afundacion · en todo o mundo ao cultivo da vide. Conta cun Museo de Instrumentos Musicais e a...

4
Viaxes +60 Afundación Cruceiro polo Rhin Do 14 ao 21 de maio afundacion.org

Transcript of afundacion · en todo o mundo ao cultivo da vide. Conta cun Museo de Instrumentos Musicais e a...

Page 1: afundacion · en todo o mundo ao cultivo da vide. Conta cun Museo de Instrumentos Musicais e a célebre Drosselgasse, onde se dan cita turistas e xente do lugar para degustar o bo

Viaxes +60 AfundaciónCruceiro polo RhinDo 14 ao 21 de maio

afundacion.org

Page 2: afundacion · en todo o mundo ao cultivo da vide. Conta cun Museo de Instrumentos Musicais e a célebre Drosselgasse, onde se dan cita turistas e xente do lugar para degustar o bo

Luns 14 de maio SANTIAGO DE COMPOSTELA - COLONIATraslados desde cada Espazo +60 ao aeroporto de Santiago. Trámites de facturación e embarque. Ás 13.20 h saída do voo de IBERIA con destino Frankfurt, vía Madrid. Chegada ás 18.40 h e traslado ao porto. Embarque en M.S. SWISS PEARL en céntrico porto fluvial. Tempo libre e/ou animación. Aloxamento a bordo.

Martes 15 de maio COLONIA-BONNVisita a pé en Colonia, cuarta cidade máis populosa de Alemaña e na que destaca, entre outras cousas, a súa impoñente catedral gótica, en que se gardan numerosas obras de arte e unha arqueta cos restos dos Reis Magos. Regreso ao barco. Pola tarde, posibilidade de volver a Colonia, gozar das instalacións do barco ou realizar a excursión opcional a Dusseldorf que se ofrecerá a bordo. Copa de benvida e presentación da tripulación.Tempo libre e/ou animación. Aloxamento a bordo. Navegación a Bonn..

Mércores 16 de maio BONN-LINZChegada a Bonn de madrugada. Visita a pé pola cidade de Beethoven e antiga Capital Federal de Alemaña. Navegación. Chegada pola tarde a Linz. Visita a pé desta típica cidade medieval alemá, á que se accede pola porta dos restos da súa muralla. Tempo libre e/ou animación. Aloxamento a bordo. (Navegación nocturna).

Xoves 17 de maioCOCHEM (MOSELA)Tomamos a variante do Río Mosela, que suca serpeante entre altos vales rodeados de viñedos.

A media mañá chegamos a Cochem, «burgo» medieval que, ao pé do maxestuoso Castelo Imperial (Reichburg), preserva como ningún outro o seu importante pasado xermánico. Visita a pé e tempo libre. Regreso ao barco. Tempo libre e/ou animación. Aloxamento a bordo. (Navegación nocturna).

Venres 18de maio COBLENZA (KOBLENZ) -KÜDESHEIMChegada a primeira hora a Coblenza. Visita a pé pola cidade fundada polos romanos, situada na confluencia dos ríos Mosela e Rhin. Na súa igrexa de S. Castor negociouse , por parte dos descendentes de Carlomagno, a repartición do Imperio. Foi posesión do príncipe-elector de Tréveris e un importante centro económico do Rhin na Idade Media. Existen numerosas igrexas, destacando a da Nosa Señora, en que se mestura o románico, gótico e barroco. Nun patio do Concello, que é o antigo colexio dos xesuítas, atópase o símbolo da cidade: o Schängelbrunnen. Ao outro lado do Rhin e en fronte da foz do Mosela, érguese a impoñente fortaleza de Ehrenbreitstein.Regreso ao barco. Continuamos ata Rüdesheim, gozando da impresionante paisaxe que nos ofrece o Val do Loreley, cos seus castelos en ambas as ribeiras do Rhin. Tempo libre e/ou animación. Aloxamento a bordo.

