Fotografia

16
CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99 INTRODUCCIÓN Os principios da cámara oscura son ben coñecidos dende a antigüidade, e eran usados por exemplo na pintura coma elemento de apoio dos pintores. Basease na posibilidade de formar imaxes mediante un furado pequeno nunha superficie opaca. Como a luz viaxa en liña recta, os raios procedentes da parte superior da escea situada diante do orificio chegan á parte inferior da superficie receptora da luz; o mesmo sucede cos raios procedentes da parte inferior da escea, que se proxectarán na parte superior da superficie receptora da luz. Deste xeito fórmase a imaxe "espello" ainda que esta imaxe está invertida. A cámara fotográfica non é máis que unha cámara oscura aínda que auxiliada por toda unha serie de mecanismos moi complexos dos que xa falaremos no seu momento. A imaxe creada ten un problema que é a súa pouca nitidez. Para que esta mellore a cámara oscura debe ter unhas lentes que fan converxer os raios de luz do foco exterior nunha superficie moi pequena que é a película fotográfica . A cámara oscura non se traduxo no invento da fotografía xa que era necesario que a imaxe creada na pantalla receptora se poidera fixar e ver con posterioridade ó momento da observación. A solución atopábase no que chamamos fotosensibilidade, é dicir a sensibilidade dalgunhas superficies á acción do sol. É doado observar esto na natureza e mesmo no noso corpo, por exemplo cando tomámo-lo sol cun reloxo de pulseira,a nosa pel se oscurece, agás onde estaba o reloxo que queda máis clara. 1

description

Apuntes de fotografía

Transcript of Fotografia

Page 1: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

INTRODUCCIÓN

Os principios da cámara oscura son ben coñecidos dende a antigüidade, e eran usados por exemplo na pintura coma elemento de apoio dos pintores. Basease na posibilidade de formar imaxes mediante un furado pequeno nunha superficie opaca. Como a luz viaxa en liña recta, os raios procedentes da parte superior da escea situada diante do orificio chegan á parte inferior da superficie receptora da luz; o mesmo sucede cos raios procedentes da parte inferior da escea, que se proxectarán na parte superior da superficie receptora da luz. Deste xeito fórmase a imaxe "espello" ainda que esta imaxe está invertida.

A cámara fotográfica non é máis que unha cámara oscura aínda que auxiliada por toda unha serie de mecanismos moi complexos dos que xa falaremos no seu momento. A imaxe creada ten un problema que é a súa pouca nitidez. Para que esta mellore a cámara oscura debe ter unhas lentes que fan converxer os raios de luz do foco exterior nunha superficie moi pequena que é a película fotográfica.A cámara oscura non se traduxo no invento da fotografía xa que era necesario que a imaxe creada na pantalla receptora se poidera fixar e ver con posterioridade ó momento da observación. A solución atopábase no que chamamos fotosensibilidade, é dicir a sensibilidade dalgunhas superficies á acción do sol. É doado observar esto na natureza e mesmo no noso corpo, por exemplo cando tomámo-lo sol cun reloxo de pulseira,a nosa pel se oscurece, agás onde estaba o reloxo que queda máis clara.

No século XVIII observouse que algúns compostos, por exemplo os sales de prata reaccionaban diante da luz oscurecéndose rapidamente. A principios do século XIX empezáronse a aplicar estos compostos á superficie posterior da cámara oscura, ainda que había un problema que tamén notaríamos na nosa tatuaxe "natural" e era a conservación da imaxe nesa superficie sensible, xa que cando volvera a recibi-lo sol ou a luz voltaría a oscurecerse, desaparecendo a imaxe anterior.Este non era o único problema destas primeiras películas fotográficas. Podemos resumir os problemas básicos destos primeiros tempos en:

Non sería dificil facerse un tatuaxe natural cun negativo fotográfico. Pegándose un negativo nunha parte do corpo que fora recibir moito sol, ó remate do día teríamos un tatuaxe coa imaxe en tonos inversos ós do negativo. Ou sexa, onde o negativo é oscuro penetra pouco sol e polo tanto a imaxe creada na nosa pel sería nese lugar clara. Pola contra onde o negativo fose moi claro a luz penetraría moito e a nosa pel se oscurecería.

