Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no...

10
Facultade de Bioloxía Búscanos en :

Transcript of Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no...

Page 1: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

Facultade de BioloxíaBúscanos en :

Page 2: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

∼ FACULTADE DE BIOLOXÍA ∼A Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo é unha institución nova na

que se imparten os estudos de Bioloxía dende o ano 1990, data na que sefundou a Universidade de Vigo. Inicialmente a Facultade impartiu os estudosde Licenciatura en Bioloxía, cursados por 17 promocións de titulados. A partirde 2009 e seguindo as directrices do Espazo Europeo de Educación Superior(EEES), comezouse a impartir o Grao de Bioloxía, titulación plenamenteconsolidada na actualidade e cunha elevada demanda social. A Facultadetamén oferta varios títulos universitarios de máster, que se complementancunha variedade de programas de doutoramento do ámbito da bioloxíaofertados pola Universidade de Vigo

Situada no Campus Universitario de AsLagoas-Marcosende, no municipio de Vigo,a Facultade de Bioloxía dispón de modernasinfraestruturas e tecnoloxías en aulas elaboratorios experimentais. Posúe un amplopersoal de profesores, a maioría delesdoutores, que fan da investigación uncomplemento excelente para a docencia.

A nosa facultade conta cun selo decalidade outorgado pola Axencia para aCalidade do Sistema Universitario de Galiciapola implantación do Sistema de GarantíaInterno de Calidade.

Page 3: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

Grao en Bioloxía

Orientación investigadora e profesionalA titulación de Bioloxía posibilita que o estudante se forme nun

ambiente práctico, no que aplica os coñecementos adquiridos aosámbitos onde normalmente desenvolve a súa actividade profesional:sanidade (biomedicina), industria e servizos produtivos (biotecnoloxía),novas tecnoloxías (bioinformática), medio ambiente (biodiversidade,xestión e control medioambiental), e procesos de control de calidade.

A formación orientada facilita a inserción laboral do biólogo quetraballa e investiga en sectores estratéxicos e de grande proxecciónsocial. A ampla formación básica e actualizada do biólogo taménposibilita a súa dedicación a tarefas de investigación, divulgacióncientífica e relacionadas coa formación e docencia.

Ámbi

to: c

ient

ífico

Du

raci

ón: 4

cur

sos

Créd

itos E

CTS:

240

Pr

azas

:75

no p

rimei

ro cu

rso

Formación especializada en Bioloxía O Grao en Bioloxía proporciona unha formación especializada e

enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no quehabitan, orientada á preparación para o exercicio da profesión debiólogo.

Os alumnos do Grao adquiren os coñecementos necesarios pararecoñecer e identificar organismos vivos, os seus niveis de organización ea diversidade biolóxica: o concepto e orixe da vida, a estrutura químicados organismo vivos, a xenética e os mecanismos da herdanza, abiodiversidade e a evolución. Os alumnos aprenden a recoñecer eidentificar as funcións dos organismos e os mecanismos relacionados cometabolismo, a sinalización celular e aqueles que permiten a regulación eintegración dos procesos fisiolóxicos.

Así mesmo, os estudantes son capaces de identificar e comprender osprocesos de adaptación dos seres vivos ao seu ambiente, incluíndo omedio físico, a estrutura e dinámica de poboacións e comunidades, e ointercambio de materia e enerxía. Finalmente, aprenden a utilizarferramentas estatísticas e informáticas e desenvolven a capacidade deanálise e de razoamento crítico expondo solucións a problemas e casosde base biolóxica. Ao longo dos seus estudos, os alumnos fomentan a súacapacidade expositiva, de organización de tarefas e de traballocolaborativo.

Plan de Estudos

Page 4: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

As prácticas externas curriculares están orientadas acompletar e reforzar as competencias asociadas ao título.Realízanse nun entorno laboral e profesional realrelacionado con algún dos ámbitos da bioloxía, baixo asupervisión dun titor na entidade colaboradora e un titoracadémico na Facultade de Bioloxía. Esta materia, decarácter optativo, aporta unha visión da profesión debiólogo aos estudantes, permitindo manter o contactodirecto entre a facultade e o mundo profesional.

