FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf ·...

10
1 FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA) Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca. 1. CLAVE DE IDENTIFICACIÓN: GA 36 024 026 Adscrición tipolóxica: Castro Adscrición Cultural: Idade de Ferro 2. LOCALIZACIÓN Nome: CASTRO DE VEIGA / CASTRO DA PONTE Topónimo: Provincia: Pontevedra Concello: Lalín Parroquia: Veiga (San Ramón) Lugar: A Ponte CARTOGRAFÍA Coordenadas (Datum ETRS89) UTM: Fuso 29 Coord. x: 576.167 Latitude: 42° 42' 19,275" N Coord. y: 4.728.515 Lonxitude: 8° 4' 11,860" O Nº MAPA Esc. 1/10.000: 122 - 42 Esc. 1/5.000: 0122A-0306 (malla anterior: 0122 6-3) ACCESOS Dende Lalín tómase a N-640 en dirección Agolada. Percorridos uns 5,5 km. ábrese, á man dereita (no lugar de As Lamas), un desvío que conduce ós lugares de Carballeda e A Veiga. Tomámolo e pasados 685 m. tómase a estrada, á man dereita, que leva a A Veiga pasando pola poboación de Ponte da Veiga. Uns 365 m despois de pasar A Ponte da Veiga, no pequeno núcleo de San Ramón, tómase un camiño asfaltado á man dereita (en dirección oeste). O castro atópase á man dereita deste camiño a uns 500 m. dende o cruce. Para acceder ó castro pódese tomar un camiño de terra que se abre á man dereita e discorre entre unhas leiras. Primeiro hai que seguir una dirección NNW e despois duns 100 m. xirar cara ó ENE. 3. CARACTERÍSTICAS DO EMPRAZAMENTO Altitude: 617 m.s.n.m. Emprazamento topográfico: Cumio dunha lomba de orientación NW-SE sobre o Rego de Veiga. Utilización do entorno: Terras de cultivo e prados. Masa boscosa no entorno mais inmediato. Fundamentalmente trátase de arborado autóctono, carballeiras.

Transcript of FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf ·...

Page 1: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

1

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

1.  CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  026  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro

2.  LOCALIZACIÓN    

Nome:   CASTRO DE VEIGA / CASTRO DA PONTE

Topónimo:  

Provincia:   Pontevedra

Concello:   Lalín

Parroquia:   Veiga (San Ramón)

Lugar:   A Ponte

CARTOGRAFÍA  

Coordenadas    (Datum  ETRS89)      

UTM:  Fuso  29  Coord.  x:     576.167 Latitude:   42° 42' 19,275" N

Coord.  y:     4.728.515 Lonxitude:   8° 4' 11,860" O

 

Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   122 - 42 Esc.  1/5.000:   0122A-0306 (malla anterior: 0122 6-3)

ACCESOS  

Dende Lalín tómase a N-640 en dirección Agolada. Percorridos uns 5,5 km. ábrese, á man dereita (no lugar de As Lamas), un desvío que conduce ós lugares de Carballeda e A Veiga. Tomámolo e pasados 685 m. tómase a estrada, á man dereita, que leva a A Veiga pasando pola poboación de Ponte da Veiga. Uns 365 m despois de pasar A Ponte da Veiga, no pequeno núcleo de San Ramón, tómase un camiño asfaltado á man dereita (en dirección oeste). O castro atópase á man dereita deste camiño a uns 500 m. dende o cruce. Para acceder ó castro pódese tomar un camiño de terra que se abre á man dereita e discorre entre unhas leiras. Primeiro hai que seguir una dirección NNW e despois duns 100 m. xirar cara ó ENE. 3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO  

Altitude:     617 m.s.n.m.

Emprazamento  topográfico:   Cumio dunha lomba de orientación NW-SE sobre o Rego de Veiga.

Utilización  do  entorno:    

Terras de cultivo e prados. Masa boscosa no entorno mais inmediato. Fundamentalmente trátase de arborado autóctono, carballeiras.

Page 2: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

2

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN  

Vexetación  

O interior do recinto está colonizado por unha densa vexetación de carballo, fento, silva e xesta.

Descrición  das  alteracións:  

Segundo se cita na información contida no inventario, hai buracos feitos por furtivos. Nás áreas que puidemos percorrer non se ven, pero hai que aclarar que o castro é intransitable pola densa vexetación.

Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:  X   Regular:       Malo:     Moi  malo:       Desaparecido:      

Causas  de  alteración:  

Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:    

Protección  física:    

Intervención  arqueolóxica:    

Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X

5.  MATERIAIS  

Descrición:    

Segundo se recolle no inventario foron recuperados alí un muíño circular e cerámica castrexa.