1

Page 2: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

§ Os sales de prata debían reaccionar á luz en fraccións de tempo moi pequenas para que o suxeito a fotografíar non tivera que estar demasiado tempo posando é dicir sen moverse, o cal non era un gran problema no caso das paisaxes pero si nos retratos. Nos primeiros tempos facía falta normalmente perto dun minuto para que as imaxes se formaran na película. Temos que imaxinarmos que nun retrato dunha persoa esta debería estar ese minuto sen moverse en absoluto o cal resulta bastante complicado,(¡ facede a proba!). Hoxe en día calqueira fotografía está tomada a un mínimo de 1/60 de segundo (senón é necesario trípode) e a maior parte das cámaras poden disparar a unha milésima de segundo 1/1000 de segundo.

§ Como xa dixemos unha vez tomada a imaxe está debía poder manterse invariable cando fose observada á luz. Esto logrouse cunha solución ácida que detiña o proceso de oscurecimento dos sales de prata no proceso de positivado da fotografía.

§ A imaxe obtida era un negativo (é dicir as cores da imaxe creada son as inversas das da natureza, tal é como víamos no exemplo da tatuaxe). Era necesario poder convertir esa imaxe en positivo. Xa veremos cando traballemos no laboratorio como se consigue esto coa ampliadora.

§ A película debía ser de doado manexo e almacenaxe ata o proceso de positivado, ou sexa deberían poderse facer varías (moitas) fotos ata que se poidera traballar no laboratorio no revelado das imaxes. Nun principio as películas eran simples placas de cristal "embadurnadas" coa solución de sales de prata e evidentemente se tiñan que tirar dunha en unha e gardar logo nunha caixa oscura. Pouco a pouco foron sustituidas por peliculas como as actuais de celulosa que ocupan moi pouco espacio e que mesmo se poden utilizar en tiras ou rollos e así usar unha película para facer moitas fotos.

A FOTOGRAFÍA HOXE

O primeiro que temos que facer é ver unha cámara-tipo, e distinguir os seus compoñentes, pasando a continuación a falar do xeito máis completo posible dos elementos máis importantes.

CÁMARA RÉFLEX DE 35 mmm

2

Page 3: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

1. Ocular do visor: lugar da cámara dendo o que debemos mirar para ver o que vai sair na fotografía (encadre e enfoque).2. Zapata de flash: lugar onde se engancha o flash á cámara.3. Palanca de arrastre: cando as cámaras non teñen motor de arrastre hai que xirar esta manivela despois de cada foto para que xire o carrete. Se non o facemos unha foto saería encima da outra, o cal pode dar lugar en ocasións a efectos artísticos, as sobreimpresións. Normalmente as cámaras están protexidas para que non se produzca ese error e se queremos facer unha sobreimpresión deberíamos pisar ó embrague da cámara ó tempo que xiramos a manivela. (O embrague da cámara é un botón que hai na parte inferior da cámara e que temos que apretar sempre que queiramos rebobinar a película).4. Manivela de rebobinado: é unha manivela que temos que facer xirar cando rematemo-lo carrete. Para que o carrete non se desgarre, hai que liberalo da palanca de arrastre, esto se consigue pisando o botón chamado embrague (como vedes fai a mesma función que o embrague do motor dun coche) durante todo o rebobinado.