Ofrécese ademais a posibilidade de realizar prácticasexternas extracurriculares, de deseño similar áscurriculares, pero en horario non lectivo. O alumno podecon estas prácticas complementar a súa formación enempresas do seu interese e relacionadas coa titulación.

Na actualidade existen convenios con máis de 50empresas e institucións e organismos públicos e privados,nos diferentes ámbitos nos que capacita a profesión dobiólogo.

Prácticas Externas Traballo Fin de Grao

O “Traballo Fin de Grao” ten como obxectivo que o alumnadopoña en práctica os coñecementos e as competencias e habilidadesadquiridas durante todo o período da súa formación académica.

A materia Traballo Fin de Grao implica a realización por parte doalumno dun traballo individual relacionado con algún dos múltiplesámbitos do mundo laboral propios do biólogo, sempre baixo asupervisión dun titor académico.

Esta materia realízase en laboratorios da Facultade ou enempresas e outras institucións externas. O alumno presenta o seuproxecto final mediante unha memoria escrita que defendeoralmente ante un tribunal.

A Facultade ten completamente implantado un Plan de accióntutorial, que asegura a tódlos estudantes o apoio continuo duntutor académico que os orienta e aconsella durante a súaestancia no centro.

Orientación e apoio ao estudante

Page 5: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

Para completar a formación dos alumnos graduados, aFacultade de Bioloxía dispón dunha ampla oferta de estudosde posgrao. Así mesmo, estes títulos permiten actualizar emellorar a formación a profesionais que están exercendounha actividade laboral relacionada coas Ciencias Biolóxicas.

Os alumnos reciben unha formación avanzada, xa sexapara a súa inserción no mercado laboral, como para o seuacceso a un programa de doutoramento conducente aotítulo de doutor.Na actualidade a Facultade de Bioloxía ten adscritos 7mestrados oficiais que abarcan unha ampla variedade decontidos que permiten complementar a formación dobiólogo especialista. Así mesmo ofértase un mestrado deformación de profesorado que habilita para o desempeñoda función docente na ensinanza secundaria e a formaciónprofesional.

Estudos de Posgrao Mestrado en Biotecnoloxía AvanzadaMestrado interuniversitario (UVI- UDC)

Proporciona ao alumno unha formación avanzada enBiotecnoloxía, de carácter especializado e multidisciplinar. Oobxectivo é dobre: por un lado, trátase de formar profesionaispara a industria biotecnolóxica e/ou actualizar e mellorar oscoñecementos dos profesionais xa dedicados a esta actividade;por outra banda, fórmanse novos investigadores para incorporaren equipos de investigación de centros públicos e empresas.http://masterbiotecnologiaavanzada.com/

ACTIVIDADE PROFESIONALACTIVIDADE ACADÉMICA -

INVESTIGACIÓN

Nº de prazas : 30 (15 na UVI e 15 na UDC )

Tipo de ensinanza: presencial

Periodicidade da oferta: anual

Duración: 90 ECTS

Mestrado en Bioloxía MariñaMestrado interuniversitario (UVI- UDC- USC)

Na súa orientación profesionalizante o mestrado busca aformación de novos especialistas e a actualización de profesionaisdo sector, na avaliación, a xestión e a correcta explotación dosrecursos mariños vivos, para garantir a súa sustentabilidadeeconómica, biolóxica e medioambiental. Na súa orientaciónacadémica contempla a formación de persoal docente einvestigador no campo da Bioloxía Marina. As prácticas externasen institucións e empresas oriéntanse ás preferencias laborais doalumno, e constitúen un impulso profesional de demostrado valorengadido.http://masterbiologiamarina.uvigo.es/

Nº de prazas : 30 (10 na UVI, 10 na USC e 10 na UDC)

Tipo de ensinanza: presencial

Periodicidade da oferta: anual

Duración: 90 ECTS

Page 6: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

É un mestrado interdisciplinar quecontempla unha especialidadebásica e outra clínica. A primeiraestá dirixida á comprensión dofuncionamento do sistemanervioso. A segunda está dirixida áinvestigación das patoloxías dosistema como Parkinson,Alzheimer, entre outras.