Sábado 19 de maio RÜDESHEIM - MAGUNCIA (MAINZ) Visita a pé por Rüdesheim, que debe a súa fama en todo o mundo ao cultivo da vide. Conta cun Museo de Instrumentos Musicais e a célebre Drosselgasse, onde se dan cita turistas e xente do lugar para degustar o bo viño da rexión. Sobre a cidade e á beira de Niederwald atópase o famoso

Page 3: afundacion · en todo o mundo ao cultivo da vide. Conta cun Museo de Instrumentos Musicais e a célebre Drosselgasse, onde se dan cita turistas e xente do lugar para degustar o bo

monumento de Xermania, que conmemora a unificación alemá baixo o Emperador Guillerme I. Regreso ao barco. Navegación. Chegada despois do mediodía a Maguncia, Capital do Estado de Renania-Palatinado, sede bispal e patria de Gutenberg. Na súa catedral, unha das tres xoias románicas do Rhin, coroáronse, nos séculos XI e XII, sete emperadores, e o seu arcebispo foi Chanceler do Sacro Imperio. Ademais, hai que salientar o Pazo Bispal e a Igrexa de Santo Estevo. Realizaremos unha visita a pé. Tempo libre e/ou animación. Aloxamento a bordo.

Domingo 20 de maio MAGUNCIA (MAINZ) - WORMS - HEIDELBERG SPIRA (SPEYER) Chegada a Worms e visita a pé por esta cidade de gran legado histórico medieval, onde destaca a catedral. Tempo libre. Excursión en autobús a Heidelberg con comida, sobre o Río Neckar (afluente), cidade caracterizada polo seu ambiente universitario, o seu castelo semiderruído, a súa romántica ponte de pedra e o ambiente animado

das súas rúas peonais. O autobús regresa directamente a Spira (Speyer) onde agarda o barco. Se non realizou a excursión, navegación ata Spira. Chegada a esta xoia do medievo coa súa histórica catedral (S. XI), nomeada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. Cea de despedida e festa a bordo. Aloxamento a bordo. (Navegación nocturna).

Luns 21 de maioESTRASBURGO – MADRID - SANTIAGO Chegaremos pola mañá ao porto fluvial de Estrasburgo (Capital de Alsacia- Francia). Desembarque ao redor das 9.00 h aprox. Excursión a Estrasburgo con comida incluída. Traslado ao aeroporto. Ás 18.40 h saída do voo cara a Santiago, vía Madrid. Chegada a Lavacolla ás 23.50 h. Traslados aos Espazos +60.

Page 4: afundacion · en todo o mundo ao cultivo da vide. Conta cun Museo de Instrumentos Musicais e a célebre Drosselgasse, onde se dan cita turistas e xente do lugar para degustar o bo

PREZOSoci@s ABANCA: 1.699 € Soci@s: 1.869 €Suplemento individual: 790 €Prezos baseados nun mínimo de 45/50 participantes.No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custe do suplemento individual.

O PREZO INCLÚETraslados dos Espazos +60 ao aeroporto de Santiago (ida e volta)Voos desde / a en clase turista (ida e volta) con Iberia:14/05 SANTIAGO (13.20) – MADRID (14.35/16.00) – FRANKFURT (18.40)21/05 BASILEA (18.40) – MADRID (20.50/22.40) – SANTIAGO (23.50)Facturación dunha maleta de 23 Kg por persoaTraslados aeroporto/porto/aeroporto7 noites de Cruceiro no barco M.S. Swiss Pearl en cabina de cuberta principal dobre exterior climatizada, con ducha e WC, na cuberta elixida.Persoal e animación a bordo de nacionalidade ESPAÑOLA. Festas temáticas con músico a bordo e animación diaria en español.Réxime alimenticio pensión completa a bordo (primeiro servizo, cea; último servizo, almorzo). Gastronomía de alta calidade con selección de menús diarios (Sistema bufete, excepto algunhas ceas servidas). E con café e té de balde despois das comidas.Excursión a Estrasburgo e Heilderberg con comida incluída e unha bebidaPaquete de bebidas a bordo (inclúe auga, viño e refrescos) Visitas a pé por Colonia, Bon, Linz, Cochem, Coblenza, Rüdesheim, Maguncia e Worms con guía de fala hispana, entradas ás catedrais e audio individual.Guía acompañante, durante todo o percorrido, de fala hispanaSeguro de viaxe (inclúe cancelación),bolsa e guía de peto

O PREZO NON INCLÚEExtras como servizos de lavandería, mini bar, etc.Calquera outro servizo que non apareza especificado no apartado O PREZO INCLÚE.Propinas (non son obrigatorias)

INSCRICIÓNDo 8 de febreiro ao 8 de marzo

INFORMACIÓN E RESERVASEspazos +60 Afundación ou Halcón Viajes C/Federico Tapia, 13 - A Coruña. 981228609

Organiza