Empresarios de Galicia 222 -...

23
EMPRESARIOS DE GALICIA VOLUME 2

Transcript of Empresarios de Galicia 222 -...

Page 1: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

EMPRESARIOSDE GALICIA VOLUME 2

Page 2: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

BARTOLOMÉ FREIRE LAGO1904-1997

Page 3: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

A mediados do século xviii Galicia contaba con máis de vinte ferraríasque reducían o mineral de ferro e o convertían en barras ou lingotes quelles vendían a machucos e ferreiros de forxa, que o quecían de novo econvertían en puntas, potes, tixolas, fouces e outros trebellos agrarios. Amaioría das ferrarías estaban no Courel, onde había abondosas fragas paracarbonizar e un par de minas de ferro, roquis e Formigueiros, que fornecíano mineral. As forxas, que lle daban cabo ao proceso, estaban bastante dis-tribuídas por Galicia, pois tendían a achegarse á demanda. no medio, osmachucos, nin estaban tan concentrados no Courel como as ferrarías nintan dispersos coma as forxas. Espallábanse polo Courel, pola zona nor-oriental da provincia de Lugo, pola zona oriental da de ourense e polointerior da Coruña.1 nesta última existía unha parroquia que destacabaextraordinariamente sobre o resto, era Santiago de Sere das Somozas, ac-tualmente As Somozas. Alí existían cinco machucos movidos por auga etrinta e catro ferreiros que aquelaban o seu traballo neles co da agricultura

Xoán Carmona BadíaUniversidade de Santiago de Compostela

FREIRE HERMANOS E MEGASA, A CARA AMABLE DA RECONVERSIÓN INDUSTRIAL*

* Agradecemos a axuda prestada por Francisco e Enrique Freire Arteta e por AndrésFreire Lago, que non só nos facilitaron materiais, senón que nos dedicaron o seu tempo enos brindaron a maior cordialidade.

1 CArmonA e nAdAL (2005).

Bartolomé Freire Lago(cortesía da familia Freire)

Page 4: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

e a gandaría. Un dos machucos estaba situado a pouca distancia da igrexaparroquial, polo que a xente se refería a el como o machuco da igrexa.Pertencía a un tal Juan de Santiago, e un dos que traballaban alí era JosephFreire.2 os descendentes deste último remataron por se faceren co machucoda igrexa e continuaron durante tres xeracións dedicados á fabricaciónde trebellos agrícolas de ferro que vendían nas feiras. A comezos do séculoxx, cando a siderurxia tradicional en Galicia estaba ben esmorecida, aíndaun Bartolomé Freire Echevarría, seguía traballando no machuco e indopolas feiras, unha tarefa na que moi axiña se vería acompañado polo maiordos seus fillos, Bartolomé Freire Lago. dous fillos e un sobriño, desteúltimo dirixen hoxe, no ano 2009, unha das máis importantes empresassiderúrxicas españolas, metalúrgica Galaica (mEGASA), unha das poucasprodutoras de aceiros comúns que non foron adquiridas durante estes úl-timos anos polo xigante Arcelor-mittal.

Os primeiros pasos de Bartolomé Freire Lago

Bartolomé Freire Lago naceu o día 21 de maio de 1904 no que daquelaera xa lugar do machuco, no concello das Somozas e foi o maior doshomes dunha familia de dez irmáns. Asistiu á escola que tiña unha tíasúa a certa distancia da súa casa, ao mesmo tempo que atendía á agriculturae axudaba o seu pai no traballo do ferro, e acudía na súa compañía avender nas feiras. moi novo marchou á Coruña, onde comezou a traballarnun almacén de ferros e logo na Compañía de Tranvías, que viña daquelade substituír os cabalos pola electricidade para mover os seus vagóns.

Ao facer os vinte anos emigra a Cuba, onde, como era de agardar, tra-balla de ferreiro nun taller de carruaxes e logo na Estación Central deFerrocarriles da Habana. Seguía tamén con isto a tradición familiar poiso seu avó fora ferreiro na illa e chegara a ser encargado do taller de forxado estaleiro daquel porto. Só nos seus últimos tempos na illa afastaraseBartolomé do oficio familiar empregándose de dependente nun comerciode comestibles que uns emigrantes das Somozas tiñan na zona do porto,

2 Catastro de Ensenada, Sere das Somozas, respuestas Generales, en Archivo Generalde Simancas, Dirección General de Rentas (2ª remesa), atado 156.

Empresarios de Galicia 526

Page 5: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

do que chegará a ser encargado. deste establecemento diría posteriormenteBartolomé Freire, que fora alí onde fixera o seu máster en comercio,porque o de industria xa o fixera co seu pai. Logo de sete anos de estanciacaribeña decide regresar, como a maioría dos emigrantes daquel entón,con experiencias moitas e diñeiros que non se correspondían con elas. Íadaquela o ano 1931, e viña de se proclamar en España a ii república.