5. O anel de diafragmas permitenos seleccionar os diafragmas que imos empregar, é dicir o tamaño do furado polo que a luz entrará na cámara. É un dos elementos fundamentais da cámara e falaremos máis adiante sobre el.6. Mando de velocidades: é o mecanismo polo cal seleccionamo-lo tempo que está aberto o obturador, ou sexa a cantidade de tempo no que pasa a luz a través do diafragma. A selección da velocidade e do diafragma é a base dunha boa fotografía como xa veremos.7. O disparador é o botón que desencadea a toma dunha fotografía, é dicir, abre o obturador e permite a entrada de luz na cámara. En ocasións tamén apretándo este botón nunha posición intermedia a cámara nos da información sobre o diafragma e a velocidade seleccionada ou activa o fotómetro e nos indica a cantidade de luz que debemos deixar entrar na cámara, o que faremos escollendo os elementos xa indicados anteriormente, a velocidade de obturación e o diafragma.8. O anel de enfoque : debemos xiralo ata que a imaxe a fotografiar apareza nítida no visor.9. Autodisparador. É un dispositivo que permite retrasa-lo disparo das fotos uns instantes despois de apreta-lo disparador. É moi útil para as fotos nas que o fotógrafo desexa sair (autorretratos) ou para aquelas nas queiramos evit-las vibracións producidas ó apret-lo disparador, por exemplo nas

Un error frecuente é montar mal o carrete e que polo tanto non xire de tal maneira que nos atopamos coa desagradable sorpresa de que un carrete de 36 exposicións non se para cando chegamos á foto 37 ou 38 que é o normal, senón que sigue permitindo disparar máis fotos, das cales evidentemente non sairá ningunha xa que o que pasou é q eu a película non avanzou en ningún momento. Como non podemos abri-la cámara unha vez cargado o carrete, xa que se velaría, a única forma de comprobar que a película esté xirando normalmente é fixarnos moi ben en que cando disparemos e movamos a palanca de arrastre, a manivela de rebobinado se mova ó mesmo tempo.

3

Page 4: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

fotografías cunha velocidade moi lenta, por exemplo aquelas con exposicións superiores a un segundo.Tódolos elementos anteriores forman un todo ó que para entendernos lle chamaremos "corpo da cámara". Pero na cámara é fundamental tamén un xogo de lentes que aumenten a nitidez da imaxen que se proxecta sobre a película. Esto é o obxectivo.10. Obxectivo: Normalmente se pode intercambiar por outros obxectivos. Alí se atopan as lentes que van proxectar a imaxe sobre a película. Poden ser de dous tipos fixos ou variables (zoom). Para intercambia-lo obxectivo é necesario apretar un botón que o libera e que se atopa nun lateral do corpo da cámara perto do lugar de inserción do obxectivo.

Agora imos describir os distintos aspectos que é necesario coñecer para empezar a facer fotografías a) Enfoque b) Diafragmac) Obturadord) Fotómetroe) Obxectivof) Película

a) Enfoque. O enfoque é a nitidez coa que vamos a ver ó obxecto da nosa fotografía. Excepto en contadas búsquedas artísticas, o enfoque das fotografía é algo imprescindible, sendo unha fotografía desenfocada, normalmente, totalmente inservible.As cámaras compactas máis simples normalmente teñen un sistema de enfoque que permite ver con nitidez calqueira obxecto situado dende un mínimo de 2 metros de distancia ata o infinito. Un error frecuente con estas cámaras é intentar enfocar obxectos demasiado cercanos, por exemplo unha flor ou unha faciana, o cal é imposible, sendo o resultado unhas fotografías borrosas (desenfocadas).No resto das cámaras normalmente hai que enfocar xirando un anel que se atopa na parte dianteira do obxectivo da cámara. Para facilitar o enfoque as cámaras van acompañadas duns sistemas sofisticados (telémetros,…)que permiten visualizar a través do visor a nitidez, enfoque, das esceas. A continuación poño algún exemplo de sistema de enfoque.

a) Sistema A (con telémetro)

Imaxe desenfocada

Imaxe enfocada

b) Sistema B (con prismas de enfoque)

