano moderado, pero persona influyente y de

473Jesús Canabal Fuentes

7 Archivo General de la Administración (AGA). (10)089.000 54/10083. Despachodatado o 26/06/1942.

Page 16: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

posición que ayuda al sostenimiento de la campaña [antifranquista]».8En honor á verdade, pouco se equivocaba o representante diplomáticoespañol porque non houbo iniciativa contra o réxime de Franco, non sóde carácter político senón tamén de índole cultural —como a audiciónradial Sempre en Galiza (1950) ou o Patronato da Cultura Galega (1964),sobre as que exerceu un verdadeiro labor de mecenado— na que JesúsCanabal non participase.

En 1945, por exemplo, actuou como un dos principais anfitriónsdurante a estancia en Montevideo de Castelao e doutros membros doConsello de Galiza —constituído formalmente o ano anterior precisa-mente na capital uruguaia—, e exerceu non só como vicepresidente deCasa de Galicia e membro do directorio do Centro Republicano Español—presidido nese momento polo seu amigo José Añón—, senón taméncomo empresario comprometido con Galicia.

Da visita efectuada entón polos ilustres visitantes á fábrica de IPUSA,un dos órganos de prensa galega de Bos Aires, voceiro de IrmandadeGalega, deixou o testemuño seguinte:

Despois da comida na casa do Lúculo galego, foron invitados os mem-bros do Consello, a visitar a gran fábrica de papel que os irmáns Canabalposeen nas aforas de Montevideo. E un establecimento industrial mode -lo, que pon de manifesto a capacidade creadora dos galegos, e o que seríaa nosa Terra, se houbera libertade nela para que os seus fillos poiderandesen rolar todas as súas enerxías e iniciativas, tendo que emigrar parapoder demostrar a sua capacidade, enriquecendo, así, os países donde emi-gran. Os Canabal, dinastía de galegos do Uruguai, que gozan de moitoprestixio i estimazón, entre propios e alleos, polo seu don de xentes e polasua xenerosidade, fixeron de cicerones mostrando todalas instalacións,vendo o proceso da fabricazón do papel desde o máis simple o máis com-plexo. Despois de recorrida a fábrica que ocupa máis dunha mazán deterreo, e sendo entre lusco e fusco regresouse ao centro da cidade, pra visi-tar o centro republicano.9

474Empresarios de Galicia

8 AGA (10)089.000 54/10098. Despacho datado o 27/08/1949.9 «Visita a unha fabrica, orgulo da industria uruguaya», A Nosa Terra, Bos Aires, (xullo

de 1945: 10).

Page 17: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

Contra 1948, Uruguai experimentou un período de crecemento eco-nómico derivado dos efectos da guerra, no que o proceso de substituciónde importacións orixinou un notable aumento de demanda na industriapapeleira. Canabal, cuxa empresa IPUSA practicamente cubría xa o abas-tecemento nacional, decidiu entón acometer na cidade de Pando, depar-tamento de Canelones, a construción dunha nova fábrica que inicialmenteocupou a máis de cen operarios e significou un investimento de máis decatro millóns de pesos dese ano.

Esta nova iniciativa contribuíu non só a descentralizar as fábricas deIPUSA en Montevideo, situadas no barrio de La Chacarita, senón quetamén repercutiu considerablemente no desenvolvemento industrial destacidade do interior xa que nela se empregaron numerosos obreiros da zona.A eles se engadiron bastantes inmigrantes galegos que acababan de chegare recorrían a Canabal na procura de emprego. José Luis Villaverde, unemigrante compostelán que arribou a Montevideo en 1954 e que estivo

475Jesús Canabal Fuentes

Reunión da Cámara de Comercio Republicana,

Montevideo, 12-04-1956.Aparecen de esquerda adereita: Jesús Rodríguez,Dr. José Cancela Freijo, Manuel Canabal (tres

persoas sen identificar), M. Amarelle, Juan Vilarnovo

(sen identificar), Jesús Canabal e Jesús Figueiras(cortesía da familia Canabal)