Mestrado en AcuiculturaMestrado interuniversitario (UVI- USC- UDC)

Proporciona ao estudante unha formación avanzada, específica emultidisciplinar orientada á formación académica, investigadora eprofesionalizante en Acuicultura. O alumno adquirecoñecementos, destrezas e aptitudes que lle permitirán deseñar elevar a cabo investigación no campo da acuicultura, xestionar econtrolar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seuimpacto ambiental e responder ás necesidades de I+D+i do sector,implementando estratexias para o futuro desenvolvemento daindustria.http://www.usc.es/macuicg/

Nº de prazas : 30 (10 en UVI, 10 en UDC e 10 en USC)

Tipo de ensinanza: presencial

Periodicidade da oferta: anual

Duración: 90 ECTS

Mestrado en NeurocienciaMestrado interuniversitario (UVI- USC- UDC)

Nº de prazas : 50 ( 10 en UVI, 30 en USC e 10 en UDC)

Tipo de ensinanza: presencial

Periodicidade da oferta: anual

Duración: 120 ECTS

O Mestrado en Neurociencia pretende formar investigadoresque colaboren no futuro á resolución do grande número deenfermidades relacionadas co sistema nervioso.

http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/

Mestrado en Xenómica e XenéticaMestrado interuniversitario (UVI- USC)

Aporta o coñecemento para o desenvolvemento de novosprodutos biotecnolóxicos, novos fármacos, a mellora da saúdehumana e animal, a conservación e manexo de plantas e animais,o control de parasitos e microorganismos, así como a comprensióndos fenómenos evolutivos do pasado e do presente de todos osorganismos vivos.

http://www.usc.es/masteres/es/masteres/ciencias-salud/genomica-genetica

Nº de prazas : 30 (20 modaliade presencial e 10 semipresencial)

Tipo de ensinanza: presencial e semipresencial

Periodicidade da oferta: anual

Duración: 60 ECTS

Mestrado en Biodiversidade terrestre: caracterización, conservación e xestiónMestrado interuniversitario (UVI- USC-UDC)

Proporciona ao alumnado unha formación avanzada eespecializada nestes estudos.

O obxectivo é formar profesionais paraempresas de Consultoría Ambiental,Empresas Ambientais e Administracións emellorar os coñecementos dos profesionaisxa dedicados a esta actividade. Ademaisfórmanse novos investigadores paraincorporar en equipos de investigación decentros públicos e empresas relacionados coacaracterización, a conservación e a xestión dabiodiversidade terrestre.

http://www.usc.es/masteres/es/masteres/ciencias/biodiversidad-terrestre-caracterizacion-conservacion-gestion

Nº de prazas : 30 ( 10 en UVI, 10 en USC e 10 en UDC)Tipo de ensinanza: presencialPeriodicidade da oferta: anualDuración: 90 ECTS

Page 7: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

Mestrado para o Profesorado de E.S.O., Bacharelato, F.P. e Ensino de IdiomasMestrado universitario (UVI)

A súa misión é formar profesionais capaces de desenvolver oseu traballo nos ámbitos da orientación e do ensino.

É unha titulación necesaria para acceder a ser profesor deeducación secundaria, bacharelato e formación profesional,tanto en centros públicos coma privados.

Nº de prazas : 280 (20 para Bioloxía)Tipo de ensinanza: presencialPeriodicidade da oferta: anualDuración: 60 ECTS

http://mpe.uvigo.es/index.php?lang=es

Page 8: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

Estudos de DoutoramentoOs estudos de doutoramento son a etapa final da formación

académica e conducen á obtención do título de doutor. Aestrutura formativa dos programas de doutoramento inclúe arealización de cursos e unha etapa de investigación na que oalumno desenvolve a Tese Doutoral.