Imaxe desenfocada

Imaxe enfocada

c) Funcionamento dunha cámara Réflex

4

Page 5: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

b) O diafragma. O diafragma dunha cámara fotográfica é, simplificando, o furado polo que a luz entra na parte da cámara na que se atopa a película. Este furado soe ser variable, é dicir, pode abrirse máis ou menos, xa que se estamos diante dun escea oscura, (tempo nuboso, interiores,…), necesitaremos que entre máis luz na cámara, ou se o día é moi claro, por exemplo un día soleado do verán, deberemos reducir a entrada de luz.Nas cámara máis simples este diafragma pódese representar mediante símbolos como os do mapa do tempo, ou sexa unhas nubes para un día oscuro, unhas nubes cun sol asomándose para o caso dun día medio claro, e un sol cando o día é moi luminoso.Pero a forma mái normal de representar o diafragma é mediante un anel na cámara ou ben no visor que ten unha escala numérica cos seguintes valores:

(máxima apertura)2 2'8 4 5'6 8 11 16 22 (mínima apertura)

Esta escala indica o tamaño do furado polo que entra a luz na cámara. Cada posición do difragma permite a entrada do dobre de luz que a posición situada á súa dereita. Así, na posición de diafragma (o diafragma represéntase coa letra f) f2, entrará o dobre de luz que na posición f2'8, e nesta posición entrará o dobre de luz que na posición seguinte ou sexa f4. Así ata o final da escala.Un maior numero de posicións de diafragma nas cámaras nos permitirá xogar cunha maior variedade de condicións de luz, e esto é moi importante xa que en ocasións é necesario co mesmo carrete facer fotos por exemplo en condicións de pouca luz (se chove) ou de moita (cando escampa). Hai cámaras ou obxectivos (xa falaremos máis adiante do que son os obxectivos) moi luminosos cuia máxima apertura é un f1'4 e outros máis oscuros, cuia máxima apertura é un f5'6. Os obxectivos máis oscuros son normalmente os teleobxectivos ou os zoom, é dicir os obxectivos que máis nos aumentan a realidade é que para facelo deben empregar moitas lentes, o cal é a causa de que entre menos luz neles.Un efecto derivado do uso do diafragma que é fundamental coñecer é a profundidade de campo, ou sexa, a zona de nitidez da imaxe por diante e por detrás do suxeito enfocado. A regla é a seguinte canto máior é apertura do diafragma (p. ex., f2) menor é a profundidade de campo. Pola contra, canto menor é a apertura (p. ex. f22), maior é a profundidade de campo.

5

Page 6: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

Nesta fotografía podemos ver como o 2º plano onde se atopa Borrell está perfectamente enfocado, mentras que o 1º plano con Ciscar e Almunia atópase borroso (desenfocado).O fotógrafo xogou coa profundidade de campo para transmitir probablemente unha alusión á derrota de Almunia e do aparato do PSOE (representado por Ciscar) nas eleccións primarias do PSOE frente ó candidato Borrell.

c) Obturador. O obturador é o mecanismo que deixa pasar a luz ata a película e que controla tamén o tempo durante o cal está entrando esa luz. A esto último é ó que lle chamamos velocidade de obturación.A velocidade de obturación se mide en fraccións de segundo ainda que tamén pode abrirse o obturador por espacio de varios segundos.A escala das velocidades é semellante á dos diafragmas que vimos anteriormente, así nunha cámara normal e de esquerda (menor velocidade, moito tempo aberto o obturador) a dereita, (maior velocidade, menor tempo aberto o obturador) a escala sería a seguinte: B 1 1/2 1/4 1/8 1/15 1/30 1/60 1/125 1/250 1/500 1/1000

Nesta escala a posición B sería unha posición particular que conteñen a maioría das cámaras e que permite que esté aberto o obturador ( e por conseguinte entre luz) mentras o disparador permanece apretado, o que permite facer fotos con exposicións longuísimas, por exemplo durante toda a noite. Evidentemente te-lo dedo continuamente sobre o disparador sería un engorro polo que existe un accesorio chamado cable-disparador que conectado ó corpo da cámara mantén o obturador aberto durante o tempo que nos queiramos.Nesta escala do mesmo xeito que pasaba cós diafragmas o valor dunha posición correspóndese co dobre de tempo de exposición da posición que se atopa á úa dereita. Así como é doado de ver, unha foto feita a velocidade 1/250 permite a entrada da metade de luz que unha foto feita a velocidade 1/125.