Procedencia   Achado  casual:   Intervención  arqueolóxica:     Outra:    

Lugar  actual  do  depósito:    

-­‐  Museo  ou  colección  pública:   Departamento de Historia I da USC

-­‐  Museo  ou  colección  privada:  

-­‐  Particular,  Nome(s)  e  dirección(s):

Page 3: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

3

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

O xacemento consta dun único recinto de forma case circular, aínda que cun pequeno alongamento cara ó

sur. O recinto, no seu eixo N-S, mide 65 m. ó interior e 85 ó exterior. No eixo E-O mide 60 m. no interior

e 80 m. ó exterior. Está defendido en todo o seu perímetro por un terraplén que se continúa cun forte

escarpe natural cara o río polo oeste, norte e leste da estructura.

O seu punto mais vulnerable, ó sureste, está reforzado cun foxo duns cinco metros de ancho. O foxo foi

escavado nun punto onde existe un afloramento rochoso de xisto que funcionaría a modo de parapeto

natural. Moi posiblemente á entrada orixinal ó recinto coincidiría con este punto.

Non se poden precisar mais as características do xacemento xa que non é transitable por mor dunha densa

e alta vexetación que impide recorrelo polo exterior e o interior.

Orotofografía do voo Americano de 1956 - 1957 (esquerda) e detalle do plano 1:5000 (dereita)  

Page 4: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

4

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

8.  CROQUIS  DO  XACEMENTO:  

Page 5: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

5

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

9.  FOLKLORE  

- “Referencias dos veciños a aparición de ouro e que nel habitaban os mouros. Bouza Brey (1952:145) cita outras referencias folclóricas sobre ouro e barras de alcatrán” . (Buxán 1989: 35). - “Os veciños de Ponte botaba nos porcos para fóra das casas, e un día, puideron observar como unhas vellas mouras, que vivían no castro, lles daban de comer gran que levaban nun cribo”. - “Cerca do castro, polo lado Oeste hai unha fonte (‘Fonte Pichel’) e contaban os vellos que se podía ver un carreiro desde o castro cara a fonte. Era o carreiro que usaban os mouros para buscar auga. Alí cerca tamén se atopaba outra fonte ‘Fonte do ouro’ pero non se sabe se ten algo que ver coa aparición de algún tesouro”. - “había un camiño dos mouros que saía do castro” . - “Téñense atopado paredes dentro do castro, porque eran das casas dos mouros”. - “Tense escoitado ás mouras chamar polos porcos decíndolles ‘quiriño, quiriño’ ”. “Unha trabe de ouro e alquitrán subterránea, vai desde este castro ata o de Goiás”. - “Unha rapaza de Ponte levaba os porcos para o castro e, alí, atopouse cunha moura, que despois de falar coa rapaza e afirmar que lle ‘caera ben’, deulles de comera o porcos. Cando a rapaza se marchaba do castro, entregoulle un paquete, pero díxolle que nono abrira at achegar a casa. Na metade do camiño, a curiosidade venceu á rapaza, que abriu o paquete e observou que alí só había carbóns. Pensando, que non valian para nada, tirou con eles, pero cando estaba na casa súa nai viu que algo brillaba no vestido da rapaza. Sorprendentemente, era un pequeno anaco de carbón que se transformara en ouro, pero o resto dos carbóns xa desapareceran cando chegaron ao lugar onde os tirara a rapaza” . - “Dicíase que tiña aparecido unha porta de entrada ao castro” . - “ Os mozos querían romper o castro, porque decian que alí había tesouros ocultos”. - “Os mouros vendían carbóns negros e ás veces transformábanse en pedazos de ouro”. - “Había ‘libros de tesouros ocultos en Galicia’ que se vendían en Portugal e que tiñan un precio proporcional ao número de relatos de tesouros mencionados. Algunhas persoas desta ‘comarca’ mercaron eses libros, pero mantíñanos escondidos, porque estaban prohibidos e tiñan medo a seren descubertos. Nun deses libros facíase mención a tesouros escondidos nos castros de A Veiga e de Cotarelo en Goiás”. (Recollido por Presas en 2006, Presas 2008: 204-205). - “Ao pé do castro nace a Fonte do Ouro” - “Din que na Fonte do Ouro atopouse un tesouro” (Vázquez 1991, tomado de Presas 2008: 204) - “Un señor atopou un escrito no chan, que resultou ser unha lenda. Como non sabían ler levoulla ao señor cura e este díxolle que, na noite de S. Xoán, debían ir ao castro de A Veiga e alí tiñan que ler e ‘desler’ (ler ao revés) o escrito, sen equivocarse. Pola noite, foron ao castro e o cura comezou a ler. De súpeto saiu da terra un boi de ouro e púxose a dar choutos arredor do párroco. Todo ía moi ben, ata que o curas e trabucou ao desler o escrito. Nese intre a terra tremeu, botouse a chover e tronou. O boi desapareceu, no medio de todo isto, para sempre” . (Recollido por Alba Crespo, tomado de Presas 2008: 204). - “En Portugal comprábanse lendas que se referían a tesouros que había enterrados no castro de A Veiga, pero tíñanse poucas, porque eran demasiado caras. Un veciño da parroquia, que conseguira unha destas lendas, levou un cura, que sabía lera o dereito ea o revés, ao castro par afacer un desencantamento. O cura díxolle a tódolos que marchaban de cara o castro que non tiveran medo, que viran o que viran e pasara o que pasara, que non se moveran do sitio e que non dixeran nada. Cando se atopaban no castro e tiñan feito o conxuro, apareceu un touro moi bravo, que metía medo, pero o cura foino reducindo coas palabras que leía naquel libro. Chegou un momento no que o touro quedou tranquilo e houbo alguén que lle tocou na cabeza, pero ao ver isto, unha señora que estaba alí quedou asombrada e dixo en voz alta: ‘¡bendito sea Dios!, quedou amansado’. Nisto produciuse un pavoroso estrondo e desapareceu todo”. (Recollido por A.