Page 18: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

moi vinculado a Canabal durante a súa experiencia uruguaia de case quetrinta anos, describía así a súa chegada ao complexo industrial:

[…] un señor en el Centro Gallego me dijo que me iba a buscar algo y locomentó con el dueño de IPUSA. Este me dijo que fuera por la fábrica yque si me interesaba trabajar con ellos. La fábrica era grande, pero la másimportante la tenía en Pando y su idea era mandarme a Pando para el con-trol de producción y existencias y todo eso… Esta fábrica estaba a catorcekilómetros de Montevideo y tenía que levantarme todos los días a las cuatroy media de la mañana porque entrábamos a las seis....10

Jesús Canabal actuou como secretario desde a súa fundación en 1951da Asociación de Fabricantes de Papel de Uruguay na que pasou en 1956a ostentar a presidencia. Daquela, a produción da industria papeleira dopaís medrara extraordinariamente por causa da maior capacidade adqui-sitiva do mercado interno. Este feito provocou no empresario galego aambiciosa idea de creación dunha nova planta industrial para a fabrica-ción de celulosa no país que ata entón se importaba do exterior. xa en1959 —e por iniciativa de IPUSA—, creouse a Sociedad de Celulosas deUruguay S. L., da que Canabal foi presidente.

Tres anos antes, en 1956, Jesús Canabal iniciara a segunda aventuraempresarial á que ao principio destas páxinas nos referiamos e que supuxoa creación dunha entidade financeira que por espazo de case dez anos foimotivo de orgullo da colectividade galega de Uruguay: o Banco de Gali-cia de Montevideo. Esta iniciativa, da que Canabal foi o principal impul-sor, tivo os seus antecedentes máis directos na adquisición por parte dosempresarios galegos máis destacados e de maior solidez económica deMontevideo da carteira de valores do Banco Español del Río de la Plata,cando esta entidade se retirou de Uruguai, coa intención de crear outranova.

Realmente, o novo Banco de Galicia respondía ao desenvolvementodo sector de máis éxito da colectividade en termos económicos que seconvertera practicamente en empregador de gran parte do resto, senón

476Empresarios de Galicia

10 Entrevista que lle realizou a autora a José Luis Villaverde (Santiago de Compostela,1930-Vigo 199?) en Vigo, xullo de 1983. Fondo Historga, núm. 874. Unidade de Patrimo-nio Documental e Oral Contemporáneo. Departamento de Historia Contemporánea e deAmérica (USC).

Page 19: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

de xeito directo, polo menos indirectamente, ao financiar de maneira pri-vada a ampliación de distintos negocios comerciais ou a creación doutrosnovos. De feito, ademais de Canabal que foi o seu presidente, outrosimportantes promotores do banco foron: José Añón, presidente e princi-pal accionista da empresa de transportes CUTCSA, que actuou comosecretario; Marcelino Pérez Alonso, un galego de Gondomar propietariodesde 1944 da empresa Queserías Nacionales S. A., que foi o seu tesou-reiro; Juan e Alberto Rodríguez López, ambos galegos de segunda xera-

477Jesús Canabal Fuentes

I Congreso da EmigraciónGalega en Bos Aires (xullo,

1956). De esquerda a dereita: Antón Alonso Ríos,

Manuel Puente, Jesús Canabal, Daniel Calzado,

sen identificar, José Veloso e José Rodríguez (cortesía

da familia Canabal)

Page 20: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

ción foron designados respectivamente vicepresidente e xerente xeral,mentres que o fabricante de tabacos Constantino Sánchez, actuabacomo vogal.