A profundidade de campo non depende só do diafragma senón tamén do tipo de obxectivo, reducíndose canto maior é o obxectivo empregado. Na foto anterior probablemente o autor da foto combinou un teleobxectivo cun diafragma moi aberto para conseguir este retrato

6

Page 7: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

A velocidade é tamén unha limitación para a fotografía. A pesar de ser fraccións de segundo é bastante doado que as fotos saian movidas ou sexa que nos nos movamos cando disparamos a foto ou que se mova o suxeto a fotografíar. Nestos casos as fotos tampouco son aproveitables. Hai polo tanto que saber que velocidade debemos usar como mínimo. Existe para esto unha regla moi sinxela, sempre que se trate de condicións normais, é dicir obxectos que non se moven a unha velocidade excesiva e que nos (fotógrafos) estemos nunha posición o máis firme posible. Esta regla aconséllanos non disparar nunca por debaixo de 1/60 de segundo. Esta velocidade debe ser maior se usamos obxectivos máis grandes que o que se considera un obxectivo normal (50 mm). Así, se empregamos un obxectivo de 135 mm, nunca deberíamos disparar por debaixo de 1/125 de sg. Se o obxectivo é de 500 mm, nunca deberíamos disparar por debaixo de 1/500 de sg. Se disparasemos cun obxectivo de 1000 mm (os grandes teleobxectivos que se ven nos campos de futbol) nunca deberíamos dispara por debaixo de 1/1000 de sg.Por suposto nos podemos usar calqueira velocidade mesmo de 30 sg de exposición sempre que usemos un trípode. O emprego do trípode é fundamental xa que asegura a estabilidade da cámara en tódalas ocasións. É importante xa que deste xeito pode garantirse que unha foto pode ser ampliada sen perder definición, xa que outro problema frecuente é que unha foto pareza que esté ben cando a recollemos na tenda pero que cando encargamos unha ampliación suframos unha decepción por que a imaxe non é tan nítida como en pequeño formato.

b+c) Este é o momento de explica-la relación entre a velocidade de obturación e a apertura de diafragma, o coñecemento máis importante para comprender o mundo da fotografía.Como vimos o obturador e o diafragma, cada un dun xeito distinto, regulan a cantidade de luz que entra na cámara e impresiona a película. Pois ben entre eles existe unha relación exacta de tal maneira que nos podemos varia-la entrada de luz na cámara xogando co elemento que prefiramos en función da imaxe que queiramos conseguir.Como podemos ver na imaxe seguinte cada paso na escala de diafragmas no sentido de recibir menos luz, equivale exactamente ó movemento dun paso na escala de velocidade de obturación.Para dicilo claramente en tódalas posicións que veremos na figura seguinte a cantidade de luz que entra na cámara é exactamente a mesma.Por exemplo se a luz que a cámara debe empregar para obter unha foto correcta (esto dínolo o fotómetro que ten a cámara e que máis adiante explicaremos cal é a súa función) é de f1'4 cunha v:1/1000, nos poderemos

Podemos comparar o diafragma coa pupila do noso ollo . En condicións de pouca luz nos temos que dilata-la pupila para recibir máis luz, sería o equivalente a abri-lo diafragma. Esto é doado comprobar cando pasamos dun ambente moi oscuro a un moi luminoso, por exemplo ó despertarnos nunha habitación oscura e abri-las contras. Nos tiñamos a pupila moi dilatada debido á pouca luz e de repente ante o chorro de luz que nos chega pola fiestra quedamos como cegados ata que a pupila reacciona e se contrae, se pecha.Sin embargo non hai no noso ollo nada comparable ó obturador . O noso ollo recolle luz constantemente. Por eso manexando a velocidade do obturador podemos obter efectos moi espectaculares e creativos: barridos, conxela-lo movemento (unha gota de auga), efectos fantasmais (seres ou obxectos borrosos nun fondo nítido),..De todo esto poreivos exemplos na aula.