Tras dun breve prazo traballando outra vez co seu pai no oficio fami-liar, o mozo das Somozas decide establecer un negocio de seu no ano 1933en xuvia, nunha leira de cincocentos metros cadrados que alugaría nabeira dereita do río de igual nome. naquela altura, as instalacións indus-

Bartolomé Freire Lago 527

Primitivo taller de laminación situado na

estrada de Castilla, anteriorá construción de MEGASA.Á dereita, Bartolomé FreireLago e o su pai (cortesía da

familia Freire)

Page 6: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

triais do Arsenal de Ferrol estaban arrendadas á Sociedad Española deConstrucción naval, a Constructora naval como era popularmente coñe-cida, unha empresa que en realidade era filial da inglesa vickers, quelevaba con elas desde 1909, e que desde aquela mantivera unha importan-tísima actividade de construción e reparación de buques de guerra enaceiro.3 Bartolomé Freire matinou na posibilidade de aproveitar os recortese outros restos da chapa de aceiro de cascos, caldeiras e outros elementosmetálicos dos buques, así coma de lugares destinados ao desmantelamentocomo base para o seu negocio. nun cativo cuberto de madeira e dotadodun pequeno motor de tres Cv, dunha maquinaria rudimentaria e dunúnico empregado comeza a súa carreira empresarial cortando en tiraspezas de chapa usadas, que logo lles vendía aos ferreiros da zona para o seuuso na elaboración de fouces e outros apeiros agrícolas. Comeza así taména súa actividade como pequeno almacenista de ferros: revende non só ostransformados resultado da súa actividade senón tamén outros produtosdiversos do mesmo ramo adquiridos a outros almacenistas.

máis chatarraría ca fábrica, pero o certo era que a actividade medrabae en 1937 Bartolomé Freire merca un soar na estrada de madrid, a carónda estación do ferrocarril Ferrol-xixón, no que establece un xa amplo al-macén e, nun local ao seu carón, un novo taller ao que traslada a maqui-naria do anterior. neste último ademais de cortar pezas de chapa comezatamén a estirar tubos procedentes de buques desmantelados para a súareutilización cun diámetro inferior. de aí pasaría a elaborar os remachesque se utilizaban daquela na construción naval para unir as distintas pezasde chapa de aceiro que compoñían os cascos, nunha época na que pre-dominaba aínda este sistema sobre o posterior da soldadura.

Ao remate da guerra civil incorpóranse á empresa dous dos seus irmánsmenores, José e Benito Fernando, cos que pouco máis tarde, en 1943,constituirá Bartolomé Freire a primeira sociedade familiar, Freire HermanosSociedad Limitada, cun capital dun millón de pesetas. Coa incorporacióndaqueles, almacén e taller multiplican a súa actividade e os irmáns Freiretratan de impulsar a fabricación de remaches e parafusos, para o quemercan nova maquinaria. Son anos de escaseza e intervención cuartelaria

3 LozAno (1997).

Empresarios de Galicia 528

Page 7: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

das subministracións de ferros e aceiros e o arame novo procedente doslaminadores vascos está intervido e sometido a cota e resulta moi difícilde conseguir. os irmáns Freire deciden aproveitar a boa posición da quedispoñen no mercado de ferros usados aproveitables, que non están suxeitosa cota, e fabricalo eles mesmos a partir daqueles. deciden así adquirir untren de relaminado co obxecto de elaborar en quente, a partir de recortese ferros usados e defectuosos, perfís utilizables para a elaboración de pa-rafusos, porcas, remaches e outros produtos finais.

no ano 1948 —tras do inesperado pasamento dun dos socios, José—incorpórase ao taller outro dos irmáns, Andrés, e quedan así coma sociosda empresa Bartolomé, e os seus dous irmáns menores, Fernando eAndrés. respectivamente doce e catorce anos menores ca Bartolomé,estes dous últimos atoparan xa unha situación económica familiar quelles permitira acceder a unha formación moi superior á do seu irmánmaior, de xeito que o primeiro deles estudara a carreira de Farmacia e osegundo a de profesor mercantil. A partir daquel intre e durante o medioséculo seguinte os tres irmáns compartirían un destino, o do aceiro, eforon igualmente responsables do crecemento e do éxito da empresa. Aoano seguinte, 1949, deciden transformar esta nunha sociedade anónima.Freire Hermanos tiña daquela instalados 320 Cv de forza motriz e o valordo seu activo andaba polos cinco millóns de pesetas, fronte ás pouco maisde cen mil que representaba dez anos antes. Contaba daquela con trestalleres, o de laminados, o de forxa e trefilado de tubos e barras, e, final-mente, o de axuste e mecanización, que ocupaban en conxunto a sesentatraballadores.4 Tiñan tamén tres camións.