xunto a eles, outros membros connotados da colectividade, ou quechegarían a selo e non sempre por razóns non exclusivamente económi-cas, integraban o consello consultivo ou eran colaboradores de confianzado banco que iniciou a súa andaina con dezasete empregados. Abriu assúas portas na rúa 25 de Mayo, na zona vella de Montevideo, o 26 de xullode 1956, xusto na mesma data na que en Bos Aires tiña lugar o primeiroCongreso da Emigración Galega, presidido precisamente polo infatigableJesús Canabal que neses días fixo especial dispendio de esforzo para aten-der os seus compromisos nas dúas beiras do Prata. Este congreso, cuxatranscendencia foi conmemorada recentemente, foi posible grazas aoempeño dunha dinámica comisión organizadora baixo a batuta de Ma -

478Empresarios de Galicia

nuel Puente, residente en Bos Aires, pero tamén grazas ao altruísmo e áxenerosidade dos que integraron o seu cadro de honor e entre os cales secontaba por suposto Jesús Canabal e ademais, a pesar de non ser galego,o que fora o seu antigo patrón e protector durante os seus primeiros anosna inmigración, o empresario José Iturrat.

Xuntanza do directorio doBanco de Galicia: AlbertoRodríguez López, ManuelFernández Vázquez, Dr.Juan Rodríguez López,Jesús Canabal, José AñónCanedo, Marcelino Pérez,Montevideo (23/07/1960)(cortesía da familia Canabal)

Page 21: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

479Jesús Canabal Fuentes

O día anterior á inauguración oficial do Banco, o seu vicepresidente,o Dr. Juan Rodríguez López, presentaba na Comisión F do mencionadocongreso, dedicada a analizar a emigración galega na vida económica, unrelatorio no que se poñían de manifesto as intencións da nova entidade eno que se subliñaba, entre outras cousas:

El Banco de Galicia es un homenaje que al Uruguay rinde la inmi-gración gallega [...]; será un banco popular, con las puertas abiertas a loshombres que quieran progresar con el trabajo fecundo y honrado, un Bancoen el que se reflejen las actividades económicas de la colonia, desde lasmodestas cuentas de ahorro hasta el financiamiento de las grandes opera-ciones de inversión; un Banco dispuesto a honrar las excelsas tradicionesgallegas y a reafirmar la vitalidad económica de la colectividad.11

Para a captación de capital, inicialmente emitíronse accións que foronsubscritas na súa maioría —malia que non exclusivamente— por membrosda colectividade galega, en xeral por pequenos comerciantes e propieta -rios. A través de campañas de propaganda, o banco ofrecíase para actuarde vínculo entre os inmigrantes radicados no país e os seus familiares enGalicia, co obxecto de canalizar as remesas, así coma administrar os bensdos seus clientes tanto en Galicia coma en Uruguai e ser, en definitiva, oconselleiro económico da colectividade. Deste xeito, o banco foi evolu-cionando rapidamente e na memoria correspondente ao primeiro exerciciodo banco, con data do 31 de xaneiro de 1957, dicíase: «A los seis mesesde abiertas las puertas del Banco de Galicia se han superado todas las ex-pectativas. La colonia respondió entusiastamente. Los registros de accio -nistas se fueron cubriendo, asegurando así el capital inicial […]. La realidadcolmó las previsiones […]». Ademais do labor exclusivamente financeiro,o banco ocupouse desde o primeiro momento doutras actividades de tiposocial, ademais de crearlles un servizo de auxilio aos inmigrantes galegosque acababan de chegar que por estas datas aínda continuaban ingresandoen Uruguai.

A primeira sucursal foi inaugurada a finais de xaneiro de 1958 na prin-cipal arteria de Montevideo, a avenida 18 de Julio, coa presenza dos direc-tivos da maioría das sociedades galegas de Uruguai. No discurso inaugural,

11 Primeiro Congreso da Emigración Galega (1956: 137-139).

Page 22: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

Empresarios de Galicia 480

Jesús Canabal, embargado pola emoción, declarou: «Non é común sentirno curso da vida, unha satisfacción da natureza que se experimenta ó inter-vir nun acto da trascendencia e significado que ten éste». Contaba entóno banco —segundo afirmou o propio Canabal, cun capital que superabaalgo máis de cinco millóns de pesos uruguaios da época—. Desde esa da -ta, fóronse abrindo sucesivamente outras sucursais con nomes alusivos aGalicia que chegaron a contabilizar en 1964, dous anos antes da súa desa -parición, oito oficinas e case que trescentos empregados.