7

Page 8: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

disparar a f2'8 (a metade da luz que na posición anterior), se disparamos a unha v de 1/500, (o doble de luz que coa velocidade anterior) de tal xeito que os valores quedan compensados e a foto terá exactamente a mesma luminosidade. O mesmo sucedería se empregaramos ioutras combinacións como as que aparecen no debuxo: f4-v:1/250; f8-v:1/60; ou tamén f16-v:1/15 (como xa sabemos neste caso deberíamos empregar trípode).

8

Page 9: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

d) Fotómetro. É un accesorio fundamental para a fotografía, e pode estar dentro da cámara ou ben ser usado a parte. Como indica o seu nome é un aparello que mide a intensidade da luz. Non o fai en valores absolutos, senón que soen estar preparado para establecer unha relación entre a sensibilidade da película, o diafragma e a velocidade de obturación.É fundamental xa que é quen nos indica que diafragma ou que velocidade deberemos empregar para non caer en dous dos principais errores fotográficos, o exceso (sobreexposición) ou o defecto (subexposición) de luz. Se na cámara entra demasiada luz a foto sae demasiado clara e se entra pouca, ó revés, a foto saerá moi oscura. Veremos na clase as típicas imaxes creadas por estos errores.Os fotómetros poden facer lecturas da luz do centro da imaxe seleccionada co visor ou ben poden facer medicións ponderadas de todo o que se ve no visor. É moi importante saber cal é o tipo de lectura que fai o fotómetro para valorar correctamente as luces presentes e facer unha boa foto. Non está de máis usar un fotómetro manual para aquelas esceas nas que hai varias luces ou moitos obxectos nas fotografías (os fotógrafos profesionais sempre teñen un a man).As cámaras automáticas teñen o defecto de que moitas veces os fotómetros son enganados por unha fonte de luz moi forte (por exemplo o sol) traendo consigo un primeiro plano oscuro. Sucede esto por exemplo cando se fai unha fotografía nun interior dunha casa, e hai unha fiestra pola que entra moita luz. O fotómetro pensa que na fotografía hai luz de sobra e saca a foto en consecuencia. O resultado é unha foto na que a habitación está oscura e en cambio a fiestra está correctamente exposta. Nunha cámara manual ( e esta é a súa importancia), este efecto se pode corrixir, tomando por exemplo unha lectura co fotómetro do interior da habitación e disparando a foto tendo en conta a lectura obtida.e) Obxectivo. Existen tres obxectivos básicos, o normal que ten unha distancia focal* de 50 mm; o gran angular, que ten unha distancia focal por debaixo de 35 mm; e o teleobxectivo, aquel cunha distancia focal superior ós 80 mm. As súas características son as seguintes:1. Obxectivo normal (50 mm). Danos unha imaxe semellante á que nos ofrecería o noso ollo. A distorsión é pequena e soen ser moi luminosos, é dicir ter unha gama de diafragmas moi grande.2. Obxectivo gran angular (9-35 mm). Como indica o nome danos unha visión moi ampla, cun gran ángulo de visión da realidade. O problema que soen arrastrar é unha grande distorsión, por exemplo nas arquitecturas ou cando se achegan demasiado ós suxeitos. Pola contra teñen unha gran