Metalúrgica Galaica, 1953-1974

o aumento da dimensión dos talleres metalúrxicos leva os irmáns dasSomozas a segregaren os negocios de almacén de ferros e de fabricación,de xeito que a partir de 1953 Freire Hermanos pasaría a ocuparse da pri-meira destas tarefas, mentres que para a segunda se constituía unha so-

4 PorToCoBo (1949).

Bartolomé Freire Lago 529

Page 8: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

Empresarios de Galicia 530

ciedade específica, que se denomina-ría metalúrgica Galaica, igualmentecon forma de sociedade anónima.desta nova empresa, que tería comoobxecto social a «fabricación de tor-nillería y relaminación de hierros»,formarían parte os irmáns Freire Lago,a propia empresa Freire Hermanos(na que só estaban tres deles), e ungrupo de familiares e empregados cua-lificados que recibiron accións demans do socio maioritario, que seguíaa ser Bartolomé Freire. Entre os socioscontábase por exemplo o director téc-nico da nova metalúrxica, o enxeñeirocatalán J. Flores Pérez ou o contableAlfonso Castro. A tradicional socieda -de Freire Hermanos continuaría dedi -cándose ao almacenamento e á com-pravenda de por xunto de ferros comounha sociedade independente.

A creación de mEGASA, que seinstalou nuns terreos situados diantedo almacén, implicou o traslado dotren de laminación e a entrada da empresa noutro chanzo da cadea devalor do ferro, o da fundición. Bartolomé, Fernando e Andrés eran cons-cientes de que a actividade que desenvolvía dificilmente podía ter perspec-tivas de crecemento se non era nunha situación de escaseza e de interven-ción coma a dos anos corenta e comezos dos cincuenta, pero que tiña, entodo caso, de cara ao futuro un percorrido moi curto. nalgún momentoterían que se decidir por mercar a palanquilla (o semielaborado de aceiropara laminación) ou por producila eles mesmos. E optaron por isto último,por integraren verticalmente a produción de aceiro nas actividades daempresa; por pasaren de transformar ferros vellos a traballaren con aceirosnovos de produción propia ou, dito doutro xeito, por pasaren de relamina-dores a primeiros laminadores.

Page 9: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

desbotada por administrativa e fi-nanceiramente imposible a opciónde estableceren altos fornos, a tecno-loxía axeitada para elaboraren aceiropropio era a do forno eléctrico, queproducía lingote de aceiro a partirdunha mestura composta de chatarrae mineral. os irmáns Freire instalaronasí na súa nova empresa un daquelesartefactos dunha tonelada e media edobre cuba, que xa en 1955 amplia-rían a tres toneladas. o bo resultado

da experiencia levounos a mercar en 1959 outra das poucas empresas queen Galicia dispoñían desta tecnoloxía, Ferrerías de Arcade. Tratábasedunha pequena instalación metalúrxica establecida na devandita localidadepontevedresa, que comezara a traballar no ano 1956 cun forno eléctricoe cun tren de laminación de perfís e chapas e cunha produción autorizadamoi modesta, de sete mil toneladas.5 o propietario das dúas terceiraspartes do capital era o industrial vasco Jesús Quesada Barrio, que ocupabatamén o cargo de xerente da empresa, foi unha das vítimas do accidenteque o avión de Aviaco que facía a liña regular vigo-madrid sufriu o díacatro de decembro de 1958.6 os irmáns Freire mercáronlle á viúva o 66%da participación do finado e convertéronse así en produtores de aceiro deprimeira fundición tamén nesta súa segunda factoría. Corría o ano 1959,vésperas do Plan de Estabilización, que provocaría un arrefriamento dademanda, que supuxo un dos peores momentos na historia de mEGASA.

o elevado consumo de enerxía que representaba a introdución doforno animou os irmáns Freire a entrar na produción de electricidade.Fixérono construíndo unha central hidráulica no río Forcadas, no concellode valdoviño, cunha potencia instalada de 1600 kw. xa nos anos sesenta,cando a calidade e a continuidade da subministración eléctrica mellorara

5 Consejo de industria. Informes anuais, 1955 e 1956.6 El Pueblo Gallego, 4-11 de decembro de 1958.

Bartolomé Freire Lago 531

Page 10: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

pola posta en funcionamento dos saltos do Eume e de Belesar, a hidroe-léctrica do río Forcadas pasaría a acoplarse na rede de FEnoSA.

os importantes cambios económicos da década de 1960 derrubarona demanda dalgúns dos produtos tradicionais elaborados polos irmánsFreire ao tempo que abriron oportunidades para outras liñas novas. o re-machado como método de unir as distintas pezas da chapa dos buquesfoi definitivamente substituído pola soldadura durante os anos sesenta;de feito, contra 1965 practicamente xa desaparecera dos principais estaleirosgalegos, motivo polo que mEGASA tivo que abandonar a fabricación deremaches. Algo semellante aconteceu coa fabricación de parafusos, poisnesta época a simplicidade do proceso e as facilidades para dispoñer damateria prima, das que antes non se dispoñían, animou a entrada demoitas pequenas empresas especializadas na fabricación deste produto,polo que a competencia se fixo moi aguda. Pola contra, nos anos sesenta,que foron anos de relativa expansión económica e de forte urbanizaciónen Galicia e mais en España,7 medrou a construción urbana e a obra pú-blica, e disparouse a demanda dos redondos de construción, das variñas