Page 6: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

6

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

Presas en 2007, Presas 2008: 204-205) - “Existencia de aura oculto no castro (Fonte do Duro, Ó pé do castro, na que se atopou un tesouro)”. - “Habitado polos mouros”. - “As mouras dábanlle gran ós parcos da veciñanza”. - “Tense escoitado ás mouras chamar polos parcos (quiriño, quiriño .. !”. - “Atopouse un camiño dos mouros que saía desde o castro”. - “Desde o castro había un carreiro que ía ata a Fonte de Pichel, á que ían os mouros buscar auga”. - “Hai barras de ouro e alcatrán”. - “Unha moura alimentaba os parcos dunha rapaza. a Ponte, a cal lle deu ouro envolto nun paquete pero que non debía mirar ata chegar a casa. Na metade do camiño abriu o paquete e o ouro transformouse en carbón”. - “Aparición dun boi de ouro na noite de San Xoán ó desler o crego un escrito que fora atopado por un señor. O crego equivocouse ó desler e o boi desapareceu no medio dunha forte treboada”. - “Trabes subterráneas de ouro e alcatrán que van dar ó castro de Goiás”. - “Os mouros vendían carbóns negros que ás veces se transformaban en anacos de ouro”. (García Porral 2010: 51-52).

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:   X   Non  axeitado:    

Estado  de  conservación  actual:  

Aparentemente o estado de conservación é bo, mais conviría avaliar o impacto que as escavacións de furtivos tiveron no recinto.

Vulnerabilidade  ás  visitas:  

Aparentemente non hai puntos problemáticos, mais a vexetación impediu facer unha boa inspección do recinto.

Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):  

Trátese dun castro de recinto único defendido por terraplén en ruptura de pendente de lomba, polo que responde a un patrón bastante común na terra do Deza.

Perceptibilidade  das  estructuras:  

As estructuras defensivas son sinxelas pero nítidas. A súa visibilidade dende a estrada de acceso (polo sur) é boa.

Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  

O castro é accesible por camiño asfaltado ata o entorno próximo. Pódese deixar o coche na estrada pero invadindo as leiras. Un autobús tamén podería pero con esas limitacións. Logo hai que percorrer a pé por un camiño de terra uns 250 m. ata chegar á entrada do mesmo. Actualmente a vexetación impide a súa visita, tanto polo exterior como polo interior do recinto. Non hai servicios no entorno inmediato.

Page 7: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

7

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Ten un emprazamento moi común no Deza. As súas defensas son sinxelas dado o seu tipo de emprazamento, e se limitan a un terraplén e un pequeno foxo protexendo a zona da entrada, mais son claras.

Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:  

Roza da totalidade do castro.

Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:  

Ningún de mención.

10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN  

ÁLVAREZ LIMESES G. (1936): Geografía general del reino de Galicia. Provincia de Pontevedra. Barcelona: A. Martín. Páx. 590. BOUZA BREY, F. (1952 ¿o 53? : “Dólmenes con grabados serpentiformes y hacha y rompecabezas nórdicos de la Galicia Central”. Archivo Español de Arqueología T. XXVI: 143-53. BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx.34-35. CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,universidade de Santiago de Compostela. (2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páxs. 74,156,159,322, 323. EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-47 do PGOU de Lalín”. GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 42. MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia. PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín VÁZQUEZ CRESPO, A. (1991): Lalín. La tierra de Deza. Guía Everest. Madrid: Everest VÁZQUEZ CRESPO, A. e GONZÁLEZ ALÉN, D. (1989): A comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra.

Informante(s):  

Redactor(es):   Santiago Ferrer Sierra e Mar López Cordeiro

Lugar  e  data:    

Lalín, 20 de novembro de 2012  

Page 8: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

GA36024026. CASTRO DE VEIGA / CASTRO DA PONTE (A Ponte, San Ramón de

Veiga).

IMG_6584. Vista xeral desde o S.

IMG_6889. Vista desde o S.

Page 9: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

IMG_6588. Vista do terraplén polo exterior, desde o E

IMG_6590. Vista da croa, desde o SE

Page 10: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA(PONTEVEDRA ...lalin.gal/files/Veiga da Ponte.pdf · Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural