Extracción, conservación e manipulación de leite materno

26
EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN E MANIPULACIÓN E MANIPULACIÓN DE LEITE MATERNO DE LEITE MATERNO

Transcript of Extracción, conservación e manipulación de leite materno

Page 1: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

EXTRACCIÓN, CONSERVACIÓNEXTRACCIÓN, CONSERVACIÓN

E MANIPULACIÓN E MANIPULACIÓN

DE LEITE MATERNODE LEITE MATERNO

Page 2: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

¿POR QUE EXTRAER LEITE?

Para aliviar o peito

En caso de ingurxitación, obstrucción ou mastitis

Para bebés prematuros ou enfermos

Para aumentar ou manter a producción de leite

Para suplementar a bebés de baixo peso

Para a lactancia diferida

Para alimentar ó bebé durante as horas de traballo

Para relactar ou inducir a lactancia

Page 3: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

CONCILIACIÓN TRABALLO-LACTANCIA

Non tan difícil como parece, e moi gratificante:

Podemos manter a LME ou LMP

Sabemos que seguimos a darlle o mellor

Compensamos esas horas separadas do bebé dándolle teta ó volver

Dereito á HORA DE LACTANCIA:

-Ata os 9 meses (12 meses para funcionarias)

-Dereito a 1 hora no medio da xornada, ou a variar ½ hora a entrada/saída

-Posibilidade de acumulala á baixa maternal

Page 4: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

CONCILIACIÓN TRABALLO-LACTANCIA

Tres posibilidades: Podo ir darlle de mamar (casa, guarde...)

Poden traermo ó traballo (para darlle alí, ou nun sitio cómodo cercano)

Lactancia en diferido: daranlle o meu leite extraído a xornada anterior

Técnicas de extracción: De xeito manual Con sacaleites

Page 5: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

TÉCNICAS DE EXTRACCIÓN:pasos previos

1. Hixiene (mans e entorno)

2. Relaxación

3. Pensar no bebé para estimular o reflexo de oxitocina (foto ou prenda)

3. Se é posible, aplicación de calor (p.ex. ducha, toalla quente, semillas...)

4. Masaxe:

-Circular por toda a mama, sen mover a man

-Frotar hacia o pezón

-Estimulación de areola e de pezón

-Sacudir os peitos hacia adiante

Page 6: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

MASAXE ANTES DA EXTRACCIÓN

Page 7: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

TÉCNICA MANUAL Natural e máis agradable

que con sacaleites, pero require coller práctica

Normalmente úsase para:

aliviar a conxestión obter pequenas cantidades cando non nos estimula

ben o sacaleites

Page 8: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

TÉCNICA MANUAL http://www.youtube.com/watch?v=QGl4TN1sJAI

Colocar a man en forma de “C” a uns 4 cm por detrás do pezón.

Presionar hacia atrás, sen separar os dedos

Rodar os dedos hacia o pezón

Repetir rítmicamente

Cambiar de peito ós 5-7 minutos (3 extraccións en cada un)

Page 9: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

TÉCNICA MECÁNICA SACALEITES MANUAL

(de cilindro, de palanca)

Máis barato Máis fácil de

transportar Require máis esforzo Para extraccións

ocasionais

SACALEITES ELÉCTRICO (sencillo ou dobre)

Máis caro Un pouco máis

grande Máis fácil de utilizar Máis eficaz, extrae

máis leite

Page 10: Extracción, conservación e manipulación de leite materno
Page 11: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

COMO USAR O SACALEITES

Estimulación previa

Imitar a “chamada do leite”

Cando saian gotas, cambiar a un bombeo máis largo e uniforme

Cando o leite disminúa (5-7 minutos), cambiar de peito

Usar o extractor en cada lado un total de 10 minutos

Ó acabar, lavar con auga quente e xabón (acepta lavavajillas a 60°C ), e secar

Esterilización ocasional: 10 minutos en auga fervendo

Page 12: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

¿CANDO EXTRAER LEITE? Os mellores

momentos son:

A primeira hora da mañá

Durante a toma do bebé, ou xusto despois

En xeral, cando se dispoña de tempo

e dun ambiente relaxado

Frecuencia de extracción:

Recién nacido: o máis frecuente que sexa posible

Bebé menor de 4 meses: repartir a hora de lactancia en 3 veces

Bebés + 6 meses: 1-2 extraccións nas 8 horas

Page 13: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

ALMACENAMENTO: ENVASES O IDEAL:

Envases de cristal ou polipropileno (botes con tapa de rosca para uso alimentario)

PRÁCTICO, PERO CON RISCOS:

Bolsas para leite, bolsas de conxelación e bolsas de cubitos.

Page 14: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

CONSERVACIÓN NA NEVEIRA

Gardar leite en pequenas cantidades (50-60-100 ml)

Etiquetar os envases: data e cantidade

Para conservala durante a xornada de traballo: manter nunha neveira portátil con bloques de conxelación.

Se dispoñemos de neveira normal, poñer na parte máis fría, e nunca na porta!

Page 15: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

CONSERVACIÓN NO CONXELADOR

Para conxelar, deixar que antes enfríe

Non encher de todo os envases (poden rebentar)

Se se utiliza bolsa, metela nun recipiente sólido para protexela de pinchazos, olores e contaminación.