7 CArrErAS e TAFUnELL (2005); PrAdoS (2003).

Almacén de Freire Hermanos (cortesía da familia Freire)

Empresarios de Galicia 532

Page 11: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

de aceiro utilizadas para reforzar vigas e placas de formigón en edificiose obra civil. no caso concreto de Galicia, a intensa construción de encorospara a explotación hidroeléctrica que se desenvolve por aquela épocaconstituíu tamén un importante mercado para a empresa de xuvia. FreireHermanos fixeron dos ferros para a construción o eixe da especializaciónde megasa xa desde comezos dos anos sesenta. Ferrerías de Arcade espe-cializouse na laminación de diámetros finos e rolos, e así evitaba competircoa factoría matriz da empresa que o facía en redondos en barra.

Entre 1960 e 1969 o consumo de aceiro medra en España un 367%,o que é dicir que máis que duplica o conxunto do crecemento do índi -ce de produción industrial.8 As importacións comezan a medrar e o iPlan de desarrollo, que como é ben sabido decorre entre 1964 e 1967 vaicanda un Plan Siderúrgico nacional, que se estendería ata 1972, e quetrata de promover un crecemento da produción de aceiro que evite unhaprevista sangría da balanza de pagos consecuencia da progresiva tenden-cia importadora.9 o instrumento establecido para tal foi o denominadorégimen de Acción Concertada para la industria Siderúrgica, polo queempresas e administración establecerían de común acordo obxectivos deexpansión para aquelas que se acollesen a este instrumento de fomentodo sector. En troques, recibirían créditos a prazos longos a tipos de xuroinferiores aos de mercado que poderían acadar ata o 70% dos investimen-tos previstos. A maioría das empresas do sector acolléronse a este réximee lanzáronse a unha case febril ampliación das súas instalacións, e istodeu como resultado un rápido crecemento da capacidade produtiva. osirmáns Freire decidiron non entrar nesta primeira fase da acción concer-tada,10 o que representou para eles un crecemento ben máis lento, peroben menos apancado. de feito, contra 1972 mantiñan unhas cifras deemprego semellantes ás de comezos da década anterior, o que é dicir uns170 operarios.11

8 mirAndA dÍEz (1970).9 FErnándEz dE PinEdo (2008).10 ESPinoSA dE LoS monTEroS (1972).11 Servicio Sindical de Estadística (1972).

Bartolomé Freire Lago 533

Page 12: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

En realidade, os irmáns Freire puideron continuar o seu crecementoá marxe da primeira Acción Concertada e con moderado endebeda-mento porque apostaron por unha estratexia de ampliación en dúas eta-pas, primeiro na aceiría e só máis tarde na laminación. A aposta polaaceiría comezara en realidade xa antes do Plan de desarrollo, cando noano 1963 adquiriron un novo forno eléctrico de 10 toneladas, que llespermitía ampliar a súa produción de palanquilla de 5000 a 10.000 uni-dades, unha cantidade que eran quen de laminar cos seus propios recur-sos. o gran salto sería, en todo caso, no ano 1972 coa incorporación dunnovo forno General Electric de 35 toneladas que permitiría acadar as60.000 de produción anual do semielaborado (palanquilla), unha cifraxa moi superior á que podían absorber os trens de laminación tradicio-nais, o que situaría no primeiro plano dos obxectivos da empresa amodernización e a ampliación das instalacións de laminación.

Entre unha e outra ampliación da capacidade en fornos, introducironos irmáns Freire un dos avances máis representativos da evolución tec-nolóxica das aceirías por aqueles anos: a denominada coada continua.Este procedemento de realizar a coada do ferro, é dicir, de converter oaceiro líquido en palanquilla sólida, introducírase por primeira vez enEspaña no ano 1965, de xeito que cando mEGASA o adopta na súa factoríade narón catro anos máis tarde, eran moi poucas as empresas que o tiñanen España. A coada continua significaba unha importante redución dosdefectos na coada, unha maior homoxeneidade do produto semiacabado(a palanquilla) e un aumento da velocidade do proceso. isto permitía au-mentar de forma substancial a produción do forno, operando ademais acustos variables máis reducidos que coa coada tradicional. Este procede-mento eliminaba ademais o traballo máis pesado que ata entón existíanunha aceiría, o que se coñecía como coada en placa.