¿Por que preferiremos usar unha determinada velocidade ou un determinado diafragma? Pois por que como xa vimos de cada un deles dependerán certas características da imaxe a conseguir. Por exemplo se o obxecto que queremos retratar se está movendo a moita velocidade é necesario disparar cunha velocidade moi alta (1/1000 de sg), e polo tanto o que faremos será empregar un diafragma máis aberto. Noutro caso ó mellor o que sucede é que a escea ten interés en varios planos, por exemplo un retrato dalguén diante da Torre Eiffel. Interésanos que apareza enfocado tanto o persoaxe como a Torre, para o que necesitaremos usar un diafragma moi pechado que nos garantice como xa vimos moita profundidade de campo. Para compensalo a velocidade que debemos empregar será máis lenta.

9

Page 10: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

profundidade de campo. Un tipo particular de gran angular é o chamado "ollo de peixe", que é aquel cuia lonxitude focal está entre os 5 e os 15 mm. Teñen unha enorme profundidade de campo, pero tamén a súa distorsión é máxima.3. Teleobxectivos.(80-2000 mm). Son obxectivos que nos achega á realidade. Funcionan como uns prismáticos. Son moi usados nas fotografías de natureza ou deportiva. Teñen pouco ángulo de visión e necesitan dispararse con altas velocidades de obturación. A súa profundidade de campo é mínima. Ademais son obxectivos moi oscuros, é dicir teñen unha escala de diafragmas moi pequena.

Nesta imaxe podemos observar como a profundidade de campo é mínima: o fondo sobre o que se dispón o xogador é completamente borroso. Esto é debido ó emprego dun gran teleobxectivo.Este efecto como se pode observar serve para darlle un maior protagonismo ó persoaxe, que se convirte no único protagonista da escea.O fotógrafo é quen ten que decidir se lle interesa moita ou pouca profundidade de campo.

4. Un obxectivo distinto ós anteriores e moi usado hoxe en día é o chamado zoom, ou obxectivo de lonxitude focal variable. Ten a gran ventaza de que pode funcionar normalmente como un gran angular ou como un teleobxectivo, por exemplo no caso dun obxectivo 28-135 mm. Evita o engorro de ter que andar cun maletín cargado de obxectivos se se queren facer fotos moi diversas.O normal nun equipo básico dun fotógrafo é que haxa un zoom "corto", por exemplo un 28-80 mm, un zoom "longo", por exemplo un 70-210 mm. O gran problema que presentan sen excepción é que son moi oscuros, nalgún caso a súa apertura máxima pode ser de f5'6.

A cantidade de obxectivos que hai no mercado é casi ilimitado. Se temos a posibilidade debemos escoller o máis axeitado para cada tipo de fotografía que vaiamos facer.

Obxectivos e área de imaxe

Como vemos na imaxe seguinte o ángulo de toma do obxectivo determina a parte da escea que sairá na imaxe final. O ángulo de toma dependerá do obxectivo empregado, así como outras variables: distorsión, profundidade

10

Page 11: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

de campo. Todo esto podémolo observar nas seguintes imaxes que se corresponderían cos tres obxectivos tipo, 28 mm, 50 mm, e 135 mm.

e) A película. A película fotográfica como xa dixemos é o soporte físico no que se vai xenera-la imaxe que temos diante da cámara. Por suposto sen ela non existiría a fotografía.

11

Page 12: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

Como xa dixemos a súa historia é a de atopa-los procedementos químicos que permitiran fixa-la imaxe e logo transformala nunha imaxe positiva o máis parecida posible á realidade.Hoxe empregamos normalmente unha película chamada universal ou de 35 mm, pero nin hoxe é a única nin sempre foi así. Deste xeito algunhas cámaras automáticas teñen uns carretes especiais máis pequenos do normal, os cartuchos 110. Tamén as cámaras dos "profesionais" soen ser dun formato máis grande, as 6´6, que teñen un negativo maior e cadrado. A ventaxa destas últimas cámaras é evidente, ó se-lo negativo de maior tamaño (catro veces o tamaño dun negativo de 35 mm), tamén o son os detalles e a calidade do mesmo. Como dixen estas cámaras, das que as máis coñecidas son as Hasselblad, son empregadas polos profesionais da fotografía entre outras cousas polo seu elevado prezo, poucas veces inferior ás 300.000 pesetas.