Durante o tempo que o Banco de Galicia permaneceu en funciona-mento desenvolveu un extraordinario labor cultural en relación con Ga-licia e destinou para isto unha porcentaxe das súas ganancias, sen que poriso obtivese ningún tipo de exención fiscal que a lei uruguaia non con-templaba. Baixo a orientación de Canabal, a promoción e difusión da cul-tura galega, tanto da emigración coma a do interior, convertéronse nundos obxectivos do banco, en ocasións de maneira explícita, publicitada;outras, de xeito máis cauteloso, para poder sortear os posibles inconve-nientes da censura exercida desde a Embajada Española en Montevideo,sempre atenta a calquera desafección ao réxime franquista. Concursos li-terarios, conferencias, edición de libros, exposicións bibliográficas e defotografías sobre Galicia, entre outras iniciativas, foron unha constante aolongo dunha década.

Por todo iso, en 1962, o mesmo ano no que por impulso do banco selogrou impoñer a unha escola pública de Montevideo o nome de EscuelaGalicia á que continuou desde entón apoiando economicamente, o Con-sello de Galiza outorgoulle á entidade financeira o Premio Castelao. En1966 o Patronato da Cultura Galega —unha institución de carácter culturalcreada apenas dous anos antes e á que varios dos membros do directorioe dos empregados do banco se atopaban moi ligados por razóns ideolóxi-cas— concedeulle a súa Vieira de Prata, como recoñecemento do laborde mecenado da entidade financeira en prol da cultura galega e do seufomento, tanto en Uruguai coma na propia Galicia. Tratábase, sen dúbida,dun agradecemento simbólico ao seu quefacer cultural pero case quetamén dun acto de verdadeira despedida xa que ese mesmo ano o Bancode Galicia pechaba as súas portas como entidade independente. A revistaGuieiro, voceiro do mencionado Patronato da Cultura Galega, recollíadeste xeito en novembro de 1966 a noticia da súa desaparición:

Page 23: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

Inauguración da escola Galicia en Montevideo

(28/07/1962) (cortesía da familia Canabal)

Jesús Canabal Fuentes 481

[…] circunstancias que no fue posible superar, porque estaban enraiza-das en la situación económica que vive el país, ha sido la causa de que lainstitución que durante diez años prestara tan invalorable apoyo a la difu-sión de la cultura gallega y del conocimiento de Galicia debiera fusio-narse con otra institución bancaria, el Banco de Trabajo Italo-Ameri-cano. Este prestigioso banco es representativo de una numerosa coloniade emigrantes, que como los gallegos, han dado lo mejor de sí para edifi-car este pequeño país que es Uruguay.

Algúns testemuños obtidos entre o persoal do banco insisten en que,posiblemente, máis que de fusión haxa que falar de venda ante unha si-tuación que o directorio do momento creu desesperada á vista do informeque o profesor Pellegrini, presidente da Italo-Americano, presentou anteo Ministerio de Hacienda de la República coa proposta de adquirir oBanco de Galicia, no que se presentaba como incobrada, entre outras dé-bedas, a do Centro Gallego. A fusión non foi excesivamente ben recibida

Page 24: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

pola clientela galega do banco, que ante os feitos consumados, solicitouque polo menos se conservase o nome de Banco de Galicia para a novainstitución, o que tampouco foi posible.