A etapa exportadora e a entrada na acción concertada

durante os anos setenta a administración continuou a ofrecer axudaspara a modernización e o aumento da capacidade da siderurxia e, comonovidade, puxo en práctica importantes medidas de fomento das expor-tacións, que puideran dar saída aos excedentes de aceiros comúns orixi-nados polo forte crecemento da década anterior. o principal instrumento

Empresarios de Galicia 534

Page 13: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

Inauguración do segundo forno eléctrico en MEGASA, ano 1963. No centro, con abrigo de espiguilla, está Andrés Freire; a carón da señora do centro, da outra beira, está Bartolomé Freire; máis á dereita, co pano branco no peto da chaqueta, Benito Fernando Freire (cortesía da familia Freire)

Bartolomé Freire Lago 535

Page 14: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

desta política foi a desgravación fiscal á exportación, que supuxo duranteesta década o 15% do seu valor; a carón deste instrumento, tamén estive-ron en vigor durante estes anos créditos á exportación e ao financiamentodo capital circulante.12 mEGASA e Ferrerías de Arcade aproveitaron estaoportunidade e dirixiron ao exterior máis do 50% da súa produción deaceiro e redondos para a construción, de xeito que o porto ferrolán viusaír durante os anos setenta importantes partidas de aceiro da factoría denarón con destino aos países do norte de áfrica, do golfo Pérsico e dapropia Comunidade Europea. nos momentos de máis exportación, che-gou esta a supoñer para mEGASA o 80% da súa produción.

os apoios á exportación serviron para compensar nestes anos a caídada demanda interna que se produce a partir de 1975, e animaron os irmánsFreire a entrar, esta vez si, no segundo programa da acción concertadapara o sector siderúrxico. o trinta de xullo do 1975, mEGASA asinaría coministro de industria álvarez de miranda un compromiso de investimentode 2111 millóns de pesetas co obxectivo de aumentar progresivamente ascantidades de aceiro de produción propia que se laminaban na planta denarón ata conseguir a laminación do total da palanquilla elaborada polosfornos eléctricos da empresa. naquela altura, mEGASA producía anual-mente 70.000 toneladas de palanquilla, dos que só 30.000 se laminabanna propia factoría.

deste xeito, mEGASA substituíu a partir de 1976 os trens de laminaciónde que dispoñía, que tiñan antigüidades e orixes diversas, por un novotren danieli de última xeración, que ademais das vantaxes de produtividadeforzou a mellorar o equipo humano, o que significou contratar máis téc-nicos, e o conxunto da xestión e da organización interna da empresa. Parapermitir un uso máis intensivo da mesma instalaría tamén unha nova má-quina para coada continua de catro liñas. A revista Fomento de la Producciónocúpase naquela altura do que denomina «vasto plan de inversiones» daplanta de xuvia,13 e constata non só a mellora das instalacións senóntamén un importantísimo salto adiante no que atinxe ao emprego, queen 1976 acadaba xa a cifra de 233 operarios directos.14 A propia revista

12 nAvArro (2004).13 Fomento de la Producción (1975 e 1976).14 Servicio Sindical de Estadística (1976).

Empresarios de Galicia 536

Page 15: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

Fotografía das páxinas seguintes: Panorámica de

Megasa no ano 1963(cortesía da familia Freire)

Bartolomé Freire Lago 537

sitúa xa a mEGASA dentro do grupo das trinta maiores empresas do sectorsiderúrxico español.

A segunda acción concertada, na que mEGASA modernizou eampliou instalacións, forzou tamén a asumir algúns compromisos e nonestivo exenta de problemas. Un deles foi o perigo de reforzamento dacompetencia en Galicia e o seu ámbito máis próximo en produtos comoredondos e fíos laminados que constituían as principais partidas da pro-dución das factorías de narón e Arcade. En efecto, acolléndose ao con-curso convocado pola administración dentro do iii Plan de desarrollo nosector siderúrxico, para construción de dúas modernas aceirías, unha enGalicia e outra no Campo de xibraltar,15 constituíuse no 1974 SidE-GASA, un ambicioso proxecto dunha dimensión ben superior ao demEGASA, que incluía tamén a laminación de perfís semellantes aos queproducía esta última. SidEGASA, que debía situarse en Teixeiro (Curtis),e acollida ás axudas da Gran área de Expansión industrial de Galicia pre-tendía, cun investimento de 5000 millóns de pesetas producir anual-mente 300.000 toneladas de aceiro eléctrico e 200.000 de laminados. noseu accionariado entraban ademais de Sodiga varios bancos (Pastor, Exte-rior, Bilbao, vizcaya, Caja de Ahorros de Galicia…), así coma algunhasempresas do sector (Unión Cerrajera, nueva montaña Quijano e nerva-cero). A entrada destas últimas explicábase en función do plan do equipode López rodó de que as dúas novas plantas remataran por concentrar,unha no norte e outra no sur, a actividade do conxunto do sector dos acei-ros comúns. mEGASA viuse forzada a entrar tamén cunha pequena par-ticipación no proxecto. Pero SidEGASA, que comezou a traballar no ano1979, nacía nun contexto de excesos de capacidade instalada en Españapolo que tivo que orientarse a unha exportación na que se tivo queenfrontar a unha caída dos prezos xa no seu primeiro exercicio completode 1980. Con enormes cargas financeiras e chegando a vender por de -baixo do prezo de custo, rematou por suspender pagos xa en 1981. des-pois dun breve período no que a catalá Celsa tratou de reorientala cara áprodución de fíos laminados, remataría por pechar en 1988. mEGASA ti -vo no camiño que resistir diversas presións para fusionarse con SidE-

15 decreto 669 de abril de 1974. A planta do Campo de xibraltar nunca chegou aconstruírse.