Podemos xuntar leite de distintas extraccións, sempre que a cantidade engadida non supere á xa conxelada.

Page 16: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

CONSERVACIÓN DO LEITE

temperaturaambiente

neveiraconxelador ata -19°C

conxelador menos 19°C

RecénExtraído

6-8 h 4 días 4 meses 6 meses

Desconxelado na neveira

1 hora 24 horas non volver conxelar

non volver conxelar

desconxelado en auga quente

ata final da toma

4 horas non volver conxelar

non volver conxelar

Page 17: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

MANIPULACIÓN DO LEITE É moi importante manter unha hixiene correcta

Desconxelar primeiro o leite máis antigo

O ideal é cambiar o envase para a neveira o día anterior

Se ten urxencia, desconxelar ó Baño María, metendo o envase de leite nun recipiente con auga quente (nunca poñer directamente ó lume).

O microondas é útil, pero non abusar (as ondas eliminan a vitamina C). Ollo coa temperatura, porque non quenta de maneira uniforme e podémonos enganar.

Page 18: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

MANIPULACIÓN DO LEITE Pódese xuntar varias unidades de leite desconxelado para

conseguir a cantidade necesaria

Ós bebés gústalles o leite a temperatura ambiente ou templadiño.

O leite almacenado forma 3 capas e toda a grasa ascende

ata a parte superior, polo que hai que axitalo antes de darllo ó bebé

Ás veces o leite desconxelado cheira a rancio pola acción das lipasas, a algúns bebés non lles importa, pero outros non o queren. Pódese evitar escaldando o leite antes de conxelalo.

O que sobre da toma non se pode aproveitar para outra vez.

Page 19: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

FORMAS DE ADMINISTRACIÓN

Biberón

Biberón con método Kassing

Cuchara

Biberón-cuchara

Finger-feeding

Relactador ou suplementador

Paladai

Vaso

Page 20: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

BIBERÓN MÉTODO KASSING Recrea a lactancia natural: esforzo, estimulación, enganche Facilita a respiración, é útil en bebés con refluxo Bebé incorporado, non tumbado Tetina larga (de polo menos 18 mm), blanda e redonda (non

anatómica) Estimular reflexo de búsqueda O bebé debe facer o esforzo de succionar en todo momento, sen que

o leite caia solo O bebé controla a cantidade e ritmo de succión Deixar que faga 5-6 succións, retirar da boca e volver estimular o

reflexo de búsqueda

Page 21: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

Cuchara, biberón-cuchara Cuchara: bebés

pequeniños (suplemento), fai falta paciencia e coordinación

Biberón-cuchara: moi fácil de usar!

Page 22: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

Finger-feeding (xeringa-dedo)

Rápido e eficaz Para bebés moi pequenos ou con

confusión pezón-tetina Dedo na boca do bebé, sen sobrepasar

o primeiro tercio da lingua, apoiado na zona alveolar superior.

Cando empece a mamar dodedo, coa outra man poñemos a punta da xeringasobre o labio inferior, eimos vertendo leite.

Page 23: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

Relactador ou suplementador Recipiente que se colga do

pescozo, do cal saen dúas sondas que chegan a cada pezón. Os tubos son pequenos e suaves, e pasan desapercibidos para o bebé.

Indicado para relactación e para bebés que apenas succionan.

O bebé toma o leite do relactador ó mesmo tempo que que mama, polo que se estimula a producción de leite da nai

Page 24: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

Paladai e vaso Paladai: recipiente cun canaliño

para o leite, moi práctico

Vaso: simple, barato, fácil e moi ben aceptado.

Vaso sobre os labios, de forma que o leite apenas alcance a tocalos, e o vaso quede apoiado no labio inferior co borde tocando a parte externa do superior

Os bebés de baixo peso levan o leite á súa boca coa lingua, e os bebés maiores saben succionala.

Page 25: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

TRUCOS E RECOMENDACIÓNS

É recomendable comezar a extraer leite un par de semanas antes de volver ó traballo

Concentrarse na foto do bebé axuda á subida do leite.

Moitos nenos aproveitan as horas de traballo de mamá para durmir, e recuperan o tempo perdido despois mamando moito.

Moitas mamás madrugan uns minutos máis para dar a última toma e tamén para sacar leite antes de ir traballar, pois a primeira hora da mañá é máis fácil sacarse cantidades.

En bebés grandes a extracción de leite xa non é tan importante, pois algunhas tomas poden ser sustituídas por outros alimentos.

Se o bebé mostra fame cando falta pouquiño para que chegue mamá, é mellor darlle a mínima cantidade posible, para que de alí a un ratiño os dous disfruten ó máximo da lactancia natural.

Page 26: Extracción, conservación e manipulación de leite materno

O teu bebé sentirase feliz á volta da súa mami...

e o contacto pel con pel recompensaravos os dous trala separación!!

¿Ocórreseche algún vínculo máis estreito¿Ocórreseche algún vínculo máis estreito

que o que estableces co teu fillo cando mama?que o que estableces co teu fillo cando mama?