Imaxe dunha cámara de gran formato Mamiya

A sensiblidade dunha película é a capacidade de recoller luz que ten. Mídese en graos ASA ou DIN. Unha película de 400 ASA é o dobre de sensible que unha película de 200 ASA e plo tanto recollerá o dobre de luz. Esta á súa vez recolle o dobre de luz que unh apelícula de 100 ASA. E así sempre. Como xa nos daríamos conta o emprego dunha película moi sensible será aconsellable cando vaiamos fotografíar en condicións de pouca luz, no inverno, interiores, últimas horas do día,…, mentras que as de pouca sensibilidade serán aconsellables cando hai moita luz, o verán, praia, neve,… Un efecto derivado da maior sensibilidade dunha película é que a imaxe terá moito máis gran, ou sexa a imaxe terá como máis puntiños na súa superficie. Esto é debido a que para lograr esa maior sensibilidade o fabricante debe empregar grans de prata máis grande, que se fan visibles na imaxe. De tódolos xeitos as novas películas de 400 ASA xa teñen superado case por completo ese problema, sendo o gran inapreciable.Por outro lado hai fotógrafos como Sebastiao Delgado que usan películas de altísima sensibilidade (ata 12000 ASA), facendo do gran unha marca persoal e cun gran valor expresivo.No verán si que é aconsellable usar películas de pouca sensibilidade 32 ou 64 ASA xa que nelas a saturación de cor é perfecta quedando unhas cores intensas e vivísimas.As películas de formato universal 35 mm, podemos dividilas en tres tipos, películas negativas en B/N ou cor películas diapositivas.1. Películas negativas en B/N. Son negativas aquelas que precisan dun dobre proceso de revelado e logo positivado ata obter a imaxe correcta. Son

12

Page 13: Fotografia

CURSO DE FOTOGRAFÍA. Viveiro 99

as máis doadas de empregar polo aficionado que pode facer todo o proceso de revelado cun sinxelo equipo. En cambio é dificil conseguir hoxe algún laboratorio que se preste a facer copias destas películas xa que para eles é máis costoso ó ter que ser un proceso manual.

2. Películas negativas en Cor. Son as máis usadas normalmente. No negativo as imaxes teñen as cores complementarias do orixinal polo que é necesario o proceso de positivado. Este tamén se pode facer en casa. Antes era máis caro que o proceso en B/N, pero hoxe en día é mesmo máis barato, xa que case tódalas tendas de fotografía teñen máquinas que abaratn moito o proceso ó mesmo tempo que o axilizan (unha hora). 3. Películas diapositivas. Son unhas películas especiais que non necesitan do proceso negativo-positivo, xa que a mesma película contén unha imaxe en positivo ainda que transparente. Son ideais para ser proxectadas logo e teñen unha calidade moito maior na fidelidade ás cores que a película para papel en cor. Ó mesmo tempo soían ser máis baratas, ainda que teñen a desventaxa de ter que ser enviadas a laboratorios especiais para o seu revelado, non tanto pola dificultade do seu procesado como polo custo dos líquidos se se revelan poucas películas. Normalmente se lles recoñece por uq en vez de chamarse as películas Kodacolor, Agfacolor, … teñen sempre a terminación -chrome ou sexa Kodachrome, Agfachrome, Fujichrome,…

Hai agora unhas películas, por exemplo a Kodak T-400 CN que se pode revelar nunha máquina de cor. Pero as copias non saen en ton branco e negro, senón sepia. Pero é un bo sistema para evitar o proceso de revelado da película, o máis delicado de todos, sempre que se teña logo a posibilidade de facer logo as copias no laboratorio

13