Efectivamente a crise económica do país sumido nun proceso de in-flación galopante —escaseza de recursos monetarios e depreciación dopeso—, que segundo recoñecían as propias memorias do banco xa se viñamanifestando desde comezos da década dos sesenta, debeu incidir nasrazóns, aínda non moi claras, que provocaron a desaparición desta enti -dade na que Canabal puxera tantasilusións. Porén, algúns testemuñosdos que viviron nesa época vincula -dos á institución insinúan taménoutro tipo de razóns de índole polí -tica e ideolóxica estritamente rela-cionadas coa propia colectividade.

Ademais das repercusións eco-nómicas, a desaparición do bancosupuxo un golpe moral extraordina-rio para os seus impulsores e, moiparticularmente, para Jesús Canabalque fora o seu presidente. Daquela,puxo todo o seu empeño, ademaisde en IPUSA, no Patronato de Cul-tura Galega —en cuxa directiva exercía como tesoureiro desde a súa fun-dación en 1965 e como vicepresidente desde 1966— co que mantivo unnivel de compromiso extraordinario; así foi o seu presidente honoríficoata a fin dos seus días. Para termar desta sociedade, xunto co Hogar Españolde Ancianos de Montevideo do que tamén foi un asiduo colaborador asícoma para a audición radial Sempre en Galiza que contribuíra a fundaren 1950, Jesús Canabal decidiu constituír un fondo patrimonial sobreparte das súas accións en IPUSA do que estas entidades poderían dispoñercando se producise o seu falecemento. Era entón 1984. Naquel momento,a empresa facturaba, ademais do obtido nas vendas nacionais, un millónde dólares mensuais en concepto de fabricación propia e de exportaciónsa outros países do Cono Sur. Case que un ano e medio máis tarde, apenasdous meses despois de recibir en Santiago de Compostela a Medalla Cas-

482Empresarios de Galicia

Jesús Canabal e a súa dona,Maravilla Pérez, coas súas netas en Punta del Este(1980) (cortesía da familia Canabal)

Page 25: Empresarios de Galicia 219 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/sites/all/files/public/publications/... · da adquisición da antiga papelaría de Jaime Bech,

tealo da xunta Galicia, o infatigable empresario galego falecía en Mon-tevideo despois de máis de setenta anos na emigración dedicados á acti-vidade na industria papeleira e case cincuenta á fronte do directorio deIPUSA.

En xuño de 2006, moi pouco antes de que moitos dos antigos empre-gados do Banco de Galicia se reunisen para conmemorar o cincuentena-rio da súa fundación, o historiador uruguaio de orixe galega, Carloszubillaga, que tamén traballou naquela entidade e compartiu moitas dasiniciativas nas que Jesús Canabal participaba, resumía como poucos sou-beron facelo o seu comportamento na vida pública cunha entrañablelembranza cara á súa persoa: «Gesto cordial, decir pausado, mano franca,decisión firme y conducta generosa».

483Jesús Canabal Fuentes

Bibliografía

CAGIAO VILA, P. (1989): «Empresas de in-migrantes gallegos en Uruguay en el sigloxx», en Actas de las Primeras Jornadasde la Presencia de España en América:Aportación gallega, Deimos, Madrid.

— (1990): Participación económico-socialde la inmigración gallega en Montevideo,1900-1970, tese de doutoramento, Uni-versidad Complutense de Madrid.

— (1990): «Inmigración y cambio en lassociedades latinoamericanas: El caso delos gallegos en Uruguay», en Xornadasde Historia de Galicia, Ourense.

CAGIAO VILA, P., e x. M. NúñEz SEIxAS

(2007): Os galegos de ultramar: os gale-gos e o Río da Prata, T. x., vol. 2, A Co-ruña, Arrecife Edicións Galegas.

El libro del centenario uruguayo: Montevi-deo, 1925.

LOSA ROCHA, M. (2007): Don Xesús Cana-bal Fuentes. Fillo predilecto de O Pino,Montevideo, Losa Ediciones.

Primeiro Congreso da Emigración Galega,(1956): Buenos Aires. Editorial Nós.