Page 16: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate
Page 17: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

GASA, ás que os Freire se negaron repetidamente, na idea deque calquera acordo sobre o particular remataría por impli-car o peche da planta de narón.

Bartolomé Freire casara no ano 1944 na igrexa de San-tiago de vigo con maría Petra Arteta Canales, filla dun indus-trial bilbaíno establecido na cidade olívica nos anos corentaen negocios de madeiras. Aínda que a súa educación fora sómoi elemental, foi sempre consciente da importancia da for-mación, e procuraba compensar as súas carencias co exerciciodunha intensa lectura. Foi aquel seguramente o motivo poloque unha das primeiras cousas que se estableceron en mE-GASA, xa no ano 1953, foi unha escola pública, dentro do quedaquela se denominaba régimen de Protección Escolar, noque a empresa facilitaba o local para ensino e para cuarto damestra e o ministerio achegaba o salario desta última. Barto-lomé Freire potenciara nos seus fillos desde nenos o interesee a dedicación a mEGASA. non só co exemplo dun empre-sario tradicional austero, disciplinado e estrito, senón taménlevándoos frecuentemente á fábrica desde moi nenos para quese fosen familiarizando co negocio. Consciente tamén da im-portancia que para o empresario tiña o dominio de idiomas,mandou os seus catro fillos a estudar ao estranxeiro. dous de-les, José Enrique e Francisco, ao seu regreso, entraron a tra-ballar con el nas súas empresas, e pasaron paseniñamente aasumir responsabilidades xa a finais dos setenta, co seu paiaínda en exercicio. Eles garantirían, a carón dos seus tíos, acontinuidade da firma.

Esta solidez da empresa familiar, cimentada na colabo-ración e división do traballo entre os tres irmáns Freire e pos-teriormente nos seus descendentes, podería situarse, a carónda estratexia de integración vertical desde a produción doaceiro ata a distribución comercial dos seus transformados,do crecemento equilibrado entre os distintos chanzos da cadeade valor da empresa (aceiría, laminación, distribución) e damoderación á hora de asumir riscos, como unha das clavesdo crecemento da firma de narón.

539

Page 18: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

A reconversión do sector siderúrxico e o éxito de MEGASA

o crecemento da siderometarlurxia española ao abeiro da acción con-certada durante os anos sesenta e setenta dou lugar a un forte aumentoda capacidade produtiva do sector, que, a partir de 1975, no que a demandacomeza a debilitarse por mor da crise industrial e enerxética dos setenta,dará lugar a unha situación de progresiva sobreprodución. dos tres seg-mentos nos que acotío se divide o sector, siderurxia integral, siderurxianon integral de aceiros comúns e segmento dos aceiros especiais, o segundodeles ao que pertencía mEGASA foi o menos e máis tarde afectado. Pero,con todo, non saíu indemne da crise dos setenta.

os fabricantes ao forno eléctrico de aceiro común e laminados sufrironmenos a crise porque contaron durante practicamente toda a década conprezos á baixa da chatarra, un dos compoñentes máis importantes do custo,e porque puideron compensar a caída da demanda interna co recurso áexportación, grazas á desgravación fiscal ás vendas exteriores. Con todo,e contra 1980, de entre as algo máis de trinta empresas que o compoñíanexistían dous grupos de empresas diferenciados dentro deste subsector:dunha banda, as empresas que non participaran na acción concertada ouaquelas que aínda que si o fixeron, só se endebedaron moderadamente.Estas empresas mantiñan estruturas do pasivo relativamente equilibradas,aínda que tecnoloxicamente avanzaran menos cás dos segundo segmento,o das que si que participaron na acción concertada e se modernizaronmáis pero tiñan agora unhas instalacións moi modernas pero que incor-poraban excedentes de capacidade, o que repercutía gravemente sobre osseus custos financeiros e amortizacións.16 SidEGASA, creada en 1974 econ importantes instalacións no concello de Curtis, atopábase neste segundogrupo. Pola contra, os irmáns Freire estaban no primeiro.

Ante a difícil situación do conxunto do sector agromaron posiciónsmoi diverxentes nos dous grupos de empresas citados. As de menor tamañoe instalacións máis obsoletas ou cunha situación financeira menos equi-librada amosáronse partidarias de políticas de axudas individualizadas quepermitisen adiar o seu peche ou venda. Pola contra, a maior parte do ou -

16 nAvArro (1989 e 2004).