Na Universidade de Vigo, os programas de doutoramentodependen administrativamente da Escola Internacional deDoutoramento, pero manteñen unha forte vinculación coscentros onde desenvolven as súas actividades formativas e deinvestigación.

Na actualidade distintos programas de doutoramentomanteñen un estreito vínculo coa Facultade de Bioloxía, todoseles cunha forte orientación á investigación de procesosrelacionados coa bioloxía e as súas aplicacións.

Biotecnoloxía Avanzada

Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida

Neurociencia e Psicoloxía Clínica

Nanomediciña

Endocrinoloxía

Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión (Do*Mar)

Actividade InvestigadoraA investigación constitúe unha importante actividade da

Facultade de Bioloxía. A actividade investigadora lévase a cabo pordiferentes Grupos de Investigación onde se integraninvestigadores que traballan nos distintos ámbitos da bioloxía.

A Facultade conta con laboratorios das distintas especialidadesdotados de modernos equipos científico-tecnolóxicos queposibilitan a investigación de alto nivel. Así mesmo, os grupos deinvestigación afincados na facultade contan co apoio científicodoutros centros da propia Universidade de Vigo, como son oCentro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI), aEstación de Ciencias Marítimas de Toralla (ECIMAT) e o Centro deInvestigación Biomédica (CINBIO). É por iso que os estudantes queacceden á Facultade de Bioloxía se integran nun espazo científicoonde se realiza unha investigación de excelencia con grandeproxección nacional e internacional.

Page 9: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

Programas de MobilidadeUnha das prioridades da Facultade de Bioloxía é promover a movilidade

dos nosos estudantes. Neste sentido, a facultade participa activamente nosprogramas oficiais de mobilidade, fundamentalmente no marco dosprogramas SICUE e Erasmus.

Para o programa SICUE, o labor de xestión na Facultade está a cargo doVicedecanato de Relacións Externas. Os estudantes que se acollen a esteprograma deben asinar un acordo académico no que se establecen asmaterias que o estudante cursará na universidade de destino e as materiasda Universidade de Vigo que lle serán recoñecidas.

No caso do programa Erasmus, a xestión xeral do programa é levada a cabopola Oficina de Relacións Internacionais (ORI), en colaboración coVicedecanato de Relacións Externas. Os estudantes que se acollen a esteprograma deben asinar un “learning agreement” ou acordo académico antesde iniciar o intercambio. Neste acordo establécense as materias queO estudante cursará na universidade de destino e as materias daUniversidade de Vigo que lle serán recoñecidas.

Erasmus plus:Consiste na realización dunperíodo de estudos (unsemestre ou o cursocompleto) nunhauniversidade doutro paíseuropeo, con totalrecoñecemento académicodos estudos realizados.

Erasmus prácticas:Realización dun período deprácticas (de entre 3 e 12meses) en empresas,centros de formación,centros de investigación eoutras organizacións doutropaís europeo.

SICUE:Programa de mobilidade entrecentros universitariosEspañoles. Permite realizar unperíodo de estudos (unsemestre ou un cursocompleto) noutra universidadeespañola, con garantía derecoñecemento académico.

MOVILIDADE

¿Onde podo ir estudar?

España

SICUE

CalqueraUniversidade

con Grao en Bioloxía

Europa

ERASMUS +

35 plazas anuais

Resto do mundo

Outrosprogramas

Diversas universidades

de EEUU

ISEP Programas propios UVI

Page 10: Facultade de Bioloxíabioloxia.uvigo.es/docs/facultad/Guia_Facultade_Bioloxia_gl.pdf · enfocada no estudo dos seres vivos e a súa relación co medio no que habitan, orientada á

Instalacións docentes e servizos

Biblioteca actualizada

cunha moderna sala de lectura e

estudo

Laboratorios de docencia equipados para cada unha das áreas de coñecemento

Cafetería e comedor no propio centro

Salón de actos para

máis de 300 persoas

∼ FACULTADE DE BIOLOXÍA ∼

Aulas docentes con equipos de

proxección

Laboratorios de investigación de diferentes especialidades

Aulas de videoconferencia

Aula de informática

Rede WIFI en todo o edificio