Empresarios de Galicia 540

Page 19: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

tro grupo —entre o que estaba mEGASA— era contraria a este tipo deaxudas e eran partidarios de que fose o mercado o que dixese a últimapalabra sobre a viabilidade de cada unha das empresas do sector. variasempresas deste último escindíronse da patronal Unesid e formaron unhanova organización Siderinsa, co obxectivo de defender o seu punto devista. Logo de varios meses de propostas e debate, o Goberno presentouen marzo de 1982 o Plan de reconversión industrial para o sector deaceiro común. o plan restrinxíase ás empresas que producían aceiro conforno eléctrico e que o transformaban en redondo e perfís lixeiros e tratabade axeitar a oferta á demanda, así coma ordenar e racionalizar os procesosprodutivos e a situación financeira das empresas. incluía diversas medidasfiscais e subvencións por reducións de capacidade, crédito e avais oficiais.

Esta xeira da reconversión siderúrxica —que coincide co período quecomeza nos últimos momentos do goberno de UCd e cos momentos ini-ciais do primeiro goberno socialista— representou para os irmáns Freireun auténtico revulsivo que os enfrontou a decisións transcendentais para asúa viabilidade como empresa independente do sector de fabricación deaceiro común. isto aconteceu así non só polos problemas xerais do sectoraos que xa aludimos, senón tamén porque no caso de mEGASA a reconver-sión corría parella ao final das desgravacións á exportación, esixido polaentrada na Unión Europea en 1985. Estes feitos supuxeron un duro golpepara a empresa de xuvia. A primeira das decisións importantes foi a depechar Ferrerías de Arcade, unha empresa xa daquela pequena e obsoleta,que apagou os seus fornos no ano 1984 e que se acolleu ás axudas do Plande reconversión.17 A segunda foi negarse á fusión con SidEGASA propostapolo ministerio, unha decisión que se demostrou atinada pois a empresade Curtis era precisamente unha das que presentaban unha estruturafinanceira máis problemática e unhas perspectivas máis difíciles. A terceirafoi a de emprender un forte programa de investimentos destinados a incor-porar á planta de narón os importantes avances tecnolóxicos que nos paí-ses máis avanzados en siderurxia foran xa introducidos na década anterior eque significaba practicamente a refundación da planta de xuvia e deberíaimplicar unha substancial mellora da súa competitividade.

17 nAvArro (1999: 182-184). A factoría de Arcade tiña naquela altura dous fornos eléc-tricos de só dez toneladas cada un.

Fotografía das páxinas seguintes: Panorámica de

MEGASA no ano 2004 (cortesía da familia Freire)

Bartolomé Freire Lago 541

Page 20: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

Empresarios de Galicia

nunha primeira fase, xa a comezos dos oitenta,os irmáns Freire propuxéronse aumentar a produciónpropia de aceiro, para o que realizaron importantesreformas nos dous fornos de que dispoñían que pasarona contar cunha capacidade de 15 e 50 toneladas e nosque se introduciron novas tecnoloxías, tales como ade paneis e electrodos refrixerados, saltando así dunhaprodución anual de semielaborados de arredor das70.000 toneladas a outra de 200.000. nunha segunda,e xa coincidindo co final das desgravacións á expor-tación e coa entrada de España na Unión Europea,adquiriron un novo forno eléctrico de oitenta tone-ladas, que incorporaba xa os avances relacionados coaaplicación da electrónica aos procesos siderúrxicos,e que substituía os dous antigos. Este cambio permitiuun novo salto adiante, de xeito que a produción anualda factoría de narón chegaría a acadar as 500.000 to-neladas de aceiro que, grazas aos investimentos com-plementarios que se realizan polos mesmos anos nostrens de laminación, pasará a ser transformado na súatotalidade en redondo e outros produtos finais namesma factoría.

A maduración dos plans expansivos dos irmánsFreire coincide practicamente co comezo do máisimportante pulo da construción de todo o século. Acrise dos anos setenta provocara un forte parón inmo-biliario entre os anos 1977 e 1985; co final da crisecomeza un espectacular relanzamento do sector, di-rixido primeiro pola construción non residencial, e apartir de 1990 xa por esta última.18 mEGASA —forte-mente asentada como provedora de redondos para aconstrución— nun sector que reduciu capacidadepola vía da reconversión, atópase nunha magnífica

18 CArrErAS e TAFUnELL (2005, vol. i: 467-470).

Page 21: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate
Page 22: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

posición para aproveitar o pulo construtor, ir mellorando rapidamente aestrutura do seu pasivo e mesmo xa nos anos noventa medrar tanto polavía da integración vertical coma pola da adquisición de empresas.

no ano 1993, logo da instalación o ano anterior dun tren de laminaciónde rolos, que permitía producir o redondo desta forma e non en barrascomo era tradicional, os irmáns Freire entrarán na fabricación de mallaelectrosoldada, o popular mallazo de construción, unha actividade quesó era mecanizable a partir do redondo en rolo, a través da compra dunhaempresa coruñesa, megamalla. Para evitar os conseguintes custos de trans-porte, as instalacións desta última trasladaranse a xuvia.

A expansión da fabricación de aceiros da empresa mEGASA na factoríade narón —que se produce a partir da segunda acción concertada— virátamén canda unha importante expansión das actividades de distribuciónque se desenvolven desde a outra grande empresa do grupo, Freire Her-manos. desde practicamente a segregación de ambas as dúas sociedades,quedara Andrés Freire á fronte da factoría de narón e Bartolomé e Benitoocupábanse da empresa de distribución. En 1962 establecen almacén nopolígono de Agrela. En 1988 no Polígono das Gándaras de Budiño, coobxectivo de subministrar desde alí o mercado portugués, onde se acababade establecer unha distribuidora propia baixo a denominación de FreireHermanos Portugal, S.L. En 1991 establécese novo almacén no ferrolánpolígono da Gándara, ao que se traslada a actividade do antigo de xuvia.

A importancia que o mercado portugués vai cobrando para a empresade narón fai que a comezos dos noventa se decidan os irmáns Freire aofrecerlle ao grupo vasco Aristrain a formación dunha empresa conxuntapara distribución de ferros en Portugal. En 1993 formarán así megaço, quepasará a distribuír no país veciño os produtos que antes distribuía FreireHermanos Portugal, S.L. e os do grupo vasco. En 1995 —e conxuntamenteco grupo italiano riva— mEGASA toma o control do 80% da Siderurgianacional de Produtos Largos portuguesa, que era un dos segmentos resul-tado da división por parte do Goberno portugués da antiga Siderurgianacional, e que este último decidira privatizar.

Cando no ano 1997 se produce o pasamento de Bartolomé FreiremEGASA era xa unha das dez máis importantes empresas siderúrxicas es-pañolas, e unha das maiores empresas galegas de calquera tipo. o seusalto adiante nos anos oitenta fora a cara amable da reconversión industrial

Empresarios de Galicia 544

Page 23: Empresarios de Galicia 222 - fundaciongaliciaempresa.galfundaciongaliciaempresa.gal/.../empresarios_de_galicia_vol2_c22.pdf · As forxas, que lle daban cabo ao proceso, ... Ao remate

Bibliografía

CArmonA, x., e J. nAdAL (2005): El empeñoindustrial de Galicia. 250 años de histo-ria, 1750-2000, A Coruña, FundaciónPedro Barrié de la maza.

CArrErAS, A., e x. TAFUnELL (2005): Esta-dísticas históricas de España (siglos XIX-XX), Bilbao, Fundación BBvA.

ESPinoSA dE LoS monTEroS, C. (1972):«La industria siderúrgica española», In-formación Comercial Española, núm.464.

FErnándEz dE PinEdo, E. (2008): «Planesde desarrollo y Siderurgia privada: A.H.v.(1960-1975)», IX Congreso da Asocia-ción Española de Historia Económica,murcia.

LozAno CoUrTiEr, A. (1997): «Estado, im-portación de tecnología y nacionaliza-ción de la construcción naval militar española: la Secn 1909-1935», en S. Ló-PEz, e J. vALdALiSo (eds.): ¿Qué inventenellos? Tecnología, empresa y cambio eco-nómico en la España contemporánea,madrid, Alianza.

mirAndA dÍEz, E. (1970): «El desarrollo si-derúrgico español hasta 1972», Econo-mía Industrial, núm. 80.

nAvArro, m. (1989): Crisis y reconversiónde la siderurgia española, 1978-1988, Bil-bao, Junta del Puerto de Pasajes e moPU.

— (2004): «desarrollo y concertación enlos decenios de 1960 y 1970», en m. J.GonzáLEz : Hierro y acero ante la mun-dialización: Una perspectiva histórica,Aceralia.

PorToCoBo, J. de (1949): «Las grandes in-dustrias locales. Las factorías Freire Her-manos, S. A. Una entrevista con Barto-lomé Freire».

PrAdoS dE LA ESCoSUrA, L. (2003): El pro-greso económico de España (1850-2000),Bilbao, Fundación BBvA.

SErviCio SindiCAL dE ESTAdÍSTiCA (1972):Directorio de empresas con más de 50 pro-ductores, madrid.

— (1976): Empresas con más de 50 produc-tores, madrid.

Bartolomé Freire Lago 545

na área ferrolá. mentres os estaleiros da cidade departamental vían caerradicalmente as súas cifras de emprego e un deles quedaba finalmentecondenado á inactividade, a aceiría de narón saía reforzada dos temposda crise. nos anos seguintes, a maioría das empresas do sector do aceirocomún —entre elas os dous grupos máis importantes, Ucín e Aristraín,que historicamente sempre estiveran moi por diante de mEGASA— víronseforzados a integrarse no grupo Arcelor-mittal. outros moitos seguiron oseu exemplo. mEGASA foi unha das poucas empresas que conseguironmanter a súa independencia e seguir crecendo.